Ud 0 final juani

358 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
358
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
93
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Ud 0 final juani

  1. 1. UD .0.- A CIENCIA E A SOCIEDADE 0.- Introdución 1.- A ciencia de todos. Ciência e tecnoloxía 2.- O Método científico 3.- A construcción do coñecemento científico 4.- Pseudociencias 5.- Fraudes científicos 6.- Actividades-Repaso 7.- Na Web 8.- Bibliografía
  2. 2. UD 1.- A CIENCIA E A SOCIEDADE0.-INTRODUCIÓN Ao longo da historia, tradicionalmente o coñecemento humano dividiuse endúas áreas: a humanística e a científica. A idea de que “a cultura” está vinculadaunicamente á literatura, á filosofía, á historia, á arte..., fai que a ciencia aparezacoma unha actividade que xera un coñecemento diferente ou illado da cultura.Vivimos nunha sociedade no que non coñecer o nome dos reis Católicos ou deCervantes é un claro reflexo de incultura, mentras que cando alguén o ignora todosobre a Relatividade Xeral, a Mecánica Cuántica, a Xenética ou a teoría daEvolución, simplemente pode dicir “é que eu son de letras” e ninguén o mira raro nino considera un analfabeto. É necesario cambiar esta situación. Un cidadán do século XXI non podeignorar certos coñecementos científicos para opinar e participar en decisiónsimportantes que lle afectan. Vivimos nunha sociedade cada vez máis complexa queprecisa de cidadáns formados no coñecemento científico para poder participar nospróximos retos e tomar importantes decisións sobre o seu futuro. A ciencia moderna iníciase no Renacemento, cando se comenza a superar alimitación que supuxo crer que a verdade estaba exclusivamente nos textosclásicos e nas crenzas relixiosas. Sen embargo, será nos séculos XVIII e XIXcando se desenvolva como forma de coñecer mediante a comprobación de feitos oude datos observados.Actividade 1:Lectura do discurso pronunciado por Stephen Hawking durante o acto de recollidados Premios Príncipe de Asturias de 1989.Resposta e debate sobre as cuestións planteadas sobre o mesmo.1.- A CIENCIA DE TODOS. CIENCIA E TECNOLOXÍA
  3. 3. A ciencia é un esforzo colectivo, non individual, onde o progreso só é posiblepola colaboración e o control da comunidade. Grazas a este esforzo a ciencialíbrase, ás veces con atraso, a acumulación de erros, o fraude e as orientaciónsderivadas do interese particular. Para iso precísase un acceso libre aos resultadose aos datos experimentais (publicacións científicas) e a comprobación do traballo por outros (que este sexa reproducible).1 A ciencia, que se xustifica pola curiosidade, enriquece a nosa vida e, polo ben común, pertence a todos. Aínda que o gran desenvolvemento científico conleva unha grande especialización, é obriga colectiva dos científicos que a visión do mundo que proporciona a ciencia estea ao alcance de todos. Citando a Richard Feynman(1918-1988), premio Noble de Física en 1965: “Se non es capaz de explicarlle á túaavoa en que consiste o teu traballo, en realidade non o entendes nin ti mesmo”. Unha actitude científica, entendida esta como vontade de obxectividade eescepticismo cara ao preestablecido, non só supón un cuestionamento metódico dassusposicións, senón que a mellor maneira de resolver os problemas aos que nosenfronta a vida. Quere isto dicir que non todos podemos ser investigadores, pero atodos os seres humanos nos convén pensar científicamente.2 1.1. ¿Que son a ciencia e a tecnoloxía? A ciencia (do latín scientia, coñecemento) pode definirse como: Conxunto de coñecementos obtidos mediante a observación e o razoamento, sistematicamente estruturados, e dos que se deducen principios e leis xerais.1 En maio de 2005 a revista Science publicou un experimento sobre células nai humanas do científico surcoreano Woo Suk que podía solucionar o problema da diabetes e do Alzhéimer. Axiña foi descuberto o fraude.2 A ignorancia foementa as supersticións. Antes das viaxes de Colón, moitas persoas non se atrevían a realizar viaxes longas polo mar porque pensaban que a Terra era plana e o barco caería ao abismo chegado a un punto .,
  4. 4. A ciencia non procura a verdade pero proporciona xustificacións que tratan deexplicala. A obra científica inflúe na vida das sociedades. Os descubrimentos poden nosó mellorar o nivel de vida das persoas, previr ou curar enfermidades, facilitar astarefas diarias ou facer máis doado o traballo. Ás veces, tamén contribúen averdadeiras revolucións culturais, facendo que a visión do mundo muderadicalmente e a forma de pensar se modifique de xeito importante. A aplicación dos coñecementos, métodos ou instrumentos da ciencia parapropósitos prácticos como os da industria, o comercio, a medicina, etc, da orixe átecnoloxía (do grego tekne, arte, técnica ou oficio e logos, conxunto desaberes) que se define como: Conxunto de coñecementos que permiten construír obxectos e máquinas para adaptar o medio e satisfacer as nosas necesidades. 1.2. Tipos de Ciencias As ciencias poden clasificarse de acordo co obxectivo do seu estudo.Ciencias Obxecto de estudo Exemplos Estudan as formas válidas de inferencia por iso non Lóxica teñen contido concreto, é un contido formal en MatemáticaFormais contraposición ao resto das ciencias fácticas ou empíricas. Baséanse en métodos dedutivos. Astronomía Nelas englóbanse as ciencias naturais que teñen por Bioloxía obxecto o estudo da natureza. Seguen o método FísicaExperimentais científico ou hipotético-dedutivo Xeoloxía Química Psicoloxía Socioloxía Historia Economía Son todas as disciplinas que se ocupan dos aspectos AntropoloxíaSociais do ser humano - cultura e sociedade- . O método Ciencia política depende de cada disciplina particular. Dereito Demografía Traballo social Xeografía humana
  5. 5. As ciencias formais son aquelas que non poden comprobarseexperimentalmente na realidade. Traballan con conceptos abstractos como osnúmeros. As ciencias empíricas si teñen un correlato real no mundo. Nelas, ocoñecemento provén de fenómenos observables e capaces de ser avaliados poroutros investigadores que traballen baixo las mesmas condicións.2.- O MÉTODO CIENTÍFICO Etimoloxicamente método significa “camiño”, o camiño que hai que seguirpara chegar a unha meta que, no caso das ciencias, é o coñecemento da realidadena que vivimos. A maior parte dos científicos en activo aprenderon ainvestigar na práctica, realizando unha tese de doutoramento eparticipando en traballos colectivos, xa que é infrecuente queestuden previamente as cuestións xerais, filosóficas, do métodocientífico. 2.1Fases do método científico I. Observación O primeiro paso do método científico ten lugar cando se fai unha observación a propósito de algún evento ou característica do mundo. Esta observación pode inducir unha pregunta sobre o evento ou característica. Débese recompilar toda a información posible, tanto a obtida directamente da realidade observada como a que proporcionen as fontes de información: internet, revistas, bibliografía... Nas observacións, en moitas ocasións, teñen importancia os avances en métodos de observación. Trala observación procédese a unha detallada descrición do fenómeno.
  6. 6. A observación debe ser reproducible. A repetibilidade da observación dos fenómenos naturais é un requisito fundamental de toda ciencia. II. Formulación de hipóteses Planificación de posibles explicacións das observacións e a súa relación causa-efecto.III. Dedución das consecuencias da hipótese Predicións que se poden deducir da hipótese.IV. Experimentación Comprobación de se as consecuencias da nosa hipótese se cumpren ou non por medio da experimentación controlada. Inténtanse manter todas as variables controladas ou promediadas e trabállase cunha delas. De todos os pasos no método científico é o que verdadeiramente separa a ciencia doutras disciplinas: o Rexistro e Análise de datos: É indispensable a recolección de datos (observacións iniciais, resultados durante e ao final do experimento) en forma organizada, de maneira que sexa posible determinar relacións importantes entre estes, para o cal se empregan táboas, gráficas e, nalgúns casos, debuxos científicos. o Análise de Resultados: Extraer a maior información dos datos recollidos. Sométense a moitos estudos; entre estes en análise estatístico, que consisten en utilizar as matemáticas para determinar a variación dun factor. V. Demostración o refutación das hipóteses Se non existe concordancia entre o que se observa experimentalmente e o que predí a hipótese, esta debe ser rexeitada ou modificada (volveríase a o paso II).
  7. 7. Se son coherentes coa experimentación, a hipótese queda demostrada provisionalmente. Se tras novas comprobacións a hipótese non é refutada enúnciase unha teoría. Se a teoría se consolida con outros experimentos diferentes de diferentes campos fálase de unha lei natural ou científica. VI. Presentación de resultados A ciencia faise para o coñecemento público. Publícase en revistas onde é revisado por expertos independentes que examinan a súa coherencia e calidade e, así, accede ao mundo científico. Sobre estas fases pode haber variacións en distintas disciplinas científicas ouexperimentos concretos: o En certas ciencias non se poden realizar experimentos directamente, só rexistrar datos (vulcanoloxía, astronomía, física teórica...). o En ocasións non fai falta planificar unha hipótese, só proceder á experimentación directamente para coñecer algo.
  8. 8. Actividade 2: APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO: o CUESTIÓN: Que ocorre cando unha candea que arde sobre auga é tapada cun recipiente? o 1º.- Trátase de establecer hipóteses sobre o que vai acontecer. o 2º.- Deseño e realización do experimento. o 3º.- Elaboración dunha explicación do observado experimentalmente baseándose en probas.
  9. 9. Etapas do Método Científico Directa Observación Estudo bibliográfico Formulación Hipótese PrediciónsReplanificación Recollida e análise de datos Experimentación Análise de resultados Refutación da hipótese Validación da hipótese Novos experimentos Teoría Novos coñecementos Lei Publicación
  10. 10. 3.- A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO CIENTÍFICO3.1.- A verdade ou a certeza na ciencia Un dos científicos e filósofos que máis contribuíu a reflexionar sobre a veracidade da ciencia é o austríaco KARL POPPER (1902-1994) quen considera que, ó longo da historia, os erros científicos foron máis que os acertos. Este, cunha intención de asegurar a ciencia máis que de destruíla, considera que todas as hipóteses deben sersometidas a crítica implacable; así, se unha hipótese se desbota por falsa ábreseunha vía para intentar unha alternativa máis probable e, se non se logra demostrarque a hipótese é falsa, considerarase certa aínda que só provisionalmente. SegundoPopper, chega un caso negativo para invalidad unha hipótese, mentras que aacumulación de casos positivos nunca é dabondo , en termos lóxicos, para asegurara súa verdade. A dificultade relaciónase co problema da indución, a imposibilidadelóxica de obter consecuencias xerais a partir de casos particulares.33.2.- A aplicación perversa da ciencia Partindo sempre da importancia decisiva da ciencia e da tecnoloxía para oavance e o benestar da humanidade, cómpre, sen embargo, recoñecer que a historiapresenta tamén aplicacións da ciencia nocivas ou tráxicas para os seres humanos,tanto intencionadas como non intencionadas. Exemplos delo foron e seguen séndooa tecnoloxía empregada nas guerras, a guerra biolóxica, a enerxía nuclerar, ospesticidas, moitos medicamentos, os aerosois... e poden chegar a selo outros comoa manipulación xenética e a clonación humana. Debemos, aínda así, ter presentes as palabras de F. MAYOR ZARAGOZA(ex director xeral da UNESCO –Organización das Nacións Unidas para aEducación, a Ciencia e a Cultura-): “O coñecemento sempre é positivo. Asaplicacións poden ser negativas e incluso perversas”. Un exemplo clásico de indución é o “estudo” da cor dos cisnes. Un investigador anota a cor de todos3 os que vai atopando, todos eles brancos, concluíndo: “A cor dos cisnes é branca”. Ao día seguinte atópase cun cisne negro. Conclusión: trátase dunha teoría de que a súa teoría inicial de que todos os cisnes son brancos é errónea.
  11. 11. Precísase, pois, unha “ciencia con conciencia” que inmunice ós científicos etecnólogos de posicións dogmáticas e lles faga tomar conciencia da súaresponsabilidade social e valorar as potenciais aplicacións perversas dos seusdescubrimentos. Sen embargo, son os políticos e as grandes industrias os quedeciden as liñas de investigación e de aplicación dos descubrimentos, tendo, polotanto, responsabilidade nas aplicacións da ciencia en contra dos intereses sociais. Ao falar de ciencia e ética cómpre recordar que aínda que a AlbertEinstein se lle vinculou nalgún momento coaconstrución da bomba atómica, o papel que xogounese proxecto foi unicamente o de animar, xuntocon outros ceintíficos, ao Goberno dos EstadosUnidos a prepararse para a guerra nuclear,advertíndolle do perigo que supoñía que un paíscomo Alemaña accedera a ese descubrimento. Defeito, como alemán que apoiara causasesquerdistas, non foi autorizado a traballar nunproxecto tan sensible a temas de seguridade, poloque foi honesto cando anos despois declarou: Noncolaborei na construción da bomba atómica; non colaborei en absoluto”. Foi, senembargo, un dos primeiros científicos en poñer en marcha o movemento contra acarreira armamentística e a loucura nuclear.3.3.- Serendipia A serendipia é facultade de facer descubrimentos afortunados einesperados por accidente. Son., polo tanto, descubrimentos serendípicos osdescubrimentos accidentais na ciencia. Exemplos de descubrimentos serendípicos: apenicilina (Fleming), o velcro, o xabón Ivory, os post-its,os copos de trigo e millo (Kellogs)...
  12. 12. En calquera caso, para realizar un descubrimento, o investigador ten queestar preparado e debe ter un profundo coñecemento no campo do haxazgo,ademais da capacidade para “ver o que outros non viron e pensar o que ninguénpensou”. PASTEUR dicía: “Nos campos da observación, a casualidade favorece só asmentes preparadas”.Lecturas sobre o descubrimento dos post-it, dos copos de millo tostado, do xabónde Ivory... en SERENDIPIA.Lectura: “De como un explosivo creou os Premios Nobel, converteuse enmedicamento, en contaminante ambiental e resultou ser un espertador ” en OSDADOS DO RELOXEIROLibros recomendadas:SERENDIPIA. Descubrimientos accidentales en la ciencia Royston M. Roberts Colección Historia de la ciencia Alianza Editorial (2004)OS DADOS DO RELOXEIRO Ciencia amena para mentes inquietas Xurxo Mariño Alfonso Consello da Cultura Galega (2005)4.PSEUDOCIENCIASSe agora mesmo obviáranse os produtos da tecnociencia a civilización humanacolapsaría. Os cidadáns chegamos, polo xeral, a gozar dos dons da ciencia pero senchegar a comprendelos nin a analizalos. As pseudociencias aproveitan este abismoentre ciencia e sociedade para aparecer como ciencias cando realmente non o son. Un exemplo desta percepción da ciencia amósase en moitos anunciospublicitarios, nos cales os anunciantes empregan como gancho do produto unha
  13. 13. terminoloxía científica que, aínda que dificilmente é comprensible para a granmaioría do público, o reviste dunhas cualidades nas que se ten plena confianza. Pseudociencias, termo que etimoloxicamente equivale a "falsas ciencias", sondisciplinas que se aparentemente se revisten do manto da ciencia, non o son enrealidade. O termo "falso" parece indicar, sendo polo xeral certo, unha certaintención de engano consciente: a cotío inténtase tal disfraz co interese de darunha respetabilidade que posúen os produtos da ciencia, e abusar do prestixiocientífico á hora de acalar as posibles críticas. As características que axudan a recoñecer ás pseudociencias son: o Non aplican unha metodoloxía de carácter científico. o Son dogmáticas. Os seus principios están planificados en termos tales que non admiten refutación, a diferenza das ciencias, onde as condicións de refutación das hipóteses ou teorías están determinadas con precisión. o Proclaman teorías para as que non aportan probas empíricas, que a cotío contradín abertamente resultados experimentais coñecidos e aceptados polas ciencias ben establecidas. o Son inmutables. Ao non ter bases experimentais, non cambian incluso ante novos descubrimentos. o Utilizan linguaxe científico pero só en aparencia, descoñecendo ou malinterpretando o seu significado. o Non cumpren a estratexia da navalla de Occam (tamén coñecido como principio de parsimonia), que é un método de construción lóxica segundo o cal en igualdade de condicións a explicación máis sinxela é probablemente a correcta. o No buscan leis xerais. o Descualifican as críticas por parte das ciencias, a cotío, utilizando falacias ad hominem, aducindo conspiracións ou proclamándose obxecto de persecución cando os seus plantexamentos son rebatidos.
  14. 14. o Invocan entes inmateriais ou sobrenaturais inaccesibles á investigación empírica, tales como forza vital, creación divina, inconsciente metafísico, necesidade histórica, etc. o Proclaman e esixen que se recoñeza o seu carácter científico, pero só ante o público xeral, renunciando a poñer a proba as súas explicacións ante a comunidade científica establecida. O feito de reclamar estatus científico as diferenza doutras actividades como as relixións.Algunhas pseudociencias son: o Astroloxía: Adiviñación polas constelacións da eclíptica solar. o Astropsicoloxía: Psicoterapia por medio da Astroloxía. o Alienoloxía: Estudo dos extraterrestres ou Aliens. o Ciencia Anxélica: Estudo "sistemático" dos anxos. o Ciencia Piramidal: Coñecemento "sistemático" da maxia. o Cirurxía Psíquica: Cirurxías realizadas por medio da mente. o Homeopatía: Curación por medio de factores emanados pola mesma enfermidade. o Iridoloxía: Adiviñación das enfermidades pola lectura do iris dos ollos. o Magnetoterapia: Curación por imáns. o Medicina Holística: Curación por medio do equilibrio coa enerxía universal. o Naturismo: Curación por medio dos catro "elementos" naturais. o Penduloxía: Adiviñación e diagnóstico por péndulos. o Parapsicoloxía: Estudo de fenómenos paranormais, como fantasmas, etc. o Psicoenerxética: Estudo e manipulación da enerxía mental. o Psicotrónica: Manipulación das ondas cerebrais para telekinesis, profecía, etc. o Quiromancia: Adiviñación pola lectura das liñas da man. o Telekinesia: Comunicación e visualizacións a distancia por medio da mente.
  15. 15. o Toque Terapéutico: Curación por medio das mans, ou imposición das mans. o Ufoloxía: Estudo das naves espaciais extraterrestres.Libro recomendado:HISTORIAS CURIOSAS DE LA CIENCIACyril AydonSwing (2008)5.- FRAUDES CIENTÍFICOS Sexa para fuxir da mediocridade ou ben para salvar dificultades coa fin depoder deixar a súa contribución científica –como é o caso de Galileo ou Newton-, oscientíficos engañaron desde sempre, se ben na época moderna, desde que a cienciapasou de vocación a profesión, é frecuente que o motor para facelo sexan oscartos, en forma de financiación ou de cobro de patentes. Sen embargo, é importante, tamén, dicir que a ciencia soe ter mecanismospara corrixir os seus propios erros e que a gran maioría dos científicos son persoasde extraordinaria nobreza., comprometidos co seu labor, polo que reciben conmoita dor as noticias de fraudes e manipulacións científicas. De feito, afalsificación de datos considérase tan aborrecible que moitos profesionaissíntense ofendidos cando se enteran dun suceso de tal naturaza, incluso candoafecta a un campo de estudo alleo. Hoxe, o coñecido como a farsa do home de Piltdown, considérase como omaior fraude científico do século XX.Lectura:“La farsa de Piltdown” de LAS MENTIRAS DE LACIENCIA de Dan Agin. Cuadro pintado por John Cooke no 1915, conmemorativo do descubrimento do home de Piltdown.
  16. 16. Libros recomendados:LAS MENTIRAS DE LA CIENCIA Federico di Trocchio Alianza EditorialLAS MENTIRAS DE LA CIENCIA Dan Agin Edicións Robinbook. Barcelona (2009)6.- ACTIVIDADES-REPASO1.- Explica cun exemplo como pode influir a ciencia na sociedade.2.- Razona se os descubrimentos científicos poden ou non considerarse verdades absolutas.3.- En ocasións usamos a frase “demostrado cientificamente” en referencia a unha afirmación. Pódese asumir como certa? Razóao4.- Supoñamos que se produce un fenómeno que contradice unha lei científica recoñecida como certa. Que deben facer os científicos?5.- Cita un exemplo no que as correntes de pensamento (filosofía, relixión…) influíran de forma determinante no coñecemento científico.6.- Cando se produce un descubrimento científico, a actitude máis común é rexeitar unha hipótese nova a favor dunha xa aceptada. Como cres que inflúe esta actitude no avance da ciencia?7.- NA WEB http://historiadelaciencia.idoneos.com Páxina que permite realizar un recorrido polas teorías sobre as que se foiconfigurando o saber científico a través dos séculos e polas persoas que odesenvolveron. Aparecen bos enlaces. O seu contido preséntase só en inglés.8.- BIBLIOGRAFÍA
  17. 17. - Libros de texto par a materia Ciencias para o mundo contemporáneo de 1º de Bacharelato das editoriais Anaya, Rodeira, Pearson Educación, SM, Santillana, Vivens-Vives, Xerais e Oxford.- Libros recomendados ao longo da Unidade Didáctica.

×