Your SlideShare is downloading. ×
Hispania romana. Lidia.
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Hispania romana. Lidia.

2,613

Published on

caza del tesoro

caza del tesoro

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
2,613
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. A HISPANIA ROMANA
    Lidia de Pedro López
  • 2. Índice
    Introdución
    Conquista de Hispania
    Influencia de Roma en Hispania
    Apartacións de Hispania a Roma
    Asentamentos romanos
    Lidia de Pedro López
  • 3. INTRODUCIÓN
    Os romanos tardaron dous séculos en conquistar a Península Ibérica (Hispania). Esta provincia pasou a ser a máis importante do imperio romano.
    O proceso que tivo lugar despois da conquista chamouse romanización. Sobre este proceso vou a falar.
    Acueducto de Segovia
    Lidia de Pedro López
  • 4. Conquista de Hispania
    Tradicionalmente circulaban por todo o Mediterráneo as lendas fenicias sobre as abundantes riquezas de Tartesos (nome con que os gregos coñecían a primeira civilización do Occidente situada no sur de Hispania); e como as expedicións comerciais regresaban das costas hispanas cargadas de prata. Loxicamente estas historias contribuían a incrementar o interese das potencias mediterráneas pola Península ibérica.
    Tras a derrota na Primeira Guerra Púnica (guerra entre a República romana e a cartaxinesa), Cartago viuse agobiada pola perda de importantes mercados e polos impostos que debía pagar a Roma como compensación pola guerra. Para poder saír desta situación decidiron expandirse polas costas de Iberia que naqueles momentos estaban fora da área de influencia romana. Cartago quería obter beneficio rápido e explotou as minas de prata de Carthago Nova (Cartaxena) e do litoral andaluz, extraendo importantes cantidades deste metal para financiar parte da Segunda guerra púnica e a campaña italiana de Aníbal.
    Lidia de Pedro López
  • 5. Por este motivo, entre outros, un dos primeiros obxectivos estratéxicos de Roma ó invadir a península foi arrebatar a Cartago as minas de Carthago Nova. En parte debido a perda destes recursos e a causa do illamento en que se quedara, Aníbal tivo que renunciar a guerra en Italia no 206 a. C.
    Lidia de Pedro López
  • 6. Roma comezou a invadir Hispania no 218 a.C. tardando 200 anos (19 a.C) en conquistala. Estes douscentos anos podemos dividilos en tres períodos:   
     Primer período (218 ó 133 a.C.)
    As tropas romanas dirixidas por Escipión desembarcan en Ampurias para cortarlle a retaguardia a Aníbal, pero chegan tarde. Entón adicanse a conquistar os territorios que dominan os cartaxineses en Hispania (o Mediterráneo e Andalucía). No 206 a.C conquistan Cádiz.
    No ano 197 a.C os romanos dividen o territorio conquistado en dúas provincias: A Citerior (a costa, desde os Pirineos ata Andalucía) e a Ulterior (Andalucía)
    Escipión
    Lidia de Pedro López
  • 7. Segundo período (133 o 29 a.C)
    Prodúcense expedicións a Galicia e o Norte de Portugal. O resto das operacións militares non son de conquista senón que forman parte das guerras civís que agobian a Roma por ese anos.
      
    Lidia de Pedro López
  • 8. Tercer período (29 ó 19 a.C)
    O emperador Augusto decide rematar coas andanzas dos cántabros e ástures pola meseta e organiza o ataque ó Norte.   Ataca por separado os cántabros, ástures e Galaicos; o mesmo tempo unha flota desembarca na costa.
    As operacións dirixidas polo emperador en persoa e logo por Agripa foron un éxito. No ano 19 a.C. remata a conquista de Hispania.
    Lidia de Pedro López
  • 9. Un dos puntos básicos para a conquista de Hispania foi o exército romano. O exército romano estaba formado por homes de tódalas partes do seu dominio. Os seus membros eran soldados profesionais que se adicaban exclusivamente a loitar e defender Roma.
    Nun principio só os propietarios das terras podía servir no exército. Pero a partires do século I a.C calquera podía unirse. Os soldados debían permanecer no exército durante 25 anos como mínimo.
    Se un soldado destacaba no campo de batalla, e sabía ler e escribir, podía chegar a ser Centurión, a cargo duns 80 soldados que eran os lexionarios. Os lexionarios eran a base deste exército.
    Lidia de Pedro López
  • 10. Un grupo de 80 lexionarios recibía o nome de Centuria. Cada 59 centurias formaban unha lexión; e todo o exército romano estaba formado por 30 lexións.
    Dentro dunha lexión, un home comezaba como simple soldado (miles). Despois de varios anos de servizo e para soldados con oficio, o primeiro ascenso era de miles a inmunis (aínda que tiña o mesmo salario non tiña que facer as rutinas dos demais).
    O primeiro ascenso verdadeiro convertía ó soldado en principal , dos que existían dúas clases: os que cobraban paga e media (sesquiplicarií) e os que recibían dobre paga (duplicarii).
    O seguinte grao era o de centurión, onde os máis veteranos e experimentados (primi ordines) formaban parte da primeira cohorte, e os máis antigos deles (primus pilus) tiña dereito a asistir os consellos de guerra.
    Lidia de Pedro López
  • 11. Os soldados romanos debían ser fortes xa que tiñan que camiñar uns 30 km o día levando a armadura ademais do seu escudo, comida e equipo para acampar.
    A armadura estaba feita de bandas de ferro superpostas e un casco de metal na súa cabeza. Tamén levaban un gran escudo rectangular que tiña curvas para protexer mellor o seu corpo.
    Lidia de Pedro López
  • 12. Como armas levaban unha espada corta para apuñalar e unha lanza chamada pilum. O pilum tiña unha punta de ferro e un eixe feito de metal. Cando a lanza golpeaba o escudo dun adversario, dobrábase dificultando poder sacala. O eixe da lanza quedaba arrastrándose polo chan, molestando o seu inimigo, que tiña que desfacerse eventualmente do seu escudo.
    Lidia de Pedro López
  • 13. Estes soldados entraban en batalla formando unha liña cos seus escudos unidos. Se o inimigo disparaba frechas os soldados detrás da liña de fronte levantaban os seus escudos sobre as súas cabezas formando un teito que servía de proteción. Esta formación estratéxica chamábase testudo (tartaruga).
    Lidia de Pedro López
  • 14. Ademais do exército tamén influíu que a súa civilización era máis avanzada que as distintas culturas que había na península. Por iso tiñan medios para poder establecerse onde querían. Entre estes medios estaban:
    A creación de obras para mellorar as comunicacións e a conservación as súas conquistas
    Ponte do río Bibei
    Calzada romana Boiro
    Lidia de Pedro López
  • 15. A mellora nas cidades ademais dos servizos públicos descoñecidos ata ese momento na península . Algúns destas melloras foron acuedutos, alcantarillado, termas, anfiteatro,etc.
    Baños romanos de Toledo
    Acueducto romano Mérida
    Teatro romano de Cartagena
    Lidia de Pedro López
  • 16. A recompensa para as tropas eran terras, ademais de darlle grandes extensións as familias ricas procedentes de roma ou familias de aquí que adoptaban os costumes romanas.
    Visto como foi a conquista de Hispania imos falar da influencia que tivo Roma en Hispania e ó revés.
    Lidia de Pedro López
  • 17. Influencia de Roma en Hispania
    Unha das influenzas máis importantes de Roma en Hispania foi a acuñación (fabricación) de moedas que facilitaron o intercambio comercial. Ata entón os pobos da península realizaban o troco de produtos. Aínda que nalgunhas zonas se acuñaba. Os romanos impuxeron o seu uso chegando moitos pobos da península a facer as súas propias moedas.
    Lidia de Pedro López
  • 18. O dereito é unha das aportacións máis grandes do pobo romano e unha das aportacións máis valiosas a toda a civilización occidental; chegando ó punto de que aínda seguen existindo leis baseadas neste dereito.
    Os romanos construíron na península numerosas pontes, acuedutos e complexos termais dos que máis tarde falarei. Os romanos conseguen tamén a unificación lingüística.
    O latín acabou por impoñerse na península ibérica. Do latín vulgar deriva o noso idioma (galego, catalán….)
    Grazas a paz romana comezan a contruirse urbes que darán orixe a moitas cidades actuais.
    Introdución de cultivos como a vide e os castiñeiros.
    Lidia de Pedro López
  • 19. Aportacións de Hispania a Roma
    O máis importante nun principio para Roma foi a extracción de minerais. Os minerais que maior interese tiveron foron a prata, cobre e ferro aínda que tamén se extraían outros minerais como ouro (Médulas), mercurio (Almadén).
    O traballo da minería efectuábase nunhas condicións terribles xa que non había seguridade, nin horario. Para un escravo o destino das minas constituía o peor que lle podía tocar.
    Utensilios das minas
    Médulas
    Lidia de Pedro López
  • 20. Dentro da agricultura destacaba o cultivo da aceituna, especialmente na zona mediterránea aínda que tamén se cultivou noutras zonas como en Quiroga (dentro da nosa comunidade) A maior parte da produción de aceite ía a Roma.
    Tamén se cultivaba a vide (proviña de Roma) tendo gran importancia o viño e sendo algúns deles moi apreciados en Roma. Outros de menor calidade eran para consumo de todo o mundo.
    Olivar de Granada
    Lidia de Pedro López
  • 21. Durante o período romano había un comercio de salazóns procedentes da Bética, Tarraconense e a Carthaginense. Producían pescado en salazón, unha salsa chamada garum que se producía mediante un proceso de maceración das tripas dos peixes.
    Factoría de salazóns
    Lidia de Pedro López
  • 22. Asentamentos romanos
    Agora falarei de cidades e monumentos que aínda temos na actualidade
    Aínda que a influencia romana tivo gran repercusión nas cidades xa existentes na península, os maiores esforzos foron nas cidades de nova construción como Tarraco, Emérita Augusta ou Itálica.
    As cidades romanas concibíanse como imaxes da capital en miniatura.
    Muralla de Lugo
    Lidia de Pedro López
  • 23. Tarraco
    A Tarraco (actual Tarragona) romana tivo a súa orixe no campamento militar establecido por dous irmáns, Cneo e Publio Cornelio Escipión no 218 a. C.
    Tarraco
    Anfiteatro Tarraco
    Lidia de Pedro López
  • 24. Emérita Augusta
    Emérita Augusta (Mérida) foi fundada por Publio Carisio no 25 a. C como representante do emperador Octavio Augusto como lugar de asentamento das tropas licenciadas dalgunhas lexións. Co tempo converteuse nunha cidade moi importante en Hispania.
    Teatro romano Mérida
    Lidia de Pedro López
  • 25. Itálica
    Itálica está situada onde hoxe está Santiponce na provincia de Sevilla. Foi a primeira cidade puramente romana fundada en Hispania. Itálica nace como hospital de campaña para os feridos da Batalla de Ilipa para posteriormente converterse en cidade.
    Adriano manda construír a nova urbe, (cidade nova) que tivo certa actividade durante os séculos II e III.
    Anfiteatro Itálica
    Mosaico Itálica
    Lidia de Pedro López
  • 26. Adriano naceu probablemente en Itálica, no seo dunha familia acomodada oriúnda de Piceno (Italia) e establecida a finais do século III a.C en Itálica. Era sobriño segundo por liña materna de Trajano, que aínda que non o nomeou como herdeiro deulle mostras de preferencia.
    Foi emperador do Imperio romano (117-138a. C). Durante o seu reinado o Imperio acadou a maior extensión territorial da historia. Destacou pola súa afición a filosofía.
    No seu ascenso o trono intentou obter o apoio
    dos soldados.Durante o seu reinado
    non houbo moitas guerras e favoreceu a cultura.
    Busto de Adriano
    Lidia de Pedro López
  • 27. Trajano
    Trajano foi o primeiro emperador romano nacido fora de Italia. Concretamente en Itálica (Hispania). Home traballador que ascendeu na escala do exército romano. Converteuse en emperador a idade de 45 anos.
    Construíu numerosos edificios públicos e deixou moitos monumentos.
    Trajano
    Columna de Trajano
    Lidia de Pedro López
  • 28. Carthago nova
    Carthago nova é a actual Cartaxena.
    Fundada no ano 227 a.C polo xeral cartaxinés “Asdrúbal el Bello “foi tomada polo xeral romano “Escipión el Africano” no ano 209 a.C.
    Durante o mandato do emperador Augusto levouse a cabo un ambicioso programa de urbanización que incluíu a construción dun teatro romano, o augusteum (edificio de culto imperial) e un foro.
    Teatro romano Carthago nova
    Lidia de Pedro López
  • 29. Monumentos
    Murallas. O redor de campamentos estables disporíanse murallas para poder defender eses núcleos.
    Os acuedutos servían para levar auga as cidades.
    Muralla Lugo
    Acueducto Segovia
    Lidia de Pedro López
  • 30. As pontes romanas eran indispensables xa que permitían cruzar ríos que na Península Ibérica eran moi anchos.
    As termas ou baños públicos eran lugares de reunión onde se bañaban.
    Ponte romano Ourense
    Termas romanas Lugo
    Lidia de Pedro López
  • 31. O teatro era unha das actividades de ocio favoritas dos hispanorromanos.
    Nos anfiteatros tiña lugar a loita dos gladiadores (a maioría deles eran escravos)
    Teatro romano Mérida
    Anfiteatro Itálica
    Lidia de Pedro López
  • 32. Autora :
    Lidia de Pedro López
    Lidia de Pedro López

×