Your SlideShare is downloading. ×
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

827

Published on

Published in: Education, Technology
2 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • buff pero aqi hay qe leer mucho jajaj
    pero el caso es qe yo me pase por aqi :P
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • vin o video
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
827
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
25
Comments
2
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. PROGRAMACIÓN DE CULTURA CLÁSICA 4º DE ESO IES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO Castro de Ribeiras de Lea, Casto de Rei, Lugo ©Lorenzo Fraga Montero
  • 2. ÍNDICE 01.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN 02.CONTRIBUCIÓN AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS. 03.OBXECTIVOS. 04.CONTIDOS 05.TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN. 06.CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 07.MÍNIMOS ESIXIBLES. 08.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 09.PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. 10.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. 11.TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA. 12.TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC. 13.METODOLOXÍA DIDÁCTICA. 14.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. 15.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS. [PENDENTE] 16.MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE. 17.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
  • 3. 01.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN A programación de Cultura Clásica de 4º da ESO forma parte do proxecto curricular do centro IES Da Terra Chá, José Trapero Pardo, ubicado en Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei. O grupo está integrado por 5 alumnos e 1 alumna, que non presentan ningunha necesidade educativa especial, nin adaptación curricular. O centro está situado nun entorno rural e vese afectado por unha preocupante diminución no número de alumnos/as. O marco lexislativo a aplicar, dentro da normativa estatal que corresponda, é: ➢ Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. ➢ Orde do 6 de setembro de 2007, pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. ➢ Orde do 21 de decembro de 2007, pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. ➢ Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. 02.CONTRIBUCIÓN AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS. ➢ Competencia en comunicación lingüística. As contribucións desta materia á competencia en comunicación lingüística son importantes. A través da lectura comprensiva de textos variados, da busca e tratamento da información obtida, así como a síntese para a expresión oral e escrita, contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística. A lectura comprensiva dunha realidade certamente afastada do contorno do alumno, a comprensión duns conceptos totalmente novos e a necesidade ineludible de aprender a expresalos dunha forma ordenada ten un valor moi estimable. Pero se por algo destaca esta materia no eido da lingua é por ser un instrumento inmellorable para a adquisición dun vocabulario pasivo e activo
  • 4. baseado nos termos que se expliquen ao longo do curso, incluídos os seus compoñentes e as regras de combinación. A introdución breve ao estudo diacrónico das linguas, incluído entre os obxectivos, contribuirá a unha percepción máis matizada do que é un sistema lingüístico. ➢ Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. A percepción do contorno propio como o único posible limita a capacidade do alumnado de se facer preguntas que poidan levalos a unha relación co contorno máis produtiva e gratificante. O contacto con culturas dotadas doutras inquedanzas, doutros valores e doutras relixións fará que relativicen as súas propias certezas e sexan quen de analizalas criticamente. Máxime nestas que, en tantos aspectos xeográficos, económicos, artísticos e organizativos, seguen a estar presentes no mundo actual, servindo de nexo entre a meirande parte dos países do mundo que nos rodea. O coñecemento de como se serviron do contorno, de como aproveitaron os recursos naturais, de como os transformaron, posibilitará unha meirande facilidade para o coñecemento e a interacción co mundo físico. ➢ Competencia cultural e artística. A competencia na expresión cultural e artística foméntase mediante o coñecemento dos fundamentos da literatura clásica, da arquitectura, da escultura, da arte en xeral que debe dar un leve sustento teórico ao que é o comezo do aprecio e do goce da arte como produto da creación humana e como testemuño da historia. O coñecemento dos restos arqueolóxicos do contorno debe axudar a aprender a valorar as obras do pasado e a apreciar os esforzos pola súa conservación. Cóntase, así, con referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio clásico. ➢ Competencia social e cidadá. Contribúe a adquisición da competencia social e cidadá o coñecemento das institucións e o modo de vida dos gregos e romanos
  • 5. como referente histórico de organización social, participación dos cidadáns na vida pública e delimitación dos dereitos e deberes dos individuos e das colectividades, no ámbito e no con torno dunha Europa diversa unida en moitos aspectos pola cultura grecolatina. Paralelamente, o coñecemento das desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola diferenza de sexos. Implícase así o alumnado nunha actitude de valoración positiva da participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais para todos como instrumentos válidos na resolución de conflitos. Doutra parte, se o traballo é cooperativo, impúlsase o respecto pola diferenza de criterios e pola liberdade de expresión. ➢ Tratamento da información e competencia dixital. O uso crítico da rede como fonte de información, o emprego de aplicacións informáticas para a elaboración de documentos de aula, servirán para completar a achega da cultura clásica á adquisición da competencia no tratamento da información e competencia dixital. As actividades relativas á recollida, selección e análise da información, a aplicación de técnicas de síntese, a identificación de palabras clave e a distinción entre ideas principais e secundarias achegan instrumentos básicos para a adquisición desta competencia, tan relacionada con destrezas para a continua formación persoal. ➢ Competencia para aprender a aprender. O estudo dos elementos básicos das linguas grega e latina, na medida en que propicia a disposición e a habilidade para organizar a aprendizaxe, favorece as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, exercita a recuperación de datos mediante a memorización e sitúa o proceso formativo nun contexto de rigor lóxico, inciden no logro da competencia de aprender a apren der. ➢ Autonomía e iniciativa persoal. Contribúe ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal na medida en que se utilizan procedementos
  • 6. que exixen planificar, seleccionar, avaliar distintas posibilidades e tomar decisións. O traballo cooperativo e a posta en común dos resultados implica valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros, comprender a forma de corrixilos e non se render ante un resultado inadecuado. En definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación. 03.OBXECTIVOS 1. Localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos máis relevantes das culturas grega e latina. 2. Recoñecer e identificar aspectos diversos da cultura grecolatina relativos á lingua, á literatura, á filosofía, á ciencia, a técnica, ao dereito, a Administración do Estado, ao urbanismo, á arquitectura, ás artes plásticas, valorando a súa unidade e, ao mesmo tempo, a diversidade. 3. Valorar a mitoloxía clásica, especialmente a grega, como elemento unificador da cultura grecolatina e inspirador da cultura ao longo da historia europea. Identificar en formas de relixiosidade actuais elementos que estean presentes nos mitos ou ritos propios da relixión grecorromana. 4. Valorar a conciencia de pertenza a un contorno social e cultural, identificando elementos de continuidade da cultura clásica na propia, respectando a diversidade de identidades culturais. 5. Identificar as raíces clásicas de valores actuais nos ámbitos da educación, o pensamento, o dereito, a política, valorando os elementos que hai que preservar e os elementos que hai que revisar. 6. Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos, lingüísticos e científico-técnicos, entre outros, tanto na cultura occidental como noutras culturas pasadas e presentes. 7. Coñecer os xéneros literarios grecolatinos máis importantes. 8. Identificar, agrupar e comprender os rastros das linguas clásicas nos
  • 7. diferentes eidos da lingua actual. 04.CONTIDOS. ➢ Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares.  O mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda fronte á historia. O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao home.  Polis e civitas: o home da areté e o home da virtus. As sociedades grega e romana e as súas manifestacións artísticas e culturais: literatura, filosofía, arquitectura, política, relixión, arte; o espazo público; o exército; a política; a xustiza; a economía.  O individuo: o espazo privado. Clases sociais. Costumes e afeccións; o traballo; o vestido e a hixiene; a comida; as viaxes; relacións privadas. A familia; a educación.  As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais. Semellanzas e diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en Europa. Os principais xéneros.  A arqueoloxía. Os restos máis importantes; o seu valor artístico, cultural e documental. Os restos no noso contorno. ➢ A herdanza da cultura clásica.  Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura indíxena: ritos ligados aos ciclos da natureza, festas, topónimos, tradicións...  As pegadas do mundo clásico: que é romano; que é grego. (literatura, arte, dereito, ciencia, obras públicas, técnica, filosofía ...).  A mitoloxía e a súa presenza na cultura occiden tal.  A organización e o cómputo do tempo.  A civilización grecorromana como elemento rexeitado ou reivindicado: os
  • 8. renacementos.  A herdanza clásica como elemento unificador de Europa. Estudo crítico. ➢ Iniciación aos elementos básicos das linguas de Grecia e Roma.  Do alfabeto ao abecedario. Breve historia da escritura. Signos e materiais.  As familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances.  As linguas flexivas.  A evolución das linguas. O latín como orixe de galego e castelán.  O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos, latinismos, helenismos, prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razóns lingüísticas, históricas e culturais. 05.TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN. ➢ 1ª Avaliación.  U.D.00: Introdución.  Presentación da asignatura; método de traballo, criterios de avaliación, etc.  Avaliación inicial.  Explicación dos materiais precisos; libros, programas, etc.  U.D.01: Grecia e Roma. Marco xeográfico e histórico.  O territorio da Grecia antiga.  Períodos históricos da Grecia antiga.  Orixe de Roma e marco xeográfico do seu imperio.  Períodos históricos da Roma antiga.  A conquista romana de Hispania. A romanización.  A herdanza da cultura clásica.
  • 9.  Empuries e Itálica.  U.D.02: O grego e o latín.  Do indoeuropeo ó grego.  O alfabeto grego.  O latín e as linguas románicas.  O alfabeto latino.  A herdanza da cultura clásica.  Soportes da escritura.  O panteón de Agripa.  U.D. Lectura:  A Asemblea das Mulleres, de Aristófanes. ➢ 2ª Avaliación.  U.D.03: A sociedade grega e a sociedade romana.  Formas de goberno na polis grega.  Órganos de goberno en Roma.  A estrutura social en Grecia e en Roma.  A familia en Grecia e en Roma.  A educación en Grecia e en Roma.  O deereito.  A muller en Grecia e en Roma.  Os xogos panhelénicos.  U.D.04: A vida cotiá en Grecia e en Roma.  Etapas da vida: do nacemento á morte.  A xornada dun cidadán.
  • 10.  O vestido, o calzado e o peiteado.  As comidas e a vaixela.  A casa e o mobiliario.  A herdanza da cultura clásica.  Pompeia, a cidade sepultada.  U.D.05: Relixión e mito.  A relixión grega.  Mitos gregos (I): os deuses olímpicos.  Mitos gregos (II): outros deuses.  Mitos gregos (III): os heroes.  A relixión romana.  A mitoloxía, fonte de inspiración artística.  Os oráculos.  As illas afortunadas.  U.D. Lectura:  Ilíada de Homero, cantos I e VI. ➢ 3ª Avaliación.  U.D.06: Literatura e ciencia.  A literatura grega.  Xéneros literarios en prosa en Grecia.  A literatura latina.  Xéneros literarios en prosa en Roma.  A ciencia en Grecia.  A técnica en Grecia e en Roma.
  • 11.  A herdanza da cultura clásica.  O teatro clásico: Epidauro e Mérida.  U.D.07: A arte grega e a arte romana.  Características da arte grecorromana.  O urbanismo grecorromano.  Obras públicas.  As artes plásticas (I)  As artes plásticas (II)  Vestixios arqueolóxicos na Península Ibérica.  A herdanza da cultura clásica.  O coliseo.  O circo de Tarraco.  U.D. Lectura.  Poesía lírica grega. 06.CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos, aspectos históricos ou culturais. Con este criterio preténdese comprobar a capacida de do alumnado para extraer a información relevante sobre aspectos históricos e/ou culturais, previamente traballados, en textos variados. 2. Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e os seus feitos máis relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as relacións con outras culturas coetáneas. Con este criterio preténdese comprobar a capacidade de identificar en textos e situar no espazo e no tempo, feitos relevantes da historia das culturas
  • 12. clásicas, previamente traballados. 3. Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e de Roma e a súa continuidade no mundo de hoxe. Preténdese comprobar se o alumnado é quen de comprender a organización sociopolítica de Grecia e de Roma, así como establecer comparacións coa existente na actualidade. 4. Localizar no espazo xeográfico as civilizacións grega e romana, así como recoñecer os elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico na Gallaecia e Hispania. Preténdese comprobar a capacidade para localizar en mapas o espazo das civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos máis relevantes na Galicia e na España actual. 5. Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso, científicas de todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración. Preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos, despois de traballar na clase os mitos máis salientables, son quen de identificalos en manifestacións literarias e doutro tipo, adecuadas á súa idade. 6. Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais. Recoñecer o vocabula rio grecolatino nas linguas modernas. Búscase comprobar se o alumnado, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas, é quen de recoñecer elementos comúns a todas elas no vocabulario. 7. Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario. Preténdese comprobar se o alumnado coñece os elementos básicos dos xéneros literarios clásicos, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas. 8. Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización
  • 13. occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de relacionar as achegas do mundo clásico nos eidos do pensamento, ciencia e técnica, ao mundo actuais. 9. Valorar criticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, disposicións e costumes. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado, coa axuda do profesorado, é quen de analizar a permanencia do legado clásico na actualidade, así como a evolución co paso do tempo. 10. Empregar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma. Preténdese comprobar a capacidade do alumnado para elaborar un pequeno traballo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a capacidade de exposición posterior na aula. Valorarase o grao de planificación e a selección da información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así como a presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos. 07.MÍNIMOS ESIXIBLES. Ó remata-lo curso os/as alumnos, para poderen acadar unha cualificación de aprobado na materia de cultura clásica terán que ser quen de: • no eido dos contidos conceptuais: ◦ ubicar temporal e xeográficamente o mundo grego e romano ◦ coñecer os aspectos máis salientables: ▪ da historia ▪ da literatura ▪ da vida cotiá
  • 14. ▪ da sociedade e formas de goberno ▪ da arte ▪ da relixión e mitoloxía de Grecia e Roma. ◦ coñecer das linguas gregas e latina ▪ o alfabeto / abecedario ▪ a orixe indoeuropea ▪ o carácter de linguas flexivas ▪ a procedencia do galego e castelán do latín: • que son palabras patrimoniais, cultas, semicultismos e latinismos e algúns exemplos de cada unha ▪ a importancia do grego na formación das linguas científicas e exemplos concretos. • no eido dos contidos procedimentais: ◦ Elaborar un resumo a partir dun texto. ◦ Elaborar unha presentación nun programa específico na que se recollan os elementos fundamentais dalgún aspecto do mundo clásico. ◦ Elaborar actividades de consolidación e reforzo sobre un aspecto do mundo clásico cun programa específico. ◦ Poñer a disposición dos/as compañeiros e da comunidade escolar en xeral os recursos en formato electrónico xerados polo/a alumno/a (presentacións, actividades, reflexións persoais, etc.), a través dalgúns dos recursos que para isto ofrece a internet. ◦ Redactar textos nos que desenvolvan dun xeito comprensible unha reflexión persoal que tome como punto de partida algún aspecto do mundo clásico en comparanza co mundo actual. O texto poderá ser escrito en galego ou
  • 15. castelán, e deberá estar libre de faltas de ortografía, estar correctamente puntuado e utilizar unha sintaxe que faga comprensibles as ideas do/a alumno/a. • no eido dos contidos actitudinais: ◦ Mostrar curiosidade polo mundo clásico. ◦ Mostrar interese pola relación existente entre o noso mundo e cultura e o mundo greco-romano. ◦ Mostrar sentido crítico polos aspectos máis controvertidos dos mundos clásico e actual. ◦ Mostrar interese e curiosidade polas novas tecnoloxías da información e comunicación (TICs). 08.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. Para determina-la cualificación dos/as alumnos/as establécense os seguintes criterios: ➢ os contidos conceptuais aportarán o 40% da cualificación. Para a súa valoración hanse ter en conta:  a calidade dos contidos dos traballos realizados polo/a alumno/a.  as intervencións do/a alumno/a na aula.  as redaccións sobre aspectos do mundo clásico en comparanza co mundo actual.  o grao de acerto na realización e resolución das actividades.  EXCEPCIONALMENTE, en caso de que o/a alumno/a non estivera de acordo coa valoración do profesor, acudirase a unha proba escrita convencional, na que se avaliarían os contidos conceptuais explicados na clase durante a avaliación. ➢ os contidos procedimentais aportarán o 40% da cualificación. Para a súa
  • 16. valoración hanse ter en conta:  a calidade dos traballos elaborados cos programas informáticos  a facilidade para usa-lo recursos da internet que permiten poñer a disposición dos compañeiros e demais comunidade educativa os recursos xerados polos/as alumnos/as.  a calidade das redaccións; caligrafía, ortografía, puntuación, sintaxe, etc.  a boa conservación, coidado e limpeza do caderno de clase do/a alumno/a. ➢ os contidos actitudinais aportarán o 20% da cualificación. Para a súa valoración hanse ter en conta:  a participación e traballo na aula.  a participación e traballo no blog/foro de CCL, ou calquera outro recurso telemático da asignatura. Estes criterios hanse aplicar para a determinación da cualificación de cada avaliación. Para a determinación da cualificación final aplicarase a seguinte fórmula: ((cualif. 1ª aval.) + (cualif. 2ª aval. x 2) + (cualif. 3ª aval. x 3)) / 6 Para aproba-la asignatura é preciso obter, polo menos, 5 puntos, trala aplicación desta fórmula. 09.PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. Procederase á avaliación dos/as alumnos/as a través dos instrumentos de avaliación recollidos no aparatado INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. 10.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. Para a avaliación inicial dos/as alumnos/as utilizaranse os seguintes instrumentos: • cuestionario relativo ás motivacións para cursa-la asignatura, as súas espectativas, os seus coñecementos xerais sobre o mundo clásico e o seu
  • 17. dominio de recursos das TICs. Os instrumentos previstos para a avaliación ordinaria dos/as alumnos/as son os seguintes. • O caderno de clase. • Os traballos elaborados polos alumnos/as: ◦ resumos (que se recollerán no caderno de clase). ◦ presentacións. ◦ actividades en formato electrónico. • A participación activa no desenvolvemento da asignatura a través da participación: ◦ no blog ou foro da asignatura ◦ na aula ◦ na páxina web • A realización das actividades. • As probas escritas que se efectúen. ◦ Estas probas consistirán nunha redacción na que o/a alumno/a relacione o coñecemento sobre algún aspecto do mundo clásico traballado na aula con algún problema ou aspecto concretos da realidade actual. ◦ Excepcionalmente poderán consistir en exames de tipo convencional. 11.TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA. Para o fomento da lectura está previsto adicar polo menos unha das tres horas de clase á semana á lectura en voz alta na aula. Ademais está programada a lectura dunha obra clásica, ou fragmentos, en cada avaliación. 12.TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC. Para o fomento das TIC nesta asignatura está previsto:
  • 18. • a utilización habitual de recursos informáticos para que os/as alumnos/as elaboren os seus traballos • a utilización de recursos da internet para que os/as alumnos/as poñan a disposición do resto da comunidade educativa os seus traballos 13.METODOLOXÍA DIDÁCTICA. O obxectivo que se busca nesta asignatura é que o/a alumno/a aprenda ó tempo que elabora materiais para facilita-la aprendizaxe ós outros compañeiros. Desta maneira o/a alumno/a deixa de ser un elemento pasivo para se-lo axente do proceso de aprendizaxe. Cada avaliación cada alumno/a ou grupo de alumnos/as terá coma obxectivo preparar uns contidos da programación para llos explicar ós compañeiros/as nunha exposición oral e pública. Para chegar a esta exposición o/a alumno/a deberá: • le-lo material de referencia • elaborar un resumo-esquema • elaborar unha presentación en soporte informático como apoio para a exposición oral na aula • elaboración en formato electrónico dunhas actividades de consolidación e repaso dos contidos expostos • colgar este material na internet para que estea á disposición dos/as compañeiros/as. Paralelamente, cada avaliación procederase á lectura dunha obra (ou fragmentos) dun autor grego ou latino, ó que se adicará polo menos unha das tres horas semanais da asignatura. A metodoloxía a empregar é: • lectura en voz alta • reflexión sobre aqueles aspectos do mundo clásico ós que se aluda na lectura (a
  • 19. modo de introdución ou coma repaso, segundo sexa o caso). 14.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. ➢ Libro de texto: Podium Cultura Clásica, L.I. Llopis Toledo e F. Sánchez Elvira, edit. Vicens Vives. ➢ Lecturas obrigadas:  As asembleístas ou Asemblea das mulleres, de Aristófanes.  Edición recomendada:Aristófanes Los Acarnienses, Los Caballeros, Las Tesmoforias, La Asamblea de las Mujeres, edic. de F. Rodríguez Adrados, Madrid, 2005 (4ª edic.) en edit. Cátedra, colección Letras Universales, nº 162 (ISBN: 84-376-1014-1)  La Ilíada de Homero, cantos I e VI.  Edición recomendada: calquera coa traducción de Luis Segalá y Estalella (dispoñible de balde en internet).  Outras traducións:Ilíada, introducción y notas de J. Alsina, tradución en verso de F. Gutiérrez, Barcelona, 1999, edit. Planeta (ISBN: 84-08- 03078-7).  Fragmentos dos poetas líricos Safo, Alceo e Arquíloco.  Edición recomendada: Líricos griegos arcaicos, introdución e tradución de J. FERRATÉ, Barcelona, 2000 (ISBN: 84-95359-22-7) ➢ Recursos informáticos:  Programas:  Programa para elaborar presentacións; power point, impress.  Programa para elaborar actividades: jclic.  Recursos en rede:  Conta de correo electrónico.
  • 20.  Utilidade para colgar presentacións: slideshare.  Blog/Foro/wiki.  Ordenadores con conexión a internet. 15.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS. O artigo 5.5 do R.D. 1631/2006, a propósito da organización do cuarto curso da ESO, establece o seguinte: Sin perjuicio del tratamiento específico en algunas de la materias de este curso, la comprensión lectora , la expresión oral y escrita , la comunicación audiovisual , las tecnologías de la información y la comunicación , y la educación en valores se trabajarán en todas ellas. Explícase seguidamente a forma na que estes eixes ou contidos transversais incorpóranse ó currículo: 1. Comprensión lectora . Parte fundamental da actividade diaria na aula esixe a lectura e comprensión de textos. Así pois, este contido transversal incorpórase ó currículo a través da actividade diaria na aula e a través das actividades que debe realiza-lo/a alumno/a na súa casa, 2. Expresión oral e escrita . Parte fundamental da actividade diaria na aula esixe a capacidade por parte do/a alumno/a para se expresar adecuadamente de forma oral e escrita. Isto supón que o/a alumno/a debe aprender a diferenciar entre a forma de expresión oral coloquial e formal e, en todo caso, entre a forma de se expresar oralmente e por escrito. Este contido transversal recóllese na actividade diaria de clase (expresión oral) e na elaboración de actividades e traballos (expresión escrita). 3. A comunicación audiovisual. Este departamento considera que este contido transversal na práctica ésta subsumido ou incorporado ó apartado número 4. 4. Tecnoloxías da información e a comunicación. Este contido transversal pretende ser traballado exhaustivamente na asignatura de Cultura Clásica de 4º
  • 21. da ESO. En primeiro lugar a través da utilización de recursos en soporte informático para realizar actividades de consolidación e repaso. Ademais, os/as alumnos/as deben familiarizarse co uso e aproveitamento da páxina web que este departamento porá á súa disposición. Isto supón o coñecemento básico do uso de, polo menos, un navegador de internet, un procesador de textos e a necesidade de dispoñerer dunha conta de correo electrónico. Ademais, hase tratar de conseguir que os/as alumnos/as usen mínimamente un editor de html e un programa de presentacións. Pero ademais o uso, acceso e aproveitamento dos múltiples recursos e información accesible a través da internet supón que os/as alumnos/as deben aprender ou consolida-los procedementos para buscar información, procesala y aproveitala. 5. Educación en valores . A falta dunha definición concreta e pechada de cales sexan os valores que deban transmitirse e traballarse de modo transversal na asignatura de Cultura Clásica, este departamento, tomando como referencia os principios básicos da constitución vixente, propón traballar e incidir sobre os seguintes valores: 1. Valores de participación democráticos. O respeto ás opinións dos demais, o dereito a oír e ser oído, a poder soster opinións críticas e contrarias, e o dereito a poder participar na organización e funcionamento da sociedade a través do voto, son aspectos fundamentais que se incorporan ó currículo a través da reflexión e o debate que de modo natural se suscita na aula a partir da lectura e consideración dos distintos aspectos da vida e da sociedade do mundo clásico. 2. Valores relativos aos dereitos fundamentais dos seres humanos. A existencia dunha declaración dos dereitos humanos que cada ser humano, polo feito de o ser, ostenta e ten dereito a esixir, é un aspecto fundamental cando se contrastan as sociedades do mundo antigo coas modernas. De modo
  • 22. natural e espontáneo, ó coñecer aspectos concretos do mundo antigo, as diferencias e avances que se produciron na sociedade han ser obxecto de debate e consideración na aula. 3. Valores relativos á igualdade dos sexo e á violencia de xénero. Este departamento considera que calquera tipo de violencia é reprobable e rexeitable. Sen embargo, a especial sensibilización que a nosa sociedade evidencia con respecto á violencia de xénero, fai que sexa necesario tratar este aspecto dun modo diferenciado. En todo momento hase insistir no principio básico de igualdade entre home e muller, en tanto que detentadores duns mesmos dereitos e obrigas, aos que se debe dar unha mesma igualdade de oportunidades que de ningún modo deben quedar mediatizadas ou limitadas polo seu sexo. A este respecto, as sociedades do mundo antigo, especialmente a sociedade ateniense, pero tamén dende un punto de vista legal a romana, deben servir para contrasta-la situación de inferioridade legal e real na que estivo a muller durante moito tempo, en contraste coa situación actual, na que, aínda con excepcións e necesidade de mellora, a muller xa ocupa unha situación de igualdade, polo menos legal, na nosa sociedade. 4. Valores relativos á convivencia pacífica. Un valor fundamental das sociedades occidentais é a necesidade dunha convivencia pacífica tanto a nivel internacional como dentro dos propios estados e comunidades. A través do coñecemento dos conflitos na antigüidade (tamén as súas causas e consecuencias) os/as alumnos/as poderán considera-las orixes dos conflitos e as súas consecuencias, establecer comparacións con situacións actuais e tira-las conclusións orientadas a evitar estas situacións. 16.MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Este departamento de acordo cos/as alumnos/as que así o precisen e en coordinación co departamento de orientación, no seu caso, tomará as medidas precisas
  • 23. para atender á diversidade do seu alumnado en función das características e necesidades concretas dos/as alumnos/as, no transcurso do desenvolvemento desta asignatura. 17.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Na 2ª avaliación os/as alumnos/as de Cultura Clásica asistirán ó festival de teatro de Lugo para ver, polo menos, unha obra de teatro clásico greco-latino. En Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei, a 25 de setembro de 2009. Asdo.: Dr. D. Lorenzo Fraga Montero Xefe do departamento de Latín e Grego.

×