G UÍ A D I DÁ C T I C A P R I M A R I A

240 views
186 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
240
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

G UÍ A D I DÁ C T I C A P R I M A R I A

  1. 1. GUÍA DIDÁCTICAEDUCACIÓN PRIMARIA VISITAS AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA www.sogama.es
  2. 2. ÍNDICEINTRODUCIÓN PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS 3 A QUEN VAI DIRIXIDA 3 METODOLOXÍA 4 SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4 AVALIACIÓN 4CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS 5 MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS EN GALICIA 6 MODELO SOGAMA 7 COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 8 MATERIAIS E RECURSOS 8ACTIVIDADES ACTIVIDADE 1 9 ACTIVIDADE 2 9 ACTIVIDADE 3 10GLOSARIO DE TERMOS 11RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 12 www.sogama.es
  3. 3. INTRODUCIÓN PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia dos “tres erres” (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental. A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos producidos en Galicia. A finalidade básica da guía é dar unha A QUEN VAI DIRIXIDA formación previa aos escolares antes da súa visita a SOGAMA, tanto no relativo á xestión Os contidos da guía están dirixidos aos dos residuos urbanos como no funcionamento alumnos do terceiro ciclo de Educación do Complexo Medioambiental de Cerceda. Primaria, aínda que é facilmente adaptable e aproveitable para un nivel de segundo ciclo de Os obxectivos específicos desta guía didáctica primaria. son os seguintes: A guía ofrece ao equipo docente material para a formación básica do alumnado, tanto en - Contribuír ao coñecemento e sensibilización do conceptos xerais de residuos como na xestión alumnado en materia de residuos. dos mesmos acometida en SOGAMA. Débese ter en conta que esta guía didáctica e a - Orientar aos nenos e nenas cara a actitudes temática que aborda, dado o seu carácter persoais más positivas e correctas no referente á transversal, pode ser tratada en calquera área do currículo formativo, polo que sería xestión dos residuos. interesante a implicación por parte de todo o profesorado. - Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o É importante tamén mencionar que a traballo que nelas se realiza. formación en canto á axeitada xestión de residuos non é unha cuestión específica da - Concienciar ao alumnado da importancia da recollida escola, polo que a información e a contribución no ámbito familiar será de gran apoio para que selectiva e fomentar os hábitos de selección de os escolares interioricen boas prácticas residuos en orixe e depósito correcto nos diferentes medioambientais. colectores. www.sogama.es
  4. 4. INTRODUCIÓN SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN A guía didáctica presenta unha sinxela estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, modelos de xestión de residuos existentes en Galicia e operativa do Complexo Medioambiental de Cerceda. A primeira etapa, de lectura comprensiva, levarase a cabo no horario dunha clase (50 minutos); realizándose a segunda etapa no tempo equivalente a outra clase (50 minutos). AVALIACIÓN A través das actividades propostas o METODOLOXÍA profesorado poderá avaliar os coñecementos cos que contan os alumnos en materia de A presente guía está deseñada e enfocada xestión e tratamento de residuos nas para a formación previa do alumnado antes da instalacións de SOGAMA. visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación. A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento a estas instalacións. A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada. www.sogama.es
  5. 5. INTRODUCIÓN CONCEPTOS BÁSICOS O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “tres erres”: Un residuo é “calquera substancia ou obxecto do que o seu posuidor se desprenda ou teña a - REDUCIR: a redución radica en cambiar a intención ou obriga de desprenderse”. conduta cotiá para xerar unha menor cantidade de residuos. Debemos Existen varias tipoloxías de residuos, entre os que se atopan os residuos urbanos, que son adoptar hábitos de “non desperdicio”, “aqueles xerados nos domicilios particulares, incrementar o emprego de envases comercios, oficinas e servizos, así como todos retornables, rexeitar as bolsas da aqueles que non teñan a cualificación de compra, evitar produtos de perigosos e que, pola súa natureza ou usar e tirar... composición, sexan asimilables aos producidos nos anteriores lugares ou actividades”. - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando Entre os residuos urbanos distínguense dous grupos: darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos 1- Residuos orgánicos ou biodegradables: que poden ser empregados por outras Os residuos orgánicos pódense descompoñer persoas (libros, roupa...) e outros teñen pola acción natural de organismos vivos como usos alternativos (botellas, tarros, caixas lombrigas, fungos e bacterias, principalmente. de cartón...), o que supón empregalas Cabe citar entre outros: follas, ramas, residuos da fabricación de alimentos no fogar. para usos non previstos nun primeiro momento. 2- Residuos inorgánicos ou non degradables: Son aqueles residuos que non poden ser - RECICLAR: a reciclaxe é o aproveitamento dos degradados naturalmente ou, se isto é posible, materiais contidos nos residuos para sofren unha descomposición demasiado lenta. elaborar novos produtos, o que Como exemplos destes residuos pódense citar contribúe á preservación dos metais, plásticos, vidro. recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á reciclaxe dos residuos urbanos acumulación e eliminación dos residuos, para precisa da colaboración dos cidadáns deter e cambiar a tendencia crecente dos nos sistemas de recollida selectiva. últimos anos, caracterizada pola excesiva produción dos mesmos. Sogama engade un cuarto “R”, que é a recuperación enerxética. Ou sexa, o aproveitamento da enerxía liberada pola combustión controlada dos residuos non reciclables para producir electricidade. Planta Termoeléctrica www.sogama.es
  6. 6. CONTIDOS MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS EN GALICIA En Galicia existen varios modelos de xestión de residuos: 1· Modelo SOGAMA. Supón a recollida 2· Modelo Nostián. Contempla a recollida diferenciada dos envases lixeiros e da fracción diferenciada da fracción orgánica e da fracción resto. Os envases lixeiros sepáranse para inorgánica, incluíndose nesta última os enviar aos centros recicladores e os residuos envases lixeiros. que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica (recuperación 3· Modelo Lousame. Tamén recollen de forma enerxética). A meirande parte dos concellos diferenciada a fracción orgánica e a fracción galegos participan neste modelo SOGAMA, en inorgánica. concreto 294. 1· Modelo SOGAMA 2· Modelo Nostián 3· Modelo Lousame www.sogama.es
  7. 7. CONTIDOS MODELO SOGAMA Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva: COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO ENVASES DE VIDRO Sen tapóns, cortizas ou tapas - Botellas de vidro Non depositar lámpadas, espellos, - Tarros e frascos de vidro cristais de ventás, louza ou vasos Colector vidro PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón Sen bolsas de plástico - Bolsas de papel Sen papeis ou cartóns sucios - Papel de envolver limpo Sen grapas, espirais... - Follas, xornais, revistas, cadernos. Colector papel/cartón ENVASES LIXEIROS Non depositar residuos que non sexan - Botellas e botes de plástico envases (bolígrafos, xoguetes...) - Envoltorios de plástico ou aluminio nin envases de residuos industriais, - Latas de conserva e bebida hospitalarios ou perigosos (botes de - Briks de zume, leite. pintura, medicamentos, latas de - Bandexas de porexpan ou cortiza branca aceites de coche.) Colector amarelo RESTO - Residuos orgánicos Non depositar materiais que dispoñen - Cueiros, compresas ou papeis sucios dun proceso de recollida selectiva - Outros residuos sen un proceso nin residuos voluminosos de recollida selectiva Colector xenérico Os residuos que os cidadáns depositan nos Os residuos dos colectores amarelos e colectores son recollidos de xeito separado xenéricos (habitualmente de cor verde) lévanse polos concellos ou empresas encargadas, ás plantas de transferencia, onde se trasladan levando os envases de vidro e o papel e cartón a colectores de maior capacidade para directamente ás distintas plantas de desprazalos ao Complexo Medioambiental de tratamento. Cerceda. www.sogama.es
  8. 8. CONTIDOS COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA Entre outras instalacións, o Complexo · Unha Planta de Elaboración de Combustible, Medioambiental de SOGAMA en Cerceda conta onde se reciben os residuos depositados nos con: colectores xenéricos. Aquí, tras separar mecánicamente o aceiro e o aluminio, que son · Unha Planta de Clasificación de Envases remitidos aos centros recicladores, prepárase Lixeiros, onde se reciben os residuos o combustible coa parte non reciclable. depositados nos colectores amarelos. Aquí sepáranse e clasifícanse os distintos tipos de · Unha Planta Termoeléctrica, na que se envases de plástico, latas e briks (bolsa aproveita o combustible derivado de residuos amarela) para empaquetalos de forma para xerar enerxía eléctrica coa que se pode separada e envialos aos correspondentes abastecer 100.000 vivendas (unha cidade de centros recicladores. tipo medio). MATERIAIS E RECURSOS Nos seguintes enlaces pódese ampliar a información tratada na presente guía: www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es/ www.ecopilas.es www.ecoembes.com www.ecovidrio.com www.marm.es/ www.sigre.es Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión. Apúntate aquí. www.sogama.es
  9. 9. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 1 Nome da actividade: En grupos que establecerá o voso mestre realiza a Comprobación dos residuos xerados no patio comprobación visual durante uns quince minutos dos residuos existentes no patio antes e despois da hora Lugar de realización: do recreo. Patio do colexio Explicación da actividade: A seguinte táboa recolle os residuos que normalmente ¿Pensaches algunha vez na cantidade de residuos que se producen na escola. Anota nela os residuos que xeras ó día? Mediante a realización desta actividade detectaches tanto dentro como fóra da papeleira. tes a oportunidade de observar o que podes chegar a Finalmente fai unha suma da cantidade total de xerar na hora do recreo. residuos. ANTES DO RECREO DESPÓIS DO RECREO Dentro da Fóra da Cantidade Dentro da Fóra da Cantidade papeleira papeleira Total papeleira papeleira Total Envoltorios de plástico Botellas de plástico Papel e cartón Briks Papel de aluminio Restos de comidas Outros: TOTAL ACTIVIDADE 2 Nome da actividade: Explicación da actividade: Redacción sobre os residuos e a súa xestión En media hora fai unha redacción sobre o que aprendiches sobre os residuos: ¿que son os Lugar de realización: residuos?, ¿como se clasifican?, ¿que se fai con eles?, Aula ¿que é SOGAMA?, ¿como ensinarías á xente sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar? Expón aqueles aspectos que che resulten de interese en canto a este tema. www.sogama.es
  10. 10. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 3 Nome da actividade: De seguido móstranse unha serie de afirmacións. Verdadeiro ou falso Algunhas son verdadeiras (V) e outras falsas (F). En quince minutos le con detemento cada unha das Lugar de realización: frases e a continuación marca a opción que Aula consideres oportuna. Explicación da actividade: Cando remates de cubrir a táboa debatide na clase o Mediante a realización desta actividade poderás exercicio. O voso mestre actuará como moderador. comprobar se tes claro o que debes facer cos residuos. V F O papel deposítase no colector verde As latas, envases de plástico e briks deben depositarse no colector amarelo A pel da laranxa deposítase no colector azul No iglú verde deposítanse as lámpadas Un xoguete de plástico debe de ir ao colector verde Tódolos concellos de Galicia levan os seus residuos a SOGAMA Cando comes unha pizza, a caixa debe de ir ao colector azul Un vaso debe de ir ao colector xenérico Reutilizar é aproveitar os materiais dos residuos para elaborar novos produtos Reutilizar consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo A Planta de Clasificación de Envases Lixeiros recibe os residuos do colector amarelo Na Planta Termoeléctrica xérase enerxía eléctrica www.sogama.es
  11. 11. GLOSARIO DE TERMOS · Recollida selectiva: Sistema de recollida separada dun determinado tipo de residuos susceptibles de reciclar ou valorizar independentemente do resto. · Retornable: Que se pode volver a levar ao sitio de onde saíu. · Tratamento de residuos: Operación ou conxunto de operacións de cambio das características físicas, químicas ou biolóxicas dun residuo para reducir ou neutralizar as sustancias perigosas que conteñen, recuperar materias ou sustancias valorizables, facilitar o uso como fonte de · Biodegradable: enerxía ou favorecer a súa eliminación. Que pode ser descomposto polas bacterias e · Valorización: outros organismos da natureza. Considérase o procedemento que permite o · Colector: aproveitamento dos recursos contidos nos Recipiente de metal ou plástico disposto para o residuos sen poñer en perigo a saúde urbana e depósito de residuos e a súa recollida. sen empregar métodos que poidan causar dano ao medio ambiente. · Hábito: Acción que se realiza de xeito regular e por · Vertedoiro: costume, normalmente pola frecuente Lugar final de disposición dos residuos, ó cal repetición da mesma. só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados. · Materiais férricos e materiais alumínicos: Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio · Xestión de residuos: constitúen o seu elemento principal, podendo Conxunto de operacións encamiñadas a dar presentar ademais outros elementos. aos residuos xerados o destino global máis adecuado ambientalmente. Comprende as · Materia orgánica: operacións de depósito previo, recollida, En relación cos residuos, restos de alimentos transporte, almacenamento temporal, de orixe animal ou vexetal facilmente aproveitamento, valorización e eliminación. fermentables e susceptibles de compostar. · Compostaxe: Proceso biolóxico no que os microorganismos, baixo condicións controladas, descompoñen e transforman a materia orgánica biodegradable no compost. · Medio ambiente: Conxunto de circunstancias físicas, culturais, económicas e sociais nas que vive unha persoa ou unha poboación. www.sogama.es
  12. 12. RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA Para os rapaces: Para os adultos (a maiores das indicadas para os rapaces): · Traede calzado pechado, senón non poderiades entrar en ningunha instalación. · Aparcar o autobús fronte ás oficinas do Complexo, sen molestar ao tránsito doutros · Apagade os móbiles, pódense deteriorar. vehículos. O autobús non pode circular a máis · No percorrido polas instalacións non podedes de 30 km/h no recinto do Complexo. comer, nin beber. · Non está permitido fumar na visita ás · Seguide en todo momento as instrucións dos instalacións. guías de Sogama. · En caso de que algunha persoa portase · Daránsevos medidas de protección, que tedes marcapasos e/ou aparatos similares, que empregar e devolver en bo estado. Nas comunicarase á guía da visita antes do inicio instalacións é obrigatorio o uso de casco e desta. chaleco, agás dentro do autobús. · Se no percorrido vos perdedes do Grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes. · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo. · Non tocar nin se aproximar a equipos e vehículos en movemento · Non se situar baixo cargas suspendidas. www.sogama.es

×