Loading…

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

Like this document? Why not share!

Like this? Share it with your network

Share

Xornais dixitais galegos

  • 940 views
Uploaded on

Traballamos as distintas cabeceiras da prensa do 18 de decembro do 2010. ...

Traballamos as distintas cabeceiras da prensa do 18 de decembro do 2010.

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
940
On Slideshare
934
From Embeds
6
Number of Embeds
1

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 6

http://mestraprimaria.nireblog.com 6

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Economía 2030 Perigan as pensións en 20 anos, avisa Bruxelas 18.11.2010 Un informe comunitario avala atrasar ós 67 anos a idade mínima de xubilación en España e pide medidas de axuste tomadas por consenso EFE . BRUXELAS Elena Salgado conversa co comisario de Asuntos Monetarios, Olli Rehn FOTO: olivier hoslet A Unión Europea recomendoulle a España que tome medidas para asegurar a sustentabilidade do seu sistema de pensións máis aló de 2030, xa que cre que non é suficiente con atrasar a idade de xubilación. A recomendación queda recollida nun informe conxunto sobre pensións elaborado polos comités europeos de Política Económica e de Protección Social, apoiado hoxe en Bruxelas polo Consello de ministros da UE (Economía e Finanzas). No informe afírmase que a reforma das pensións presentada polo Goberno español o mes de xaneiro pasado está "xustificada" para asegurar a estabilidade financeira das contas públicas. Con todo, sinala que os riscos que afronta España debido a varios factores -como que se trata do país coa segunda esperanza de vida máis alta do mundo e onde o número de pensionistas se dobrará entre 2010 e 2040- "fan necesario garantir a sustentabilidade do sistema de Seguridade Social máis aló de 2030". A ministra de Economía española, Elena Salgado, que participou na reunión do Ecofin, indicou que o informe "recoñece a solidez" do sistema de pensións español (que "non
  • 2. terá ningunha dificultade ata o ano 2030"), aínda que recoñeceu a necesidade de facer unha reforma para garantilo a partir dese ano. Ademais, Salgado explicou que o documento recoñece "a redución da pobreza e o aumento das pensións mínimas" en España. O informe recalca que "a diminución de contribuíntes á Seguridade Social debido á alta taxa de paro é unha cuestión preocupante". Sinala tamén que, dada a situación, non basta con prolongar a idade de xubilación, e insta a España para reformar o mercado laboral e a adoptar medidas "para permitir e fomentar que os cidadáns traballen máis tempo", especialmente os mozos. O documento tamén subliña a necesidade de que España leve a cabo a consolidación orzamentaria prometida co obxectivo de reducir a débeda pública e aumentar a capacidade do país de financiar o incremento do gasto público nun futuro. Respecto do índice de risco de pobreza entre os maiores de 65 anos, o informe recoñece que o aumento das pensións mínimas contribuíu a que se reduza nos últimos anos, ata situarse nun 27,4 por cento (8,5 puntos por encima da media da UE). Pola súa banda, o Ministerio de Traballo español mostrouse satisfeito co documento, xa que ó seu xuízo "recoñece que o sistema español funciona ben e é sólido actualmente", segundo un comunicado. O XESTO DO ESCRITOR Agustín Fernández Paz: "Non buscaba este papel" 18.11.2010 Asegura que non quere entrar "en polémica ningunha" tras rexeitar o Premio da Cultura Galega no apartado de Literatura A.R. LÓPEZ . SANTIAGO
  • 3. Agustín Fernández Paz asegura que as súas pretensións non son crear polémica, pero cre que por coherencia debía rexeitar o galardón Agustín Fernández Paz non quere facer entrevistas "nin entrar en polémicas de ningún tipo". O único que quere é que "isto pase canto antes" e co canto antes refírese á revolta que armou o martes pasado cando rexeitou o Premio da Cultura Galega, nunha acción de protesta pola política lingüística desenvolvida na Xunta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Onte, nun breve diálogo telefónica, o escritor queixábase da súa mala saúde e de interpretar "un papel que non buscaba". Porén, nesa posición de "silencio por coherencia", non puido evitar que o seu nome se convertese nunha das entradas máis buscadas de internet e a súa figura na máis celebrada dunha Cultura, a galega, que desde hai meses se sobrepón ás adversidades con xestos como os deste autor, un dos máis lidos e premiados en Europa dentro do xénero da Literatura infantil e xuvenil. El trata de restarlle importancia ás adhesións -que lle chegaron mesmo desde militantes do Partido Popular (PP)- e, en calquera caso, asegura que el non é "responsable" dos apoios que lle chegan a favor "nin dos que me chegan en contra". No comunicado que difundiu o mesmo martes, nada máis coñecer a noticia do galardón, Fernández Paz agradecíalle ao xurado a concesión dun premio que el considera, ao mesmo tempo, un recoñecemento ao colectivo de escritores que "desde hai ben anos, vén esforzándose en crear desde Galicia unha literatura infantil e xuvenil de calidade". Distinguido con diferentes premios, entre eles o Nacional de Literatura do Goberno españo, Fernández Paz é un dos máis activos integrantes de Prolingua, creada para contrarrestar as medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo na política lingüística, concretamente a aprobación do polémico decreto do plurilingüismo. A plataforma fixo público a primeiros de outubro un chamamento ao mundo da cultura para que rexeitase os Premios da Cultura Galega, creados pola Consellería de Cultura
  • 4. tras anular os anteriores Premios Nacionais da Cultura Galega e, recentemente, desprovistos de dotación económica, ao contrario do que ocorre con outros galardóns de igual rango en España, Cataluña e Euscadi. Galicia José Antonio Gallego: "O grande erro das empresas é quedaren fóra das redes sociais" 18.11.2010 "Cada vez máis, as decisións de compra tómanse en internet", afirma. "O único positivo desta crise é que nos obriga a facer cambios", subliña, mentres ten claro que España non será intervida "de ninguna maneira" M. R. VALEIRO . SANTIAGO O ‘community manager’ e presidente de Aerco, José Antonio Gallego FOTO: AXENCIAS Community manager: fálase moito desta nova figura profesional pero as súas funcións son descoñecidas para boa parte das empresas. O experto José Antonio Gallego, economista e presidente fundador da Asociación Española de Responsables de Comunidades online (Aerco), ofrecerá o vindeiro 26 de novembro en ExpoCoruña unha masterclass sobre a súa utilidade para sacarlles partido ás redes sociais como vehículo para expandir os negocios, "porque nelas tomamos as decisións de compra fundamentais", incide.
  • 5. Supoño que estará canso da mesma pregunta, pero ¿que é exactamente un community manager? Houbo un cambio nos últimos anos na sociedade a todos os niveis, co cal os usuarios e consumidores cada vez pasamos máis tempo nas redes sociais. Nelas, ademais de divertirnos, tomamos as decisións de compra fundamentais, porque falamos con outras persoas, pedimos opinións e optamos por un produto ou outro. O community manager é esa persoa que debe estar encargada de escoitar que se di, no caso dunha empresa, dela nas redes sociais e por outra banda, ser capaz de trasladarlles a mensaxe ós usuarios. ¿Canto tempo leva traballando esta nova profesión? En España relativamente pouco, pero en Estados Unidos en empresas como eBay Google xa existe desde hai catro ou cinco anos. Aquí comezamos coa asociación no 2008 e eramos moi poucos, e agora en Aerco xa somos máis de 500 socios. ¿É imprescindible para todas as empresas? Creo que é imprescidible para as empresas escoitar o que se di delas nas redes sociais. Logo tomar unha presenza activa é moi útil e necesario pero non obrigatorio para todas. Por exemplo, en negocios de maquinaria non ten sentido ter un grupo en Facebook pero si saber que se di deste mercado. As que deberían ter estes expertos son as que lle venden directamente ó consumidor. ¿Como se pode sacar o mellor proveito a estas redes? O primeiro é definir o noso usuario. Facebook é unha rede masiva, pero igual o noso perfil máis axeitado é máis novo, como o de Tuenti, xente que se move en blogs, en foros...e unha vez analizado onde están os nosos usuarios, cómpre crear unha presenza alí. Facebook é o máis sinxelo pero ás veces non é a mellor opción. Non temos por que estar en todas, hai moitas. En España se estás en Facebook e Tuenti xa tes captados o 95% dos usuarios. Moitos consumidores, e supoño que empresas, son remisos a entrar nas redes sociais polo descoñecemento e a falta de privacidade... ¿pode ser un handicap?
  • 6. Como todo elemento emerxente formulan interrogantes, pero realmente o custo verdadeiro é non estar nunha rede social, quedar fóra deste novo fenómeno, porque cada vez máis as decisións de compra tómanse aquí en internet. Para facernos unha idea... ¿como é unha xornada laboral "dun community manager? A primeira hora analizamos todo o que se di de nós nas redes sociais, miramos desde a prensa ós blogs, e o principal é unha escoita activa. Logo outro dos pasos é visitar a presenza que a nosa empresa ten nelas. Ademais, outra parte importante é contactar cos líderes de opinión, os usuarios máis influíntes, dos que temos que saber que din en todo momento, e intentar achegarnos a eles. Ademais, outro labor noso é interno, transmitir o que escoitamos, porque somos unha figura evanxelizadora, e temos que ir ós departamentos de márketing, atención ó cliente, e dicir, o que pensan e din de nós. ¿Cal é o perfil profesional? Como é unha figura de recente creación, non existe unha ensinanza universitaria. Hai moita xente que vén do xornalismo, da comunicación, relacións públicas e márketing. O importante é ter dotes de comunicación. ¿Que transmite nas súas "masterclass"? A principal ensinanza é explicar como cambiou o consumidor, con exemplos de empresas que sacaron partido nas redes e tamén dos erros máis comúns. É unha invitación a tomar a iniciativa e non ter medo. A xente sae moi contenta, tanto que xa saíron moitos proxectos. ¿A crise, polo tanto, é o mellor momento para lanzarse á piscina? É o mellor momento. Cando a unha empresa lle vai todo ben, non ten estímulo a facer cousas novas. Precisamente, cando o mercado está complicado é cando se formula a necesidade de innovar. O único positivo desta crise é que nos obriga a afrontar cambios. Como experto en Economía, a pregunta é obrigada: ¿España corre risco de ser intervida? Está nunha crise profunda pero ten unha economía bastante sólida. Persoalmente, non penso que haxa ningún tipo de intervención, de ningunha maneira.
  • 7. Galicia ECONOMÍA ·· IGE O PIB galego sobe no último ano o triplo que no Estado 18.11.2010 O Produto Interior Bruto avanzou na comunidade un 0,6% fronte ó 0,2% do conxunto español ·· Rexistráronse tres trimestres de alza REDACCIÓN . SANTIAGO Téñase ou non fe no Apóstol, o certo é que os efectos do ano Xacobeo estanse deixando notar en Galicia. Así o confirman as estatísticas oficiais, onde se observa que nos últimos doce meses, o Producto Interior Bruto (PIB) autonómico subiu o 0,6% -medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario-, o triplo que a nivel español, onde o avance da economía quedou no 0,2%. É dicir, a comunidade creceu o triplo ca o Estado. É "unha cifra máis que aceptable", segundo a valoración do director do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, quen á súa vez indicou que este representa o primeiro crecemento interanual logo de sete trimestres en caída libre. En canto ós datos do período que vai de xullo a setembro, o PIB galego subiu o 0,1% respecto ó trimestre anterior, mellorando tamén os datos españois (crecemento nulo do 0%) e a previsión para o cuarto trimestre ten un comportamento "similar" ó do terceiro, polo que "pode haber unha situación de estancamento", dixo, baseándose en resultados de indicadores como a confianza do consumidor, a afiliación á Seguridade Social, as vendas do comercio polo miúdo ou a produción industrial. Co resultado dos meses de xullo, agosto e setembro, segundo os datos do instituto galego, son xa tres trimestres con rexistros positivos (o avance foi do 0,2% no primeiro trimestre e do 0,4% no segundo), tras un crecemento nulo nos últimos tres meses de 2009, que sucedeu unha serie de taxas negativas na economía da comunidade du- rante o ano pasado. Así, o crecemento intertrimestral en xullo, agosto e setembro é tres decimais inferior ó do trimestre anterior (un 0,1% fronte a un 0,4%), pero está unha décima por encima do experimentado no conxunto da economía española, cun crecemento nulo (o 0% de variación) nese mesmo período, tal e como confirma o Instituto Nacional de Estatística (INE) na súa publicación deste mércores.
  • 8. En termos interanuais, o PIB de Galicia creceu seis décimas no terceiro trimestre, medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, o que representa o primeiro crecemento interanual tras sete trimestres en descenxo. Deste xeito, a economía galega avanzou catro décimas máis que a es- pañola (un 0,6% fronte a un 0,2%), destacou o director do IGE, que considerou que se trata dunha "cifra máis que aceptable". Respecto ao efecto do Xacobeo, sinalou que "non cabe dúbida de que ten influencia" nos resultados e sinalou, neste sentido, que o gasto dos non residentes creceu en torno ó 15 por cento. Campo Andión concluíu, tras indicar que o conxunto dos indicadores que inflúen no PIB teñen un "comportamiento diverso", que no que vai de ano "a economía galega si se está comportando mellor que a española". Ademais, citou un indicador de previsión de crecemento elaborado pola Unión Europea, que previu o crecemento intertrimestral dun 0,4% na zona euro e estima avances do 0,3% e o 0,2% para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011, res- pectivamente. Por iso, indicou, "no eido europeo prodúcese unha certa retardación". Aulas RECOÑECEMENTO Premios para a USC 18.11.2010 Dúas investigacións dos departamentos de Microbioloxía e de Física da Materia condensada levan os galardóns da Real Academia Galega de Ciencias REDACCIÓN . SANTIAGO
  • 9. Alberto Martínez, Alexandre Ríos, Ernesto Viéitez, presidente da RAGC, Ana Otero e Manuel Romero FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ A Universidade de Santiago copou os premios da Real Academia Galega de Ciencias, que onte recoñeceu os mellores traballos de investigación xeral e investigación nova a dous traballos enmarcados nos campos da microbioloxía e dos modelos climatolóxicos e segundo explicou o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Vieitez, foron elixidos pola súa "combinación da ciencia base coa aplicada". O premio de investigadores senior recaeu no estudo Interceptación de sinais de comunicación bacteriana en bacterias illadas do medio mariño, de Ana María Otero e Manuel Romeiro, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC. O traballo de investigación abre unha vía alternativa ós tratamentos con antibióticos, especialmente no campo de acuicultura, onde o seu uso está prohibido. O estudo achega unha "aproximación ecolóxica", segundo explicaron os autores, xa que en lugar de "matar os patóxenos", o que propón é actuar sobre os procesos de comunicación que establecen entre eles para atacar -denominados quorum sensing-, desactivando así as posibilidades que teñen de infectar o organismo e permitindo que sexan eliminadas polas defensas naturais do corpo. Aínda cando a estratexia descrita no traballo é de tipo xeral e pode aplicarse a calquera ser vivo, a investigación galardoada centrouse na busca de bacterias mariñas con actividade quorum quenching que poidan ser utilizadas no control das infeccións dos peixes, e polo tanto na industria da acuicultura, cun alto risco de infeccións pola elevada densidade de poboación que se concentra nas granxas. Dado que o uso de antibióticos está practicamente prohibido na cría de peixes, a estratexia de quorum quenching revélase como una interesante opción para atallar o problema. Os investigadores composteláns descubriron que no medio mariño son máis abundantes e activas as bacterias con capacidade para interceptar as comunicacións - eles identificaron 19 -, o que confirma que o mar é unha gran fonte potencial de novos fármacos. Na actualidade, están sendo probadas dúas patentes rexistradas pola USC co patrocinio da Fundación Genoma España , que chamaron a atención tanto de empresas do sector farmacéutico como relacionadas coa nutrición en acuicultura. Ana Otero e Manuel Romero incidiron no "importante" que é recibir recoñecementos como este, porque "non é común" no sector. Pola súa banda, o premio de investigación 2010 para investigadores novos -de menos de 28 anos- recaeu no proxecto O papel das augas freáticas nas interaccións terra-
  • 10. atmosfera, no clima e no réxime pluviométrico da Península Ibérica, asinado por Lucía Gestal Souto, Alberto Martínez de la Torre e Alexandre Ríos Entenza, do departamento de Física da Materia Condensada da USC. Tamén os seus autores agradeceron o premio, polo que supón de "ánimo para seguir" cando somos "aínda estudantes de doutoramento". O proxecto investiga un factor ata agora ignorado nos estudos sobre a dinámica das precipitacións e a súa repercusión no clima: o papel das augas subterráneas. O traballo realizado céntrase na Península Ibérica, e desvela que a infiltración e almacenamento de augas no subsolo provoca, como resultado das interaccións entre a terra e a atmosfera, un grao maior de incidencia das precipitacións. Os autores sinalaron que os modelos operativos que se utilizan actualmente non inclúen este factor, que resulta fundamental para a agricultura en rexións con importantes limitacións hídricas. Estas "precipitacións extra" alcanzan na primavera valores superiores ó 20% en áreas como a Meseta Sur, a zona central e a área de Levante, que resultan ser do mesma orde que o descenso que se espera nas choivas como consecuencia do cambio climático. Os premios da RAGC cumpren este ano o seu vixésimo aniversario en 2010. Co gaio da efeméride ábrese a convocatoria a investigadores de toda España e Portuga. Amais a categoría do Premio de Investigación para científicos consolidados, dotada con 6.000 euros, completouse cun galardón dotado con 2.000 euros para a promoción de mozos. España SÁHARA O Senado, excepto o PSOE, condena a Marrocos 18.11.2010 Pérez Bouza, do BNG, di que España pode estar escribindo unha das páxinas máis negras da súa historia negando apoio ás vítimas R.A. . MADRID
  • 11. Pérez Bouza, cuarto pola esquerda, ó lado do representante de Fronte Polisario, Beyin, onte, no Senado FOTO: AXENCIAS Todos os grupos parlamentarios do Senado condenaron onte a violación dos dereitos humanos por parte de Marrocos no Sáhara Occidental nunha roda de prensa tras reunirse co delegado da Fronte Polisario en España, Bucharaya Beyin, na que non estivo presente o PSOE. O senador do PSOE José Carracao e o do PSC Josep María de Puig reuníronse, do mesmo xeito que outros once senadores de todos os grupos parlamentarios, co representante da Fronte Polisario, pero ambos optaron a continuación por non comparecer na roda de prensa na que se condenou a actuación de Marrocos. O delegado da Fronte Polisario denunciou que Marrocos estea levando a cabo no Sáhara Occidental "unha limpeza étnica" e que España lle estea axudando" ó non condenar a súa actuación. "Que o Goberno español admita a versión de Marrocos é o peor que se lles pode facer ós saharauís", manifestou Beyin en alusión ás declaracións do vicepresidente primeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, tras a reunión que mantivo onte co ministro do Interior marroquí, Taib Cherkaui. Criticou que "a única fonte" á que o Goberno pretende facer caso sexa Marrocos. Todos os grupos, excepto o PSOE, condenaron a continuación a actuación marroquí no campamento, a violación dos dereitos humanos e a negativa a entrar no Sáhara Occidental ós xornalistas para que informen do que está ocorrendo. O senador do PP Alejandro Muñoz Alonso recoñeceu que "falta moita información" pero recalcou que a que existe é "suficiente" para saber que se produciu "unha gravísima violación dos dereitos humanos". En representación do grupo de Senadores Nacionalistas interviñeron Iñaki Anasagasti (PNV) e José Manuel Pérez Bouza (BNG). Pérez Bouza considerou que España "pode estar escribindo unha das páxinas máis negras da súa historia, negándolles o seu apoio ás vítimas e recibindo con honras de
  • 12. Estado ós verdugos". En último lugar, interviñeron os senadores do Grupo Mixto Narvay Quintero (CC), que condenou a "brutalidade" de Marrocos e "pasividade" da comunidade internacional. España CONTROVERSIA O PPC corrixe o videoxogo que permitía cazar emigrantes 18.11.2010 Alicia Sánchez-Camacho, que protagoniza a "Alicia Croft", asegura que as polémicas imaxes son un "simple xogo de ideas" AXENCIAS . BARCELONA A candidata do PPC á Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, insistiu onte en que se corrixirá a alusión ós inmigrantes ilegais que por erro introduciu a empresa que desenvolveu o polémico videoxogo que ela protagoniza como "Alicia Croft", no que é "un simple xogo de ideas". En declaracións ós medios de comunicación en Viladecans (Barcelona), a candidata do PPC achacou o erro de introducir no xogo unha icona con inmigrantes en paracaídas que saltan dun avión á empresa que o desenvolveu, aínda que apuntou que nas próximas horas a versión xa corrixida volverase colgar na web do partido. Onte pola tarde a web do PP catalán colapsouse porque un aluvión de usuarios quería entrar a ver o videoxogo e pola noite descolgouse momentaneamente para facer os axustes necesarios" antes de colgalo de novo. No videoxogo, a líder do PPC, que encarna a "Alicia Croft" -nunha chiscadela á Lara Croft que interpreta Angelina Jolie no cine- e empolicada nunha gaivota chamada "Pepe", lanza "lámpadas" a unha icona que representa a inmigración ilegal mediante un avión e vese dous inmigrantes que saltan en paracaídas. Segundo aseguraron fontes deste partido, cando se pactou o videoxogo acordouse que unha destas iconas que "combate" a candidata de forma simbólica no videoxogo dedicaríase ás "mafias" que trafican coa inmigración ilegal. O PPC sostén que a empresa que desenvolveu o xogo, sen o seu pleno coñecemento, reflectiu graficamente esta idea recorrendo á imaxe dos inmigrantes en paracaídas.
  • 13. Os populares informaron de que por un erro a empresa tamén puxo baixo a icona as palabras "inmigrantes ilegais", cando o PPC dera o visto e prace a que baixo esa imaxe figurase a mención ás "mafias ilegais". Sánchez-Camacho insistiu onte en que a súa idea orixinal era reflectir un avatar que enviase "ideas" ós problemas que saísen ó seu paso, e que se falase por exemplo das "mafias ilegais", como así se fará constar na nova versión. Máis aló dos axustes que o PPC encargou que se fagan, Sánchez-Camacho apuntou que "é un simple xogo no cal se expoñen" ideas a problemas con que se atopan os cataláns. "Non hai que darlle maior importancia", engadiu. "Seguirá sendo un xogo de ideas cando xa estea arranxado", dixo a candidata, que aclarou que as iconas orixinais que se pactaron coa empresa que desenvolve ese xogo eran outras. En resposta ós partidos que arremeteron contra o PP catalán polo videoxogo deseñado polas súas mocidades, afirmou que "a interpretación é libre", que o PPC xa está "afeito" a que se terxiversen as súas iniciativas, e defendeu o formato dos videoxogos para estimular tamén o debate sobre as ideas. Mundo Indicios moi serios de atentado en Alemaña 18.11.2010 Elévanse os niveis de seguridade no país polas advertencias dos servizos secretos de países amigos sobre unha acción a finais deste mes G.C. . BERLÍN As autoridades alemás reforzaron onte os dispositivos de seguridade en aeroportos, estacións e outros espazos públicos, tras recoñecer o goberno de Berlín a existencia de "indicios moi serios" dun atentado terrorista, presuntamente islamita, a finais de novembro. O ministro do Interior, Thomas de Maizière, informou nunha breve intervención ante a prensa de que se elevaron os niveis de seguridade en todo o país polas advertencias recibidas de servizos secretos de países amigos. "Hai razóns para preocuparse, pero non para a histeria", advertiu o ministro, para insistir na existencia de "pistas concretas e serias" de que elementos terroristas poderían atentar a finais deste mes en Alemaña. "Mostrarémonos fortes pero non nos deixaremos avasallar. Non permitiremos que o terrorismo internacional limite o noso modelo de vida nin a nosa cultura", engadiu o ministro, quen afai cinguirse á liña da cautela para evitar alarmismos.
  • 14. Segundo a edición dixital do diario berlinés Der Tagesspiegel, a decisión de Berlín prodúcese tras recibir informacións de Estados Unidos de que dous ou catro membros de Al Qaeda estaban preparados para actuar en Alemaña ou o Reino Unido. De acordo con ese medio, a data posible para a chegada dos presuntos terroristas a Alemaña é o 22 de novembro e crese que o seu obxectivo é perpetrar un atentado nalgún mercado de Nadal ou outro lugar, aproveitando unha gran concentración de persoas. A edición dixital do semanario Focus afirma que os principais sospeitosos son dous indios e dous paquistanís, dotados de visados para circular pola zona Schengen. PORTADA | DEPORTES ÉXITOS DO VIGO O rugbi galego camiño da División de Honra Serafín Lorenzo . O rugbi galego semella que esta no bo camiño para conseguir un fito histórico. Da man da franquía Vigo Rugbi Club, que esta tempada actúa co nome de Iveco Universidade, colleu carreira para acadar un éxito deportivo impensábel para o que até de agora era o nivel rugbístico galego. O Iveco Universidade ocupa a segunda praza da estatal liga de División de Honra B por detrás dun clásico, o Getxo Artea. 18.11.2010 | 09:43 TAGS: VIGO RUGBI CLUB , No último enfrontamento o XV vigués venceu por 30 a 17 ao Uribaldea Rugby logo de mostrar unha enorme conxunción e fortaleza de xogo que afianza os resultados obtidos nas seis xornadas disputadas nesta categoría.
  • 15. O éxito do Vigo Rugbi Club viría dado por un conxunción de factores nos que cumpriría un papel decisivo a chegada de David Monreal como director deportivo e con el a do seu axudante Norm Maxwel, un neocelandés que chegou vestir a casaca negra dos All Blacks en máis de 30 ocasións. Mais esta non foi a única novidade de sona no conxunto vigués. Tal como fixeron nos últimos anos moitos equipos de Catalunya, Madrid, Valladolid ou Euskadi, o Iveco Universidade deu un salto de calidade atraendo ás súas fileiras o tamén neozelandés Riki Tukaki e o sorprendente Carlos Blanco, xogador australiano de orixe galega. Eles son a seiva nova dun club que por outra parte afrontou a tempada asentado en todas as súas liñas e mostrando un sorprendentes espírito de equipo. Lonxe parecen quedar aqueles anos nos que as subidas de categoría por parte dos equipos galegos se medían por contundentes fracasos ou, o que era peor, por ascensos, que nalgúns casos como acontecese co Mareantes pontevedrés, non chegaron a confirmarse por motivos extradeportivos ou orzamentarios. Afastado queda tamén aquel ambiente aínda exclusivamente universitario de “amigos que xogan ao rugbi e despois mazan cervexas”. Días daquel pioneiro “Bocoi” que resucitou a finais dos 70 o xogo do balón ovalado en terras viguesas, ou mesmo o dos primeiros pasos do Vigo Rugbi Club, fundado en setembro de 1988, que tivo nas súas primeiras tempadas homes destacados como Lago, Pibe ou Babé. Agora quere ser para os responsábeis do club o período de ambición deportiva. E esta pasa por abrir a casa á experiencia que poida traer xente con veteranía noutras ligas e fichados en países de gran tradición rugbística. Mesmo a selección española, que perdeu esta fin de semana ante o Canadá, segue sen reparo unha política semellante cando atrae ao seu XV un bo número de xogadores franceses de orixe española, incluso de terceira xeración. O galego e antigo xogador do equipo vigués, Alfonso Mandado, presidente da Federación Española de Rugbi, tenta con esta política rematar coa súa serie de fracasos continuados como máximo líder federativo. De cando a ministra de Exteriores defendía o Sáhara libre Os políticos saben hai tempo do perigo das hemerotecas. Agora temen os arquivos de canles de video como o Youtube. Vídeo de Trinidad Jiménez no interior. Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/11/2010 Trinidad Jiménez é a Ministra de Exteriores dende a recente remodelación do Goberno. Dende este cargo está a executar unha postura moi acrítica coa represión marroquina contra a poboación de El Aiún. Jiménez foi dende sempre unha das persoas máis próximas a Zapatero, mesmo cando o hoxe presidente era líder da oposición.
  • 16. Daquel tempo provén este vídeo, gravado nun acto a prol do Sáhara libre en Madrid. Nel Jiménez fai unha elocuente defensa do dereito do pobo do pobo saharauí para decidir o seu futuro á marxe de Marrocos: “O Partido Socialista quere pedirlle ao Goberno Español [daquela liderado polo conservador Aznar] que preside o Comité de Seguridade das Nacións Unidas que tome parte activa para atender esa reivindicación histórica e lexítima do pobo saharuí que dea satisfacción ao dereito á libre determinación , iso é o que hai que pedirlle ao Goberno español, o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, dende logo o noso compromiso firme ídelo ter (...), aquí en Madrid tedes a vosa casa” foron as súas palabras. Unha postura ben diferente da defendía estes días pola ministra de Exteriores. Noticias José María Guelbenzu faise co premio Torrente Ballester EL HERMANO PEQUEñO VALEULLE O PREMIO DE 25.000 EUROS José María Guelbenzu faise co premio Torrente Ballester 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción A XXII Edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester, que convoca a Deputación da Coruña, ten gañador. O madrileño José María Guelbenzu impúxose entre as 381 obras presentadas coa súa novela El hermano pequeño. O gañador levará 25.000 euros de premio e verá a súa obra publicada. O xurado destacou a construción da intriga e a fondura psicolóxica dos personaxes da obra gañadora.
  • 17. O PRIMEIRO GRUPO GALEGO PREFABRICADO ESTRéASE NO PROGRAMA BOCABERTA Azou inicia a súa xira 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con algunhas modificacións, o proxecto inicia a súa xira o vindeiro día 19 no Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se concretou o proxecto. ISABEL PIñOR E ALBERTO NEVES FANSE CO SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO Leticia Blanco gaña o premio Tesoira, de novos valores da moda Un dos peixes gravados no castro de Formigueiros. Foto: Equipo de investigación de Formigueiros
  • 18. UNHAS LOUSAS GRAVADAS NO CASTRO DE FORMIGUEIROS AMOSAN UNHA NOVA VISIóN SOBRE O UNIVERSO CULTURAL DA éPOCA CASTREXA As lousas do tempo 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción Sentados en bancos de pedra nunha praciña, sobre lousas de xisto, os habitantes do castro de Formigueiros, no Incio (Lugo), representaron antes da chegada dos romanos un universo visual de labirintos, cabalos e salmóns, con trazos firmes e elegantes, e mesmo unha posible inscrición de escritura prerromana. O achado, único en Galicia, amósanos unha faciana inédita e moi humana da vida e a arte na Idade do Ferro en Galicia. Só RECIBE 35.000 EUROS DE CULTURA FRONTE AOS 350.000 DA FUNDACIóN CELA A Fundación Rosalía denuncia falta de apoio da Xunta 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción Os 35.000 que a Consellaría de Cultura lle achegará en 2011 á Fundación Rosalía supoñen "unha inxustiza" para os responsables desta entidade. A denuncia faise pública logo de que se soubese que a Fundación Cela, tamén radicada en Padrón, recibirá do mesmo departamento 350.000 euros, dez veces máis. Aínda que desde a Rosalía aseguran non ter nada contra a súa veciña, reclaman que se está a producir unha discriminación cara á figura da poetisa.