O TEXTO E AS SÚAS PROPIEDADES - Presentation Transcript
Tema 1. O texto e as súas propiedades Comunicación e novas tecnoloxías
O texto
O texto é a unidade superior de comunicación. Está constituído por unha sucesión de oracións que transmiten unha mensaxe completa, é dicir, non integrada noutra máis ampla. Pode ser oral ou escrito e ten que ter un significado pleno, é dicir, un sentido completo e ser autónomo desde o punto de vista lingüístico.
Son textos: un monólogo, un diálogo, unha conferencia, un anuncio publicitario, un discurso, un debate, unha novela, un poema, unha carta... e calquera outro acto comunicativo que un emisor produce nunhas circunstancias determinadas.
A extensión do texto non ten un límite preciso: hai textos formados por unha soa palabra ( Ola! ), por varias (unha carta) ou por moitas (unha novela, unha entrevista radiofónica, un ensaio...)
No seu interior inclúense outras unidades menores : capítulos, apartados, parágrafos, oracións, frases, palabras.
A cada tipo de texto correspóndelle unha determinada estrutura . Así, unha novela divídese en capítulos, parágrafos, oracións... mentres que un poema estrutúrase en estrofas, versos...
PROPIEDADES DO TEXTO
Para que un texto sexa comprensible e teña sentido completo, debe reunir as seguintes propiedades ou calidades
ADECUACIÓN PRESENTACIÓ N GRAMATICALIDADE COHERENCIA COHESIÓN
A ADECUACIÓN
O texto ten que “adecuarse” á situación comunicativa na que se produce. Unha mesma persoa exprésase de distintas maneiras segundo a circunstancia ou situación en que se atope; unhas veces escollerá unha variedade de lingua coidada e formal, outras expresarase dun modo máis informal e espontáneo.
A adecuación consiste en escoller a variedade lingüística e o rexistro apropiados a cada situación comunicativa, de modo que haxa unha correspondencia entre todos os elementos que interveñen na comunicación: - Os participantes : Quen fala?, a quen se dirixe? - A situación concreta na que se produce: Onde falan?, como?, por que?
Debemos ter en conta:
A intención que se persegue coa mensaxe (informar, expresar unha opinión, dar unha orde, convencer). Segundo a finalidade que procure, escollerá un estilo de lingua ou outro.
O tema que se vai tratar e o enfoque que se lle vai dar (divulgativo, informativo, etc.). Por exemplo, unha carta persoal non é o mesmo ca unha conferencia, nin contar un chiste é o mesmo ca dar o pésame.
O destinatario do texto. (persoa coñecida / descoñecida, relación de familiaridade / distanciamento....) Por exemplo, unha carta para un amigo require unha lingua distinta ca unha exposición científica ante un grupo de especialistas; non lle escribimos igual a un amigo ca a unha persoa descoñecida; ou un texto para un lector infantil é diferente dun destinado a adultos.
A canle ou soporte ou medio de transmisión do texto (oral, escrito, a radio, o teléfono,...). Unha conversa telefónica require un tipo de lingua diferente a un correo electrónico ou a unha carta.
O tempo de que se dispón.
O lugar (na rúa, na casa, nun despacho...).
Diferenciamos os seguintes rexistros
lingüísticos:
REXISTRO FORMAL REXISTRO INFORMAL
Rexistro formal
Nel exprésanse os falantes en situacións que requiren un
correcto e coidado emprego da lingua. É o rexistro propio
dos textos literarios, xurídicos, científico-técnicos,
periodísticos, etc. Caracterízase por:
Corrección lingüística : uso correcto das regras morfolóxicas e sintácticas, así como das normas ortográficas no caso dos textos escritos. Pronunciación coidada . Riqueza léxica : vocabulario rico e variado, sinónimos, cultismos, etc. Precisión léxica : utilización do término máis adecuado para cada realidade.
Rexistro informal
Nel exprésanse os falantes en situacións da vida cotiá. Emprégase con persoas de confianza, amigos, familiares..., por exemplo nas cartas, nas conversas e en todo tipo de situacións domésticas nas que prevalece a eficacia comunicativa. Caracterízase por:
Sinxeleza e simplicidade : posto que o fundamenta é a eficacia comunicativa, fóxese de expresións moi elaboradas Frases breves e sinxelas , moitas veces incompletas. Uso frecuente de frases feitas , retrousos... Léxico restrinxido : palabras comodín (cousa, feito...), onomatopeas, etc. Expresividade moi marcada : interrogacións, exclamacións, diminutivos afectivos, etc.
Algúns exemplos: REXISTRO INFORMAL REXISTRO FORMAL Teño un forte trancazo Sufro un proceso catarral É un xogador Padece de ludopatía Colleu unha cogorza coma un piano Está ebrio Sufriu unha fractura na quinta vértebra lumbar Rompeu un óso
A COHERENCIA
Un texto é coherente se a mensaxe que transmite é percibida polo receptor de
maneira clara, precisa e sen ambigüidades. A coherencia ten que ver co
sentido do texto, todos os elementos relaciónanse para conseguir un
significado global.Para que a información sexa interpretada correctamente, a
mensaxe debe ser:
Clara , é dicir, que estea exposta de forma sinxela e comprensible. Ben organizada , isto é, as ideas deberán estar ordenadas seguindo un esquema ou unha planificación. Completa e suficiente , de modo que non queden lagoas. Pertinente , é dicir, que sexa necesaria, sen caer no exceso de información, evitando datos innecesarios ou superfluos En progresión lóxica , é dicir, organizando e dosificando a información que se transmite, de maneira que vaian aparecendo gradualmente novos datos ( rema ) en relación cos xa coñecidos polo emisor e polo receptor ( tema ). Sen contradicións , isto é, non pode haber oposicións ou contradiccións entre as ideas expostas nos distintos parágrafos do texto
Nalgúns casos esa estrutura xa está
determinada polo tipo de texto:
Carta consta de tres partes: encabezamento, corpo e remate Instancia consta dos apartados de EXPÓN e SOLICITA Texto teatral divídese en actos, cadros e escenas Texto legal divídese en títulos, capítulos, seccións e artigos
A estruturación máis frecuente é a que
divide o texto en tres partes:
INTRODUCIÓN Enunciado do tema e propósito. CORPO OU ESCRITO Desenvolvemento, exposición detallada dos aspectos incluídos no tema CONCLUSIÓN
A COHESIÓN
A cohesión é a propiedade mediante a cal se relacionan todos os elementos do texto e, por tanto, as ideas que nel se expoñen. Un texto está formado por palabras, frases, oracións e parágrafos. Todos estes elementos aparecen conectados mediante as formas gramaticais: pronomes, preposicións, conxuncións, sinónimos, etc Deste modo asegúrase que o texto se entenda como algo unitario.
Os principais elementos que dan cohesión ao texto son: 1. Repeticións léxicas ou recorrencias 2. Sinónimos e expresións equivalentes (hipónimos, hiperónimos, metáforas, metonimias): 3. Pronomes 4. Adverbios 5. Elipse 6. Conectores e marcadores textuais
1. Repeticións léxicas ou recorrencias:
Consiste en repetir unha palabra ao longo do texto. Ex: Comprei un disco . O disco é realmente magnífico.
Tamén se poden repetir elementos morfosintácticos (un mesmo tempo verbal, un esquema sintáctico –paralelismo-) ou fónicos (por exemplo a repetición da entoación nun texto oral reitera nunha modalidade oracional -enunciativa, exclamativa...-).
2. Sinónimos e expresións equivalentes (hipónimos, hiperónimos, metáforas, metonimias):
Consiste en substituír palabras por outras equivalentes. Deste modo reitérase o significado dun elemento e mantense a unidade do texto pero evítanse as repetición das mesmas palabras.
3. Pronomes: O seu emprego permite recordar/reiterar o que xa se dixo anteriormente sen necesidade de repetir as mesmas palabras. Pode tratarse de -pronomes persoais: Ex.: A nena parece moi contenta. Ela ...
-pronomes demostrativos: Un rapaz está parado na beirarrúa. Este leva un abrigo azul, etc.
Tamén serven para anticipar o que aparecerá posteriormente: Comprei este : un IPod nano de cor azul.
4. Adverbios : empréganse para refírense a elementos que xa apareceron anteriormente. É o caso dos adverbios deícticos. Ex.: Agora estou na praia . Aquí estase moi ben.
Mañá vou a Sanxenxo . Espérote alí.
5. Elipse
É a supresión dalgúns elementos lingüísticos (verbos, pronomes, palabras, oracións enteiras) que se deducen facilmente no contexto. Ex.: agora vou acabar este traballo; despois (acabarei), aquel (traballo). María estuda ruso, e Luís inglés.
6. Conectores e marcadores textuais
Son as palabras (preposicións, conxuncións, adverbios, locucións) que enlazan, “conectan” as partes do texto e orientan o lector acerca do contido e organización do mesmo. Estes elementos establecen relacións entre as oracións que compoñen o texto. Poden expresar diversos significados:
-Comezo do discurso: para comezar, primeiramente, ante todo,
-Peche do discurso: por último, finalmente, terminando, en fin
-Tempo: despois (de), logo, a partir de, antes de, a continuación, a partir de
-Espazo: ao lado, abaixo, no medio, no fondo
-Causa: porque, por iso, polo tanto, xa que, polo que, por esta razón,
-Consecuencia: en consecuencia, en definitiva, así pois
-Condición e hipótese: Se, se cadra, tal vez,
-Adición ou suma de ideas: tamén, así mesmo, igualmente, ademais...
-Oposición: en cambio, aínda que
-Comparación: do mesmo modo, igualmente, analogamente, de modo similar
-Explicación: ou sexa, isto é, noutras palabras
-Exemplificación: isto é, por exemplo, verbigracia,
-Recapitulación: en resumo, en suma, nunha palabra, en síntese, noutras palabras
-Corrección. Mellor dito, ou sexa,
-Intensificación: é máis, máxime, para colmo
-Etc.
A GRAMATICALIDADE
Ademais das propiedades anteriores, o texto debe manifestar un uso corrrecto da lingua nos diversos ámbitos:
Ortografia . É necesaria unha utilización correcta das letras (b/v, h, s/x), dos signos de puntuación, dos acentos gráficos e das maiúsculas Morfosintaxe . Debe haber un uso correcto das diferentes palabras (substantivos, pronomes, verbos, preposicións..), así como das oracións e frases nas que estas se integran (regras de concordancia entre suxeito e verbo, coordinación e subordinación, etc.) Léxico . O vocabulario debe ser adecuado, rico, variado preciso, evitando repeticións e imprecisións.
A PRESENTACIÓN
Nos textos escritos debe coidarse a presentación para que a súa lectura e comprensión sexan posibles. Os aspectos que hai que ter en conta son:
A caligrafía A limpeza do texto A disposición do texto A tipografía Elementos gráficos
A caligrafía . A forma gráfica das letras debe ser clara, lexible e precisa
Hai que evitar:
Facer a letra moi pequena ou demasiado grande.
Xuntar as palabras demasiado.
Facer letras similares de modo que poidan confundirse.
Non distinguir maiúsculas e minúsculas.
Non diferenciar os puntos sobre o i dos tiles.
A limpeza do texto . O texto debe estar limpo, sen borróns nin manchas
A disposición do texto.
Ao escribir o texto sobre o papel hai que ter en
conta:
Deixar marxes.
Diferenciar ben os parágrafos. O comezo dun novo parágrafo pode marcarse mediante sangría e mediante o aumento da distancia interlineal.
Marcar as distintas partes en que se divide o texto mediante números, letras, etc.
Algúns escritos teñen unha disposición ou estrutura concreta que hai que respectar. Por exemplo, a instancia, a reclamación, o currículum vitae.
A tipografía
Para salientar determinadas partes do texto pódense utilizar maiúsculas e minúsculas, subliñados, comiñas, diferentes tipos de letra (negriña, cursiva...), etc. O texto tamén se pode distribuír en columnas.
Elementos gráficos O texto pode acompañarse de elementos gráficos que o complementen: debuxos, gráficos, fotos...
O PROCESADOR DE TEXTOS
Actualmente a maior parte dos traballos escritos realízanse no ordenador con programas de tratamento de texto, que nos permiten facer múltiples correccións e personalizar a súa presentación.
Dar formato ao texto: letra, sangría, espazo interlineal, tipo de letra, columnas, cadros de texto, esquemas..
Configurar a páxina: tamaño do papel, orientación do papel, marxes...
Inserir números de páxina, imaxes, gráficos, notas...
Incluír táboas con filas, columnas....
E tamén debemos configurar idioma...
Algúns aspectos a ter en conta na elaboración de textos :
-Procura ser conciso e evita palabras innecesarias. Sempre que poidas usa unha palabra en lugar de dúas (realizar / levar a cabo), evita as redundancias (subir arriba)
-Evita os parágrafos excesivamente longos.
-Evita oracións moi complexas. Mellor oracións activas ca pasivas, mellor unha ordenación sintáctica sinxela (suxeito-verbo-complementos), mellor oracións curtas ou coordinadas.
0 comments
Post a comment