• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 

A integración das TIC na area de lingua e literatura

on

  • 909 views

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura

Statistics

Views

Total Views
909
Views on SlideShare
878
Embed Views
31

Actions

Likes
0
Downloads
9
Comments
0

1 Embed 31

http://rozandonastic.wikispaces.com 31

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    A integración das TIC na area de lingua e literatura A integración das TIC na area de lingua e literatura Presentation Transcript

    • A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura Román Cerqueiro Landín
    • ÍNDICE
      • As competencias básicas no currículum
      • TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua
      • Aplicacións educativas da web 2.0
      • Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
    • Para que? E como? E terá que ser, non? E onde o di? Sendo así... E se lle dou aquí?
    • 1. As competencias básicas no currículo
    • Competencia en comunicación lingüística
      • É o conxunto de coñecementos, destrezas e estratexias que permiten interactuar mediante a linguaxe en diferentes ámbitos da vida social.
      • Fai referencia á linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.
    • escoitar ler e escribir dialogar Poñerse no lugar do outro Considerar outras opinións Expresión oral e escrita Autorregular o coñecemento expoñer organizar analisar Empregar distintos tipos de discurso Comprensión oral e escrita Relacionarse e desenvolverse noutros contextos Ser quen de comunicar nunha lingua A/B, L2 Expresar ideas e emocións
    • Tratamento da información e competencia dixital
      • É o conxunto de habilidades para procurar, obter e procesar información para transformala en coñecemento.
      • Posibilita a comunicación e a trasmisión de información en diferentes soportes, sobre todo, a través das Tecnoloxías da Comunicación e a Comunicación.
    • deducir Procurar e seleccionar información Sintetizar información Relacionar información Analizar información Desenvolvemento de traballo cooperativo Ferramentas para o traballo e o ocio Organizar información Técnicas e estratexias axeitadas ás fontes de información Relacionar contornos sociais e físicos simples inferir Uso para organizar información Desenvolvemento do traballo persoal e autónomo Comprender o efecto e a natureza das novas tecnoloxías Comunicarse en diferentes linguaxes e técnicas
      • As TIC propician novas prácticas discursivas e novas competencias lingüísticas pois danse...
      • Novas situacións de lectura e escrita (hipertexto, combinación de códigos verbais gráficos ou sonoros...).
      • Novas clases de texto e novos xéneros textuais (novas posibilidades na comprensión e produción de textos orais en novas situacións de aprendizaxe nas que o alumno organiza o discurso: conversa e debates en rede).
      • Novas competencias (ampliación do concepto de alfabetismo) en novos ámbitos de comunicación e interacción.
      2. TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua
    • De que non falamos á hora de contribuír á competencia dixital dende a nosa área? “ Profe, traballei moi duro neste traballo, levoume 8 horas realizar a miña tarefa!!! Unha hora en ir á tenda na procura dun cartucho de tinta, dúas horas agardando soporte técnico, outros 45 minutos á espera dunha folla en branco, 30 minutos escollendo o mellor tipo de letra…”
    • “ Alumnos, aínda temos moita materia que ver, así que por favor consulten na rede todo o que poidan e envíenmo por e-mail.” “ Imaxina que estás a participar nun “Reality Show” sobre un rapaz que vai facer realidade os seus soños se traballa duro e obtén boas notas”
    • “ Aquí non hai iconas para facer “click”, isto é un taboleiro”
    • Implicacións metodolóxicas das competencias básicas
      • A competencia é a forma na que unha persoa emprega os seus recursos persoais (habilidades, actitudes, coñecementos e experiencias) para actuar de manera activa e responsábel na construción da súa vida.
      • As competencias son aquelas que teñen que ser desenvolvidas polo alumnado ao rematar o ensino secundario.
      • Cal é o papel do alumnado neste contexto educativo?
        • O alumno debe acadar nese proceso autonomía accedendo aos coñecementos por si mesmo e mediante actividades críticas e aplicativas, asumindo un papel activo e interdisciplinario no manexo da información no seo de grupos de traballo.
      • Cal é o papel do docente neste contexto educativo?
        • Máis ca nunca asume o papel de mediador: o docente estabelece obxectivos, deseña e planifica os contidos, regula o proceso de aprendizaxe, fomenta a adquisición de aprendizaxes significativas, estimula a capacidade e a autonomía do alumnado, así como o desenvolvemento de actitudes positivas.
    • Unha reflexión necesaria para iniciarse nas edutics: tecnoloxía ou metodoloxía?
      • Tense apuntado que o proceso de asimilación e acomodación das TIC nos docentes atravesa as seguintes fases (1):
        • Acceso
        • Adopción
        • Adaptación
        • Apropiación
        • Innovación
      • Con todo, para integrar as TIC na práctica docente:
        • non é obrigado manexar as ferramentais dixitais á perfección mais si coñecer o seu potencial didáctico mentres se avanza na súa experimentación segundo as necesidades de cada un;
        • orientar a formación cara a experiencias concretas, sinxelas, diversas e flexíbeis; e
        • cómpre crear comunidades virtuais colaborativas. (2)
      • 1. Jordi Adell (Universidade Jaume I de Castelló)
        • P áxina e blogue
        • Vídeos sobre competencia dixital e contornos persoais de aprendizaxe .
      • 2. Remexer na Lingua (Luciano Fernández). A voltas coa formación en Tic-Tac .
      Cando e como integrar as TIC na aula: estamos preparados?
    • Nativos ou inmigrantes dixitais? (Marc Prensky) Nativos dixitais • Reciben moi rapidamente a información, a miúdo recibida en doses breves. • Gustan dos procesos paralelos e multitarefa. • Prefiren gráficos e imaxes a textos. • Acceden á información ao azar: hipertexto. • Traballan mellor en rede con comunidades. • Aprenden co xogo e a diversión. • Aprenden de maneira autónoma mediante tutoriais interactivos. Inmigrantes dixitais • O procesamento de información é lento. • Gustan dos procesos secuenciais e monotarefa. • Prefiren o itinerario lineal, único, instrutivo. • Danlle prioridade ao texto escrito e extenso. • Traballan individualmente e illados. • Aprenden co traballo serio e pesado, e actualízanse mediante consulta física (libros, revistas, cursos).
      • As TIC son unha boa oportunidade para o cambio e a innovación educativa.
      • O alumnado está inmerso nunha sociedade tecnificada, e nós?
      • Só se integrarán na práctica educativa cando se empreguen con fins curriculares e para estimular o desenvolvemento de aprendizaxes no alumnado.
      • A innovación coas TIC non consiste en facer máis do mesmo.
        • Quizais non debamos usar a tecnoloxía para algo que facemos MAL na versión analóxica.
        • Quizais non debamos usar a tecnoloxía para o que facemos BEN na versión analóxica.
        • Quizais debamos usar a tecnoloxía para facer MELLOR algo que facemos BEN na versión analóxica.
      • Que tememos máis? Ao uso dos medios ou o cambio metodolóxico que iso conleva?
      Conclusións
    • 3. Aplicacións educativas da WEB 2.0
      • Que precisamos? As necesidades, os saberes e os recursos
        • O dominio do usuario medio de internet para se lanzar á Web 2.0.
        • Recursos materiais e humanos.
        • A vontade-obriga de inserir as TIC na práctica educativa.
        • A necesidade de crear materiais propios e facelos confluír cos alleos.
    • Que á Web 2.0 ou web social? Usuarios: participación e creación. Contidos Servizos Web 2.0 Interacción: redes sociais Ferramentas: vídeo, documentos, audio, imaxes... todo á vez
    • Dous exemplos: o blogue e os wikis
      • é un espazo comunicativo,
      • de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario medio de internet,
      • gratuíto en grande parte dos tramos de uso,
      • o seu contido é hipertextual e multimedia (imaxe, vídeo e audio),
      • os contidos organízanse cronolóxica e xerarquizadamente en categorías,
      • relaciónase con outras bitácoras a través de ligazóns, que pode integrar tamén a través das “sementes”,
      • acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e
      • permite a interacción cos lectores e lectoras.
    • Felipe Zayas Tipos e usos dos edublogues
    • Os edublogues educativos
    • Caderno do alumnado
      • Obxectivos
        • Realizar as tarefas que propostas no blogue do profesorado no blogue da materia ou da aula seguindo as instrucións marcadas.
        • Amosar os traballos da materia, tanto aqueles planificados para os contornos TIC (presentacións, pod-cast, etc.) como os máis comúns (textos de creación literaria, redacción de noticias, de artigos de opinión, de reseñas, etc.).
        • Desenvolver temas de libre elección que garden relación cos intereses propios do alumnado: deportes, música, xogos, etc.
      • Resultados
        • Desenvolve a autonomía e asume responsabilidades.
        • Dá visibilidade ao seu traballo ao traspasar as paredes do centro educativo, polo que adquire unha nova dimensión social.
        • Crea ámbitos de comunicacións reais.
        • Fomenta a aprendizaxe construtiva nun marco de aprendizaxe e ensino colaborativo.
        • Aumenta a motivación e proporciona motivos para escribir.
        • Fomenta reflexións sobre os novos discursos textuais de carácter social e do texto como hipertexto.
        • Integra diversas linguaxes.
        • Visibiliza a necesidade de adecuar a linguaxe ás diversas funcións e temas das entradas do blogue, ademais da necesidade de contar con normas e respectalas.
    • Webs colaborativas: as wikis
      • Son sitios webs conformados por varias
      • páxinas que son editadas polos usuarios
      • para elaboralas.
      • Permiten a participación simultánea de varios autores nunha tarefa colectiva e colaborativa na que destaca a construción do documento e na elaboración dos contidos por riba da autoría.
      • A wiki créase baixo control dun(s) editor(es) e a corresponsabilidade dos creadores de contidos, que poden ser revisados e alterados continuamente. É, xa que logo, atemporal xa que quen marca o seu desenvolvemento son os contidos.
      • Ao igual ca o blogue, é hipertextual.
      • Usos educativos
      • Elaboración de proxectos de creación conxunta de contidos.
      • Creación de antoloxías, compilación e presentación de fontes documentais, traballos en grupo, intercambio de información entre alumnado de diversos centros.
      • Almacena información estábel que pode ser empregada e/ou editada posteriormente.
      • Inclúe contidos nos que se dá un alto nivel de traballo creativo.
    • 4. Propostas TIC para o desenvolvemento na competencia en comunicación lingüísitica Diario dixital Aplicacións web 2.0 para o ensino Redes sociais Sitios colaborativos Liñas do tempo Documentos en liña Presentacións Audio e vídeo Galerías de imaxes Sementes Cadros sinópticos Narracións dixitais Fedellos Ecos xeorreferenciados