• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)
 

A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

on

  • 2,806 views

Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes: ...

Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953

Statistics

Views

Total Views
2,806
Views on SlideShare
1,402
Embed Views
1,404

Actions

Likes
0
Downloads
9
Comments
0

26 Embeds 1,404

http://linguadenegueiros.blogspot.com 467
http://litega.blogspot.com.es 302
http://asunenrede.blogspot.com.es 229
http://linguadenegueiros.blogspot.com.es 114
http://trafegandoronseis5.blogspot.com.es 104
http://recursoslourdesgalego.blogspot.com.es 52
http://www.linguadenegueiros.blogspot.com 40
http://casadaxoaninha.blogspot.com.es 37
http://recursoslourdesgalego.blogspot.com 16
http://litega.blogspot.com 14
http://www.litega.blogspot.com.es 5
http://www.edu.xunta.es 3
http://www.casadaxoaninha.blogspot.com.es 3
http://trafegandoronseis4.blogspot.com.es 3
http://casadaxoaninha.blogspot.com 2
http://litega.blogspot.co.at 2
http://asunenrede.blogspot.com 2
http://recursoslourdesgalego.blogspot.ie 1
http://www.trafegandoronseis5.blogspot.com.es 1
http://litega.blogspot.sg 1
http://litega.blogspot.de 1
http://litega.blogspot.ca 1
http://pinterest.com 1
http://litega.blogspot.co.uk 1
http://trafegandoronseis5.blogspot.pt 1
http://www.pinterest.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO) A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO) Presentation Transcript

    • A literatura. A linguaxe literaria Que é a Literatura? A linguaxe literaria Características da Literatura 1º ESO
    • Fontes VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007. Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
    • A literatura
      • Que é?
      • É a arte de crear e recrear textos, de compoñer.
      • Por extensión, refírese especificamente á arte ou oficio de escribir de forma artística.
      • O termo tamén se usa para falar dun conxunto escollido de textos como, por exemplo, a literatura médica, a literatura inglesa, literatura galega, etc.
      • Tamén para falar dos textos dunha época ou dun movemento artístico: a Literatura do Rexurdimento, a literatura romántica, etc.
    • A linguaxe literaria
      • Na literatura a linguaxe é empregada dunha maneira moi especial pois o texto literario ten unha finalidade artística.
      • Na literatura posúe unha grande importancia a forma na que o/a autor/a emprega a linguaxe.
      • A arte literaria consiste en combinar con acerto a forma e o contido, a expresión e as ideas, para que esperte o interese do lector/a.
    • A linguaxe literaria
      • Por iso, o/a escritor/a emprega:
      • - un vocabulario coidado e pouco frecuente na linguaxe coloquial, ou no caso de recorrer á linguaxe cotiá faise de maneira sorprendente e procurando a atención do/a lector/a.
      • A carón da fonte de Vimianzo,
      • as campesiñas de Traba
      • venden as trenzas loiras da terra
      • engarzadas de allos
      • miúdos coma pérolas dun val mariño.
      • Manuel Rivas. Costa da Morte Blues
    • A linguaxe literaria
      • - os denominados recursos literarios (metáforas, comparacións, aliteracións, paralelismos, antíteses, hipérboles, ironías, personificacións, etc.).
      • Unha vez tiven un cravo
      • cravado no corazón
      • i eu non me acordo xa se era aquel cravo
      • de ouro, de ferro ou de amor.
      • Rosalía de Castro
    • A linguaxe literaria
      • O teito é de pedra.
      • De pedra son os muros
      • i as tebras.
      • De pedra o chan
      • i as reixas.
      • As portas,
      • as cadeas,
      • o aire,
      • as fenestras,
      • as olladas,
      • son de pedra.
      Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro
    • A linguaxe literaria - adxectivos abundantes para adobiar o texto, mesmo epítetos, que dan cualidades propias do que se describe: FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana.. . Uxío Novoneyra
    • Características da literatura
      • Texto literario
      • Visión subxectiva da realidade
      • Finalidade estética (busca crear beleza)
      • Uso creativo da linguaxe
      Textos non literario Visión obxectiva Finalidade práctrica, didáctica ou informativa Linguaxe precisa e clara
    • O lobo O nome científico do lobo é Canis lupus signatus. É da mes- ma subespecie que o can; ademais, pertence ao reino animal, é un cordado (columna dorsal permanente), mamífero, carnívoro. Trátase dun cánido e a especie é lupus. Todos son animais terrestres que se moven rapidamente e que se esconden en cavidades naturais ou escavadas. Son animais sociais á hora de cazar. Comunícanse por xestos faciais, posturas do corpo e da cola. Son cánidos que posúen 4 dedos nas patas anteriores e 4 nas traseiras. As poutas son retráctiles e teñen nada menos que 42 dentes. O normal é que teña unha lonxitude entre 1 m. e 1.20 m (aínda que pode chegar a 1.25 m). A cola mide máis de 40 cms. e a altura anda entre 75 cms a 80 cm. Pesa sobre 40 quilogramos de media. A súa cor oscila entre o pardo gris ( máis común en Galicia ) e o pardo vermello. Algunhas marcas características mouras e claras.
    • Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca… Uxío Novoneyra Cousos do lobo
    • Os xéneros literarios XÉNERO ÉPICO OU NARRATIVO XÉNERO LÍRICO OU POÉTICO XÉNERO DRAMÁTICO OU TEATRAL 1º ESO
    • Hai tres grandes xéneros literarios:
      • • Poesía : o poeta expresa o que sente, os seus sentimentos e as súas emocións. Acostúmanse a escribir en verso.
      • • Narrativo : cóntase unha historia baseada en feitos, reais ou fantásticos, que lle suceden a uns personaxes nun tempo e nun espazo. Conta a historia un narrador e adoitan estar escritos en prosa.
      • • Teatro : engloba aqueles textos creados para seren representados diante dun público. Poden estar escritos en prosa ou verso. A historia móstrase a través do diálogo dos personaxes.
    • Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Rosalía de Castro
    • Aquí moitas veces me preguntan se na nosa casa había auga corrente e se tiñamos coche e cousas así. Claro, auga corrente si que tiñamos. Aquí diso non hai. Nós temos sorte porque temos un baño e un pequeno tanque coa auga quente, aínda que ma me prohibe poñelo en marcha porque é eléctrico e está nun cuarto cheo de auga, o cal pode levar á morte segura. Lakshmi contoume que unha curmá súa, unha desas cuartas ou quintas, morreu precisamente no baño, electrocutada. Hai días nos que nin sequera poñemos a auga quente, vai moita calor. E outros nos que non podemos porque non hai luz e non funciona o tanque eléctrico. Isto pasa a miúdo no verán porque non hai auga suficiente para producir electricidade. E que terá que ver a auga coa electricidade? Explícovolo nun segundo: a electricidade que chega á nosa casa provén dun encoro enorme no río Kaveri. A auga pasa co moita forza por unhas portas e dalgunha maneira produce electricidade, que logo viaxa ás casas polos postes eses da luz. Cando non chove e non hai auga suficiente no encoro, non entra con forza nas comportas, así que non hai luz. Así se resume que algo que pasa a quilómetros da nosa casa acabe por determinar que ma e mais eu (en todo Devastnaa, para o caso), se acabe duchando en auga fría. María Reimóndez: Usha
    • CARMIÑAE: (Entrando.) ¡Manolitus! ¡Meu amado! (Corren un cabo do outro para abrazárense.) MANOLITUS: ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae! ¡Por fin xuntos e sós! Estamos por fin xuntos e sós nesta natureza salvaxe, sen vixilancia, sós, co bosque como única testemuña. CARMIÑAE: Si, sós, por fin sós. MANOLITUS: Sós por fin, gracias ós deuses estámo-los dous sós e íllados do mundo. CARMIÑAE: (Nun suspiro.) Sós, sós, sós. MANOLITUS: (Suspirando asemade.) Sós. CARMIÑAE: (Logo dunha pausa de ollares tenros.) E haberá que facer algo para non aburrirse, digo eu, ¿non?; como estamos tan sós... MANOLITUS: Oes, pois tes razón. (Sentan collidos da man no toro da árbore e pensan un anaco en silencio.) ¡Xa sei o que podemos facer! CARMIÑAE: ¿Que? MANOLITUS: Eh... ben, nada. CARMIÑAE: Non me sexas vergoñoso, dime o que era. MANOLITUS: Non muller... era unha parvada... ademais non vas querer... CARMIÑAE: (Mimosa.) Dime o que era, anda. MANOLITUS: Ti o parchís non o trouxeches, ¿ verdade? CARMIÑAE: (Decepcionada.) Non... ¿e se xogaramos ás prendas? O achado do Castro , de Manuel Nuñez Singala