Slideshare.net (beta)

 
Post: 
Myspace Hi5 Friendster Xanga LiveJournal Facebook Blogger Tagged Typepad Freewebs BlackPlanet gigya icons

All comments

Add a comment on Slide 1

If you have a SlideShare account, login to comment; else you can comment as a guest


Showing 1-50 of 0 (more)

Linguas Peninsulares

From landin, 7 months ago

Alumnado de 3º B do CPI don Aurelio de Cunits (Galiza)

568 views  |  2 comments  |  0 favorites  |  7 downloads
Embed
options

More Info

This slideshow is Public
Total Views: 568
on Slideshare: 568
from embeds: 0

Slideshow transcript

Slide 1: LINGUAS PENINSULARES • ASTURIANO • EUSKERA • CATALÁN • ARANÉS • ARAGONÉS Alumn@s de 3º B – Curso 2007-2008 http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/

Slide 2: LINGUAS DA PENÍNSULA: ASTURIANO José García Vázquez, Yolanda Porto Varela e Rocío Torres Iglesias 3º ESO B CPI don Aurelio (Cuntis)

Slide 3: De onde vén? • É unha lingua romance pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. • É moi próxima ó galego debido a certas características comúns, como a conservación do F- inicial latino. – É o resto mellor conservado do antigo leonés.

Slide 4: Onde se fala? • Está dividido en tres zonas con trazos propios: occidental, emparentado co galego, dende o Navia ata o Nalón; central, ata o río Sella, e oriental, ata a provincia de Cantabria. • 450.000 persoas úsano como segunda lingua, sendo capaces de falalo e entendelo.

Slide 5: ESTATUS OFICIAL  Goza de protección, sen chegar a ser considerada lingua oficial polo Goberno de Asturias  No artigo 4 do Estatuto de Automonía do Principado de Asturias, dise que “terase por válido a todos os efectos o uso do bable- asturiano nas comunicacións orais ou escritas dos cidadáns co Principado de Asturias”.

Slide 6: O ASTURIANO NAS ESCOLAS • Os rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos estudan o asturiano no colexio de forma voluntaria • Os que teñen entre 12 e 18 anos élles posible estudalo de forma optativa en certos institutos. • En todos se pode estudar pero en moitos casos non se cumpre. • Durante o curso 04-05, 22.000 estudantes asturianos puideron acceder a clases de Llingua asturiana nos colexios e institutos públicos do Principado de Asturias. • Está en proceso de aprobación a titulación de filoloxía asturiana no Consello de Universidades co novo plan de filoloxías.

Slide 7: O asturiano está apoiado por distintas organizacións xa que o Principado non o considera unha lingua oficial. Este é un cartel no que se reivindica o dereito a poder estudar a Llingua asturiana en todos os IES de Asturias. Como este colectivo hai moitos máis por todo o Principado de Asturias.

Slide 8: As linguas peninsulares: O EUSKARA Andres Terceiro Guimaraes, Sara Senín Couso e Javier Pena Couso 3º ESO B CPI don Aurelio (Cuntis)

Slide 9: CARACTERISTICAS DO ÉUSCARO Éuscaro: Falado en España e Francia. O total de falantes é: 1.033.900 habitantes. Estatuto legal: Lingua oficial na Comunidade Autónoma Vasca e Navarra en España. Regulado por: Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca)

Slide 10: Desenvolvemento do euskera na Península Ibérica • O euskera é unha lingua de tipoloxía aglutinante e xeneticamente illada é dicir, non mostra unha orixe común clara con otras linguas, o que levou a diversas hipóteses, algunhas científicas e outras máis ben fantásticas. • Estendida inicialmente máis alá dos territorios que hoxe ocupa, foi retrocedendo pola presión inicial do latín. Na época romana supuxo unha primeira merma do solar do euskera, que non conseguiría remontar contra os sucesores, o gascón e navarro- aragonés, e posteriormente polo empuxe das linguas romances estatais, o castelán e o francés. • Por exemplo, en 1349 na cidade de Huesca promúlgase un decreto que sanciona os que falen no mercado en árabe, hebreo o "basquenç" con 30 soles de multa.

Slide 11: a lInGUa eUsKeRa • O idioma vasco, (éuscaro en galego, euskara ou euskera en lingua vasca) a pesar de falarse en territorios de España (Pais Vasco e Navarra) e de Francia (sobre todo no Departamento de Pyrénees-Antlique, no sudoeste francés) non é un idioma indoeuropeo. Nalgúns dicionarios de lingua portuguesa, chámaselle Vasconzo (castelán, "vascuence") que vén significar "linguaxe incomprensible, inintelixible". • O éuscaro é unha Lingua Aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. Hai aínda estudosos que tentan ligalo a linguas africanas e ao idioma dos etruscos. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por cando menos 800.000 persoas, e xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o Latín na Península Ibérica.

Slide 12: “LINGUAS” Status oficial DERIVADAS O euskera é lingua oficial dende Hai actualmente unha versión 1986 na Comunidade Autónoma unificada do Éuscaro chamada Vasca. En Navarra, a súa situación batúa ("unificado" en vasco), o está regulada pola lei do cal é o ensinado nas escolas. O vascuence, que divide á batúa baséase principalmente Comunidade Foral en tres rexións no dialecto guipuscoano (onde (vascófona, non vascófona e mixta). En Francia, o euskera, máis falantes ten o vasco), aínda como outras Linguas Minorizadas, que inclúe tamén características non ten recoñecemento oficial. dos dialectos navarros e do dialecto labortano.

Slide 13: DIALECTOS E GRAMÁTICA O vasco ten algunhas formas gramaticais pouco comúns na Europa, como o chamado ergativo, que se emprega engadindo un -k ao suxeito cando hai un verbo transitivo. O verbo auxiliar tamén reflicte o número do obxecto directo, de tal forma que o verbo auxiliar pode conter moita información (sobre o suxeito, o número do obxecto directo, se é singular ou plural, e o obxecto indirecto). De entre as linguas europeas, este sistema (inflexión do verbo auxiliar) soamente se atopa no vasco e en linguas do Cáucaso. Dialectos do basco Hai actualmente oito dialectos, que non se confunden coas divisións políticas. Un dos primeiros estudos científicos do vasco foi feito por Louis-Lucien Bonaparte (un descendente de Napoleón).

Slide 14: O Catalán e o Aranés Dúas falas veciñas Diego Luna Fortes Jonathan Iglesias Vega Manuel Martínez Iglesias 3º ESO B CPI don Aurelio (Cuntis)

Slide 15: O catalán é unha lingua románica falada no norleste da O Catalán Península Ibérica. É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares. No oriente de Aragón, na Cataluña Norte (Franza), na cidade sarda de Alguer e na zona do Carxe (Murcia) carece de oficialidade. Territorio Enténdeno Sábeno falar Países Cataláns 11.207.555 9.090.986 Resto do mundo 350.000 350.000 TOTAL 11.557.555 9.440.986 Territorios Falar Entender Ler Escrbir Catalunya 84,7 97,4 90,5 62,3 País Valenciá 57,5 78,1 54,9 32,5 Illes Balears 74,6 93,1 79,6 46,9 Catalunya Nord 37,1 65,3 31,4 10,6 Andorra 78,9 96,0 89,7 61,1 Franja de Ponent 88,8 98,5 72,9 30,3 L'Alguer 67,6 89,9 50,9 28,4

Slide 16: Breve vocabulario Ola: hola Perdón, síntoo: Perdó, Em Bos días: Bon dia / Bon jorn sap greu, Ho sento Boas tardes: Bona tarda / Bona Como te chamas?: Com et vesprada dius?, Com et diuen? Boas noites: Bon vespre (á caída Home: Home do sol) Pai: Pare Adeus: Adéu, Adéu-siau Nai: Mare Saúdo: Salutació Fillo/a: Fill/a ¡Ata outra!: A reveure['s]!, Fins Curmán/á: Germà/na una altra! Avó/a: Avi/Àvia / Iaio/a ¡Ata logo!: Fins després! Rúa: Carrer ¡Ata pronto!: Fins aviat! / Fins Praza: Plaça prompte! Avenida: Avinguda De nada: De res Qu tal?: Com va?, Com va això?, Com anem? Grazas, moitas grazas: Gràcies/mercès, Moltes gràcies/mercès

Slide 17: O Aranés • Chámase no Val de Arán (Lleida) “a fala Occitana” e é unha variante do Gascón, un dos dialectos da antiga Lingua d’Oc. • É a lingua materna dunhas 2.800 persoas do val. • No Estatut de Catalunya de 2005 defínese o Val d'Aran como unha 'realidade nacional occitana' cun carácter 'singular' e dálle á lingua occitana, denominada aranés en Arán, o carácter de 'lingua propia e oficial‘ neste territorio e tamén en Catalunya. • Estatisticas: – Un 50'8% declara saber escribilo. – Un 80'5% declara saber lelo. – Un 90'2% declara saber falalo. – Un 92'5% declara entender aranés ainda que non o fale – Un 4'5% declara non entendelo. • Principais características evolutivas do gascón-aranés – o F latina pasa a H, focus > huec - fogo. – o R desplazase: cabra > craba - cabra. – o N intervocálica desaparece: luna > lua - lúa. – o R inicial incorpora A: ridere > arrir - rir. – o L final fai vocalismo en U: mele > mèu - mel. – o LL intervocálica fai R simple: illa > era - ela. – o LL final pasa a TH: castellum > castèth - castelo.

Slide 18: Indicadores do val de Arán

Slide 19: O aragonés DAVID FERRO CASTRO ANDREA PEREIRA FARIÑA • Lingua románica. • Fálase nas zonas máis septentrionais da comunidade autónoma de Aragón. • É falada por 12.000 persoas. •Ten a súa orixe no dialecto latino que se formou nos vales pirenaicos aragoneses durante os séculos VII e VIII. Tamén recibe o nome de navarro- aragonés.

Slide 20: •O castelán vaise convertendo progresivamente na lingua da corte e da nobreza aragonesa. • En 1412 introdúcese a dinastía castelá dos Trastámara na Coroa de Aragón e o castelán vaise convertendo progresivamente na lingua de corte e de nobreza aragonesa. • No século XX, durante a ditadura franquista supuxo unha implantación case total da lingua castelá en Aragón, onde actualmente é o único idioma oficial e lingua familiar do 95% dos aragoneses. • Hoxe as falas aragonesas mellor conservadas danse nos vales jacetanos. Mapa dos territorios de fala aragonesa