O Zodíaco Características e orixe mitolóxica de cada signo
Aries
Aries, na mitoloxía Crisómalo, un carneiro dourado, foi creado
por Hermes e Zeus. Segundo o mito salvou a Fixio e a Hele da
súa madrasta Ino. Descendeu do Olimpo, montounos na súa
espalda e voou con eles por riba do mar. Hele non se agarrou
ben e caeu nun lugar ó que agora chaman Helesponto. Fixio
chegou a Cólquida, no Mar Negro, onde sacrificou o carneiro
en honra a Zeus.
Nacidos entre o 21 de marzo e o 21 de abril Son valentes, listos, seguros, impulsivos, orgullosos e agresivos.
Tauro
Os tauro son persoas prácticas,
conservadoras, obstinadas e
moi decididas.
O signo tauro reflexa a transformación que Zeus adoptou para
seducir a Europa, unha princesa mítica de Fenicia. Desta unión
nacen Minos, Radamantis e Sarpedón.
Nacidos entre o 22 de abril e o 21 de maio
Xéminis
Na mitoloxía grega, os xemelgos son Cástor (mortal fillo do rei Tíndaro) e Pólux (inmortal fillo de Zeus) nacidos dun ovo posto por Leda despois de unirse a Zeus, transformado en cisne. Os xemelgos tiveron unha disputa cos seus curmáns Idas e Linceo. Idas asasinou a Cástor, ao que Pólux respondeu matando a Linceo. Zeus interviu e matou a Idas. Pólux rexeitou a inmortalidade se non a podía compartir con Cástor, por iso Zeus os situou entre as constelacións.
Nacidos entre o 22 de maio e o 22 de xuño Son vivaces, cheos de enerxía, humanistas, intelixentes, xoguetóns; tamén son infieis e cambiantes
Cáncer
A creación do símbolo Cáncer ten relación cundos doce traballos de Heracles (Hércules). A pelexaba coa temible serpente Hidra. Sen embargo, Heracdeusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un caranguexo xigante para acabar ca vida deste mentres les resultou vitorioso. Como recompensa polos seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangarexo e da Hidra no ceo.
Nacidos entre o 23 de xuño e o 22 de xullo Son emocionais e cariñosos, protectores e simpáticos. Polo lado negativo, desordenados, susceptibles e autocompasivos.
Leo Nacidos entre o 23 de xullo a 22 de agosto A constelación Leo simboliza o quinto traballo de Heracles. Ao heroe foille encomendado matar ao león de Nemea e quitarlle a pel. Mais a pel da fera era indestrutible, polo que Heracles tivo que aforcalo coas súas poderosas mans e logo arrancarlle a pel cunha das súas unllas. Con esta pel fixo un manto e un casco. Son orgullosos, dominantes, posesivos, protectores e moi sensibles.
Virgo
A versión mitolóxica máis extendida di que Virgo é a representación de Dice, deusa da xustiza, filla de Zeus e Temis, nacida mortal e posta na terra para administrar xustiza. Viviu cos mortais durante a Idade de Ouro e a de Prata, pero ao nacer a Raza de Bronce, á que odiaba, deixou a terra e subiu ao ceo, onde pasou a ser unha das tres Horas ou Titáns e a más notable entre as deusas virxes.
Nacidos entre o 23 de agosto e o 23 de setembro Son traballadores, esixentes, pulcros, humanos e perfeccionistas; son tamén críticos, escépticos, distraidos e un pouco mezquiños.
Libra Libra é o séptimo signo do zodiaco. O que pretende este signo é crear un equilibrio entre a súa persoa e o resto dos individuos. O que Libra representa son as unións das persoas (o matrimonio e as asociacións). O elemento asociado con Libra é o aire. Libra esfórzase para establecer a paz e a armonía. Isto convérteo no signo máís xusto do zodiaco. Nacidos entre o 24 de setembro e o 23 de outubro Este signo é o único que non é un personaxe. Trátase da balanza da xustiza, que representa á deusa Xustiza, (filla de Zeus e Temis). Vixía os actos dos seres humanos e vela polo cumprimento das leis por parte dos xuíces.
Escorpio
A orixe mitolóxica deste signo atópase no intento de violación de
Artemisa por parte de Orión, un xigante cazador. Artemisa
reclamou a axuda dun escorpión, que matou ó xigante e liberou
á deusa. Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión á bóveda
celeste, pero colocáronos en extremos opostos, de xeito que
cando Escorpio sae polo horizonte, Orión ocúltase fuxindo do
animal que o matou.
Nacidos entre o 24 de outubro e o 22 de novembro Son persoas apaixonadas, protectoras, magnéticas, inxeniosas emotivas e perseverantes, pero tamén vingativas, arrogantes e celosas.
Saxitario A constelación Saxitario (o Arqueiro) é a imaxe do centauro Quirón, de grande sabedoría e coñecementos, nado dos amores entre Cronos e a ninfa Filira. Era metade home, metade cabalo, porque seu pai tivo que converterse en cabalo para enxendralo. Quirón foi ensinado por Apolo e Artemisa na arte da medicina e da caza e educou a numerosos heroes. No trancurso dun combate foi ferido por unha frecha, e morreu pouco despois. Nacidos entre o 23 de novembro e 21 de decembro Son fogosos, extrovertidos, comprensivos, xenerosos e xustos, pero tamén esaxerados, bruscos, charlatáns e agresivos.
Capricornio
Nacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro
Capricornus representa á ninfa Amaltea, metade cabra, metade peixe, con cornos. Cando un deles quebrou, enchérono de froitos para ofrecerllo a Zeus: é o famoso Corno de Amaltea, símbolo da abundancia. A partir dese suceso, Zeus colocouna nunha constelación do ceo. Outra versión reza que Pan (Dionisio), perseguido pola serpe Tifón, escapou lanzándose ao río Nilo, converténdose en metade peixe metade macho cabrío. Son seguros e cautos; traballadores, responsables e persistentes no seu obxectivo, son tamén dominadores, fatalistas, obstinados e un chisco egoístas.
Acuario
A mitoloxía identifica Acuario con Ganímedes, o xove de quen
Zeus se namora perdidamente e rapta, transformado en aguia,
para levalo ó monte Olimpo e unirse a el. No Olimpo convértese
en servinte e augador dos deuses, por iso o signo acuario se
presenta como unha cunca derramando as súas augas ou
simplemente auga deslizándose.
Nacidos entre o 21 de xaneiro e o 19 de febreiro Son independentes, inxeniosos, tolerantes, lóxicos, humanos e altruístas, pero tamén fríos, temperamentais, tímidos, excéntricos e obstinados.
Piscis
Piscis representa, segundo as versións máis extendidas, os peixes nos que se converteron Afrodita e o seu fillo Eros para fuxir e esconderse en Exipto cando Zeus e Tifón iniciaron a súa loita polo poder.
Outras versións (Higinio) din que os dous peixes apareceron no ceo como consecuencia da caída dun ovo ao río Éufrates.
Nacidos entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo Son soñadores, creativos, imaxinativos, intuitivos, tímidos e melancólicos.
Autoras:
Virna, Cristina, Doa, Laura, Marta, Cris, Sonia, Ánxela e Lucía, alumnas de 4º ESO.
0 comments
Post a comment