Your SlideShare is downloading. ×
0
A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida” ÍNDICE: · Definición de poesía épica · Características da épica · A poesía ép...
1º.- Definición de poesía épica
To e)/poj  -ouj : narración e)(poj  >  épico
Con que relacionamos en literatura o adxectivo “épico” ? A)  A Celestina B)  O Lazarillo  C)  Rosalía de Castro D)  Poema ...
Entón, que é un poema épico?
Unha composición poética extensa, de carácter narrativo e temática heróica  ou mitolóxica. COMPOSICIÓN EXTENSA NARRA HISTO...
2º.- Características
Emprega unha versificación maxestuosa e lenta; os autores gregos e romanos empregaron fundamentalmente o hexámetro. Narra ...
O primeiro poeta épico con nome propio foi Homero: a  Ilíada  e a  Odisea  exerceron unha enorme influencia na creación e ...
A   poesía épica latina ten certas peculiaridades NON NACE DA POESÍA ORAL: É UNHA IMITACIÓN CULTA DA ÉPICA GREGA. O SEU CA...
3º.- A poesía épica en Roma
Antes de Virxilio Livio Andronico (III a.C.) Escribiu a  Odussia , unha tradución da Odisea de Homero ao latín. Nevio (III...
Despois de Virxilio Ovidio (I d.C.) É o autor das Metamorfoses, un mosaico de historias mitolóxicas que teñen como punto c...
VIRXILIO
70 a.C.  Nace nunha pequena aldea cerca de  Mantua Edúcase en Cremona, Milán e Roma . 48 a.C  Chega a Nápoles, onde pasará...
A grandeza de Virxilio hai que buscala na súa obra... Antes da Eneida, Virxilio escribira dúas obras importantes... 42-39 ...
As  Bucólicas  é unha obra de te- mática pastoril. Nun ambente idí- lico, namorados pastores cantan as súas preocupacións ...
As  Xeórxicas   falan da vida do agricultor, do traballo dos campos. Esta obra está adicada a Mecenas, o poderoso amigo de...
Pero a obra máis coñecida de Virxilio é a Eneida, obra  á que o poeta adicou os dez  últimos anos da súa vida ...
A Eneida fora un encargo que o príncipe Octaviano lle fixera a Virxilio. Cando éste, pouco antes de morrer, pediu que a En...
Quen era Octaviano, e por que estaba tan interesado na redacción e conservación da Eneida?
Durante os últimos setenta anos, Roma vivira un período convulso de guerras civis, intrigas políticas e asesinatos.
Guerra Social Guerra civil e dictadura de Sila Rebelión de Espartaco Guerra civil entre Pompeio e César Bruto e Casio cont...
Finalmente, despois da morte de Marco Antonio e o suicidio de Cleopatra, Octaviano convertérase no amo absoluto da Repúbli...
Para xustificar ante o pobo romano o seu poder absoluto, Octaviano iniciou, coa axuda de Mecenas, unha intensa campaña pro...
Por vontade do Senado, concédeselle o apelativo de “Augusto”.
Os poetas do círculo de Mecenas colaboraron na sacralización da figura de Augusto, o salvador de Roma. O ti, nacido dos bo...
Para reforzar a súa imaxe de novo  Rómulo, Augusto necesitaba un novo poema épico que substituise ao de Ennio e que fose s...
Na  Eneida , Virxilio toma como  protagonista a Eneas,un héroe da antiga guerra de Troia. A elección dese tema permitíalle...
Estrutura e argumento da Eneida Está dividida en 12 libros: - Os seis primeiros narran as viaxes de Eneas ata  chegar ao L...
Libro I: A causa dunha tormenta, as naves de Eneas chegan a Cartago. Alí atopan á raíña Dido. Libros II e III: Durante a c...
Libro VII: Eneas chega ao Lacio. O rei Latino promételle a man da súa filla Lavinia. Turno decláralle a guerra. Libro VIII...
Na Eneida, Virxilio deixa claro que o  destino de Roma estaba escrito desde  antes da súa fundación. Utiliza elementos tra...
Ao converter a Eneas en personaxe central do destino de Roma  favorecía a imaxe de Xulio César e do seu herdeiro, Octavian...
Aínda que Virxilio non puido darlle os retoques finais, a Eneida é unha obra de excepcional calidade literaria. O amor de ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Poesía épica: Virxilio

907

Published on

Introdución á poesía épica e á obra de Virxilio.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
907
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
16
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "Poesía épica: Virxilio"

  1. 1. A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida” ÍNDICE: · Definición de poesía épica · Características da épica · A poesía épica en Roma antes de Virxilio despois de Virxilio Virxilio e a Eneida .
  2. 2. 1º.- Definición de poesía épica
  3. 3. To e)/poj -ouj : narración e)(poj > épico
  4. 4. Con que relacionamos en literatura o adxectivo “épico” ? A) A Celestina B) O Lazarillo C) Rosalía de Castro D) Poema de Mio Çid
  5. 5. Entón, que é un poema épico?
  6. 6. Unha composición poética extensa, de carácter narrativo e temática heróica ou mitolóxica. COMPOSICIÓN EXTENSA NARRA HISTORIAS DE HEROES OU DEUSES EN VERSO
  7. 7. 2º.- Características
  8. 8. Emprega unha versificación maxestuosa e lenta; os autores gregos e romanos empregaron fundamentalmente o hexámetro. Narra as fazañas dos heroes, ou asuntos relacionados coas divinidades. Ten a súa orixe en narracións de carácter oral. Hexametrica : An online introduction to Latin hexameter verse
  9. 9. O primeiro poeta épico con nome propio foi Homero: a Ilíada e a Odisea exerceron unha enorme influencia na creación e desenvolvemento deste xénero literario.
  10. 10. A poesía épica latina ten certas peculiaridades NON NACE DA POESÍA ORAL: É UNHA IMITACIÓN CULTA DA ÉPICA GREGA. O SEU CARÁCTER PATRIÓTICO.
  11. 11. 3º.- A poesía épica en Roma
  12. 12. Antes de Virxilio Livio Andronico (III a.C.) Escribiu a Odussia , unha tradución da Odisea de Homero ao latín. Nevio (III a.C) É o autor do Bellum Poenicum , poema no que narra a victoria dos romanos na 1ª Guerra Púnica. Ennio (III-II a.C) Era considerado como o gran poeta épico romano antes de que Virxilio escribise a súa Eneida. A obra de Ennio titúlase Annales e conta a historia de Roma desde as súas orixes.
  13. 13. Despois de Virxilio Ovidio (I d.C.) É o autor das Metamorfoses, un mosaico de historias mitolóxicas que teñen como punto común o feito de que en todas elas ten lugar unha transformación prodixiosa. Lucano (I d.C) Poetizou na Farsalia a guerra civil na que se enfrontaron Xulio César e Pompeio. Silio Itálico (I d.C) No seu poema titulado Punica narrou as guerras entre romanos e cartaxineses.
  14. 14. VIRXILIO
  15. 15. 70 a.C. Nace nunha pequena aldea cerca de Mantua Edúcase en Cremona, Milán e Roma . 48 a.C Chega a Nápoles, onde pasará boa parte da súa vida. 19 a.C Morre en Bríndise cando regresaba dunha viaxe por Grecia. Foi sepultado en Nápoles. A vida do gran poeta romano non foi moi apaixoante...
  16. 16. A grandeza de Virxilio hai que buscala na súa obra... Antes da Eneida, Virxilio escribira dúas obras importantes... 42-39 a.C. Bucólicas 36-29 a.C. Xeórxicas
  17. 17. As Bucólicas é unha obra de te- mática pastoril. Nun ambente idí- lico, namorados pastores cantan as súas preocupacións e os seus amores.
  18. 18. As Xeórxicas falan da vida do agricultor, do traballo dos campos. Esta obra está adicada a Mecenas, o poderoso amigo de Augusto.
  19. 19. Pero a obra máis coñecida de Virxilio é a Eneida, obra á que o poeta adicou os dez últimos anos da súa vida ...
  20. 20. A Eneida fora un encargo que o príncipe Octaviano lle fixera a Virxilio. Cando éste, pouco antes de morrer, pediu que a Eneida fose destruida, Octaviano impediuno.
  21. 21. Quen era Octaviano, e por que estaba tan interesado na redacción e conservación da Eneida?
  22. 22. Durante os últimos setenta anos, Roma vivira un período convulso de guerras civis, intrigas políticas e asesinatos.
  23. 23. Guerra Social Guerra civil e dictadura de Sila Rebelión de Espartaco Guerra civil entre Pompeio e César Bruto e Casio contra Marco Antonio e Octaviano Octaviano contra Marco Antonio e Cleopatra
  24. 24. Finalmente, despois da morte de Marco Antonio e o suicidio de Cleopatra, Octaviano convertérase no amo absoluto da República Romana.
  25. 25. Para xustificar ante o pobo romano o seu poder absoluto, Octaviano iniciou, coa axuda de Mecenas, unha intensa campaña propagandística destinada á auto-glorificación e a lexitimación do seu reximen . Octaviano necesitaba demostrar que estaba ao frente de Roma por vontade dos deuses, e que tiña a misión sagrada de salvar a República.
  26. 26. Por vontade do Senado, concédeselle o apelativo de “Augusto”.
  27. 27. Os poetas do círculo de Mecenas colaboraron na sacralización da figura de Augusto, o salvador de Roma. O ti, nacido dos bondadosos deuses, eximio protector da liñaxe de Rómulo: estás ausente xa fai demasiado tempo; Volve. Devolve a luz, bo caudillo, á túa patria. (Horacio)
  28. 28. Para reforzar a súa imaxe de novo Rómulo, Augusto necesitaba un novo poema épico que substituise ao de Ennio e que fose símbolo dunha nova Roma que renacía das súas cinsas. Virxilio, que xa era un poeta de éxito, foi o elexido para levar a cabo ese traballo. A Eneida foi o resultado. Durante os últimos dez anos da súa vida, Virxilio adicou todos os seus esforzos a ese proxecto que finalmente non chegou a rematar.
  29. 29. Na Eneida , Virxilio toma como protagonista a Eneas,un héroe da antiga guerra de Troia. A elección dese tema permitíalle presentar o seu poema como unha especie de continuación dos poemas épicos de Homero. Hai que ter en conta que Virxilio non se dirixe só aos romanos, senón a todos os lectores cultos do Imperio, que coñecían ben a Ilíada e a Odisea .
  30. 30. Estrutura e argumento da Eneida Está dividida en 12 libros: - Os seis primeiros narran as viaxes de Eneas ata chegar ao Lacio. - Os seis últimos narran as guerras que Eneas tivo que manter en Italia. Os seis primeiros libros lembran á Odisea, os seis últimos á Ilíada.
  31. 31. Libro I: A causa dunha tormenta, as naves de Eneas chegan a Cartago. Alí atopan á raíña Dido. Libros II e III: Durante a cea, Eneas narra a destrución de Troia e a súa chegada a Cartago. Libro IV: Nunha cacería, Dido e Eneas gorécense da choiva nunha cova. Confésanse o seu amor. Poucos días despois, por mandato dos deuses, Eneas parte de Cartago e Dido suicídase. Libro V: Eneas chega a Sicilia, onde organiza uns xogos en memoria do seu pai Anquises, morto durante a viaxe. Libro VI: Eneas descende ao Hades acompañado pola Sibila de Cumas. Alí, Anquises cóntalle o futuro da súa estirpe.
  32. 32. Libro VII: Eneas chega ao Lacio. O rei Latino promételle a man da súa filla Lavinia. Turno decláralle a guerra. Libro VIII: Alianza de Eneas con Evandro. Vulcano fabrica para Eneas un escudo no que se representa o futuro de Roma. Libros IX, X e XI: Guerra entre Turno e Eneas Libro XII: Eneas mata a Turno.
  33. 33. Na Eneida, Virxilio deixa claro que o destino de Roma estaba escrito desde antes da súa fundación. Utiliza elementos tradicionais como a guerra de Troia e a lenda da chegada de Eneas ao Lacio, pero aporta o uso da profecía para falar do futuro do pobo romano.
  34. 34. Ao converter a Eneas en personaxe central do destino de Roma favorecía a imaxe de Xulio César e do seu herdeiro, Octaviano. a lenda dicía que a gens Iulia descendía de Iulo, o fillo de Eneas.
  35. 35. Aínda que Virxilio non puido darlle os retoques finais, a Eneida é unha obra de excepcional calidade literaria. O amor de Dido, o descenso de Eneas ao Hades ou o relato da destrución de Troia inspiraron a poetas e artistas de todos os tempos.
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×