Your SlideShare is downloading. ×
O comentario de documentos filmicos.
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

O comentario de documentos filmicos.

270

Published on

Método e técnicas para analizar e comentar filmes argumentais de tema histórico

Método e técnicas para analizar e comentar filmes argumentais de tema histórico

Published in: Education, Technology, Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
270
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Catalogo de recursos O comentario de textos fílmicos Historia procedementais argumentais I. Introducción. O mundo actual está moi influenciado polos medios de comunicación audiovisual e é de esperar que, tendo en conta o ritmo dos avances tecnolóxicos na actualidade, esta influencia sexa aínda maís intensa no futuro. A sociedade recibe hoxe unha gran parte da información a través destes medios e o alumnado non é alleo a este fenómeno. Se a esta circunstancia lle engadimos que a imaxe, e sobre todo en movemento, é un poderoso representante da realidade, sempre e cando se manteña fiel a esta, teremos un recurso con enormes posibilidades didácticas no ensino. Para o seu aproveitamento didáctico debemos asumir unha série de pautas sistematizadas que, por unha banda, nos permitan facer unha análise proveitosa dos textos fílmicos e, por outra, unifique criterios sobre a mesma. Os métodos de análise non son unívocos, admiten moitas versións e plantexamentos. Por iso con esta proposta só pretendemos propoñer un punto de partida. II. Comentario. A análise e comentario pódese organizar a través destes pasos: 1. FICHA TÉCNICA. 2. RESUMO DO ARGUMENTO DA PELÍCULA. 3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO. 4. ANÁLISE E COMENTARIO. 5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS. 1. FICHA TÉCNICA: Son unha série de datos que collemos durante o visionado da película. Chámaselles tamén títulos de crédito ou créditos e aparecen ó comenzo e ó remate da cinta. Unha ficha técnica recopila os datos seguintes: a) Título en español: No caso de que se teña feito versión española, título desa versión. b) Título orixinal: O da versión orixinal. Na língua en que orixinariamente se realizou a película. c) Producción: País ou países onde se realizou, empresas productoras, nome do productor, cooperativa de producción, etc. Ano de producción. d) Argumento: Nome ou nomes das persoas das que partíu a idea orixinal do filme. Se o argumento procede dunha obra literaria debemos facer constar o título desta, o autor e a data de publicación. e) Guión: Nome ou nomes dos que, partindo da idea orixinal, crean o guión. f) Director: Constitúe un dos datos máis importantes para a valoración dun filme, xa que é a figura que lle imprime os caracters artísticos, ideolóxicos, técnicos, históricos, etc. á película. Por esta razón é importante facer unha pequena reseña biográfica do director, na que se citen os rasgos culturais e ideolóxicos que mellor o definan. Non debemos esquecer unha relación antolóxica da súa obra. g) Técnicos e profesionais: Precisar datos sobre as persoas que participaron na película a través da fotografía, música, montaxe, decoración, vestiario, efectos especiais... h) Intérpretes: Apartado no que debemos esforzarnos en citar o nome do artista relacionándoo co nome do personaxe que encarna na cinta. Se os intérpretes non son profesionais debémolo indicar claramente. 1
  • 2. i) Duración: Expresada en minutos ou en metros de película. 2. RESUMO DO ARGUMENTO: Debe facerse despois do visionado da cinta. Redactarémolo tendo en conta que o que se pretende é un esquema sintetizado e breve pero claro, nunca pormenorizado. Debe servir para recordarnos o esencial da trama argumental. 3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO: Os xéneros cinematográficos son liñas temáticas que recibiron un tratamento narrativo e formal semellante ó longo da historia do cine. Chámaselles xeneros por analoxía coa Literatura. Podemos citar os seguintes: ! O western: Reflicte a expansión dos EE.UU. Cara o Oeste, a través das terras salvaxes e indómitas, e os conflictos que xurdiron durante a colonización das mesmas no s. XIX. Todo isto tratado cun prisma idealizador e nostálxico. ! O musical: É o froito da conxunción perfecta dunha série de elementos extra- cinematográficos como a música, a canción e a danza e outros específicamente cinematográficos, como o decorado, a iluminación, a cor, a planificación, os movementos de cámara e o ritmo imposto pola montaxe. ! A ciencia-ficción: O seu antecedente é a literatura de anticipación do s. XIX e caracterízase pola localización das súas accións nun hipotético futuro ou nun presente dominado pola tecnoloxía e os coñecementos científicos. Todo isto mixturado con fenómenos fantásticos ós que se lles pretende dar explicacións científicas. ! O terror: Este tipo de cine parte normalmente dunha obra literaria, concretamente da chamada novela gótica, producto do romanticismo de vea sobrenatural. A morte e o tenebroso invaden este espacio expresivo. Cinematográficamente caracterízase pola irracionalidade e o antinaturalismo. Os séres malignos e monstruosos aprópianse da pantalla, para establecer unha comunicación co espectador a través do medo. ! O cine negro: Actualmente máis coñecido por thriller. Caracterízase por que contempla dende unha perspectiva cinematográfica a corrupción da sociedade, incluídas as institucións e os estratos sociais que polo seu nivel económico e social se tiñan por “respetables. Dende o punto de vista plástico as películas distinguense polo tratamento realista con toques impresionistas, conseguidos con iluminacións contrastadas. Neste xénero as realacións persoais baseanse na violencia. ! A comedia: Xénero que pretende que o espectador se esqueza da realidade cotiá a través de gags ou situacións cómicas visuais ou verbais protagonizadas por personaxes con rasgos externos que se sitúan fora da normalidade. ! O cine histórico: Todo filme é un documento histórico no que se reflicten, entre outras cousas, a cultura, a ideoloxía, etc. da sociedade da que procede. Pero hai tamén un xénero histórico que se preocupa pola reconstrucción de feitos pasados. Ás veces con tratamentos pouco rigurosos, dependendo das modas e os gustos de cada momento. O rigor científico e a fidelidade do narrado dependen da vontade do guionista, do realizador e do director. 4. ANÁLISE E COMENTARIO: A análise dun documento fílmico demos facela dende dúas perspectivas: a) Perspectiva técnica. b) Perspectiva histórica. a) Perspectiva Técnica: Onde deberemos analizar aqueles recursos técnicos que inciden na 2
  • 3. capacidade expresiva do filme e, polo tanto no seu significado. Destes recursos técnicos os máis importantes son: < A escala: Que se refire á amplitude do campo visual e ó tamaño das figuras que se reflicten no fotograma. Podemos diferenciar segundo isto: ‹ Plano xeral: Mostra unha gran paisaxe ou decorado na que non se percibe a figura humana. Ten unha clara intención de descubrir ambientes ou localizar accións.Fig. 1 ‹ Plano de conxunto: Ofrece unha maior aproximación co anterior a un ambiente e permite a identificación de algúns individuos. Fig. 2 ‹ Plano enteiro: Os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e os pés do personaxe ou personaxes. Fig. 3 ‹ Plano medio: Que capta ó personaxe da cintura para arriba. Fig. 5 ‹ Plano americano: Mostra ó personaxe a partir dos xiónllos. Fig. 4 ‹ Primeiro plano: Presenta estrictamente o rostro do personaxe xunto coa parte superior dos hombreiros. Fig. 6 ‹ Plano detalle: Presenta un obxecto que enche totalmente o encuadre. Fig. 7 < O movemento da cámara: É un recurso expresivo capaz de conferir sentido ós acontecementos reproducidos. Podemos observar os seguintes: a Panorámica: A cámara xira sobre o seu propio eixe. É un movemento de rotación no que a base se manten fixa. Equivale ó movemento de cabeza e pode diferenciarse entre: Panorámica horizontal, vertical e de balanceo. Este movemento sirve para expresar a relación no espacio de dous suxeitos, dúas zonas ou dous motivos. Crea expectación ou dramatismo. Fig. 8 a Travelling: A cámara trasládase sobre a súa base, que ten unhas rodas que circulan por raíles. Pode ser: de profundidade en avance ou retroceso, circular, olícuo, etc. Da vida ou dinamismo a un obxecto estático, polariza a atención sobre un suxeito ou obxecto. Crea unha sensación de relaxamento, explora un espacio. Fig. 9 a Zoom: É un desplazamento aparente, xa que quen se desplaza é a optica da cámara. Este efecto produce sensación de aproximación ou alonxamento do personaxe. Enfatiza unha situación, acrecenta a tensión ou relaxa, segundo sexa de avance ou retroceso. a A angulación: Dáse cando a cámara non se sitúa frontalmente ó que capta e a unha altura do chan que a fai identificarse coa visión humana, senón que rompe o plano horizontal e sube ou baixa. Podemos diferenciar dous tipos básicos de angulacións: O picado: a cámara elévase e o obxectivo diríxese cara abaixo, situándo ó suxeito nunha altura inferior á normal. Indica empequenecemento ou humillación. O contrapicado: a cámara descende e o obxectivo diríxese cara arriba, situándo ó suxeito nunha altura superior á normal. Indica engrandecemento ou exaltación. b) Perspectiva histórica: Esta parte da análise é a plenamente adicada a analizar os feitos históricos que nos presenta a cinta. Tendo en conta este obxectivo debemos preocuparnos de: ‚ Establecer as coordenadas espacio-temporais da película: Situaremos a acción no espacio xeográfico e no espacio temporal. Se é necesario, elaborando mapas ou eixes cronolóxicos. ‚ Anotar conceptos: Como nomes de institucións politicas, económicas, relixiosas ou sociais. Relacionar nomes de figuras históricas relevantes e explicar o seu papel na historia. Localizar xeográficamente os escenarios concretos da acción. Estas anotacións 3
  • 4. defínense posteriormente á visualización con apoio bibliográfico, multimedia ou de internet. ‚ Destacar as secuencias máis significativas: Sobre todo dende o punto de vista histórico. Explicando a información concreta de carácter histórico que cada secuencia subministra. ‚ Fixarse na interpretación dos actores: Para comprobar se son fieles ó caracter psicolóxico dos personaxes que interpretan. ‚ Observar os decorados e vestiarios: Comprobando se son fieles á época da acción a arquitectura, tocados, armamentos, transportes... ‚ Atender á fidelidade histórica: Indicando se o filme trata o feito representado con rigor histórico ou é manipulado ideolóxicamente, se pode ser explicando as causas de calquera dos tratamentos. 5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS: Remataremos facendo unha valoración persoal sobre a utilidade da película para analizar o feito filmado, incluíndo se a consideramos axeitada ou non, dende o punto de vista didáctico, para mellorar a aprendizaxe. Explicando sempre as causas das nosas opinións. Graficos: Figura 1. Plano xeral A escala: Figura 2. Plano de conxunto. 4
  • 5. Figura 3. Plano enteiro. A escala: Figura 4. Plano americano. Figura 5. Plano medio 5
  • 6. Figura 6. Primeiro plano A escala: Figura 7. Plano detalle. Movementos da cámara: Figura 8. Panorámica 6
  • 7. Movementos da cámara: Figura 9. Travelling Figura 10. Picado Angulación: Figura 11. Contrapicado 7
  • 8. .Figura 12. Dura/definición. Figura 13. Suave-tres cuartos/tranquilidade Iluminación: Figura 14. Lateral/preocupación Figura 15. Sete octavos/paz Figura 16. Contraluz/misterio 8
  • 9. Figura 17. Frontal-superior/tensión Figura 18. Frontal-inferior/tormento Iluminación: Figura 19. Cenital/ameaza 9

×