• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 

As Coordinacións Territoriais dos ENDL

on

  • 1,336 views

Presentación de Uxía Nogueira, coordinadora provincial dos Equipos de Normalización Lingüística (II Seminario de Dinamización Lingüística, Pontevedra, outubro-novembro 2007).

Presentación de Uxía Nogueira, coordinadora provincial dos Equipos de Normalización Lingüística (II Seminario de Dinamización Lingüística, Pontevedra, outubro-novembro 2007).

Statistics

Views

Total Views
1,336
Views on SlideShare
1,276
Embed Views
60

Actions

Likes
0
Downloads
3
Comments
0

2 Embeds 60

http://cadernodelingua.wordpress.com 58
http://www.slideshare.net 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

As Coordinacións Territoriais dos ENDL As Coordinacións Territoriais dos ENDL Presentation Transcript

  • AS COORDINACIÓNS TERRITORIAS DOS ENDL: UN PRESENTE PARA UN FUTURO Uxía Nogueira (Coordinadora Provincial Pontevedra)
  • I A CREACIÓN DAS COORDINACIÓNS DE ÁREA DOS ENDL
    • ANTECEDENTES
      • Orde do 24 de xuño de 1991/ Orde de 21 de agosto de 1991, pola que se convocaron dez prazas de coordinadores docentes de galego.
    • AS COORDINACIÓNS ACTUAIS
      • Orde do 20 de outubro de 2006 pola que se convoca concurso público para cubrir postos de coordinadores/as de área dos ENL, pois “considérase necesario mellorar a coordinación dos ENL dos diferentes centros para homoxeneizar actuacións e optimizar o aproveitamento dos recursos.
      • Resolución na Orde do 8 de febreiro de 2007.
      • Nomeamento a 1 de marzo de 2007.
    • FUNCIÓN DAS COORDINACIÓNS TERRITORIAIS
      • Dinamizar e coordinar os ENDL.
      • Organicamente dependentes da SXPL e NON da Consellería de Educación.
      • O Decreto 124/2007 no seu artigo 19 establece: Comisións territoriais de coordinación “coa finalidade de coordinar os equipos de normalización e dinamización lingüística.
    • O ROL DAS COORDINACIÓNS TERRITORIAIS NO DECRETO 124/ 2007
      • Artigo 14: Proxecto lingüístico de centro.
      • Artigo 18: Equipos de normalización e dinamización lingüística.
      • Artigo 19: Comisións territoriais de coordinación.
      • Artigo 20: Divulgación das experiencias desenvolvidas nos centros.
    • O ROL DAS COORDINACIÓNS TERRITORIAIS NOUTRAS CONVOCATORIAS
      • Convocatoria de potenciación do ensino en lingua galega en educación infantil.
  • II O LABOR DOS/AS COORDINADORES/AS TERRITORIAIS APÓS O 1 DE MARZO DE 2007
    • REVISIÓN DOS PROXECTOS E DAS MEMORIAS CORRESPONDENTES AO CURSO 2005/06.
    • INTEGRACIÓN NA COMISIÓN DE BAREMACIÓN DE PROXECTOS 2006/07.
      • O número de alumnos aporta o 30% do valor total.
      • Á calidade do proxecto asígnaselle o valor do 70%, atendendo aos seguintes parámetros:
        • Implicación de membros da comunidade educativa.
        • Orixinalidade dos proxectos.
        • Utilización das novas tecnoloxías.
        • Colaboración con outras institucións.
        • Colaboración con outros centros educativos.
      • Baremación provincial e autonómica: o proxecto de igual puntuación ten o mesmo valor económico independentemente da súa localización.
    • 3. CRITERIOS DE VALORACIÓN DE PROXECTOS DO ANO 2007
    • 3.1. Implicación dos membros da comunidade educativa (0- 7 puntos):
        • 3.1.1. EI/EP: As actividades adoitan dirixirse á totalidade do alumnado distribuído por ciclos e á totalidade do profesorado polo feito de seren titores. Deberían diferenciarse coa máxima puntuación aqueles proxectos que implican máis directamente ás familias:
          • Traballos de recolleita popular.
          • Préstamo bibliotecario de libros.
          • Contacontos familiares de pais e avós na escola.
          • Colaboradores na redacción de cadernos viaxeiros.
          • Maletas viaxeiras.
          • Partillar con pais e nais experiencias persoais pouco comúns: agricultor ou gandeiro de produtos ecolóxicos,...
        • 3.1.2. ESO/BAC:
          • Puntuación mínima para aqueles equipos que funcionan cos representantes legalmente esixidos.
          • Puntuación que premie a colaboración da biblioteca e do equipo de actividades/vicedirección.
          • Colaboración de departamentos con ensino obrigatorio en galego.
          • Colaboración de departamentos con ensino NON obrigatorio en galego.
          • Puntuación que premie o achegamento de actividades a todos os niveis educativos.
          • Puntuación que premie as ANPAS.
        • 3.1.3 . CIFP:
        • Valóranse aqueles proxectos que potencian a actuación normalizadora en ciclos que teñen unha repercusión social e mediática grande: ensino infantil, hostalería, comunicación audiovisual,...
    • 3.2. Orixinalidade nas propostas (0-3):
      • 3.2.1. Predominio de actividades que fomenten competencias pasivas:
        • Murais, exposicións, concursos artístico- literarios, nomenclátor de aulas, revista escolar, tarxetas de Nadal, concurso- xincana cultural, marcadores de páxinas, calendarios...
      • 3.2.2. Combinación de actividades propias de competencias pasivas e activas:
        • Correlingua, encontros con escritores e ilustradores...
      • 3.3.3. Predominio de actividades que fomenten competencias activas, valorando os casos en que o alumnado as realiza en non simplemente as recibe:
        • Contacontos, teatro, monicreques, viaxes de inmersión, obradoiros de sociolingüística, festivais musicais,...
    • 3.3. Utilización das novas tecnoloxías (0-4):
      • 3.3.1. Adquisición de material informático para normalización de equipos e para uso didáctico.
      • 3.3.2. Gravación en formato fotográfico e/ou audiovisual dos actos do centro para a memoria ENDL e exposición.
      • 3.3.3. Elaboración de actividades en soporte dixital:
        • Webquest
        • Proxeccións de power point
        • Clic
        • Javaclic
      • 3.3.4. Mantemento da páxina web, creación de blogs, revista electrónica.
      • 3.3.5. Dinamización da radio escolar, gravación de anuncios de radio e TV, gravación de curtametraxes, edición de fotonovelas,...
    • 3.4. Colaboración con outras institucións externas (0-3):
    • (Non é o mesmo colaboración que participación)
      • 3.4.1. Concello (SNL) e asociacións culturais e deportivas locais.
      • 3.4.2. Asociacións e entidades externas ao concello.
      • 3.4.3. Coordinadoras de ENL comarcais.
    • 3.5. Colaboración con outros centros educativos (0-3):
      • 3.5.1. Centros educativos do mesmo tipo dentro do concello.
      • 3.5.2. Centros educativos de ensino diferente dentro do concello.
      • 3.5.3. Centros educativos da comarca.
      • 3.5.4. Centros educativos da provincia ou doutra.
    • 4. CONCLUSIÓNS DA LECTURA DOS PROXECTOS :
      • 4.1. Continuidade maioritaria de proxectos de anos anteriores (modalidades A e B, “Entre nós, en galego”, Lugrís Freire...)
      • 4.2. Os apartados correspondentes ao uso das novas tecnoloxías, relación co contorno e con outros centros son os menos valorados, aínda que existen excepcións positivas (Ponte nas Ondas, obradoiros do Consorcio Audiovisual Galego, obradoiros en colaboración coa AELG ou os grupos de traballo dos CFR para a elaboración/ actualización da páxina web, sen esquecer o labor das coordinadoras das provincias da Coruña e Pontevedra.
      • 4.3. Cómpre revisar a porcentaxe atribuída ao número de alumnado matriculado: centros con proxectos moi regulares que acadan elevada puntuación grazas á matrícula escolar, mentres que centros rurais, con pouca matrícula e bo proxecto quedan descompensados na puntuación. Unha cousa semellante sucede cos centros privados.
      • 4.4. Constátase o labor desenvolvido polas coordinadoras comarcais á hora de interviren nunha rede ampla de centros.
      • 4.5. Detéctase incoherencia entre os obxectivos inicialmente propostos e as actividades trazadas. Moi poucos presentan un proxecto dinamizador e tampouco se diferencian estratexias propias para contextos normalizados e non normalizados.
      • 4.6.Reitérase a compra de material pedagóxico de formato vario, especialmente para EI e EP.
      • 4.7. Nos centros con varias etapas educativas non se observa un proxecto diferente para cada unha delas.
      • 4.8. Enúnciase como actividade a compra de material.
      • 4.9. Confusión, nalgúns casos, de proxectos de normalización con programacións didácticas da materia de lingua galega en exclusiva ou con proxectos propios do equipo de actividades extraescolares.
      • 4.10. Incumprimento do uso do topónimo oficial do concello por parte dalgún centro.
      • 4.11. Constátase pouca concreción en apartados como os referidos ás relacións coa contorna (concellos, ANPAS,...)
      • 4.12. Nalgúns casos o coidado da norma da lingua escrita non se axusta á vixente e mesmo se envían como exemplo de actividades normalizadoras textos en castelán (autorizacións de saídas, unidades didácticas para o samaín baixadas de internet,...)
      • 4.13. Constátase a boa calidade do proxecto dalgúns centros. De aí que os de mellor proxecto de cada provincia, públicos e privados concertados, resultan compensados cunha dotación económica extraordinaria.
    • 5. CONCLUSIÓNS DO PROCESO DE LECTURA DAS MEMORIAS
    • 5.1. Recóllense as numerosas queixas que emiten os/as coordinadores/as dos equipos respecto de:
        • O escaso financiamento para a súa actividade.
        • A dificultade para se reuniren cos membros do equipo.
        • A demora da convocatoria de axudas e da confirmación da cantidade concedida.
        • A escasa colaboración por parte dalgún equipo directivo á hora de adiantar o diñeiro preciso para a realización das axudas, etc.
        • O profesorado do centro é o que impide avances no proceso normalizador do prpio centro.
    • 5.2. Obsérvase o funcionamento positivo daqueles centros que traballan en colaboración, ora interna de xeito interdisciplinar (biblioteca, extraescolares, proxectos de innovación, proxectos europeos), ora externa (actividades comúns organizadas entre diferentes centros do concello...)
    • 5.3. Constátase a boa acollida maioritaria por parte daqueles centros aos que se lles comunica a necesidade de rectificar a súa memoria económica:
      • Explicación do gasto xustificado.
      • Petición de mostras tanxíbeis da actividade realizada.
      • Cambio de facturas denegadas.
    • 5.4. Recóllense mostras do traballo realizado que nos fan concluír a necesidade da súa divulgación entre a comunidade educativa.
    • 5.5. Confírmase, especialmente en EP, un programa de actividade dinamizadora rutineira asentado ao redor das festas do ciclo anual (magosto, Nadal, Entroido, letras galegas, día do libro...) que cumpriría ir revisando pois asume economicamente un labor que xa é plenamente curricular. Asemade, neste tipo de programación predomina o fomento de destrezas pasivas (realización de murais...).
    • 5.6. Confírmase a confusión do ENDL co de actividades extraescolares e co departamento de lingua galega.
    • 5.7. A inmensa maioría das actividades deseñadas están dirixidas ao alumnado e restrinxidas ao interior da vida no centro.
    • 5.8. Excepcionalmente, preséntanse memorias que non teñen nada que ver cos proxectos. Igualmente, acompáñanse facturas que non teñen relación coa actividade normalizadora:
      • Obras de reparación da máquina fotocopiadora.
      • Compra de libros en castelán.
      • Conceptos ambiguos.
      • Material funxible de papelaría, plástica e consumibles informáticos.
      • Compra de equipos informáticos, de gravación audiovisual e fotográficos.
      • Material funxible para a elaboración de disfraces de Entroido.
      • Chocolatadas e outras comidas.
      • Sementes e abono para o horto escolar.
      • Mobles para exposicións.
      • Fotocopias, a pesar de que a revista e trípticos se fan na imprenta.
      • Etc.
  • III AVANCE DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O CURSO 2007/08
    • OBXECTIVOS XENÉRICOS QUE SE PROCURAN PARA O LABOR DOS ENDL.
      • Partir da experiencia dinamizadora aplicada no centro nos últimos anos. Experiencia positiva /vs/ experiencia negativa.
      • Asumir proxectos realistas con obxectivos ben graduados e temporalizados para conseguirmos o seu cumprimento e a nosa satisfacción.
      • Presenza do ENDL como organizador/colaborador da actividade académica e extraescolar do centro.
      • Traballo coordinado con outros equipos e coordinacións do centro: equipos de ciclo, de biblioteca, das TIC, actividades extraescolares, proxectos europeos.
      • Traballo iniciador e/ou continuador vencellado ao contorno: SNL do concello, colectivos veciñais, asociacións culturais, deportivas, ANPA, sector comercial local.
      • Traballo coordinado, na medida do posíbel, cos outros centros educativos próximos (ou non).
      • Propor actividades directamente relacionadas con obxectivos concretos e con destinatarios axeitados, isto é, distinguir claramente entre normalizar (contextos castelán- falantes) e dignificar (contextos galego- falantes).
    • 2. APARTADOS QUE DEBEN FIGURAR NUN PROXECTO
      • 2.1. Introdución: o ENDL no conxunto do centro; composición; referencia á PSC (Planificación Sociolingüística do Centro) e ao PLC (Proxecto Lingüístico do Centro) que define o centro; traxectoria do traballo realizado; obxectivos conseguidos e metodoloxía empregada.
      • 2.2. Descrición do centro e breve análise sociolingüística.
      • 2.3. Obxectivos xerais do proxecto que se quere desenvolver conforme á PSC e ao PLC e medidas de actuación.
      • 2.4. Liñas de actuación: permanentes, puntuais, dirixidas ao profesorado, alumnado, pais/nais, contorno, intercentros, potenciadoras da oralidade,...
      • 2.5. Programa de actividades con indicación dos obxectivos que se perseguen, da temporalización, dos destinatarios e do orzamento previsto.
      • 2.6. Previsión do impacto producido na comunidade educativa e no contorno.
    • 3. CRITERIOS DE BAREMACIÓN
    • 3.1. O número de estudantes terá un peso dun 20%. Concederáselle a cada centro 0,30 puntos por cada 50 estudantes ou fracción ata un máximo de 6 puntos.
    • 3.2. Á calidade do proxecto corresponderá o 80% do total da puntuación final, que se baremará segundo os seguintes criterios:
      • Implicación activa dos membros da comunidade no proxecto (pais/nais, profesorado de distintos departamentos, alumnado de distintos ciclos, etapas e niveis, así como persoal da administración e servizos). 0 a 3 puntos.
      • Orixinalidade nas propostas para incidir nos usos reais, orais e escritos, da comunidade educativa. 0 a 3 puntos.
      • Potenciación das competencias activas sobre as pasivas. 0 a 3 puntos
      • Utilización de novas tecnoloxías. 0 a 3 puntos.
      • Colaboración con outras institucións e asociacións externas ao centro. 0 a 3 puntos.
      • Colaboración con outros centros educativos. 0 a 3 puntos.
      • Realización de actividades plurianuais. 0 a 3 puntos.
      • Diversificación de actividades ao longo do curso e nº destas. 0 a 3 p.
    • 4. QUE DEBE REFLECTIR UNHA MEMORIA FINAL?
    • A memoria descritiva que se envíe debe axustarse á realización do proxecto inicial que foi valorado e cuantificado e, de non ser o caso, dar conta do porqué da súa non consecución.
    • Non é a memoria xeral anual do centro nin da biblioteca nin de actividades extraescolares.
    • Debe apoiarse na visualización do traballo descrito.
    • Debe incluír unha avaliación do proxecto no que se describa:
      • O nivel de participación e implicación da comunidade educativa no desenvolvemento das actividades.
      • A consecución real dos obxectivos propostos.
      • O grao de colaboración con outras institucións, entidades ou asociacións externas ao centro, así como con outros centros educativos de igual ou diferente nivel.
      • As eivas ou atrancos detectados para poder desenvolver o proxecto.
      • As propostas de actuación de mellora cara ao vindeiro ano.
    • A xustificación económica recollerá aquelas facturas que axuden á realización do proxecto. É moi importante que a memoria sexa completa e inclúa tanto aquelas actividades que non tiveron custe como aqueloutras que foron asumidas polo orzamento que os centros deben reservar para o ENDL.
    • É fundamental que as facturas se destinen a actividades directamente dinamizadoras e non, de xeito case exclusivo, á realización de actividades curriculares (magosto, Nadal...) nin á compra de equipos máis propios do centro que do ENDL en exclusiva, agás que un proxecto plurianual e a memoria o xustifique debidamente. As facturas, pois, deben recoller conceptos claros.
    • Explicar se se recibiu financiamento doutras entidades públicas e/ou privadas que axudaron á realización das actividades e á consecución dos obxectivos.
    • 5. LABORES CONSOLIDADOS DESDE OS ENDL
    • Recuperación de festas do ciclo anual.
    • Recuperación da literatura de tradición oral.
    • Edición de revistas e anuarios.
    • Creación de páxinas web de centro e con sección propia do ENDL.
    • Grupos de teatro, certames musicais.
    • Certames artístico- literarios, edición de libros viaxeiros.
    • Dotación de bibliotecas.
    • Asesoramento lingüístico.
    • 6. UNHA NOVA APOSTA DINAMIZADORA DESDE OS ENDL
    • O PXNLG recoñece na páxina 97, a respecto dos equipos de normalización lingüística, os seguintes puntos fortes:
      • A presenza dos equipos de normalización lingüística (ENL) nos centros é un feito de grande importancia simbólica.
      • Os ENL desempeñaron un papel moi relevante na dinamización lingüística dos centros.
    • É urxente aproveitarmos dende o presente tanto o traballo valorado como as deficiencias manifestadas nos ENL para trazarmos un futuro normalizador serio e que conduza a un triplo obxectivo común e prioritario:
        • Asegurar a competencia lingüística en galego para o noso alumnado.
        • Contribuír ao mantemento da lingua galega como vehículo de comunicación interxeracional, man a man coas familias do noso alumnado.
        • Concienciar o contorno cara á ampliación de usos para o idioma galego exentos de prexuízos.
    • Liñas de actuación que conviría priorizar :
    • Status do ENDL no centro: unha vez constituído, debe conseguir os medios necesarios para o seu funcionamento.
      • Un departamento propio con tempos e espazos para as súas reunións.
      • Orzamento propio no reparto presupostario.
    • Establecer contactos de colaboración con outros ENDL doutros centros do contorno: evítase illamentos, compártense ideas e materiais, realización de campañas de modo conxunto,...
    • Establecer un plano de formación interno para os membros do Equipo. Facerse cunha pequena biblioteca de sociolingüística e invitar a que a utilicen os demais membros da comunidade educativa.
    • Establecer un calendario de reunións que sexa realista e resulte operativo. Debe ser flexible para adaptalo a necesidades que vaian xurdindo.
    • Facer un inventario dos recursos que conta o ENDL, tanto humanos como materiais.
    • Facer unha análise do estado actual da situación lingüística do centro (alumnado e profesorado de nova incorporación), o que serve para constatar avances e retrocesos respecto ao curso anterior e poder deseñar posibles avances que se van fixar como obxectivos a acadar.
    • Concienciar as familias a respecto da importancia da transmisión da lingua propia (contornos galegófonos) e das vantaxes do ensino bilingüe (contornos castelanófonos).
    • Incrementar os usos para o idioma galego dentro da escola (materias de prestixio social e aos tempos de lecer) e fóra da escola (saídas e visitas pedagóxicas extraescoalres, intercambios con outros espazos galegófonos [contornos +cf] e con variantes dialectais [contornos +gf].
    • Achegar o uso do idioma a aqueles ámbitos de uso que son máis próximos ao alumnado: novas tecnoloxías, música, blogs...