8. O teatro galego entre 1936 e 1976
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

8. O teatro galego entre 1936 e 1976

on

  • 2,373 views

 

Statistics

Views

Total Views
2,373
Views on SlideShare
2,163
Embed Views
210

Actions

Likes
2
Downloads
99
Comments
0

3 Embeds 210

http://trafegandoronseis6.blogspot.com.es 130
http://www.edu.xunta.es 78
http://trafegandoronseis6.blogspot.com 2

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

8. O teatro galego entre 1936 e 1976 8. O teatro galego entre 1936 e 1976 Presentation Transcript

  • TEMA 8. O TEATRO ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE RIBADAVIA LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
  • Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo
  • O TEATRO DE POSGUERRA Liñas do teatro dos anos 50
    • Teatro rexionalista : continuador do teatro costumista e a comedia urbana das Irman-dades: Carré Alvarellos e Ramón Cabanillas
    • Tendencia renovadora que profunda na mo-dernización do teatro de preguerra: Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Jenaro Marinhas
    • Teatro de inspiración existencialista , ligado á Escola da Tebra: Franco Grande, Manuel María, Carvalho Calero, Díaz Pardo
    Entre 1936 e 1952 a produción teatral en Galiza redúcese á publicación de tres obras sen demasiado interese e á represen-tación de espectáculos de carácter folclorista de asociacións culturais tuteladas ou toleradas polo franquismo e a súa censura
  • AUTORES DE ENLACE O desengano do prioiro Noite compostelá O fidalgo e a noite R. OTERO PEDRAYO Despois d´A lagarada e Teatro de máscaras , continúa publicando nesta época. N’ O desen-gano do prioiro contrapón a Vida, simbolizada polas forzas dionisíacas e a Morte, represen-tada pola industria dos féretros que estaba a establecerse no Ribeiro Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do teatro independente
  • AUTORES DE ENLACE Farsas para títeres Teatro pra a xente E. BLANCO AMOR A súa obra dramática divídese en farsas , pezas imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, con personaxes esquemáticos e esce-nografía austera (“Romance de Micomicón e Ad-helala”, “Un refaixo para Celestina”) e autos , pezas de realismo costumista que recrean per-sonaxes e situcións do mundo rural galego (“An-xélica no ombral do ceio”, “A verdade vestida”)
  • AUTORES DE ENLACE O incerto señor Don Hamlet A noite vai coma un río Palabras de víspera ÁLVARO CUNQUEIRO No Don Hamlet , unha das obras máis importan-tes e máis representadas do teatro galego, rea-liza unha orixinal versión do drama shakespeare-ano na que o rei usurpador resulta ser o verda-deiro pai do príncipe. Nesta profunda reflexión sobre a natureza humana están tamén presentes o humor e a ironía. TEXTO
  • AUTORES DE ENLACE A revolta e outras farsas Acurrados Ramo cativo JENARO MARINHAS Manifesta unha intención pedagóxica: educar desde a cultura para conseguir un pobo máis li-bre. Escribe numerosas pezas de reflexión polí-tica e ética, sen unha clara localización espacio--temporal porque “tudo drama que precise ser arroupado por un tempo e lugar determinados será porque carece de força dramática interior”
  • AUTORES DE ENLACE A farsa das zocas O auto do prisioneiro Os xefes CARVALHO CALERO Con técnicas realistas ou simbolistas, reflexiona sobre algunhas das grandes temáticas do ser humano: o amor, o alén, a arte e a política, achegándose tamén ao teatro infantil
  • “ Romance de Mico- micón e Adhelala” (Sarabela Teatro) “ Anxélica no ombral do ceio” (Monicreques de Kukas) “ Un refaixo para Celestina” (CDG)
  • A noite vai coma un río (CDG) O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (CDG)
  • A XERACIÓN DOS 50 Prisciliano Os irmandiños Xelmírez ou a groria de Compostela DANIEL CORTEZÓN A súa obra dramática é unha revisión de importantes episodios e personaxes da historia de Galicia: Prisciliano, Xelmírez, Pedro Madru-ga, os irmandiños, Castelao... Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 á sombra do grupo Galaxia cunha decidida vocación renovadora. Cunha vivencia indirecta da Guerra Civil, pertencen maioritariamente a unha pequena burguesía liberal e republicana que se achega á realida-de cultural galega a través da Universidade e do maxisterio de Otero Pedrayo
  • A XERACIÓN DOS 50 Auto do labrego Barriga verde Farsa de Bululú MANUEL MARÍA É autor dunha copiosa obra teatral, composta por poemas dramatizados, textos infantís, au-tos, farsas e drmas épicos. Como na súa impor-tante obra poética, emprega o teatro como ins-trumento reivindicativo e de concienciación na-cional
  • A XERACIÓN DOS 50 A outra banda do Iberr Un hotel de primeira sobre o río XOHANA TORRES A súa primeira obra é unha alegoría do exilio a partir dunha familia dividida ideoloxicamente. Na segunda, o simbolismo político é substituído pola denuncia social: a expropiación das terras con fins especulativos. Ambas as pezas, con im-portante protagonismo feminino, son boas mos-tras do teatro realista.
  • A XERACIÓN DOS 50 20 mil pesos crime Sinfarainín contra Don Per- feuto Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) BERNARDINO GRAÑA Todas as pezas comparten unha visión crítica sobre o poder do diñeiro e sobre a vida aliena-da do ser humano no mundo moderno. Constrúe un teatro popular, dándolle gran importancia aos elementos escénicos
  • Xelmírez ou a groria de Com- postela (CDG) Farsa de Bu- lulú (Teatro do Morcego/ Pasapadentro)
  • O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA
    • A mediados dos anos 60, aparecen os primeiros grupos de teatro independente galego (O Facho, Teatro Circo, Keyzán...)
    • Na década seguinte, o teatro in- dependente espállas e por toda Galiza, converténdos e nun fenó- meno de extraordina ria vitalida- de. Nacen numerosas e importan- tes compañías: Antro ido, Artello, Troula...
    • A mediados dos anos 60, aparecen os primeiros grupos de teatro independente galego (O Facho, Teatro Circo, Keyzán...)
    • Na década seguinte, o teatro in- dependente espállase por toda Galiza, converténdose nun fenó- meno de extraordinaria vitalida- de. Nacen numerosas e importan- tes compañías: Antroido, Artello, Troula...
    • Superando numerosos atrancos económicos e institucionais, de-senvolven, alén da divulgación cul-tural, unha función política, de loita contra a ditadura
  • O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abrente. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de textos dramáticos. O exemplo de Ribadavia foi segui-do por outras localidades (Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene...)
  • O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA ► Crear unha rede teatral no país que permita o desenvolve- mento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida ► Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental, aberto a todo tipo de influencias ► Romper co concepto de compañía estábel do teatro burgués e apostar pola itinerancia e a creación colectiva ► Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais, tanto urbanos como rurais Obxectivos do teatro independente
  • Manuel Lourenzo Francisco Taxes Euloxio R. Ruibal R. Vidal Bolaño
    • O Grupo Abrente
    • Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia
    • Ademais de escritores, son tamén directores, promo- tores de compañías e al- gúns deles mesmo actores
    • A pesar de que publican al- gunha obra neste período ( Romería ás covas do demo de M. Lourenzo ou Zardi- got de E. Ruibal) a práctica totalidade das súas obras son posteriores a 1976, polo que serán estudados no tema 12
  • O TEATRO ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR LIÑAS DO TEATRO DOS ANOS 50 ► TEATRO REXIONALISTA : continuadora do teatro costumista e a comedia urbana das Irmandades: Carré Alva- rellos e Ramón Cabanillas ► TENDENCIA RENOVADORA que continúa a modernización do teatro de preguerra: Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Jenaro Marinhas ► TEATRO DE INSPIRACIÓN EXISTENCIALISTA , ligado á Escola da Tebra: Franco Grande, Manuel María, Car- valho Calero, Díaz Pardo O GRUPO DE ENLACE ► Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do tea- tro independente ► AUTORES: - Otero Pedrayo : O desengano do prioiro, Noite compostelá, O fidalgo e a noite - Blanco Amor : farsas e autos: Farsas para títeres,Teatro pra a xente - Álvaro Cunqueiro : O incerto señor Don Hamlet (orixinal versión da obra shakespeareana), A noite vai coma un río, Palabras de víspera - Jenaro Marinhas : teatro de intención pedagóxica: A revolta e outras farsas, Acurrados, Ramo cativo - Carvalho Calero : A farsa das zocas, O auto do prisioneiro, Os xefes
  • A XERACIÓN DOS 50 ► Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 á sombra do grupo Galaxia cunha decidida vocación renovadora. Cunha vivencia indirecta da Guerra Civil, perten- cen maioritariamente a unha pequena burguesía liberal e republicana que se achega á realidade cultural galega a través da Universidade e do maxisterio de Otero Pedrayo ► AUTORES: - Danirel Cortezón : revisión dramática da historia de Galiza : Prisciliano, Os irmandiños, Xelmírez ou a groria de Compostela - Manuel María : teatro como instrumento reivindicativo : Auto do labrego, Barriga verde, Farsa de Bululú - Xohana Torres : teatro realista de denuncia social: A outra banda do Iberr, Un hotel de primeira sobre o río - Bernardino Graña : visión crítica sobre o poder do diñeiro e a vida alienada do ser humano no mundo moderno: 20 mil pesos crime, Sinfarainín contra Don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA ► En 1973 a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren- te. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de textos dramáticos ► OBXECTIVOS DO TEATRO INDEPENDENTE: - Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais - Romper co concepto de compañía estábel e apostar pola itinerancia e a creación colectiva - Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental - Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida ► O GRUPO ABRENTE: Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certa- mes de Ribadavia: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, R. Vidal Bolaño
  • O TEATRO ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Visiona o inicio d’ O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca ► C omenta as características do espazo no que se vai desenvolver a acción ► Trata de intuír, a partir desas palabras iniciais, que tipo de acontecementos imos en- contrar. ► Compara o valor do vento co da chuvia n’ A esmorga (ou o do sol n’ O estranxeiro ) .- Visita a páxina da actual Mostra Internacional de Teatro de Riba- davia . Cres que segue a ter os mesmos obxectivos que nos seus inicios nos anos 70? Que diferenzas principais presenta? (Repara na deno- minación da mostra, no programa, nas bases do concurso de textos teatrais...) 2
  • (1) MANUEL LOURENZO, Viaxe ao país de ningures, ed. Galaxia, Vigo, 1977 PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1)
  •  
  • XORNADA TERCEIRA, ESCENA IV El Rei Halmar que estaba escondido sae a escena Halmar : ¡Non! Hamlet : Sí, ten que seguir, Rei Halmar. Fíxate que está ao pé do leito, que é un home robusto, un grande fornicador, un cocho bravo. ¡Súpeto, Fusquenllo! ¡Bótate derriba da moza! ¡El Rei, seu afianzado, está cazando patos azulós! ¡Tócalle as tetas! Halmar : Hamlet, dígoche que non foi así. Outras eran as miñas verbas. Eu era o segundón da casa real. Dixeron que era bó pra soldado. ¡Érguete, Colombina! Mandábanme a cansarme nas fronteiras. Cun pouco de sorte, incruso podería morrer de dardo nunha escampada. Habería misas en Elsinor. Porían un pano negro que chegase dende as ameas da Torre da Boutre ás ondas do mar. I eu podrecería caladamentes baixo unha lousa da Cámara Real. ¡Non chores, Colombina! Hamlet : ¡Halmar! ¡Non falábamos de ti! Halmar : Falo eu de min e de outros. Chegaba canso e bébedo. Non me fartaba de dormir. Ao espertar sabía que tiña que adubiar o cabalo e sair venablo en man á batalla. Podes chamar ás cousas polo seu nome. Di medo. E confesábame coela. Unha pequena irmá doce. Colombina, achégate a min, pon a túa man na caluga de El Rei de Dinamarca. Escoita como bate o meu corazón. Confesábame coela. Podía morrer ao seguinte día. ¡Non te vaias así!, decíame. Eso foi todo. Naide pidéu, nadie forzóu. Dígoche que te fixen, Hamlet, con amor, e despóis choréi. Foi como si o tivéramos por costume. Xogaba comigo. ( Álvaro Cunqueiro, O incerto Señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca ) VOLVER A CUNQUEIRO