• Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
614
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
6
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Bloque 3.2. A transición do Antigo Réxime á España Contemporánea HISTORIA DE ESPAÑA: ANTIGO RÉXIME E A MONARQUÍA BORBÓNICA. O DESPOTISMO ILUSTRADO. (S.XVIII) Departamento de Historia
  • 2. Antigo Réxime  Podería definirse como o conxunto de rasgos políticos, xurídicos, sociais e económicos que caracterizaron a Europa e ás súas colonias durante os Séculos XVII e XVIII.  O termo o empregaron por vez primeira os revolucionarios franceses para designar despectivamente a estructura política e social do seu país.  Posteriormente utilizouse para designar a realidade política e institucional doutros estados Departamento de Historia
  • 3. Características básicas do vello sistema  UNHA ECONOMÍA AGRARIA  UNHA DEMOGRAFÍA ANTIGUA  UNHA ESTRUCTURA SOCIAL ESTAMENTAL  UNHA FORMA DE GOBERNO ABSOLUTISTA Departamento de Historia
  • 4. CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME ECONOMÍA DE BASE AGRARIA: - Agricultura = actividade fundamental. - Artesanía e comercio secundarios. - 2 tipos de actividades: A TERRA. Actividades agrícolas e gandeiras = principal fonte de riqueza de case toda a poboación. Trazos:  Subsistencia: destinadas só a necesidades básicas dos campesiños (alimentación e rendas).  Excedentes agrarios  propietarios das terras. Non aproveitados para innovacións.  Técnicas e apeiros rudimentarios (rotacións bienais e trienais e barbeito)  rendementos baixos  subsistencia  baixo nivel de vida dos campesiños. Departamento de Historia
  • 5.  Propiedade da terra: a estrutura da propiedade é de carácter señorial, baseada en grandes propiedade, a maior parte delas en mans dunha minoría de privilexiados (nobres e clero) ou dos concellos (comunais e mans mortas = inalienables, non se podían vender). Os propietarios arréndanas a cultivadores mediante contratos: a) Curta duración (sur). b) Longa duración (ex: Galicia) = foros = contrato de longa duración polo que se cede un ben a cambio de obrigas (renda, coidala…)  sistema complexo (subforos).  Os propietarios perciben rendas de carácter feudal procedentes dunha inxente masa de campesiños. Departamento de Historia
  • 6. A ARTESANÍA Qué? Talleres gremiais, reglamentación prezos, salarios, produción Cómo? Para qué? Escaso Consumo local de desenvolvemento Produtos básicos Ou luxo para Artesanía. tecnolóxico agás Cataluña co privilexiados textil de algodón Caso especial: Galicia: Domestic System =Campesiños no lecer como actividade complementaria Departamento de Historia
  • 7. COMERCIO Comercio Exterior: Interior: Intercambios con colonias americanas Escaso e pouco articulado por en monopolio España = intermediaria entre Indias e extranxeiro = malas comunicacións e Único mercado para produtos españois  fonte principal de autosuficiencia dos ingresos do Estado prosperidade de campesiños burguesía das cidades costeiras Departamento de Historia
  • 8. Escaso desenvolvemento urbano  A aldea é o centro de organización e produción. Son escasas as cidades de máis de 50.000 habitantes.  Soamente nalgún país (Inglaterra) comeza unha emigración campo-cidade que repercutirá nun desenvolvemento sen precedentes do urbanismo Departamento de Historia
  • 9. Unha demografía antiga Fraxil equilibrio entre poboación e Réxime demográfico recursos • Os escasos rendimentos agrícolas e antigo = altas taxas de a irregularidade das colleitas natalidade (40‰ desencadean reiteradas crises de mortalidade (35‰)  subsistencias que desembocan en hambrunas e predispoñen á crecimento escaso con extensión das epidemias crises de mortalidade por guerras, crises alimentarias (subsistencias) por malas colleitas e epidemias (peste, viruela, gripe…). Departamento de Historia
  • 10. O Antigo Réxime: réxime demográfico antigo Crecemento lento da poboación epide alta taxa de natalidade alta taxa de mortalidade mias Crise demográfica do século XVII guerr as fame Departamento de Historia
  • 11. Testemuñas directas A nosa familia non cesaba de aumentar e o berce estaba constantemente ocupada, aínda que, ¡ai¡, a man estranguladora da morte arrincounos dela a algún dos seus pequenos ocupantes. Houbo tempos, teño que confesalo, en que me parecía cruel levar fillos no ventre para perdelos logo e ter que enterrar amor e esperanzas nas súas pequenas tumbas (...). A maior das miñas fillas, Cristina Sofía, non viviu mais que ata a idade de tres anos, e tamén o meu segundo fillo, Christian Gottlieb, morreu á máis tenra idade. Ernesto Andrés non viviu máis que uns poucos días máis, e a nena que lle seguiu, Regina Juana, tampouco chegara ao seu quinto aniversario cando deixou este mundo. Cristina Benedicta, que viu a luz un día despois que o do Neno de Belén, non puido resistir o cru inverno e deixounos antes de que o novo ano chegase ao seu cuarto día (...) Cristina Dorotea non viviu máis que un ano e un verán, e Juan Augusto non viu a luz máis que durante tres días. Así perdemos sete dos nosos trece fillos, (...) bondadosas mulleres da vecindad trataban de consolarme diciendome que o destino de todas as nais é traer fillos a este mundo para perdelos logo, e que podía considerarme feliz se chegaba a criar a metade dos que dese a luz. A pequena crónica de Ana Magdalena Bach Departamento de Historia
  • 12. Outra testemuña Extendiouse tanto en Barcelona a peste que non houbo rúa curta e pequena que fose na cal aquela non penetrase. E a penas houbo casa secular habitada na que non enfermase alguén. Poucas veces viuse pestilencia de contaxio, que fixese tanto dano a unha cidade como esta fixo a Barcelona. Ao principio, os médicos, non acertaban na curación porque sangraban e facían gardar dieta, e non remediaban nin o gran nin a vértula. Despois, a costa de moitos que morreron, comezaron acertar o tratamento non sangrando e dándolles caldo de galiña ou pollo cada dúas ou tres horas, alternando con cordial ou tríaca con auga escozonera. Os ciruxáns aplicaban aos grans medicamentos para matalos e ás vértulas aplicábanlles ventosas para facelas saír ao exterior e logo as maduraban con emplastes e se non se abrían por si mesmas, abríanas con lanceta ou cauterio de lume. Aplicaban tamén aceites á cabeza dos pacientes para evitar que estes volvésense frenéticos e pítimas ao corazón e outros medicamentos, así, con bo concerto e orde, curaron a moitos e era tan fácil curar que moitos homes e mulleres que serviran aos apestados sabían moi ben curar. Durou a peste en Barcelona case por espazo de oito meses, isto é desde xuño ata principios de marzo (?). O número de mortos de peste en Barcelona, conforme ao catálogo que eu vin, que foi remitido ao rei don Felipe que estaba en Madrid de parte do señor bispo e dos consellers de Barcelona, ascendeu a 10.723. E así aínda que dos meses de xuño, xullo e agosto enviouse relación á súa Maxestade, non foi tan segura nin rigorosa como a dos meses seguintes. Polo cal pódese calcular que o número total de mortos de pestilencia en Barcelona sería de 12.000 a 13.000 persoas máis ou menos. Esta é a verdadeira e fiel relación da predicha pestilencia de Barcelona, a cal eu puiden escribir como testemuño de vista por estar presente e ver todo o seu discurso. Relato de Père Gil sobre a epidemia de peste sufrida en Barcelona en 1589. Departamento de Historia
  • 13. Unha estrutura social estamental  Articulada en estamentos . Un estamento correspóndese cun estrato social ou grupo social, definido por un común estilo de vida e análoga función. É de carácter impermeable.  Cada membro da sociedade pertence a un estamento. Este négalle ou concédelle privilexios, é dicir, a exención de obrigacións ou o dereito a vantaxes exclusivas. Ó estamento privilexiado accédese (salvo o clero) por nacemento ou por concesión especial do monarca, derivada, entre outras cousas, pola venda de títulos.  A ríxida sociedade estamental entra en crise a raíz dos cambios producidos ó longo do S.XVIII (Rev. Francesa), abrindo paso á sociedade capitalista. Departamento de Historia
  • 14. SOCIEDADE: - Estamental  en estamentos (categorías según a súa función social)  privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiados (terceiro estado = campesiños, burgueses, pobres…). Dentro de cada un diferencias en función da riqueza. - Privilexiados viven das rendas e excedentes agrarios. Son escasamente investidores  vida comoda e ociosa. - Igrexa goza de gran riqueza (terras, rentas, dezmos), honores e privilexios  gran atractivo para clases acomodadas. - Polo tanto sociedade pouco dinámica  moi difícil cambiar de estamento, aunque ás veces nobreza e clero estableceron alianzas mediante matrimonios  beneficios mútuos. Departamento de Historia
  • 15. A preminencia da nobreza “En España, o que ten orixe nobre, toda a súa descendencia é nobre, por máis pobre e lacazán que sexa; como, ao contrario, o labrador e máis o artesán, por máis riquezas que adquirisen co seu trafico ou industria, en beneficio e vantaxes do Estado, se non se lle concede tal privilexio polo rei. De aquí provén que o mercador e artesán que chegou a se facer rico, se enche de vaidade e abandona o comercio e máis as artes e procura aplicar os seus fillos aos empregos que teñen por honrosos; e non doutra causa nace tanto número de frades, avogados, escribáns, procuradores, axentes e outras persoas de sobras”. Eugenio Larruga: Memorias, 1781 Departamento de Historia
  • 16. O Réxime Señorial Ten a súa orixe no medievo  todas as terras e persoas están sometidas a un señor (rei, nobres ou clérigos e mosteiros). - No señorío, o señor:  Imparte xustiza e aplica penas.  Nomea a cargos.  Cobra impostos (rentas) e corveas (traballos gratuitos).  Privilexios (caza, forno,…). Departamento de Historia
  • 17. A CULTURA ANALFABETISMO E RELIXIOSIDADE. - Maior parte da poboación analfabeta, débido a que educación estaba reservada a grupos acomodados  só unha pequena maioría chegaba á universidade. - Sociedade analfabeta e profundamente relixiosa e supersticiosa. - Intolerancia relixiosa moi acusada  Inquisición controla dogma e persigue desviacións do dogma (herexes, xudaizantes…) ou da moral (homosexualidade, bigamia, bestialismo, bruxería…) directamente ou mediante control cultural (Índice de libros prohibidos). Departamento de Historia
  • 18. Un goberno absolutista MONARQUÍA ABSOLUTA. - Soberanía real = poder reside no rei. A exerce sen limitacións por lexitimación divina (a recibe de Deus). - A pesar deste poder absoluto subsistiu en España certa diversidade  con privilexios de territorios (= fueros  Coroa de Aragón, provincias vascas, Navarra) como de persoas (poder señorial  nobres e clero). Departamento de Historia
  • 19. "É só na miña persoa onde reside o poder soberano, cuxo carácter propio é o espírito de consello, de xustiza e de razón; é a min a quen deben os meus cortesáns a súa existencia e a súa autoridade; a plenitude da súa autoridade que eles non exercen máis que no meu nome reside sempre en min e non pode volverse nunca contra min; só a min pertence o poder legislativo sen dependencia e sen división; é pola miña autoridade que os oficiais da miña Corte proceden non á formación, senón ao rexistro, á publicación e á ejecución da lei; a orde pública emana de min, e os dereitos e os intereses da Nación, dos que se adoita facer un corpo separado do Monarca, están unidos necesariamente ao meu e non descansan máis que nas miñas mans." Discurso de Luís XV ao Parlamento de París o 3 de marzo de 1766. Departamento de Historia
  • 20. Departamento de Historia
  • 21. Thomas Hobbes, Leviatán (1651)  Defende que o “home é un lobo para o home” e que o estado natural é o “dunha guerra de todos contra todos”. Para conseguir paz e orde social é imprescindible que cada individuo renuncie a todos os seus dereitos a prol dun soberano absoluto, fonte de todo poder e árbitro nas contendas entre particulares. Departamento de Historia
  • 22. Os instrumentos do absolutismo monárquico  Os consellos de goberno  O exército  A burocracia  A diplomacia Departamento de Historia
  • 23. A oposición ó absolutismo  Esta fórmula de goberno atopou resistencia esencialmente nos defensores dos privilexios feudais, ostentados pola nobreza e o clero, que herdaran da época medieval  Mediante o “Despotismo Ilustrado” os reis buscarán destruír esa oposición e atraérense a outros sectores sociais. Departamento de Historia
  • 24. En resumo (…) Departamento de Historia
  • 25. ANTIGO RÉXIME REVOLUCIÓN Economía INDUSTRIAL LIBERALISMO ECONÓMICO Cambios propiedade da terra • Débil productividade AGRICULTURA Agricultura • Sen innovación REVOLUCIÓN • Nuevas técnicas intensiva SUBSISTENCIA • Autosuficiencia AGRÍCOLA • especialización Máquina de Fontes de vapor enerxía Cambios • Gremios tecnolóxicos INDUSTRIA • Sen Competencia INDUSTRIA • Non progreso técnico Algodón – Máquinas SISTEMA DOMÉSTICO Siderurgia - Ferrocarril • Mercantilismo Transportes COMERCIO • Sen innovación Barco de COMERCIO • Proteccionista vapor Departamento de Historia
  • 26. ANTIGO RÉXIME LIBERALISMO Sociedade estamental Sociedade de clases IGUALDADE XURÍDICA Desigualdade DESIGUALDAD EECONÓMICA ESTAMENTOS CLASE SOCIAL Diferente situación legal Diferente grao de riqueza Riqueza (mérito) Nacemento (non mérito) RICOS POBRES Privilexiados Non privilexiados Nobreza clero Burguesía Obreiros Campesiños CLERO NOBLEZA BURGUESÍA MENESTRAIS Departamento de Historia
  • 27. OS BORBÓNS NO S.XVIII - Morte sen descendencia do último Habsburgo  Guerra de Sucesión ao trono de España  victoria Filipe de Borbón  inicio nova dinastía = Borbóns  representantes no S. XVIII:  Filipe V (1701-1746)  Luis I (1724)  Fernando VI (1746-1759)  Carlos III (1759-1788)  Carlos IV (1788-1808) Departamento de Historia
  • 28. FELIPE V (1701-1746) - Testamento Carlos II  nomeamento de Felipe de Borbón co como rei da Monarquía Hispánica  non aceptado polos Habsburgo de Austria  Guerra de Sucesión (1701-13) entre dous candidatos:  Felipe de Borbón: apoiado pola Francia de Luis XIV (potencia hexemónica de Europa).  Carlos de Austria: apoiado por coalición antifrancesa (Austria, Inglaterra, Holanda, Prusia, Portugal, príncipes alemáns e italianos) temerosos de unión Francia-España. - A división chegou tamén ao interior da Monarquía Hispánica  Coroa de Castela, provincias vascas e Navarra: apoio a Felipe.  Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia, Mallorca): apoio a Carlos de Austria, debido ás ansias centralizadoras dos Borbóns. - Enfrontamentos se desenvolveron tanto en Europa coma no interior da Península Ibérica  guerra internacional e civil ao mesmo tempo. Departamento de Historia
  • 29. Tras unha década de combates, ningún candidato consegue unha victoria clara  negociación de paz  Tratado de Utrech (1713) e Rastad (1714)  división da monarquía hispánica entre os distintos contendentes  principais medidas:  Filipe V é recoñecido coma rei de España (Coroas de Aragón e Castela e as Indias), renuncia á unión de Coroas entre Francia e España.  Carlos de Austria obtén Paises Baixos e territorios italianos baixo soberanía hispánica (Nápoles, Milán e Sardeña). Sicilia pasa ao Reino de Piemonte.  Gran Bretaña consigue Xibraltar e Menorca (ocupadas durante o conflito) e un navío anual para comerciar con América (navío de permiso)  ruptura do monopolio español. Departamento de Historia
  • 30. Departamento de Historia
  • 31. Departamento de Historia
  • 32.  A pesar da paz internacional, a guerra continuo dentro de España  a Coroa de Aragón resistiu 2 anos máis  entrada das tropas de Filipe V en Barcelona (1714) e en Mallorca (1715). Departamento de Historia
  • 33.  Política interior: - Tras chegada ao trono  reformas de Felipe V  buscando maior grado de centralización e absolutismo, medidas: Lei Sálica: Desprazamento das mulleres do trono, reservandoo só aos herdeiros varóns. Reorganización administrativa: Felipe V busca incrementar o poder real e centralizar o Estado Medidas Eliminación vicerreis na Reduce o número de Península e introduce a Reduce o papel das Cortes. Creación das Secretarías Consellos, e e amplía as figura dos capitáns xerais Funcións: (antecende Ministros): funcións e importancia do e intendentes Xurar lealtade aos Diversos asunto: Consello Castela (representantes) herdeiros á Coroa Guerra, Facenda, Xustiza… Poder real en cada territorio Departamento de Historia
  • 34. ∞ Reforma colonial: - Mantemento vicerreinatos de Perú e Nova España (México) e creación de un novo en 1717 (Nova Granada: Colombia, Venezuela Ecuador e Panamá). -Abandono sistema de frotas  sistema de navíos soltos ou navíos de rexistro. - Redución monopolio comercial  creación compañías privadas privilexiadas para comerciar cunha determinada rexión americana (Ex: Real Compañía Guipuscoana con Venezuela) Departamento de Historia
  • 35.  Abolición privilexios forais da Coroa de Aragón: - Apoio a Carlos de Austria na guerra de sucesión pola Coroa de Aragón  abolición dos fueros por Felipe V (Aragón e Valencia en 1707, Mallorca en 1715 e Cataluña en 1716)  supresión institucións políticas particulares (Cortes, Deputacións, Generalitat) e imposición de leis de Castela. - Decretos de Nova Planta  conversión dos reinos en provincias  eliminación de aduanas e fronteiras interiores, sustitución do catalán polo castelán como lingua da administración  Estado centralizado e unificado  España. - Só permanecen fueros de Navarra e provincias vascas (aliados de Felipe na Guerra de Sucesión). Departamento de Historia
  • 36. Departamento de Historia
  • 37. “Por decreto do 9 de outubro próximo fun servido dicir que habendo coa asistencia divina e xustiza da miña causa, pacificado enteramente as miñas armas o Principado de Cataluña, tocaba á miña soberanía establecer goberno a el e dar providencias para que os seus moradores vivan con paz, quietud e abundancia; por cuxo ben, habendo precedido madura deliberación e consulta de ministros da miña maior confianza, resolvín que no referido Principado fórmese unha Audiencia, na cal presida o Capitán Xeral das miñas armas de maneira que os despachos, logo de empezar co meu dictado, prosigan no seu nome (. . .) (. . .) A Audiencia hase de xuntar nas casas que antes estaban destinadas para a Diputación e hase de compoñer dun regente e dez ministros para o civil e cinco para o criminal, dous fiscais e un alguacil maior. (. . .) As causas na Real Audiencia se sustanciarán en lingua castelá e para que pola maior satisfacción das partes os incidentes das causas trátense coa maior deliberación, mando que todas as peticións, presentación de instrumentos e o demais que se ofrecer, fágase nas salas. . . (. . .) Na cidade de Barcelona ha de haber 24 regidores e en las demais oito, cuxa nominación resérvome e nos demais lugares nomearanse pola Audiencia no momento que parecer e darálleme conta. . . “ ( Fragmentos do Decreto de Nova Planta, 1.716 ) Departamento de Historia
  • 38. Decreto de Nova Planta para Aragón e Valencia “Xulguei por conveniente (…) abolir e derogar enteiramente (…) todos os referidos foros , privilexios, práctica e costumes ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia; sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela, e ao uso práctica e forma de goberno que se ten e se tivo nela e nos seus Tribunais sen diferenza ningunha en nada; podendo obter por esta razón os meus fidelísimos vasalos, os casteláns, oficios e empregos en Aragón e Valencia, do mesmo xeito que os aragoneses e máis os valencianos han de poder en adiante gozar deles en Castela sen ningunha distinción”. Felipe V, xuño 1707 Departamento de Historia
  • 39. A única contribución “O medio que me parece máis proporcionado para establecer unha contrbución útil e xustificada é o que ten xa o principado de Cataluña; e redúcese a que cesando absolutamente todos os tributos e dereitos que se fundan en alcabalas, centos, servizo ordinario, millóns, sisas e nvos impostos, icluída alcabala do vento, quinto e millón de neve, e todos os dema ramos que se abrangan baixo o nome de rendas reais e provinciais , como tamén a repartición de palla, camas, luz, leña e tdos os que son gavelas, se estableza no canto delas unha soa contribución dun 5%, en dúas especies de tributo; un simplemente real, certo e perpetuo; e outro persoal, considerando o mesmo cinco por cento do traballo persoal de cada un, segundo a súa arte e seu exercicio” M. De Zabala: Miscelánea económico-política. Racionalización simplificación. Centralización, uniformización Departamento de Historia
  • 40.  Política exterior: - Intentos de recuperar os territorios perdidos no Tratado de Utrecht, sobre todo os italianos. - Búsqueda de alianza con Francia para contrarrestar a Austria e GB  Pactos de Familia (1734 e 43)  enfrontamentos con Austria e GB  conquista de Nápoles, Sicilia e Parma por España  Felipe V coloca aos seus fillos coma prínscipes italianos independentes. Departamento de Historia
  • 41. FERNANDO VI (1746-1759) Fernando VI División de España en intendencias Pol. Interior Pol. exterior Aproveitamento da paz para fomentar o crecemento económico Pacifismo os pactos Para aumentar os recursos da Facenda con Francia non foron Dúas medidas: renovados  a) Xeneralización de intendentes, Capitáns xerais e provincias por todo o territorio neutralidade contexto b) Elaboración de censo para coñecer a riqueza internacional existente (Catastro de Ensenada) Departamento de Historia
  • 42. A crise do Antigo Réxime: a Ilustración Concepto  Movemento filosófico, literario e científico que se desarrolla en Europa e as súas colonias ó longo do S. XVIII (“das luces”)  Supuxo unha importante modernización cultural e o intento de transformar as caducas estructuras do Antigo Réxime Departamento de Historia
  • 43. A Ilustración: ideas fundamentais  A Razón: é o único  A Natureza: é a orixe medio para conseguir a de todo o xenuíno , verdade e, xunto có verdadeiro e auténtico. A progreso, constitúe o Sociedade é a que falsea camiño para acadar a e corrompe ó home, bó felicidade en estado natural  O Progreso: chégase a  A Felicidade: é un ben el grazas á ciencia; en ó que todo home ten combinación coa técnica dereito e constitúe un fin permite o avance da en se mesma humanidade de maneira evolutiva e indefinida Departamento de Historia
  • 44. AS IDEAS DA ILUSTRACIÓN Predominio da razón fronte á A crítica como instrumento de Defensa da autonomía do poder tradición, ao sobrenatural e a análise civil superstición A educación instrumento para Interese pola economía e o A tolerancia relixiosa difundir a razón. O Estado a progreso material para acadar a debe promover felicidade Interese polas ciencias experimentais Departamento de Historia
  • 45. O pensamento ilustrado Antecedentes  Hai que buscalos en Inglaterra e Holanda durante o S. XVII. Destaca a figura de Newton  John Locke , figura decisiva de gran influencia posterior. Propugna a separación John Locke de poderes Departamento de Historia
  • 46. Os filósofos ilustrados Na súa vertente política é desenvolvido na obra dos autores:  Montesquieu. Teoriza sobre a separación de poderes  Voltaire. Indaga na liberdade de pensamento e Montesquieu Voltaire aboga por unha nova relixión (deísmo) alternativa ás reveladas  Rousseau. Fai fincapé na concepción da natureza e as relacións sociais entre os homes. Rousseau Departamento de Historia
  • 47. Os ilustrados españoles  A introdución e difusión  Unha longa relación de das novas ideas persoeiros: ilustradas en España foi  Feijoo lenta e difícil:  Campomanes  Escasa presencia dunha  Cadalso burguesía emprendedora  Jovellanos  Conservadorismo dos  Aranda medios intelectuais universitarios  Floridablanca  Excesivo peso da Igrexa  Olavide Departamento de Historia
  • 48. A Ilustración en Galicia  O grupo “conservador”.  O grupo “radical”. Luis Marcelino Pereira, Francisco Somoza, Juan Pedro Pardo Bazán, Francisco de Castro, Antonio Raimundo Pedro Antonio Sánchez: Ibáñez, Lucas Labrada: poñer límite ós Propoñen medidas morgados, combater a desamortizadoras e o ignorsncia, mellorar a desenvolvemento da fiscalidade, fomentar a industria fabril pequena industria e a  Frei Martín Sarmiento: a gandaría reivindicación da recuperación do galego. Departamento de Historia
  • 49. A vertente económica da ilustración  Concrétase en dúas novas  Liberalismo: Para os seus correntes: a fisiocracia e defensores, a riqueza dun o liberalismo, que entran estado non radica nin na en colisión coa tendencia acumulación de metais imperante do momento, o preciosos (mercantilismo) mercantilismo nin, exclusivamente na  Fisiocracia: Os fisiócratas agricultura (fisiocracia), se sosteñen que a riqueza dun non na liberdade. O estado provén da natureza, Estado non é quen de máis exactamente da intervir na actividade agricultura. O seu principal económica. O seu principal teórico é Quesnay teórico é Adam Smith. Departamento de Historia
  • 50. A ilustración: vehículos de difusión  As sociedades científicas, literarias ou artísticas e as Academias, apoiados polos poderes públicos  As Sociedades Económicas de Amigos do País, estabrecidas normalmente nas principais cidades e capitais de provincia  Os salóns. Tertulias e reunións de ilustrados Alegoría de las Bellas Artes exaltando a  A Enciclopedia, libros e la Real Sociedad Económica Aragonesa de Amigos del País, 1785. publicacións. Departamento de Historia
  • 51. CARLOS III (1759- Fillo de Felipe V e rei de Nápoles tivo 1788): que renunciar a este para ser Un déspota ilustrado proclamado rei de España. - Política exterior:  Continuos pactos de familia cos Borbóns franceses en 2 guerras:  Guerra dos sete anos (1756- 1763): enfrontamento de Francia e Austria vs GB e Prusia  victoria destes últimos.  Guerra de Independencia das colonias inglesas en Norteamérica (1776-1783): colonos norteamericanos proclamaron a súa independencia (EEUU)  guerra vs GB  Francia e España apoian aos colonos  derrota de GB  consecuencia para España = recuperación de Menorca Departamento de Historia
  • 52.  Política interior:  Desenvolvemento do DESPOTISMO ILUSTRADO= o rei emprega o seu poder absoluto, xunto coa razón para conseguir incrementar o desenvolvemento e benestar dos seus súbditos pero sen contar con eles (Todo para o pobo pero sen o pobo). Reformas (Gobernos de Conde de Aranda e Floridablanca): A) Fortalecemento do Estado: por medio de medidas como modificación das provincias,  funcionarios administracións e tribunais, creación bandeira real… B) Mellora da agricultura: - introdución de melloras técnicas (regadío) e novos cultivos   produción. - ilustrados criticaron o exceso de terras en mans da nobreza e de mans mortas  propostas de reparto de terras (= reforma agraria), fracasadas por oposición de privilexiados Departamento de Historia
  • 53. A institucionalización do morgado “Primeiramente, que despois dos seus días ha de posuír e gozar perpetuamente este vínculo e morgado Don Domingo Cabarrús e Gelabert, o seu fillo lexítimo e primoxénito e os seus descendentes lexítimos por orde de primoxenitura regular, preferíndose o maior ao menor e o varón á femia (…). Que os bens deste morgado non se poidan dividir, vender, ceder, renunciar, doar, legar, trocar, acensuar, empeñar nin gravar de xeito ningún (…), o cal prohibe absolutamente aos posuidores, porque así convén e compre á seguridade desta vinculación. (…) Escritura de morgado outorgada por Francisco Cabarrús, 1780 Departamento de Historia
  • 54. C) Fomento da produción artesanal e industrial: para superar atraso económico e dependencia exterior  medidas: $ Axudas a talleres e fábricas. $ Proteccionismo. $ Creación novas manufacturas (=talleres) reais (tapices, porcelanas…). $ Potenciación construción naval. $ Fomento industria doméstica (“Domestic System”). $ Desenvolvemento do comercio - interior: mellora rede viaria  mellora circulación de produtos. - exterior: eliminación do monopolio comercial de Sevilla- Cádiz coas Indias  extensión a outros portos peninsulares. D) Renovación da educación: útil e práctica baseada no coñecemento das novidades técnicas e científicas   creación de escolas populares para aprender un oficio.  reforma da universidade.  Creación de academias e outras institucións culturais (observatorios, museos, bibliotecas…) Departamento de Historia
  • 55. A Educación Por isto o obxecto xeral da instruccción no home actual é a perfección das súas facultades físicas e intelectuais, como medios necesarios para aumentar a súa felicidade (…); pero a instrucción do cidadán aperta ademáis o coñecemento dos medios de concorrer particularmente á prosperidade do Estado ao que pertence e de combinar a súa felicidade coa dos seus comembros (…) Así que o home que (…) xace nunha preguiceira e estupida ignorancia; o que podendo consagrar os seus talentos ao estudo de verdades útiles á causa pública, os emprega en especulacións inútiles e vas, (…) fáltalle de maneira enorme e groseira a unha das máis sagradas obrigas do cidadán. G.M. De Jovellanos: Memoria sobre a educación pública, 1802 Departamento de Historia
  • 56. A lexislación reformadora No ámbito relixioso: No terreo económico:  Política regalista  Limitación dos privilexios  Expulsión dos xesuítas da Mesta, colonización de No ámbito social: novas terras e impulso das propostas de Reforma  Declaración de “honestas” Agraria de todas as profesións  Fomento da libre No ámbito da educación: circulación de mercadorías  Reforma dos estudos no interior e liberalización universitarios e das do comercio colonial ensinanzas medias  Apoio a actvidade  Fundáronse escolas de industrial: liberalización do artes e oficios proceso de fabricación  Fundación de Academias Departamento de Historia
  • 57. Críticas á sociedade estamental Eu imaxino os nobres, que o son por nacemento, como uns simulacros que representan aqueles ascendentes seus (…), puramente imaxes que me traen á memoria a virtude dos seus maiores; deste xeito, o meu respecto todo se vai en endereitura a aqueles orixinais, sen que aos simulacros por sí mesmos lles toque parte ningunha. Ao contrario, venero (…) a aquel que serve á república, sexa ilustre ou humilde de nacemento (…) B. Feijoo: Teatro crítico universal, 1724-1740 Departamento de Historia
  • 58. Real Cédula do 18 de marzo de 1783, declarando “honestas” todas as profesións “Non soamente o oficio de curtidor, senón tamén as demais artes e oficios de ferreiro, xastre, zapateiro, carpinteiro e outros deste modo son honestos e honrados; que o uso deles non envilece a familia nin a persoa do que os exerce, nin a inhabilita para obter empregos municipais da República, nin para o goce e as prerrogativas da fidalguía (…)”. Departamento de Historia
  • 59. A política regalista “O matrimonio primeiro é civil ca relixioso e antes un convenio e obrigación de homes que non un ministerio e un sacramento (…). A utilidade social, o ben do Estado, o aumento e a prosperidade das súas familias, é o principio que debe gobernar neste punto; e como este sexa todo temporal, e en nada espiritual nin divino, nin na orixe, nin nas causas, nin nas persoas, nin no contrato, nin nos seus froitos e efectos, o matrimonio é e debe terse, para decretar e establecer sobre el, como unha cousa simplemente terreal e civil, deixando o sobrenatural e relixioso para os altísimos fins que Xesucristo tivo presentes cando, elevandoo a sacramento da súa lei, se dignou a facelo grande e o enriqueceu coa súa graza”. J.A. Meléndez Valdés: Discursos forenses, 1821. Departamento de Historia
  • 60. As medidas económicas “A liberdade é a alma do comercio; é o crecemento de todas as prosperidades do Estado; é o orballo que rega os campos; é o sol benéfico que fertiliza as monarquías; o comercio, en fin, é a rega universal de todo. O seu contrario son os estancos, as murallas e as taxas. Sempre que houbese taxas diminuirían os froitos e as especies das cousas. Liberdade e esperanza fan laboriosos os homes; opresión, taxas e desconfianzas converten en lacazáns os máis industriosos. Este é o carácter da natureza humana”. M. De Gándara: Apuntes sobre el bien y el mal de España, 1762 Departamento de Historia
  • 61. Monumentos promovidos por Carlos III Porta de Alcalá Xardín Botánico Museo do Prado Departamento de Historia
  • 62. Comentario: idea principal: os ilustrados toman conciencia do lastre que, para a mellora da economía, supón a sociedade estamental CARACTERÍSTICAS • Desigualdade xurídica • Inmobilismo • Os privilexiados controlan a economía a través do dominio da terra • O terceiro estamento atura a maior parte das cargas • O acaparamento dos excedentes deixa no límite da supervivencia ós campesiños e limita o crecemento económico da burguesía Departamento de Historia
  • 63. Departamento de Historia
  • 64. Os ilustrados detectan a incapacidade da agricultura : o aumento da poboación é superior á oferta de alimentos Elaboran informes (Jovellanos) e detectan as causas: Condicións climáticas desfavorables Tecnoloxía pouco eficaz Réxime de propiedade da terra (“mans mortas”) Escaseza de terras Departamento de Historia
  • 65. Analizan á sociedade e propoñen cambios na lexislación A defensa dos intereses comúns é interpretado polos privilexiados como un aldraxe que pon en cuestión a vella orden social, onde a Nobreza e a Igrexa atopaban en perigo o seu “status” e que, contrariamentre o que se podería pensar, tampouco conta con apoios. De feito o motín de Esquilache non é tanto un brote espontáneo, como a consecuencia de un movemento dirixido polos xesuítas contra a política regalista. Departamento de Historia
  • 66. Suxiren as solucións, aínda que estas contan coa oposición dos privilexiados Limita-los privilexios da Mesta, colonización de terras, substitución de xornaleiros por arrendatarios ... Fomentar mercados de bens e capitais: medidas liberalizadoras do comercio e creación de infraestructuras. Fin dos monopolios Apoio da actividade industrial: Medidas proteccionistas, e creación das reais fábricas Mellorar o sistema de impostos Favorecen institucións como as Sociedades Económicas... Seguen as ideas fisiocráticas, e critican: o réxime señorial as formas de propiedade da Igrexa os morgados ou a propiedade comunal Departamento de Historia
  • 67. Os efectos beneficiosos das reformas  Crecemento demográfico  O incremento (aínda que que afecta de xeito desigual insuficiente) da produción  Este crecemento contribuíu mellora a dispoñibilidade ó aumento da demanda de de alimentos o que supón alimentos, así como o unha diminución das aumento da hambrunas e dos andazos. dispoñibilidade de man de  Outro factor que influíu obra para o campo e a neste sentido foi o progreso industria. da medicina.  O limitado das reformas, nembargante, puxo freo ó avance da agricultura e da industria. Departamento de Historia
  • 68. Inflación Os Os salarios prezos crecen soben un 20% máis dun 100% Departamento de Historia
  • 69. Dificultades para establecer estas reformas ilustradas debido a oposición privilexiados e ignorancia das masas:  Motín de Esquilache e expulsión dos xesuítas: Marqués de Esquilache (Ministro de Carlos III)  decreto en 1766 (prohibición levar capa larga e sombreiro ancho)  revolta popular en Madrid (Motín de Esquilache): * Orixe: malas colleitas, especulación e subida de prezos do gran  oposición popular aos ministros de Carlos III. * Fin: represión da revolta  destitución de Esquilache e decreto de expulsión da orde dos xesuítas (sospeitosos de instigar a revolta). Departamento de Historia
  • 70. A situación da industria Os atrancos na industrialización teñen a súa excepción na periferia e, especialmente, en Cataluña onde a mellor situación do campesiñado e os excedentes de producción favorecen investimentos que teñen o seu mercado no resto de España e en América Departamento de Historia
  • 71. Os límites do reformismo  Oposición ás reformas:  Inquisición: vixila as ideas reformas ilustradas  ilustradas procedentes do descontento e oposición de 2 estranxeiro (Francia e GB)  tipos: censura libros e vixilancia de  Por ser moderadas: condutas e pensamento  freo para algúns colectivos ás reformas + avanzadas. intelectuais que defenden Destaca o proceso a P. Olavide ideas avanzadas (limitación (intendente de Andalucía) poder real, separación de responsable de fundacións de poderes, abolición colonias de campesiños en privilexios…). Serra Morena  denunciado  Por ser moi por nobreza e clero polas súas avanzadas: para nobreza e ideas. clero por medo á perda dos seus privilexios  pensamiento reaccionario e conservador. Departamento de Historia
  • 72. Departamento de Historia