A Igualdade Na FotografíA

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    A Igualdade Na FotografíA - Presentation Transcript

    1. PREMIO DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA “A IGUALDADE NA FOTOGRAFÍA” DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO Concellaría de Igualdade e Benestar Social CONCELLO DE CUNTIS
    2. ALUMNOS/AS PARA MOZAS E MOZOS QUE CURSEN ESTUDOS DE E.S.O. E BACHARELATO 2 PREMIOS: 2 MP4
    3. XAQUE MATE Á DESIGUALDADE Autor: Damián Zas Barros As mulleres e os homes xogan ao xadrez, todas/os xuntas/os; por fin xaque mate á desigualdade. As mulleres con brancas ou negras tamén poden xogar e gañar se a sociedade lles dá as mesmas oportunidades cós homes. A nosa sociedade non pode enrocarse, temos que facer unha apertura á IGUALDADE DE MULLERES E HOMES, DE NEGRAS E BRANCAS.
    4. AOS PÉS DAS MULLERES Autora: Vanessa Camiña Ferreiro As mulleres tamén nos poden mandar. O concello de Cuntis é un dos poucos no que gobernan mulleres. Isto é unha gran vantaxe, xa que te axudan en todo o que poden. Máis vale ter 2 mulleres que miren polo pobo e se preocupen polo benestar dos cidadáns, e non 20 homes que só pensen en que coche
    5. OS DOUS TIRAN DO CARRO Autor: Manuel Fernández Fuentes Nesta imaxe vese como o home tamén pode tirar do carriño dos rapaces/zas. Os dous poden facer as mesmas tarefas. Homes e mulleres temos que loitar xuntos/as para que cando eses bebés sexan maiores xa non haxa que facer concursos coma este.
    6. TRABALLOS SEN XÉNERO Autor: Antonio Chedas Monteagudo Antigamente eran os homes os que facían traballos coma a poda das árbores. Hoxe en día tamén o poden facer as mulleres, despois de loitar pola igualdade de oportunidades. Así o demostra a muller da foto. As mulleres poden facer moitos traballos igual de ben que os homes e DEBEN COBRAR O MESMO.
    7. LOITANDO XUNTOS/AS CONTRA O FRÍO Autor: David Pereira Núñez Habitualmente aparecen nos escaparates das tendas de lencería os “manequíns” de mulleres, pero nesta tenda de Cuntis non é así. As mulleres en roupa interior son o síntoma de que aínda hoxe as mulleres están consideradas obxectos sexuais. Isto ten que acabar dunha vez por todas. Temos distinta roupa interior pero o mesmo
    8. SE OS HOMES... Autora: Sonia Fontenla Iglesias Se os homes tamén queren igualdade pois na casa tamén deben colaborar. Colaborar non é só de mulleres.
    9. CONDUTORES Autor: José García Vázquez ¿Fan o mesmo traballo ou fano diferente? Entón, son iguais. ¿Cobrarán o mesmo? ¿Terán as mesmas condicions?. Pode ser. Chegar chegase igual ao destino con calquera dos dous condutores, ¿ou non?
    10. ¿PODEREMOS... Autor: Jonathan Iglesias Vega ¿Poderemos evitar que haxa alguén ao que lle pareza raro ver unha condutora de autobús? Si, non abonda con redactar un texto, hai que levar a igualdade á práctica.
    11. PODEMOS OBSERVAR... Autor: Iván Sangiao Cortés Podemos observar tres mulleres topógrafas desempeñando o traballo igual que calquera home porque este traballo, coma os outros, pódeo desempeñar calquera persoa sen atender a cuestións de sexo.
    12. AQUÍ ESTÁN... Autora: Rocío Torres Iglesias. Aquí están, traballando na sala de profesores/as, algúns dos profesores/as do 2º ciclo da E.S.O. do noso colexio. Ao longo das décadas as mulleres foron gañando terreo no ensino. É un avance moi positivo para todos/as porque cada día vemos como ésta desigualdade vai a menos.
    13. ¿É O ÚNICO HOME... Autora: Adriana Fuentes Melio ¿É o único home que desempeña o traballo de acompañante nos autobuses o colexio?. ¿É só un traballo de mulleres?
    14. ¿SEXO DÉBIL? Autora: Andrea Vázquez Fernández ¿Sexo débil? Na vida hai múltiples exemplos da fortaleza das mulleres. Miña nai traballa na industria realizando tarefas de moito esforzo físico e, despois de 8 horas, aínda lle quedan forzas para cortar leña. Hai quen di que o traballo doméstico é cousa de mulleres. Sen embargo, vou romper o esterotipo co meu pai, que é “amo de casa”: estende e recolle a roupa, cociña e non lle ten medo ningún ao estropallo e á vasoira.
    15. ¿E AGORA... Autor: María Rey Búa ¿E agora xa somos iguais?
    16. ENTRE PINCELADA... Autora: Cristina Piñeiro Cortés Entre pincelada e pincelada a igualdade será acadada
    17. ALUMNOS/AS GAÑADORES MEDRANDO XUNTOS/AS E IGUAIS Autor: Javier Vázquez Castro E NO FÚTBOL Autora: Andrea Pereira Fariña
    18. ASOCIACIÓNS PARA ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO 1 PREMIO: 1 CÁMARA DIXITAL OU 200 €
    19. PORQUE AMAR... Autores: Asociación Cultural “O Fervedoiro” Porque amar é buscar o equilibrio entre os diferentes –porén iguais–, nesta carpa circense creada para a comodidade duns e o sacrificio doutros,... Buscareite en cada xesto que fagamos xuntos, tanto dá o que construamos, xa que os dous, ti e máis eu –muller e home– seremos iguais no mesmo instante en que nos respectemos:
    20. SE NON O VEXO... Autores: Asociación Veciñal Sociocultural “Santa Apolonia” - Se non o vexo non o creo, unha muller e un home arrexuntando a pedra dunha casa. -Din que é cousa da igualdade de xénero. -¿Como dis? -Igualdade entre as persoas humanas independentemente do seu xénero ,os mesmos dereitos,as mesmas oportunidades . -Pois, si ti o dis será así logo .
    21. LOGO SE A MULLER... Autores: Asociación Veciñal Sociocultural “Santa Apolonia” - Logo se a muller pode facer o que se consideraba traballos de homes eso quere dicir que o home pode facer faenas de muller. - Claro, non o vés. ¿Cando fregabas ti as perolas? Nunca!!! - Bo ,xa o vou entendendo....... 1908
    22. ASOCIACIÓN GAÑADORA ENTRE DOUS Autores: Asociación Cultural “O Fervedoiro”
    23. DOCENTES PARA DOCENTES 1 PREMIO: 1 LÁPIS DE MEMORIA 8GB
    24. COMPOSTAXE MARIÑEIRA Autora: Sofía Calo Vidal Velaquí un exemplo no que nós, pura materia orgánica, transformamos a sociedade nun fértil humus, traballando en equipa, en equilibrio, con paso firme, con compromiso, camiñando cara o futuro en plena igualdade.
    25. EDUCANDO NA IGUALDADE Autora: Sofía Calo Vidal Mamá, eu cando sexa grande quero ser mariscadora coma vós. E hei de ír co meu home ao mar e comer berberechos no Patacón co meu fillo.
    26. MARISCADORES CAMIÑO DO LOMBO DE NOIA Autora: Sofía Calo Vidal ● ¡E logho, Manolo! ¿Xa estamos cansos e aínda non cheghamos á praia? ● É que hoxe ando un pouco baticado… ● ¡Vaiche boa! ¡Baticado tí! Entón eu que levo toda a noite a voltas co neno que anda cos dentes… ¡Érghete langrán e a traballar!
    27. DOCENTE GAÑADOR/A DÚAS MANS Autor: Heladio Anxo Fernández Manso

    + Román LandínRomán Landín, 2 years ago

    custom

    938 views, 1 favs, 2 embeds more stats

    Traballos presentados no certame A igualdade na fot more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 938
      • 913 on SlideShare
      • 25 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 3
    Most viewed embeds
    • 22 views on http://blogs.lavozdelaescuela.es
    • 3 views on http://blogs.prensaescuela.es

    more

    All embeds
    • 22 views on http://blogs.lavozdelaescuela.es
    • 3 views on http://blogs.prensaescuela.es

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories