D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala

on

  • 893 views

 

Statistics

Views

Total Views
893
Views on SlideShare
893
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala Document Transcript

  • EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
  • xío Novoneyra é o autor ao que este ano a Real Academia Galega ven de adicarlle o Día das Letras. Como en anteriores edicións (e xa van 13!), esta “Edición Especial Letras Galegas” da Escola Fala centra a súa atención no poeta do Courel. Esta terra máxica do Courel foi o escenario da maioría dos poemas de Novoneyra, por iso Vida, obra e poesía tentamos achegarnos a unha comarca tan distinta de Uxío Novoneyra á nosa, na paisaxe, nas costumes… a través O Courel O nome das nosas dunha exposición fotográfica e dun intercambio aulas epistolar con colexios da provincia de Lugo. Ana Romaní Intercambiáronse experiencias, vivencias, Ramón Cabanillas cartas, debuxos... cos seguintes centros: CPI Correo epistolar Seoane (O Courel), CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro) Colexio da Asunción (Sarria). Estas experiencias tan enriquecedoras EDITA contribuíron a que nos achegásemos tamén a CEP Salustiano Rey concellos veciños, como o CEIP Praia Xardín de Eiras Boiro, co que se cartean algúns alumnos de cuarto curso. Coordinan Equipo de Normalización Aproveitando tamén a condición de poeta de e Dinamización Uxío, este curso mergullámonos na poesía, coa Lingüística e TICs que os nenos e as nenas desfrutaron, lendo, creando, recitando… Nº: 13 Tirada: 500 Exemplar gratuíto Novoneyra,Uxío (1991): O cubil do xabarín. http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefe Ed. Edelvives. nosa/bibliocondesa Novoneyra, Uxío (1998): Ilda, o lobo, o corzo http://gl.wikipedia.org e o xabarín. Ed. Edelvives. http://bvg.udc.es http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/ux http://www.vieiros.com io.php http://www.librosylugares.com http://www.uxionovoneyra.com http://www.turgalicia.es http://www.realcademiagalega.org Alonso, Fran (2010): Folerpas de Novoneyra. http://sondepoetas.blogspot.com Xerais. .Novoneyra, Uxío (2002): Os Eidos. Ed. La Voz de Galicia
  • F illo e neto de labregos, Eugenio naceu e criouse no Courel, ateigado das palabras do campo. Palabras que lle evocarían os olores, os sabores, as paisaxes, os sons, os traballos, os momentos inesquecibles da súa propia vida e que el faría eternos nos seus poemas. Cai a neve, quedo fóra riba dos teitos calada mentres tí fías e soñas nunha cousiña lonxana. No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo. A casa de pedra e cal vella _solaina e ventanas prá serra_ feita fai cen anos á M miña maneira. edrou na Casa da Fonte, o fogar familiar, unha casa ampla e espaciosa. A lareira para estar aos contos ao pé do lume. Os sequeiros nos que se preparaban deliciosas castañas. E os xogos, sobre todo o xogo das agachadas naquela casa chea de labirintos que percorrer. 3 .
  • D os seus pais, José e Manuela, e dos seus avós herdou a fala. Canta a fontiña canta a fontela i anque a canción é dela ten unha cousa miña pola que podo O galego. entendela. Petra Vello foi a única avoa que Uxío coñeceu. Ulises Neira, o pai da súa nai, morrera antes de que o neno nacera e os seus avós paternos, Manuel Novo e avoa Benita, cando o cativo non tiña máis que dous anos. S erá o seu amigo Anxel Fole quen , sendo mozos, comezará a chamalo Uxío. Ata ese momento todos o coñecían polo nome no que fora bautizado, Eugenio. 4
  • “Escoitamos uns pasos lentos e longos no corredor. Entrou un mozo alto e delgado de bigote. Era Uxío Novoneira xa coñecido por referencias amigas. E foi esta a primeira vez que o oímos recitar versos, poemas seus. Recitábaos con voz grave e ton confidencial. Coma si estivese revelando un segredo. E estábao facendo: o segredo da súa primeira poesía. Non se parecían aos poemas de ninguén. Animámolo a que os reunise nun libro e os publicase.(...) Eu non estaba afeito a oír falar así. Tan sosegadamente, con tanto fondo de silencio, traendo cada palabra á outra como chamándoa”. Anxel Fole (1952) Eugenio Novo Neira O camiño sobe baixa torce e morre ó lonxe… Vai o José de Parada atravesando il solo a Devesa do Rebolo. Cabalagando vagariño cruza a terra do viño cara Viana do Bolo. Deixa a serra pasada. Leva a alma asiñada ca mágoa do camiño. C ando Uxío non tiña máis ca seis anos prodúcese o levantamento militar do Xeneral Franco contra o lexítimo goberno da República, o que vai dar lugar á Guerra Civil española e ao inicio de 40 anos de ditadura. Para Uxío, ao igual que para a maioría dos españois, a vida cambia totalmente. 5
  • “Din que eran catro os que o pasearon E que todos eles morreron arrabeados”. O seu tío, Manuel Novo, alcalde do Courel, ten que agocharse porque a súa vida corre perigo. Agóchase na Casa da Fonte e o neno aprende de E stes versos son parte dun romance que escribe en 1976 a raíz do asasinato de Manuel de Ribadabia, labrego de Parada moi novo a enorme importancia dos que fora paseado polos falanxistas uns segredos. O silencio é a consigna corenta anos antes. coa que o cativo medra e xa, dende O neno nunca esquecería o pranto moi neno, o pequeno entende o que inconsolable da nai e das irmás de significa a falta de liberdade. Tres Manuel. longos anos de guerra e de silencio aos que seguirían os duros anos da posguerra. Ameazas, abusos, Dobran as campás da neve asasinatos marcarán a súa vida dun A alma de seu gardada (...) xeito dramático. on quince anos marcha a Lugo a estudar o bacharaleto, cidade C na que coñece ao poeta Manuel María, co que iniciará unha De esquerda a dereita. Manuel intensa e longa amizade que durará toda a súa vida. Con María, María Mariño e Uxío Manuel María introducirase nos ambientes intelectuais da cidade. Novoneyra. Nesa época, sendo un xoven de 18 anos, escribe os seus primeiros poemas en castelán, que nunca serán publicados . 6
  • Matricúlase como oínte na Faculade de Filosofía e Letras da Universidade E Central de Madrid, o non aprobar o n 1949 marcha a Madrid. Examen de Estado . O Madrid da posguerra: triste, Escribe dous ou tres libros en castelán que pobre, amedrentado, seco, sen nunca chega a publicar. ilusión.. O poeta está en periodo de formación, Na capital, Uxío descubre a descubrindo e analizando o mundo ao mesmo Biblioteca Nacional e convirte a tempo que experimenta coa literatura. lectura na súa actividade Son tempos moi difíciles para o galego. fundamental. Le, sobre todo, poesía. Española e estranxeira. . E n 1952 Uxío volve a Galicia para facer o Servizo Militar e reencóntrase co seu gran amigo Manuel María. É precisamente o poeta de Outeiro de Rei o que o introduce na tertulia de escritores do Café Español, local no que vai coñecer a ilustres personaxes galegos como Ramón Otero Pedrayo, Paseando por Compostela Carlos Maside, Ramón Piñeiro, Bouza Brey ou con Ramón Piñeiro. García Sabell. 7
  • Da súa man entra de cheo en contacto co galeguismo. Uxío empeza a escribir unicamente na lingua propia de Galicia e faino de xeito definitivo e para sempre, convertindo o galego na súa lingua literaria. Ramón Piñerio, director literario da editorial Galaxia e gran admirador da poesía de Novoneyra, apoiou dun xeito definitivo ao poeta, que se convertiu nunha “especie de poeta oficial” da editorial , como comentaría nalgunha ocasión Manuel María. Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos tiesos ruxindo nafolla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa. E . n 1953 e debido a unha doenza, unha pleurite, Uxío volve á Casa da Fonte da súa nenê., A súa recuperación alongarase durante nove anos, período de tempo no que Fala a tarde baixiño i o corazón sínteo escribe Os Eidos, a súa obra máis importante e unha obra referente da poesía galega, publicada por Galaxia no ano Chove para que eu soñe 1955. “Eu nacín entre unha natureza inda moi dotada; o que fixo simplemente foi collerme, valéndose, xogando oportunamente, porque eu estaba enfermo, non podía desprazarme moito, entón a natureza botoume a mao”. Coñece a María Mariño que vive en Parada dende que en 1949 o seu marido, mestre, é destinado na vila . Entre a poetisa e o poeta xurde unha amizade profunda e duradeira. 8
  • Os Eidos é un libro de poemas breves, concisos, esenciais, onde as palabras escritas sempre teñen un sentido e nunca pretenden ser un adorno. É un libro cun olor que arrecende a Terra, á natureza, á vida, que nace da soidade da reflexión do poeta a partir das súas vivencias nas montañas do Courel. Fran Alonso Folerpas de Novoneyra E n 1956 o seu amigo Luis Pimentel vivía na cidade de Lugo nunha casa que daba xusto fronte da alameda. Cada noite oía o canto dunha ave que, aínda que o intentaba, non conseguía identificar. Nunha visita que fixo Novoneyra á cidade coicidiron os dous poetas nunha tertulia. Pimentel comentoulle o caso e esa mesma noite, o poeta do Courel paseou a alameda durante horas ata que a ave cantou. Pimentel visto por Mouriz -Sen dubida é un moucho, dixo Moucho que cantas pra noite queda na sombra das flairas tecidas ti fais distas arbres de cidade un bosque antigo no que eu estuven sempre... O sol que locía Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe i eu vía Eiquí síntese ben o pouco que é un home... e ouvía cantar o día. 9
  • Esa foi a primeira vez que oín falar en galego en público, xa nas primeiras palabras Miñas donas e 1957. Círculo Mercantil de meus señores eu, o mesmo que os demais, sentín Santiago de Cospostela. escorrer un arrepío por todo o corpo. Novoneyra ten o valor que Franco Grande ninguén tivera. Fala en galego nun Os anos escuros acto público. E n 1958 chora o pasamento de dous grandes amigos: Luis Pimentel e Carlos Maside.. A súa morte Poemas da dor, a dor pola perda, polo que falta, polo que desaparece.. Tamén a dor da guerra e dos tempos que viñeron despois. deixará profunda pegada na poesía de Novoneyra. 10
  • Morrer é ficar morto. Eu non sei pensarte morto. A Carlos Abrio a fiestra e ollo a serra para ti. Maside A Luis Pimentel A túa morte deixoume núo. Ca túa perda sinto todo o que hei de perder. A túa imaxen está diante de min, no espacio que a dor envisa Laia a curuxa i eu velo. LIBERTÁ, chamas dos ollos tristes, das caras do Metro, A dos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto, Herminio na gran cidade, non tesos cumes i en todo o silencio preguntando. V olve a Madrid onde colabora en programas de radio e televisión. Alí relaciónase cos membros do grupo Brais Pinto, Mantén unha moi estreita e durareida amizade co pintor Reimundo Patiño, persoa que terá unha grande influenza na súa obra, sobre todo na formado por intelectuais e publicación dos seus poemas caligráficos. escritores, galegos, fundado do ano 1958. O escritor Méndez Ferrín, tamén do grupo Brais Pinto, sempre procuraba contar coa opinión de Novoneyra cando escribía Méndez Ferrín, anos 60. poesía. Reimundo Patiño. Creador da primeira banda deseñada en galego. “nunca escribín un verso sin pavor do seu xuízo” 11
  • E n 1966 Uxío volve ao Courel por mor da enfermidade dos seus pais. Ali entérase da enfermidade terminal que sofre a súa amiga María Mariño. Daquela María Mariño estaba a escribir o seu libro de poemas “Verba que comeza”. Será Uxío quen a axude a rematar o poemario. Pasaba a máquina pola tarde, cada un dos poemas que a poetisa de Noia escribía pola mañá. . “El viu nesta muller unha poeta revolucionaria, que buscaba a verdade en cada verso”. Fran Alonso “Folerpas de Novoneyra” María Mariño morre o 19 de maio de 1966. . A enfermidade de Alzeimer que padecía a súa nai vai influír dun xeito inesperado e definitivo na poesía de Novoneyra. En palabras do seu amigo Xosé Lois García: “(...)na primeira fase da enfermidade a señora Manuela repetía frases constantemente en forma de ladaíña como: Non hai remedio, non hai remedio, non hai remedio...Non hai remedio pra min, non hai remedio pra min, non hai remedio pra min”. As repeticións que se dan tanto en ERGUÉSTEVOS cedo aquel día/o costume do Letanía de Galicia como en Vietnan traballo/Mañá cedido para facernos ca vosa morte Canto teñen a súa orixe nas frases que a súa nai repetía constantemente . 12
  • VIETNAMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMM GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa Adicado a Amador Rei e a GALICIA irmandiña GALICA viva inda Daniel Niebla, sindicalistas asasinados pola policía recóllote da terra estás mui fonda franquista nunha protesta en recóllote do pueblo estás nil toda Bazán. recóllote da HISTORIA estás borrosa CHILE ametrallado SALVADOR e AUGUSTO e VICTOR e tanto Nome E tanto anónimo aceso rematado a escuras Diante vós o silencio é o burullo das verbas máis quentiñas Atrancando o intre-peito como un bloque Sobre o golpe de estado en bloque Chile impulsado por Pinochet. bloque “Eu namorábame das miradas, dunha voz. No verán de segundo de maxisterio fun veranear a Vicedo. Unha tarde de verán, cando eu tiña 17 anos, fun pasear coa miña amiga Ana María. Iamos a tascas ás que só ían homes. Entramos no bar Juma, que era moi bonito. Había unha exposición de pintura. Colliamos notas da exposición porque estabamos artellando unha revista. Xusto entón C entrou un home deslumbrante que viña de asa con Elba en 1973, o mesmo ano Madrid. Era Uxío. Era completamente distinto aos outros homes. Levaba bolso, en que morre a súa nai. O seu pai xa vaqueiros, sandalias e unha cazadora tan falecera dous anos antes. bonita que lle trouxeran de Canadá, que era vermella e negra ”. Tiveron tres fillos: Branca Petra (1976), Uxío Fran Alonso (1981) e Arturo (1983). “Folerpas de Novoneyra” 13
  • BRANCA UXÍO i ARTURO quedárense no Futuro quedaredes no Futuro pre que sega o Pasado e ti Galicia a durar anque se funda o lousado e caia neve no lar. Anque se funda o lousado e se descubra o faiado No coarto en que fun nado E no mesmo leito ha nevar. Canto para ter favores de Venus CÁNTOCHE aposta para ter os teus favores deusa gran cousa é abondar o teu seo a vrao vido namais chegarlle terte a toda ti por beira xa señas nova e noiva de en por hoxe xa señas diaria miña sola sempre. Longuismo labiolingua lambe lua sal quente e nembro a nembro atopa todo para perdelo e volver de novo novamente clameando chamando en chama pedindo un novo intre aquíl tan prometido cando eramos ninos do sol soltos polos soutos perdidos e certismos de atoparte oh núa. Biquei a súa tristura e atopei os labios. Biquei Na aperta prendémolo Mundo. 14
  • A forza do noso amor non pode ser inútil I nspirado no movemento artístico Action painting técnica que pretendía expresar sensacións como o movemento, a velocidade e a enerxía escribe os seus poemas caligráficos. Publicados en Brais Pinto por Reimundo Patiño por decisión propia. “Patiño ía facer un número dedicado á “Entramos na vella casa familiar, caligrafía en todo o mundo:caligrafía atopámolo no interior do salón xunto a chinesa, gaélica, árabe, etc. Estaba unha fiestra debuxando cun groso fascinadocoa miña grafía, por iso ma rotulador, totalmente concentrado, pide, para participar, a miña parte ía ser absorto. unha das partes. Pero recibe os poemas e De “Folerpas de Novoneyra” de fíxome un libro do que eu lle mandara de Fran Alonso colaboración para unha revista. E el mesmo puxo o título de poemas caligráficos” Todo bruido sen nome é un agoiro Do libro “Folerpas de Novoneyra” de Fran Alonso Xulio Cobas Brenlla, da editorial Edelvives, pediulle a Novoneyra que se animara a escribir un conto para nenos. Novoneyra sorprendeuno dicíndolle que xa tiña varios escritos e que estaban inéditos pechados nun armario. O relato de Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín céntrase nunha lenda medieval en terras do Courel. Trala morte da súa nai, a nena Ilda medra pechada nunha torre coa única compañía dun lobo, un corzo e un xabarín e soña con que un príncipe a rescate. 15
  • P oemas creados melancolía. da madurez, dende Poemas que falan do a abandono do campo, da resignación da xente ante a agonía dos pobos e aldeas do interior de Galicia, especialmente do seu amado Courel. I estes brazos inda son aqueles Que sosteron no souto a cabeza dos soños? Chancela limpa da costa irada Os vellos camiños cegos. Toda de toxos e silvas altas. Rotas deixadas! En 1995 participa na obra Camelio Xaponés. Consorcio da cidade de Santiago. En 1998 publica Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.. En 1999 publícase os libro Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas. 16
  • N ovoneyra morreu no hospital Gil Casares de Santiago de Compostela, ás 11 da mañá do sábado 30 de outubro de 1999, sendo velado en San Domingos de Bonaval. A viúva de Uxío, Elba Rei, declarou nunha entrevista que para el “a vida e obra están tan encaixadas que é difícil distinguilas. Uxío dicía que un poeta é o que está niso. Non necesita nin publicar” “Considero que ser poeta é o máximo destino porque é o máis solidario coa túa existencia e coa existencia dos demais. É a mirada máis compasiva: Tamén é o camiño para a felicidade e para estar sempre aberto á beleza”. 17
  • CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro) Colexio da Asunción (Sarria) CPI Seoane(Courel) CEIP Praia Xardín (Boiro) 18
  • SARRIA BOIRO PEDRAFITA O COUREL 19
  • 20
  • Os nenos e nenas do Courel foron a casa de Uxío Novoneyra Contannos… 21
  • Fixemos unha exposición dos terras máxicas do Courel Os nosos amigos tamén nos enviaban traballos asi de guais!! Ola amigos, Neste sobre enviámosvos unas postais para que nos coñezades: somos Candela, Uxía e Dani (de 4º de EI), Arnau (de 6º de EI), Adrián (de 1º EP) e Antía (de 2º de EP); estamos todos xuntos na mesma aula. Enviámosvos tamén un mapa do noso concello onde sinalamos as parroquias nas que vivimos. Moitos bicos 22
  • Asi escribían os nosos amigos de Boiro… Dende o CPI Uxío Novoneyra cóntannos que ben o pasan cando neva e … 23
  • CEP SALUSTIANO REY EIRAS Nome das aulas adicadas a autores galegos 4º A Ana Romaní EDIFICIO GRANDE 1º 4º B 4º C ANDAR Ramón Cabanillas Uxío Novoneyra P.T. Orientación Carlos Casares Ramón Piñeiro 3º C 2º 3º B Fina Casaderrey ANDAR Francisca Herrera 5º D 3º A M. Curros Enriquez Luz Pozo Sala de profes Castelao Música Informática Alfonso X, O Sabio Manuel Antonio EDIFICIO PEQUENO Desdobres P.T. 1 P.T. 2 Manuel Lugrís Pascual Veiga Eduardo Pondal 1º Freire ANDAR 1º C A.L. 1º B María Mariño X. Mª Alvarez Blazquez Manuel María 2º B Sala de profes Antón Aviles de Taramancos Rosalía de Castro PLANTA BAIXA 2º A 1º A Xaquín Lorenzo Lorenzo Varela 24
  • Aula de 4º A Aula de 4º C Aula de 4º B 25
  • RAMÓN CABANILLAS O día 9 de novembro de 2009 celebrouse o 50 cabodano dun dos autores máis destacados da nosa literatura; un autor que foi quen de conducir a nosa poesía cara a modernidade, xogando un papel fundamental na superación dos cánones do Primeiro Renacemento. A súa vida e a súa poesía Ramón Cabanillas naceu en Fefiñáns (Cambados), o 3 de xuño do ano 1876. Logo de abandonar a carreira eclesiástica que iniciara en Santiago de Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do Concello. Aos trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre os anos 1910 e 1915, e onde publicou na revista Suevia o que sería o seu primeiro poema, “Lonxe” (1910), e onde vería a luz en 1913 o seu primeiro libro, No desterro. Tamén na Habana publicou Vento Mareiro no ano 1915. Xa en Galiza traballaría en varios concellos e coñecería a loita agrarista. Comprometido co proxecto das Irmandades da Fala, foi tornando a súa poesía intimista por outra máis social e cívica, colaborou con frecuencia en A Nosa Terra, e chegou a recibir o casa de Ramón Cabanillas en Cambados apelativo de Poeta da Raza. Esta nova etapa na súa poesía vese reflexada tanto en Da terra asoballada (1926) como nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas pretendeu conscienciar ao pobo e achegalo ao nacionalismo. na casa de Ramón Cabanillas en Cambados 26
  • RAMÓN CABANILLAS Nunha nova etapa viu a luz o poemario Na noite LUME NO PAZO estrelecida (1921), onde, seguindo as teorizacións de Prendeu lume no pazo. Vicente Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo A roxa labarada artúrico que funcionen como símbolos produtivos. alumea a campía. Máis adiante, recuperou o lirismo intimista dos Atronan as campanas o val. seus primeiros tempos no poemario amoroso A rosa de Quentan o aire espesas bafaradas cen follas (1927). de fume. Corre a xente. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Berrando, atolondrada. Galega, onde leu un discurso titulado "A saudade nos Ó arde-lo cume, as tellas enroxecen e estalan. poetas galegos". En 1929 ingresaría tamén na Real Caien, cruxindo, as vigas, Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. e o lume ás catro bandas envolve a torre. Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta Muxen institución, o poeta atravesou un longo período de de medo os bois nas coadras. silencio que rompería a finais da década dos 40 con A xente rube ó adro pra ver onde é a disgracia Camiños no tempo. e ó mirar cara ó pazo detense amontoada. Comeza entón unha nova etapa na que viron a Érguense as mans ó ceo, luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), e sanguiñenta, tráxica, refréxase nos ollos Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o a roxa labarada. seu último libro publicado en vida. E un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, Faleceu en Cambados, a onde regresou ao final que vive de milagre, xantando cando xanta, da súa vida, en 1959. vestido de farrapos e durmindo onde cadra, No ano 1976 adicóuselle o Día das Letras —todo por mor dun preito de rendas atrasadas, Galegas. no que os donos do pazo deixárono sin nada—, ollando cara ó lume, rise, barulla e fala ¡de ir busca-lo gaiteiro para que toque a gaita! Vento Mareiro (reedición de 1926) casa de Ramón Cabanillas en Cambados 27
  • RAMÓN CABANILLAS VÍA-CRUCIS A súa obra Para Castelao  No desterro (1913) (poesía) Galicia rube ó calvario. Enrabiada co ceo,  Vento Mareiro (1915) sentouse nunha pedra, á beira do camiño, (poesía) cuberta astra os ollos co pardo mantelo. É o mantelo probe  Da Terra asoballada (1917) (poesía) dos días de inverno;  A saudade nos poetas galegos (1920) dos días de choiva, de vento, de neve, de fame, de enterro... (ensaio; discurso de ingreso na Real É o mantelo das penas e os pagos; Academia Galega) o mantelo probe, o mantelo vello con que vai a falar co filliño que está na cadea  A man de Santiña (1921) (teatro) e darlle, ó chamado a servicio, o adiós derradeiro;  O cabaleiro do Sant Grial (1922) o que leva a pagar o consumo, as oblatas, as rendas, os foros... e o demo do inferno; (poesía) o que pon cando saien os barcos  Estoria do bendito San Amaro que foi onde se van os galegos, mar a fóra, mar a fóra, chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi lonxe dos nativos eidos; (1925) (poesía) o que visteu o día das tromentas de Nebra e de Sofán -¡Trunfo do ferro!  Na noite estrelecida (1926) (poesía) ¡Trunfo dos porcos bravos!  O Mariscal (1926) ¡Trunfo dos homes roxos! ¡Trunfo dos homes negros!- para ir, afogada en bágoas, (teatro) enrabiada co ceo,  A rosa de cen follas (1927) (poesía) detrás dunhas caixas longas, camiño do cimiterio.  Camiños no tempo (1949) (poesía) Galicia rube ó Calvario.  Antífona da cantiga (1951) (poesía; Non leva ás costas a cruz do Nazareno: leva o seu mantelo probe, antoloxía) leva o seu mantelo vello.  Da miña zanfona (1954) (poesía) Galicia está cansa, soia cos seus pensamentos.  Versos de alleas terras e tempos idos Non chora; secouse a fonte. (1955) Ten as serpes chuchándolle os peitos. Non prega nin pon xusticia. (poesía) É mal da alma, e mal do desespero.  Samos (1958) Batede no corazón; (poesía) poñédevos de xoenllos e perguntai con santo amor de fillos, alá no fondo, alá dentro onde resoan cristaíñas, craras, a voz da Raza, a voz do sentimento, a voz da nosa Terra máis forte que a oración, que a lei, que o ferro... decídelle á vosa sangre ¿Son chegados os tempos? Da Terra Asoballada (reedición de1926) 28
  • ESCRIBE A POESÍA QUE MÁIS CHE GUSTOU DE UXÍO NOVONEYRA. 29
  • 30