Slideshow transcript
Slide 1: A LINGUA E A LITERATURA GALEGAS BAIXO A DITADURA A lingua e a cultura galega no período 1936-1975 A literatura do exilio: Luís Seoane e Lorenzo Varela Achegamento á poesía de posguerra Celso Emilio Ferreiro Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis)
Slide 2: GUERRA CIVIL (1936-1939) DITADURA FRANQUISTA (1939-1975) A resistencia foi protagonizada pola guerrilla antifascista, os “maquis”, até finais dos 50, comezos dos 60 Galiza ficou no chamado “bando nacional” nos primeiros días da contenda
Slide 3: Castelao testemuñou nos seus “Álbums da Guerra” a barbarie da guerra e a feroz represión que padeceu o pobo galego Atila en Galiza
Slide 4: O réxime golpista executou unha represión planificada e cruentísima dirixida especialmente cara ás organizacións de esquerda e nacionalistas, cuxos simpatizantes pagaron co asasinato, a tortura, a cadea e o exilio masivo a súa fidelidade á democracia.
Slide 5: O novo poder totalitario pechou xornais, ilegalizou sindicatos e partidos e acabou por asentar co paso dos anos un clima de “pax social” asentado no medo, a persecución da disidencia ideolóxica e a supresión das liberdades civís. Atila en Galiza Milicianos
Slide 6: Galiza mártir
Slide 7: A GALIZA DO EXILIO A miseria económica que deixa a guerra tras de si conduce milleiros de galegos cara ao exterior, primeiro cara ao continente americano e a partir dos 50 e 60 a Centroeuropa e ás zonas máis desenvolvidas do Estado.
Slide 9: A LONGA NOITE DE PEDRA • A represión alcanzou de cheo a unha longa nómina de intelectuais galeguistas. Os que salvaron a vida exiliáronse ou ficaron recluídos no chamado “exilio interior”, apartados dos seus traballos e da vida pública. • No eido literario e cultural, a lingua fica sumida no silencio ao desapareceren as iniciativas galeguistas. Clausuráronse editoriais e publicacións e o Seminario de Estudos Galegos foi expoliado. A actividade cultural trasládase a América. • O labor normalizador da preguerra fica cortado de raíz e imponse a ideoloxía españolizadora que exclúe as outras linguas do Estado da vida pública (igrexa, ensino, administración e medios de comunicación). • O proceso de desprestixio social da lingua acelérase (dialecto, non apta para usos cultos...) e restrínxese ao ámbito familiar. O seu uso público podía provocar receos por parte das autoridades e de certos sectores sociais. Esta estratexia asimilista do réxime procuraba a desaparición das linguas non oficiais.
Slide 10: No seo da diáspora galega, especialmente en América do Sur, tivo continuidade a literatura galega da man dos escritores emigrados con anterioridade e dos exiliados que fuxiron da ditadura franquista.
Slide 11: A creación de revistas (Vieiros, Galicia Emigrante, De mar a mar), editoriais e coleccións (Editorial Nova, Citania, Dorna, Botella al mar), compañías teatrais e programas radiofónicos dan boa mostra do labor cultural e político levado adiante polos círculos galeguistas do exterior, especialmente, en Bos Aires.
Slide 12: Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! Facíamos un feixe de campos e de estrelas, e ó pisar ise chao que latexaba sentíamos subir polo sangue o misterio. O noso corpo era o camiño da maxia, a escada pola que viña a lúa, o zume de tódolos segredos, a canzón da herba que resucitou. E o mismo verme era unha folla leda, un mensaxeiro do sagrado alén. Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura A literatura do exilio é unha unha cesta de pombas e mazás. literatura plural na temática e no ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, plano formal mais moi marcada polo de todos nós co mundo. conflito bélico e o compromiso social: Lorenzo Varela a angustia do desterro, a evocación desgarrada da guerra e dos amigos ausentes, o amor, etc.
Slide 13: As ratas Na Galiza, ise vello pobo, carballo carcomido de raios e bestigos, loita, dende fai séculos, o home cas ratas. Coma nos castelos abandoados, onde xa caíron traves e brasós, escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos. Dende fai séculos loitan en Galiza os homes cas ratas. Ate que toda ela fique, coma ises castelos roiñentos e os mosteiros sin altares nin lembranzas de ritos, sendo soio rondada de morcegos e pantasmas. Coberta de edra, de label. Morándoa soio as ratas. Somente as ratas. Luís Seoane
Slide 14: Na narrativa destaca a publicación d’A esmorga (1959), de Blanco-Amor, que desenvolveu parte da súa creación no exilio e creou na capital arxentina o Teatro Popular Galego. Tamén no campo dramático, estreouse en 1941 Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
Slide 15: “Xentes” “Cangas” e “Voudou”, Botello. Díaz Pardo “Cabeza” Granell “Mineiros”, Colmeiro.
Slide 16: “Muller”, Maruxa Mallo. “Sachando”, Souto. “Os vellos coas súas susanas”, Laxeiro. Fotografía: Cinema: “Galicia”, de Carlos Velo. J. Suárez.
Slide 17: •Os primeiros síntomas de recuperación cultural en Galiza danse nos anos 50 coa fundación da Editorial Galaxia, que agrupa galeguistas como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fernández del Riego, etc. E viña reforzar os primeiros pasos dados por ditoriais como Monterrey, Bibliófilos Gallegos ou a colección de poesía Benito Soto •Descartada a loita política, Galaxia edita importantes obras de autores anteriores á guerra e de autores novos, sobre todo de narrativa. •Impulsa o ensaio, a prosa científica en galego e publica a revista Grial. •Outras iniciativas desta etapa son as editoriais Benito Soto, Xistral ou Monterrey, a publicación de poesía nas revistas bilingües Alba, Posío e Aturuxo, as colaboracións en galego no xornal La Noche, etc.
Slide 18: POESÍA Forasteiro "Canto terror • O 1º libro da posguerra: Cómaros verdes, de levamos os homes." Aquilino Iglesia Alvariño, en 1947. Só estás, nesta cidade coa que non tes soñado endexamáis. • Tres grupos de poetas: a Xeración do 36, a Relembras os teus sinos, Promoción de enlace e a Xeración das Festas cuxos sons Minervais. Coinciden diferentes xeracións e fuxiron xa dos teus ouvidos. tendencias que, debido á parálise editorial Paseas lentamente anterior, conflúen coas súas obras na década dos e con ninguén podes trocar o teu sorriso. 50, aos que lles hai que unir escritores de Ollas pra ese edificio preguerra como Cabanillas, Luís Pimentel ou sen náis nas fiestras. Bouza Brey. Tes medo ós arrabaldos. Ti sabes que alí as bandeiras • Os poetas da xeración do 36: autores nados están abatidas e esfarrapadas. entre 1910 e 1920 que viviron a Guerra Civil Coñeces que existe como Aquilino Iglesia Alvariño, Ricardo Carvalho unha hora solitaria Calero, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Díaz coroada por un silencio de morte. Castro, Miguel González Garcés ou Celso Emilio Ti sabes que todos os días Ferreiro. Reflicten na súa obra a traxedia da hai un home morto contenda bélica a través dun discurso poético que ninguén coñece aínda, intimista onde a morte, a soidade, a nostalxia do en cuxa ollada derradeira pasado ou a trascendencia relixiosa se erixen ficou unha praza valeira descoñecida para el. como temáticas principais. Luís Pimentel
Slide 19: 1960-1975: ÚLTIMOS ANOS DO REXIME FRANQUISTA NUN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN
Slide 21: O modelo autárquico da inmediata posguerra deixa paso a un período de aperturismo económico do réxime ao tempo que se abre ás esferas políticas internacionais. Esta etapa de desenvolvemento apenas se visualiza en Galiza, que segue exportando man de obra barata e acollendo industria de enclave espoliadora das materias primas. O éxodo do interior ás cidades e á costa agudízase.
Slide 22: CONTINÚA A RECUPERACIÓN: ANOS 60 E 70. • O progresivo debilitamento do réxime permite retomar a actividade política na clandestinidade e, as máis das veces, a través do labor cultural. • Aparecen os partidos políticos clandestinos que defenden a autodeterminación e a oficialidade do galego (a Unión do Pobo Galego e o Partido Socialista Galego).
Slide 23: • Xorden asociacións culturais como O Facho, O Galo, Abrente, Asociación Cultural, Auriense... que desenvolven un papel moi importante no proceso de recuperación cultural e lingüística: edítanse libros, revistas e xornais, organízanse conferencias e actos públicos, emisión de radio, representacións teatrais, cursos de lingua, etc. nos que o galego vai gañando terreo. Os froitos son inmediatos e a conscienciación sobre a necesidade de oficializar o idioma vai en aumento en diferentes sectores. •No campo estudantil, destaca o papel do sindicato ERGA, que introducen o galego nese ámbito, e o movemento da Nova Canción Galega.
Slide 24: Outros pasos significativos son: • O establecemento do 17 de maio como Día das Letras Galegas (1963). • a creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na USC ( (1965). • A creación do Instituto da Lingua Galega (1968), que se vai encargar da redacción da primeira normativa do galego no ano 1982. • A publicación dos primeiros estudos sobre o galego: a Gramática elemental do galego común (1966), de Ricardo Carballo Calero, e o Diccionario galego-castelán (1968), de X. L. Franco Grande. • A pesar deste meritorio labor galeguizador, acentúase o conflito lingüístico coa consolidación do castelán nos espazos urbanos e a súa entrada no rural, o aumento do monolinguismo en español e dos prexuízos idiomáticos.
Slide 25: • Poeta da Xeración do 36 que tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social. • Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas na vila natal. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra. • Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG. • En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para voltar en 1973. • Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.
Slide 26: Celso Emilio Ferreiro é autor dunha abondosa obra que combina dúas liñas temáticas: - Intimista: a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975). - Social: recolle a tradición dunha poesía cívica que arranca na literatura galega con Curros Enríquez, Rosalía e Cabanillas. Celso Emilio entendía a poesía como expresión do compromiso coa realidade social e o momento histórico que lle toca vivir ao poeta: a solidariedade cos oprimidos e coa clase operaria, a denuncia da guerra e as súas nefastas consecuencias, a crítica do imperialismo, o capitalismo e a falta de liberdades, a visión negativa da emigración, etc. O poemario Longa noite de pedra (1962) é a súa máxima expresión e grupos como Voces Ceibes e Fuxan os Ventos ou cantautores como Suso Vaamonde popularizaron os seus textos contestatarios entre unha mocidade ávida de liberdades e democracia nos estertores da ditadura.
Slide 27: ALGUNHAS LIGAZÓNS MUSICAIS DE INTERESE PARA ACOMPAÑAR ESTE PERCURSO HISTÓRICO: Mil nove 36 (Xenreira): http://www.goear.com/listen.php?v=dd9955b Homenaxe a Voces Ceibes: http://es.youtube.com/watch?v=_5bqKTdg0rc L’Estaca: http://www.youtube.com/watch?v=4Zvz2GJaIqI&feature=related Aute: http://www.youtube.com/watch?v=hw8wWa1_zDs&feature=related Suso Vaamonde: http://www.youtube.com/watch?v=wc9irE4NXe8 Alalás (Xenreira): http://www.goear.com/listen.php?v=765a3f2



Add a comment on Slide 1
If you have a SlideShare account, login to comment; else you can comment as a guest- Favorites & Groups
Showing 1-50 of 1 (more)