Uploaded on

Documentos sobre a Revolución Rusa

Documentos sobre a Revolución Rusa

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
80
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
0
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Colección documental Capítulo X 1º de Bacharelato A Revolución Rusa e a U.R.S.S. (1917-39) A Rusia dos tsares. Restos do Antigo Réxi me en Europa A. San Petersburgo en 1905. “A capital do im perio ruso, res idencia da c orte e dióce se metropo litana, católica e rusa, San Petersburgo, dista de España unhos 2.500 km. aproximadamente. Ocupa unh a extensa chaira que atravesa o Neva cos seus nu merosos brazos que verten no golfo de Finlandia. A parte principal da cidade está situada na ribeira esquerda do río, e nas moitas illas que forma levantáronse barrios, dos que o máis importante e populoso é o de Vassili. Os diferentes bazos nos que se divide o río dánlle á cidade o aspecto dunha illa de catro km. de longa (...). As pontes, que non son fixas, agás o de Nicolás e Alexandre, están establecidos sobor de barcas, e cando empezan os xeos so ltanse as amarras dunha veira, e a ponte, obede cendo á corrente, xira e queda alineada nunha das ribeiras. Os enxeñeiros militares proceden a rompeer o xeo e as pontes volven quedar no seu sitio. Cando o río está xelado, a xente, e aínda os coches, pasan por enrriba (...). A cidade conta só con dous séculos de existencia; os pazos e edificios públicos son monumentais, predominando a liña recta nas construccións, o que fai que o seu aspecto s exa dunha monotonía fatigo sa. Semella que todas as casas son iguais e todas presentan un detalle: a marquesiña diante da porta (...). O centro da cidade é o barrio do Almirante e nél levantanse os pazos de inverno, o inmenso edificio do Almirantazgo, o Senado, o Santo Sínodo, a catedral de S. Isaac, o Pazo do Consello do Imperio, Correos e Tele grafos, os pazos dos Grandes Duques, a Biblioteca Imperial, o teatro de Alexandre e outros moitos edificios (...). A Perspectiva Newsky é a rúa máis longa, máis animada e a mellor de S. Petersburgo, ten 35 m. de anch ura e cerca de 5 km. de lonxitude. Traza unha liña recta dende a súa orixe na plaza do Almirantazgo, ata a de Zuamiensky (...). Cruza toda a cidade, tanto so barrios máis aristocrátic os coma o s máis hu mildes, e nela están os comercios máis suntuosos do mundo”. (Diario El Liberal. Barcelona, venres 27 de xaneiro de 1905) B. Vista de San Petersburgo no século XIX. Grabado de San Petersburg o no s é c ul o X IX . 1 64
  • 2. C. O réxime político: a autoc racia zarista. “Trou xera de Rusia un prexuizo que no n tiña; cría coma moitos dos preclaros espiritos, que a autocracia sacaba a súa forza principal da igualadade que facía reainar por debaixo dela; pero esta igualadade é unha ilusión... Non hai poder absoluto neste mundo; pero hai poderes arbitrarios e caprichosos e algo abusivos, que pode converterse en poderes tales que non teñen xamais bast ante peso para es tablecer a igualdade perfecta entre os seus subditos. ... O Emperador non fai todo o que pode, pois se o fixese a miudo non o podería facer durante moito tempo; agora ben, en tanto que non o fai, a condición de nobre que él sosten sigue sendo terriblemente diferente da do mujik ou do pequeno comerciante humillado polo señor. Afirmo que hoxe en Rusia hai máis desigualdade real nas condicións (sociais) que en calquera outro país de Europa... En xeral, os homes teñen unha linguaxe afectada, dicenvos, nun tono meloso, que os servos rusos son os campesiños máis felices da terra. Non os escoitedes , engánanvos, moi tas familias de servos, nas rexións apartadas sofren incluso fame; moitos morren pola miseria e os malos tratos; por todas partes a xente padece en Rusia, e os homes que se venden coa terra sofren máis que os outros... O Goberno cando ve os excesos máis indignantes, e Deus saber canto tempo lle é preciso para darse conta, pónos, para curar o mal, baixo a tutela do pior señor; pero esta medida, sempre tardía, non resucita ós mortos. Figurádevos a masa de s ufrimentos e de ini quidades desco ñecidas que deb en producirse a causa de tales costumes, baixo unha constitución tal e semellante clima...” ( C U S T I NE : La Ru ssie en 1838. París, ed. Amyot , 1843. En: D ESCH AMPS, H . T. e POULIG O, R. : L’ epoque contemporaine (1789- 1970 ). I. IV. Recueils de textes d’histoire, publicados por L. Gothier e A. Troux. Dessain, París-Liega, 1962, pax. 243) D. A situación do campesiñado: A abolición da servidume. “A cuestión da liberación dos campesiños, que foi someti da ó exame do Consello de Estado, é, ó meu parec er, dada a súa importancia, unha cuestión vital para Rusia, da qu e dependerá o desenvolvement o da forza e da potencia (do noso país). Estou seguro que todos vos, señores, estades convencidos tanto como eu da utilidade e da necesidade desta medida. Ademais, teño a convicció n de que non pode ser cuestión de remitir este asunto para mái s tarde; é por isto polo que pido ó Consello de Estado que se conclúa na primeira quincena de febreiro e que a promulgación poida realizarse ó comen zo das labores dos campos, confio directamente nos bos oficios do presidente do Consello de Estado. Insisto, e esta é a miña vontade inquebrantable, é preciso que o asunto sexa regulado sen demora. Xa fai catro anos que este se prolonga, suscitando desconfianzas e esperanzas diversas entre os pomiechtchiks(1) e os campesiños. Toda dilación ulterior pode ser funesta para o Estado. Non podo evit ar sorprenderme e alegrarme, e estou seguro que vós vos alegraredes tamén da calma e da confianza da que fixo gala o noso bon pobo neste asunto. Quería dicir aquí o mesmo da nobreza, cúios temores a pesar de todo son ata certo punto comprensibles, pois (o asunto) afecta ós seus inte reses máis inm ediatos e materiais de cada un; non obstante non esquezo nin esquecerei, que o estudio deste proxecto débese á iniciativa da propia nobreza, e estou contento que me corresponda testimoñalo para a posteridade. Nos momentos das miñas conversacións cos mariscais da nobreza, xefes de gobernación (2), e no curso das miñas viaxes a través de Rusia, durante as recepcións dos xentilhomes, non ocultei o me u estado de espirito e o meu punto de vista sobre esta cuestión que preocupa a todo o mundo e xa dixen en todas partes que esta reforma non podía realizarse sen algúns sacrificios pola sía parte e que todos os meus esforzos consistirían en que estes s acrificios foran o menos onerosos para a nobreza. Espero, señores, que ó examinar aquí os proxectos presentados ó Consello de Estado, estaredes convencidos de que todo o que podía facerse para salvagardar os beneficios dos dos pomiechtchiks fíxose, pero se xuzgades preciso modificar algún punto ou completar o presente traballo, estou disposto a recibir as vosas observacións, pero pídovos soamente que non esquezades que sobre a base desta reforma débese mellorar a vida dos campesiños, mellorala non só de palabra e sobre o papel, senón na realidade.” (1) Propietario territorial e señor de servos. (2) Presidente da asociación da nobreza de cada gobernación ou provincia. Os seus poderes eran meramente honoríficos. ( A L E X A N D R E II: D i sc u rs o so b r e a a b ol ic i ón d a s e rv id u m e. 28 de xaneiro de 1861. En: CHA ULANGE S e ou t r o s : T e x t es historiques (1871-1914). Ed. Delagrave, París, 1971. Vol II, paxs. 124-125) 1 65
  • 3. E. A propiedad e da terra. Distrib ución s ocial. F. A inversi ón estranxei ra factor do desenv olvement o industrial. Porcentaxes das investimentos estranxeiros nas diferentes industrias. (1900-1915) 1900 1915 Industrias Porcentaxe Porcentaxe Capital Capital Capital total do capital Capital total do capital estranxeiro estranxeiro estranxeiro estranxeiro Minas, tratamento dos metais e construcc. Mecá nicas....... 649,5 469,4 72 1.700 ,1 1.063 ,5 63 Tratamento de m ater iais mine rais.......... 59,1 26,6 45 129,9 18,6 14 Explotación mecánica da mad eira............ 17,8 7,8 44 74,4 24,3 32 Producción quím ica............. 93,8 29,3 31 173,2 70,8 41 Industrias alime nticias .... 158,3 11,4 7 447,8 34,8 8 T r a t. D e p r o du c . D e orixe a nima l.... 16,5 5,9 35 54,2 14,5 26 I. do pa pel....... 31,8 6,1 20 93,2 19,9 20 I. Téxt il........... 373,7 71,4 20 729,2 155,0 21 Tota l................. 1.400 ,7 627,9 45 3402 ,0 1.401 ,4 41 1 66
  • 4. G. A evolución dem ográfica rusa. H. Transformacións demográficas. 1 67
  • 5. I. Modernización das infraestructuras de transporte. J. Os movement os de oposicón ó t sar. Propaganda populista. “Estades entre o pobo. Gañastes a súa confianza. ¿De qué cómo ides falarlle? Chamade a súa atención sobre os males que o minan, a mortalidade que diezma ós seus fillos, a súa vida deliberadamente acortada, a dexeneración que lle ameaza. Dirédeslle que non son as leis da natureza as que lle envían estes males, que os ricos raramente están enfrmos, qu e os seus fillos s obreviven a miudo, que a súa media de vida é maís longa; que a causa está na situción social, no mediosocial, na superstición social... Falarédeslle do estado de cousas existente en Rusia, do absolutismo ilimitado do tsar, da adulación dos ministros, do servilismo dos cortesanos, da bandidaxe dos burócratas, da falcia dos tribun ais; dirédeslle que os rusos están privados de todos os dereitos e explicaredes cómo Rusia chegou á situación actual. Contaredes ó pobo cómo os seus antepasados se levan taron cont ra o poder opresivo, como sucedeu con Stenka, Razine e Pugatchev(1); ... Cómo nos demáis países esclavos se levantaron contra os seus amos, e os artesanos das cidades contra os nobres, ... como os obreiros de París loitaron e morreron pola liberdade e inde pendencia da s úa ci dade (2). Para comunicar, para explicar isto ó campesiño ruso, é preciso que estes cdros de loitas, de dramas, de fazañas e de sufrimentos revivan na imaxinación de quen o conta. Con esta única condición, fará xurdir na alma do seu auditorio un destello de luz do que están animados aqueles que combaten polo dereito do pobo e transmitirá ós campesiños rusos a tradición de insurrección constante dos pobos contra os seus perseguidores, a tradición da revolución. E para isto é precisa moita ciencia e ciencia moi seria.” (1) Cosaco de orixe modesto que acaudillou unha longa e tráx ica re belión ( 177 3-177 75) dos ca mp esiños rusos , que tiv o com o cent ro o va l med io do Volga, contra o proceso de imposición da servidume feudal ó campesiñado ruso. (2) Comuna d e París. Insurrección dos obre iros de París e as clases populares contra o goberno de T hiers en 1871. ( ¿ Có m o e de que debe falar co pobo un revolucionario-propagandista?. Panfleto do 15 de marzo de 1874. En: LAR AN, M . Russie- URS S. 187 0-1970 . Ed. Masson et Cie, París, 1973. Paxs. 20-21) A Revolución de 1905. Primeiro ataque contra o tsar. K. Peticións dos traballadores (8 de xaneiro de 1905). 1 68
  • 6. “¡Señor! Nós, obreiros de San Pete rsburgo, as nosas mulleres, fillos e ancians inválidos, chegamos a ti, ¡ho tsar!, para solicitar xustiza e protección. Estamos na miseria, oprim idos e cargados con traballo exce sivo , trat ados coma esc ravos que debe n sop ortar pacientem ente a súa amarga sort e e calar. Ata agora soportámolo todo. Pero cada vez sentimos con m áis c laridade a miseria, a ausenci a de dereito e a ignorancia, froito do despotismo e a arbitrariedade. Señor, chegamos ó límite da paciencia. Cremos ser preferible morrer que alongar insoportables sufrimentos (...). A nosa primeira petición é que os patronos examinen con nós as peticións. Isto foi rexeitado, asimesmo o dereito de falar das nosas necesidades (...). Tamé n con sideraron ilegal o no so de sexo de dismi nuir o horario ata oito horas dia rias, de acordar a elevación de salarios a un rublo diario para os operarios de ambolos dous sexos e a supresión de horas extraordinarias. Segundo os patronos todo é ilegal; as nosas demandas, un crime. ¡Señ or! Estamos aqui máis de 300.000 homes (...). Calquera que entre nós intente levantar a voz para defender os intereses da crase obreira será aprisionado e deportado (...(. ¡Señ or! ¿Esto é conforme coas leis divinas, en cúia virtude gobernades? (...). Non rrexeites protexer ó teu pobo. Sácao da tumba da arbitrariedade, da miseria, da ignorancia (...). Ordea convocar ós representantes de todas as crases e órdes do pobo ruso. E para isto, manda que as eleccións á Asamblea Constituínte se fagan segundo o sufraxio universal, segredo e igual. É a nosa petición máis importante”. L. O domingo sanguento. O exercito do tsar carga contra a anifestación pacífica Fonte:www.elmundo.es. LL. A organización dos soviets. “Lenin empezou entón a contemplar ós soviets como o núcleo focal da acción proletaria. Os soviets apareceran en 1905 nunha dúcia de cidades polo menos. En Rusia non existía un goberno realmente representativo, nin xiquera a nivel local; a Duma nunca exerceu poderes efectivos. En cambio, os soviets, asambleas de delegados das fábricas e das organizacións ob reiras, eran as únicas insti tucións dem ocráticas espontáneas no país. Non eran producto de especulacións da tertulia de ningún teorizante pòlítico. Xurdiron e constituírons e, nada máis. Primei ro, nas fábricas das cidades, aínda que tiñan raíces na vella tradición de organización democrática e de autogoberno na base, do que eran exemplos oovios a comuna rural e os artels (ligas de pequenosproductores). Se ben os primeiros soviets se formaron nas fábricas de San Petersburgo, e de Moscú, a idea ou o 1 69
  • 7. principio do soviet podía ser extendido a toda comun idade xenuina, fose unha aldea, un reximento ou un buque de guerra. Os expeditivos métodos soviéticos -votación a man alzada nas asembleas públicas, con dereito de remoción e elección indi recta ós órganos superiores- supoñía unha real democracia para os obreiros analfabetos, moito máis efectiva desde logo que a proclamada pola Constitución, baseada no escrutinio do voto segredo nas urnas... Os soviets, pois , significab an algo totalmente diferente das exó ticas creacións parlamentarias importadas polos liberais occidentalizados, o que para Lenin, era un argumento suplementario en favor dos primeiros...” (HILL, CH .: La Re volució n Rus a. Ed. Ariel. Col. Ariel Quincenal, nº 28. Barcelona, 1981. Paxs. 102-103) M. A apertura do réxime zarista. “¡10 de maio de 1906! Esta data fixada para a reunión da Duma do Imperio marcou, creo, o com enzo dunha nova era na historia de Rusia. A apertura desta primeira sesión foi celebrada con gran pompa. A Corte imperial desplegara todos os seus explendores, sen dúbida coa idea de que os homes si nxelos que formaban a Duma, da que forman parte máis de douscentos campesiños, se impresionaran por este boato... Os campesiños ofenderonse por un luxo que contrasta extranamente coa miseria da que foran testemuñas habituais ata entón... A lei electoral de 1905, redactada sobre esta idea, que,si o goberno debía esperarse, na Duma, a oposición dos diputados da clase ob reira e podía tamén encontrar resistencias entre os da clase media, estaba menos seguro da fidelidade dos representantes dos campesiños, da súa absoluta devoción, da súa devoción polo tsar... Os so beran os estab an máis conve ncidos q ue calquera do amor q ue inspiraban ó seu pobo. En vano os campesiños se levantaban en todo o territorio d e Rus ia.. ., En San Pete rsburgo nadie q uería com prender o sentido destes acontecementos, rehusábase alí a imputar a responsabilidade dos seus autores; o campesiño ruso, dicíase, era esencialmente b ó, adoraba ó Emperador e amaba ós señores; únic amente, na súa si mplicidade de espirito, se deixaba arrastrar polos revolucionarios da cidade, os intelectuai s de toda calaña e sobre todo polos xudeos... A nova Duma do Im perio , terceira só de nom e, reu níuse en novemb ro (1907) sen nengunh a pompa e no medio da indiferencia xeral... Stolypin triunfaba, pero pagaba este triunfo co acceso á Duma de 120 deputados da extrema dereita... Primeiramente (a Duma) acollera ós partidarios dos métodos revolucionarios e ó mesmo tem po ós Kadets que pretendí an instaurar en Ru sia u n réxi me represe ntat ivo. Agora dera un xi ro brusco, para ter ó seu frente ós reac cionarios , que non q uerían oir falar de ning unha reforma lib eral e reclamaban incluso o retorno puro e simple á autocracia. Eran estes adversarios moi perigosos, porque tiñan ó seu frente ó propio emperador.” ( B O M PA R D , M.: Mon amb assade en R ussie. (1903-1908 ). E n : LA RA N , M. e VILLEQ UET, J.: L’ epoque contemporaine (1871- 1969 ). Ed. Desain. París-Lieja, 1969. Pax. 59) A revolución de 19 17. Comenzan os camb ios profundos. N. A abdicación d o Tsar. “Pola gracia de Deus, nós, Nicolás II , Emperador de todas as Rusias, tsar de Polonia, Gran Duque de Finl andia, te c. A todos os noso s fie les s úbditos facemos sabe r: Nestes días de gran loita contra o inimigo exterior, que desde fai tres anos se esforza en soxuzgar a nosa patria, Deus tivo aben enviar a Rusia unha nova e terrible proba. Disturbios internos ameazan ter unha fatal repercusión sobre a marcha futura desta gue rra pertinaz. Os destinos de R usia, a honrra do noso heróico exercito, a felicidade do pobo, to do o porvir da nosa que rida patria queren qu e a guerra sexa levada a todo prezo ata un resultado victorioso. O noso cruel inimigo realiza os seus derradeiros esforzos e está próximo o momento no que o noso valente exercito, xuntamente co dos nosos gloriosos aliados, abatiráo definitivamente. Nestes días decisivos para a existencia de Rusia, nós cremos deber facilitar, obedecendo á nosa concienci a, a unión e a organización de todas as súas forzas para a rápida consecución da victoria. Por isto, dacordo coa Duma imperial, estimamos actuar ben ó abdicar a coroa do Estado e ó depor o poder supremo. Non querrendo separarnos do noso benamado fillo, legam os a nosa herdanza ó noso irmán, o 1 70
  • 8. Gran Duque Miguel Alesandrovich, e damoslle a nosa bendición no momento da súa subida ó trono. Nós pedímos lle que goberne en completa unión cos representantes da nación que ocupan asientos nas institucións lexislativas, e que lles preste un xuramento inviolable no nome da patria benamada. Nós invitamos a todos os fillos leais á patria a que cumpran co seu deber sagrado e patriótico, obedecendo ó tsar neste penoso momento de proba da nación e axudándoo, cos representantes da nación, a conducir o Estado ruso polo c amiño da prosperidade e da alegría. ¡Deus axude a Rusia! 2 de marzo de 1917. (Abdicación do tsar Nicolás II. Marzo de 1917) O. A revoluci ón moderada. O g oberno provisi onal. “Cidadáns do Estado ruso: produciuse un grande acontecemento. O antigo réxime foi derrocado gracias ó poderoso impulso do pobo ruso. Naceu unha Rusia libre e nova. Este gran derrocamento coroa numerosos anos de combate.. . O entusiasm o revolucionario do pobo, plenamen te conscie nte da gravidade do momento, e a determinación da Duma do Estado constituíron de mutuo acordo, o goberno provisional... O goberno... pola súa parte fará cnato estea na súa man para prover do necesario ó exercito co fin de levar a guerra a unha fin victoriosa. O gobe rno considerará sagradas as alianzas con outras potencias e respe ctará os acordos asinados cos nosos aliados... o goberno como deber sencial que se exprese a vontade popular no referente á elección dun réxime político, e con sufraxio univers al directo, igual e secreto... A Asemblea constituínte promulgará as leis esenciais que garantan os inalienables dereitos do país á xustiza, á lib erdade e á igualdade.” (Primeira declaración do goberno provisional, 12 de marzo de 1917. En: LÓPE Z FA CAL , R. e DÍA Z OT ERO , A.:Historia do mundo contemporáneo. Materiais curriculares. Ed. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 141) P. A creaci ón dun poder paralelo ó o ficial. “Camaradas proletarios, traballadores de todos os países... Nós, soldados e obriros rusos, unidos no seo do Soviet dos deputados de obreiros e soldados, envíamosvos os nosos saúdos calu rosos e vos informamos dun gran suceso. A democracia rusa derribou o despotismo dos tsares e entrou totalmente na familia das nacións como membro igual ás demais e como unha poderosa forza no combate para a nosa total liberación. A nosa vic toria é unha gran victoria para a liberdade e a democracia. O pilar da reacción no mundo, o “xendarme de Europa”, desapareceu. Debe ser enterra do para sempre. Viva a liberdade. Viva a solidariedade internacional do proletariado e viva o seu combate para a victoria final. A nosa obra non rematou: as sombras do antigo réxime non foron disipadas totalmente e son numerosos os inimigos que preparan as súas forzas para reducir a revolución rusa.... Nós defendemos firmemente a nosa liberdade contra todas aas tentativas da reacción, tanto no interior coma no exterior. A revolución rusa non retrocederá ante as baionetas dos conquistadores, e non se deixará aplastar polas armas extranxeiras. Pero nós facemosvos un chamamento: desembarazaivos do xugo do voso goberno semiautocrático, como o pobo ruso barreu a autocracia ts arista; rexitade ser os instrumento s da conquista e da violen cia nas mans dos monarcas, os propietarios, os banqueiros; así, unindo os nosos esforzos, deteremos a horrible carnicería que é a vergoña da humanidade e ensomb rece os grandes moment os do nacement o da liberdade rusa. Traballadores de todos os países: tendendo as nosas mans como irmáns por riba das montañas dos corpos dos nosos mortos, por riba dos ríos de lágrimas e de sangue verquida inoc entemente, por riba das ruinas aínda fumeantes das cidades e dos pobos, por riba dos teso uros dest ruído s, fa cem osvo s un cham amen to para restaurar a unidade internacional. Tal é a garantía das nosas victorias futu ras e da liberdade completa da humanidade. ¡Proletarios de todos os países, unídevos! O Soviet dos diputados de obreiros e soldados de Petrogrado. (Fragmento da declaración do Soviet de Petro g r a d o a t o d os os pob os, 27 d e ma rzo de 1917 . En: LÓ PEZ -CORD ÓN, M . V. e 1 71
  • 9. MARTÍNEZ CARRERAS, J. U. : Obra citada. Paxs. 323-324) Q. A revolución socialista. O asalto ó palacio de inverno. “Semellantes a un río negro que enchera toda a rúa, sin cantos e sin risas, pasabamos por baixo do Arco Bermello, cando un home que camiñaba xustamente detrás de min dixo en voz alta: “¡Atención camaradas! Non hai que fiarse deles. Seguramente tirarán” (...). Despois de permanecer agazapados uns minutos (...), a tropa, composta por varios centos de homes, recobrou a calma e sin novas ordes, continuou o avance. Gracias á luz que caía das ventás do Pazo de In verno puiden apreciar que os douscentos ou trescentos primeiros homes eran gardas bermellos, entre os que só se atopaban esparexidos unhos cantos soldados. Escalamo s a barricada de madeira que defendía o pazo, e lanzamos un berro de triunfo ó caer ó outro lado, sobre un montón de fusiles abandoados polos junk ers. A am bolo s dou s lado s da entrada principa l, as portas estaban abert as de par en p ar, deixando brotar a luz; pero non saía o menor ruído do inmenso edificio. A impaciente oleada da tropa empurrounos a entrada da dereita, que conducía a unha vasta sá abovedada, de paredes núas: o soto da ala leste, de onde partía un laberinto de pasillos e escaleiras. Gardas bermellos e soldados precipitáronse axiña sobre uns grandes caixóns de embalaxe que se atopab an alí, saltando as tapas a culatazos e sacando deles tapices , cortinas, roupa branca, vaixela de porcelana, cristalería... Un delesensinab a orgullosamente un reloxio de c himenea de bronce, que se botara ás costas. Outro colocárase no chapeu unha pluma de avestruz. Non fixera outra cousa que come nzar o saqueo cando se oíu u nha voz: “¡Camaradas, non toquedes nada, non collades nada; todo é propiedade do pobo!” E de súpeto, vinte voces repitiron: “Alto! volvede poñer todo no seu sitio; prohibido tocar nada; propiedade do pobo”. (...). Os obxectos volveronse colocar mellor ou pior nos seus caixóns e varios homes encargáronse espon taneamente de mo ntar a garda. Trasladámonos á entrada da esquerda, na ala oeste. Dous gardas bermellos, un oficial e un soldado estaban de pe, co revolver na mán; outro soldado estaba sentado nunha mesa con pluma e papel. Por todas as partes se oía o berro: “¡Todo o mundo fora!”, e pouco a pouco a tropa empezou a cruzar as portas, atropelándose, marmurando e protestando. Collíase a cada soldado e rexistrábase, vaciábanselle os petos, mirábaselle debaixo do capote. Todo o que non era evidentemente seu, decoisábaselle. Tamén se presentaban junk ers en grupos de tres ou catro (...). Tamén estes encheran os petos (...). Ademáis, desarmábase ós junk ers. -¿E agora -preguntáb aselles -, volveredes coller as arm as contra o pobo?. Un detras do outro contestaban que nón, e con esta promesa deixábaselles en liberdade.” (REED , J.: Diez dias que estremecieron al mundo. Barcelona. Os libros de Plon, 1982.) R. A revoluci ón socia lista. As Teses de Abril. “1. Na nosa actitude cara á guerra -que por parte de Rusia, baixo o novo goberno de Lvov e compañía, segue a ser indubidablemente unha guerra imperialista de rapina, debido ó caracte r capitalis ta deste gobe rno-, non é posible tolerar ningunha concesión, por cativa que sexa, ó “defensismo revolucionario”. O proletariado con conciencia de clase pode dar un asentimento a unha guerra revolucionaria que xustifique realmente o defensismo revolucionario só baixo as seguintes condicións: a) que o poder pase a máns do proletariado e dos sectores máis pobres dos campesiños, aliados do proletariado; b) que se renunci e de feito, e non só de palabra, a tódalas anexións ; c) q ue s e rache realmente e de modo absoluto con tódolos interese dos capitalistas. Dada a indubidable boa fe de grandes sectores da masa que cren no defensismo revolucionario, que admiten a guerra unicamente como unha necesidade e non como unha guerra de conquista, dado que foron enganados pola burguesía, é preciso explicarlles o seu erro... a ligazón entre o capital e a guerra imperialista... 2. A característica do momento actual en Rusia é o paso da primeira etapa da revolución, que deu o poder á burguesía por carecer o proletariado do gro necesario de conciencia de clase e de organización, á súa segunda etapa, que debe poñer o poder en máns do proletariado e dos sectores pobres dos campesiños... 3. Nin o menor apoio ó goberno provision al; demostrar a falsidade absoluta de tódalas súas promesas, especialmente as que fan referencia a renuncia ás anexións. Dese mascarar a este goberno, que é un goberno 1 72
  • 10. de capitalistas, en vez de “es ixir” que deixe de ser imperialist a, cousa inadmis ible e que non fai m áis que espertar ilusións. 4. Recoñecer que na maior parte dos soviets de deputados obreiros, o noso partido está en minoría... explicarlles ás masas que os s oviets de deputados obreiros son a única forma posible de goberno revolucionario... 5. Non unha rrepública parlamentaria -volver a esta desde os soviets de deputados obreiros sería un paso atrás-, senón unha república de soviets de deputados obreiros, peós rurais e campesiños, en todo o país, de, de abaixo a arriba... 6. No programa agrario, trasladar toda a atención ós soviets de deputados peóns rurais. Confiscación de todas as terras dos terratenentes. Nacionalización de todas as terras do país... 8. A nosa tarefa inmediata non é a “in troducción” do soc ialismo, sen ón só poñer de seguida a producción social e a distribucción dos productos baixo o control dos soviets de deputados obreiros. 9. Tarefas do partido: a) Celebración immediata dun congreso do partido. b) Modificación do programa do partido, principalmente: 1) Sobre o imperialism o e a gu erra imperialista; 2) Sobre a actitude do Estado e a nosa reivindicación dun “Estado-comuna”; 3) Modificación do programa mínimo, que está vello. c) Cambiar o nome do partido. d) Renovar a Inte rnacional. (LEN IN, Socineninja , XXIV, 3, en M arc Ferr o, Paxs. 474-476) S. A revolución soci alista. As reivindic acións campes iñas “A asemblea do goberno de Voronezh, constituída polos representantes dos comités de Volost, despois de esc oitar os informes e debate s sobre a cuestió n agraria, declara: 1. Toda a terra debe ser transferida ó pobo. 2. A propiedade da terra debe ser abolida. 3. A explotación da terra é un dereito de todos os que a traballan. 4. A terra é expropiada ós seus posuídores sen indemnización. 5. A confiscación das terras non debe tolerarse antes da asamblea constituínte. A asemble a conside ra urxente e indi spensab le a promulgació n, polo goberno provis ional, das seguintes leis: 1. Facer que cese toda trnsacción sobre as terras (compra, venda ou hipoteca). 2. Conferir ós comités da terra o dereito a traballar as terras non explotadas polos posuídores. 3. Tomar medidas para proporcionar ós comités da terra instrumentos de labranza de todas clases e todo o que lles sirva para a explotación. 4. Atribución, ós comités da terra, do dereito a regulamentar os arrendamentos e os salarios dos obreiros agrícolas, así como a controlar a explotación das propiedades para garantir a producción da maior cantidade posible de bens alimenticios. 5. O goberno provisional debe promulgar unha acta que anule a lei sobre a obshchina, reforce a posición dos arrendatarios e regule o emprego de instrumentos de producción. 6. Os comités da terra deben preservar os bosqu es, as zonas de pesc a e outros lugares productivos de todo acto de pillaxe, a fin de garantir a súa utilización por todo o pobo. Resolución adoptada por unanimidade en Voronezh, o 9 de abril de 1917. (Esta resolución foi impresa e editada polo comité de Voronzh do Partido Socialista Revolucionario).” (FERR O, M.: La Revolución de 1917. Paxs. 465-66) 1 73
  • 11. T. A revolucion socialista. O socialismo moderado. “Ó amencer do 25 de outubro, Kerenski xa se atopaba en condicións de asegurar que a revolución estalara e o cuartel xeral do alto mando non fixera nada por defender petrogrado. Culpou ós militares de terpecado de excso de confianza... Posteriormente, Kerenski saíu precipitadamente da capital coa protección dun automóbil da emb aixada americana, co fin de saír ó encontro das tropas da fronte que el m esmo chamara. Ó anoitecer, o Pazo de inverno foi sitiado e non puido volver a comunicarse coa cidade. En van esperou o Goberno Provisional o regreso de Kerenski coas tropas. Pola noite, o criceiro Aurora, que se pasara ó bando dos bolxeviques trala súa chegada desde Kronstadt, bombardeou o Pazo... Finalmente, os mariñe iros, soldados e obreiros da Garda Roxa penetraron no pazo, e o comandante rendesuse coa condición de que lles perdoasen a vida ós cadetes. Os membros do goberno provisional foron encarcerados na fortaleza de Pedro e Paulo, onde volveron a reunirse cos ministros do réxime tsarista, que foran encarcerados trala revolución de marzo... A disolución xeral de Rusia xestáraase no Goberno Provisional... A desorganización provocada pola extraordinaria campaña militar, a extremada laxitude do Exercito e o caos económico, todo isto preparou a Rusia para recibir o bolxevismo... Lenin só tivo que sancionar un feito consumado para obte-lo apoio dos soldados, campesiños e obreiros.” (Fragment os do relato de outubro e a explicación que delas fixo Miliukov, historiador e un dos dirixentes do partido dos Kadets, 1917. En: M iradoiro. Historia do mundo contemp oráneo. Ed. Vicens-Vives, A Coruña, 1987. Pax. 141) U. A revolución socialista. O primeiro goberno bolxevique. “Os terreos dos terratenentes, asi c omo todas as terras da Coroa, dos mosteiros e da Igrexa, con todo o seu gando de labor e apeiros de labranza, edificios e todas as dependencias, pasan a disposición dos comités agrarios de pequeno distrito e dos Soviets de Deputados Campesiños de distritos ata que se reuna a Asemblea Constituínte... Igualdade e soberanía dos pobos de Rusia... Dereito dos pobos de Rusia á libre autodeterminación, ata a súa separación e constitución de Estados independentes... O negocio bancario declárase monopolio do Estado... Quedan abolidos todos os rangos e graos no exercito, desde o de c abo ata o de xeneral. O Exercito da Repúblic a de Rusia e stará const ituído en adiante por cidad áns libres e iguais, que levarán o hon roso título de soldados do Exercito revolucionario... Quedan abolidos todos os estamentos e divisións estamentais dos cidadáns, os privilexios e restriccións estamentais, as organizacións e institucións estamentais, así como todos os rangos civís existentes ata agora en Rusia...” (Fragm entos dos Prim eiros decret os do gobe rno bolxevique , 1917.En: RE ED,J. : Os dez días que conm overon o mundo. ) V. A revolución socialista. A Constitución de 1918. “ A Constituc ión da República Soci alista Federativa Soviética de Rus ia. Adoptada polo V Congreso panruso o 19 de xullo de 1918. TÍTULO PRIMEIRO Declaración de dereitos do pobo traballador e explotado. Capítulo primeiro. 1. Rusia toma o nome de República de soviets de deputados obreiros, campesiños e soldados. Todo o poder central e local, pertence a estes soviets. 2. A República soviética de Rusia establécese sobre a base dunha libre unión de nacións libres, como Federación de Repúblicas soviéticas nacionais. Capítulo segundo. 3. Co fin fundamental de suprimir toda explotación do home polo home, de abolir para sempre a división da sociedade en clases, de reprimir sen piedade ós explotadores e de instituír a organización socialista da sociedade, así como de asegurar a victoria do socialismo en tódolos países, o III Congreso panruso de Soviets de deputados, obreiros, campesiñ os e soldados decreta: 1 74
  • 12. ...c) Como prim eiro paso cara a transferencia total das fábricas, minas, ferrocarrís e outros medios de producción ou de transporte entre a Repúb lica soviética ob reira e campesiña, a lei soviética sobre o control obreiro e sobre o Consello Superior de Econ omía Nacional, a fin de asegu rar o poder dos t raball adores sobre os explotadores... f) A fin de asegurar ás masas t raballadoras a totalidade do poder e de descartar toda posibilidade de restauración do poder dos explotadores, decrétase o rearme dos traballadores, a formación dun Exercito Roxo socialista de obreiros e campesiños, así como o desarme completo das clases posuidoras. TÍTULO TERCEIRO A organización do Poder Central Capítulo sexto. Do Congreso panruso de Soviets de deputados obreiros, soldados, campesiños e cosacos. 24. O Congreso panruso de Soviets é o poder supremo da R.S.F.S.R. 25. O Congreso panruso de sovie ts componse de rrepresentantes de soviets de cidades, a razón de un deputado por cada 25.000 electores, e de representantes dos congresos de soviets provinciais , a razón de un deputado por 125.000 habitantes... 29. O Comité Executivo Central de soviets é responsable ante un congreso panruso de soviets... Capítulo Sétimo Do Comité Executivo Central dos soviets. 31. O Comité Executivo Central panruso é o órgano supremo de lexislación, administración e control da R.S.F.S.R.” W. A revoluci ón socia lista. A gu erra civil. Fonte: Miradoiro. Historia do mundo contem poráneo. Ed. Vicens-Vives. Pax.142 1 75
  • 13. X. A revolución rusa. O Com unismo de Gu erra. Elabora ción propia con d atos de: NO VE, A.: Hª económica da Unión Soviética. Pax. 71 Y. A revolución soci alista. A oposici ón ó Comunism o de Guerra. “Oído o informe dos representantes e nviados a Petrogrado pola asemblea xeral de tripulación de barcos co fin de que investiguen os feitos alí acontecidos, esiximos: 1º. Que, en vistas de que os actuais Soviets non expresan a vontade dos obreiros e campesiños, deben celebrarse de contado novas elecci óns por voto secreto, con propaganda preliminar libre para tódolos obreiros e campesiños antes das eleccións... 2º. Liberdade de expresión e de prensa para obreiros e campesiños, anarquistas e partidos socialistas de esquerda... 3º. Liberdade de reunión para sindicatos e asociacións campesiñas... 5º. A liberación de tódolos prisioneiros políticos da partidos socialistas, así como a dos obriros e campesiños, soldados roxos e mariñeiros encarcerados pola súa relación con movementos obreiros e campesiños... 11º. Que se lles outorgue ós campesiños o dereito e a liberdade de acción para facer o que lles praza con toda a terra... 15º. Que sexa permitida a libre producción artesanal.” (Fragment os das peticións formuladas no manifesto d o s su b l e va d o s e n K r on s t a dt e n 1 92 1 . En : A R Ó S TE G U I S Á N C H E Z , J. e outros: Miradoiro. Historia do mundo contem poráneo. Ed. Vicens-vives. A Coru ña, 1987. Pax. 142 ) Z. A revolución socialista. A Nova Política Económica (NEP) “Por qué e en qué condicións o poder soviético admite o capitalismo e as concesións. O imposto en especie, naturalmente, significa que o campesiñado ten lib ertade de dispoñer dos sobrantes que lle quedan despois de pag ar o imposto . Mentres o Es tado non poida ofrecer ó campesiño productos da fábrica socialista a cambio de todos eses sobrantes, a liberdade de comerciar cos excedentes significa inevitablemente liberdade de desenvolvemen to capitalista. 1 76
  • 14. Sen emb argo, dent ro dos lími tes indi cado s, isto non re prese nta perigo ningún para o socialismo, mentras o transporte e a gran industria sigan nas máns do proletariado. Ó contrario, o desenvolvemento do capitalismo controlado e regulado polo Estado proletario (é dicir, do “capitalis mo de Estado”, ne ste censo da palabra) é vantaxoso e necesari o (claro que at a cert o punto) nun país de pequenos campesiños, extraordinariamente arruinado e atrasado, porque pode acelerar un desenvolvemento i mmediato da agric ultu ra polos campesiños. Con maior razón, pode dicirse o mes mo das conces ións sen nac ionalizar, e que o Estado obreiro dea en arrendo determinadas minas, bosques, explotacións petrolíferas, etc., a capitalis tas estranxeiros para obter deles instrumental e máqu inas supleme ntari as qu e nos permi tan ap resurar a restauración da gran industria soviética.” (Tese do informe sobre a táctica do Partido Comunista de Rusia. III Congreso Internacional Comunista, 13 de xuño de 1921) Z. 1. A Revolución socialista. A organización do Estado soviético. O estalinismo. Unha férrea dictadura. Z. 2. A loita polo poder á morte de Lenin. O posicionamento de Stalin. “A victoria do socialismo nun único país é a posibilidade de resolver as contradiccións entre o proletariado e o campesiñado por medio das forzas internas do noso país; é a posibilidade da toma do poder por parte do proletariado e da utilización dese poder para construír unha soci edade socialista integral no noso propio país co apoio dos proletarios doutros países, pero sen a victoria previa da Revolución nos outros países.” (STALI N, J.: Cuestiones de leninismo. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A. Obra citada. Pax. 144) Z. 3. A loita polo poder á morte de Lenin. O posicionamento de Trotski. “A conquista do poder polo proletariado non remata a revolución, senón que a acaba de comezar. A construcción socialista non se concibe nada máis que sobre a base da loita de clases a escala nacional e internacional... A revolución comeza no terreo nacional e remata na área mundial. Así a revolución socialista faise permanente no se ntido novo e máis am plo de termo: non remata máis que c o triunfo definitivo da nova sociedade en todo o planeta.” (TROTS KI, L.: La revolución permanente. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A. Obra citada. Pax. 144) 1 77
  • 15. Z. 4. A burocratización do Estado. “Existen, dun la do, e mpregados ordinarios, membros do partido non in vestidos do poder, que n ada gobernan, que non poden ordenar cousa ningunha ou tomar decisións que teñan forza de lei e, por outro lado, funcionarios con autoridade, gobernantes de empresas, de institucións politicas, de se ctores enteiros da economía, da cultura, da política, da vida cotiá e, finalmente de todo Estado nas súas múltiples relacións interiores e exteriores, así c omo o Partido na súa actividade de dirixente e organizador. Estes son capaces de ordenar cousas e de tomar decisións que teñan forza de lei. Forman a clase dirixente e, por iso, dominante da sociedade soviética, socialista, que dirixe tódolos dominios da vida, investida da plenitude do poder... O membros da nomenclatura foron así colocados nunha situ ación privilexiada respecto da masa da poboación traballadora. Deste modo, a aristocracia burocrática do Partido fíxose independente da opinión pública dos traballadores, afíxose a desprezala. A súa actividade desenvolveuse nu nha esfera separada, autónoma, sen control da sociedade e nin sequera do Partido. É moi nat ural que esta aristocrac ia no poder, se esforzase por facer máis firmes os seus inconfesados privilexios xurídicos e mesmo os seus privilexios materiais: a utilización por unha lei tácita, dos diversos bens e, principalmente, dos que pertencían á administración. (VARGA , E.: A construçäo do socialismo na Uniao Soviética. Ed. Ferreira. Porto) Z. 5. Unha nova era económica. Os plans quinquenais. “En 1928, a URSS entrou nunha nova era. O partido e o goberno lanzaron os “plans quinquenais”, que deberían orientar a producci ón e facer posi ble que a Unión Soviética salvase o seu atraaso. Simultaneamente, invitouse ós campesiños a que abandonase a práctica dos cu ltivos individuais e entrasen nas grnaxas colectivas. Os bolxeviques aspi raban a som eter a natureza ás necesidades do home, utilizar a fondo os inmensos recursos do país e cambiar totalment e o modo de existencia dos cidadáns. Os cambios habidos en 1917-1927 fixeranse de xeito apresurado e sen orde nin concerto, anarquicamente, como a repartición das terras; case todos eles se deberan á presión dos acontecementos. En 1928 comezou a construcción consciente e voluntaria dunha sociedade nova. ( S O R L I N , P.: A sociedade soviética. 1917-1964. En: Historia do mundo contem pooráneo. Ed. Rodeira-edebe. A Coruña,2002. Pax. 182) Z.6. A planificació n económic a. A colectivizaci ón agraria. 1 78
  • 16. Z. 6. A planificación económica. Evolución global da econom ía soviética. Z. 7. As depuración políti cas. Os campos de traballo en Siberia. “Vexamos a chegada dun dos trens ao punto de destino: estación de Ierzovo, febreiro de 1938. Abrense os vagóns pola noite. Ó longo do tren fixeronse fogueiras, que iluminan as operacións de descarga, conta, formación dos presos sobre a neve e nova conta. A temperatura é de trinta e dous gros baixo cero. A remesa procede de Donbass; os presos estiveron no cárcer desde o verán e a maioría levan sandalias. Tratan de achegarse ao lume, pero botannos de alí. O lume non é para se quentar, senón para iluminar. Os dedos dos pés quedanse ríxidos. Os zapatos énchense de neve, que nin sequera se funde. Non hai compaixon. Logo dase a rode:”¡En marcha!”... A columna ponse en marcha; os gardiáns con peliza, e os conde nados a morte, coas sú as prendasd de verán, funden os pés na neve virxe da estrada, camiño dalgún lugar da sombría taiga... A fin da viaxe representa moitas veces o primeiro paso para a fundación dun novo campo, e, así, a miudo, o tren detense bruscamente en plena taiga, e alguén crava nun abeto un cartel que di: “primeiro OLP” (posto avanzado de campo de concentración). E alí pasan unha semana mastic ando arenque afumado e facendo papas de fariña e neve. Se o campo ten polo m enos dúas sem anas de existenci a, ofrec e xa un certo co nfort e hai comida quente. Non importa que non haxa pratos; bótano todo xunto nunha tina, da que comen seis. Tampouco hai me sas nin asentos. ¿Repetición? Non; isto era en Pereboy en 1937, e cóntanolo Loshchilin. Eu non me repito; GULAG é quen se repite.” ( S O L Z H E N IT S I N , A.: Arquipélago Gulag. 1 9 73 . E n: A L F E IR A N R O D R I G U E Z , X . e R O ME R O M A S I Á , A. Obra citada. Pax.229) Z. 8. O culto a personalidade. Un bo amigo tamén podería aconsellar a Stalin que de teña a orxía de glorifi cación pe rsoal á que se lle ten permitido asolar o país. Diariamente chéganlle centenares de telegramas que desbordan esaxerados eloxios orientais: “Es o xefe máis grande...” e outros polo estilo. Tres cidades, innumerables aldeas, granxas colectivas, escolas, fábricas e instit ucións foron desig nadas co seu nome . Se Stalin non é responsab le deste comportamento, plo menos o tolera. Podería suspendelo nada maís que premendo un botón.” (FISHER,L.(Periodista america no destaca do en Moscú). Natión. 13-XII -1930. E n: ALF EIR AN R ODR IGUE Z, X . e R O M E R O MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 229) 1 79
  • 17. Documentos fílm icos relacionados c oa unidade temátic a. 1. Doutor Zhivago. EE. UU. 1965. Dir. David Lean. Xénero: drama romántico. Duración: 176 m. 2. Doutor Zhivago. Reino Unido. 2002. Dir. Giacomo Campiotti. Xénero: drama romántico. Duración: 225 m. 3. O acoira zado Potemkin. Unió n Soviética. 1925. Dir. S. M, Eisenstein. Xénero: drama bélico. Duración: 80 m. 4. Outubro. Unión Soviética. 1927. Dir. S. M. Eisenstein. Xénero: drama. Duración: 85 m. 5. A folga. Unión Soviética. 1924. Dir. Sergei M. Eisenstein. Xénero: drama social. Duración: 82 m. 6. A terra. Unión Soviética. 1930. Dir. Alexander Dovjenko. Sin datos nos demáis apartados. 7. Roxos. EE. UU. 1981. Dir. Warren Beatty. Xénero: drama político. Duración: 200 m. 8. Nicolás e alexandra. EE. UU. 1971. Dir. Franklin J. Schaffner. Xénero: Drama de época. Duración: 183 m. 9. O asasinato de Trotsky. Reino Unido. 1972. Dir. Joseph Losey. Xénero: drama. Duración: 103 m. 10. O círculo de poder. EE. UU. 1991. Dir. Konchalovsky. Xénero: drama biográfico. Duración: 137 m. 11. A nai. Unión Soviética. 1926. Dir. Vsevolod Pudovkin. Xénero: drama social. Duración: 88 m. 12. Siberiada. Unión Soviética. 1978. Dir. Andrei Konchalovsky. Xénero: drama político. Duración: 275 m. 1 80