SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME

                                           Economía

“No século XVIII as grandes crises de subsistencias desapareceron de Europa en favor dunha penuria
globalmente tolerada. Iso, como vimos ademais doutros factores, permitiu o crecemento da poboación. Porén
os cambios na agricultura, agás talvez Inglaterra, Países Baixos e algunhas zonas francesas, non foron
significativos: as técnicas de produción de cereais seguían sendo as mesmas e os rendementos, en xeral, non
subiron excesivamente e todo se fiaba, de novo, a novas roturacións que incrementasen a produción. Unha
serie de elementos albiscaban, en cambio, a transformación da agricultura sobre todo a partir do segundo
terzo de século nalgunhas zonas: a diminución do barbeito grazas entre outras cousas ao aumento do
abonado; os novos utensilios agrícolas como o arado de vertedera ou a sementadora e malladoras mecánicas;
e, sobre todo, a nova rotación de cultivos que reduciu o barbeito e que asociou gandaría e agricultura grazas
ás plantas forraxeiras.
A partir do último terzo de século a subida dos prezos dos cereais desencadeou unha febre por aumentar as
producións e subir os beneficios para o cal se adoptaban algúns dos medios antes apuntados. A agricultura
empezaba a deixar de producir para a subsistencia do campesiño e o mantemento da renda feudal, e pasaba
a producir para vender, co fin de reinvestir e vender aínda máis (lóxica capitalista). Algúns emprenderon
esta vía (Inglaterra), outros, temerosos das innovacións ou suficientemente satisfeitos co sistema non
innovaron (Europa oriental e mediterránea).”

            • Separa en dúas columnas os elementos que podían significar un progreso agrario e aqueles
              que se mantiñan máis ou menos inalterables como no século XVII.
            • O texto cóntache a variable situación que vivía a agricultura nas distintas zonas europeas:
              trata de diferenciar dúas zonas segundo como avanzase o progreso agrario nelas. España, ¿en
              cal destas dúas áreas se situaría?, ¿por que?
            • Comenta coas túas palabras que pode significar a frase escrita en cursiva.
            • Imaxina que es un pequeno agricultor sen moitos medios, ¿cara que modelo te dirixirías
              máis? E se foses un gran propietario? Razoa as respostas.




            • A quen pertencen as terras na provincia de Toledo á altura do século XVIII?

            • Correspóndese esta distribución co peso demográfico de cada grupo?, Que consecuencia terá
                este feito na distribución da terra?

            • Valora os resultados da última columna (“total terra fóra do mercado ”)
“...que cualquiera persona que quisiere usar el oficio de sombrerero en esta çiudad e sus arravales lo pueda
haçer y aga conque primero y antes sea examinado(...)

Yten que cualquiera que assi hubiere de ser examinado de maestro y quisiere poner tienda que lo pueda hacer
con que dé a los behedores que le examinaren dos ducados y al escrivano dos rreales por la carta del dicho
examen

(...)que no se pueda traer ni traiga a bender a esta ciudad rropa labrada de sombreros sin que primero y antes
que se benda sea vista y examinada por los behedores del dicho oficio.

(...)que ninguna persona maestro examinado que tubiere tienda en estaciudad o sus arravales no pueda tener
más de hasta dos aprendiçes salvo que dos o tres meses antes que el uno salga pueda rrescibir y tener otro

(...)que ninguna caxa de sombreros de los que salieren fuera desta çiudad a benderse o vayan bendidas que
sea de doce sombreros arriba no pueda salir de la dicha çiudad ni sus arravales sin que primero y antes sea
bisitada por los dichos beedores y sellada con el sello que ellos tubieren...”

                                                   Ordenanzas do gremio de sombreireiros de Segovia, 1599

            •   Comenta, a partir deste texto, as características dos gremios.
            •   Paréceche que as súas ordenanzas favorecen a liberdade económica? Razoao.
            •   Que elementos positivos e negativos ves nun gremio para o desenvolvemento económico
            •   Servindote destas normas como guía elabora un discurso no que realices unha crítica aos
                gremios expondo as razóns que che levan a iso.


“A prosperidade do comercio depende dunha profunda industria en dar valor a todos os froitos naturais do
reino en todos os diferentes usos a que poden ser empregados.
Para o cal cómpre ter anualmente relacións puntuais de todo o que se produce en Francia, do que consume,
do que envía a países estranxeiros e do que recibe, a fin de facer un cómputo do valor das mercadorías ou
efectos de que se descarga pola súa abundancia co valor de que recibe por necesidade. É preciso saber tamén
canto ten que pagar en especies de ouro e prata polos xéneros que recibe a máis dos equivalentes naturais que
entrega; por que non se pode dubidar de que os seus equivalentes non a compensan enteiramente. A proba é
evidente polo gran número de navíos estranxeiros que entran nos portos de Francia cargados en parte con
mercadorías finas, e que se volven os uns con xéneros de la, os outros con efectos de maior volume e, por
conseguinte, de menos valor. E como desta falta de equivalencia resulta que os estranxeiros se enriquecen e o
reino empobrécese, cómpre sacar o desquite polos medios máis naturais.
Primeiro medio: Aumentar todas as producións do reino, buscando a natureza onde foi menosprezada, e
axudala con arte segundo o enxeño e particular habilidade de cada provincia.
Segundo medio: Descargar ao Reino de todas as especies que produce e fabrica con superabundancia.
Terceiro medio: Facer que tomen os estranxeiros estes sobrantes polo seu máis subido prezo.
Cuarto medio: Non recibir as mercadorías estranxeiras senón ao máis baixo prezo posible e a cambio destes
sobrantes.
Quinto medio: Impedir o malo costume da extracción das especies de ouro e prata fóra do Reino .”

                                             Proxecto de Monsieur Colbert ao rei Luis XIV sobre o comercio

            • Realiza un resumo do texto
            • Quen é Colbert?. Cal é o seu obxectivo? Que medios propón para iso? Cita os que che
              parezan máis importantes e sinala por que
            • Con que teorías ou prácticas económicas relaciónase?, por que?
            • Que prácticas económicas substituirán a este modelo tan intervencionista?
            • Paréceche que se pode falar de intervencionismo estatal neste proxecto? Por que? Intervén
              hoxe o Estado na economía?, como? (pon algún exemplo)
“Pola presente establecemos a Compañía de Guinea, destinada ao comercio de negros, do ouro e de todas as
outras mercancias coas que se poida comerciar nas costas de Africa desde o río Serra Leoa ata o Cabó de Boa
Esperanza.
Á devandita Compañía pertencerán de toda propiedade as terras que poderán ocupar durante o tempo da
concesión. Poderá establecer fortes para a súa seguridade, transportar armas e canóns e dispor de soldados
para defenderse tanto dos naturais coma dos estranxeiros.
Para que a devandita Compañía poida levar a cabo a súa empresa queremos que, de acordo coa práctica
vixente, reciba a suma de trece libras de gratificación por cada cabeza de negro que transporte ás nosas illas e
colonias de América.”

                                               Acta de Constitución da Compagnie de Guinée, Versalles, 1685

             • Resume que é o que nos conta o texto. ¿E unha fonte primaria ou secundaria? Explícao
             • De que tipo de empresa fálase no texto? Comenta as súas características e que relación tiñan
               co Estado
             • Pensas que esta compañía exercería algún tipo de monopolio ou existe a liberdade
               comercial? Explicao
             • Busca información sobre algunhas destas compañías no século XVIII

More Related Content

Similar to Exercicios ar 1º bach economía

Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022
Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022
Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022Gema
 
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptx
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptxEl renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptx
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptxtorralbarosa
 
Tema 4 historia economica
Tema 4 historia economicaTema 4 historia economica
Tema 4 historia economicaLau Berm Zavala
 
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIX
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIXTransformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIX
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIXcaryuyu
 
Mercadeo internacional. primera lección
Mercadeo internacional. primera lecciónMercadeo internacional. primera lección
Mercadeo internacional. primera lecciónGOOGLE
 
tramite de comercio internacional completo
tramite de comercio internacional completotramite de comercio internacional completo
tramite de comercio internacional completoedward qujano
 
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02Starla Smith
 
Historia del comercio i.
Historia del comercio i.Historia del comercio i.
Historia del comercio i.Lorena Hidalgo
 
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.Esteban Vallejo
 
El Mercantilismo
El MercantilismoEl Mercantilismo
El MercantilismoAiluss505
 
Teorias mercantilistas. yurvifrange
Teorias mercantilistas. yurvifrangeTeorias mercantilistas. yurvifrange
Teorias mercantilistas. yurvifrangeFrangelica Rios
 

Similar to Exercicios ar 1º bach economía (20)

Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022
Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022
Unidad 5: El Renacer de las Ciudades_2022
 
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptx
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptxEl renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptx
El renacer de las ciudades durante la Baja Edad Media.pptx
 
Tema 4 historia economica
Tema 4 historia economicaTema 4 historia economica
Tema 4 historia economica
 
Comercio exterior libro
Comercio exterior libroComercio exterior libro
Comercio exterior libro
 
El mercantilismo
El mercantilismoEl mercantilismo
El mercantilismo
 
El mercantilismo
El mercantilismoEl mercantilismo
El mercantilismo
 
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIX
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIXTransformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIX
Transformaciones económicas y cambios sociales en el siglo XIX
 
Mercadeo internacional. primera lección
Mercadeo internacional. primera lecciónMercadeo internacional. primera lección
Mercadeo internacional. primera lección
 
tramite de comercio internacional completo
tramite de comercio internacional completotramite de comercio internacional completo
tramite de comercio internacional completo
 
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02
Preparandomipruebalacolonia 121024141218-phpapp02
 
Historia del comercio i.
Historia del comercio i.Historia del comercio i.
Historia del comercio i.
 
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.
Mercadeo Internacional. Primera lección. UCR 2011.
 
El Mercantilismo
El MercantilismoEl Mercantilismo
El Mercantilismo
 
El Mercantilismo
El MercantilismoEl Mercantilismo
El Mercantilismo
 
Teorias mercantilistas. yurvifrange
Teorias mercantilistas. yurvifrangeTeorias mercantilistas. yurvifrange
Teorias mercantilistas. yurvifrange
 
Clases etapasde la economia(1)
Clases etapasde la economia(1)Clases etapasde la economia(1)
Clases etapasde la economia(1)
 
comercio internacional
comercio internacionalcomercio internacional
comercio internacional
 
Tema 6.2
Tema 6.2Tema 6.2
Tema 6.2
 
Mercantilismo
MercantilismoMercantilismo
Mercantilismo
 
economia en el virreinato.pptx
economia en el virreinato.pptxeconomia en el virreinato.pptx
economia en el virreinato.pptx
 

More from Iván Grrrrrrrrrrr (20)

Pintura gótica
Pintura góticaPintura gótica
Pintura gótica
 
Escultura gótica
Escultura góticaEscultura gótica
Escultura gótica
 
Arte gótica: arquitectura
Arte gótica: arquitecturaArte gótica: arquitectura
Arte gótica: arquitectura
 
Arte gótica: contexto
Arte gótica: contextoArte gótica: contexto
Arte gótica: contexto
 
Arquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
Arquitectura cisterciense: mosteiro de OseiraArquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
Arquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Arte prerrománica
Arte prerrománicaArte prerrománica
Arte prerrománica
 
Xeografía física II
Xeografía física IIXeografía física II
Xeografía física II
 
Arte bizantina
Arte bizantinaArte bizantina
Arte bizantina
 
Arte paleocristiá
Arte paleocristiáArte paleocristiá
Arte paleocristiá
 
Arte romana II:as artes plásticas
Arte romana II:as artes plásticasArte romana II:as artes plásticas
Arte romana II:as artes plásticas
 
Arte da antiga Grecia II: escultura
Arte da antiga Grecia II: esculturaArte da antiga Grecia II: escultura
Arte da antiga Grecia II: escultura
 
Arte romana I
Arte romana IArte romana I
Arte romana I
 
Xeografía física I
Xeografía física IXeografía física I
Xeografía física I
 
Arte grega I
Arte grega IArte grega I
Arte grega I
 
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicialHistoria da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
 
Evolución política na España do século XIX
Evolución política na España do século XIXEvolución política na España do século XIX
Evolución política na España do século XIX
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Xeografía física
Xeografía físicaXeografía física
Xeografía física
 
Táboa climas e modelo de comentario
Táboa climas e modelo de comentarioTáboa climas e modelo de comentario
Táboa climas e modelo de comentario
 

Exercicios ar 1º bach economía

  • 1. EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME Economía “No século XVIII as grandes crises de subsistencias desapareceron de Europa en favor dunha penuria globalmente tolerada. Iso, como vimos ademais doutros factores, permitiu o crecemento da poboación. Porén os cambios na agricultura, agás talvez Inglaterra, Países Baixos e algunhas zonas francesas, non foron significativos: as técnicas de produción de cereais seguían sendo as mesmas e os rendementos, en xeral, non subiron excesivamente e todo se fiaba, de novo, a novas roturacións que incrementasen a produción. Unha serie de elementos albiscaban, en cambio, a transformación da agricultura sobre todo a partir do segundo terzo de século nalgunhas zonas: a diminución do barbeito grazas entre outras cousas ao aumento do abonado; os novos utensilios agrícolas como o arado de vertedera ou a sementadora e malladoras mecánicas; e, sobre todo, a nova rotación de cultivos que reduciu o barbeito e que asociou gandaría e agricultura grazas ás plantas forraxeiras. A partir do último terzo de século a subida dos prezos dos cereais desencadeou unha febre por aumentar as producións e subir os beneficios para o cal se adoptaban algúns dos medios antes apuntados. A agricultura empezaba a deixar de producir para a subsistencia do campesiño e o mantemento da renda feudal, e pasaba a producir para vender, co fin de reinvestir e vender aínda máis (lóxica capitalista). Algúns emprenderon esta vía (Inglaterra), outros, temerosos das innovacións ou suficientemente satisfeitos co sistema non innovaron (Europa oriental e mediterránea).” • Separa en dúas columnas os elementos que podían significar un progreso agrario e aqueles que se mantiñan máis ou menos inalterables como no século XVII. • O texto cóntache a variable situación que vivía a agricultura nas distintas zonas europeas: trata de diferenciar dúas zonas segundo como avanzase o progreso agrario nelas. España, ¿en cal destas dúas áreas se situaría?, ¿por que? • Comenta coas túas palabras que pode significar a frase escrita en cursiva. • Imaxina que es un pequeno agricultor sen moitos medios, ¿cara que modelo te dirixirías máis? E se foses un gran propietario? Razoa as respostas. • A quen pertencen as terras na provincia de Toledo á altura do século XVIII? • Correspóndese esta distribución co peso demográfico de cada grupo?, Que consecuencia terá este feito na distribución da terra? • Valora os resultados da última columna (“total terra fóra do mercado ”)
  • 2. “...que cualquiera persona que quisiere usar el oficio de sombrerero en esta çiudad e sus arravales lo pueda haçer y aga conque primero y antes sea examinado(...) Yten que cualquiera que assi hubiere de ser examinado de maestro y quisiere poner tienda que lo pueda hacer con que dé a los behedores que le examinaren dos ducados y al escrivano dos rreales por la carta del dicho examen (...)que no se pueda traer ni traiga a bender a esta ciudad rropa labrada de sombreros sin que primero y antes que se benda sea vista y examinada por los behedores del dicho oficio. (...)que ninguna persona maestro examinado que tubiere tienda en estaciudad o sus arravales no pueda tener más de hasta dos aprendiçes salvo que dos o tres meses antes que el uno salga pueda rrescibir y tener otro (...)que ninguna caxa de sombreros de los que salieren fuera desta çiudad a benderse o vayan bendidas que sea de doce sombreros arriba no pueda salir de la dicha çiudad ni sus arravales sin que primero y antes sea bisitada por los dichos beedores y sellada con el sello que ellos tubieren...” Ordenanzas do gremio de sombreireiros de Segovia, 1599 • Comenta, a partir deste texto, as características dos gremios. • Paréceche que as súas ordenanzas favorecen a liberdade económica? Razoao. • Que elementos positivos e negativos ves nun gremio para o desenvolvemento económico • Servindote destas normas como guía elabora un discurso no que realices unha crítica aos gremios expondo as razóns que che levan a iso. “A prosperidade do comercio depende dunha profunda industria en dar valor a todos os froitos naturais do reino en todos os diferentes usos a que poden ser empregados. Para o cal cómpre ter anualmente relacións puntuais de todo o que se produce en Francia, do que consume, do que envía a países estranxeiros e do que recibe, a fin de facer un cómputo do valor das mercadorías ou efectos de que se descarga pola súa abundancia co valor de que recibe por necesidade. É preciso saber tamén canto ten que pagar en especies de ouro e prata polos xéneros que recibe a máis dos equivalentes naturais que entrega; por que non se pode dubidar de que os seus equivalentes non a compensan enteiramente. A proba é evidente polo gran número de navíos estranxeiros que entran nos portos de Francia cargados en parte con mercadorías finas, e que se volven os uns con xéneros de la, os outros con efectos de maior volume e, por conseguinte, de menos valor. E como desta falta de equivalencia resulta que os estranxeiros se enriquecen e o reino empobrécese, cómpre sacar o desquite polos medios máis naturais. Primeiro medio: Aumentar todas as producións do reino, buscando a natureza onde foi menosprezada, e axudala con arte segundo o enxeño e particular habilidade de cada provincia. Segundo medio: Descargar ao Reino de todas as especies que produce e fabrica con superabundancia. Terceiro medio: Facer que tomen os estranxeiros estes sobrantes polo seu máis subido prezo. Cuarto medio: Non recibir as mercadorías estranxeiras senón ao máis baixo prezo posible e a cambio destes sobrantes. Quinto medio: Impedir o malo costume da extracción das especies de ouro e prata fóra do Reino .” Proxecto de Monsieur Colbert ao rei Luis XIV sobre o comercio • Realiza un resumo do texto • Quen é Colbert?. Cal é o seu obxectivo? Que medios propón para iso? Cita os que che parezan máis importantes e sinala por que • Con que teorías ou prácticas económicas relaciónase?, por que? • Que prácticas económicas substituirán a este modelo tan intervencionista? • Paréceche que se pode falar de intervencionismo estatal neste proxecto? Por que? Intervén hoxe o Estado na economía?, como? (pon algún exemplo)
  • 3. “Pola presente establecemos a Compañía de Guinea, destinada ao comercio de negros, do ouro e de todas as outras mercancias coas que se poida comerciar nas costas de Africa desde o río Serra Leoa ata o Cabó de Boa Esperanza. Á devandita Compañía pertencerán de toda propiedade as terras que poderán ocupar durante o tempo da concesión. Poderá establecer fortes para a súa seguridade, transportar armas e canóns e dispor de soldados para defenderse tanto dos naturais coma dos estranxeiros. Para que a devandita Compañía poida levar a cabo a súa empresa queremos que, de acordo coa práctica vixente, reciba a suma de trece libras de gratificación por cada cabeza de negro que transporte ás nosas illas e colonias de América.” Acta de Constitución da Compagnie de Guinée, Versalles, 1685 • Resume que é o que nos conta o texto. ¿E unha fonte primaria ou secundaria? Explícao • De que tipo de empresa fálase no texto? Comenta as súas características e que relación tiñan co Estado • Pensas que esta compañía exercería algún tipo de monopolio ou existe a liberdade comercial? Explicao • Busca información sobre algunhas destas compañías no século XVIII