Grecia final

487 views

Published on

Traballo realizado polos alumnos/as do Ceip Rosalía de Castro de Lugo, dentro do proxecto de historia antigua realizado durante este trimestre.

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
487
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
78
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Grecia final

  1. 1. A CIVILIZACIÓN GREGA Vamos a presentaros como vivían, como traballaban, os seus monumentos .. Esperemos que vos guste o noso traballo.
  2. 2. O MUNDO GREGO A civilización grega xurdiu no sur da Península dos Balcáns e extendeuse posteriormente por diversas terras, a través de colonias gregas: ● illas do Mar Exeo. ● costas de Asia Menor (actual Turquía). ● Sicilia e sur de Italia (“Magna Grecia”). ● outras zonas do Mediterráneo occidental (Ex: Ampurias en España). Os gregos chamaban a todo este espazo a “Hélade” (= territorio dos gregos).
  3. 3. O MUNDO GREGO Debido ao seu relevo moi accidentado (vales illados por montañas, illas separadas entre sí) cada val e cada illa formaban un Estado independente (polis). Ex: Atenas, Esparta, Troia,… A pesar desta división, todas as polis pertencían á civilización grega (helénica) porque compartían: Lingua: o grego. Relixión: grega, formada por varios deuses (politeísta). ● ●
  4. 4. AS Polis. As Polis eran cidades que tiñan un goberno, unha forma de vida, unhas leis e un exército propios. Por iso se di que as polis eran ciudadesEstado. Algunhas polis foron Atenas, Esparta, Corinto e Tebas. Dúas formas de goberno das polis: Aristocracia : un grupo de privilexiados exercía o poder, a cidade de Esparta foi o mellor exemplo. Democracia: Nas polis democráticas os cidadáns reuníase periodicamente en asembleas para tomar as decisións e elexir os cargos públicos. Atenas constitúe o mellor exemplo de polis con goberno democrático.
  5. 5. EXPANSIÓN GREGA ➲ Entre os séculos VII e VI a. C. produciuse en Grecia una época de crise. Moitos gregos abandonaron o seu país a terras estranxeiras para buscar o seu sustento. Os emigrantes fundaron numerosas colonias por todo o Mediterráneo. As colonias creábanse en lugares próximos á costa para facilitar o transporte e o comercio. Tamén buscaban zonas cun outeiro desde o que defender a cidade, auga e terreos fértiles. Os gregos fundaron colonias na costa mediterránea da península Ibérica, por exemplo Emporion (Ampurias)
  6. 6. COLONIZACIÓN GREGA As colonias creábanse en lugares próximos á costa, fáciles de defender (outeiros), con auga e terreos fértiles As colonias mantiñan as leis, costumes e deuses da polis de onde procedía a súa poboación. Pero eran comunidades independentes. As colonias permitiron extender a civilización e a cultura grega por todo o Mediterráneo. TEMPLO DE SELINUNTE, SICILIA
  7. 7. ÉPOCA CLÁSICA Durante o século V a.C. Atenas viviu o período máis brillante da súa historia, especialmente na etapa na que gobernou Pericles . Este gobernante desenvolveu a democracia e favoreceu a economía e a cultura. As polis acabaron por dividirse en dous bandos: os partidarios de Atenas e os partidarios de Esparta. A tensión da situación provocou a Guerra do Peloponeso, que terminou coa vitoria de Esparta.
  8. 8. CIVILIZACIÓN GREGA ➲ Debido as guerra entre as polis, o mundo grego sufriu un debilitamento que foi aproveitado polos reis de Macedonia. Filipo II de Macedonia someteu a case todas as polis. O seu fillo, Alexandre Magno , continuou as conquistas e conquistou o imperio persa e chegou ata o río Indo (India). Desta forma a cultura grega estendeuse tamén por Oriente.
  9. 9. A SOCIEDADE GREGA A sociedade grega estaba dividida en 2 grupos:  Cidadáns: eran homes, habitantes da polis e libres. Participaban na vida política, gozaban de todos os dereitos e tiñan que pagar impostos. Había cidadáns de todas as clases sociais (ricos e pobres).  Non cidadáns: non tiñan dereitos e non podían participar en política. Había tres tipos  Estranxeiros: persoas libres. Adicábanse ao comercio e artesanía.  Escravos: non eran persoas libres e traballaban para un amo. Eran prisioneiros de guerra ou fillos de escravos.  Mulleres: carecían de todos os dereitos. Estaban sometidas sempre a un home (pai ou marido).
  10. 10. A ECONOMÍA GREGA Os habitantes das polis gregas vivían fundamentalmente de tres tipos de actividades :  Agricultura e gandería: polo clima cálido e seco os cultivos principais eran o trigo, a vide e a oliveira ( triada mediterránea ). € Artesanía: destacan as cerámicas e os tecidos. ¥ Comercio: actividade económica principal. Os gregos comerciaban por todo o Mediterráneo, grazas aos seus barcos.
  11. 11. CIDADES GREGAS Para favorecer o comercio e comunicacións as cidades gregas (metrópoles e colonias) situábanse cerca do mar. As cidades gregas tiñan rúas estreitas e retortas. Destacan 2 partes principais: ♄ Ágora: praza pública onde os cidadáns se reunían e onde se celebraba o mercado. ♆ Acrópole: recinto amurallado no lugar máis elevado da cidade. Alí a poboación refuxíabase en caso de guerra xa que era moi fácil de defender. Na acrópole atopábanse os templos máis importantes da polis.
  12. 12. A RELIXIÓN GREGA Os gregos eran politeístas (crían en numerosos deuses). Os deuses gregos eran inmortais pero tiñan aspecto e comportamento humanos (comían, bebían, amábanse, loitaban entre sí…). Cada polis grega tiña unha divinidade protectora a quen lle rendía culto. Os deuses residían no monte Olimpo (monte sagrado dos gregos). Os gregos pensaban que os deuses podían perxudicalos ou beneficialos, por iso facían ofrendas (riqueza, alimento…) e consultaban aos oráculos (adiviños) para saber a opinión dos deuses. Os gregos crían tamén en criaturas fantásticas (cíclopes, centauros…) e nos heroes = fillos de deuses e humanos. Ex: Aquiles, Hércules, Ulises ou Perseo. As historias de deuses e heroes eran os mitos.
  13. 13. OS DEUSES ➲ Prema para engadir texto
  14. 14. Os XOGOS OLÍMPICOS ➲ ➲ Se celebraban en Olimpia cada catro anos. Competian representantes de diversas cidades da antiga Grecia. Eran festas relixiosas, culturais e deportivas. Mentres se realizaban os xogos olímpicos, debían cesar as accións bélicas en toda Grecia. A proba máis rechamante era o pentatlón, que comprendía cinco probas (salto longo, carreira, lanzamento do disco e do dardo e loita), as de maior prestixio eran as carreiras de carros e cabalos. Os vencedores eran premiados cunha coroa de ramas de oliveira.
  15. 15. A CULTURA GREGA Ademáis do teatro os gregos fixeron unha aportación fundamental á cultura da Humanidade: a Filosofía e a Ciencia. Por que? Os gregos foron os primeiros pobos da Antigüidade en buscar unha explicación dos fenómenos a través da lóxica e a razón (non a través dos mitos nin da relixión).
  16. 16. CULTURA GREGA Por tanto na antiga Grecia destacaron filósofos como Sócrates , Platón , Aristóteles e científicos como Pitágoras, Arquímedes ou médicos como Hipocrates (fundamentais para a cultura posterior).
  17. 17. A ARTE GREGA: A ARQUITECTURA ➲ ➲ ➲ ➲ ➲ ➲ Os edificios máis importantes eran os templos = “casas” onde residían a divinidade. Trazos dos templos gregos:  pequeno tamaño.  forma rectangular (habitualmente).  Os templo alzábanse sobre unha plataforma.  material: pedra ou mármore  función: albergar a estatua do deus o deusa a quen se lle adicaba o santuario .
  18. 18. Templo Grego.
  19. 19. COLUMNAS GREGAS ➲ ➲ Para construír os templos, os arquitectos seguían ordes = serie de normas para conseguir beleza, harmonía e proporcións. 3 ordes principias: ☻ Dórica: capitel cadrado ☻ Xónica: capitel con 2 volutas ☻ Corintia: capitel con follas de acanto.
  20. 20. O teatro Grego ➲ ➲ ➲ Os teatros son a outra gran construción pública da época grega, construíanse aproveitando as abas das montañas. As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaban unha acústica e unha visibilidade perfectas, a escena e a orquestra situábanse na parte chá. As partes son: Cávea: bancada para os espectadores Orquestra: Circulo central onde actúa o coro Edificio de fondo: onde actúan os actores e onde estan os vestiarios
  21. 21. A ESCULTURA GREGA Características: ♧ Función relixiosa: a maioría representan a deuses ou heroes. ♡ Tentan representar a beleza ideal do corpo humano . De ahí que os artistas se interesen por estudar anatomía. ♤ Materiais: mármore e bronce principalmente. ♢ Gran calidade: así serviron de modelo para artistas de épocas posteriores
  22. 22. Alfabeto Grego.
  23. 23. QUE NOS DEIXARON OS GREGOS? A cultura que crearon os antigos gregos e romanos constitúe un dos grandes patrimonios da humanidade e é a base da nosa cultura occidental. En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os cánons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno. Moitas palabras utilizadas polas linguas occidentais proveñen do grego, como: Democracia, Política, Historia, Filosofía, Traxedia ou Xeometría.

×