Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    2 Favorites

    Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión) - Presentation Transcript

    1. Blogues Educativos Estado da Cuestión Román Cerqueiro Landín Xornadas de Encontro dos Lectores de Galego Compostela, 29 de decembro de 2008
    2. Sumario 1. INTRODUCIÓN 1.1. Unha experiencia común 1.2. Os recursos 1.3. Os conceptos 2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE SERVEN E COMO SE USAN 2.1. Usos educativos dos blogues 2.2. Tipos 2.2.1. Caderno de materia do profesorado 2.2.2. Taboleiro aberto á rede dun grupo de traballo 2.2.3. Caderno do alumnado 2.2.4. Caderno do alumnado e o profesorado 2.3. Por que non unha páxina web? 2.4. Consellos previos. 3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE 3.1. Onde abrir un blogue? 3.2. Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress 4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS 4.1. As mil e unha aplicacións: presentacións, d ocumentos, imaxes, vídeo, audio, eduredes sociais. 5. EPÍLOGO: tecnoloxía ou metodoloxía?
    3. 1. INTRODUCIÓN
      • Unha experiencia común
        • Sen máis coñecementos que o dominio do usuario medio de internet para se lanzar á Web 2.0.
        • Con vontade de inserir as TIC na práctica educativa.
        • Sendo necesario facer confluír os materiais propios e os alleos.
      ELES SI O FARÍAN!
    4. Que crea adicción dis ti? Enganchar engancha!
      • Os recursos
      • Materiais
        • A Web 2.0 é asequíbel, gratuíta e intuitiva.
        • Que é o html? Que máis ten, non hai que saber de código.
      • Humanos
          • Traballo individual.
          • Traballo colectivo.
          • As redes colaborativas .
      • Os conceptos
      • Que é a Web 2.0 ou web social?
        • Un novo modo de os usuarios se enfrontaren á rede: os internautas non só son meros observadores do que fan outros senón protagonistas e creadores de contidos.
      Servizos Contidos Usuarios: participación e creación. Interacción: redes sociais Web 2.0 Ferramentas: vídeo, documentos, audio, imaxes... todo á vez
            • Este paso foi posíbel grazas ao desenvolvemento dunha serie de ferramentas e servizos que permitiron almacenar información, elaborar presentacións, colgar arquivos de audio, enviar mensaxes instantáneas ou crear un espazo común dende/no que comunicarse.
      • Que é o blogue?
      • Tamén chamado blog ou bitácora, é a imaxe máis visíbel da Web 2.0. É un sitio da web onde os textos (“post” ou “entradas”) creados por unha ou varias persoas (“blogueiros/as”) se ordenan cronoloxicamente. Pode funcionar a modo dun diario persoal en liña ou enfocar diferentes temáticas especializadas ou xerais. Trazos comúns á maioría dos blogues son: hai un espazo para que os lectores poidan deixar comentarios; fornece unha listaxe de ligazóns a outros weblogs (”blogroll”); e amosa un arquivo coas publicacións anteriores (normalmente en modo calendario).
      blogue
    5. Autor Entrada (post) máis recente Enderezo do blogue: este está creado nunha plataforma con dominio propio mais non non ten porque ser así. Listaxe de comentarios recentes Título e breve descrición
    6. Listaxe de categorias Blogroll / ligazóns Arquvos ordenados cronoloxicamente Opcion de comentarios Listaxe de entradas recentes
            • un blogue é un espazo comunicativo,
            • de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario medio de internet,
            • gratuíto en grande parte dos tramos de uso,
            • o seu contido é hipertextual e multimedia (imaxe, vídeo e audio),
            • os contidos organízanse cronolóxica e xerarquizadamente en categorías,
            • relaciónase con outras bitácoras a través de ligazóns, que pode integrar tamén a través das “sementes”,
            • acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e
            • permite a interacción cos lectores e lectoras.
      • En resumo:
      • Usos educativos dos blogues
      2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE SERVEN E COMO SE USAN. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DO BLOGUE Compartir Reflexionar Escribir Comentar
      • Tipos:
        • Caderno de materia do profesor. Propón información, recursos e actividades.
            • Contedor de materiais de elaboración propia e experiencias didácticas.
            • Contedor de materiais alleos doutros blogues e webs .
            • Almacenaxe , categorización e trascendencia de recursos a través de ligazóns .
            • Todo iso e máis .
            • Procura a interacción co alumnado nos comentarios e creando unha rede cos seus propios blogues.
        • Taboleiro dun grupo de traballo , dun departamento, dun centro…
            • Xanela aberta ao exterior , s.t., á comunidade educativa: divulgación de actividades, avisos e novas, proxectos, etc.
            • Establece dinámicas de colaboración con outros grupos.
            • Contén recursos para o alumnado.
        • Caderno do alumnado.
            • Bitácora que acolle o diario persoal de aula , reflexións diversas e persoais , valoracións de lecturas , almacena información e recursos para un traballo, os mesmos traballos asignados polo profesor , potencia a “conversa” dos grupos de traballo, etc.
            • O alumnado organiza, baixo a supervisión do profesorado, a súa aprendizaxe e interacciona co grupo. En definitiva, desenvolve tarefas individuais.
        • Caderno do alumnado e o profesorado.
            • Acolle actividades en liña e asigna e desenvolve tarefas .
            • Facilita o traballo por proxectos e materias .
            • Activa as competencias lingüísticas pasivas e activas así como a competencia dixital do alumnado ( Seica chove no patio? , Pod Cast en Mensaxe nunha Botella e “ telexornal ” no IES Marco do Camballón ).
            • Fomenta a participación e a implicación do alumnado no desenvolvemento activo da aula ao se converter nun diario da aula , nun portafolio dixital ( e-portafolio ), etc.
            • A diferenza do anterior reside no grao de participación (autoría ou destinatario) do alumnado.
          • Chega o momento de decidir o uso do blogue:
              • Experimenta e escolle aquela plataforma que che facilite a súa xestión.
              • Determina unha finalidade ao blogue tendo en conta o que queres conseguir a través del.
              • Estuda diferentes bitácoras, coñece o teu público potencial e implícate no seu deseño e actualización.
              • Determina o “modelo” de blogue: se estamos experimentando habemos de ter claro que estamos aprendendo a elaborar, que aplicación(s) estou a usar e quero usar no futuro, etc.
              • Integra na túa bitácora as ligazóns das túas fontes e outros blogues e webs de interese e agrupados por recursos TIC, por área didáctica, por natureza similar (blogues de clubes de lectura), etc. Os/as blogueiros/as amplifican as voces, tecen redes, constrúen a web 2.0.
        • Por que non unha páxina web?
            • O blogue é máis dinámico que as chamadas “webs dinámicas” (p.ex. tecnoloxía Drupal das webs da Xunta para os centros ).
            • Xa estamos alfabetizados na linguaxe que serve de base ao blogue.
            • Compleméntase perfectamente cunha web, que ten unha capacidade de almacenaxe maior.
            • Todo está na rede : as aplicacións web 2.0 e as súas guías de uso.
            • Facilita a creación sinxela de universos de intereses .
    7. 3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE
      • Onde abrir un blogue?
        • Hai moitas posibilidades, unhas máis sinxelas ( Blogoteca ), outras máis complexas ( Wordpress ) e tamén máis versátiles.
      • Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress
        • WordPress: é o servidor de xestión de blogues máis popular da blogosfera polo seu fácil manexo, a versatilidade na xestión dos contidos e a cantidade de temas (plantillas) e plugins (aplicacións) entre as que poden escoller os/as usuarios/as.
        • Blogaliza , pola súa banda, é un servidor de código aberto que bebe de Wordpress e agrupa grande parte do blogmillo galego.
    8. 4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS.
      • As mil e unha aplicacións
      • - A Web 2.0 constrúese a través dun conxunto de ferramentas que permiten que os/as usuarios/as creemos e compartamos contidos coa comunidade internauta. Estas que veñen deseguida son só algunhas das mil e unha aplicacións enfocadas aos/ás blogueiros/as desta inmensa tea de araña que é a blogosfera.
      • - Que ferramentas integrar nas bitácoras ou nos blogues educativos? Todo depende do deseño, do uso e da información que queiramos integrar nas nosas actividades docentes.
      • - Describiremos brevemente algunhas ferramentas de interese. Sempre queda na man do/a usuario/a analizar outras aplicacións semellantes, comparar, descubrir outras, etc. Cada día aparecen novos recursos e mellóranse os existentes. Isto é un océano, só hai que mergullarse.  
      • Presentacións
      • - Slideshare
      • - Slide
      • - SplashCast
      • Documentos
      • - Scribd
      • Imaxes
      • - Flickr
      • Vídeo
      • - Vodpod
      • Audio
      • - Goear
      • - Deezer
      • - Snips
      • Sementes
      • Bloglines
      • Feevy
    9. EDUREDES SOCIAIS: APENAS UNS EXEMPLOS
        • As redes Ning permitenlles aos/ás usuarios/as crear as súas propias redes sociais, independentes unhas doutras.
        • Teñen un perfil máis profesional ao permitiren a especialización sen as interferencias externas propias doutras redes sociais.
        • Unha rede Ning permite de balde 10GB de contidos e 20.000 membros.
        • Hai creadores, administradores e usuarios. Poden comunicarse privada ou publicamente.
        • Para o resto da rede, tamén poden ser públicas ou privadas en varios graos.
        • Edurede: permite o control do profesorado, creación de grupos, discusións diversas, organización moi diversa de actividades...
        • E, por suposto, a creación dunha comunidade.
      Mapa conceptual das características de Ning e escolma de artigos sobre as eduredes sociais no blogue do profesor Juan José de Haro
      • Palabea.net é unha comunidade internacional de estudantes de idiomas para a aprendizaxe de idiomas en liña.
      • Integra audio e video, mesmo con usuarios nativos, para estabelecer un tandem en liña.
      • Almacena recursos de todo tipo (videoleccións, falangullos-podcasts, gramática, diccionario, etc.) para construír un itinerario autónomo.
      • Impártense aulas virtuais sobre cuestións diversas, máis xerais ou aspectos gramaticais concretos. Permite intercambiar textos para practicar e corrixir entre todos/as a expresión escrita e a ortografía.
      • Hai profesores/as en liña (e-learning).
      PALABEA.NET: Escola de Idiomas 2.0
    10. EduFrysk, the frisian experience Unha rede social para a aprendizaxe dunha lingua minorizada
      • O facebook dos 'eduFryskians'
    11. EPÍLOGO Unha reflexión necesaria para iniciarse nos blogues: tecnoloxía ou metodoloxía? Preme na imaxe superior ou na cámara da dereita para acceder ao vídeo

    + Román LandínRomán Landín, 10 months ago

    custom

    440 views, 2 favs, 3 embeds more stats

    Presentación elaborada para o Encontro de Formaci more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 440
      • 408 on SlideShare
      • 32 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 2
    • Downloads 5
    Most viewed embeds
    • 28 views on http://cadernodelingua.wordpress.com
    • 2 views on http://normaliza-dinamiza.blogspot.com
    • 2 views on http://rozandonastic.wordpress.com

    more

    All embeds
    • 28 views on http://cadernodelingua.wordpress.com
    • 2 views on http://normaliza-dinamiza.blogspot.com
    • 2 views on http://rozandonastic.wordpress.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories