A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos

on

  • 1,470 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,470
Views on SlideShare
1,470
Embed Views
0

Actions

Likes
1
Downloads
6
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos Document Transcript

  • A representación daprostitución nos medios de comunicación galegos COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA INFORMEA representación da prostitución nos medios de comunicación galegos Autores: Luís Álvarez Pousa, Olga Castro Vázquez Iván Cuevas Domínguez Ana Belén Puñal Rama COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIACoa subvención de: 1
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA ÍndiceCAPÍTULO 1: Introdución............................................................................3 Motivacións.........................................................................................4 Metodoloxía........................................................................................6 Contexto político e legal......................................................................15CAPÍTULO 2: O tratamento da prostitución na axenda diaria dos mediosgalegos. Análise de contido.......................................................................22 A presenza da prostitución, da explotación sexual e da trata e do tráfico depersoas con tal fin na axenda dos medios galegos............................................23 As rutinas xornalísticas na cobertura da información...............................59 A relevancia concedida á información....................................................77 A linguaxe e o uso de estereotipos.......................................................94CAPÍTULO 3: A cobertura extra-ordinaria. Análise do discurso...............105 A cobertura mediática da desarticulación dunha rede de tráfico de mulleresna Coruña: A operación Cascabel.................................................................106 A cobertura mediática dos conflitos veciñais pola prostitución de rúa nobarrio barcelonés da Boquería......................................................................151CAPÍTULO 4: Os anuncios de sexo de pago na prensa galega..................177 Os anuncios de sexo de pago. Unha ollada cuantitativa..........................178 A ollada cualitativa. Unha análise de discurso sobre os anuncios de sexo depago........................................................................................................205CAPÍTULO 5: A modo de conclusión........................................................219ANEXO: Síntese da xornada “Prostitución e medios de comunicación. Odebate pendente”...................................................................................228BIBLIOGRAFÍA........................................................................................233 2
  • COLEXIOPROFESIONALDE XORNALISTASDE GALICIA INTRODUCCIÓN 3
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1. AS MOTIVACIÓNS O obxecto desta investigación é a análise da representación da prostitución,da explotación sexual e do tráfico e da trata de persoas con fins de explotaciónsexual nos medios de comunicación galegos. Os motivos que están na base da súaxestación responden a un triplo interese por parte das persoas que conformaroneste equipo de investigación a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas deGalicia: social, profesional e académico. Social, canto que os medios son activosconstrutores da realidade social e as representacións que da prostitución, daexplotación sexual e da trata e do tráfico de persoas se fai a cidadanía estáninevitabelmente condicionadas pola súa mediación. Profesional, na medida en queé preciso provocar neles a reflexión sobre a cobertura que se está a realizar destarealidade –marcada pola simplificación e a ausencia e a invisibilidade na axendainformativa– e sobre o seu dobre papel en relación coa mesma (como soporteinformativo e como soporte publicitario). Académica, canto que, até o momento,son escasos os estudos que analizaron polo miúdo a representación da prostitución,da explotación sexual e do tráfico e da trata de persoas con tal fin nos medios decomunicación. Na sociedade da información, a realidade é, máis ca nunca, mediada. O quenon sae nos medios non existe para o gran público. Os medios marcan a axenda,deciden aquilo sobre o que a sociedade ha pensar, e determinan os marcos dereferencia, ao construír a realidade sobre uns parámetros determinados que elesmesmos configuran. Os medios son, por outra banda, activos transmisores deideoloxía (tamén de ideoloxía patriarcal) e adoitan ademais poñer o foco nosnúcleos de poder, deixando así na sombra toda esa ampla realidade que se agochanas marxes. Por iso, consideramos de interese analizar a imaxe que sobreprostitución, explotación sexual, tráfico e trata de seres humanos ofrecen osmedios, para poder determinar a que lle dan luz e que deixan na escuridade, ecomo constrúen as representacións que lles fan chegar á sociedade e que nela seinstauran adoito en visións estereotipadas. En efecto, como puidemos comprobarnesta investigación, a prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a trata depersoas non forman parte da axenda habitual dos medios e, polo tanto, é unharealidade en boa medida oculta. Sobre prostitución infórmase pouco e ademais demaneira simplificada e dende a perspectiva do suceso. O que ten un dobre efecto. As informacións céntranse nunha determinada faceta, a relacionada coasredes de trata e tráfico obviando a complexidade do fenómeno e que non todaprostitución é forzada. Ademais, o que é suceso non ofrece unha lectura máis alódo episódico que permita discernir causas e consecuencias e relacionar o acontecidocunha armazón estrutural de máis amplo calado. Óbviase así a análise destarealidade dende as múltiples perspectivas ás que é preciso acudir para entender asúa complexidade: dende a económica e a política, pasando pola social, a xurídicaou a sempre necesaria perspectiva de xénero. Dende o ámbito profesional, coidamos de interese proporcionarlles aosmedios datos sobre os seus propios contidos que lles permitan facelos conscientes ereflexionar sobre as principais carencias na cobertura desta realidade, detectar osporqués (dende aqueles que teñen que ver cos intereses de diverso tipo do medioaté os relacionados coa mellora na formación e especialización das e dos seusxornalistas) e procurar así mesmo solucións. Porque a prostitución, como xadixemos, é unha temática sobre a que se investiga e traballa pouco nas redacciónsxornalísticas, o que contrasta cos importantes ingresos que a prensa obtén dela através dos anuncios de compra de sexo. 4
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Dende o campo académico, a investigación conta co interese, e tamén coasdificultades engadidas, dun obxecto de investigación até o momento escasamenteabordado, mesmo dende os estudos sobre comunicación e xénero, nos queencadramos esta investigación. As achegas até o momento foron puntuais,incardinadas polo xeral en reflexións, estudos e investigacións de marco máisamplo, a miúdo ao redor da situación da prostitución e das persoas que a exercenno Estado, ou da representación das mulleres inmigrantes nos medios decomunicación, como logo desenvolveremos no apartado dedicado ao estado dacuestión. Mais non existe unha investigación en profundidade e en exclusivacentrada na representación da prostitución, da explotación sexual e da trata e dotráfico de mulleres con fins de explotación sexual nos medios de comunicación. 5
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2. A METODOLOXÍA O obxecto desta investigación, como foi dito, é a análise das representaciónsda prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a trata de persoas con tal fin nosmedios de comunicación galegos. Partimos da hipótese de que a prensa non está arepresentar en toda a súa complexidade a realidade da prostitución, de modo quesó unha parte é a que emerxe na axenda dos medios, tinguida por patróns propiosda ideoloxía sexista e dos moldes da informacións de sucesos. Para contrastar dita hipótese, botouse man dunha dobre metodoloxía: porunha banda a análise de contido, baseada na compilación de datos cuantitativos apartir da análise das pezas analizadas; pola outra, a análise do discurso, quepermite afondar máis polo miúdo nas mensaxes e no imaxinario que estas crean. A análise de contido foi aplicada a todas as pezas que, sobre prostitución,explotación sexual e trata e tráfico de persoas con tal fin foron publicadas endecembro de 2009 polos xornais diarios galegos (La Voz de Galicia, El CorreoGallego, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, La Opinión, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol,Diario de Bergantiños, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, Atlántico Diario, LaRegión, El Progreso, Xornal de Galicia), así como polo principal medio audiovisualde ámbito autonómico, a Televisión de Galicia. Coa escolla temporal –ao longo detodo un mes– pretendiamos analizar a representación ordinaria da prostitución, daexplotación sexual e da trata e tráfico de persoas. Queriamos saber en que medidaeste tema formaba parte ou non da axenda diaria dos medios e a que patróns secinguía a información publicada sobre o mesmo no día a día. A análise do discurso foi empregada, pola contra, para a análise de douscasos que irromperon con particular capacidade de impacto nos medios. Por unhabanda, a noticia sobre a desarticulación policial, a finais de marzo de 2009, dunharede de prostitución, tráfico de mulleres e explotación sexual na Coruña, que seanunciaba nas páxinas de anuncios de sexo de pago dos medios galegos. Por outra,o conflito no barrio barcelonés da Boquería a raíz das queixas da veciñanza contra aprostitución de rúa. Queriamos así analizar tamén o tratamento daqueles casos queson merecentes dunha cobertura máis aló da ordinaria por parte dos medios decomunicación. Ambas as dúas metodoloxías, a análise de contido e a análise do discurso,foron empregadas así mesmo para o estudo dos anuncios de contactos. Neste caso,escollemos para a elección da mostra unha data ao azar dentro do períododeterminado previamente para a análise da cobertura ordinaria da información: osábado, 19 de decembro de 2009.2.1. Os obxectivos En relación co obxecto de análise e coa hipótese de partida, configuramos osobxectivos da investigación, que concretamos en seis: 1. Analizar a presenza da prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a trata de persoas con tal fin na axenda dos medios, así como o grao de visibilización e presenza das e dos diversos protagonistas, actores espazos e tipoloxías no exercicio da prostitución. 6
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A meta que nos marcamos foi tratar de determinar en que medida esta realidade é visibilizada, e sobre que aspectos da mesma se botan luz e sobre cales non. Foron finalidades concretas, dentro deste obxectivo, analizar: o grao de presenza nos medios das distintas realidades nas que se materializa o exercicio da prostitución: prostitución de rúa e de barrio, prostitución de club, prostitución de pisos, prostitución de luxo… a correspondencia da presenza mediática coa que, en realidade, cada unha destas tipoloxías ten hoxe en día no mundo da prostitución. o grao de presenza daqueles axentes que os medios destacan como protagonistas nas súas informacións: mulleres, que exercen a prostitución, homes que compran servizos sexuais, proxenetas, veciñanza, asociacións…, co obxectivo de determinar sobre que axentes se bota luz e cales fican na sombra no protagonismo da información. o marco explicativo, contextual e interpretativo no que os medios de comunicación lle dan senso á realidade da prostitución, a explotación sexual e o tráfico e a trata de persoas con tal fin. o grao de asunción da abordaxe informativa da prostitución, a explotación sexual e o tráfico e a trata de mulleres como violencia de xénero, como vulneración dos dereitos humanos e/ou e dende a perspectiva de xénero. 2. Analizar que rutinas xornalísticas aplican as informadoras e informadores na cobertura da prostitución, o tráfico de mulleres e o comercio sexual 3. Analizar a relevancia concedida á información sobre prostitución, tráfico de mulleres e comercio sexual nos medios analizados. 4. Analizar a linguaxe empregada e o uso de estereotipos. 5. Comparar o tratamento ordinario que, no día a día, os medios de comunicación galegos lle outorgan á información sobre prostitución, a explotación sexual e á a trata o tráfico de mulleres fronte ao tratamento conferido a aqueles casos aos que, pola súa capacidade de impacto ou outros criterios de noticiabilidade, os medios outorgan unha abordaxe extra-ordinaria, fóra do que é habitual nas súas rutinas. 6. Analizar a presenza dos anuncios de contactos na prensa galega.2.2. Análise de contido. Ficha de análise A ficha para a análise de contido aplicada á cobertura ordinaria dos mediosfoi construída en base a unha serie de variábeis (V), ligadas a cada un dosobxectivos que nos marcamos como metas para a investigación. 7
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAObxectivo 1. Analizar a presenza da prostitución, o tráfico de mulleres e aexplotación sexual na axenda dos medios, así como o grao de visibilizacióne presenza das e dos diversos protagonistas, actores espazos e tipoloxíasno exercicio da prostitución. • V1: Temática abordada na información • V2: Actores protagonistas da información • V3: Actores secundarios • V4: Os escenarios e a tipoloxía da prostitución (rúa e barrio, de club, piso) • V5: A inclusión de elementos contextuais e explicativos • V6: O grao de aplicación da perspectiva de xénero • V7: A identificación do tráfico de mulleres, a prostitución e a explotación sexual como violencia de xénero. • V8: A identificación do tráfico de mulleres, a prostitución e a explotación sexual como vulneración dos dereitos humanos • V9: O grao de presenza dos discursos abolicionistas, regulacionistas ou xustificadores da situación actual.Obxectivo 2. Analizar que rutinas xornalísticas aplican as informadoras einformadores na cobertura da prostitución, o tráfico de mulleres e ocomercio sexual • V10: Fontes empregadas para a elaboración da información • V11: Xéneros xornalísticos • V12: Autoría do relato • V13: Enfoque: como suceso, político, económico, social, xurídico, humano, científico… • V14: Orientación do relato ao acontecemento ou ao tema • V15: Perspectiva dende a que se constrúe o relato: informativa, interpretativa, de opiniónObxectivo 3. Analizar a relevancia concedida á información sobreprostitución, tráfico de mulleres e comercio sexual nos medios analizados. • V16: A presenza en portada • V17: As seccións nas que se publica a información • V18: Espazo que ocupa a información • V19: Situación en páxina • V20: Presenza ou non de ilustraciónObxectivo 4. Analizar a linguaxe empregada e o uso de estereotipos. • V21: Termos usados para denominar á muller ou home que se prostitúe • V22: Termos empregados para denominar a quen compra servizos sexuais • V23: Conceptos utilizados para denominar ao proxeneta • V24: Descrición e caracterización das mulleres ou homes que se prostitúen • V25: Descrición e caracterización dos homes que compran servizos sexuais • V26: Descrición e caracterización do proxeneta • V27: Descrición e caracterización dos espazos nos que se exerce a prostitución. 8
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAObxectivo 5. Analizar a presenza dos anuncios de contactos na prensa galega. A ficha empregada para a análise de contido dos anuncios de sexo de pagobaseouse así mesmo nas seguintes variábeis: • V1: Número de anuncios de contacto por medio • V2: Sección na que se publicitan • V3: Tamaño dos anuncios • V4: Acompañamento gráfico • V5: Inclusión de páxina web • V6: Tipoloxía dos anuncios. V7: Xénero de quen oferta ou de quen se ofrecen servizos sexuais • V8: Xénero da persoa destinatario dos anuncios de sexo de pago • V9: Xénero de quen demanda sexo • V10: Con que fins se demanda sexo • V11: Qué se demanda: Mulleres, homes, persoas transxénero • V12: Xénero das persoas que publicitan os bordeis • V13: Procedencia das persoas que protagonizan os anuncios de sexo de pago • V14: Que se ofrece nos anuncios de sexo de pago • V15: Modelos de feminidade e masculinidade presentes nos anuncios de sexo de pago.2.3. O marco teórico e o estado da cuestión Encadramos esta investigación nos estudos sobre comunicación e xénero pordous motivos fundamentais. En primeiro lugar, por estar a prostitución fondamentecruzada pola construción social do xénero e o papel que a mulleres e homes se lledestina na sociedade actual en función de parámetros sexistas e patriarcais. Amaioría das persoas que exercen a prostitución son mulleres, nunha sociedade quemarca a quen se prostitúe co estigma dos tópicos, os estereotipos e a marxinación. Somos conscientes de que a ollada de xénero non é a única que cómpre teren conta para analizar unha realidade que hoxe en día está atravesada tamén poroutros fenómenos como as desigualdades inherentes á globalización neoliberal –amaioría das persoas que exercen a prostitución non só son mulleres senón taméninmigrantes procedentes de países empobrecidos– mais si é unha perspectiva deanálise indispensábel para entender en toda a súa complexidade as característicase condicións en que se exerce a prostitución na sociedade actual, marcada porfenómenos como a feminización da pobreza e ou protagonismo cada vez maior dasmulleres nos movementos poboacionais, impulsadas por proxectos migratoriospropios. Por outra banda, a análise dos medios de comunicación dende a perspectivade xénero ten desvelado o papel dos medios tanto na invisibilización das mulleres,como no tratamento informativo asimétrico que se lle depara a mulleres e homes ea construción de estereotipos que alimentan a discriminación e a desigualdade. Osmedios de comunicación actúan así como activos axentes na construción social doxénero dende perspectivas que, de modo máis ou menos explícito, contribúen aafianzar os piares sexistas e patriarcais que asentan a sociedade. E ademais, adesigualdade tamén se afianza no control dos medios: os medios de comunicaciónseguen estando dirixidos fundamentalmente, por homes, que ocupan na súa maiorparte os postos de responsabilidade (Menéndez 2007: 68-70). Como sinala JoanaGallego, 9
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “La información, aparentemente neutra, universal, está sesgada por la cosmovisión de género dominante, que no es otra que aquellos valores, creencias actitudes e ideas que han conformado la identidad masculina frente a la femenina” (Gallego 2007: 9). Consideramos, pois, de interese, analizar cal é o tratamento que ainstitución mediática –mantedora, como acabamos de ver, de parámetrosdiscriminatorios para coas mulleres– fai daquelas que están entre as máissocialmente estigmatizadas, as que exercen a prostitución. E partimos da bagaxedunha liña de investigación que, dende principios dos 80, se esforzou en analizar asdesigualdades de xénero na representación dos contidos mediáticos. Dende aquelprimeiro estudo de principios dos 80, Umbral de la presencia de las mujeres en laprensa española, das profesoras Concha Fagoaga e Petra María Secanella, e ascontribucións de todas aquelas pioneiras que xa a mediados da mesma décadacomezaron a abrir camiño neste eido (Natividad Abril, Joana Gallego ou RosaFranquet), pasando pola introducción nos 90 dos estudios de xénero (con RosaFranquet ou Pilar López Díez) que desprazan o foco de atención das mulleres comosuxeito de estudo ao propio concepto de xénero, é dicir, a construción diferenciadados roles e estereotipos que se lle atribúen a mulleres e homes, até o asentamentodos estudos sobre comunicación e xénero na década dos 2000, co soporte que lleoutorgan o recoñecemento académico e universitario, o apoio oficial e o respaldo deasociacións e colexios profesionais. Tal e como sinala Isabel Menéndez, “Hoy en día la perspectiva de género ha logrado imponerse en multitud de espacios y empieza a ser frecuente encontrarla en estudios e investigaciones del ámbito académico, aunque todavía sea una línea de trabajo minoritaria y juzgada, en demasiadas ocasiones, a través de los prejuicios de una agencia que se resiste a cambiar” (Menéndez, 2007: 59)2.3.1. Análises e estudos sobre a representación da prostitución nosmedios Porén, como foi dito, apenas se abordou até o momento a análise dasrepresentacións da prostitución, a explotación, e a trata e o tráfico de mulleres confins de explotación sexual na prensa. Unha das escasas achegas ao respecto parteprecisamente dunha das pioneiras no estudo da representación das mulleres nosmedios de comunicación, Concha Fagoaga. Na súa participación no Congresointernacional “Derechos humanos y prostitución”, a autora poñía de relevo acontradicción entre a escaseza de informacións sobre prostitución e o amplo espazoocupado a diario polos anuncios de sexo de pago e, ademais, tamén entre osbeneficios obtidos polos medios nesas páxinas publicitarias –que veñenincrementando este tipo de anuncios dende finais dos 80– e o pouco investimentorealizado en informar sobre problemáticas asociadas á prostitución. Fagoaga facíaconstar así mesmo o dobregamento da información sobre prostitución á notapolicial e á nota ou reportaxe sobre os conflitos veciñais (Fagoaga, 2007: 201-202). A representación da prostitución nos contidos informativos dos medios éposta en relación co carácter sexista da prensa de modo explícito na Guía debuenas prácticas para periodistas y comunicador@s. Prostitución y tráfico demujeres con fines de explotación sexual en los medios de comunicación. Achácaseasí a invisibilidade da prostitución a unha “solapada censura por parte de losmedios de comunicación, que son patriarcales” (Alba (ed), 2000: 29). Tal e comoexplicita noutro artigo a súa editora, Yolanda Alba, os medios de comunicación caennun tratamento sensacionalista e banalizador da información que contribúe anormalizar a prostitución: 10
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “Aún cuando la información debe ser el motor principal de una política de prevención y denuncia de las violencias, podemos constatar que los medios de comunicación al uso sólo buscan el sensacionalismo y la polémica que “venden”, fomentando así un discurso de propaganda que refuerza esta violencia. Esta propaganda tiene efectos diferentes: por un lado, legitima y banaliza comportamientos que ya no son considerados como atentados contra la dignidad humna (ser prostituída es “normal”. (Alba 2006: 52). Alba detense así mesmo nas características das informacións sobreprostitución: fontes fundamentalmente institucionais (policiais e en menor medidaxurídicas); escaso recurso ás propias prostitutas, a voces expertas ou de carácterasociativo como fontes; emprazamento da información nas seccións de sucesos oude carácter local no canto doutras máis acordes coa relevancia do tema, comointernacional ou nacional, e desprazamento do protagonismo das mulleres queexercen a prostitución a un segundo ou terceiro plano ─“más importante ycomercial puede ser la popularidad de su chulo o la identidad escabrosa de susclientes”, en verbas da autora” ─. (Alba 2006: 52-56). Unha figura, a do compradorde sexo, que pasa só a primeiro plano cando a relevancia pública do persoeiro podeser aproveitada como gancho morboso. No estudo Una aproximación al perfil delcliente de la prostitución femenina en la Comunidad de Madrid, baseado nunhaanálise de contido de prensa do 2002, facíase constar a invisibilidade, nainformación, da figura do comprador de sexo. O que ratifica o xornalista HubertDubois, para quen informar sobre o demandante de comercio sexual non éconsiderado nos medios politicamente correcto (Dubois, 154: 2006). O tratamento da prostitución nos medios de comunicación tamén foiabordado dende o grupo de investigación CIDACOM, da Universidade de Santiagode Compostela. Nas dúas investigacións realizadas polo CIDACOM en 2007 e 2008sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos,facían constar a escasa presencia de informacións referidas á prostitución nasinformacións publicadas sobre violencia machista nos períodos analizados(setembro de 2007 e xullo de 2008). As investigacións partían da concepción daviolencia de xénero como unha realidade multifacética, no sentido apuntado nopunto 2 da Declaración de Compostela (endecálogo aprobado en 2004 a iniciativado Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que recolle un conxunto derecomentacións para a mellora da violencia de xénero na cobertura mediática):“Este tipo de violencia non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbitodoméstico, senón tamén nos abusos e agresións sexuais, no acoso laboral, naprostitución, e na violencia específica e singular contra as nenas”. Tamén dende o CIDACOM, unha das súas investigadoras, membra por outrabanda do equipo de investigación que asina o presente estudo, abordou de maneiraespecífica a análise da prostitución nos medios de comunicación galegos en variosartigos. Neles, a parte de insistir en cuestións xa apuntadas (a invisibilidade naaxenda temática, o tratamento como suceso, o carácter inducido da información e aausencia de investigación xornalística), faise fincapé na visibilización dedeterminados ámbitos (a prostitución de clube) fronte a outros (a prostitución derúa ou de piso); a ausencia, no que aos actores da información se refire, doscompradores de sexo, así como a escasa elaboración da información(fundamentalmente presentada como noticia, sen apenas presenza doutros xénerosque permitan contextualizar mellor os feitos e adentrarse nos ámbitos doxornalismo interpretativo) (Puñal 2007: 52-54). 11
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2.3.2. Os anuncios de sexo de pago Os anuncios de sexo de pago tamén foron obxecto de análise en achegas deautoras como Ana MaríaVigara e María José Barahona. Vigara abonda, no traballoque publica en Género, sexo, discurso (Ediciones del Laberinto, 2002), nasprácticas discursivas dos anuncios de sexo de pago publicados na prensa españolade referencia incidindo nas asimetrías de xénero neles presentes. Barahonaconstata, trala análise de máis de 17.000 anuncios de prensa, a preponderancia daprostitución feminina neles (no 83,7% das pexas analizadas) fronte á prostituciónde mulleres transxénero (no 5,2% dos casos) e a masculina (no 11%), que sedirixe fundamentalmente tamén a homes (Cortes Generales, 2007: 108). Ainvestigadora evidencia ademais, tal e como destaca na súa intervención para oInforme de la Ponencia sobre la situación actual de la prostitución en nuestro paísRosario Carracedo Bullido, que existe tras estes anuncios unha estruturaorganizativa, sometida ao proxenetismo, da que dan conta tanto a formulación doanuncio, a variedade de mulleres ofrecidas por local e a repetición dos mesmosteléfonos en diversos anuncios (Cortes Generales, 2007: 105). Belén Puñal, polasúa banda, constata nos medios galegos o incremento dos anuncios de contactosdende finais dos 80 do que xa tiña falado con anterioridade Concha Fagoaga edemostra o seu auxe de modo parello ao da prostitución de piso, que foi a máistralo endurecemento do castigo ao proxenetismo na reforma de 2003 do CódigoPenal e a consecuente procura nos pisos, por parte dos proxenetas, dun lugar máisprotexido da vixilancia policial.12.3.3. A prostitución nos estudos sobre a representación das mulleresinmigrantes Son varios os estudos que abordan o tratamento da prostitución nos mediosde maneira tanxencial á análise da presenza e representación das mulleresinmigrantes nos mesmos. Neles adoita destacarse a invisibilidade deste colectivo –moito máis oculto na prensa que os homes inmigrantes– e a sobrerrepresentación,nos escasos contidos informativos que delas falan, da prostitución fronte a outrasfacetas da inmigración feminina no Estado español (Giró 1999, Pérez Wolfram2003, Aierbe 2008, Masanet e Ripoll 2008, Catagnani e Colorado 2009). Así, enverbas de Peio Aierbe, “Donde hay una mirada sostenida por parte de los medios es hacia las vicisitudes relacionadas con la prostitución. Y aquí, el tratamiento es significativo en cuanto al número y bastante unificado en la manera de abordarlo, a saber, presentando un panorama de mujeres traficadas que son liberadas de su situación por la policía y que son víctimas, fundamentalmente, de mafias de sus propios compatriotas. A diferencia de la invisibilidad de la que venimos hablando, nos encontramos aquí con una sobrerepresentación, siendo hipervisibilizadas en relación con el porcentaje que representan del colectivo de mujeres inmigrantes” (Aierbe 2008: 17).1 Parte da análise dos anuncios de sexo de pago publicados en varios dos principais xornaisgalegos (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, El Progreso, e La Región) nasxornadas do 2 de xuño dos anos 1987, 1997, 2002, 2007 e 2009. 12
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Coinciden estes estudos, polo xeral, en destacar a representación dasmulleres inmigrantes, non como axentes activos co seu propio proxecto migratorio,senón nun rol pasivo, a miúdo en informacións negativas e como vítimas doutrosvaróns (proxenetas, parellas…) tamén inmigrantes, sobre os que se fai recaer aúnica responsabilidade do problema, obviando así o papel que poidan ter a propiasociedade de acollida ou os mecanismos polos que se regula. Fronte á vitimizacióndas mulleres inmigrantes, as representacións dos homes están ligadas pois aomundo do delito e a inseguridade cidadá. A muller inmigrante pode aparecertamén, aínda que en menor medida, vinculada ao rol de delincuente, mais nestecaso adoita facelo tamén en relación co mundo da prostitución, como no caso, porexemplo, das “madames” (Masanet e Ripoll 2008: 179-180) e das mulleres queexercen a prostitución na rúa, cada vez máis perseguida polas regulacións locais,como veremos máis adiante. Sobre o tratamento informativo das mulleres queexercen a prostitución, Clara Pérez Wolfram aconsella, no conxunto derecomendacións que propón para a mellora da abordaxe informativa das mulleresinmigrantes, “En las informaciones sobre desarticulación de redes y mafias de prostitución, informar sobre el destino de las mujeres ´liberadas`, sobre las consecuencias de una posible expulsión, procurando recoger su testimonio” (Wolfram 2003) A investigadora fai tal recomendación ao constatar que, na coberturainformativa de redadas e detencións de mulleres que exercen a prostitución polasúa situación irregular no país, adoito non se informa do destino destas mulleres,se foron ou non expulsadas do Estado, malia isto supor a fin do seu proxectomigratorio. A prensa pon pois o foco no suceso e na súa efectividade, mais non sedetén no contexto, na análise de causas e de consecuencias2.3.4. Os medios de comunicación dende o abolicionismo e oregulacionismo A análise representación da prostitución nos medios de comunicación varíade modo notábel no abolicionismo e no regulacionismo. Así, dende o abolicionismoconsidérase aos medios cómplices e promotores da cultura da prostitución, asícomo de transmitir unha visión da mesma como realidade inevitábel (Alecrín, 2006:1). Denúnciase así mesmo o feito de os medios teren un papel fundamental nasocialización de xénero e na consecuente transmisión dun determinado imaxinariorelacionado coa compra de sexo de pago. “A normalización nas canles de comunicación –que baixo a pátina de ser informativos, están incitando e mostrando este tipo de servizos para o consumo– fai aceptable, accesible e alcanzable a entrada neste mundo. A televisión, a prensa e o “boca a boca” cos colegas favorece que circule a información” (Gómez e Pérez, 111). Dende o abolicionismo denúnciase á pornografía pola súa contribución áconfiguración dun imaxinario sexual de fondo contido patriarcal e mesmo, como nocaso defende a autora Catherine Mackinnon, como unha rama máis da prostitución:“Es una variante tecnológicamente sofisticada de trata de mujeres. Las mujeres sonlas mismas, las actividades son las mismas, las relaciones de poder son las mismas,la desigualdad es la misma”, afirmaba nunha entrevista realizada pola axenciaAmeco Press (Babiker, 2010). 22 A pornografía foi, por certo, centro dunha tensa polémica no feminismo nos anos 80, que en certomodo lembra as tensións actuais sobre a prostitución. Entón, as feministas que a defendían ligaban a 13
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Tamén, e de acordo coa ligazón que dende o abolicionismo se fai entreprostitución e trata e tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual(insístese en que trata e o tráfico non existirían se non houbera demanda de sexode pago), se critica a incoherencia nos medios ao denunciar as mafias pero non aprostitución. Critícase ademais dende o abolicionismo o uso que se fai de conceptos comoautodeterminación, liberdade sexual ou liberdade de movementos parapromocionar a través deles sectores da industria do sexo (Alba, 2006: 52) eacúsase o revisionismo semántico que se leva cabo dende os medios decomunicación. “A desinformación, a banalización, a lexitimación da violencia, datrata, da prostitución e da pornografía obtéñense a través dun “revisionismosemántico”. Desta forma tranfórmanse as palabras, os conceptos e os principiosinherentes aos Dereitos Humanos das mulleres”, recolle M. Markovich en Guía debuenas prácticas para periodistas y comunicadores (Alba, Y. (ed) 2000: 5). Desde o regulacionismo insístese en que a visión dos medios, focalizada nadetención de redes de trata e tráfico de persoas con fins de explotación sexual,constitúe en si un espello deformante, canto que obvia as múltiples facetas daprostitución, e ignora a realidade das mulleres que exercen de modo voluntario.Para Laura Oso, este discurso “non pon de relevo a complexidade desta realidadesocial, subliñando case exclusivamente a súa vertente máis sensacionalista ereducindo a figura da traballadora do sexo inmigrante ao papel pasivo da vítimatraficada e obrigada”. (Oso, 2004: 27 e 28). Poñen de relevo, por outra banda, que a proliferación de informacións sobremafias ten como efecto perverso a criminalización do exercizo da prostitución e avitimización das persoas que nela traballan. En verbas de José Luís Riopedre, “… os medios de comunicación de masas fan especial fincapé nalgunhas formas moi determinadas de prostitución, que son as que crean gran alarma social e terxiversan ao mesmo tempo a correcta interpretación do fenómeno”, afirma José Luís Riopedre (Riopedre, 2004: p. 205). E, cuestiónase ademais, a información dos medios sobre a magnitude doengano propiciado polas mafias: “También parece posible establecer que, contra la opinión comúnmente extendida y difundida por los medios de comunicación, se da mucha mas explotación que engaño. En la mayoría de los casos, las muchachas saben a qué se van a dedicar, aunque ignoran en el momento de adquirir el compromiso, la magnitud de la obligación económica que están asumiendo.” (Juliano 2004: en liña) As diferencias na perspectiva dende a que ambas as dúas posicións ollan osmedios trasládase tamén aos anuncios de contactos: dende a aposta pola súaeliminación, dende o abolicionismo, até a súa defensa como “un buen instrumentopara la captación de clientela de todas aquellas trabajadoras sexuales que,trabajando libremente y de manera autónoma, no quieren exponerse a hacerlo enlugares públicos” (Garaizábal 2009: en liña). Mais sobre este aspecto, abondaremosmáis polo miúdo no apartado dedicado á análise dos anuncios de sexo de pago(cifr. capítulo 4).oposición á mesma a un moralismo de raíces cristiás, posición que latexa por detrás das críticas que sefan dende o regulacionismo cando se acusa ás posturas partidarias da abolición da prostitución demanteren perxuízos canto ao sexo. 14
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA3. O CONTEXTO POLÍTICO E LEGAL Situamos neste apartado a prostitución no seu contexto político e legal, cofin de situar mellor a realidade cuxa representación analizaremos nos contidosmediáticos. Nese contexto incardinaremos as liñas que cruzan o debate actualsobre prostitución medios, e políticas públicas. A regulación da prostitución acometeuse no Estado español durante ofranquismo mediante o Decreto Lei de 3 de marzo de 1956, sobre abolición doscentros de tolerancia, no cal se se declaraban clausuradas as “mancebías y casasde tolerancia”. A regulación penal aparece coa reforma do Código Penal de 1963,na que España daba cumprimento ao Convenio Internacional para a represión datrata de persoas e da explotación da prostitución allea, de 21 de marzo de 1950,ao que se adherira en 1962. A reforma consideraba puníbel calquera participaciónna prostitución, ainda que optaba pola non incriminación desta. En 1970,finalmente, coa Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social, incluíronse como“estados perigosos” os das persoas prostituidas, previndose como medidas deseguridade internamentos de até tres anos de privación de liberdade. Xa na etapa democrática, o Código Penal aprobado por LO 10/1995, de 23de decembro, continuou con esta formulación: sanción exclusiva dos actos levadosa cabo por terceiras persoas. Porén, suprimiu dos comportamentos puníbeis o“rufianismo” (vivir en todo o en parte a expensas das persoas prostituidas), oproxenetismo locativo (arrendamento ou cesión de locais para o exercicio daprostitución) e a corrupción de menores, que se reintroduciu nas reformasulteriores. As modificacións do Código Penal en 1999 e dúas veces no 2003realizaron unha revisión dos tipos penais coa fin de protexer aos menores eincapaces e consolidar e perfeccionar as normas para combater o tráfico ilegal depersoas, así como impedir interpretacións que impediran penar determinadascondutas de especial gravidade. Unha última reforma, en novembro de 2009, instauraba por primeira vezunha sanción penal para o cliente da prostitución cando a relación sexual sepracticar con menores ou con persoas que non poden decidir por si propias –ElCódigo Penal se endurece para la corrupción y los delitos sexuales, El País do 13 deNovembro de 2005–. Na lexislación estatal vixente, entre a que cabe destacar a ConstituciónEspañola e o Código Penal é Civil, non se considera a prostitución como constitutivade delito, senón só as situacións relativas a esta que supoñen unha limitación daliberdade sexual da vítima ou o aproveitamento da súa debilidade, ou quefavorecen a prostitución de menores ou persoas incapaces. Estas refírenseigualmente á prostitución femenina e á masculina, clasificándose os tipos delitivossegundo recaian sobre menores de idade ou persoas incapaces ou sobre maiores deidade. A parte da lexislación estatal, cómpre ter en conta as regulacións locais. O25 de xaneiro de 2006 entraba en vigor a Ordenanza Cívica do Concello deBarcelona, na que se regulaba, entre outras moitas cuestións, sobre o exercicio daprostitución na vía pública. 15
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O alcalde de Barcelona, Joan Clos, explicaba co gallo da presentación doanteproxecto que o goberno municipal non tiña competencias para prohibir aprostitución, que non é ilegal no Estado español, mais si para actuar no caso deesta tomar o espazo público e se converter nunha fonte de problemas deconvivencia –La ordenanza sobre civismo en Barcelona multará a clientes del topmanta y de prostitutas con hasta 500 euros, Europa Press do 18 de Outubro de2005–. As multas ás prostitutas que exercían a prostitución de rúa provocaroncríticas en numerosos colectivos, especialmente cando, ao aplicar a agravante dereincidencia, as contías comezaron a pasar de infracción leve, multada con até 750euros, a chegar até os 3.000 euros –Barcelona impone multas de hasta 3.000 eurosa las prostitutas, El País do 11 de Febreiro de 2006–. A acción contra a prostituciónde rúa, defendida dende a administración local como unha maneira máis de loitarcontra as redes, significou nos primeiros cinco meses 2.000 das 17.000 multasimpostas –2.000 de las 17.000 multas de la ordenanza de Barcelona son porprostitución callejera, El País do 11 de Febreiro de 2006–, o que dá boa conta opeso que esta cuestión tiña entre as moitas que regulaba a ordenanza. Malia ás críticas, a Ordenanza Cívica non só segue vixente, senón que omodelo foi imitado en boa parte por outras cidades do Estado, como Lleida,Granada, Sevilla, Valencia, Castellón, Bilbao Calvià, El Ejido ou La Jonquera(Girona). Ademais diso, algunhas cidades, como Sevilla –¿Tan poco vales quetienes que pagar?, carteles contra la prostitución en Sevilla, 20 Minutos do 28 deAgosto de 2008– ou Valencia –Valencia lanza una campaña contra clientes deprostitutas, El País do 25 de Novembro de 2008– realizaron campañas contra osconsumidores de sexo de pago, con lemas como “¿Tan poco vales que tienes quepagar?” ou “Tu dinero hace mucho daño. Porque tú pagas existe la prostitución”.Estas campañas terán continuación máis adiante noutras do Ministerio deIgualdade, encadradas dentro do Plano Integral Contra a Trata de Seres Humanoscon Fins de Explotación Sexual. En Galicia, presentouse a 19 de xuño de 2009 en Lugo o Borrador deOrdenanza de Civismo. O capítulo 6, “Emprego do espazo público para oofrecemento e demanda de servizos sexuais”, recolle a prohibición de “ofrecer,solicitar, negociar ou aceptar, directa ou indirectamente, servizos sexuaisretribuídos no espazo público cando estas prácticas exclúan ou limiten acompatibilidade dos diferentes usos do espazo público”, e especialmente “candoestas conductas se leven a cabo en espazos situados a menos de douscentosmetros de distancia de centros docentes ou educativos”, recolléndose a posibilidadedunha sanción de até 750 euros. No caso de “manter relacións sexuais medianteretribución por elas no espazo público”, a multa pode ascender até os 1.500. A díade hoxe, esta ordenanza continúa sen aprobar. O mesmo día de entrada en vigor da ordenanza barcelonesa, o Govern de laGeneralitat de Catalunya anunciaba un Plano de Regulación da Prostitución –LaGeneralitat catalana regulará el ejercicio de la prostitución y lo limitará a losburdeles, El País do 25 de xaneiro de 2006–, no que, ao tempo que se tiñan visiónsregulacionistas, dábase apoio á ordenanza cívica ao pretender regular esta prácticaunicamente en locais con licenza legal. A iniciativa provocou a recollida de sinaturasna súa contra de 15 organizacións feministas, de posición abolicionista, e oInstituto da Muller acusou ao goberno catalán de invadir competencias que non llecorrespondían e marcar un retroceso ao regular "una práctica intrínsecamentedegradante, incompatible con los valores de una sociedad democrática" –Ellaberinto de la prostitución, Sur do 13 de febreiro de 2006–. 16
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Ademais, no seo do propio tripartito tamén se produciron discrepanciassobre como levar adiante o plano. Finalmente, considerando o asunto “demasiadopolémico” –El Gobierno catalán aplaza regular la prostitución, El País do 13 demarzo de 2007–, o plano foi aprazado en marzo do ano seguinte, sen que seretomara o proxecto até o momento. O día 4 de abril de 2006. a Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e daIgualdade de Oportunidades das Cortes españolas, na súa decimoterceira sesión,ratificaba o acordo que a Mesa e os Portavoces tomaran trece días antes. Ditoacordo instaba a crear unha ponencia, no seo da Comisión, para o estudo dasituación actual da prostitución no Estado e a concreción de orientacións epropostas transversais, cumprindo así a moción aprobada polo Pleno do Congreso a14 de febreiro daquel ano. Para a creación desta ponencia, “por deferencia aoSenado”, aproveitábase a existencia nesta cámara dunha comisión xa creada, peronon constituída, sobre este fenómeno (Comisión Especial de Estudo sobre arealidade e problemática que no ámbito xurídico, económico, político e socialpresenta o fenómeno da prostitución, núm. expte. 650/1). A Ponencia estaríaintegrada por 3 ponentes de cada un dos grupos maioritarios e 1 por cada un dosrestantes grupos da Comisión. Con data 19 de abril a ponencia quedou constituída, actuando comomembros María Escudero Sánchez, Lourdes Muñoz Santamaría e María AntoniaMartínez García polo Grupo Socialista, Susana Camarero Benitez, María EnriquetaSeller Roca de Togores e Rosa María Romero Sánchez Grupo Popular, Rosa MaríaBonàs Pahisa polo Grupo de Esquerra Republicana, Mercè Pigem Palmés polo GrupoCatalán (Convergència i Unió), María Assumpta Baig i Torras polo GrupoParlamentario Entesa Catalana de Progrés, Carme García Suárez polo Grupo deIzquierda Unida – Iniciativa per Catalunya Verds, Inmaculada Loroño Ormaecheapolo Grupo de Senadores Nacionalistas Vascos e Román Rodríguez Rodríguez e JoséRamón Urrutia Elorza polo Grupo Mixto . As conclusións de dita ponencia destacaban a relación entre o fenómeno daprostitución nos países ricos e a feminización da pobreza, considerando necesariacontemplalo no marco do Convenio das Nacións Unidas para a Represión da Tratade Persoas e da Explotación da Prostitución Allea, de 1948, así como coa Resolucióndo Parlamento Europeo do 2 de febreiro de 2006 que insta a loitar contra a idea deque a prostitución é equiparábel a un traballo. Deste xeito, considérase aprostitución relacionada co tráfico e trata de mulleres, un atentado contra osdereitos humanos “creciente en el ámbito europeo/ países occidentales ” quemove entre 5 e 7 billóns de dólares e afecta a 4 millóns de víctimas, segundo aONU. Así mesmo, advirte que nos países nos que a prostitución está regulada “seha incrementado tanto la actividad de la prostitución como el tráfico y la trata deseres humanos”. No que di respecto ás mulleres en situación de prostitución, afirmase queson, na súa maior parte, inmigrantes en situación irregular, con especial dificultadepara saír da prostitución, maior aínda no caso de vítimas da trata. A grande maioríaestán “en situaciones degradantes, con privación de su libertad, con fuerte gradode dependencia de las organizaciones por las que están explotadas y sufriendovulneraciones de los derechos humanos”, polo que sofren secuelas, “tanto físicascomo psicológicas”. 17
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Neste sentido, ínstase a fomentar e facilitar denuncia das redes por partedas vítimas e a mitigar as causas sociais que levan a moitas persoas á prostitucióncontra a súa vontade, impulsando planos integrais de actuación de abordaxe daexplotación sexual e o tráfico e trata de mulleres, facilitando a integraciónsociolaboral e incluíndo axudas económicas, atención psicolóxica e emocional erecursos para mellorar o nivel de formación, cultural e educativo das mulleres ensituación de prostitución. Finalmente, chama a garantizar a existencia e o acceso aunha rede de servizos de atención ás vítimas de explotación sexual. No eido das medidas xurídicas e policiais, rexéitase a regulación daprostitución como profesión, alegando que “tendría graves problemas de encajejurídico, tanto con el derecho laboral y derechos de los trabajadores, respecto delas modalidades laborales como en relación a los derechos básicos y la legislaciónen materia de derechos de las mujeres”, ao tempo que se apunta que estefenómeno xera preocupación entre a ciudadanía. Por todo isto, considérasenecesario impulsar “la correcta aplicación de la legislación vigente en relación con lapersecución del trafico con fines de explotación sexual”, mellorando algúnsmecanismos e instrumentos para a recolección de probas e a coordinacióninstitucional nesta materia. Por último, desde a Ponencia recoméndase coñecer en profundidade asituación da prostitución con investigacións cuantitativas e cualitativas, desanvolverpolíticas de prevención que lle transmitan á sociedade que a prostitución é unhaforma de violencia de xénero e unha práctica que atenta contra os dereitoshumanos, impulsar accións para que a cidadanía coñeza a situación das prostitutase facer especial fincapé na educación “para una sociedad de hombres y mujeres conigualdad de derechos y oportunidades”. Como resposta ás pretensións da Generalitat de regular a prostitución, e nocadro previo ao comezo das sesións da Ponencia sobre la prostitución en nuestropaís (154/9), o Ministerio do Interior español xa anunciara que os seus propósitosneste eido pasaban pola loita contra a trata de mulleres co obxectivo da explotaciónsexual e non pola regularización –Interior ultima un plan contra la prostituciónforzada, El País do 30 de abril de 2006–, polo que xa traballaba nun plano contra aprostitución forzada. O Plano Integral Contra a Trata de Seres Humanos con Fins deExplotación Sexual, que en 2006 xa se presentaba como próximo a estar acabado,tivo que esperar para ser aprobado até o 12 de decembro de 2008, e foi acollidocon moitas reservas por colectivos abolicionistas como polos regulacionistas –Lasabolicionistas ven el plan contra la trata de mujeres "insuficiente e inútil", El País do12 de decembro de 2008–. Este plano define a trata de seres humanos como “un fenómeno depreocupantes dimensiones que constituye una de las más escandalosas ysangrantes formas de reducción del ser humano a simple mercancía y representauna de las violaciones más graves de los derechos humanos”, considerando aquelaque se realiza con fins sexuais “una de las vertientes más crueles de este ilícitocomercio” na que se reflicte a situación de desigualdade na que se encontran asmulleres. Perante isto, presenta catro principios rectores nos que se basea o plano:a perspectiva de xénero, a consideración da trata como una violación dos dereitoshumanos, a realidade transnacional do fenómeno e a definición como un delito noque é imprescindíbel a actuación policial e xudicial. 18
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A partir destes principios rectores, e cunha duración de tres anos (2009-2012), o plano propón como obxectivos sensibilizar á sociedad para provocar“tolerancia cero” contra a trata con fins de explotación sexual, combater as causasda trata nos países de orixe, desenvolver medidas desde unha perspectiva integral,asegurar a asistencia e protección ás vítimas e loitar decididamente contra a tratade seres humanos con fins de explotación sexual, a través de medidas desensibilización, prevención e investigación, educación e formación, asistencia eprotección ás vítimas, lexislativas e procedimentais e de coordinación ecooperación. Formúlase igualmente a creación dun grupo interministerial para oseguimento e avaliación, que estea formado por representantes dos ministerios deAsuntos Exteriores e Cooperación, Xustiza, Interior, Educación, Política Social eDeporte, Sanidade e Consumo, Trabalo e Inmigración e Igualdade. No marco deste Plano, o 18 de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia e oTribunal Superior de Xustiza asinaban un protocolo de actuación fronte a trata depersoas con fins de explotación sexual –La Xunta y el TSXG firman un protocolopara dar seguridad a las vítimas que denuncien, La Voz de Galicia do 18 de xaneirode 2009–. Neste, destaca a posibilidade de conceder o permiso de residencia ásmulleres que se encontren no país de modo irregular, co obxectivo de favorecer otestemuño das vítimas. Na sinatura do protocolo, o presidente Nuñez Feijoo indicouque o goberno galego ten asinados convenios con ONG para a posta enfuncionamento de centros destinados á protección das mulleres que denunciaran osexplotadores. En setembro de 2009, a prostitución saltaba de novo ao debate político,nesta ocasión a raíz dunhas fotos nas rúas do centro de Barcelona, publicadas polodiario El País a primeiro de mes –Sexo de pago en plena calle junto al mercado deLa Boqueria, El País do 1 de setembro de 2009–. O escándalo en Cataluña lembroua paralización do plano de regulación da prostitución e o alcalde de Barcelona,Jordi Hereu, no medio do escándalo mediático, reclamaba aos gobernos catalán ecentral a creación dunha lei que regulara a prostitución e ao tempo impedira a súapresenza nas rúas –Barcelona pide una ley que prohíba la prostitución en la calle, ElPaís do 5 de setembro de 2009–, petición á que se sumaría dous días despois apresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre –Aguirre: «Soy partidariade regular la prostitución; lo demás es hipocresía», ABC do 7 de setembro de2009–. Outros partidos e políticos mostraron o seu rexeitamento á posibilidade daregulación e no propio seo do Partit Socialista de Catalunya, no que milita Hereu,iniciador do debate, as posturas estaban tremendamente enfrontadas –Hereu dividea las mujeres del PSC al exigir que se regule la prostitución, El País do 15 desetembro de 2009–. Neste cadro político, o 18 de setembro, o deputado Joan Tardà, de EsquerraRepublicana de Catalunya, presenta unha moción no Congreso dos Deputadosespañol na que solicita ao Goberno a regulación da prostitución como oficio, asícomo os impostos que deben pagar quen decida exercelo. A moción presentabapuntos de encontro con algúns partidos, que pretendían debatela punto a punto,mais ERC esixiu que a proposta fose votada en bloque –El Congreso rechazaregular la prostitución, El País do 23 de setembro de 2009–. O resultado final foi deunicamente cinco votos a favor (os tres parlamentarios de ERC, Joan Herrera deIniciativa per Catalunya/Verds, e Rosa Díez de Unión, Progreso y Democracia). Trescentos vinte e nove parlamentarios mostraron o seu rexeitamento á mociónvotando en contra, mentres que os seis restantes (os deputados do BloqueNacionalista Galego, Nafarroa Bai e Coalición Canaria) se abstiveron. 19
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O último debate aberto no seo do goberno español é o da posíbel eliminacióndos anuncios de sexo de pago publicados nos xornais. A súa prohibición é unhapetición de vello dos grupos abolicionistas e no Estado xa saen sen estes anunciosPúblico, 20 Minutos, La Gaceta e Qué! desde e a súa aparición e La Razón desde o23 de decembro do ano pasado, debido a un acordo co xornal vaticanoLOsservatore Romano. A ministra Bibiana Aído xa cualificara de “vergüenza” estapublicidade con ocasión da votación da devandita proposta de Joan Tardá –Aídoconsidera que los anuncios de contactos son una «vergüenza» , La Voz de Galiciado 16 de setembro de 2009–. O doce de maio deste mesmo ano, o Ministerio deIgualdade solicitaba ao Consello de Estado que elaborara un relatorio sobre asalternativas legais á súa prohibición –Igualdad busca vías contra los anuncios deprostitución, El País do 14 de maio de 2010–. A medida encadrábase no PlanoIntegral Contra a Trata de Seres Humanos con Fins de Explotación Sexual, e tiñacomo antecedente máis inmediato a petición neste sentido do deputado de Unióndel Pueblo Navarro Carlos Salvador. Dous meses mais tarde, Salvador volvía ainsistir na petición no debate sobre o estado da nación –Rechazo a los anuncios deprostitución, Público do 15 de xullo de 2010–, e nesta ocasión, o presidente JoséLuis Rodríguez Zapatero amosaba o seu apoio á medida da ministra Bibiana Aídoafirmando que a existencia destes anuncios contribúe á normalización daexplotación das mulleres, polo que “deben eliminarse”. Ao pouco tempo, aAsociación de Diarios Españoles manifestouse completamente en contra daprohibición dos anuncios de sexo de pago, como de calquera outra actividadeconsiderada lícita: “Si el Gobierno entiende que deben suprimirse, debería adoptarlas medidas necesarias para prohibir la prostitución” –Los editores, contra Zapateropor querer prohibir publicidad, Atlántico Diario do 17 de xullo de 2010–. O debate sobre os anuncios de sexo de pago encirrouse aínda máis codesmantelamento neste tempo dunha suposta rede de explotación de mulleres, queos medios de comunicación relacionaron directamente con este tipo de publicidade:–Cae red de prostitución que controlaba el 50 por ciento de anuncios en prensa,ABC do 23 de xullo de 2010–. O colectivo Hetaira, desde unha perspectivaregulacionista, denunciaba daquela, nunha nota de prensa, que os testemuños querecolleran das prostitutas “nada tienen que ver con lo que ha salido en los mediosde comunicación ni en las noticias filtradas por la policía”, e acusaba ao gobernoespañol de estar máis interesado “en los golpes de efecto para preparar lascondiciones para la eliminación de los anuncios de contacto que en defender losderechos de las mujeres que trabajan en la prostitución”. A día de hoxe, a iniciativado Ministerio de Igualdade segue adiante3. Dentro do debate institucional no ámbito galego, cómpre referirse aorelatorio sobre a prostitución divulgado en marzo de 2009 polo Tribunal Superior deXustiza de Galicia –El negocio de la prostitución crece en Galicia y extiende susredes de captación por el extranjero, La Voz de Galicia do 25 de marzo de 2009–.Neste informe advertíase do aumento do consumo de sexo de pago na nosacomunidade, especialmente nos clubs situados nas estradas que nalgúns casoschegaron a converterse “en auténticos complexos hostaleiros”.3 Despois de rematada a redacción de este estudo, o Congreso español aprobou a 21 de setembro unaproposición non de lei na que se insta ao Goberno a, una vez que o Consello de Estado emita un informesobre a cuestión, realizar una proposta sobre a desaparición dos anuncios de prostitución. Entrementres,o Congreso apela a autorregulación dos medios. Así mesmo, a voceira do PP no Congreso, Soraya Sáenzde Santamaría, anunciou que PP, PSOE e UPN traballan nun acordo para impulsar a supresión deste tipode publicidade. Por último, ao día seguinte de apoiarse esta proposición no Congreso, o Parlamentonavarro comezou a tramitar unha lei que propón que a Administración navarra non contrate publicidadinstitucional cos medios que publiquen anuncios de sexo de pago, así como que estes medios non poidanrecibir axudas públicas. 20
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Ademais, alértase da presenza de redes destinadas a atraer a mozas cara aprostitución, con vencellos especialmente en países latinoamericanos e da Europacentral e oriental. Segundo o informe, entre o 2005 e o 2008, a Policía Nacionalcuantificou en 234 o número de mulleres que declararon estar sometidas a redesde traficantes. Delas, o 76% eran brasileiras, o 10% rumanas e o 14% restantedoutras procedencias como Colombia ou a República Dominicana. Os datos dafiscalía foron duramente criticados pola organización Alecrín, que declarou que“posiblemente la fiscalía no sepa contar”, dado que mentres o informe recollía 138locais nos que se consume sexo de pago, Alecrín aseguraba que existían máis de300, sen contar os pisos –Alecrín afirma que hay el doble de prostíbulos de lo quedice el fiscal, El País do 27 de marzo de 2009–. Mais polo xeral, os debates institucionais dados en Galicia nestes últimosanos arredor da prostitución son de curto alcance e seguimento, a excepción daOrdenanza de Civismo de Lugo, á que xa nos referimos. Para alén de referencias ádebates levados a cabo no Estado e a operacións policiais contra a trata de persoas,en setembro de 2008, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dita unha sentenzana que se considera a prostitución como un traballo por conta propia e non seatopa relación laboral entre Pamifran, a entidade xestora do club Ciros de Vilaboa,e as prostitutas sen permiso de traballo encontradas no local –O TSXG non vevínculo laboral entre o club Ciros e as mulleres que alternan nel, Diario dePontevedra do 11 de setembro de 2008–. A sentenza, con todo, non pareceu crearespecial polémica, ou cando menos desapareceu nun só día das páxinas dos xornais. Tampouco tivo demasiada repercusión a denuncia de Alecrín á Xunta, enxaneiro de 2009, por “apoloxía da prostitución” por convidar á sexóloga e exprostituta de luxo Valerie Tasso ás xornadas Sexuando –Alecrín denuncia a la Xuntapor hacer «apología de la prostitución», 20 minutos do 26 de xaneiro de 2009–.Durante un par de días, os medios fixéronse eco do debate, mais a informacióndesapareceu sen que parecera haber ningunha consecuencia. Xa a un nivel máis local, no día contra a violencia de xénero de 2008, o BNGdenunciaba que o Concello de Lugo subvencionaba unha empresa dedicada, entreoutras cuestións, a manter unha web de anuncios de prostitución –Lugo financiauna web sobre prostitutas , La Voz de Galicia do 26 de novembro de 2008–. Aempresa respondeu afirmando que unicamente realizara o deseño da páxina web eque non descartaba querelarse contra o BNG por esta información –Lugointernetdenunciará al BNG por «vincular» a la empresa con «la promoción de laprostitución», La Voz de Galicia do 5 de decembro de 2008–. 21
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAO TRATAMENTO DA PROSTITUCIÓN NA AXENDA DIARIA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS. ANÁLISE DE CONTIDO 22
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1. A PRESENZA DA PROSTITUCIÓN, DA EXPLOTACIÓN SEXUAL E DA TRATAE DO TRÁFICO DE PERSOAS CON TAL FIN NA AXENDA DOS MEDIOSGALEGOS1.1. A PROSTITUCIÓN, NO FÓRA DE CAMPO Entre as e os analistas dos medios de comunicación é habitual a referencia aofóra de campo como símbolo: o espazo ao que as luces mediáticas non chegan. Oescenario que a prensa fai visíbel está fundamentalmente protagonizado polosespazos do poder (institucional, político e económico) e polos actores nos que esterecae, cortados, por un patrón similar, o que Amparo Moreno identifica comoarquetipo viril: varóns adultos dos grupos dominantes que representan papeissociais vinculados ao exercicio do poder (Moreno, 1998: 32). A realidade daprostitución, da trata e do tráfico de seres humanos, e da explotación sexual adoitoqueda na sombra, no backstage, ao igual que moitos outros espazos demarxinación. A prostitución é, no contexto no que vivimos, un espazo estigmatizado no queconflúe unha triple discriminación. De xénero, canto que a gran maioría das persoasque exercen a prostitución son mulleres e, se non o son, entran dentro do que asociedade desbota como realidades de-xeneradas, é dicir, aquelas que se saen fórados modelos de masculinidade e feminidade socialmente aceptados (homosexuais,transexuais, tranxénero). Social, canto que a prostitución non é un traballosocialmente aceptado e, de feito, simboliza o patrón da “mala” muller, daquela quese desvía da norma e dos imperativos de xénero estabelecidos, o que marca contodo o peso do estigma a quen traballa como prostituta. Económica, pois aprostitución é hoxe en día exercida fundamentalmente por mulleres inmigrantesprocedentes de países empobrecidos, en moitos casos en situación irregular nopaís, que abandonan o seu lugar de orixe á procura dunha mellora das súascondicións de vida e das da súa familia. E é que os fluxos migratorios, propiciadospolas desigualdades económicas derivadas da globalización neoliberal, estánprotagonizados cada vez máis por mulleres (Reigada 2006; 135-140), malia que oestereotipo ligado á persoa inmigrante o configure fundamentalmente como home.Explicábao a investigadora en comunicación e xénero Isabel Menéndez na súaintervención na xornada Linguaxe sexista e medios de comunicación, celebrado enOurense en xuño de 2005: Poida que para moitas e moitos de nós a imaxe querepresenta a inmigración sexa a dun grupo de homes novos subsaharianostentando chegar a territorio español nunha patera. A realidade, porén, é bendistinta á que asentaron no noso imaxinario as imaxes mediáticas. Cada vez máis,as persoas que emigran a España son mulleres e fano en avión, mesmo coacomplicidade nas aduanas das propias forzas policiais para favorecer a entrada demulleres en situación irregular destinadas aos mercados da prostitución, comodesvelou en 2009 a Operación Carioca, da que falaremos nesta análise. Os medios galegos non son unha excepción. Os datos obtidos neste estudodemostran de maneira explícita que a prostitución, a explotación sexual a trata e otráfico de persoas con tal fin non forma parte da súa axenda habitual. Ao longo detodo un mes, nos 14 xornais galegos de pago que están no mercado hoxe en día,só foron localizadas 123 pezas con algunha referencia a esta realidade (incluíndotanto a información como a opinión e os xéneros de humor). Unha media de 8,2pezas ao mes e de 0,26 ao dia por cabeceira. E nin sequera na metade delas, comologo veremos, a prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de mullerese a explotación sexual son o tema principal da información. 23
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Poida que non foran poucas as e os profesionais dos medios que, ao ler isto,botaran man do seguinte contraargumento: “Os medios reflectimos a realidade. Senon se publicaron máis noticias, é que non houbo feitos susceptibles de ser noticia”.Foi xusto a isto ao que aludiu unha compañeira de profesión para xustificar asescasas informacións que se publicaran no seu medio no mes obxecto de análise.Non houbo ou non se incluíron na axenda dos medios? O feito de que undeterminado acontecemento sexa noticia nun medio e non noutro, do que logoveremos varios exemplos, desbota xa de entrada tal argumento. O número de temas que entran a formar parte da grella diaria dun medio decomunicación é, inevitabelmente, limitado. O medio e os seus gatekeepers escollenaquilo que é ou non noticia, e fano atendendo aos criterios de noticiabilidade, aosseus intereses propios (tecidos na súa propia realidade empresarial e na rede derelacións económicas e políticas da que forma parte), ao que entra ou non na súaliña editorial e ao que considere con atractivo para as e os seus lectores. A violenciade xénero constitúe un exemplo claro. Non se fixo cun oco na axenda dos mediosaté que así o provocou o impacto que tivo o asasinato de Ana Orantes en 1997,queimada viva polo seu ex marido pouco despois de ter denunciado nun talk showda televisión pública andaluza a súa situación: os maltratos ao longo de corentaanos de matrimonio e o seu medo a ser asasinada, logo de que a xustizadeterminara que agresor e agredida habían seguir a vivir no mesmo edificio unhavez divorciados. A prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de persoascon tal fin seguen sen formar parte desa grella diaria de información, malia quepara diversas correntes feministas4 –que aluden á discriminación estrutural esimbólica da que se nutre, asentada na posición desigual e discriminatoria que asociedade reserva para as mulleres, e á violencia física e psicolóxica que aniña noseu exercicio– tamén é violencia de xénero.1.1.1. A presenza cuantitativa da prostitución, o tráfico de mulleres e aexplotación sexual nos medios galegos Nº DE NOTICIAS POR MEDIO 16 14 12 10 8 6 4 2 0 EIG DF DB GH LO EP XG FV LVG ECG DA LR TVG DP AD A presenza da prostitución, da explotación sexual e da trata e tráfico depersoas con tal obxecto é baixa en todos os medios galegos. Mais, aínda así,existen diferenzas notábeis entre eles.4 Para o feminismo de corte abolicionista, a prostitución debe ser considerada violencia dexénero, postura que non comparte o feminismo regulacionista. 24
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAO xornal que máis información introduce ao respecto, El Ideal Gallego, publica nomes analizado 15 textos con algún tipo de referencia á problemática, nos calesaparece abordada como tema principal en 10. No resto, introdúcese como contidosecundario, tratado de maneira colateral ao tema que no texto se destaca comoprincipal, ou só como unha mención. O que menos atención lle presta é AtlánticoDiario, con só dous artigos, nos dous como tema secundario. Son os xornais do grupo La Capital El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, e Diariode Bergantiños –é dicir, todos agás Diario de Arousa–, así como La Opinión, ElProgreso e Galicia Hoxe, os que máis informan sobre prostitución, explotaciónsexual e trata e tráfico de persoas con tal fin. Nesta maior presenza inflúen dousfactores. Un deles, consecuencia da propia iniciativa do medio e do seu interese porincluír na axenda tal tema. Así, nos xornais do grupo La Capital introdúcenseinformacións de axencia, de ámbito estatal, que non se refiren en ningún dosoutros medios. O mesmo acontece con Galicia Hoxe, que ademais, como logoveremos, procura abordar a información de maneira diferenciada, con maioramplitude e tamén fondura. O segundo factor en xogo ten que ver co manancialinformativo derivado de acontecementos que teñen lugar no no entorno próximo.Os medios coruñeses encóntranse neste mes con varios acontecementos decarácter local relacionados coa prostitución, tanto referentes ao transcurso deprocesos xudiciais –a condena a un proxeneta por obrigar a prostituírse a unhamuller en Mesón do Vento e a resolución do xuízo aos irmáns Dalton, acusados deagresión nun prostíbulo– como do tecido asociativo local –o informe presentado porMédicos do Mundo sobre a prostitución na área de As Mariñas e as queixas daveciñanza pola inseguridade no barrio de Agra do Orzán–. O factor local taménresulta determinante en El Progreso, pois a maior parte das informacións quepublica este mes están relacionadas con outro caso de ampla repercusión no seuentorno, a operación Carioca, que supuxo a clausura de varios clubs e na queresultaron implicados diversas persoas da zona (entre eles, empresarios, membrosda Garda Civil e da Policia Local). A mostra de que o que está a primar o xornal é ocriterio de proximidade está no feito de que, en Diario de Pontevedra, pertencenteao mesmo grupo empresarial, o impacto do caso Carioca fose moito menor.1.1.2. A prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de mullerese a explotación sexual como tema principal da información, secundario oumencionado Nesa realidade mediática construída que son os contidos informativos, avisita da actriz Emma Thompson a Madrid, en apoio a unha campaña contra a tratade mulleres, ten máis repercusión nos medios galegos –medímola neste caso polonúmero deles que se fan eco da nova– que a propia Operación Carioca. É máis. Sonvarios os medios galegos para os que a estadía de Thompson en Madrid é noticia enexclusiva polas declaracións da artista expresando o seu desexo de rodar conAlmodóvar, non pola denuncia que fai da trata de mulleres, que queda así relegadoa tema secundario e mesmo en ocasións reducido só a unha mención dentro docorpo da noticia. A cobertura mediática da visita de Emma Thompson a España é exemplodun patrón común nos medios galegos. Só no 43,7% do total de informaciónspublicadas en decembro de 2009 con algún tipo de referencia á prostitución,explotación sexual e trata tráfico de persoas con tal fin, estes ítems son o temaprincipal da información. Abondan as informacións –máis dun terzo– nas que estarealidade queda ensumida a unha simple mención no texto. 25
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO E A EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL, SECUNDARIO OU MENCIONADO Mencionado 30% Principal 44% Secundario 26% A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO DE PERSOAS E A EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL, SECUNDARIO OU MENCIONADO MEDIO Principal Secundario Mencionado TotalAD 0 2 0 2DA 6 0 6DB 8 2 3 13DF 6 3 5 14DP 0 3 0 3ECG 4 1 2 7EIG 10 2 3 15EP 1 3 6 10FV 4 3 1 8GH 3 5 3 11LO 3 2 5 10LR 3 1 1 5LVG 2 2 3 7XG 2 2 4 8TVG 3 1 4TOTAL 52 31 36 123 26
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO DE PERSOAS E A EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL, SECUNDARIO OU MENCIONADO (%) MEDIO Principal Secundario Mencionado Total AD 0,0 100,0 0,0 100,0 DA 100,0 0,0 0,0 100,0 DB 61,5 15,4 23,1 100,0 DF 42,9 21,4 35,7 100,0 DP 0,0 100,0 0,0 100,0 ECG 57,1 14,3 28,6 100,0 EIG 66,7 13,3 20,0 100,0 EP 10,0 30,0 60,0 100,0 FV 50,0 37,5 12,5 100,0 GH 27,3 45,5 27,3 100,0 LO 30,0 20,0 50,0 100,0 LR 60,0 20,0 20,0 100,0 LVG 28,6 28,6 42,9 100,0 XG 25,0 25,0 50,0 100,0 TVG 75,0 0,0 25,0 100,0 TOTAL 42,3 25,2 29,3 100,0 Prosigamos coa campaña protagonizada por Emma Thompson –e, se lledamos tal relevo, é por ser o tema con máis presenza nos medios galegos en todoo mes–. Se leramos só os titulares publicados, son varios os casos nos que non sónon nos sería posíbel decatarnos de que a información ten algún tipo de relacióncoa denuncia da trata de mulleres con fins de explotación sexual, senón quemesmo poderiamos confundir as razóns reais da campaña da que Thompson éimaxe. Podemos velo se facemos unha análise detida dos contidos do publicado aorespecto en cada un dos xornais galegos. Facemos de seguido relación das noticiase do seu contido: -Emma Thompson: “Lembrádelle a Almodóvar que me contrate” –Xornal deGalicia, do 14 de decembro de 2009–. O subtítulo especifica: “A actriz estivo onteen Madrid para presentar unha mostra contra a explotación sexual. Os dousprimeiros parágrafos do corpo da información –os máis importantes da noticia,segundo o que nas ciencias da información se coñece como lei de interesedecrecente– dedícanse ás preferencias de Thompson por Almodóvar. Só o terceiro eo cuarto fan referencia ao motivo da súa visita a España. Os tres últimosdesenvolven temas de novo alleos ao motivo da campaña: a súa opinión sobre asredes sociais, a súa valoración das novas xeracións de actores ou o como a idadeafecta ás súas preferencias laborais. -Emma Thompson: “Recuerden a Pedro que quiero ser una chica Almodóvar”–Faro de Vigo, do 14 de decembro de 2009–. Neste caso, o subtítulo tampouco faireferencia algunha á trata e ao tráfico de mulleres: “La actriz asegura que antes deestar en una red social se haría la cirugía”. De novo, os dous primeiros parágrafosda información están centrados no tema Almodóvar. Só o terceiro e o cuarto serefiren á campaña protagonizada pola actriz contra a explotación sexual. 27
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA -En El Correo Gallego do 14 de decembro de 1009, a nova redúcese a un péde foto coa imaxe en primeiro plano da actriz: “La actriz y escritora, EmmaThompson, ganadora de dos Óscar por su trabajo en ambos terrenos, dejó unmensaje a Almodóvar tras su paso por Madrid en apoyo de una campaña contra laprostitución: quiere ser chica Almodóvar”. Confúndese, así mesmo a denuncia daactriz, que se opón á trata e tráfico de mulleres vítimas de explotación sexual, nonao exercicio da prostitución. Idéntico tratamento (coa mesma foto e co mesmotexto) se reproduce en La Región ese mesmo día. -Emma Thompson: "Quero rodar con Almodóvar" –Galicia Hoxe, do 14 dedecembro–. O titular encabeza un breve no que a referencia ás razóns da campaña,de novo equívocas, se condensan na frase: “tras o seu breve paso por Madrid paraapoiar unha campaña contra a prostitución”. -Emma Thompson se une las candidatas para trabajar con Almodóvar –ElProgreso, do 14 de decembro de 2009–. O xornal concreta no subtítulo: “La actrizbritánica abandonó España tras haber participado en una campaña contra lasmujeres que son maltratadas”. Referencia, cando menos, ambigua, dado que aactriz vén a Madrid a concienciar sobre un tipo determinado de violencia de xénero,como xa dixemos: o derivado da trata de mulleres e da explotación sexual. Doscatro parágrafos que conforman a información, só o terceiro se refire á razón de serda estadía de Thompson en Madrid. -Quiero ser chica Almodóvar –Diario de Pontevedra, do 14 de decembro de2009–. O esquema é similar aos anteriores. Subtítulos indefinidos: “Entrevista. Laactriz Emma Thompson reconoce que ha rogado al director que la contrate paraalguna de sus películas”; “Sociedad. Ha colaborado en Madrid con una ONG dedefensa de los Derechos Humanos”. E corpo da noticia centrado nas declaraciónssobre Almodóvar como tema principal, coa trata de mulleres como temasecundario. Só en seis medios –Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Arousa, El IdealGallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol, o motivo real da estadía deThompson en España é destacado como tema principal: Emma Thompson denunciala venta de niños y mujeres para explotación sexual –idéntico titular e posta enpáxina para Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e El IdealGallego do 12 de decembro –; Mercancía sexual –Galicia Hoxe, do 12 de decembro–; e Emma Thompson: "La venta de mujeres y niños sucede delante de vuestrasnarices" –La Opinión, tamén do mesmo día–. Non é este o único exemplo de como a referencia á prostitución é reducida aunha breve mención ou mesmo eliminada malia ser pedra basal no acontecementonoticioso. Atopámonos de novo con esta situación na cobertura da operaciónCarioca. Na información El juzgado niega la libertad al constructor preso porinducción al aborto –El Progreso, do 19 de decembro do 2009– en ningún momentoaparece mencionada a palabra prostitución nin concepto sinónimo algún, malia aser a operación Carioca (en relación coa cal se detén ao devandito construtor) unhatrama delitiva relacionada con varios prostíbulos lucenses, como xa foi comentado.Ben é certo que a trama fora merecente de atención nos días e semanas previospor parte de El Progreso, canto que ten lugar na súa área de influencia e, polotanto, o criterio de noticiabilidade ligado á proximidade obriga a dirixir cara a el osfocos mediáticos. Mais nesta noticia en particular, ao non explicitar en ningúnmomento a realidade á que está ligada, a prostitución, a información ficadescontextualizada ante o público lector. 28
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A prostitución é abordada así mesmo como temática secundaria oumencionada, dependente dun tema principal (a sida, a violencia en Ciudad Juárez,a inmigración ilegal), que é o que se destaca en titular, en casos nos que arelevancia dos datos que se achegan é tal que merecería ser obxecto de análisecomo tema propio. Quedan reducidos a un segundo plano, con apenas presenzamediática, enfoques que permitirían abordar a prostitución desde unha necesariaperspectiva interdisciplinar, que posibilitara ir máis aló da óptica do suceso,dominante hoxe en día na maior parte das informacións, como logo veremos. Que omedio faga referencia, aínda que sexa breve, a como estas realidades afectan demaneira específica a aquelas persoas que exercen a prostitución denota ou benunha certa sensibilidade por parte de quen redacta o texto, de especial valor cantoque se trata de temas que a maioría dos medios exclúen da axenda –destacábel é,a este respecto, o traballo de Galicia Hoxe– ou a preocupación da fonte á que a ouo xornalista acode por introducir o tema. Que a referencia se limite a unhas brevesliñas e non sexa obxecto dunha atención maior revela falta de iniciativa do mediopara crear unha axenda diferenciada, baseada na elaboración propia, na capacidadepara profundar nos temas e no papel activo do medio como desvelador daquelasrealidades que fican nas marxes. Vexámolo en exemplos. -En Repunta a SIDA por sexo –Galicia Hoxe, do 1 de decembro de 2009–, anoticia, baseada na compilación de datos achegados por fontes diversas co gallo doDía Mundial da SIDA (desde o informe presentado polo Centro HospitalarioUniversitario da Coruña á roda de prensa do colectivo de defensa dos dereitoshomosexuais COLEGA coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas) inclúetamén os difundidos pola Federación Provincial de Drogodependencias de SevillaLiberación, que aluden á vulnerabilidade das mulleres que traballan na prostitución.Baixo o ladiño “Prostitutas, altamente desprotexidas”, o xornal desenvolve de modoconciso a información: "[Liberación] Tamén quixo sacar á luz a vulnerabilidade dasmulleres en situación de exclusión social afectadas polo VIH, en especial, as queexercen a prostitución, que se atopan ‘especialmente desprotexidas’”. -De modo colateral tamén se aborda a problemática da sida entre asmulleres que exercen a prostitución en "A loita contra a SIDA", artigo de opinión deJuan Ordóñez Buela en Galicia Hoxe (do 3 de decembro). Entre os diversos factoresanalizados trátase a feminización desta doenza, cunha breve referencia aoincremento de infeccións entre prostitutas: “As relacións sexuais imprudentes son aprincipal causa da expansión en China en especial na provincia de Yunnan. De feito,os casos detectados entre homosexuais multiplicáronse por dez en apenas dousanos. Os contaxios en mulleres, sobre todo prostitutas, duplicáronse nunha décadano 90 por cento delas, ademais, son mulleres en idade fértil, co consecuente perigoque entraña en caso de embarazo”. -En Una muestra fotográfica repasa la vida de las mujeres que padecen sidaen el mundo –a cinco columnas en Diario de Ferrol, o 2 de decembro– a referenciaá prostitución limítase á descrición do traballo dun dos fotógrafos: “La exposiciónfotográfica de Ayuda en Acción se compone de 30 instantáneas de prestigiososfotógrafos como Barry Lewis. Su trabajo se centra en el hecho de que la mayoría dela población masculina utiliza habitualmente los servicios de las prostitutas, untercio de las cuales tienen el virus VIH”. -A prostitución e a trata de persoas con fins de explotación sexual en CiudadJuárez é mencionada, mais non desenvolvida como tema, nunha ampla reportaxesobre a impunidade dos feminicidios nesta violenta zona de fronteira entre EstadosUnidos e México –Galicia Hoxe, 27 de decembro–: “súmanselle tamén outrosfactores, que fan de Juárez unha bolsa, un pantano, onde recae xente que confíaen chegar a EEUU e queda varada. Narcotráfico, prostíbulos, trata de brancas,migración ilegal, contrabando e delincuencia organizada son algúns dos destinoslaborais”. 29
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA -En La UE se marca el objetivo de “controlar y combatir la inmigración ilegal”–El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños, do 12 de dembro– naque, como tema principal, se desenvolve a decisión da UE de ampliar o espazoSchengen e reforzar a seguridade fronte ás ameazas que identifica coa inmigraciónilegal –delincuencia organizada, terrorismo…–, inclúese como ladiño unhainformación sobre a detención de case unha trintena de mulleres por estadíairregular nun club de estrada en Toledo. A referencia á operación policial ocupadous parágrafos de extensión e responde ás question tags básicas. Ha serdestacado como positivo a inclusión en axenda dunha nova que faga alusión a unhaproblemática que afecta a boa parte das mulleres que exercen a prostitución e que,como logo veremos, a información non sempre explicita –as redadas policiaissupoñen, para as que están en situación irregular no país, a ameaza dunhaexpulsión–. Mais, porén, no marco en que se introduce –a inmigración ilegal ligadacomo mal que a UE ha combater–, a referencia á prostitución queda de modoindirecto vinculada á delincuencia.1.1.3. A composición da axenda mediática. Temáticas abordadas Nas informacións sobre prostitución, explotación sexual e trata e tráfico deseres humanos con tal fin existen dous patróns dominantes. Por unha banda, acrónica negra. Por outra, a frivolización e a espectacularización, con non poucastinguiduras de crónica rosa. O mes de decembro devala de modo pendular entre asnoticias de detencións, xuízos e crimes varios (operacións contra redes de trata etráfico de mulleres, asasinatos, a complexa trama da operación Carioca…) e acompra de sexo de pago por parte de persoeiros famosos –dun primeiro ministro, oitaliano Berlusconi, a unha referencia no mundo do golf, Tiger Woods–. Destaconxunción entre o mundo da fama e a prostitución o que resulta é o espectáculo, arepresentación informativa cal escena con gancho para captar a atención doslectores e lectoras do xornal. Mesmo cando a persoa tenta aproveitar a súa famapara denunciar as inxustizas e a vulneración dos dereitos humanos que se agochantras certas facianas da prostitución –o caso da campaña contra a trata que EmmaThompson protagoniza– os medios destacan en primeiro plano como xa vimos e, ásveces, exclusivamente, a parte máis frívola –as preferencias por Almodóvar deThompson ou as súas opinións sobre a cirurxía e as redes sociais–. Os datos do gráfico e o cadro que seguen explicitan cales son as temáticasás que os medios de comunicación galegos lle dan máis peso. En primeiro lugar, asinformacións sobre tráfico e trata de persoas con fins de explotación sexual, xuízos(coa Operación Carioca como principal protagonista) e sucesos (crimes, operaciónspoliciais e detencións). Entre as temáticas máis abordadas en segundo termo, as referidas aoshomes que compran sexo de pago, ás condicións de exercicio (case sempre comotema mencionado ou secundario) e a outros contidos non categorizadosinicialmente no deseño de estudo (polo xeral, información que enlaza con contidosde carácter frívolo). Malia seren os homes que pagan por sexo unha figura adoitooculta nas informacións sobre prostitución, como indican estudos e análisesanteriores (Dubois 2006; Puñal 2007), neste caso, o feito de que se descubra comotal a dous persoeiros de relevo no mundo da política e dos deportes (ámbitos, porcerto, altamente masculinizados) explica que a porcentaxe sexa máis elevada doque cabería agardar. En todo caso, o enfoque das informacións que protagonizan inciden, non nacrítica ao seu comportamento, senón no frívolo: a través da crónica rosa –así oamosa a cobertura das infidelidades de Tiger Woods– e co aproveitamento domorbo como gancho para a atracción de público –as fotos de Berlusconi e as“velinas” no luxoso escenario dunha das mansións do presidente primeiro ministroitaliano, Villa Certosa–. 30
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA TEMÁTICAS Outros 19 Xuízos 27 Trata e tráfico 38 Sucesos 26 Repercusións 7 Medios de comunicación Debate político 3 Conflitos veciñais 2 Condicións de exercicio 16 Clientes 18 0 5 10 15 20 25 30 35 40 *Os datos refírense ao número de informacións que abordan a temática sinalada. Pode haber máis dunha temática por unidade analizada, polo que a suma de todas elas non será o total de pezas rexistradas no mes analizado. Clientes Condicións Conflitos Debate Medios Reper- Sucesos Trata Xuízos Outros de exercicio veciñais político comuni- cusións e tráfico caciónDA 2 3 4DB 2 1 1 5 6 3DF 1 2 1 5 4 1 2DP 1 1 1 1 1EIG 2 2 1 5 6 4EP 1 1 7 3LO 2 2 1 2 4 1LVG 1 1 6AD 1 2 1DF 1 2ECG 1 1 1 1 3FV 1 1 1 1 1 1 1 4GH 2 6 2 4 2LR 4 2 1XG 2 1 3 1 2 1TVG 2 1 0 TOTA 18 16 2 3 5 7 26 38 27 19L *Os datos refírense ao número de pezas que abordan a temática sinalada 31
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Compra Condicións Conflitos Debate Medios Reper- Sucesos Trata e Xuízos Outros Total dores de exercicio veciñais polítco comuni- cusións tráfico de sexo caciónDA 22,2 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 33,3 44,4 0,0 0,0 100,0DB 11,1 5,6 5,6 0,0 0,0 0,0 27,8 33,3 16,7 0,0 100,0DF 6,3 12,5 0,0 0,0 0,0 6,3 31,3 25,0 6,3 12,5 100,0DP 0,0 0,0 0,0 20,0 20,0 0,0 0,0 20,0 20,0 20,0 100,0EIG 10,0 10,0 5,0 0,0 0,0 0,0 25,0 30,0 20,0 0,0 100,0EP 0,0 0,0 0,0 8,3 0,0 0,0 0,0 8,3 58,3 25,0 100,0LO 16,7 16,7 0,0 0,0 0,0 8,3 0,0 16,7 33,3 8,3 100,0LVG 12,5 0,0 0,0 0,0 0,0 12,5 0,0 0,0 75,0 0,0 100,0AD 0,0 25,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 50,0 0,0 25,0 100,0DF 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 33,3 66,7 0,0 0,0 100,0ECG 14,3 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 14,3 14,3 14,3 42,9 100,0FV 9,1 9,1 0,0 9,1 9,1 9,1 9,1 9,1 0,0 36,4 100,0GH 12,5 37,5 0,0 0,0 0,0 12,5 0,0 25,0 0,0 12,5 100,0LR 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 57,1 28,6 0,0 14,3 100,0XG 20,0 10,0 0,0 0,0 30,0 10,0 0,0 20,0 0,0 10,0 100,0TVG 50,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 25,0 0,0 0,0 25,0 0,0 1.1.3.1.. Os sucesos: a trata e o tráfico de persoas no centro dos focos mediáticos Que sexan as informacións sobre trata e tráfico de persoas as máis abondosas (abordadas en boa parte das ocasións como sucesos, a raíz de redadas policiais) ten relación co feito de ser este tema destacado no discurso oficial, sobre todo tras a aprobación do Plan integral de loita contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual en decembro de 2008 por parte do Goberno estatal, que inclúe entre os seus obxectivos a mellora da capacidade das forzas e corpos de seguridade para a investigación e a loita contra a trata. As axendas dos medios son, hoxe en día, en boa medida dependentes das fontes oficiais e, no que respecta á abordaxe da violencia de xénero e, máis en concreto, da prostitución, a explotación sexual e a trata e tráfico de persoas con tal fin, sono sobre todo das fontes policiais. Neste como noutros temas, a axenda institucional trasládase de maneira case automática e sen apenas cambios á axenda mediática. Se facemos un repaso das diferentes informacións que, sobre trata e tráfico de persoas, se publicaron en decembro, podemos comprobar como, dunha ou doutra maneira, por detrás delas está en boa parte dos casos a iniciativa institucional. Así acontece coa divulgación da exposición Journey, para cuxa presentación acode a Madrid a actriz Emma Thompson. A mostra tráea a España o Ministerio de Igualdade, segundo se afirma na nota de prensa do departamento gobernamental, a raíz dun convencio asinado entre o Ministerio e a Fundación Helen Bamber, que traballa con vítimas de tortura e de trata. Encádrase nun dos obxectivos do Plan integral de loita contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a toma de conciencia da cidadanía. Participan na súa organización, ademais, a Comunidade e o Concello de Madrid, xunto a cinco organizacións integradas na Red Española contra la Trata. Malia que a nova, como antes comentamos, é difundida pola gran maioría dos medios galegos, porén en case ningún deles se explicita quen organiza e en que contexto se encadra nin a vinculación co Plan integral. 32
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A iniciativa institucional tamén está por detrás da difusión das diversasoperacións policiais cuxos datos son divulgados aos medios polas forzas e corpos deseguridade do Estado e divulgados polos medios: a detención, en Almería, da líderdunha rede de tráfico e explotación de mulleres; a desarticulación en SanSebastián, doutra rede, e a detención dun grupo de persoas por obrigar atransexuais brasileiros a prostituírse en España. Se a iniciativa non parte das institucións, a presenza e apoio destas éfundamental para que acade suficiente relevo a ollos dos medios. Tal sucede coCongreso “10 anos de loita contra a trata de mulleres. Aprendizaxes eperspectivas”, organizado polo Proxecto Esperanza, mais con ampla presenzainstitucional, na que fundamentalmente recae a atención mediática: interveñen oasesor do Ministerio de Igualdade, Diego Blázquez, o fiscal da Sala do TribunalSupremo Joaquín Sánchez, e o policía José Nieto, membro da Brigada Central deRedes de Inmigración (UCRIF). As restantes informacións sobre trata e tráfico de persoas relaciónanse coacobertura de xuízos, fundamentalmente a operación Carioca, mais tamén algúnoutro de carácter local, como a condena a un proxeneta por obrigar a unha mullerestranxeira a traballar nun club de Mesón do Vento sen obter apenas ingresos etras retirarlle o diñeiro e o billete de volta ao seu país. Nestes casos, a iniciativa domedio limítase ás rutinas estabelecidas, é dicir, o seguimento do proceso xudicial,mais non hai un intento por ir máis aló dos datos que as propias fontes xudiciaisachegan. A consulta doutras fontes máis aló das xudiciais, a indagación e o traballo decampo de cara á práctica dun xornalismo de investigación, a abordaxe de fontesexpertas que permitan analizar a problemática e darlle unha cobertura informativamais aló da noticia á procura dun xornalismo máis analítico, están ausentes dacobertura informativa. A realidade da prostitución, os abusos, delitos e a explotación que nelaacontecen, son noticia na maioría dos casos na medida en que as forzas e corposde seguridade ou os procementos xudiciais a saquen á luz, mais nunca poriniciativa propia do medio á hora de investigar o que neste contexto acontece. Á luz dos datos obtidos neste estudo, detectamos un certo cambio no patrónde información de sucesos sobre prostitución aínda que, quizais, para comprobareste hipótese, fose preciso alongar a análise de contido máis aló dun mes. En 2005,a asociación Alecrín, nun artigo elaborado para o I Foro Internacional sobreComunicación e Xénero, denunciaba como un dos principais factores de confusiónmediática o feito de que a información sobre prostitución nos medios galegos,adoito abordada como sucesos, se centrase nas redadas en clubs de alterne quetiñan como principais vítimas as propias mulleres que alí traballaban naprostitución, detidas pola súa situación de irregularidade no país. Mentresproxenetas e redes conseguían esquivar a xustiz mediante estrataxemas varias,elas remataban sendo as principais afectadas polas actuacións policiais. Tal tipo deinformación, destacaban en Alecrín, contribuía ademais a criminalizalas, canto que,por unha deficiente explicación, o público lector podía ficar coa idea de que erandetidas por exercer a prostitución: 33
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “1ª confusión: se a nova na prensa escrita vai no apartado de “sucesos” seguramente responda a unha redada policial nos locais dos proxenetas que impunemente exercen a explotación sexual das maioritariamente mulleres inmigrantes irregulares que son detidas pola súa situación non regularizada no estado e que nada tén que ver co exercicio da prostitución. O resultado é que se criminaliza as víctimas e se invisibiliza o verdadeiro promotor desta situación, os proxenetas. Ó mesmo tempo, a opinión pública xenera a idea de que a prostitución está ilegalizada e que por iso as mulleres se vén perxudicadas. En realidade ningunha autoridade pode adoitar medidas administrativas ou penais contra as mulleres en estado de prostitución, dado que non é ilegal. Que as mulleres que exercen esta práctica sexan inmigrantes irregulares e polo tanto se lle aplique as medidas administrativas oportunas ó igual que o resto dos inmigrantes sen papeis, normalmente, non suscita ningunha reflexión previa ou posterior sobre a nova en sí ou sobre o propio fenómeno prostitutivo.” (Alecrín, 2005) Nas informacións de sucesos analizadas para este estudo, o foco oriéntasefundamentalmente ás redes de trata e tráfico e a súa desarticulación en operaciónspoliciais. Só unha información se centra en exclusiva na detención das mulleres porsituación irregular, sen referencia aos proxenetas ou ás redes, o despece incluídona nova La UE se marca el objetivo de “controlar y combatir la inmigración ilegal”–El Ideal Gallego, do 12 de decembro–: “Agentes de la Brigada Provincial de Extranjería y Fronteras de la Comisaría de la Policía Nacional de Toledo detuvieron en la noche del jueves a 29 mujeres por estancia irregular en España, en el transcurso de un control en un club de carretera. Los agentes identificaron a 120 mujeres y 20 hombres. Se detuvieron a 28 mujeres por infracción a la Ley de Extranjería, ya que se encontraban en España sin tipo alguno de Autorización de Residencia. De las 28 mujeres, doce serán expulsadas a sus países de origen en los próximos días y para el resto se está tramitando expediente de expulsión.” Respecto do tratamento que se adoita facer da prostitución na informaciónde sucesos cómpre facer dúas reflexións. En primeiro lugar, ao poñer a atenciónfundamentalmente nas redes de trata e de tráfico, ofrécese unha imaxesimplificada da prostitución que non dá a ver toda a complexidade desta realidadenin as súas diversas facetas: o feito de que non todo é prostitución forzada senónque existe prostitución voluntaria e que esta actividade pode ser escollida comoopción fronte a outros traballos que tamén poden estar suxeitos a explotaciónlaboral, economía somerxida e exercicio en precario –pénsese no traballo domésticoou en hostalería, altamente feminizados, e que están entre as opcións laborais ásque fundamentalmente quedan abocadas, xunto á prostitución, as mulleresinmigrantes–. Por outra, aínda que é positivo que as informacións orienten o foco aosproxenetas e ás redes, e non á criminalización das mulleres que exercen aprostitución, o feito de que o fagan fundamentalmente como correa de transmisióndas operacións policiais encerra riscos. O principal, o non ir máis aló daintervención da Policía, do momento da detención. Cómpren informacións queanalicen a situación en que quedan as mulleres unha vez é desartellada a rede,tamén en que medida proxenetas e redes reciben ou non castigo polos seus actoscanto que o medo, as ameazas, a inseguridade, ten provocado que as vítimasdesistan de proseguir adiante nos procesos xudiciais, o que os fai complexos desdeo punto de vista da proba. 34
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAA este respecto, é pertinente lembrar que O Plan integral de loita contra a trata deseres humanos con fins de explotación sexual intentou procurar solucións a estasituación, así como á escasa eficacia amosada polas forzas e corpos de seguridadeno desmantelamento de redes. En boa medida, como foi dito, debido ao medo dasmulleres a denunciar a súa situación ou a seguir adiante coa vía xudicial, ben polasameazas das redes a elas e as súas familias, ben pola súa situación deirregularidade ou polo difícil que pode resultar, a nivel anímico e vital, estarpendente dun proceso xudicial como testigo no canto de pechar páxina a esecapítulo das súas vidas. É así que o mencionado Plan incorpora un período dereflexión de 30 días, que se lle proporciona ás mulleres para que decidan se formarparte do proceso como testigo protexido ou volver ao seu país de orixe, e llesofrece, en tal caso, a posibilidade de obter un permiso de residencia e de traballo,como recolle a Lei de Estranxeiría, reformada en decembro de 2009. Nos artigo 59e 59 bis da lei contémplase que a vítima, se decide colaborar coas autoridadespoderá obter unha autorización de residencia e de traballo. En caso de non ser así,poderase valorar a autorización dun permiso de residencia por razóns humanitarias.Porén, falta nos medios reflexión, avaliación e seguimento ao respecto de en quemodo estas medidas, todas elas tan recentes (tanto o Plan, como a reforma da Leide Estranxeiría coma, no eido autonómico, o protocolo asinado entre Xunta eFiscalía sobre a adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento dasmulleres vítimas de trata, están a funcionar, en que medida están a ter éxito ouexisten obstáculos para o seu funcionamento. Pouco máis dun ano despois da posta en marcha do Plan (en marzo de2010), o goberno estatal indicaba que foran identificadas 1.301 vítimas deexplotación e trata en 2009, das cales 443 o eran de trata5. O colectivo Hetairacriticara entón que non se concretase que pasara coas 858 que non eran vítimas detrata, cantas foran consideradas testigo protexido, cantas se acolleran ao períodode reflexión ou cantas declararan ante a xustiza, cantas se encontran acollidas encentros especializados de ONG ou cantas se viran beneficiadas pola concesión depermisos de residencia. Este tipo de información tamén debera formar parte daaxenda dos medios, mais para iso sería preciso unha intervención activa, desde unxornalismo de análise e especialización, que fose máis aló do indicado polas fontesorganizadas.6.1.1.3.2.. A banalización da información Son varios os modos en que o medio frivoliza a información, entendendo portal banalización os mecanismos a través dos cales se lle resta importancia áprostitución, á explotación sexual e a trata e tráfico de seres humanos con tal fincomo contido informativo: -A secundarización: A prostitución, o tráfico de mulleres ou a explotaciónsexual queda relegada a tema secundario no texto informativo, mesmo cando é onúcleo do acontecemento noticioso. A primeira plano pasan, como vimos no caso5 A nota de prensa do Ministerio de Igualdade está accesíbel na rede no seguinte link:http://www.migualdad.es/ss/Satellite?c=MIGU_NotaPrensa_FA&cid=1244647790069&language=cas_ES&pageid=1193047406588&pagename=MinisterioIgualdad%2FMIGU_NotaPrensa_FA%2FMIGU_notaPrensa6 A nota de prensa de Hetaira pode consultarse en http://www.colectivohetaira.org/web/en-medios-de-comunicacion/4-comunicados-de-prensa/228-hetaira-ante-el-balance-de-los-ministerios-de-interior-e-igualdad-del-primer-ano-del-plan-integral-de-lucha-contra-la-trata-de-seres-humanos-con-fines-de-explotacion-sexual-25032010.html 35
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAda inauguración da exposición Journey pola actriz Emma Thompson, temas decarácter banal. -O sensacionalismo: Óptase por incluír en axenda aquelas novas que poidancausar máis sensación no público ou destacar nas informacións aqueles aspectosmáis morbosos. A prostitución é así utilizada como gancho. Un exemplo, a esterespecto, é o impacto da nova na que se afirma que o golfista Tiger Woods pagoupor sexo ou o modo en que se aborda a información sobre as festas privadas deBerlusconi con prostitutas e na que falta, cando menos nos contidos analizados estemes, unha visión crítica (máis aínda tendo en conta que a elas acudían mozasmenores) que vaia máis aló da incidencia no escándalo e na repercusión para aimaxe do primeiro ministro. -O uso dos xéneros: Nas informacións analizadas, a prostitución apareceabordada en varios xéneros de humor: dúas viñetas gráficas e un comentariohumorístico de contraportada. O humor, lonxe de ser utilizado con carácter crítico,acaba sendo un elemento máis de frivolización da información sobre a prostitución. -O discurso: O uso da linguaxe, que analizaremos polo miúdo máis adiante,contribúe a restar entidade á temática abordada. Así, en Atlántico Diario, aexperiencia de Helena, unha moza vítima de trata que protagoniza a exposiciónJourney, é descrita como: “la aventura de una prostituta llegada del Este y obligadaa prostituirse en Londres, que ha sufrido las vejaciones y el dolor quehabitualmente han de padecer estas jóvenes víctimas de una verdadera trata deblancas” (Atlántico Diario, sección “Lo dijo la prensa”, do 13 de decembro”).1.1.3.3. Elementos de diferenciación na construción da axenda propia domedio A selección de temas é semellante nos diferentes medios analizados: osmesmos contidos, abordados ademais, de maneira similar. O que se explica, en boamedida, pola escasa iniciativa do medio á hora de elaborar unha axendadiferenciada e tratar en exclusiva cuestións non abordada pola competencia. Comoexplicaremos polo miúdo máis adiante, a iniciativa da conversión dunacontecemento ou dunha realidade en noticiosa parte en boa parte dos casos dafonte e non dos medios, que acaban trasladando a información que reciben demodo semellante. Do dito dáse conta no cadro anexo neste apartado, no que se sepode observar a similitude das axendas informativas que, sobre prostitución, tráficode mulleres e explotación sexual, constrúen os diversos medios estudados. Podemos, porén, destacar dous elementos de diferenciación na construciónda axenda dos medios galegos: -A incidencia no local: É sobre todo a abordaxe de contidos locais o quediferencia, en boa parte dos medios galegos, a súa axenda respecto das da súacompetencia. O que está en consonancia coa importancia que lle prestan áinformación de proximidade e de carácter local nun intento de facerse co públicolector da súa área de influencia. De aí que El Progreso preste maior atención aocaso Carioca; que sexa La Región o único que aborde o intento de suicidio enprisión do presunto asasino de María Socorro Da Silva, moza brasileña que sededicaba a prostitución, e que só El Correo Gallego e Diario de Pontevedra informenda eliminación dun anuncio de prostitución en Radio Estrada. 36
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAOu que La Opinión e El Ideal (e tamén nalgúns casos nos outros xornais do grupoLa Capital situados na área próxima á Coruña, como Diario de Bergantiños e Diariode Ferrol) dean conta de asuntos como a condena a un proxeneta por obrigar aunha muller a prostituírse nun club de Mesón do Vento, do estudo sobre aprostitución nas Mariñas elaborado por Médicos del Mundo ou do xuízo aos irmánsDalton, acusados de agresión nun prostíbulo coruñés. É precisamente nos xornaisque acabamos de mencionar nos que, á luz dos datos obtidos, observamos maiortendencia á diferenciación en función do local. Mais, aínda así, cómpre ter en contaque a información sobre o local só diferencia a un xornal dos doutras áreasxeográficas. Os da mesma área de influencia adoitan tamén coincidir tamén nostemas de proximidade abordados, o que podemos observar na axenda de LaOpinión e El Ideal Gallego. -O tratamento da información: O que marca a diferenza, neste caso, é omodo en que a información é tratada. Ben pola calidade e o nivel de fondura damesma, é dicir, o traballo realizado polo medio para ir máis aló do acontecementopuntual e abondar nos problemas de fondo. Ben pola capacidade do medio á horade revelar datos que non achegan os que conforman a súa competencia. Quenamosa unha aposta máis clara con respecto ao primeiro dos puntos indicados éGalicia Hoxe. O xornal compostelán é o único que informa en detalle dos contidosda exposición Journey, inaugurada por Emma Thompson, que explica con amplitudeas razóns de ser desta iniciativa (a denuncia da trata de mulleres a nivel mundial),que introduce datos e outros elementos contextuais sobre a problemática e queexplica con precisión a posición de Thompson ao respecto (denuncia da trata demulleres mais defensa da regularización). Neste mesmo xornal tamén podemosobservar a abordaxe da prostitución, da explotación sexual e da trata e do tráficode persoas con tal fin de maneira transversal a outras problemáticas, como a sidaou a violencia contra as mulleres en Ciudad Juárez. Galicia Hoxe é pois o único que,nalgunha ocasión, fai aposta por ir máis aló do acontemento puntual e mergullarseno tema, na realidade de fondo que este agocha. Respecto á loita do medio pararevelar datos sobre un acontecemento ou realidade que a súa competencia non équen de ofrecer, o exemplo neste caso sería a cobertura do caso Carioca e a pugnaentre La Voz de Galicia e El Progreso pola atribución da exclusividade dainformación. Do dito é exemplo a ampla cobertura informativa que en La Voz ten ofallo informático que borrou temporalmente os datos do sumario da OperaciónCarioca – Borran del sistema informático de los juzgados el sumario de los clubs dealterne de Lugo–. A noticia, incluída en portada o 20 de decembro e non abordadanese mesmo día por ningunha outra cabeceira, é tratada polo medio coa relevanciaque merecen os temas en exclusiva. O que provoca a reacción irada de El Progreso,quen ao día seguinte se atribúe ter sido o primeiro en informar do acontecido, xaun mes atrás. Os datos demostran que é practicamente inexistente a abordaxe de temasen exclusiva, sendo na competencia xurdida no eido local onde se fai un maioresforzo ao respecto. 37
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA GH CG X FV AD LR LO IG DB DA DF EP DP VG TVGCongreso “10 anos de loitacontra a trata de mulleres”Inauguración da exposicionJourney por EmmaThompsonDía Mundial da sidaTiger Woods pagou por sexoUn terzo dos atropelos Jprodúcese preto dosprostíbulosRescate de 107 cautivos eexplotados en MéxicoLa Razónrenuncia a publicaranuncios de sexo de pagoBerlusconi é fotografado conprostitutasUnha rede estafa a unovetense ao que lleofreceron altos ingresoscomo gigolóHomenaxe do escultorArturo Baltar ás prostitutasde A EsmorgaO concello da Estrada retirao anuncio dun prostíbulo dasúa radio municipalOperación CariocaA crise incentiva adelincuencia en novossectores da poboaciónReportaxe sobre a películaNineAsasinato de María Socorroda Silva 38
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAAsasinato de Aurora da gCunhaAumenta a prostitución demozas do leste nas MariñasCondena a un proxeneta porobrigar a unha muller aprostituírse nun burel deMesón do VentoXuízo na Coruña aos irmánsDaltonDesarticulada en SanSebastián unha rede deexplotación de mulleresCrítica do libro Prostitución,clientes e outros homes(Xerais, 2009)Doce detidos por obrigar atransexuais a prostituírseDetención en Almería dalíder dunha rede de tráfico eexplotación de mulleresProtestas veciñais en Agrado OrzánA UE quere endurecer asmedidas contra ainmigración ilegal. Detidasvarias mulleres nunprostíbulo por estadíairregularMultado un home que senegou a pagar os servizosdunha prostituta 39
  • 1.2. OS ACTORES DA INFORMACIÓN1.2.1. Os actores que protagonizan a información Os actores que protagonizan a información están ligados de modo estreito áinformación sobre detencións, redadas policiais e crónica xudicial. Son, en primeirolugar, as mulleres que exercen a prostitución, que nas novas se presentanfundamentalmente como vítimas das redes e da explotación dos proxenetas,liberadas pola acción das forzas policiais ou implicadas nos procesos xudiciais quexulgan e/ou condenan a quen as explotou ou maltratou. Poden aparecer nostitulares en relación coas actuacións policiais e xudiciais (o caso maioritario dasinformacións) ou como obxecto das campañas de concienciación que, ben desde ainiciativa política ou ben desde as asociacións, denuncian as situacións deexplotación ás que poden verse sometidas. En ambos os supostos, as mulleres sonprotagonistas como obxectos, non como suxeitos. Non son elas os suxeitos daacción, non son elas as que falan, senón que sobre elas se actúa e, sempre enterceira persoa, se fala. As prostitutas aparecen así como un grupo abstracto. Nonse detén a información en realidades concretas, en historias de vida, en contextosparticulares. As informacións sobre actuacións policiais limítanse a dar os datos quea policía achega, que son poucos e distanciados, polo lóxico respecto ao anonimatoe por razóns de seguridade. Practicamente nunca, nas informacións analizadas, aou o xornalista se despraza ao lugar dos feitos ou tenta completar a informaciónpor medio doutras vías que poidan achegar unha perspectiva máis pousada eanalítica, como as expertas e os actores do tecido cívico organizado que prestan oseu apoio de maneira moi próxima ás persoas que exercen a prostitución(asociacións feministas, organizacións asistenciais…). Ademais, como logo veremos (cfr. Apartado 1.2.3. deste capítulo ), ainformación pon a atención maiormente na prostitución feminina, non na masculinanin na exercida por mulleres transxénero. ACTORES PROTAGONISTAS DA INFORMACIÓN Medios 3% Veciñanza 1% Outras Prostitutas Asociacións 19% 26% 1% Expertos/as 1% Actores políticos 4% Proxenetas Forzas policiais 16% 8% Actores xurídicos 10% Compradores de sexo 11%A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos 39
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Como consecuencia do peso que a información sobre a actuación policial exudicial ten, a tríada de actores protagonistas complétase cos delincuentes (redes eproxenetas son o 16% dos actores protagonistas) e cos actores policiais e xudiciais(que en conxunto supoñen o 18%). Da aproximación que o xornal fai ás redespodemos dicir o mesmo que o sinalado cando falamos das mulleres que exercen aprostitución. Son abordadas como entes abstractos. Sen nomes, sen rostros, senunha descrición pormenorizada da súa actuación mais aló dos escasos datospoliciais, sen un intento de achegamento á súa realidade por iniciativa propia domedio. A ausencia dun xornalismo de investigación por parte dos medios fai quenon se coñeza máis sobre como e en que condicións actúan que o que as fontespoliciais divulguen. O respecto á presunción de inocencia xustifica que non se acheguen datosque revelen a súa identidade mentres non exista unha condena en firme. Nada oimpide cando así é. Mesmo, como indica a profesora Pilar López Díez en relacióncoa violencia de xénero, a identificación dos agresores cando son condenados éaconsellábel para xerar sobre eles a necesaria sanción social. “Como se recoge en el Manual de Urgencia, el agresor debe ser identificado claramente (si no con su identidad, sí en cuanto a su comportamiento). La cautela judicial de no identificación del delincuente hasta que no haya sentencia firme condenatoria no debe extenderse más allá del momento en que se produzca dicha sentencia condenatoria.” (López 2006: 33). Mais acontece que os medios informan moito máis sobre detencións quesobre condenas. Os procesos xudiciais son longos e non sempre conclúen coacondena dos implicados na rede, fundamentalmente polas dificultades que levaconsigo probar os feitos, tendo en conta as reticencias das vítimas a proseguircomo testigos no proceso (ameazas, custos persoais, necesidade de pasarpáxina…). Mesmo ocorre, como puidemos ver na mostra de análise, que cando seinforma sobre condenas –tal é o caso do ditame do xulgado do penal 2 da Coruñaque castiga cun ano de reclusión ao dono dun club de alterne de Mesón do Vento–,a identidade do proxeneta non é difundida. Dos compradores de sexo, análises e reflexións anteriores sobre arepresentación mediática da prostitución indican que son os grandes ausentes nainformación (Dubois 2006; Puñal 2007). Non acontece así no mes analizado. Asinfidelidades do golfista Tiger Woods –en diversas ocasións con prostitutas– e arelevancia que este asunto cobra na axenda dos medios, ao igual que a divulgacióndas comprometedoras fotografías de Berlusconi en Villa Certosa, fai que os homesque pagan por sexo cobren unha relevancia inusual como protagonistas dainformación. Aquí si hai nomes concretos. É, de feito, a relevancia deses nomes oque fai que sexan noticia. Trátase, polo tanto, dun perfil moi determinado,excepcional, ligado á prostitución de luxo e a círculos de elite. Das características,condicións e motivacións do home do común que paga por sexo pouco se nosadoita dicir no día a día dos medios por iniciativa propia deles, a non ser que: 1) secrucen realidades tanxenciais, como a información que se achega na Comisión deSeguridade Vial ao respecto de que un terzo dos atropelos en Galicia teñen lugarnas proximidades dos clubs de alterne, ou a Enquisa Nacional de Saúde Sexual, daque tamén se fala neste mes e que aborda nun dos seus apartados o sexo de pago.2) os compradores de sexo se vexan implicados en situacións delitivas e procesosxudiciais (Multado el hombre que estafó a una prostituta al negarse a pagarle porsus servicios, El Ideal Gallego, 13 de decembro). 40
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA3) deles falen asociacións ou persoas expertas, como acontece na presentación doinforme de Médicos del Mundo sobre a situación da prostitución na área dasMariñas ou na reseña ao libro Prostitución: Clientes e outros homes (Xerais, 2010),elaborada polo profesor e membro de Hombres por la Igualdad, Enrique Díez. A información céntrase pois na muller que exerce a prostitución e non nocomprador de sexo, malia que facer tal en moitos casos sería posíbel só cun cambiode perspectiva por parte da/do xornalista á hora de enfocar a información. Asíacontece por exemplo na cobertura do informe de Médicos do Mundo. Mentres queLa Opinión e El Ideal Gallego priorizan en titulares a información referida a elas -AsMariñas registra un aumento de prostitutas del Este de Europa, en La Opiníon do 2de decembro, e Constatan el aumento de jóvenes rumanas en los prostíbulos delárea, en El Ideal do mesmo día-, a TVG pon a atención nos homes que consomensexo de pago e na súa responsabilidade, tanto na información publicada noTelexornal de mediodía –Cada vez son máis os homes galegos que frecuentan osclubs de alterne– como na do serán –Cada vez son máis os galegos que acoden aclubs de citas– da xornada do 1 de decembro. A información incide en todomomento na responsabilidade deles. Así, na segunda edición do Telexornal dise que“á vez que aumentan os clientes crece tamén o número de mafias e multiplícase onúmero de prostitutas”, mentres que na edición do mediodía se incide na demandade sexo non seguro e, no que se pode entender como unha velada crítica, sedestaca o dato de que tamén acoden aos bordeis homes casados: “En canto aoperfil do usuario non está moi definido, e é que tanto rapaces novos como homesmáis maiores e incluso casados son usuarios destes servizos. Hai que dicir taménque no día mundial contra o sida se fai un chamamento á responsabilidade porqueaínda son moitos os clientes que se negan a utilizar preservativo á hora de manterrelacións con prostitutas”. Entre os actores que menos ocupan o protagonismo da información ospolíticos (o 4% sobre o total), a veciñanza (1%) o movemento asociativo e asvoces expertas (co 1%), xunto co movemento feminista (0,36%). O que atende aopatrón habitual que se segue para a elaboración das informacións: como xa antesfoi mencionado, información de sucesos (detencións e crónica xudicial) ou próximaá crónica social e “rosa”. Sorprende, en principio, o pouco protagonismo daveciñanza, comparado ao que adoita ter, en xeral, nas informacións sobre violenciade xénero (á que adoito se recorre á procura de testemuño sobre o acontecido) een contraste co indicado por Concha Fagoaga, que destaca a información sobre osuceso e os conflictos coa veciñanza como os principais items temáticos nacobertura da prostitución nos medios (Fagoaga, 2007: 201-202). E é que, comodixemos, a información sobre prostitución nos medios galegos é polo xeralinformación de despacho (de axenda, de comunicado, de roda de prensa) con moipouco ou case ningún desprazamento ao lugar dos feitos (porque, ademais, apenasse informa sobre a problemática no eido próximo) para ampliar información eofrecer un relato máis próximo do acontecido. 41
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.2.2. Os actores secundarios da información ACTORES SECUNDARIOS DA INFORMACIÓN Medios 0,73% Outras 12,77% Feministas 0,36% Prostitutas Asociacións 20,44% 3,28% Expertos/as 1,82% Actores políticos Proxenetas 11,68% 21,53% Actores xurídicos Forzas policiais 6,57% 9,49% Compradores de sexo 11,31% Os resultados son similares aos obtidos no apartado anterior. Oprotagonismo segue a corresponderlle ao triángulo construído ao redor do delito:prostitutas, proxenetas e actores xurídicos e policiais, con escasa presenza deactores do movemento asociativo (en particular do feminista) e de carácterexperto. Obsérvase, neste caso, un maior protagonismo das fontes políticas (un11,68% sobre o total), cuxas declaracións adoito son recollidas na información concarácter secundario, polo xeral como denuncia ou contextualización daproblemática da que se está a falar (por exemplo, as declaracións de Bibiana Aídona presentación da exposición Journey).1.2.3. O xénero de quen exerce a prostitución PROSTITUCIÓN EN FUNCIÓN DO XÉNERO 1% 36% FEMENINA MASCULINA TRANSXÉNERO NON SE INDICA 56% OUTROS 3% 4% 42
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAAs informacións sobre prostitución están, maioritariamente, referidas a mulleres.Mesmo naquelas nas que non se menciona de modo explícito o xénero de quen seprostitúe poderíase deducir que, na súa maioría, están ligadas ao exercicio femininoda prostitución. Por exemplo, nas que aluden a clubs (as máis abondosas noscontidos analizados), dado que neles traballan fundamentalmente mulleres. Aprostitución masculina e a de mulleres transxénero adoita moverse noutroscontextos: nos pisos, na rúa, en locais de copas, ou a través dos contactos porinternet ou da prensa. Só nunha peza é abordada a prostitución de mulleres transxénero, e faise,como logo veremos, aludindo a un contexto afastado (a cidade de Bos Aires) e cuntratamento que incide no exótico, na sorpresa, no raro: Bosques de Palermo.Robinson Savary descobre nunha exposición en Bos Aires a tristeza, o amor e asolidariedade dos travestis (en Galicia Hoxe, do 19 de decembro). E só en catro,mais referidas ao mesmo acontecemento, se aborda a prostitución masculinadirixida a mulleres: Estafan 18.215 euros a un ovetense cuando quería ofrecer susservicios como gigolo (nos xornais do grupo La Capital, agás Diario de Arousa, do12 de decembro) e Una red estafa más de 18.000 euros a un ovetense al queprometieron altos ingresos como gigoló (en Faro de Vigo, do 12 de decembro). Aprostitución masculina dirixida a homes non existe para os medios de comunicacióngalegos á luz dos contidos analizados no mes obxecto de análise.1.3. OS ESCENARIOS E A TIPOLOXÍA DA PROSTITUCIÓN ESPAZOS DA PROSTITUCIÓN 3% 12% 9% Club Luxo Piso Rúa ou barrio 54% Outros 22% 43
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA TOTAL CLUB LUXO PISO RÚA OU OUTROS BARRIO DA 1 1 0 0 0 DB 4 2 0 1 0 DF 2 2 0 1 0 DP 2 0 0 0 0 EIG 5 2 1 1 0 EP 4 0 0 0 0 LO 5 2 1 1 0 LVG 5 1 0 0 0 TVG 4 0 1 0 0 ECG 2 1 0 0 0 FV 2 1 0 1 1 GH 0 1 0 2 0 LR 0 0 2 1 1 XG 1 2 1 0 0 *As cantidades refírense ao número de pezas por medio e categoría A prostitución máis visíbel na información dos medios galegos é aquela queten como escenario o club. En máis da metade –o 54%-– das referencias a espazose tipos de prostitución nas pezas analizadas, é o club o lugar de referencia, comopano de fondo de informacións que teñen que ver fundamentalmente con procesosxudiciais –a maior parte delas están relacionadas coa Operación Carioca– ou conoperacións policiais: contra a explotación sexual e as redes de tráfico con tal fin oudetención de mulleres en clubs por situación irregular no país7. O protagonismomaioritario da prostitución de club ten que ver tanto coa súa visibilidade, encontraste coa discreción dos pisos –esa notoriedade no espazo público facilita sobreos clubs unha maior vixilancia policial, unha das fontes principais das que se nutrenos medios, como podemos ver noutro apartado deste estudo (cfr. 2.6 destecapítulo)– como co auxe deste tipo de prostitución fronte a outros ámbitos taménmoi visíbeis pero en progresiva decadencia –a prostitución de barrio e rúa, quesufriu un proceso de continuo esmorecemento nos lugares nos quetradicionalmente se viña exercendo nas cidades galegas–. A prostitución de rúa oubarrio ou a que ten lugar en pisos teñen, de feito, un protagonismo moi inferior. Aprimeira supón o 12% do total dos casos e a segunda só o 9%. A maior presenza da prostitución de club fronte ás outras ten que ver taméncoa escasa iniciativa do medio á hora de cubrir a información. Os medios actúan aremolque do que a policía di, mais non acoden por iniciativa propia a outrosespazos alén dos presentes nas notas policiais, o que poderían facer desprazándosee visitando in situ os barrios e rúas das cidades onde se exerce a prostitución ouchamando aos teléfonos que se anuncian nas propias páxinas dos xornais como7 Sobre actuacións policiais contra a explotación sexual e o tráfico de persoas con fins de explotaciónsexual en clubs publicáronse as seguintes informacións, todas elas nos xornais do grupo La Capital:Condenado a un año de reclusión por obligar a una extranjera a prostuírse (en El Ideal Gallego e Diariode Bergantiños o 3 de decembro) e Desarticulada en San Sebastián una red de explotación de mujeres,en El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños o 4 de decembro. Taménsobre tráfico e explotación sexual se publicaron outros dúas novas, mais nelas non se indica onde seexercía a prostitución: Sobre detencións efectuadas por situación irregular no país, só se encontrouunha nova: La UE se marca el objetivo de "controlar y combatir" la inmigración ilegal, en El IdealGallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol– 44
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAintermediarios que son da prostitución de piso. Non estamos pois, a falar, derealidades inaccesibles senón moi próximas. A prostitución de luxo –cun 22%– é a segunda con maior presenza nosmedios galegos, o que se debe á irrupción na axenda, na época analizada, de dousacontecementos que causaron gran impacto mediático: as infidelidades do golfistaTiger Woods e as festas privadas, e con prostitutas, do italiano Silvio Berlusconi.Cómpre, porén, diferenciar. Mentres que o protagonismo que neste estudo seobserva da prostitución de club ten que ver coas rutinas que son comúns naprodución de información sobre prostitución nos medios –ligadas á actividadepolicial e xudicial, como foi dito–, no caso da prostitución de luxo fica estritamentevencellado a dous casos puntuais, os de Berlusconi e Woods. Que consigan tal econa prensa está en relación con outra tendencia de fondo: o contaxio, nos mediosimpresos, da información rosa, de temáticas banais e tratamento frivolizador, queprotagoniza con éxito os horarios de máxima audiencia nas grellas televisivas.Neste tipo de información, o morbo radica en boa medida na relevancia pública dase dos protagonistas implicados, ben sexan compradores de sexo, ou ben mulleresque se prostitúen. 8 Unha vez analizados que escenarios da prostitución teñen maior ou menorpresenza, convén tamén reparar no que deles se fai visíbel. Da prostitución de clubos datos que transcenden nas informacións analizadas teñen que ver cos factoresdelitivos no modus operandi dos proxenetas e das redes de trata e de tráfico. Naspezas recollidas na mostra analizada: captación nos países de orixe medianteengano –canto ao traballo que se ía exercer ou canto ás condicións de exercicio–;prostitución forzada; complicidade policial cos proxenetas –entrada de mulleresestranxeiras en aduana, ex gardas civís propietarios de clubs de alterne, revelaciónde segredos…– e detención de mulleres que exercen a prostitución por estadíairregular e infracción da Lei de Estranxería. Que se coñezan outro tipo decircunstancias ligadas ao exercicio da prostitución en clubs depende,fundamentalmente, da introdución de fontes do eido asociativo ou institucional, queaparecen, nas poucas ocasións en que o fan, por iniciativa das propias fontes e nondo medio. No mes analizado, temos noticia dos riscos sanitarios no exercicio daprostitución –o elevado índice de constaxio do VIH–, do perfil dos compradores desexo e do incremento de mulleres españolas no mesmo grazas á presentación doestudo elaborado por Médicos do Mundo. Porén, nas informacións que diso nosfalan non se ofrece un tratamento en fondura destes temas, senón que parecenreflectidos de maneira secundaria entre os diversos datos e declaracións que serecollen na roda de prensa na que se presenta a investigación. A realidade dos clubs aparece pois representada só de modo parcial. Parapoder ollala de modo máis amplo serían precisas outras perspectivas, con pouco ouningún peso nas pezas analizadas: A) a perspectiva de xénero: quen se prostitúe epor que9. B) A perspectiva económica: beneficios económicos obtidos por8 O impacto mediático que, hai uns anos, tivo o libro El año que tráfique con mujeres (Temas de Hoy,2004), froito dunha investigación do xornalista coñecido baixo o pseudónimo, Antonio Salas, demostracomo o morbo impera como criterio de noticiabilidade. Malia que no que no libro o autor afondaba nomodus operandi das redes de trata e tráfico, malia que nel se aludía a diversos espazos e tipoloxías deprostitución e se mencionaban multitude de casos de protagonistas anónimas, polo xeral vítimas dasredes, o que transcendeu aos medios foi o capítulo referido á prostitución de mulleres famosas enespazos de luxo.9 Nos clubs fundamentalmente mulleres, non homes nin mulleres transxénero, e de procedencias quenon sexan obxecto, como a africana, de rexeitamento racial. 45
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAproxenetas e redes, o modo en que os negocios se articulan, as relacións laboraisentre proxenetas e prostitutas, condicións económicas nas que se exerce10.C) a perspectiva social: condicións de seguridade, autonomía e hixiénico-sanitariasnas que se exerce, diferenciación entre prostitución voluntaria ou forzada, recursossociais e institucionais para atención ás persoas que se prostitúen,... D) perspectivalegal: situación de non regulación laboral e consecuencias11; efectos, no exercicioda prostitución en clubs, dos cambios lexislativos12; eficacia das medidas legais queprocuran incentivar a denuncia por parte das prostitutas de redes de trata 13,prostitución e inmigración irregular, estratexias dos proxenetas para esquivar alei…14)-. Mesmo das redadas policiais se ofrece un tratamento parcial, que adoitonon vai máis aló do momento da detención, o que impide saber, por exemplo, queacontece coas mulleres que traballaban nun club cando este é pechado por unharedada policial, ou con aquelas que son vítimas de trata e tráfico unha vez sonliberadas. A parcialidade e superficialidade da información tamén se pon de manifestona cobertura doutros tipos de prostitución. Así, as escasas informacións que, sobreprostitución de rúa ou de barrio aparecen nos medios galegos no período analizadoabórdana ou como unha realidade afastada ou situada en tempos pretéritos, maisen ningún caso como unha modalidade que, aínda que esmorecente, seguepresente nalgunha das rúas e dos barrios das cidades galegas. Á prostitución debarrio ou rúa en tempos pasados aluden, de feito, dúas das catro pezas queabordan esta modalidade: un artigo de opinión, A violencia segue, en Galicia Hoxe(do 2 de decembro), que fai referencia á violencia de xénero exercida polosproxenetas nos barrios chineses na época franquista –“Cando aínda estaba nopoder o superhomiño de Ferrol, os do meu tempo só sabiamos dun grupúsculo demaltratadores de mulleres en todo o contexto social e estes eran os proxenetas, oschulos de barrio chinés” – e “Busconas” en el portal de Belén de Faro de Vigo do16 de decembro, sobre a prostitución no Ourense do franquismo a raíz dahomenaxe que o escultor Arturo Baltar lles rende ás prostitutas que inspiraron asque Blanco Amor retrataba en A esmorga, ás que lle dedica dúas figuras nun Belén.A prostitución como realidade afastada e mesmo exótica é abordada na reportaxe“Bosques de Palermo. Robinson Savary descobre nunha exposición en Bos Aires atristeza, o amor e a solidariedade dos travestis”. Só unha información, das catrolocalizadas, está relacionada co exercicio da prostitución de rúa en Galicia naactualidade, o asasinato dunha prostituta que exercía na alameda ourensán, maisnela só se dá conta, en función da información manexada no xuízo ao agresor, dascircunstancias en que o suceso ocorreu, e non se extrapola, do crime, análise deningún tipo sobre a inseguridade que vai aparellada ao exercicio da prostitución narúa.Nin se informa, nos artigos localizados, sobre a situación da prostitución debarrio ou rúa hoxe en día en Galicia, nin moito menos da súa complexidade. Porexemplo, en relación ao perfil de quen a exercen: mulleres maduras ou de idadexa avanzada, nalgúns casos en situación marxinal, españolas ou galegas, conescasa formación e dificultades para encontrar outros traballos alén a prostitución,10 Pago da débeda contraída para a viaxe e introdución no país no caso de redes, pago dunha parte doganado aos proxenetas, amonestacions económicas diversas se se considera que non se cumpreadecuadamente co traballo e co horario …11 O feito de que non sexa un traballo regularizado dificulta a obtención de papeis por parte das persoasen situación de estadía irregular no país.12 Incremento da prostitución de piso como espazo máis seguro para os proxenetas tralo endurecementoda condena ao proxenetismo na reforma do Código Penal de 200313 Período de reflexión de 30 días para decidir participar ou non do proceso xudicial como testemuña ebeneficios canto á obtención de permiso de residencia e de traballo se a vítima denuncia.14 Uso de “persoas de palla” á fronte dos negocios para esquivar a responsabilidade dos verdadeirosdonos, o que se demostra na reapertura, en casos, dos clubs clausurados con outros nomes distintos. 46
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAmais tamén rapazas africanas que non son aceptadas nos clubs por discriminaciónracista ou mulleres que procuran nesta modalidade de prostitución unha maiorautonomía tanto en canta a horarios como a dispoñibilidade do diñeiro e nonsometemento aos proxenetas a cargo de clubs ou pisos.Ou ás condicións en que se exerce (prezos máis baratos, maior inseguridade,menores condicións de hixiene…). Ou tamén en relación ás políticas urbanísticasque procuran eliminar á prostitución das rúas mais sen que se suscite un debate nasociedade respecto á situación en que quedan estas mulleres unha vez se lles privado espazo no que desenvolvían o seu modo de vida. As escasas informacións relacionadas coa prostitución de piso teñen relaciónfundamentalmente co suceso –en concreto, o asasinato da moza brasileira MaríaSocorro da Silva e os posteriores intentos de suicidio, no cárcere, do seu presuntoasasino, cliente seu– mais, como acontecía nos casos anteriores, esta faceta daprostitución en si non é nunca abordada como tema da información (lémbrese quea esta modalidade tamén leva consigo situacións de inseguridade, sobre todo candoé a muller a que se traslada ao espazo do home que compra sexo). É, polo tanto,imposíbel coñecer, a partir da información analizada, as características daprostitución de piso en Galicia: o feito de que sexa un espazo de máis difícilintervención por parte das forzas policiais (dada a súa invisibilidade e a necesidadede permiso xudicial para entrar en domicilios privados); a prostitución de piso comoun espazo de maior autonomía para as mulleres, que se autoorganizan alén osproxenetas para traballar pola súa conta, mais a existencia tamén de pisos en mansde redes; ou as condicións de exercicio, ligadas a un tipo de oferta baseada naespecialización, na discreción e na dispoñibilidade de quen se prostitúe ao longo deamplas xornadas de traballo ou mesmo de todo o día.1.4. A INTRODUCIÓN DE ELEMENTOS CONTEXTUAIS E EXPLICATIVOS INTRODUCIÓN DE ELEMENTOS CONTEXTUAIS 15% SI NON 85% INTRODUCCIÓN DE ELEMENTOS CONTEXTUAIS AD DA DB DF DP ECG EIG EP FV GH LO LR LVG TVG XGSI 1 2 1 1 1 3 2 1 4 1 1NON 2 5 11 13 2 7 12 8 7 7 9 5 7 3 7*Datos en números absolutos 47
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A introdución de elementos que permitan contextualizar a información estápresente nun 15% das pezas analizadas, na súa maioría informacións ou artigos deopinión que se centran nos temas de fondo, non no acontecemento episódico, e queen boa parte se corresponden con presentacións de informes, estudos ourealización de eventos (congresos, exposicións…) que teñen por fin concienciarsobre a prostitución e a explotación sexual. Véxase por exemplo en La Opinión do 2 de decembro As Mariñas registra unamento de prostitutas del Este de Europa (presentación do xa mencionado estudoelaborado por Médicos del Mundo); en Galicia Hoxe do 3 de decembro Máis de dousmillóns de mulleres son escravas (congreso sobre a trata de mulleres organizadopolo Proxecto Esperanza) ou en Diario de Ferrol do 2 de decembro, Una muestrafotográfica repasa la vida de mujeres que padecen sida en el mundo. A inclusión de elementos contextuais non atende, polo xeral, a unha procuraactiva de información por parte da/ou do xornalista senón á propia cobertura, máisou menos ampla, con máis ou menos datos polo tanto que permitan facer contexto,facilitados no evento cuberto. De aí que a maioría das pezas analizadas se quede nanoticia, na información da actualidade do día, con apenas presenza, como podemosver noutro apartado deste estudo (cfr. apartado 2.1 deste capítulo), doutrosxéneros que precisen dun grao de contextualización maior que permita afondar nascausas e nas consecuencias. O medio que introduce máis elementos de contexto na información é GaliciaHoxe, en consonancia coa importancia que lle outorga aos asuntos de índole sociale con certa intención de diferenciación mediante a cobertura, máis ampla e conprofundidade maior, de determinados temas que noutros medios pasaninadvertidos ou aos que non se lle dá relevancia. De aí que, por exemplo, apresentación da exposición Journey por parte de Emma Thompson sexa merecentedunha páxina encabezada por un titular claramente interpretativo, “Mercadoríasexual”, ou que o congreso sobre a trata de mulleres, antes mencionado, recibatamén un tratamento similar, a todo plana, baixo o titular “Máis de dous millóns depersoas son escravas”.1.5. O GRAO DE APLICACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO A aplicación da perspectiva de xénero á información permite desvelar aollada androcéntrica e a ideoloxía sexista que, sen unha estratexia consciente porparte da ou do informador, pode trasladarse aos contidos como esa ollada naturaldo mundo coa que adoito se confunde a ideoloxía dominante. Unha boa aplicaciónda perspectiva de xénero contribúe a sacar á luz as múltiples circunstanciasderivadas dunha situación de dominio e privilexio do masculino sobre o feminino efai explícitos os factores que afectan a mulleres e homes de maneira diferenciada. Os datos amosan que un 12% das pezas analizadas inclúen perspectiva dexénero. Grazas a esta estratexia, ao longo do mes, as e os lectores poden saber,poñamos caso, das diferencias entre mulleres e homes como compradores/as desexo; da feminización da sida nos países empobrecidos e da súa incidencia nasmulleres que exercen a prostitución, das motivacións dos homes que compran sexoou como a explotación e a escravitude sexual afecta de maneira específica ásmulleres. Esa porcentaxe –12%– coincide así mesmo coa apuntada no últimoinforme Who makes the news? elaborado pola WACC (World Association forChristian Communication) e presentado de maneira preliminar en marzo de 2010,no que se analiza a presenza das mulleres nos contidos en medios de comunicaiónde 42 países. Unha porcentaxe en todo caso escasa máis que triplica a do informeanterior, cinco anos atrás. 48
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Porén, na gran maioría dos casos, a aplicación da perspectiva de xénero áanálise dos datos non é iniciativa da ou do xornalista senón das propias fontes queconsulta ou daquelas voces das que se fai eco, polo xeral institucións, asociaciónsou fontes expertas e ás que a persoa que elabora a información non acude demaneira activa, por propio iniciativa, senón recollendo de maneira secundaria otestemuño das fontes en comunicados, rodas de prensa ou eventos comocongresos. A perspectiva de xénero introdúcese pois de maneira secundaria,reducida a unha declaración ou á exposición dun dato incorporado pola fonte, noncomo estratexia consciente, lonxe de enchoupar de principio a fin a información,desde o propio enfoque desde o que se concibe, e lonxe tamén de propiciar análisealgunha que vaia máis aló da referencia puntual. Deste xeito, por poñer unexemplo, se sabemos cómo o VIH afecta ás mulleres é porque así o introduceunhas das voces que se incorpora na información, a asociación Liberación, que, nuncomunicado sobre a incidencia do VIH na poboación carceraria, engade unhareferencia ás mulleres: “Tamén [a presidenta de Liberación] quixo sacar á luz avulnerabilidade das mulleres en situacion de exclusión social afectadas polo VIH, enespecial, as que exercen a prostitución, que se atopan especialmentedesprotexidas”. Ou, se se nos informa dos resultados da enquisa nacional de saúdesexual, a referencia ás diferenzas entre mulleres e homes á hora de acudir ao sexode pago queda reducida á introdución dunha porcentaxe, mais non é merecente dereflexión maior que permita analizar o resultado: “Segundo a enquisa do Ministeriode Sanidad, un 32 por cento dos homes pagaron polo menos unha vez na súa vidapor ter relacións sexuais –un 22 por cento fíxoo máis dunha vez– fronte ao 0,3%das mulleres” (Galicia Hoxe, 30 de decembro de 2009). A aplicación da perspectiva de xénero con maior centralidade nainformación, por iniciativa da ou do xornalista e non a remolque do dito polasfontes, introdúcese de maneira moi esporádica e habitualmente naqueles xénerosque permiten afondar e contextualizar a información. Por exemplo, a reportaxe Oestado de México é culpábel. E agora qué? (Galicia Hoxe, 27 de decembro de2009) ou a entrevista a María Castro, cooperante en Honduras en proxectos dexénero e educación: La religión es mala cuando intenta legitimar ciertos roles en lafamilia (Diario de Ferrol, 20 de decembro de 2009). Galicia Hoxe é de feito, e condiferenza, o medio, dos analizados, que máis aplica a perspectiva de xénero, o queten que ver con ser aquel que, no referido á abordaxe da prostitución, daexplotación sexual e da trata e tráfico de seres humanos con tal fin, en maiormedida a información é tratada dende unha perspectiva máis ampla econtextualizada. Tamén destaca, respecto á introdución da perspectiva de xénero, a TVG.Non porque a información conte cun grao de elaboración maior –os formatos deinformativa televisiva, moi breves, adoito o impiden, e neste caso os datos dos quese parte, o informe de Médicos do Mundo xa antes citado, son os mesmos que osque contan os outros medios– senón polo propio enfoque que a persoa que elaboraa información adopta á hora de redactala. O que nos permite ver neste caso que aprostitución, a parte das mulleres que a exercen, ten outra cara que moitas veces éinvisibilizada: os compradores de sexo. 49
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA APLICACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO 12% SI NON 88% APLICACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO XORNAL Si Non Si % Non % AD 0 2 0,00 100,00 DA 1 5 16,67 83,33 DB 1 12 7,69 92,31 DF 2 12 14,29 85,71 DP 2 1 66,67 33,33 ECG 0 8 0,00 100,00 EIG 1 14 6,67 93,33 EP 1 9 10,00 90,00 FV 1 7 12,50 87,50 GH 5 6 45,45 54,55 LO 0 10 0,00 100,00 LR 0 5 0,00 100,00 LVG 0 7 0,00 100,00 TVG 2 4 50,00 50,00 XG 1 6 14,29 85,71 TOTAL 15 108 12,20 87,801.6. A IDENTIFICACIÓN DA PROSTITUCIÓN, DA EXPLOTACIÓN SEXUAL EDA TRATA E TRÁFICO DE PERSOAS CON TAL FIN CON VIOLENCIA DEXÉNERO IDENTIFICACIÓN COMO VIOLENCIA DE XÉNERO 4% SI NON 96% 50
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA IDENTIFICACIÓN COMO VIOLENCIA DE XÉNERO XORNAL Si Non Si% Non% AD 0 2 0,00 100,00 DA 1 5 16,67 83,33 DB 1 12 7,69 92,31 DF 0 14 0,00 100,00 DP 1 2 33,33 66,67 ECG 0 8 0,00 100,00 EIG 1 14 6,67 93,33 EP 0 10 0,00 100,00 FV 0 8 0,00 100,00 GH 0 11 0,00 100,00 LO 1 9 10,00 90,00 LR 0 5 0,00 100,00 LVG 0 7 0,00 100,00 TVG 0 4 0,00 100,00 XG 0 7 0,00 100,00 TOTAL 5 118 4,07 95,93 A identificación como violencia de xénero da prostitución, da explotaciónsexual, da trata ou do tráfico de persoas con tal fin é residual nos medios galegosno mes analizado. Só nun 4% se produce tal: na información sobre a presentaciónda exposición Journey por parte de Emma Thompson (na cobertura realizada en LaOpinión e Galicia Hoxe); con respecto á retirada do anuncio dun club deprostitución nunha radio municipal, e en relación con dous textos de opinión: oartigo de Isidro Novo “ A violencia segue” (Galicia Hoxe, do 2 de decembro) e acrítica do libro Prostitución: clientes e outros homes (Xerais, 2009) no suplementode libros ProTexta, que se distribúe gratuitamente e con periodicidade trimestralcos xornais do grupo La Capital. Nas pezas informativas, a ligazón da prostitución ou da explotación sexualcon violencia de xénero parte de fontes institucionais. Na cobertura da presentaciónda exposición Journey, a referencia á violencia de xénero inclúese nas declaraciónsda ministra de Igualdade, Bibiana Aído, e cínguese á explotación sexual: “Aídoremarcó que “una sociedad digna no puede ser cómplice de este delito, laesclavitud y la explotación sexual”, a la que se refirió como “una de las formas másantiguas de violencia contra las mujeres, de violar los derechos humanos y denegar la dignidad de las personas” (La Opinión, 12 de decembro de 2009). Nainformación sobre a retirada dun anuncio de prostitución dunha radio municipal, aidentificación ten orixe no goberno municipal estradense: “El Gobierno local de AEstrada no está dispuesto a que su imagen se vea empañada a cambio de unoscuantos euros ni de que todas las acciones que desarrolla en pro de la igualdad(entre otras cuestiones tiene puesto en marcha un plan de igualdad) y contra laviolencia de género queden enturbiadas por un anuncio publicitario de dudosa éticaque puede, y de hecho, así ha ocurrido, levantar ampollas”. 51
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Nos artigos de opinión, é o propio autor quen se posiciona. No caso da críticaé inserida nun suplemento de libros, ProTexta cuxos contidos non son elaboradospola redacción do xornal nin a iniciativa dos medio, que só se encarga neste casoda distribución da publicación. A posición do autor é explícita, tanto naidentificación da prostitución en xeral como violencia de xénero (sen facerdistincións entre prostitución forzada e voluntaria) como na afiliación abolicionistadeste argumento: “Trátase en definitiva, dun magnífico e oportuno libro ante unhaforma de explotación e violencia de xénero que debe ser abolida (…) A prostitucióné o último reduto social institucionalizado consentido e xustificado de dominaciónmasculina”. No artigo “A violencia segue” non chega a identificarse prostitución conviolencia de xénero, mais si se pon de manifesto o maltrato exercido polosproxenetas: “Non conformes con explotar economicamente a muller para cargarsede grosas cadeas, pulseiras e reloxos de ouro, de vez en cando e con calqueraescusa os “protectores” (!!!) facíanlles ver ás súas protexidas en carne propia enque boas mans estaban no caso de ter que cumprir co seu cometido”Do dito, podemos concluír que: -A ligazón da violencia de xénero á prostitución ou á explotación sexual tencomo punto de partida ben as institucións ou ben colaboradores externos do xornal,mais non amosa unha actitude expresa do medio. -Tal identificación faise a varios niveis, de modo que: o que se identifiquecomo violencia de xénero sexa a prostitución en si; que só se cualifique como tal aexplotación sexual; que o que se denuncie sexan o maltrato e as agresións quepoden darse no exercicio da prostitución. -Non aparece explícito nos xornais o debate teórico e ideolóxico que seagocha trala consideración ou non da prostitución como violencia de xénero. Con respecto a este último punto, cómpre dicir máis unha vez que tal debateestá ausente dos medios como tamén o está a tensión ideolóxica de fondo: denovo, a confrontación entre abolicionismo e regulacionismo. Lembremos que a ONU entende como tal na súa Declaración sobre aeliminación da violencia contra a muller, aprobada en 1993, a prostitución forzada eo tráfico de mulleres15. Cando o debate sobre a regulación da prostitución chega aoParlamento español, trala consulta a diversas persoas expertas e asociacións, aComisión Mixta dos Dereitos da Muller e da Igualdade de Oportunidades acorda noInforme de la Ponencia sobre la situción actual de la prostitución en nuestro paísque toda prostitución é equiparábel a violencia de xénero, en sintonía coargumentario abolicionista:15 Considera a ONU en tal documento, que a “violencia contra a muller” abarca: " a) La violencia física,sexual y sicológica que se produzca en la familia, incluidos los malos tratos, el abuso sexual de las niñasen el hogar, la violencia relacionada con la dote, la violación por el marido, la mutilación genitalfemenina y otras prácticas tradicionales nocivas para la mujer, los actos de violencia perpetrados porotros miembros de la familia y la violencia relacionada con la explotación; b) La violencia física, sexual ysicológica perpetrada dentro de la comunidad en general, inclusive la violación, el abuso sexual, el acosoy la intimidación sexuales en el trabajo, en instituciones educacionales y en otros lugares, la trata demujeres y la prostitución forzada; c) La violencia física, sexual y sicológica perpetrada o tolerada por elEstado, donde quiera que ocurra. 52
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “Ha habido prácticamente unanimidad en la necesidad de desarrollar políticas de prevención para atajar las causas incidiendo en todos los elementos del sistema prostitucional y para transmitir a la sociedad que la prostitución es una forma de violencia de género y una práctica que atenta contra los derechos humanos y que es contraria al principio de igualdad.” (Cortes Generales, 2007: 18). Desde as posicións abolicionistas a prostitución en si é violencia de xénero.En primeiro lugar, porque pon de manifesto a violencia estrutural de fondo, deíndole patriarcal, e bebe polo tanto dunha relación de poder na que o home ocupa aposición dominante. E segundo, por considerar que a prostitución, forzada ou non,atenta contra a dignidade da persoa que a exerce, está suxeita a condicións detraballo nas que se mesturan violencia, inseguridade, insalubridade e vulneracióndos dereitos da persoa, ten secuelas para a mesma e parte ademais dun contextosocial no que as desigualdades tanto de xénero como doutro tipo (feminización dapobreza, contextos políticos e sociais de violencia, fluxos migratorios sur-norte,dificultades de integración laboral na sociedade de acollida…), unido a historias devida que condicionan unha baixa autoestima, colocan á muller nunha situación devulnerabilidade da que redes e proxenetas se benefician. Para o regulacionismo, porén, a identificación de violencia de xénero conprostitución agocha un determinado preconcepto da sexualidade e deixa esquecidaa loita polos dereitos a exercer a loita polos dereitos das mulleres que traballan naindustria do sexo. Segundo o colectivo Hetaira, “La idea de que toda prostitución es “esclavitud sexual” o “violencia de género” tiene grandes resonancias emocionales pero es una cortina de humo que impide comprender que instrumentos legislativos son necesarios para mejorar las situaciones reales y diversas que viven las trabajadoras del sexo” (Briz y Garaizabal (coord.), 2007: páxs. 11-12). Pola súa banda, o Colectivo de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexualesde Madrid (COGAM) coida, na súa participación para o Informe de la Ponencia sobrela situción actual de la prostitución en nuestro país, que equiparar “la prostitucióncon la esclavitud sexual parece que corresponde a una determinada idea de lasexualidad y a la moralidad con la cual se quieren justificar las actuacionesrepresivas” (Cortes Generales, 2007: 153). Da información que aparece na prensa é difícil inferir a existencia de taldebate de fondo e as posicións en lida. En todo caso, a elevada presenza que asfontes institucionais adoitan ter na prensa fai que o argumentario próximo aoabolicionismo, como xa antes vimos, teña maior cabida (lembremos, aínda así, quea identificación de prostitución e violencia de xénero parte sempre nas pezasinformativas analizadas das institucións) que o regulacionista. 53
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.7. A IDENTIFICACIÓN DA PROSTITUCIÓN, DA EXPLOTACION SEXUAL EDA TRATA E DO TRÁFICO DE PERSOAS CON TAL FIN COMO VULNERACIÓNDOS DEREITOS HUMANOS IDENTIFICACIÓN COMO VULNERACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS 7% SI NON 93% IDENTIFICACIÓN COMO VULNERACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS XORNAL Si Non Si% Non% AD 0 2 0,00 100,00 DA 1 5 16,67 83,33 DB 1 12 7,69 92,31 DF 2 12 14,29 85,71 DP 0 3 0,00 100,00 ECG 0 8 0,00 100,00 EIG 1 14 6,67 93,33 EP 0 10 0,00 100,00 FV 1 7 12,50 87,50 GH 2 9 18,18 81,82 LO 1 9 10,00 90,00 LR 0 5 0,00 100,00 LVG 0 7 0,00 100,00 XG 0 7 0,00 100,00 TVG 0 4 0,00 100,00 TOTAL 9 114 7,32 92,68 A referencia aos dereitos humanos aparece nun 7% das pezas analizadas, enrelación co discurso institucional, de voces expertas ou de actores asociativos. Conrespecto ás fontes institucionais, é de novo a ministra de Igualdade, Bibiana Aído,quen identifica a explotación sexual con vulneración dos dereitos humanos, tal ecomo podemos ver nunha declaración da ministra recollida nun apartado anterior.Canto ás voces asociativas, facemos referencia en concreto a dúas: ao ProxectoEsperanza, organizador do congreso “10 anos de loita contra a trata de mulleres,Aprendizaxes e perspectivas” no que se recollen intervencións que sitúan a trata naproblemática dos dereitos humanos, como a da consultora experta en Trata e 54
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIADereitos Humanos, Fanny Polanía, e a ONG a prol dos dereitos humanos coa quecolabora Emma Thompson. Canto ás fontes expertas, aludimos en particular aoprofesor da Universidade de León, Enrique Díez, quen se manifesta do seguintemodo: “o que as mulleres prostituídas teñen que soportar equivale ao que noutroscontextos correspondería á definición aceptada de acoso e abuso sexual”(suplemento de libros ProTexta, 12 de decembro). Como xa subliñabamos no apartado anterior, na prensa está ausente odebate de fondo ao redor da prostitución, e non se pon de manifesto polo tanto omodo en que as distintas posicións ideolóxicas ven ou non a prostitución comovulneración dos dereitos humanos. A posición institucional, no eido estatal, véncondicionada polo marco internacional e o conxunto de acordos subscritos poloEstado neste eido. Segundo o Informe de la Ponencia sobre la situación actual de laprostitución en nuestro país, “Nuestro país, por tradición y por las obligaciones de orden jurídico tanto interno como de los compromisos internacionales que tiene asumidos, aborda la prostitución como una clara vulneración de los derechos humanos de las personas que están en esa situación tal como se contempla en el marco del Convenio de Naciones Unidas para la Represión de la Trata de Personas y de la Explotación de la Prostitución Ajena, de 2 de Diciembre de 1948, que considera la existencia de explotación sexual aunque exista consentimiento de la víctima; así como con la Resolución aprobada por el Parlamento Europeo el día 2 de febrero de 2006 que insta a luchar contra la idea de que la prostitución es equiparable a un trabajo” (Cortes Generales, 2007: 18). O Convenio de Nacións Unidas para a Represión da Trata de Persoas e daExplotación da Prostitución Allea di, no seu preámbulo, que “ a prostitución e o malque a compaña, a trata de persoas para fins de prostitución, son incompatíbeis coadignidade e o valor da persoa humana e poñen en perigo o benestar do individuo,da familia e da comunidade”. No informe da Comisión de Dereitos Humanos da ONUsobre as formas contemporáneas de escravitude, de 1993, sinálase así mesmo que“a legalización da prostitución agrava a explotación sexual e aumenta a trata demulleres e nenos” e insta aos gobernos que “non fomenten a legalización nin aregulamentación da prostitución”. Fronte a esta postura, que coincide co marcointerpretativo abolicionista, as posicións regulamentacionistas insisten nadiferenciación entre a vulneración de dereitos humanos que supón a prostituciónforzada, e a prostitución que se exerce voluntariamente. Nesa liña, ponse enprimeiro termo a defensa das persoas que exercen a prostitución, destácase anegación de dereitos que supón non darlle categoría de traballo á prostituciónnunha sociedade na que poder gozar dos dereitos cidadáns está condicionado enboa medida pola acceso ao traballo (sobre todo no caso da poboación inmigrante),e insístese en como a non regulamentación desta actividade, o non implicarse namellora das condicións de traballo de quen a exerce, alimenta a vulneración dosseus dereitos e a súa desprotección. Así se sintetiza na intervención de DoloresJuliano, antropóloga impulsora do proxecto LICIT (Linia d’Investigació i Cooperacióamb Immigrants Treballadores sexuals), na súa participación no mencionadoInforme: 55
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “Y reconocer derechos humanos para las trabajadoras del sexo implica reconocerlas en primer lugar como interlocutoras válidas. (…). Por consiguiente respetar los derechos humanos, es en el caso de las trabajadoras del sexo, respetar su derecho a participar en las negociaciones y el reconocimiento de su condición de trabajadoras, es decir, de su dignidad en una sociedad en la cual, (ya lo hablaba Weber en la «Ética protestante»), la dignidad se reconocer para los seres adultos por su participación en el trabajo”. (Cortes Generales, 2007: 47) Así mesmo, no Manifesto d@s Traballador@s Sexuais en Europa, lígase oexercicio voluntario da prostitución coa defensa dos dereitos sexuais: “Exigimos nuestro derecho como seres humanos a utilizar nuestros cuerpos para cualquier fin que no consideremos perjudicial, incluyendo el derecho a mantener relaciones sexuales consentidas, independientemente del género y del origen étnico de nuestras parejas y de si éstas pagan o no” (citado en Agustín, Laura María: 2008). Un/unha profesional formado debe ser consciente dos dousposicionamentos, para así mesmo poder situarse fronte ao discurso das súas fontese non trasladalo de maneira acrítica e inconsciente.1.8. O POSICIONAMENTO FRONTE Á PROSTITUCIÓN NAS INFORMACIÓNS:ABOLICIÓN, REGULAMENTAMENTACIÓN E LEGALIZACIÓN O debate sobre cal modelo debe adoptar o Estado fronte á prostitución estápracticamente ausente dos contidos dos medios no mes analizado. O que xadetectamos noutras análises anteriores: “Desde la perspectiva política se echa en falta que los medios hagan llegar al gran público el debate que bulle en las esferas asociativa, feminista y política sobre la legalización o la abolición de la prostitución. De dicho debate sólo se acostumbra informar cuando algún acontecimiento puntual así lo requiere, por ejemplo, cuando la Comisión Mixta de los Derechos de la Mujer pidió que no se regulase la prostitución como trabajo esta primavera. Se echa en falta un desarrollo amplio de los argumentos a favor y en contra, que permita a la sociedad participar en el debate con la suficiente información”. (Puñal Rama 2007: 151) Non só é difícil atopar a confrontación dialéctica na información elaboradadesde os medios galegos; tamén se fai explícita a confusión respecto aos termosnos que actualmente se manexa a discusión ideolóxica. Do primero é proba o feitode que só nunha información, publicada en Galicia Hoxe –Mercancía sexual, do 12de decembro– se poña de manifesto de maneira aberta a postura –e non do xornal,senón da fonte consultada– fronte á prostitución. Do segundo deixan constancia asdiversas ocasións nas que se introducen afirmacións erróneas respecto ás posiciónsdos axentes presentes na noticia. Tal é o caso, como xa comentamos conanterioridade, das novas nas que se indica que Emma Thompson está a apoiarunha campaña contra a prostitución, cando en realidade a actriz centra a súadenuncia na trata de mulleres con fins de explotación sexual e, ademais, non sónon se opón á prostitución senón que é partidaria da súa legalización, como faiconstar Galicia Hoxe: 56
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “Antes da presentación, a actriz inglesa asistiu aos Desayunos de TVE onde asegurou que o xeito de acabar con esta situación pasa por “legalizar a prostitución”, como ocorre xa en Alemaña e Holanda, e convencer aos Gobernos para que lles dean protección ás vítimas desta “escravitude”, “mulleres que están avergoñadas, esnaquizadas, e non fixeron nada”. Non é a solución definitiva, afirma, pero a legalización “pode axudar a que a prostitución sexa máis segura e así podemos identificar os responsables da trata” (Galicia Hoxe, do 29 de decembro). O mesmo acontece nunha das informacións sobre a operación Carioca, naque esta é definida dun modo que inevitabelmente leva ao equívoco: “Los juzgadosde Lugo vivieron un año intenso con el estallido de la Operación Carioca contra laprostitución (…)” –El Progreso, do 26 de decembro de 2009–. A expresióncriminaliza erroneamente a prostitución, cando esta non é hoxe en día unhaactividade delitiva ao menos que intermedie explotación. É certo que desde 2003 sereforza o castigo ao proxenetismo, canto que se estende a súa consideración atodas aquelas condutas das que se derive lucro a partir da explotación daprostitución exercida por outra persoa, mesmo co seu consentimento –o CódigoPenal de 1995 limitara o proxenetismo á explotación de menores, persoasincapaces ou ao uso da intimidación–. Mais en ningún caso a prostitución exercidade maneira autónoma e sen que intermedie explotación é considerada delitiva, doque dá conta a sentenza da Audiencia Nacional do 2003 logo ratificada poloTribunal Supremo que, tal e como indican algúns xuristas, recoñece que aprostitución é lícita se se exerce por conta propia, por persoas maiores de idade esen que o seu consentimento se encontre viciado (Solana 2008, 90). En todo caso,o que está a ser cada vez máis sancionado, e de modo mesmo contraditorio co quedita o Código Penal, é a súa práctica en espazos determinados (por exemplo, asordenanzas municipais que multan a quen a exerce e ao comprador de servizossexuais pola súa práctica na rúa e que están a proliferar nos últimos anos en variosconcellos) (cfr. capítulo 1). Para abordar con rigor un tema é preciso manexar con precisión osconceptos e, para iso, é necesario unha formación especializada que hoxe en díanon existe nos medios galegos. Dos males que se derivan desta debilidadeestrutural na produción de información é unha mostra máis a abordaxe daprostitución nos medios. A información, na súa maioría centrada no acontecementopuntual, non permite entrar no debate político ideolóxico de fondo e, cando dalgúnmodo, aínda que sexa en superficie, o toca, a imprecisión coa que se fai sócontribúe a incrementar o ton de frivolidade por veces tan manifesto na súacobertura. Nos xornais, a disparidade entre o limitado do espazo e o modo en que seaborda a prostitución e a ampla presenza dos anuncios de sexo de pago (Fagoaga2007: 201-202) reflicte tamén unha incoherencia nos discursos. Nas páxinas deinformación, trasládase a modo de espello, como xa vimos, o discurso oficial. Undiscurso, o institucional, centrado na trata de mulleres con fins de explotaciónsexual e impregnado do argumentario que se desenvolve desde o abolicionismo,como se pon de manifesto no Informe de la Ponencia sobre la situación actual de laprostitución en nuestro país aprobado o 13 de marzo de 2007 no seo da ComisiónMixta (Congreso-Senado) dos Dereitos da Muller e da Igualdade de Oportunidades,e que serve de guía para as políticas futuras do Goberno. Nel lígase estreitamente a 57
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAprostitución coa trata con fins de explotación sexual, así como coa vulneración dosdereitos humanos e da dignidade das mulleres (Cortes Generales, 2007: 18).De aí que desde as posturas partidarias da legalización se critique que, tanto oGoberno estatal como os medios de comunicación, só fagan visíbel unha parte daprostitución, aquela que ten que ver coa explotación, sen ter en conta o exerciciolibre e voluntario da mesma. Porén, mediante a inclusión de anuncios de sexo de pago, os medios nonrenuncian a beneficiarse da prostitución, aínda que tras deles poidan agocharseredes de trata. Denuncian a trata e o tráfico pero non renuncian a un instrumentoque pode servir aos intereses destas redes. Na oposición á intención do Gobernoestatal de eliminalos coinciden, neste caso, tanto boa parte dos medios como asposturas a prol da legalización. Máis aló do debate político, nalgunha ocasión, contada, tamén encontramosnos medios valoracións sobre o propio sentido e necesidade da prostitución nasociedade actual. Isto acontece en dous casos: un artigo de opinión (incluído nasección “Artículos de broma” e outro de carácter humorístico. Ámbos os douscoinciden, dunha ou doutra forma, na prostitución como necesidade parasatisfacción dos desexos masculinos. E nos dous está presente, como podemos ver,a referencia ao humor (no titular da sección ou no propio xénero), o que unha vezmáis recobre o tratamento do tema dun ton liviá. No de opinión, a raíz dunha dasdeclaracións de Emma Thompson nas que afirma que o bo do sexo é que é gratis, oautor toma postura: de modo claro contra os abusos, tamén contra os quedenomina “putañeros a los que les gusta tanto pagar como joder y le atribuyen unplacer distinto al pagado que al gratuito”, mais tamén a favor da prostitución comonecesidade: “A un porcentaje de personas no les interesa el sexo. Para los demáses una necesidad no tan apremiante como el comer (más necesario y nadie seplantea que sea gratis) pero cuando aprieta el apetito lo hace con potencia (…) Unade las formas de procurarse sexo es por medio de la prostitución de la que haypoco que objetar si ambas partes concurren libremente”. Na abordaxe que da prostitución se fai no citado artigo humorísticointrodúcense discursos a prol da súa necesidade que beben dos argumentariospopulares (estratexia propia do xénero de humor, que adoito tenta conectar copúblico mediante a alusión aos estereotipos). Atenden a unha determinadaconcepción da sexualidade masculina, que xustifica a existencia da prostituciónpara satisfacer o seu apetito, discurso impregnado na propia construción damasculinidade no proceso de socialización de xénero, como podemos ver no diálogoentre pai e fillo que se reproduce no texto de humor ao que facemos referencia."─Papá, qué es una ramera? ─Es una señora que por sesenta euros te hace unvicio. ─Ah, ¿y qué es hacer el amor? ─Eso es una bobada que se han inventado loscatalanes para ahorrarse los 60 euros" (contraportada de El Correo Gallego, 1 dedecembro de 2009). 58
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA 2. AS RUTINAS XORNALÍSTICAS NA COBERTURA DA INFORMACIÓN 2.1. XÉNEROS XORNALÍSTICOS XÉNEROS EMPREGADOS POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Artigo de opinión Humor gráfico Reportaxe de Humor Outros investigación Crónica Entrevista Reportaxe Noticia XÉNEROS EMPREGADOS POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROST IT UCIÓN, T RÁFICO DE PERSOAS E EXPLOT ACIÓN SEXUAL Artigo de Humor Humor gráfico opinión Outros Reportaxe de investigación Informe Crónica Entrevista Reportaxe Noticia XÉNEROS EMPREGADOS POR CADA UN DOS MEDIOSMEDIO Noticia Reportaxe Entrevista Crónica Reportaxe Artigo Humor Humor Outros Total de de gráfico investigación opiniónDF 10 1 1 2 14DA 5 1 6IG 12 1 1 1 15DB 10 1 1 1 13LVG 5 2 7LR 5 5AD 1 1 2FV 3 2 2 1 8EP 7 1 2 10XG 7 7LO 5 3 1 1 10TVG 3 1 4DP 3 3GH 6 3 2 11ECG 5 1 1 1 8 TOTAL 87 12 2 3 2 6 1 2 8 123 59
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA XÉNEROS EMPREGADOS POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio)MEDIO Noticia Reportaxe Entrevista Crónica Reportaxe Artigo Humor Humor Outros Total de de gráfico investigación opiniónDF 71,43 7,14 7,14 14,29 100,00DA 83,33 16,67 100,00IG 80,00 6,67 6,67 6,67 100,00DB 76,92 7,69 7,69 7,69 100,00LVG 71,43 28,57 100,00LR 100,00 100,00AD 50,00 50,00 100,00FV 37,50 25,00 25,00 12,50 100,00EP 70,00 10,00 20,00 100,00XG 100,00 100,00LO 50,00 30,00 10,00 10,00 100,00TVG 75,00 25,00 100,00DP 100,0 100,00GH 54,54 27,27 18,18 100,00ECG 62,50 12,50 12,50 12,50 100,00 TOTAL 70,1173 9,76 1,63 2,44 1,63 4,88 0,81 1,63 6,50 100,00 O xénero informativo utilizado case que de maneira exclusiva, nas pezas analizadas, é a noticia. En efecto, en máis dous terzos do total das informacións este é o xénero escollido pola persoa encargada da redacción, mentres que o resto de xéneros non chegan a significar nin sequera un 10% por cento a nivel global. Ademais, en tres dos medios obxecto do estudo (La Región, Xornal de Galicia e Diario de Pontevedra) todas as pezas corresponden a este xénero, sen presenza de ningún outro no período analizado. Esta predominancia case total da noticia temos que pola en relación coa procura case obsesiva do novidoso e do acontecemento recente (cfr. 2.3) nas redaccións dos medios de comunicación, sendo cada vez menores os espazos concedidos a outro tipo de xéneros que permiten un tratamento máis amplo e contextualizado da información ou que, máis aló do estritamente informativo se introduzan no xornalismo interpretativo ou no de opinión. Máis axeitado para un tratamento a fondo da problemática da prostitución é o segundo xénero máis empregado, a reportaxe, que representa un 9,76% das unidades informativas e chega a acadar nalgúns xornais até un 30% (La Opinión) ou un 25% (Galicia Hoxe, Faro de Vigo). Mesmo sendo porcentaxes polo xeral baixas, podería facernos pensar nun tratamento informativo da prostitución máis elaborado nalgúns dos xornais citados. Con todo, ao ollar con máis detemento vemos que non é así. Das doce reportaxes incluídas na mostra, nove delas apenas mencionan o tema da prostitución, sen teren ningún tipo de tratamento pormenorizado. Só en dúas – O Estado de México é culpábel. E agora qué, Galicia Hoxe do 27 de decembro, e Bosques de Palermo, Galicia Hoxe do 19 de decembro– o tema é tratado de maneira secundaria (a primeira, referida aos feminicidios de Ciudad Juárez, inclúe un parágrafo sobre o negocio da prostitución na zona; mentres que a segunda, sobre unha exposición fotográfica centrada na prostitución de mulleres tranxénero, fala da incursión do artista na “zona vermella” de Palermo). Unicamente nunha das reportaxes –“Busconas” en el Portal de Belén, Faro de Vigo do 16 de decembro– o tema principal é a prostitución e mesmo nesta abórdase a cuestión desde unha perspectiva afastada da realidade actual, xa que a información está focalizada nas dúas prostitutas (“Zorrita” e “A Noalla”) inmortalizadas na novela de Blanco Amor A Esmorga e reproducidas nun belén ourensán. 60
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Non existe, pois, ningún tratamento a través de reportaxes da situaciónactual da prostitución, da explotación sexual e da trata e do ou o tráfico de persoascon tal fin no período analizado. Algo semellante, se ben menos marcado, acontece cos artigos de opinión,que supoñen un 4,88% do total. En só dous dos casos (en realidade, o mesmoartigo reproducido en dous medios distintos –Sexo gratis, La Opinión e Faro de Vigodo 16 de decembro–) o tema principal do artigo é a prostitución, neste caso a partirdas declaracións de Emma Thompson na inauguración dunha mostra en Madridsobre a prostitución e da polémica ao redor de Tiger Woods como comprador desexo. Ademais deste texto, outro artigo –A violencia segue, Galicia Hoxe do 2 dedecembro– e unha revista de prensa –Policías enfadados, Atlántico Diario do 16 dedecembro– tratan de maneira secundaria o tema, o primeiro ao referirse aoproxenetismo como unha forma máis de violencia de xénero, e a segunda aoreseñar a relevancia mediática da exposición Journey e facer comentario crítico daministra de Igualdade, cunha importante carga de desprestixio para o seu traballo emesmo para a súa persoa: “Aído ofrece ese aire trascendente que suele adoptar entodas las ocasiones, desafiando la fama de inculta que suele acompañarle cada vezque abre la boca”. O resto de xéneros teñen unha presenza considerabelmente menor, cunmáximo de tres pezas atopadas na análise. As tres crónicas –Los tres hermanosDalton son absueltos de una falta de lesiones, La Opinión de A Coruña do 8 dedecembro; Absuelven a un “hermano Dalton” de una agresión por la que ya habíasido condenado, Diario de Bergantiños do 8 de decembro e Absuelven a un“hermano Dalton” de una agresión por la que ya había sido condenado, El IdealGallego do 8 de decembro– son informacións xudiciais referidas a un mesmo caso,no que a prostitución só é mencionada; mentres que os dous informes –As Mariñasregistra un aumento de prostitutas del este de Europa, La Opinión de A Coruña do 2de decembro e Constatan el aumento de jóvenes rumanas en los prostíbulos delárea, El Ideal Gallego do 2 de decembro– tamén remiten aos mesmos datos, nestecaso si referidos á prostitución, mais que son apenas trasladados desde o relatoriopresentado por Médicos do Mundo. Cómpre facer mención ás dúas entrevistas e dúas reportaxes deinvestigación encontradas na análise. Ningunha das entrevistas, realizadas ácooperante María Castro –“La religión es mala cuando intenta legitimar ciertos rolesen la familia, Diario de Ferrol do 20 de decembro– e ao director Teo Manuel Abad –Teo Manuel Abad presenta o seu documental "Sexo. Entre o ceo e a terra", TVG do6 de decembro– tratan o tema da prostitución como principal, senón que esteaparece só mencionado, co que os axentes relacionados con este tema non teñenlugar a expresar os seus puntos de vista de maneira extensa. Por outra banda, asdúas pezas que marcamos como reportaxes de investigación –Investigan si unsabotaje informático trató de frustrar la Operación Carioca, La Voz de Galicia do 20de decembro; El Poder Judicial investiga el borrado del sumario de la trama de losburdeles, La Voz de Galicia do 21 de decembro– son informacións á volta doborrado dos arquivos xudiciais da operación Carioca, onde o tema principal daoperación policial é pouco menos que mencionado (para darlle máis relevancia aoescándalo da perda do sumario) e nos que a información se presenta, a través dasfontes sen atribuír e da suposta novidade do caso, como unha investigación doxornalista (aínda que non é tal, cfr. apartado 3.1). 61
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Cómpre tamén salientar que, mesmo que a presenza da prostitución sexamínima na meirande parte dos xéneros xornalísticos, esta ten particular vixencianas páxinas de humor dos xornais, quer como humor gráfico – La caja negra, Farode Vigo do 2 de decembro; El parlamento catalán abre la puerta a prohibir lascorridas, Diario de Ferrol do 21 de decembro– quer como chiste –... y sonrisas, ElCorreo Gallego do 1 de decembro–. Nestes espazos, especialmente nos do Diario deFerrol e El Correo Gallego segue a aparecer a imaxe máis estereotipada, frívola egroseira das mulleres prostitutas, mostrando que por máis que alguns tópicosparezan ausentes da información, continúan presentes dentro dos medios. Dentro do apartado de “Outros” (con 8 ocorrencias, un 6,50% do total)incluímos algúns xéneros menores como breves en resumos da información do ano–Abiertos cinco macroprocesos judiciales, El Progreso do 26 de decembro; Elasesinato de Laura Alonso, un ejemplo de lacra machista, Diario de Ferrol do 31 dedecembro– ou frases destacadas –La venta y compra de mujeres y niños sucedeaquí delante de los madrileños, El Correo Gallego do 12 de decembro; La compra yventa de mujeres y niños sucede delante de vuestras narices, Diario de Ferrol do13 de decembro– e unha peza prevendo informacións que se producirán no ano2010, daquela aínda por entrar –Cuando el juzgado marca la agenda informativa, ElProgreso do 31 de decembro–. Mención á parte merecen as outras tres unidadesagrupadas baixo “Outros”, en realidade a mesma publicada no suplemento ProTextarepartido con tres xornais do grupo La Capital –O problema está neles, Diario deArousa, Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego do 12 de decembro–, xa queestamos perante unha crítica do ensaio Prostitución: clientes e outros homes, deSilvia Pérez e Águeda Gómez e publicado por Xerais, e supón unha proposta deachegamento ao tema da prostitución a través dun xénero xornalístico pouco usadopara este tipo de problemáticas. Por último, ningunha das pezas analizadas correspondería ao xénero doeditorial, mesmo producíndose na época do estudo informacións locais con certarelevancia como as referidas á operación Carioca, polo que podemos concluír queesta temática ten dificultade para ser considerada especialmente relevante porparte das direccións dos medios galegos. Tampouco se atopou ningún informe, quepodería axudar, coa procura de datos por parte do xornalista, a unha mellorcomprensión do fenómeno da prostitución.2.2. ENFOQUE DA INFORMACIÓN ENFOQUES EMPREGADOS POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Outros Espectáculos Cultural Sucesos Crónica social Crónica xudicial Social Político 62
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA ENFOQUES EMPREGADOS POR CADA UN DOS MEDIOSMEDIO Sucesos Crónica Político Social Crónica Cultural Espectáculos Outros Total xudicial socialDF 6 1 5 1 1 14DA 3 2 1 6IG 5 4 5 1 15DB 5 3 4 1 13LVG 6 1 7LR 4 1 5AD 1 1 2FV 1 1 4 1 1 8EP 6 1 1 2 10XG 1 2 2 1 1 7LO 4 3 3 10TVG 1 2 1 4DP 1 1 1 3GH 7 1 1 1 1 11ECG 2 2 1 2 1 8 TOTAL 27 26 6 37 11 2 10 4 123 ENFOQUES EMPREGADOS POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio)MEDIO Sucesos Crónica Político Social Crónica Cultural Espectáculos Outros Total xudicial socialDF 42,86 7,14 35,71 7,14 7,14 100,00DA 50,00 33,33 16,67 100,00IG 33,33 26,67 33,33 6,67 100,00DB 38,46 23,08 30,77 7,69 100,00LVG 85,71 14,29 100,00LR 80,00 20,00 100,00AD 50,00 50,00 100,00FV 12,50 12,50 50,00 12,50 12,50 100,00EP 60,00 10,00 10,00 20,00 100,00XG 14,29 28,57 28,57 14,29 14,29 100,00LO 40,00 30,00 30,00 100,00TVG 25,00 50,00 25,00 100,00DP 33,33 33,33 33,33 100,00GH 63,64 9,09 9,09 9,09 9,09 100,00ECG 25,00 25,00 12,50 25,00 12,50 100,00 TOTAL 21,95 21,14 4,88 30,08 8,94 1,63 8,13 3,25 100,00 A información centrada no delito (sucesos e noticias xudiciais) e na perspectiva social representan, por si soas, case tres cuartos do total de pezas analizadas (en concreto, o 73,17%), mentres que ningún dos outros posíbeis enfoques (político, económico, científico, cultural…) supón nin sequera un dez por cento do total. O peso das tres perspectivas predominantes na elaboración da información é aínda maior se temos en conta que copan a práctica totalidade das unidades informativas nas que a prostitución é o tema principal, con apenas seis excepcións. A centralidade conseguida polos enfoques de sucesos (27 unidades, 21,95% do total), crónica xudicial (26 unidades, 21,14% do total) e social (37 unidades, 30,08% do total), é un bo índice do perfil que van seguir as informacións sobre prostitución. 63
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Entre estos tres enfoques predominantes, o que ten unha maior presenza éo social, probabelmente o máis acaído dos tres para dar conta das temáticasmúltiplas existentes arredor da prostitución, por máis que nalgúns dos casos –Untercio de los 28 peatones atropellados este año murieron cerca de clubs de alterne,La Opinión de A Coruña do 1 de decembro, por exemplo– teña unha perspectivacriminalizadora sobre o colectivo das prostitutas. Dentro deste enfoqueencontramos unha ampla variedade de noticias, acorde co propio “caixón de xastre”que representa ás veces dentro dos xornais, no que poden entrar desde denunciasda situación das vítimas do tráfico de persoas –Más del 80% de las víctimas de latrata de blancas lo son con fines de explotación sexual, La Opinión de A Coruña do3 de decembro– ou a presentación dunha exposición sobre a explotación sexual –Mercancía sexual, Galicia Hoxe do 12 de decembro– até a representación deprostitutas nun nacemento –“Busconas” en el Portal de Belén, Faro de Vigo do 16de decembro– ou as axencias matrimoniais en Exipto –Los hijos de Cleopatranecesitan celestinas, El Progreso do 4 de decembro–, pasando polas queixasveciñais –Los vecinos del Agra do Orzán denuncian la inseguridad creciente en laronda de Outeiro, El Ideal Gallego do 7 de decembro– ou a polémica sobre osanuncios de prostitución –"La Razón" elimina los anuncios de contactos para dar eldiario del Vaticano, Xornal de Galicia do 24 de decembro–. Resulta difícil, xa que logo, extraer conclusións globais sobre un enfoque tanamplo como o que agrupamos na categoría de “Social”. Si podemos apuntar, porexemplo, que hai unha serie de temas que son tratados en varios medios con estemesmo enfoque, entre os que destacan a presentación por parte de EmmaThompson dunha exposición sobre a trata de persoas (en 9 pezas), a presentaciónde estatísticas sobre o tráfico de persoas (en 9 casos) ou as informaciónsrelacionadas coa sida (en tres). Tamén é de salientar o peso que ten este enfoqueno Galicia Hoxe, dado que representa case dous terzos (o 63,64%) das unidadesinformativas recollidas neste medio. Esta presenza tan relevante de informaciónselaboradas dende a perspectiva social debe relacionarse coa importancia que nestexornal teñen un amplo espectro de colectivos e movementos sociais, constituíndohoxe por hoxe unha característica diferenciadora do medio no contexto da prensagalega. No que di respecto ás informacións cun enfoque de sucesos, na súa maioríaestán referidas a redadas contra locais e tramas, como indicamos xa nun apartadoanterior, e existe, polo xeral, un certo coidado en distinguir entre persoasexplotadoras e explotadas, fronte ao patrón seguido pola información de sucesosdetectado por Alecrín en 2006. Se, entón, de maneira indirecta se propiciaba unhacriminalización da muller que exerce a prostitución na información (que insistía nadetención de prostitutas en redadas policiais pola súa situación irregular no país),agora identifícase de modo claro, na maioría das informacións, ás mulleres comovítimas, e céntrase a criminalización en proxenetas e redes. Así, son habituaisexpresións como “grupo organizado que obligaba a transexuales extranjeros aejercer la prostitución –Doce detenidos por obligar a transexuales brasileños aprostituirse en España, Diario de Arousa do 15 de decembro, “red de explotación demujeres” –Desarticulada en San Sebastián una red de explotación de mujeres,Diario de Bergantiños do 4 de decembro–, “red de tráfico y explotación de mujeres–Detenida en Almería la líder de una red de tráfico y explotación de mujeres, ElIdeal Gallego do 24 de decembro–, “red de explotación laboral y sexual” –Cae enMéxico una red de explotación laboral y sexual, Xornal de Galicia do 5 dedecembro– ou “explotación sexual” –Rescatan a 107 cautivos y explotados enMéxico, La Región do 5 de decembro–. 64
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Podemos ver a pegada das políticas públicas dos últimos anos no Estadoespañol nesta explicitación da situación de explotación que, como se observa nosexemplos, lévase mesmo aos titulares. A principal excepción a esta norma é unhapeza publicada no Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol –La UEse marca el objetivo de “controlar y combatir” la inmigración ilegal, do 12 dedecembro– onde se informa dun “control en un club de carretera” onde a policíadetivo “a 28 mujeres por Infracción a la Ley de Extranjería”. Por outra banda,cómpre sinalar tamén o especial peso que teñen estas informacións entre asunidades recollidas nos diarios do grupo La Capital (un 42,86% das recollidas noDiario de Ferrol, 50% das do Diario de Arousa, 33,33% das de El Ideal Gallego e38,46% das do Diario de Bergantiños) e, especialmente no xornal La Región (80%do total), o que significa que en determinados medios a información de sucesossegue a ser a principal vía de entrada de novas relacionadas coa prostitución, aexplotación sexual e a trata e o tráfico de persoas con tal fin. As pezas con esteenfoque nestes cinco xornais representan, en efecto, un 85,19% do total dasincluídas na análise. No relativo ao terceiro dos enfoques máis usados, o xudicial, cómpre facerreferencia á coincidencia do período analizado cos comezos da investigación xudicialdun caso de tanta relevancia mediática como foi a Operación Carioca. Dezanovedas 26 unidades con este enfoque son relativas a esta trama (sendo o total dasrecollidas en El Progreso, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol ea Televisión de Galicia). Na meirande parte delas eslúense as referencias áprostitución en mencións mínimas como “trama de los burdeles” –La jueza lucenseque investiga la trama de los burdeles se dedicará en exclusiva a este caso a partirde enero, La Voz de Galicia do 4 de decembro– ou mesmo unicamente citando onome da operación –El juzgado niega la libertad al conductor preso por inducción alaborto, El Progreso do 19 de decembro–. Mesmo atopamos aquí a confusión entrepersoas explotadas e explotadoras que indicabamos antes que era escasa naspezas con enfoque de sucesos, chegando ao límite de falarse de “redada iniciada enoctubre contra la prostitución” –La Audiencia mantiene en prisión al cabo de laoperación Carioca, El Progreso do 12 de decembro–, cando esta non constitúe delitono Estado español. O resto de noticias con este enfoque refírense unicamente a trescasos: unha condena por tráfico de persoas –Un año de cárcel por obligar a unamujer a trabajar en un club de alterne, La Opinión de A Coruña do 3 de decembro–,un caso de estafa a unha prostituta –Multado el hombre que estafó a una prostitutaal negarse a pagarle por sus servicios, El Ideal Gallego do 13 de decembro– e unterceiro caso onde o local no que se exerce a prostitución é apenas un escenario –Absuelven a un "hermano Dalton" de una agresión por la que ya había sidocondenado, Diario de Bergantiños do 8 de decembro–. Comparando a variedadedas noticias con enfoque de sucesos coas centradas na información xudicial, etendo en conta o carácter excepcional da Operación Carioca, podemos indicar queexiste un escaso seguimento dos xuízos relacionados coa explotación sexual e otráfico de persoas e que as sentenzas relativas a este tema teñen pouca entradanos medios galegos. Os dous enfoques que seguen canto a presenza nos medios galegos son acrónica social (en 11 ocasións –5 delas coa prostitución como tema principal–, un8,94% do total) e espectáculos (con 10, un 8,13% do total). Sorprende deles ofeito de estaren ligados a casos completamente puntuais. Na crónica social, todasas informacións menos unha –... Y con Berlusconi volvió el escándalo a Italia, LaOpinión de A Coruña do 27 de decembro– están referidas ás relacións do golfistaTiger Woods con prostitutas de luxo de Hollywood. 65
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAPola súa banda, das unidades ligadas á información sobre espectáculos, só tres –Unjuez prohibe al cantante Boy George participar en el Gran Hermano británico, ElProgreso do 24 de decembro; El PP acusa al artista Albert Plá de incitar a losjóvenes "a robar y a matar polis", El Correo Gallego do 5 de decembro; PenélopeCruz, una entregada amante en "Nine", El Correo Gallego do 20 de decembro– nonestán referidas a Emma Thompson e as súas declaracións sobre Almodóvar napresentación da exposición “Journey” –... Emma Thompson: "Recuerden a Pedroque quiero ser una chica Almodóvar", Faro de Vigo do 4 de decembro–. Outros enfoques teñen unha presenza considerabelmente menor. Así dasseis pezas con enfoque político, na metade o tema da prostitución só émencionado, respondendo as tres restantes –El Concello de A Estrada retira elanuncio de un club de alterne de la radio municipal, Diario de Pontevedra do 5 dedecembro; Policías enfadados, Atlántico Diario do 13 de decembro; "Berlusconi ysus velinas", Xornal de Galicia do 27 de decembro– a sucesos variados e puntuais.Pola súa banda, as dúas informacións con enfoque cultural corresponden a unhaentrevista sobre o documental Sexo: Entre o ceo e a terra –Teo Manuel Abadpresenta o seu documental "Sexo. Entre o ceo e a terra", TVG do 6 de decembro– ea unha exposición fotográfica sobre a transexualidade –Bosques de Palermo, GaliciaHoxe do 19 de decembro–. No apartado de “Outros” incluímos unha información sobre moda –"Osbolsos de Sarah: da prisión ós escaparates de luxo", Galicia Hoxe do 13 dedecembro–, dous chistes –... y sonrisas, El Correo Gallego do 1 de decembro; Elparlamento catalán abre la puerta a prohibir las corridas, Diario de Ferrol do 21 dedecembro– e unha información sobre deseño de revistas, de difícil clasificación –Ahistoria dunha década en 10 portadas, Xornal de Galicia do 30 de decembro–. Por último, non se atopou en ningún dos casos un enfoque científico-académico, económico e humano, o que é especialmente grave. É incomprensíbelque un negocio, a prostitución, que move cada ano uns 18.000 millóns de euros noEstado Español, segundo os datos presentados pola escritora Gemma Lienas, eobtidos de ANELA, na súa participación no Informe da Ponencia sobre a situaciónactual da prostitución no noso país (Cortes Generales, 2007), non teña ningunhaentrada con enfoque económico nos medios de comunicación, o que pode estarrelacionado cos cuantiosos ingresos que os anuncios de sexo de pago supoñen paramoitos destes medios. Por outra banda, a falta de enfoque humano impide unhaindividualización das persoas relacionadas coa prostitución, coa explotación sexuale coa trata e o tráfico de persoas, que a miúdo se dilúen e cifras e datosdespersonalizados.2.3. ORIENTACIÓN DA INFORMACIÓN AO ACONTECEMENTO OU AO TEMA ORIENTACIÓN EMPREGADA POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Ao tema Ao acontecemento 66
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA ORIENTACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Ao acontecemento Ao tema Total DF 10 4 14 DA 4 2 6 IG 10 5 15 DB 9 4 13 LVG 7 7 LR 5 5 AD 2 2 FV 4 4 8 EP 7 3 10 XG 7 7 LO 7 3 10 TVG 1 3 4 DP 3 3 GH 8 3 11 ECG 6 2 8 TOTAL 90 33 123 ORIENTACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio) MEDIO Ao acontecemento Ao tema Total DF 71,43 28,57 100,00 DA 66,67 33,33 100,00 IG 66,67 33,33 100,00 DB 69,23 30,77 100,00 LVG 100,00 100,00 LR 100,00 100,00 AD 100,00 100,00 FV 50,00 50,00 100.00 EP 70,00 30,00 100,00 XG 100,00 100,00 LO 70,00 30,00 100,00 TVG 25,00 75,00 100,00 DP 100,00 100,00 GH 72,73 27,27 100,00 ECG 75,00 25,00 100,00 TOTAL 73,17 26,83 100,00 Case dous terzos das pezas informativas relativas a prostitución, tráfico depersoas e explotación sexual (en concreto, un 73,17%) están orientadas aoacontecemento puntual, non ao tema de fondo. Isto hai que polo en referencia codito con anterioridade (cfr. 2.1) a respecto da busca do novidoso entre os mediosde comunicación modernos, unha tendencia especialmente acentuada desde que aaparición da televisión e a posibilidade da inmediatez na resposta dos medios deulugar a xornais moito menos baseados na reflexión sobre os feitos. Deste xeito, sonescasas as pezas informativas nas que se ten unha visión de conxunto sobre otema que centra a información, nas que se indaga nas causas, nas consecuencias enos elementos contextuais precisos que aniñan no mar de fondo do que emerxen osepisodios esporádicos dos que a prensa dá conta. 67
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Mesmo en boa parte das unidades focalizadas no tema, tal orientaciónprovén non da iniciativa da ou do propio xornalista senón dos propios axentes dainformación e da súa capacidade de influencia na axenda dos medios. Tal acontecena presentación de estatísticas ou estudos relacionados coa prostitución (en 7casos), a inauguración dunha exposición na que a actriz Emma Thompson e aministra Bibiana Aído centran o tema ao denunciar o tráfico de persoas (en 5) ou arealización de denuncias veciñais relativas á seguranza do Orzán coruñés (en 2). Noresto de pezas orientadas ao tema, son os xéneros de opinión (tanto os artigoscomo as críticas literarias ou o humor) os máis proclives a esta orientación, que seda en nove ocasións neste tipo de xéneros, así como as entrevistas, xa que as dúasanalizadas (nas que, por outra banda, a prostitución só aparece mencionada) teñenorientación ao tema. No resto de pezas, son de salientar dúas nas que a xornalista realiza unhaorientación ao tema que realmente vai máis aló do estritamente novidoso e na que,ademais, a prostitución ou a explotación sexual teñen un papel relevante. Oprimeiro caso –O Estado de México é culpábel. E agora que?, Galicia Hoxe do 27 dedecembro– afonda, a través da sentenza que condena ao goberno mexicano polofeminicidio en Ciudad Juárez, no contexto que rodea e condiciona os asasinatos demulleres e no que a presenza do tráfico de persoas na zona ten moito a ver. Asegunda –“Busconas” en el Portal de Belén, Faro de Vigo do 16 de decembro–utiliza a inclusión das dúas prostitutas presentes n’A esmorga de Blanco Amor paralembrar a relación dos personaxes reais co escritor e facer uns apuntamentos sobreos locais de prostitución daquela época. Mais, en todo caso, a tónica xeral é a inexistencia de informacións cunhaorientación ao tema que poidan dar unha perspectiva xeral e realista das distintasimplicacións (económicas, políticas, humanas, sociais...) que problemáticas como aprostitución ou a explotación sexual e a trata e o tráfico de persoas teñen, ficandoas máis das veces a presenza de informacións relativas a estas cuestións nosmedios de comunicación como simples feitos noticiosos illados.2.4. AUTORÍA DA INFORMACIÓN SINATURA EMPREGADA POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Outros Axencias Xornalista Articulista Sen asinar Redacción 68
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA AUTORÍA DA INFORMACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Xornalista Articulista Redacción Sen Axencias Outros Total asinar DF 5 4 4 1 14 DA 4 1 1 6 IG 3 2 4 5 1 15 DB 3 4 5 1 13 LVG 2 4 1 7 LR 3 1 1 5 AD 2 2 FV 4 2 1 1 8 EP 6 2 1 1 10 XG 2 1 2 1 1 7 LO 3 1 3 3 10 TVG 2 2 4 DP 2 1 3 GH 2 2 3 2 2 11 ECG 4 1 2 1 8 TOTAL 41 6 15 28 26 7 123 AUTORÍA DA INFORMACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio) MEDIO Xornalista Articulista Redacción Sen Axencias Outros Total asinar DF 35,71 28,57 28,57 7,14 100,00 DA 66,67 16,67 16,67 100,00 IG 20,00 13,33 26,67 33,33 6,67 100,00 DB 23,08 30,77 38,46 7,69 100,00 LVG 28,57 57,14 14,29 100,00 LR 60,00 20,00 20,00 100,00 AD 100,00 100,00 FV 50,00 25,00 12,50 12,50 100,00 EP 60,00 20,00 10,00 10,00 100,00 XG 28,57 14,29 28,57 14,29 14,29 100,00 LO 30,00 10,00 30,00 30,00 100,00 TVG 50,00 50,00 100,00 DP 66,67 33,33 100,00 GH 18,18 18,18 27,27 18,18 18,18 100,00 ECG 50,00 12,50 25,00 12,50 100,00 TOTAL 33,33 4,88 12,20 22,76 21,14 5,69 100,00 A sinatura máis empregada no conxunto de pezas analizadas é o nome da/oxornalista, que aparece nun terzo das unidades (un 37,40% se contarmos tamén asasinadas polo articulista). Con todo, existe unha elevada presenza de pezas senasinar (un 22,76%) ou de sinaturas colectivas do tipo “Redacción” ou “Axencias”(un 33,33%). Esta non identificación da autoría dilúe a responsabilidade naredacción da información, impedindo que se realice ningún tipo de feedback coaredactora ou redactor no caso de imprecisións ou irresponsabilidades, e, polo tanto,deixando unha maior vía libre para a súa aparición. Analizando polo miúdo as informacións sen ningún tipo de sinatura,podemos observar que están presentes na meirande parte dos medios (todos agásLa Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña e El Correo Gallego), chegando 69
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAnalgunhas ocasións a significar máis da metade das unidades informativas (é ocaso do Atlántico Diario, o Diario de Arousa é a TVG).Polo xeral trátase de breves informativos, de modo que hai que pór en relación afalta de sinatura coa pouca relevancia concedida ás informacións sobre prostitución(cfr. 3.3). As únicas excepcións en medios escritos son unha fotonoticia –La actriz yescritora Emma Thompson…, La Región do 14 de decembro– e unha revista deprensa –Policías enfadados, Atlántico Diario do 14 de decembro–. Na televisiónpública galega, a TVG, na metade dos casos analizados, é dicir, en dúas unidades –Cada vez máis clientes, TVG do 1 de decembro; Investigan a perda dedocumentación da operación Carioca, TVG do 21 de decembro–, non inclúen formaningunha de identificar á persoa responsábel da información. No primeiro caso, defeito, mentres na edición de mediodía do Telexornal si se identifica á xornalistaresponsábel da información, á que lle dá paso a presentadora, na edición do seránesta atribución desaparece. O peso da sinatura colectiva “Redacción” varía de modo notábel dependendodo medio. Así, ao tempo que en nove deles non aparece (Diario de Ferrol, Diariode Arousa, Diario de Bergantiños, La Región, Atlántico Diario, Faro de Vigo, TVG,Diario de Pontevedra e El Correo), no xornal de maior tiraxe de Galicia, La Voz deGalicia, chega a representar un 57,14% das pezas analizadas. As razóns que podenlevar á atribución colectiva da información nos medios poden ser múltiplas, desde aimposición de contidos por parte da dirección, a escasa elaboración da informaciónou as modificacións realizadas a última hora por parte dos cargos deresponsabilidade sobre o traballo do/a redactor/a –que poden facer que a ou oxornalista decline a atribución da autoría– até a apropiación de contidos de axenciaasinados como redacción, pasando, claro está, pola desidia ou desinterese dapersoa encargada da información. Apenas observamos como tendencia que boaparte das informacións con este tipo de sinatura (9 do total de 15) están referidas ainformación dos xulgados. No caso da sinatura de “Axencias”, é comprensíbel a súa aparición enmedios que non teñen correspondentes para cubrir determinadas informacións. Así,aparecen en practicamente todos os medios, coa excepción de Atlántico Diario eDiario de Pontevedra, onde as pezas analizadas son moi poucas, da Televisión deGalicia, que ten un amplo cadro de persoal de correspondentes, e Faro de Vigo. Contodo, tamén se atopan informacións con sinatura de axencias referidas a Galicia –por exemplo, La juez que investiga la trama de Lugo tendrá dedicación exclusiva,La Opinión de A Coruña do 4 de decembro; La jueza implica a un tercer guardiacivil por la trama relacionada con la prostitución en Lugo, El Ideal Gallego do 15 dedecembro ou Imputan a otro agente de la Guardia Civil en la trama de la operaciónCarioca, El Correo Gallego do 15 de decembro–, ainda que teñen lugar en zonasonde o medio en cuestión non ten correspondencia. Baixo o epígrafe de “Outros”, por último, incluímos casos de xéneros deopinión nos que a sinatura non pode ser considerada estritamente dun articulista(críticas e viñetas de humor gráfico, en concreto), así como seccións de citas nasque a atribución é directa ao persoeiro que realizou a declaración. 70
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2.5. PERSPECTIVA DENDE A QUE SE CONSTRÚE O RELATO: INFORMATIVA,INTERPRETATIVA, OPINATIVA PERSPECTIVA EMPREGADA POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Opinativa Interpretativa Informativa PERSPECTIVA POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Informativa Interpretativa Opinión Total DF 11 3 14 DA 5 1 6 IG 12 2 1 15 DB 10 2 1 13 LVG 4 3 7 LR 5 5 AD 1 1 2 FV 5 1 2 8 EP 9 1 10 XG 7 7 LO 7 2 1 10 TVG 3 1 4 DP 1 2 3 GH 9 2 11 ECG 7 1 8 TOTAL 96 14 13 123 PERSPECTIVA POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio) MEDIO Informativa Interpretativa Opinión Total DF 78,57 21,42 100,00 DA 83,33 16,67 100,00 IG 80,00 13,33 6,67 100,00 DB 76,92 15,38 7,69 100,00 LVG 57,14 42,86 100,00 LR 100,00 100,00 AD 50,00 50,00 100,00 FV 62,50 12,50 25,00 100,00 EP 90,00 10,00 100,00 XG 100,00 100,00 LO 70,00 20,00 10,00 100,00 TVG 75,00 25,00 100,00 DP 33,00 66,67 100,00 GH 81,81 18,18 100,00 71
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA ECG 87,50 12,50 100,00 TOTAL 78,05 11,38 10,57 100,00 A perspectiva informativa ten unha primacía case total no conxunto deunidades informativas analizadas, cun 78,05 do total. Esta tendencia dáse por igualen todos os medios obxecto de análise, dado que só se recolleron menos dun 60%de unidades con perspectiva informativa no Diario de Pontevedra e Atlántico Diario(ambos os dous cun número moi baixo de unidades incluídas na análise) e en LaVoz de Galicia. Neste último xornal, a alta presenza interpretativa débese a trespezas: unha noticia –La jueza lucense que investiga la trama de los burdeles sededicará en exclusiva a este caso a partir de enero, La Voz de Galicia do 4 dedecembro– e dúas reportaxes –Investigan si un sabotaje informátivo trató defrustar la operación Carioca, La Voz de Galicia do 20 de decembro, e El PoderJudicial investiga el borrado del sumario de la trama de los burdeles, La Voz deGalicia do 21 de decembro– relativas á operación Carioca. A predominancia da perspectiva informativa ten que pórse en relación coabusca, da que xa se falou en epígrafes anteriores, do feito inmediato e do novidosonos medios de comunicación actuais. Isto provoca que, decote, os medios resultenunha xustaposición de feitos de última hora, sen ningún tipo de explicación,contextualización ou valoración. Este feito é especialmente preocupante en casoscomo a trata de persoas ou a explotación sexual, onde se produce unha vulneracióndos dereitos humanos que require un posicionamento en contra da ou o xornalista,para que como creador ou creadora de opinión poida colaborar á erradicación destetipo de prácticas. Así e todo, a presenza dunha perspectiva interpretativa non significa queesta estea dirixida á denuncia das situacións de violación dos dereitos humanos,como se pode observar a través da análise pormenorizada dos casos incluídos namostra. Deste xeito, por exemplo, recolléronse dúas pezas interpretativas –Nuevemujeres en el harén de un tigre insaciable, La Opinión de A Coruña do 14 dedecembro; ... Y con Berlusconi volvió el escándalo a Italia, La Opinión de A Coruñado 27 de decembro– nas que se dá unha imaxe da prostitución asociada ao luxo,moi afastada da realidade maioritaria desta práctica. Outra información, repetida endous xornais –Los vecinos del Agra del Orzán denuncian la inseguridad creciente enla ronda de Outeiro, Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego do 7 de decembro–,identifica o exercicio da prostitución coa delincuencia (aínda que non sexa ilegal) erelaciona ambas, mesmo contra as palabras das forzas de seguridade, coainmigración, nunha redacción que roza a xenofobia: “También las fuentes del 092quisieron dejar claro que no hay que equiparar inmigración con delincuencia, peroel caso es que existen algunos fenómenos, como el de la prostitución, en los que lapresencia de población imigrante es mayoritaria”. Neste último caso é a persoa queelabora a información a que introduce a referencia á prostitución na noticia, dadoque os veciños aos que se refire o titular non fan máis que unha referencia velada áposíbel identificación como proxenetas dos homes que protagonizan episodiosviolentos (cfr. 3.1). Apenas hai dous casos nos que podemos afirmar que se fai unha denunciado que se considera unha situación discriminatoria ou denigrante para as mulleres.No primeiro –Los hijos de Cleopatra necesitan Celestina, El Progreso do 4 dedecembro–, a referencia é mínima (“Este tipo de casamientos consisten en la uniónde dos personas sin existencia de documento alguno y con la presencia de dostestigos, pero en ocasiones encubren casos de prostitución”) e a denuncia faisemáis polo contexto da afirmación (as voces que critican isto por incumprir a“sharia”, por exemplo). No segundo –El Concello de A Estrada retira el anuncio deun club de alterne de la radio municipal, Diario de Pontevedra do 5 de decembro–, 72
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA porén, esta denuncia si que se realiza de maneira totalmente explícita: “El Gobierno local de A Estrada no está dispuesto a que su imagen se vea empañada a cambio de unos cuantos euros ni de que todas las acciones que desarrolla en pro de la igualdad (entre otras cuestiones tiene puesto en marcha un plan de igualdad) y contra la violencia de género queden enturbiadas por un anuncio publicitario de dudosa ética que puede, y de hecho, así ha ocurrido, levantar ampollas”. No que respecta á opinión, apenas cinco das trece unidades incluídas nos xéneros de opiníon teñen a prostitución como tema principal, número que podemos reducir a tres se considerarmos que unha delas está repetida en tres medios distintos –O problema está neles, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego do 12 de decembro–. 2.6. FONTES EMPREGADAS PARA A ELABORACIÓN DA INFORMACIÓN PRESENZA DE FONTES POR CADA UN DOS MEDIOS (nº de pezas xornalísticas con presenza do tipo de fonte categorizado sobre o total de unidades analizado)MEDIO Compradores Proxenetas Veciñanza Institucionais Asociativas Expertas Outras Total de unidadesDF 1 5 2 1 2 14DA 1 1 1 1 6IG 1 1 7 1 2 1 15DB 2 1 7 2 1 13LVG 1 4 4 7LR 1 2 1 5AD 1 2FV 1 2 3 8EP 4 1 1 3 10XG 1 4 7LO 2 3 1 1 3 10TVG 2 2 1 4DP 1 1 3GH 5 2 2 5 11ECG 1 1 2 8 TOTAL 1 10 2 43 9 12 33 123 PRESENZA DE FONTES POR CADA UN DOS MEDIOS (% de pezas xornalísticas con presenza do tipo de fonte categorizado sobre o total de unidades do medio)MEDIO Compradores Proxenetas Veciñanza Institucionais Asociativas Expertas Outras Total de unidadesDF 7,14 35,71 14,29 7,14 14,29 100,00DA 16,67 16,67 16,67 16,67 100,00IG 6,67 6,67 46,67 6,67 13,33 6,67 100,00DB 15,38 7,69 53,85 15,38 7,69 100,00LVG 14,29 57,14 57,14 100,00LR 20,00 40,00 20,00 100,00AD 50,00 100,00FV 12,50 25,00 37,50 100,00EP 40,00 10,00 10,00 30,00 100,00XG 14,29 57,14 100,00LO 20,00 30,00 10,00 10,00 30,00 100,00TVG 50,00 50,00 25,00 100,00DP 33,33 33,33 100,00GH 45,45 18,18 18,18 45,45 100,00ECG 12,50 12,50 25,00 100,00 TOTAL 0,81 8,13 1,63 34,96 7,32 9,76 26,83 100,00 73
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA TIPOS DE FONTES EMPREGADAS POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Compradores Proxenetas Outras Veciñanza Expertas Institucionais Asociativas * Porcentaxe calculadas sobre o total de fonte presentes PRESENZA DE FONTES POR CADA UN DOS MEDIOS (nº de fontes presentes en total en cada un dos medios)MEDIO Compradores Proxenetas Veciñanza Institucionais Asociativas Expertas Outras Total de fontesDF 1 8 3 1 2 15DA 1 2 1 1 5IG 1 2 11 2 2 1 19DB 2 2 11 2 1 18LVG 1 5 4 10LR 1 2 1 4AD 1 1FV 1 4 5 10EP 6 1 1 5 13XG 1 4 5LO 2 4 2 1 4 13TVG 4 2 1 7DP 2 1 3GH 11 2 3 5 21ECG 1 1 3 5 TOTAL 1 10 4 68 14 13 39 149 PRESENZA DE FONTES POR CADA UN DOS MEDIOS (% de fontes sobre o total de fontes presentes en total en cada un dos medios)MEDIO Compradores Proxenetas Veciñanza Institucionais Asociativas Expertas Outras Total de fontesDF 6,67 53,33 20,00 6,67 13,33 100,00DA 20,00 40,00 20,00 20,00 100,00IG 5,26 10,53 57,89 10,53 10,53 5,26 100,00DB 11,11 11,11 61,11 11,11 5,56 100,0LVG 10,00 50,00 40,00 100,00LR 25,00 50,00 25,00 100,00AD 100,00 100,00FV 10,00 40,00 50,00 100,00EP 46,15 7,69 7,69 38,46 100,00XG 20,00 80,00 100,00LO 15,38 30,77 15,38 7,69 30,77 100,00TVG 57,14 28,57 14,29 100,00DP 66,67 33,33 100,00GH 52,38 9,52 14,29 23,81 100,00ECG 20,00 20,00 60,00 100,00 TOTAL 0,67 6,71 2,68 45,64 9,40 8,72 26,17 100,00 74
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Os datos amosan unha total dependencia das voces institucionais, querepresentan case a metade das utilizadas (en concreto, un 45,64%) e estánpresentes en máis dun terzo das unidades analizadas na mostra. A dependencia éaínda máis clara se pensamos que, quitando a categoría de “Outras”, onde seatopan fontes moi variadas, o seu peso sobre o total está máis de 35 puntos porriba do seguinte tipo de fontes en importancia, as asociativas (que representan un9,40%). Esta relevancia das voces institucionais hai que pola en relación coatendencia á rutinización da profesión, coa dependencia de comunicados einformación subministrada directamente polas fontes (terreo no que dominan, porrazóns obvias, as institucionais) e coa ausencia dun xornalismo especializado queprime a creación dunha axenda de fontes propia que forneza ao ou á xornalista deinformación diferenciada, alén a achegada polas fontes organizadas, e de marcosinterpretativos e contextuais que vaian máis aló do acontecemento episódico. Se analizarmos máis polo miúdo o uso das distintas fontes institucionais,observamos que existe unha ampla presenza das policiais (en once casos) e, sobretodo, das xudiciais (con 18, o tipo de fonte con maior presenza). O que está enrelación coa alta porcentaxe de unidades con enfoque de sucesos ou xudicial (cfr.2.2). Tamén teñen unha elevada presenza como fonte as gobernamentais, maior nocaso do goberno estatal (en 15 casos) e dos distintos gobernos locais (en 11).Contan aínda cunha relativa importancia os organismos supraestatais (en 5), maisnon así o goberno autonómico, que só aparece como fonte en dúas ocasións. Istopode deberse ben a unha menor actuación no campo da prostitución, a trata e otráfico de persoas e a explotación sexual no caso do goberno da Xunta ou ben aunha tendencia localista dos medios galegos, na que só teñan cabida as actuaciónsmáis próximas ou ben aquelas que entran impulsadas polo mainstream dos mediosestatais e as axencias. Tamén é de salientar a escaseza de fontes parlamentarias(apenas unha ocorrencia), do que se deduce que os medios galegos non seguen asdiscusións políticas arredor da prostitución ou da explotación sexual, senón que sonsó as campañas ou a implementación de medidas as que teñen entrada na axenciamediática. Outro tipo de fontes institucionais, como os partidos políticos (en douscasos) ou as agrupadas na categoría de “Outras” (con tres), teñen unha presenzaaínda menor. En contraposición coas fontes institucionais, a presenza das fontesasociativas é practicamente nula, e representa só o 9,40 % do total das fontes. Aofacer unha análise máis polo miúdo, podemos ver que estas fontes proveñen caseunicamente de asociacións asistenciais e ONGs, estando nos máis dos casos a súapresenza provocada pola presentación dun estudo ou a organización dun acto enrelación coa prostitución que, polo xeral, adoita contar con participacióninstitucional. Ademais, por máis que representen case unha décima parte dasfontes, a súa presenza queda reducida ainda máis se atendemos ás unidades nasque aparecen, dado que só están presentes no 7,32 % do total, sendo incluídas envarias destas novas máis dunha fonte co mesmo discurso –un exemplo é Constatanel aumento de jóvenes rumanas en los prostíbulos del área, El Ideal Gallego do 2de decembro–, de maneira que a presenza do tecido asociativo é en realidademenor do que daría a entender o número de fontes. Só se atopa nunha ocasión –Los hijos de Cleopatra necesitan celestinas, El Progreso do 4 de decembro– unhafonte que represente a unha asociación feminista (Nihad Abul Qusman, directora docentro exipcio dos Dereitos da Muller), mais trátase dunha información onde o temada prostitución é só mencionado, polo que podemos dicir que nos medios galegos éinexistente o discurso das asociacións feministas –galegas ou non– arredor destacuestión. 75
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA As fontes expertas teñen unha presenza semellante á das asociativas (cunhaocorrencia menos, representando o 8,72 % do total), aínda que aparecen en máisunidades informativas da mostra, dado que só hai un caso no que a/o xornalistaacuda a máis dunha fonte experta –O Estado de México é culpábel. E agora que?,Galicia Hoxe do 27 de decembro–. O perfil destas fontes expertas é practicamente omesmo en todos os casos: do ámbito sociolóxico (6 das 13 ocorrencias),xeralmente convidada pola mesma institución ou asociación que presenta ante osmedios uns datos estatísticos (a excepción é unha crítica –O problema está neles,Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego do 12 de decembro–,onde as expertas do ámbito sociolóxico son as propias autoras do libro que sereseña). Apenas encontramos unha ocorrencia dunha fonte do ámbito sanitario –Eljuzgado niega la libertad al constructor preso por inducción al aborto, El Progresodo 19 de decembro–, outra do legal –O Estado de México é culpábel. E agora que?,Galicia Hoxe do 27 de decembro–, outra do ámbito dos medios –O Estado deMéxico é culpábel. E agora que?, Galicia Hoxe do 27 de decembro–, e tresagrupadas na categoría “Outras”, en realidade unha peza repetida en tres mediosna que se inclúe a opinión dun consultor en dereitos humanos –Más del 80% de lasvíctimas de la trata de blancas lo son con fines de explotación sexual, Diario deBergantiños, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol do 3 de decembro–, que incluímosaquí por non se tratar dunha fonte experta explicitamente na temática deprostitución. En resumo, non se da unha axeitada visión dos ámbitos que podentratar problemas complexos como a prostitución, o tráfico de persoas ou aexplotación sexual, e é preocupante escasa a presenza de fontes expertas sobreestes temas nos medios galegos. Obsérvanse ademais distorsións moi significativas na presenza como fontesdos e das protagonistas da prostitución. Constátase unha presenza considerábeldos e das proxenetas como fonte (con dez ocorrencias, o 6,71 % do total), maisnon ocorre así coas outras persoas implicadas: so nunha ocasión ten unha persoacompradora de sexo presenza como fonte –El inculpado en el crimen de la brasileñase autolesiona a los 18 días de otra intentona, La Región do 17 de decembro–, emesmo neste caso éo debido á súa calidade de imputado, e en ningunha ocasión éunha prostituta a fonte consultada pola ou polo xornalista. A consecuencia disto éclara: invisibilízase unha vez máis ás persoas que exercen a prostitución (enocasións, vítimas de tráfico de persoas ou explotación sexual), mentres que o únicopapel que é lixeiramente normalizado é presenza dos e das proxenetas. Con todo,cómpre indicar dous factores nesta aparición de proxenetas como fontes. Oprimeiro, que todas as ocorrencias están asociadas a dous tipos de informacións: areferida á relación de Tiger Woods cunha prostituta, onde aparece como fonte unha“madame” (o termo é repetido en todas as novas) de luxo de Hollywood (con 8ocorrencias) e a relativa ao xuízo por unha agresión nun clube, onde unhaproxeneta exerce de testemuña. O segundo, que en todos os casos se trata deproxenetas mulleres. Con moita menor presenza, as fontes da veciñanza só teñen entrada endúas informacións sobre protestas veciñais –Los vecinos del Agra do Orzándenuncian la inseguridad creciente en la ronda de Outeiro, Diario de Bergantiños eEl Ideal Gallego do 7 de decembro–. No apartado de “Outras”, por último, incluímosfontes moi diversas, que van desde aquelas sen identificar até outros medios decomunicación, pasando polo escultor encargado de facer un belén onde se incluírondúas figuras que representan a prostitutas. É preciso mencionar, en todo caso, queunha alta porcentaxe das fontes catálogadas como “Outras” (14 casos, máis dunterzo do total) corresponden á actriz Emma Thompson, o que demostra que a 76
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIArelevancia pública e a fama previa pode ser un factor á hora de seleccionar unhafonte arredor destas temáticas.3. RELEVANCIA CONCEDIDA Á INFORMACIÓN3.1. A PRESENZA EN PORTADA PRESENZA EN PORTADA DAS INFORMACIÓNS SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Si Non PRESENZA EN PORTADA POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Nº unidades % sobre o total redaccionais de unidades do medio DF DA IG 1 6,67 DB LVG 2 28,57 LR 1 20,00 AD FV EP 1 10,00 XG LO 1 10,00 TVG DP GH ECG TOTAL 6 4,88 Só seis noticias, un 4,88% do total de unidades analizadas, consegue acadarpresenza na portada do xornal. En todos os casos trátase de informacións que noncolocan o foco sobre a propia realidade da prostitución, sendo en cinco delasapenas un tema mencionado. Así, a metade das noticias con acceso á portada (as dúas de La Voz deGalicia e a correspondente ao El Progreso) están referidas ao xuízo da chamada 77
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAOperación Carioca, mais non tanto á investigación sobre a trama de delitosrelacionados co enriquecemento á través da prostitución allea, senón unica eexclusivamente ao escándalo provocado pola desaparición do sumario do sistemainformático dos xulgados de Lugo. Cómpre ver estas tres pezas informativas comounha serie. En primeiro lugar, xorde o tema no diario coruñés cunha información –Investigan si un sabotaje informático trató de frustrar la Operación Carioca, do 20de decembro– na que se presenta a desaparición dos arquivos como un datoexclusivo do xornal e se lle tenta dar á redacción carácter de reportaxe deinvestigación. Esta peza lévase á primeira plana nun espazo preferente, a trescolumnas e xusto baixo a cabeceira do xornal, co titular, que destaca aínda máis anovidade, “Borran del sistema informático de los juzgados el sumario de los clubsde alterne de Lugo”. La Voz de Galicia continúa co tema ao día seguinte –El PoderJudicial investiga el borrado del sumario de la trama de los burdeles, do 21 dedecembro– e volve levalo á capa, neste caso en posición máis secundaria e cotitular “Funcionarios de juzgados de Lugo aseguran que les desaparecen confrecuencia documentos de sus ordenadores”. En ambos os dous casos, destácase oescándalo producido por unha suposta introducción no sistema de alguén alleo aoxulgado e relacionado coa trama (“La clave pasa por saber si alguien ajeno aljuzgado pudo acceder al proceso, posibilidad que, según algunas fuentesconsultadas, puede existir” –Investigan si un sabotaje informático trató de frustrarla Operación Carioca, do 20 de decembro–, “la desaparición se considera de unagravedad extrema (...) por el contenido del mismo: múltiples datos de personas,algunas de cuales están aterrorizadas porque temen ser víctimas de algún ataquepor parte del grupo que se ocupaba de los cuatro burdeles que fueron clausurados”–El Poder Judicial investiga el borrado del sumario de la trama de los burdeles, do21 de decembro–) ao tempo que se lle tenta dar a ambas as dúas novas un aspectode reportaxe de investigación, sen desvelar en ningún momento as fontes:“diversas fuentes” –Investigan si un sabotaje informático trató de frustrar laOperación Carioca, do 20 de decembro–, “algunas fuentes”, “trabajadores dedistintos juzgados”, “un funcionario” –El Poder Judicial investiga el borrado delsumario de la trama de los burdeles, do 21 de decembro–. Podemos presupor que éeste carácter de “investigación” exclusiva e escandalosa o que provoca a súaaparición na capa do xornal. Con todo, é a razón contraria a que leva á portada de El Progreso ao díaseguinte unha noticia semellante –El informe del fallo informático en el caso Cariocatarda ya mes y medio, do 22 de decembro– aínda que cun espazo bastante menosdestacado (apenas un titular en medio dunha columna). No interior desta noticia,critícase precisamente a aparición como novidade da información do borradonalgúns medios, apuntando, sen citalo, a La Voz de Galicia e reservando para ElProgreso o primeiro lugar en informar desta nova (ao tempo que, curiosamente, seinsinúa a pouca relevancia da información que levan á portada en La Voz): “La información sobre el fallo informático se convirtió en la noticia principal de la portada de El Progreso el 21 de noviembre. Ese día, este medio ya aportaba todos los datos sobre el caso sin que a día de hoy, a falta del informe técnico, haya más novedades que precisamente el retraso en la conclusión de esa investigación interna. Por ello, fuentes de la Consellería de Presidencia y del TSXG se mostraron ayer extrañadas de que, pasado todo este tiempo, varios medios de comunicación sacaran de nuevo a la luz ayer una noticia que se producía hace un mes y medio” Podemos presupor que a consideración nalgúns círculos de La Voz de Galiciacomo o principal xornal de referencia galego, así como a competencia que seproduce na provincia de Lugo entre este xornal e El Progreso son as causas máis 78
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAdirectas da aparición na portada desta peza de información en concreto, sendo otema da prostitución apenas unha característica circunstancial da mesma. De feito,nestes tres primeiros casos, as referencias á propia prostitución son mínimas, ou sóa través do nome da operación policial –El informe del fallo informático en el casoCarioca tarda ya mes y medio, El Progreso do 22 de decembro– ou con pequenasreferencias do tipo “trama de los burdeles” –El Poder Judicial investiga el borradodel sumario de la trama de los burdeles, La Voz de Galicia do 21 de decembro– ou“club de alterne” –Investigan si un sabotaje informático trató de frustrar laOperación Carioca, La Voz de Galicia do 20 de decembro–. Neste último caso,tamén aparece unha imaxe do club Queen’s, implicado na trama. Tampouco abundan as referencias á prostitución no caso da noticia de LaRegión incluída en portada –El inculpado en el crimen de la brasileña se autolesionaa los 18 días de otra intentona, do 17 de decembro–. Na peza informativa, centradano presunto asasino dunha prostituta, só se inclúe en tres ocasións a cualificación“que ejercía la prostitución”, sen entrar máis no tema e sen incluílo nin no titular danoticia (si no subtítulo), nin no texto da capa (que consiste apenas nun titular nacolumna da esquerda: “El acusado de matar a la joven brasileña se autolesiona denuevo”). Neste caso, a relevancia que tivo o caso na cidade de Ourense pode ser aclave para entender que este seguimento do imputado na prisión poida saltar áprimeira páxina do xornal local. Mais se nestes casos a referencia á prostitución é circunstancial, non pareceselo así nos dous restantes, onde, malia a que no corpo a prostitución é un temamencionado, esta lévase en letras grandes á primeira páxina. A noticia de LaOpinión –Un tercio de los 28 peatones atropellados este año murieron cerca declubs de alterne, do 1 de decembro– titula destacando o que a noticia ten que verco comercio sexual, tanto no interior como na capa (“Un 30% de los atropellosmortales son cerca de clubs de alterne”), mais está referida en realidade a uninforme xeral sobre os atropelos mortais en Galiza, onde este dato está incluídoentre moitos outros que, na súa maior parte quedan relegados a despeces. Un casosemellante é o da información do El Ideal Gallego –Denuncian un incremento de ladelincuencia en el Agra do Orzán, do 7 de decembro– na que se destaca por dúasveces na portada a prostitución en relación coa delincuencia (“Aseguran que laprostitución y el tráfico de drogas se realizan en la calle y a plena luz del día”, nosubtítulo, e “es fácil ver prostitución o tráfico de drogas en la calle y a plena luz deldía” na entradiña), cando no interior do xornal vemos que as referencias aocomercio ou a explotación sexual son practicamente inexistentes (só unha vezremite a ela a persoa que elabora a información –“existen algunos fenómenos,como el de la prostitución, en los que la presencia de población inmigrante esmayoritaria”– e outra, de maneira completamente anecdótica, unha das fontes –“Son chulos o camellos o qué se yo”–), tratando a noticia en realidade sobre asdenuncias veciñais de violencia ou roubos e sobre a reclamación dunha maiorpresenza policial. Nestes dous casos, a prostitución está utilizada como unelemento criminalizador, relacionado coa delincuencia, a violencia e mesmo osaccidentes de tránsito. É o morbo polo tanto o factor que consideramos clave paraexplicar a entrada na portada destes dous xornais, potenciado no segundo caso portratarse dunha información de carácter local. Atopamos, polo tanto unha dupla dirección no que respecta á aparición naportada destas informacións. Por un lado, non adoitan entrar entre as pezasdestacadas nas capas dos medios (e, de o faceren, é en xeral por motivos alleos ápropia nova) e, polo outro, poden aparecer como elementos contextuais (ecriminalizadores) en informacións que, en principio, son alleas ou están poucorelacionadas coa prostitución. A proximidade da información é outro factor clave áhora de que estas noticias pasen ou non á primeira páxina. 79
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA 3.2. SECCIÓNS NAS QUE SE PUBLICA A INFORMACIÓN SECCIÓN NA QUE SE PUBLICA A INFORMACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS Local Galicia Estatal Mundo Socie- Cultura Comuni- Deportes Suple- Contra Opinión Sucesos Outras Total dade cación mentos DF 1 2 6 2 1 2 14 DA 1 3 1 1 6 IG 5 1 1 6 1 1 15 DB 3 1 1 6 1 1 13 LVG 6 1 7 LR 1 1 1 2 5 AD 1 1 2 FV 1 2 1 1 2 1 8 EP 5 3 2 10 XG 1 1 1 1 2 1 7 LO 3 3 1 1 1 1 10 TVG 1 3 4 DP 1 1 1 3 GH 4 2 1 1 1 2 11 ECG 1 1 1 1 1 2 1 8TOTAL 20 17 3 2 36 4 3 3 15 8 7 3 2 123 SECCIÓN NA QUE SE PUBLICA A INFORMACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio) MEDI Loc Galic Estat Mund Socied Cultu Com Deport Suple Cont Opini Suces Outr Tota O al ia al o ade ra uni- es - ra ón os as l caci ment ón os DF 7,14 14,29 42,86 14,29 7,14 14,29 100 DA 16,67 50,00 16,67 16,67 100 IG 33,3 6,67 6,67 40,00 6,67 6,67 100 3 DB 23,0 7,69 7,69 46,15 7,69 7,69 100 8 LVG 85,71 14,29 100 LR 20,0 20,00 20,00 40,00 100 0 AD 50,00 50,00 100 FV 12,50 25,00 12,5 12,50 25,00 12,50 100 0 EP 50,0 30,00 20,00 100 0 XG 14,29 14,29 14,29 14,29 28,57 14,29 100 LO 30,0 30,00 10,00 10,0 10,00 10,00 100 0 0 TVG 25,00 75,00 100 DP 33,3 33,33 33,33 100 3 GH 36,36 18,18 9,09 9,09 9,09 18,18 100 ECG 12,5 12,50 12,50 12,50 12,50 25,00 12,50 100 0 TOTA 16,2 13,82 2,44 1,63 29,27 3,25 2,44 2,44 12,20 6,50 5,69 2,44 1,63 100 L 6 80
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA De entre todas as seccións dos xornais galegos analizados, a presenza daspezas informativas sobre prostitución, explotación sexual e trata e tráfico depersoas cont al fin prodúcese de maneira predominante nas páxinas de Sociedade(36 ocorrencias, un 29,27% do total). Esta profusión non debe sorprender selembramos que o enfoque social ou de sucesos está presente en máis da metadedas pezas informativas analizadas, e que en varios dos xornais non existe xa unhasección de sucesos, polo que ambos os dous enfoques son recollidos na sección deSociedade. De feito, dos tres xornais que non introducen información sobreprostitución, trata, tráfico e explotación sexual nesta sección, dous deles (Faro deVigo e El Correo Gallego) contan con páxina de Sucesos onde si publicaninformación sobre este ámbito temático. Só Xornal de Galicia non aborda este temaen ningún destes apartados. En conxunto, as dúas seccións representan case un terzo das pezasanalizadas (31,71%). En concreto, a sección de Sociedade ten unha presenza altaen practicamente todos os medios. En boa parte deles (Diario de Ferrol, Diario deArousa, Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Atlántico Diario, Televisión deGalicia), acolle baixo o seu paraugas un 40% ou máis do total das pezas. E, tantonos medios citados como en Diario de Pontevedra e Galicia Hoxe, é o apartadoonde máis se aborda todo o relacionado con prostitución, trata, tráfico eexplotación sexual. No caso de El Correo Gallego, a sección predominante é, polasúa banda, a de Sucesos. No resto de medios, sono as seccións xeográficas (Localen El Progreso, Galicia e La Voz de Galicia, Local ou Galicia en La Opinión de ACoruña e –compartindo a porcentaxe con Sociedade– en Diario de Pontevedra) ouen suplementos (La Región e Xornal de Galicia). No caso das seccións organizadas xeograficamente, a abordaxe daprostitución, da explotación sexual, e da trata e o tráfico de persoas con tal fin, é,como xa deixaron albiscar os exemplos anteriores, considerabelmente maior nasseccións de Local (en 20 casos, un 16,26% do total) e Galicia (17 pezas, un13,82%), mentres que é practicamente inexistente nas seccións Estatal (3ocorrencias, 2,44%) e Mundo (2 ocorrencias, 1,63%). Polo tanto, a proximidade dainformación sobre prostitución, explotación sexual, trata e tráfico de persoas é unelemento altamente determinante da súa inclusión no medio, ou cando menos dasúa introdución nunha sección xeográfica, dado que atopamos numerosos exemplosnos que unha información xeograficamente máis afastada é introducida na secciónde sociedade –Desarticulada en San Sebastián una red de explotacion de mujeres,Diario de Arousa do 4 de decembro ou Tiger Woods pagó 60.000 dólares por losservicios de una prostituta, según periódicos de EE.UU., La Voz de Galicia do 12 dedecembro, por exemplo–. Para a inclusión das informacións nestas secciónsxeográficas, consideradas máis importantes dentro do xornal, tamén édeterminante a gran resonancia alcanzada por algúns dos casos a nivel galego oulocal, especialmente da operación Carioca (13 ocorrencias da sección de Galicia, 5de local, case a metade das pezas incluídas nestas dúas seccións). Entre as pezas das seccións de Sociedade e Sucesos e aquelas organizadasxeograficamente abarcamos a inmensa maioría das unidades sobre prostituciónanalizadas (un 65,85% do total, en realidade), tendo o resto de seccións unhapresenza moito menor na mostra, o que amosa de novo a falta demultiperspectivismo á hora de tratar este tema. Ademais, a inclusión de pezasnoutras seccións encóntrase por veces ligada á casos puntuais. 81
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Deste xeito, a metade das pezas incluídas en Cultura –Emma Thompson:"Quero rodar con Almodóvar", Galicia Hoxe do 14 de decembro; Emma Thompson:"Lémbradelle a Almodóvar que me contrate", Xornal de Galicia do 14 de decembro–están referidasá exposición inaugurada por Emma Thompson ao igual que acontece cunha das trespezas incluídas na sección de Comunicación –Emma Thompson: "Recuerden aPedro que quiero ser una chica Almodóvar", Faro de Vigo do 14 de decembro.Mentres, a metade das incluídas na contracapa –Tiger Woods pagó hasta 60.000dólares por una prostituta, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrole El Ideal Gallego do 12 de decembro– e todas as presentes en Deportes –TigerWoods pagou prostitutas, Galicia Hoxe do 12 de decembro; El harén de un Tigreinsaciable, Faro de Vigo do 13 de decembro; Nueve mujeres en el harén de untigre insaciable, La Opinión de A Coruña do 14 de decembro– fan referencia aoadulterio do golfista Tiger Woods. A ampla presenza de información sobre prostitución, trata, tráfico eexplotación sexual en suplementos ten relación co mes escollido para a análise,decembro, polo que de nove ocorrencias, máis da metade corresponden asuplementos nos que se fai un resumo das noticias do ano. Os temas consideradoso suficientemente relevantes para incluírse neste tipo de resumos coinciden na súagran repercusión mediática, como é o caso da operación Carioca –Abiertos cincomacroprocesos judiciales, El Progreso do 26 de decembro; Cuando el juzgadomarca la agenda informativa, El Progreso do 31 de decembro– ou os asasinatos dasprostitutas María de Socorro Silva e Aurora da Cunha en Ourense –Un año deasesinatos, La Región do 31 de decembro; Condenado por su tercer asesinato, LaRegión do 31 de decembro; El asesinato de Laura Alonso, un ejemplo de la lacramachista, Diario de Ferrol do 31 de decembro– ou, por outra banda, informaciónsde crónica social relacionadas con persoeiros como Berlusconi –Berlusconi y susvelinas, Xornal de Galicia do 27 de decembro; ...Y con Berlusconi volvió elescándalo a Italia, La Opinión de A Coruña do 31 de decembro–. Outras noticiaspublicadas en suplementos inclúen unha crítica do libro Prostitución: clientes eoutros homes –O problema está neles, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e ElIdeal Gallego, suplemento ProTexta do 12 de decembro–, unha peza sobre ofeminicidio en Ciudad Juárez publicado nas páxinas do suplemento Lecer de GaliciaHoxe –O Estado de México é culpábel. E agora que?, Galicia Hoxe do 27 dedecembro– ou outras informacións que apenas mencionan a prostitución, aexplotación sexual ou a trata e tráfico de persoas con tal fin. En canto á sección de Opinión, apenas dúas das pezas recollidas nela teñena trata de persoas como tema principal, e trátase nos dous casos só dunha frase dodía –"La venta y compra de mujeres y niños sucede aquí delante de losmadrileños", El Correo Gallego do 12 de decembro; La compra y venta de mujeresy niños sucede delante de vuestras narices, Diario de Ferrol do 13 de decembro–, oque demostra un escaso interés polas/os articulistas desta sección en tratar otema, como xa se ten comentado ao falarmos dos xéneros de opinión (cfr. 2.1 e2.5). Noutros tres casos, un artigo –"A violencia segue", Galicia Hoxe do 2 dedecembro–, unha revista de prensa –Policías enfadados, Atlántico Diario do 13 dedecembro– e unha peza de humor gráfico –El parlamento catalán abre la puerta aprohibir las corridas, Diario de Ferrol do 21 de decembro–, o tema é abordado demaneira secundaria. 82
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Baixo o epígrafe de “Outras”, incluímos dúas pezas aparecidas na sección“Actualidade” do Xornal de Galicia –"La Razón" elimina los anuncios de contactospara dar el diario del Vaticano, do 24 de decembro– e “Última hora” de El CorreoGallego –Tiger Woods pagó 60.000 dólares por acostarse con una prostituta y unaactriz porno, do 12 de decembro–. Ningunha das unidades analizadas foi publicada nas seccións de Economía,Novas Tecnoloxías, Xente ou Tema do día. Como comentabamos ao falar dosenfoques informativos (2.2), sorprende a non abordaxe deste tema dende aperspectiva económica e, polo tanto, nunha sección como Economía, sendo como éun negocio que move cifras millonarias. Cómpre destacar tamén o feito de quenunca sexa tratado na sección do Tema do día, xa que nos xornais que contan conela, este é o apartado no que abordan con maior profundidade e extensión asinformacións.3.3. Espazo que ocupa a información ESPAZO EMPREGADO POLOS MEDIOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Máis dunha páxina 1 páxina 26-49 1-11 11-25 ESPAZO POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO 1-10 11- 26- 1 Máis Total 25 49 páxina dunha páxina DF 10 2 1 1 14 DA 4 2 6 IG 9 5 1 15 DB 8 4 1 13 LVG 2 3 2 7 LR 1 3 1 5 AD 1 1 2 FV 3 1 3 1 8 EP 4 4 1 1 10 XG 4 2 1 7 LO 4 4 1 1 10 TVG -- -- -- -- -- -- DP 1 2 3 GH 7 3 1 11 ECG 6 1 1 8 TOTAL 64 34 15 5 1 119 83
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA ESPAZO POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre o total de unidades do medio) MEDIO 1-10 11- 26- 1 Máis Total 25 49 páxina dunha páxina DF 71,43 14,29 7,14 7,14 100,00 DA 66,67 33,33 100,00 IG 60,00 33,33 6,67 100,00 DB 61,54 30,77 7,69 100,00 LVG 28,57 42,86 28,57 100,00 LR 20,00 60,00 20,00 100,00 AD 50,00 50,00 100,00 FV 37,50 12,50 37,50 12,50 100,00 EP 40,00 40,00 10,00 10,00 100,00 XG 57,14 28,57 14,29 100,00 LO 40,00 40,00 10,00 10,00 100,00 TVG -- -- -- -- -- -- DP 33,33 66,67 100,00 GH 81,82 27,27 9,09 100,00 ECG 75,00 12,50 12,50 100,00 TOTAL 53,78 28,57 12,61 4,20 0,84 119 No que respecta ao espazo ocupado pola información, existe unha primacíados textos curtos, que non chegan a ocupar dez módulos da páxina. Ademais, onúmero de textos por categoría é menor canto maior é o espazo ao que faireferencia, nunha progresión case aritmética de dous a un. A predominancia dostextos curtos é relativamente extensíbel ao conxunto dos xornais analizados, aíndaque nalgúns deles (La Voz de Galicia, La Región, Diario de Pontevedra) a meirandeparte dos textos teñen unha extensión de entre 11 e 25 módulos, o que se podedeber a razóns como a propia maqueta do xornal ou o tamaño da mostra analizada,dado que nos dous últimos xornais citados só aparecen cinco e tres pezas,respectivamente, e que nas pezas recollidas en La Voz de Galicia ten unha especialpresenza un tema tan mediático como a Operación Carioca. Esta primacía dos textos breves cómpre póla en relación coa busca do feitonoticioso e o predominio do xénero da noticia (cfr. 2.1), posto que esta ten unhamaior presenza canto menor é o espazo da unidade analizada. Así, representa o78,13% dos textos de entre 1 e 10 módulos, o 70,59% dos de entre 11 e 25, e sóo 31,25% nos de máis de media páxina, con só unha ocorrencia entre as pezas deunha páxina ou máis. A brevidade das informacións impide calquera tipo detratamento que vaia máis aló da exposición sintética dos ítems principais da noticia(que, quen, cando, onde, como) e que se introduza na inclusión de elementoscontextuais ou nun tratamento plural das fontes (en ocasións nin sequera existeunha fonte atribuída). A consecuencia é unha perda de información para o públicolector e a perpetuación de numerosos preconceptos sobre a prostitución ou o tráficode persoas. Polo xeral, as informacións de entre 1 e 10 módulos e as de entre 11 e 25gardan un perfil semellante na mostra analizada, se ben se atopan mellorasevidentes nas segundas como a referencia a máis fontes, unha maior presenza deelementos contextuais ou a introdución de imaxes. Encontramos tamén xénerosmáis variados para o tratamento destas temáticas, como a crítica, o artigo deopinión ou a reportaxe. Con todo, continúa a tratarse xeralmente de noticias,orientadas a un acontecemento noticioso e no que se observan numerosascarencias a nivel informativo. 84
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Este perfil comeza a mudar nas informacións que superan a media páxina.Nesta categoría, o xénero máis empregado é a reportaxe (en 9 pezas do total de 16que ocupan entre 26 e 49 módulos), máis axeitado para ofrecer un tratamentoamplo e especializado sobre estas temáticas. Ao tempo, as noticias comezan a termáis información e permiten un tratamento que inclúa antecedentes oucontextualización. Máis estas melloras non se aplican en realidade ás temáticas daprostitución, o tráfico de persoas e a explotación sexual: ao mesmo tempo queaparecen, prodúcese unha redución drástica das informacións que tratan estestemas como principais, de xeito que pasan a ser minoría entre as informacións demáis de media páxina (3 das pezas analizadas trátano como tema principal, 3 comotema secundario e 10 como mencionado). Un esquema semellante repítese, demaneira aínda máis preocupante, nas unidades dunha páxina: trátase neste casode dúas reportaxes –Un tercio de los 28 peatones atropellados este año murieroncerca de clubs de alterne, do 1 de decembro; El harén de un tigre insaciable, Farode Vigo do 13 de decembro–, unha noticia –Mercancía sexual, do 12 de decembro–unha entrevista –"La religión es mala cuando intenta legitimar ciertos roles en lafamilia", do 20 de decembro–, e unha previsión para o ano seguinte –Cuando eljuzgado marca la agenda informativa, do 31 de decembro– mais unicamente nanoticia o tema principal é o tráfico de persoas, sendo na previsión e nunha dasreportaxes –El harén de un tigre insaciable, Faro de Vigo do 13 de decembro–secundario e só mencionado no resto de pezas.A única unidade informativa que ocupa máis dunha páxina, por último, é unhareportaxe onde unicamente se menciona a prostitución –Los hijos de Cleopatranecesitan celestinas, El Progreso do 4 de decembro–. Semellante é o caso da televisión, onde a brevidade da información se veincrementada polas esixencias dos formatos utilizados nos informativos, quepriorizan a inclusión de moitas noticias en pouco tempo. Unha das noticias ninsequera chega ao minuto, quedando en 44 segundos –Investigan a perda dedocumentación da operación Carioca, TVG do 21 de decembro–, e outras dúasoscilan entre 1’15’’ – Cada vez más clientes, TVG do 1 de decembro– e 1’48’’ –Cada vez máis españolas, TVG do 1 de decembro–. A única peza longa é unhaentrevista de 6’40’’ aparecida no programa de información “A Revista” – TeoManuel Abad presenta o seu documental "Sexo. Entre o ceo e a terra", TVG do 6 dedecembro– onde, unha vez máis, o tema da prostitución só merece unha menciónanecdótica.3.4.SITUACIÓN EN PÁXINA SITUACIÓN EN PÁXINA DAS INFORMACIÓNS NOS MEDIOS GALEGOS SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Outras Impar enteira Par enteira Superior par Inferior impar Inferior par Superior impar 85
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA SITUACIÓN EN PÁXINA POR CADA UN DOS MEDIOSMEDIO Superior Superior Inferior Inferior Par Impar Outras Total par impar par impar enteira enteiraDF 4 2 5 2 1 14DA 3 2 1 6IG 4 5 5 1 15DB 3 4 4 2 13LVG 4 3 7LR 2 1 1 1 5AD 1 1 2FV 2 1 1 3 1 8EP 4 3 1 1 1 10XG 2 3 1 1 7LO 2 3 2 2 1 10TVG -- -- -- -- -- -- -- --DP 1 1 1 3GH 3 2 4 1 1 11ECG 6 1 1 8 TOTAL 32 33 30 17 2 3 2 119 SITUACIÓN EN PÁXINA POR CADA UN DOS MEDIOSMEDIO Superior Superior Inferior Inferior Par Impar Outras Total par impar par impar enteira enteiraDF 28,57 14,29 35,71 14,29 7,14 100,00DA 50,00 33,33 16,67 100,00IG 26,67 33,33 33,33 6,67 100,00DB 23,08 30,77 30,77 15,38 100,00LVG 57,14 42,86 100,00LR 40,00 20,00 20,00 20,00 100,00AD 50,00 50,00 100,00FV 25,00 12,50 12,50 37,50 12,50 100,00EP 40,00 30,00 10,00 10,00 10,00 100,00XG 28,57 42,86 14,29 14,29 100,00LO 20,00 30,00 20,00 20,00 10,00 100,00TVG -- -- -- -- -- -- -- --DP 33,33 33,33 33,33 100,00GH 27,27 18,18 36,36 9,09 9,09 100,00ECG 75,00 12,50 12,50 100,00 TOTAL 26,89 27,73 25,21 14,29 1,68 2,52 1,68 100,00 Non se atopan tendencias especialmente marcadas na distribución dasunidades informativas analizadas dentro da páxina. A presenza é algo maior naparte superior da páxina que na inferior (54,62% frente a 39,50%) e taménlixeiramente máis alta nas páxina pares do que nas impares (43,70% frente a42,01%), mais estas tendencias non están especialmente marcadas e, de feito, asituación máis frecuentada é a superior, mais precisamente en páxina par e nonimpar. Ademais, a colocación en páxina par indicaría unha relegación dainformación, mais a presenza na zona superior parece suxerir precisamente ocontrario. A escasa presenza de páxinas enteiras relaciónase, obviamente, coapouca presenza de informacións que ocupen toda unha páxina, mais tampouconestas parece haber demasiadas diferenzas (3 casos en páxina impar fronte a 2 enpáxina par). A única unidade dunha páxina co tráfico de persoas como temaprincipal está situada en páxina par, mais ao tratarse dun só caso non édeterminante. 86
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIABaixo o apartado de “Outras”, finalmente, incluímos unha información que ocupadúas páxinas –Los hijos de Cleopatra necesitan celestinas, El Progreso do 4 dedecembro– e unha noticia situada en páxina impar, máis ocupando toda a metadeinterior da páxina –"Quiero ser chica Almodóvar", Diario de Pontevedra do 14 dedecembro–.3.5. PRESENZA OU NON DE ILUSTRACIÓN PRESENZA DE ILUSTRACIÓN NAS INFORMACIÓNS NOS MEDIOS GALEGOS SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Si Non PRESENZA DE ILUSTRACIÓN POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Nº unidades % sobre o total redaccionais de unidades do medio DF 6 42,86 DA 3 50,00 IG 6 40,00 DB 5 38,46 LVG 3 42,86 LR 4 80,00 AD 1 50,00 FV 7 87,50 EP 3 30,00 XG 5 71,42 LO 5 50,00 TVG -- -- DP GH 8 72,73 ECG 3 37,50 TOTAL 59 49,58 Cincuenta e tres unidades, un 49,58% das analizadas na mostra, inclúenilustración. Cómpre aclarar, en todo caso, que en 17 delas a prostitución, o tráficode persoas ou a explotación sexual aparece como tema unicamente mencionado, eque en tres casos máis trátase o tema de maneira secundaria, e a ilustraciónincluída nada ten que ver con el. A alta aparición de ilustracións, por outra parte,forma parte da tendencia a potenciar o visual dos xornais contemporáneos. 87
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O elemento máis relevante para a inclusión ou non de ilustración é, comoparece lóxico, o tamaño. Efectivamente, todas as unidades informativas que ocupanmáis de media páxina inclúen unha imaxe, mentres que a porcentaxe redúcese aun 61,76 % das que teñen un tamaño de entre 11 e 25 módulos (21 casos) e a sóun 26,56 % das de menos de 11 módulos (17). Se analizamos polo miúdo ainclusión de imaxes nas pezas informativas de tamaño máis reducido, as de un adez, módulos, podemos observar como cinco delas corresponden á informaciónsobre as infidelidades de Tiger Woods e catro á inauguración da exposiciónpresentada por Emma Thompson, cinguíndose en todos estes casos agás un –TigerWoods pagó 60.000 dólares por los servicios de una prostituta, según periódicos deEE.UU., La Voz de Galicia do 12 de decembro, onde o fotografado é o iate de luxodo golfista– ao retrato do persoeiro famoso implicado na nova. A relevancia públicada persoa implicada é pois un factor que favorece a inclusión de ilustración nasinformacións sobre prostitución. O tipo de ilustración é, na inmensa maioría dos casos recollidos, unhafotografía ou conxunto de fotografías. Apenas en tres ocasións aparece un debuxocomo ilustración. Trátase de dúas pezas de humor gráfico, onde a ilustración éinherente ao propio xénero –La caja negra, Faro de Vigo do 2 de decembro; Elparlamento catalán abre la puerta a prohibir las corridas, Diario de Ferrol do 21 dedecembro– e unha entrevista, co tema da prostitución apenas mencionado, no queo retrato da entrevistada é unha caricatura en troques dunha fotografía –“Lareligión es mala cuando intenta legitimar ciertos roles en la familia”, Diario deFerrol do 20 de decembro–. É de destacar unha peza –Satisfeit@s co sexo, GaliciaHoxe do 30 de decembro– na que se introduce un gráfico explicativo sobre aEnquisa nacional de Saúde 2009, que inclúe unha pregunta relativa á compra desexo. Por último, existe outro caso especial de ilustración: unha nova –El informedel fallo informático en el caso Carioca tarda ya mes y medio, El Progreso do 22 dedecembro– acompañada da reprodución dunha capa anterior do xornal, dado que ocontido fai referencia a que unha información que viña de ser publicada noutrosmedios xa fora adiantada con anterioridade por El Progreso.3.6. PROTAGONISTAS DA ILUSTRACIÓN PROTAGONISTAS DA ILUSTRACIÓN NAS INFORMACIÓNS NOS MEDIOS GALEGOS SOBRE PROSTITUCIÓN, TRÁFICO DE PERSOAS E EXPLOTACIÓN SEXUAL Non hai Prostitutas Compradores Políticos Outros Asociacións 88
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PROTAGONISTAS DA ILUSTRACIÓNMEDIO Prostitutas Compradores Políticos Asociacións Outros Non Total de hai unidades ilustradasDF 1 1 1 1,5 1,5 6DA 2 1 3IG 2 0,5 1 1,5 1 6DB 2 0,5 1,5 1 5LVG 3 3LR 2 2 4AD 1 1FV 1 0,5 5,5 7EP 1 2 3XG 2 1 1 1 5LO 1 1 0,5 2,5 5TVG -- -- -- -- -- -- --DPGH 1 1 0,5 3,5 2 8ECG 2 1 3 TOTAL 3 12,5 5 3,5 24 11 59 PROTAGONISTAS DA ILUSTRACIÓN (% sobre o total de pezas ilustradas de cada medio)MEDIO Prostitutas Compradores Políticos Asociacións Outros Non Total de hai unidades ilustradasDF 16,67 16,67 16,67 25,00 25,00 100,00DA 66,67 33,33 100,00IG 33,33 8,33 16,67 25,00 16,67 100,00DB 40,00 10,00 30,00 20,00 100,00LVG 100,00 100,00LR 50,00 50,00 100,00AD 100,00 100,00FV 14,29 7,14 78,57 100,00EP 33,33 66,67 100,00XG 40,00 20,00 20,00 20,00 100,00LO 20,00 20,00 10,00 50,00 100,00TVG -- -- -- -- -- -- --DPGH 12,50 12,50 6,25 43,75 25,00 100,00ECG 66,67 33,33 100,00 TOTAL 5,08 21,19 8,47 5,93 40,68 18,64 100,00 Nas táboas e o gráfico anteriores recóllense as e os protagonistas das ilustracións nas unidades analizadas na mostra. Cómpre sinalar que os números decimais débense a ilustracións nas que o protagonismo é compartido. En cinco casos, entre políticas e persoeiros famosos (todos relativos á inauguración da exposición contra o tráfico de persoas por parte de Emma Thompson, con ilustracións nas que aparece a actriz acompañada da ministra Bibiana Aído ou da delegada de familia e servizos sociais do Concello de Madrid). En tres, entre protagonistas políticas e asociacións (en unidades que tratan de presentacións de estudos e mostras levados a cabo por asociacións, con participación e colaboración institucional). E nun caso entre o comprador e a unha prostituta –El harén de un tigre insaciable, Faro de Vigo do 13 de decembro, onde aparece Tiger Woods e a prostituta que contratou–. 89
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Para alén disto, observamos unha ausencia das e dos verdadeirosprotagonistas: das persoas que exercen a prostitución, dos compradores do comúnque consomen sexo de pago; dos proxenetas, das redes de trata e tráfico. Enefecto, as e os protagonistas con maior presenza son os que, para o estudo,incluímos na categoría de “Outros”, persoas cunha relación polo xeral tanxencial ouindirecta coa prostitución e que destacan pola súa relevancia pública. De feito, endoce das ocorrencias a protagonista incluída nesta categoría é Emma Thompsonque aparece soa ou, como indicabamos antes, en compañía de políticas nainauguración da mostra contra a explotación sexual. Na meirande parte do resto decasos, a prostitución é apenas mencionada ou secundaria, non tendo os ou asprotagonistas da ilustración nada que ver co tema en cuestión ou en todo casounha relación indirecta. As únicas pezas incluídas en “Outros” que teñen astemáticas obxecto de análise como tema principal reflicten na ilustración a un nenosostendo un cartel contra a explotación infantil –Máis de dous millóns de mulleresson escravas, Galicia Hoxe do 3 de decembro–, o público dun nacemento –“Busconas” en el Portal de Belén, Faro de Vigo do 16 de decembro–, o articulistaautor da peza –Sexo gratis, Faro de Vigo do 23 de decembro– ou a Garda Civil –Unaño de asesinatos, La Región do 31 de decembro–. Os compradores do sexo están entre as persoas con máis protagonismo nasilustracións, mais sempre que estean marcados pola súa relevancia pública ou polasúa relación co mundo do delito. Na maioría das ocasións trátase de compradoresde sexo famosos: o golfista Tiger Woods (en 5 casos), o presidente italiano SilvioBerlusconi (en 2) e o gobernador de Nova York Eliott Spitzer (en 1). En todos estescasos a inclusión do persoeiro vai precedida dun escándalo provocado polo feito deter pagado por sexo. Tamén é obxecto de interese gráfico o comprador comocriminal, as dúas no mesmo xornal –El inculpado en el crimen de la brasileña seautolesiona a los 18 días de otra intentona, La Región do 17 de decembro;Condenado por su tercer asesinato, La Región do 31 de decembro–. A introduciónda fotografía do comprador adoita ir, polo tanto, asociada ao excepcional –ben aoescándalo ben ao suceso–, mais está ausente da representación gráfica docomprador común que acode de maneira normalizada á compra de servizossexuais. O único caso que se sae desta tendencia é unha crítica, reproducida entres xornais –O problema está neles, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e ElIdeal Gallego do 12 de decembro–, onde se inclúe a fotografía dun homecontemplando anuncios de sexo. Todos estas imaxes representan ademais acompradores masculinos. As persoas con cargos políticos supoñen apenas o 8,47% dos protagonistas.Aparecen case sempre acompañadas, quer de representantes de asociacións querdoutros persoeiros con relevancia pública como Emma Thompson. Só nunha peza –Baixan máis dun 18% os mortos en accidente de tráfico en Galicia, Xornal deGalicia do 1 de decembro–, na que a prostitución é mencionada, o protagonista éen exclusiva un cargo político, o delegado do Goberno na Coruña, Antón Louro.Como foi comentado con anterioridade, obsérvase un escaso seguimento do debatepolítico sobre estas temáticas nos medios galegos e os e as políticas aparecen poloxeral apenas como representantes institucionais en actos organizados por outrasorganizacións ou coorganizados con elas. As asociacións son protagonistas nun 5,93% das imaxes, e adoitan serrepresentadas, como diciamos, xunto con cargos políticos e na presentación deexposicións ou informes. Só nunha ocasión –"La religión es mala cuando intentalegitimar ciertos roles en la familia", Diario de Ferrol do 20 de decembro– esteprotagonismo é individual; unha entrevista a unha cooperante onde a prostituciónsó está mencionada. Son inexistentes nas imaxes as referencias a persoasexpertas, o que está en relación coa escasa presenza deste tipo de fontes (cfr.2.5). 90
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA As persoas que exercen a prostitución só aparecen en catro ocasións, endúas delas con protagonismo compartido. Cómpre salientar que en dúas das pezastrátase de prostitutas de ficción, ben representadas nunha viñeta –El parlamentocatalán abre la puerta a prohibir las corridas, Diario de Ferrol do 21 de decembro–,ben na fotografía dunha escultura –"Busconas" en el Portal de Belén, Faro de Vigodo 16 de decembro–. Non se representa nelas, polo tanto, a realidade daprostitución actual. Nos únicos casos nos que tal se fai, a representación da mullerque exerce a prostitución está ligada ou ao luxo ou a unha imaxe glamourosa eidealizada, e atende a aquelas modalidades máis minoritarias: a prostitución deluxo e a exercida por mulleres transxénero. Así acontece en El harén de un tigreinsaciable –Faro de Vigo do 13 de decembro–, sobre o caso Tiger Woods, e enBosques de Palermo –Galicia Hoxe do 19 de decembro–, onde se inclúen dúasfotografías artísticas protagonizadas por prostitutas transxénero para ilustrar unhainformación sobre unha mostra dedicada a este colectivo. Son fotografías nestecaso filtradas pola ollada creativa do artista, que procura ofrecer das protagonistasunha visión idealizada, non a súa realidade cotiá. Ausentes por completo da parte gráfica da información están os proxenetase as persoas implicadas nas redes de trata e tráfico, o que é índice da súa falta devisibilidade nos medios.3.7. TÓPICOS E ESTEREOTIPOS PRESENTES NA ILUSTRACIÓN Como xa foi dito, boa parte das ilustracións recollen presentacións deestudos, exposicións ou informes sobre prostitución e explotación sexual. Abondan,polo tanto, fotografías que ilustran mesas de persoeiros ou outro tipo depresentacións xa concibidas para a toma de imaxes por parte dos medios decomunicación (en 16 casos). Esta profusión de imaxes tópicas e propias das rutinaspropiciadas polo xornalismo de fonte, o que deriva das fontes organizadas, dá lugara unha certa institucionalización gráfica das novas sobre esta temática. Para alén diso, en ocasións os xestos das persoas implicadas na ilustraciónnon casan coa transcendencia do tema abordado. É o que acontece cunhailustración sobre a inauguración dunha mostra sobre explotación sexual, na queaparecen a ministra Bibiana Aído, a delegada de Familia e Servicios Sociais deMadrid Concepción Dancausa e a actriz Emma Thompson rindo ao lado de titularescomo Emma Thompson: “La venta de mujeres y niños sucede delante de vuestrasnarices” –La Opinión de A Coruña do 12 de decembro–, Emma Thompson denunciala venta de niños y mujeres para explotación sexual –Diario de Arousa, Diario deBergantiños, Diario de Ferrol e El Ideal Gallego do 12 de decembro– ou Mercancíasexual –Galicia Hoxe do 12 de decembro–. Algo semellante ocorre tamén nasección de citas “Protagonistas del día”, onde o rostro sorrinte de Emma Thompsoncontrasta coa frase “La venta y compra de mujeres y niños sucede aquí delante delos madrileños”. Outras informacións sobre esta mesma exposición, pola contra, sirecollen expresións máis acordes co contido da mostra, aínda que, paradoxalmente,centren a información en cuestións relacionadas co traballo da actriz –EmmaThompson: “Quero rodar con Almodóvar”, Galicia Hoxe do 14 de decembro; EmmaThompson: “Lembrádelle a Almodóvar que me contrate”, Xornal de Galicia do 14 dedecembro; Emma Thompson: “Recuerden a Pedro que quiero ser una chicaAlmodóvar”, Faro de Vigo do 14 de decembro; La actriz y escritora..., AtlánticoDiario e La Región do 14 de decembro–. 91
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Outras ilustracións, pola contra, estabelecen unha relación entre aprostitución e distintos delitos e episodios violentos, tendo como resultado acriminalización dunha actividade que non é ilegal no Estado español. En ocasións,esta efectúase tamén no texto, como acontece coas unidades nas que se fala aotempo das festas na casa de Berlusconi e a agresión que sufriu o primeiro ministroitaliano –...Y con Berlusconi volvió el escándalo a Italia, La Opinión de A Coruña do27 de decembro– ou de inmigración ilegal e prostitución –La UE se marca elobjetivo de “controlar y combatir” la inmigración ilegal, Diario de Bergantiños,Diario de Ferrol e El Ideal Gallego do 12 de decembro, onde se recolle unha redadarealizada a inmigrantes que non exercen a prostitución–. Algo semellante ocorrecoa nova sobre accidentes na que se leva á portada un feito apenas mencionadorelacionado coa prostitución –Un tercio de los 28 peatones atropellados este añomurieron cerca de clubs de alterne, La Opinión de A Coruña do 1 de decembro–,ilustrada cun accidente a carón dun centro de formación profesional, e non unprostíbulo. Neste sentido criminalizador, parece especialmente relevante que asúnicas aparicións de clubs de alterne nas ilustracións sexan recintos clausurados eprecintados, todos eles en relación coa operación Carioca, e en imaxes nas que nonaparece ningunha persoa –Imputan a otro agente de la Guardia Civil en la trama dela operación Carioca, El Correo Gallego do 15 de decembro; Investigan si unsabotaje informático trató de frustrar la operación Carioca, La Voz de Galicia do 20de decembro; Cuando el juzgado marca la agenda informativa, El Progreso do 31de decembro–. Na primeira e na terceira informacións citadas, especialmente, apresenza do precinto policial contén unha connotación especialmentecriminalizadora contra a prostitución. Atopamos un caso, por outra banda, na que a imaxe introduce a relacióncontraria, unha ligazón entre a prostitución e unha vida luxosa, representada através do iate de Tiger Woods –Tiger Woods pagou 60.000 dólares por los serviciosde una prostituta, según periódicos de EE.UU., La Voz de Galicia do 12 dedecembro–. A imaxe da muller tamén está cargada de estereotipos, especialmente endúas informacións relacionadas co adulterio do golfista Tiger Woods –El harén deun Tigre insaciable, Faro de Vigo do 13 de decembro; Nueve mujeres en el harénde un ‘tigre insaciable, La Opinión de A Coruña do 14 de decembro–. Se en ambosos dous casos, as imaxes das supostas amantes do golfista destacan por serpresentadas cun papel pasivo cercano ao voyeurismo (apenas en fotografías debaño, poses de modelo con escasa roupa ou imaxes sacadas do Playboy), naprimeira nova a relegación visual das mulleres é aínda maior, dado que aparecennunha especie de constelación arredor dunha fotografía do golfista, dun tamañoconsiderabelmente superior ao de todas elas. Tamén podemos entender unha visiónestereotipada no sorriso, seica irónico, de Berlusconi detrás da súa esposa VeronicaLario, que ilustra unha nota sobre as festas con prostitutas organizadas polo político–Berlusconi y sus velinas, Xornal de Galicia do 27 de decembro– ou na ilustracióncon obxectos como zapatos de tacón dunha unidade relativa ao feminicidio enCiudad Juárez –O Estado de México é culpábel. E agora que?, Galicia Hoxe do 27 dedecembro–, onde se pode entender unha certa fetichización das mulleres mortas. A representación das prostitutas, nos poucos casos en que tal se fai, taménestá suxeita a procesos de estereotipación . Así acontece co debuxo dunhaprostituta nunha peza de humor gráfico –El parlamento catalán abre la puerta aprohibir las corridas, Diario de Ferrol do 21 de decembro–, onde se reproduce aimaxe tópica sobre a muller que exerce na rúa (escote moi pronunciado, abundantemaquillaxe, cigarro na boca...). 92
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A escultura das prostitutas d’A esmorga –“Busconas” en el Portal de Belén,Faro de Vigo do 16 de decembro– tamén as representa con moita maquillaxe exoias, aínda que a ilustración non permite maior detalle. Distinto é o tratamento dainformación sobre as prostitutas transxénero de Palermo –Bosques de Palermo,Galicia Hoxe do 19 de decembro–, fotografadas espidas, realzando a imaxe dasprostitutas que as estereotipa como corpos en exhibición, mais con pose eiluminación de estrelas, o que crea un contraste coa súa situación cotiá que incita áreflexión. 93
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA4. A LINGUAXE EMPREGADA E O USO DE ESTEREOTIPOS4.1. CONCEPTOS EMPREGADOS PARA REFERIRSE A QUEN SE PROSTITÚE O termo máis empregado polos medios galegos para referirse a quen seprostitúe é o feminino “prostituta”. Aparece utilizado en contextos neutros,exclusivamente informativos (sen presenza de elementos interpretativos ouopinativos), o que dá a ver que os medios o entenden como termo non marcado.16Pola contra, aqueles conceptos que explicitan unha posición ideolóxica manifestarespecto da prostitución apenas teñen cabida nos contidos mediáticos. Acontece asíco termo abolicionista “muller prostituída” –que quere por de manifesto que, quense prostitúe, faino impelida tanto pola existencia dunha demanda masculina que opropicia como de proxenetas e redes que dela se benefician, así como dunhasociedade patriarcal cómplice– como co regulacionista “traballadora sexual”, quecondensa a súa reivindicación a prol dos recoñecementos laborais das persoas queexercen a prostitución. Malia ás diversas e mesmo diverxentes connotacións dostermos mencionados, por veces son mesturados polos medios galegos, ou nomesmo contido, ou en distintas informacións, o que é síntoma da inexistencia denormas de estilo ao respecto. Así, na nova Constatan el aumento de jóvenesrumanas en los prostíbulos del área (El Ideal Gallego, 2 de decembro): “Eldocumento, que fue elaborado durante el 2009 con el objetivo de lograr que lasprostitutas se integrasen en la red pública de recursos sociosanitarios, estudia estefenómeno reflejando la situación de las mujeres prostituidas”. Así como noutrainformación do mesmo xornal se utiliza o termo “traballadoras”: “En la sentencia seconsidera acreditado que el propietario del club entregó a la trabajadora un pasajede ida y vuelta entre Colombia y España y 2.000 dólares” (Condenado a un año dereclusió por obligar a una extranjera a prostituírse, El Ideal Gallego, do 3 dedecembro de 2009). Os termos e construcións máis empregadas en segundo lugar son aquelasque teñen que ver coa consideración da muller que se prostitúe como vítima. Osmedios galegos botan así man de expresións incluídas nos campos semánticosrelacionados coa vítima, a servidume, a escravitude, ou o sufrimento: “vítima deunha verdadeira trata de brancas”, “unha muller obrigada a ter relacións”,“mulleres explotadas sexualmente”, “escravas”, “mulleres e nenas que sofren“trata” no mundo”, “as vítimas destas escravitude” ou “servidoras sexuais”.16 Malia o uso que deste concepto fai a prensa como termo neutral, porén si segue a conservarconnotacións negativas. Véxase a crítica que Carme Magallón, partidaria do abolicionista “mullerprostituida” fai ao respecto: “En un reciente documental sobre la prostitución, emitido por una cadenapública de televisión, vuelvo a constatar un uso del lenguaje que siempre me ha parecido sexista ydiscriminador. Y es que mientras a las mujeres que ofrecen determinados servicios sexuales a cambio dedinero se les llama prostitutas o putas, términos ambos con connotaciones cuando menosdespreciativas, a quienes acuden a ellas se les llama asépticamente clientes. De este modo, mientrasellas quedan denotadas negativamente, la denominación de los hombres que las buscan está al nivel dequien va a un supermercado a comprar un producto cualquiera.” (Público, 16 de agosto de 2009, consultado a na edición electrónica:http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/281/prostitucion-y-lenguaje/) Podemos considerar asímesmo que, mentres o substantivo “prostituta” esencializa deste modo a: quen exerce a prostitución,tanto a expresión “muller prostituída” como “traballadora sexual”, conformadas por substantivo máisadxectivo, procuran visibilizar a deconstrución que fan, desde distintas perspectivas, das imaxes e dosestereotipos patriarcas e dos conceptos que for eles foron usados. 94
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Faise adoito en informacións cunha carga de denuncia maior, e son eco enparte da linguaxe empregada polas fontes e as e os protagonistas da información,así como do marco interpretativo que transmiten aos medios de comunicación nasúa posta en escena. Tal acontece na presentación da exposición Journey, en cuxacobertura se recollen as voces ministra de Igualdade, Bibiana Aído, e da actrizEmma Thompson, ou da abordaxe Congreso “10 anos de loita contra a trata demulleres. Aprendizaxes e perspectivas”. A presenza que acadan este tipo de termose expresións ten que ver co protagonismo das informacións sobre trata, tráfico eexplotación sexual na información analizada durante o período de análise. Os termos connotados negativamente, aqueles marcados con forte cargadespectiva (por exemplo, nas pezas analizadas, guarrilla, puta ou ramera),aparecen nos contidos dos medios ligados a:a) os xéneros de humor (viñetas, pezas humorísticas…), que adoito tentan conectarde maneira rápida co público botando man dos estereotipos. Poñamos por caso apeza xa anteriormente citada: “" ─Papá, qué es una ramera? ─Es una señora quepor sesenta euros te hace un vicio." (El Correo Gallego, 1 de decembro de 2009).b) artigos de carácter interpretativo ou de opinión nos que o/a autor/a procurafacer gala de voz e estilo propio. Por exemplo, no artigo de Fernando FrancoSálvese quien pueda (Faro de Vigo, 13 de decembro): “De la Guerra de laIndependencia, valga el ejemplo, hay quien ha hecho un mito del ser español yquien considera a la sublevación algo así como una intifada, una reacción populistaabstrusa, difusa, confusa y profusa contra el galo iniciada en Madrid por unachusma de artesanos, pobres, chulos y putas”.c) Declaracións de actores diversos recollidas na información. Tal acontece coasdeclaracións dunha das supostas amantes de Tiger Woods: “Uchitel, que era lanovia de una de las víctimas del ataque a las Torres Gemelas de Nueva York, se hadefendido con rímel y dientes: “Yo no soy ni una puta ni una golfa” –a citaextraeuse da paza titulada Nueve mujeres en el harén de un ‘tigre’ insaciablepublicada polo Faro de Vigo, o 13 de decembro de 2009, e polo outro xornal dogrupo Prensa Ibérica, La Opinión, o 14 de decembro). Tamén nos atopamos comesmo caso nesta cita recollida da reportaxe “Busconas” en el portal de Belén: “Aldía siguiente, como hacían siempre aquellas ‘chicas’, que es como se llamabanentre ellas, nunca putas (…)” A prostitución de luxo conta nos medios co seu campo semántico propio,como podemos extraer das informacións relacionadas con Berlusconi e TigerWoods. Del forman parte os termos “señorita de compañía”, “modelo” e “velina”.Os dous primeiros veñen incorporados nas declaracións da “madame”hollywodiense Michelle Braun ao respecto de Woods, e mentres nalgúns mediosaparecen entre aspas (por exemplo, nos diarios do grupo La Capital), nun intentode poñer de relevo o seu carácter eufemístico, noutros, como en La Voz de Galicia,non se usan as aspas para marcalos, co cal non se pon de relevo o dobre sentidodo concepto. Velina, que en italiano ten sentidos e acepcións diversas, desde ocoiro co que se fabricaban os pergameos ou a denominación das notas de censurana época fascista até o seu emprego para denominar as azafatas de televisión,xeneralízase como sinónimo de prostituta de luxo a raíz do escándalo xerado polasfotos publicadas de mozas case menores en Villa Certosa. 95
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA En contraste coa profusión de termos cos que se nomea á prostituciónfeminina –aos xa citados habería que engadir outros tamén presentes nos contidosdeste mes, como “meretrices”, “chicas” ou “busconas”– a variedade conceptualpara refirirse a aqueles homes que venden sexo é bastante máis reducida. Noperíodo analizado, só encontramos de feito dous conceptos para nomealos:prostituto (“… tras cumplir cuatro meses de una condena de 15 meses por agredir ymantener preso en su casa hace dos años a un prostituto noruego de 29 años”, nanova Un juez prohibe al cantante Boy George participar en el Gran Hermanobritánico, do 24 de decembro- e gigoló, que se utiliza fundamentalmente paradesignar a homes, polo xeral mozos, que teñen como clientas a mulleres maiores eacomodadas. Así se fai na nova Una red estafa más de 18.000 euros a un ovetenseal que prometieron altos ingresos como gigoló, en Faro de Vigo do 12 de decembro,que tamén aparece cun titular similar, Estafan 18.215 euros a un ovetense cuandoquería ofrecer sus servicios como gigolo, o 12 de decembro en El Ideal Gallego,Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños. Este concepto, que é quizais o de maioruso común, non conta porén coa connotación negativa daqueles termos quehabitualmente a poboación emprega para designar á muller que vende sexo. Maisben todo o contrario pois sobre o gigoló non cae a carga de denuncia social e deestigma que marca a prostituta, e a súa imaxe, que no imaxinario social apareceademais ligada a ambientes acomodados e non asociada á marxinalidade, reforzaunha vez mais o estereotipo viril que insiste na masculinidade como potencia eacción –home novo e guapo que proporciona satisfacción a mulleres ricas–. Nun intento de evitar a carga de negativa asociada aos conceptos quetradicionalmente designaron a quen exercía a prostitución, ou aos prexuízosderivados do estigma de quen é identificada con prostituta– ás veces as/osxornalistas optan ou por evitar conceptos que a definan (e introducir outros máisxenéricos como “las mujeres”, “las jóvenes”) ou mesmo nalgún caso por obviartoda referencia á prostitución. Tal acontece en varias informacións analizadas noxornal La Región. En El inculpado en el crimen de la brasileña se autolesiona a los18 días de otra intentona –La Región, do 17 de decembro– evítase en todomomento o uso do concepto “prostituta” ou doutros sinónimos. Deste xeito, a mozabrasileña é identificada como “la brasileña”, “la joven María Socorro da Silva”, “lajoven brasileña que ejercía la prostitución” ou “la joven”. O mesmo acontece nainformación Condenado por su tercer asesinato (La Región, 31 de decembro). Avítima en ningún momento é cualificada como prostituta ou algún termoequivalente. Dela sabemos que traballaba como tal polas accións que se nos relatanna noticia: “y acordados el favor sexual y su precio, Gali la condujo en su automóvila Listanco”. O mesmo acontece na peza Un año de asesinatos, onde se fala denovo do asasinato de María Socorro da Silva, pois nela tampouco se di en ningúnmomento, nin de modo directo nin indirecto, que a moza exercía a prostitución (LaRegión, 31 de decembro).4.2. COMO SE DESCRIBE A QUEN EXERCE A PROSTITUCIÓN Os medios analizados poñen o foco en dous modelos antagónicos: a mullervítima e a muller espectáculo, a prostituta de luxo. No primeiro caso, a cara máisnegativa da prostitución. No segundo, a prostitución como vía para a fama e oéxito. Entre os dous, multitude de matices que os medios non son quen de reflectir. 96
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Da prostitución como acceso ao éxito da fe a propia acepción do termovelina como, símbolo do acceso á fama mediática (velina significa tamén, como xadixemos, azafata televisiva) previo paso polo séquito de mozas que rodeaban aBerlusconi. Así describe Miguel Mora ás “velinas” en El País: “De lo que se trata, enel caso de estas jóvenes mujeres italianas, es de cumplir un sueño, de alcanzar lameta: conocer a Silvio y a sus potentes amigos, trabajar en la televisión y quizállegar a la política, lo que en el país de la RAI y Mediaset, controladas por el mismohombre, viene a ser lo mismo” (Anatomía de Berluscolandia, El País do 7 de xuñode 2009)17. A presenza que na televisión e nos seus programas rosa ten aprostitución de luxo é mostra desa imaxe “doce” que se transmite da prostitución.Unha cara que conta con non poucas sombras. Por unha banda, na transmisióndunha idea parcial e falseada da prostitución –que as mozas que acompañaban aBerlusconi nas súas festas privadas sexan menores apenas é obxecto de reflexiónnos medios, cando menos nos contidos analizados neste traballo–. Preséntase aprostitución como acceso a unha vida cómoda –da que dan conta series como Sintetas no hay paraíso– mais sen facer referencia ás problemáticas que poida levarasociadas. Por outra, créase un efecto perverso sobre a xa de por si deostadaimaxe que das mulleres transmiten os medios. E así, na programación rosa recaeadoito sobre as mulleres das que fala a acusación de “putas”, mostra quizás dunimaxinario colectivo que considera, en verbas de Isabel Menéndez, que todas o son,ou que todas poden selo: “Otro ejemplo de este control social, especialmente interesante a mi análisis, puede observarse en los medios de comunicación, tan “sensibles” (quizá también interesados) a revelar el pasado como prostituta de cualquier mujer famosa. Sea o no cierto que algunas de ellas han ejercido la prostitución, lo evidente es que los poderes fácticos demuestran que para las mujeres es imposible tener un pasado, que no existe la posibilidad de cambiar de rumbo, dando un portazo a la vida anterior y, sobre todo, que el imaginario colectivo está obsesionado con encontrar a mujeres a quienes poder acusar de ejercer de meretrices, quizá porque considera que todas lo son, o todas pueden serlo, añadiendo además un enjuiciamento y una categorización de perversidad a la prostitución” (Menéndez, 2006: 61) Como xa comentamos con anterioridade, a prensa, á procura de audiencia,contáxiase da frivolización da prensa rosa, o que explica, por exemplo, o impactodas infidelidades de Tiger Woods. Estas mulleres son definidas como“impresionantes” e fotografadas en primeiros planos que resaltan a súa belezafísica: “Según Braun, una de sus favoritas era Loredana Jolie: "Es una chicaimpresionante” –El harén de un ‘tigre insaciable’, en Faro de Vigo-. Ao mesmotempo que son utilizadas como a contraparte para resaltar a potencialidade einsaciabilidade do varón. Na outro extremo da realidade da prostitución –e deixando de manifesto queexiste unha ampla amalgama de situacións intermedias, canto que a prostitución éfenómeno abondo polifacético e complexo– están aquelas mulleres gravadas coasmarcas da explotación e da escravitude sexual. Delas pouco se nos di. Non haiimaxes que as retraten. E as descricións cínguense ao que delas se destaca nasnotas policiais ou nas crónicas xudiciais. Basicamente:17 Consultado a través da rede, no link :http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Anatomia/Berluscolandia/elpepusocdmg/20090607elpdmgrep_1/Tes 97
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA -a súa condición de inmigrantes e a súa nacionalidade estranxeira: "el 90%de las mujeres que ejercen la prostitución en España [...] son extranjeras y lamayoría de ellas están en manos de redes" (Emma Thompson denuncia la venta deniños y mujeres para explotación sexual, nos xornais de La Capital, o 12 dedecembro). -o proceso de captación e entrada no Estado español: “En la sentencia seconsidera acreditado que el propietario del club entregó a la trabajadora un pasajede ida y vuelta entre Colombia y España y 2.000 dólares, para simular ante lasautoridades que el viaje tenía “finalidad turística. (Condenado a un año de reclusiónpor obligar a una extranjera a prostituírse, en El Ideal Gallego e Diario deBergantiños do 3 de decembro) -a situación de explotación sexual nas que se exerce. Así fálasenos deHelena, a muller á que interpreta Emma Thompson no vídeo no que participa comoimaxe dunha campaña contra a trata: “una mujer obligada a tener relaciones concuarenta hombres cada día”. (“Quiero ser chica Almodóvar”, en Diario dePontevedra do 14 de decembro). E, da muller obrigada a prostituírse nun clube deMesón do Vento, dise que o proxeneta “la obligó a prostituírse para el durante dosmeses. (…) el hombre le prometió trabajo que mejoraría su “status social”. Mais a prensa tamén nos describe outros modelos de mulleres, outrasimaxes da prostitución: -a imaxe do raro, do estraño, en definitiva, do queer, a palabra que dá nomea unha das correntes teóricas que bebe do feminismo. A reportaxe sobre asmulleres tranxénero que exercen nas rúas da cidade de Bos Aires incide nasorpresa, na extrañeza, na fascinación. De aí expresións como “criaturas do terceirosexo” (Bosques de Palermo, en El Correo Gallego, do 19 de decembro). Con esaollada como predominante, as problemáticas ás que han facer fronte estas mulleresintúense mais que se desenvolven. -a imaxe idealizada da prostituta, que é a que se transmite na peza“Busconas” en el portal de Belén (en Faro de Vigo, do 16 de decembro), sobre asprostitutas que inspiraron as que aparecen n’A esmorga de Blanco Amor –sonconsideradas polo escultor entrevistado como referentes imprescindibles dunhaépoca, que destaca a liberdade a bohemia do ambiente no que traballaban– ou enalusións como “la prostituta que en la infancia le descubrió el mundo del sexo”, enreferencia a un dos personaxes da película Nine –Penélope Cruz, una entregadaamante en “Nine”, en El Correo Gallego, do 20 de decembro”.4.3. CONCEPTOS EMPREGADOS PARA NOMEAR A QUEN COMPRA SEXO Se os termos de uso común para denominar á muller que vende sexo estáncargados negativamente polo estigma e a sanción social, aqueles que se empreganpara designar ao home que o compra forman parte do contexto semántico ligado ásrelacións comerciais e están exentos de carga valorativa. Cliente é o empregadohabitualmente polos medios. Mais un cliente pode selo tanto dun supermercado,como dunha tenda de discos, como dunha galería de arte ou dun prostíbulo, poloque sobre este termo, de uso habitual nas transaccións comerciais, non sedesprega nigún tipo de sanción social. 98
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O concepto prostituidor, empregado polo abolicionismo para explicitar que,quen compra sexo é axente activo e cómplice da existencia da prostitución, éempregado só nunha das pezas analizadas: a crítica publicada polo suplemento delibros ProTexta, distribuída cos xornais do grupo La Capital, ao estudo Prostitución:clientes e outros homes (Xerais, 2009). Tanto o libro como quen rubrica a reseñado mesmo sitúanse no marco interpretativo do abolicionismo, de aí o uso da verbaprostituidor no texto. Mais, porén, como xa dixemos, non se trata dunha pezaelaborada pola redacción do xornal, senón que é publicada nun suplemento, deperiodicidade trimestral, realizado por unha empresa comunicativa allea, malia quesi distribuído e difundido polas cabeceiras que forman parte de La Capital. O termo prostituidor, polo tanto, está por completo ausente das rutinasdiarias de produción informativa. Aqueles termos que si implican unha valoración social negativa sobre ohome que compra sexo están ausentes dos medios. No único espazo no que teñencabida é no ámbito da opinión. Así acontece no único caso en que se bota man duntermo deste tipo, o artigo Sexo gratis, de José Cuervo, quen fala de “"un sector deputañeros a los que les gusta tanto pagar como joder" (La Opinión, 16 de decembrode 2009, e Faro de Vigo, do 23 de decembro).4.4. COMO SE DESCRIBE A QUEN COMPRA SEXO Sobre quen compra sexo translócense nos medios dous tipos de visións: -Unha visión ligada ao luxo e á concepción da virilidade asociada ao poder(político e económico) e á consideración da sexualidade masculina como irrefreábele insaciábel. Vexamos como se describe a Tiger Woods nas declaracións da“madame” Michelle Braum, con ampla difusión mediática: “«le gustan mucho lasmujeres… Muy pocas veces estaba solo con una chica. Normalmente quería más»(…) «Generoso, educado e impresionante en la cama, muy sensual (….) Las chicas«se divertían mucho con el»" (en. Tiger Woods pagó 60.000 dólares por losservicios de una prostituta, según periódicos de EE.UU, publicado en La Voz deGalicia do 12 de decembro de 2009). Ou mesmo na imaxe icónica que do feito seconstrúe. Das súas supostas amantes, as fotografías que se reproducen nos mediosamósanas semiespidas e en actitudes eróticas e sensuais (non todas elas sonprostitutas, só dúas, mais todas elas son representadas iconicamente como se oforan). Mentres que el aparece nas fotografías na súa vertente de deportista deéxito. Así, no artigo El harén de un tigre insaciable, Tiger Woods é fotografado noseu mellor momento (como golfista co paou de golf en alto), ocupando o centro deimpacto visual da páxina, e rodeado doutras fotografías máis pequenas nas queaparecen as diversas mulleres –en representacións icónicas que reforzan a súasensualidade– coas que, segundo se nos informa, mantivo relacións sexuais ousentimentais. -Unha visión crítica, de maneira implícita ou explícita, e a varios niveis: 99
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA -Moral: A actitude de quen compra sexo é reprobada na información, poloxeral de modo indirecto. Por exemplo, na información da TVG Cada vez máisclientes: "Tanto mozos coma vellos e tanto casados coma solteiros (…) O perfil dousuario non está moi definido. É que tanto rapaces novos como homes máismaiores ou incluso casados son usuarios deste tipo de servizos. (…)”. A nova recolleas declaracións de Gemma Blanco, socióloga de Médicos do Mundo: "Vemos unhavariedade inmensa, tanto de rapaces xóvenes, como de homes maiores, homes queves que teñen familias porque ves que hai sillitas de bebés nos coches que estánnos parkins". A reprobación pode unirse á crítica e ao desprestixio político, comoacontece no caso de Berlusconi. Así, Xornal de Galicia, no resumo do ano quepublica o 27 de decembro, describe as mozas coas que foi fotografado en VillaCertosa como “Bellas jóvenes para agradar a setentones” e describe o acontecidocomo “la confusión entre lo público y lo privado”. Engade que “Su aireado divorcio,que llegó incluso al Parlamento, sus relaciones con la prostituta Patrizia D´Addarioy su selección de misses para las europeas dañaron una imagen que,milagrosamente, se recuperó tras ser golpeado con una réplica del Duomo. Taménno mesmo medio se inclúe unha información, do 30 de decembro –A historia dunhadécada en 10 portadas–, que fai referencia ao desprestixio político de Eliot Spitzertras ser descuberto cunha prostituta: "A noticia do descrubrimento do gobernadorde Nova York, Eliot Spitzer, utilizando os servizos dunha prostituta foi fonte deinspiración para esta revista, que o retratou colocándolle o cerebro na entreperna”. -Morbosa: Das festas privadas de Berlusconi ou das infidelidades de TigerWoods os medios destacan a súa vertente máis espectacular, o feito de que unhome de éxito acuda a prostitutas, mais non serve de reflexión para facer unhaanálise crítica que esas informacións desvelan: o mundo da prostitución de luxo eos seus contactos coas altas esferas do poder, o uso de mozas case adolescentes, asituación e condicións en que exercen,… É dicir, un enfoque que privilexie aprostitución como tema e non como escenario. -Desde o enfoque dos dereitos humanos e ligado á sanción da trata e dotráfico de persoas, da explotación sexual ou das condicións de exercicio. Nesesenso son realizadas as declaracións de Emma Thompson na presentación daexposición Journey, cando fala de “una base enorme de clientes, [...] gente [...]que está creando y apoyando este mercado" –Emma Thompson: "La venta demujeres y niños sucede delante de vuestras narices". Ou a denuncia de José Freire,de Médicos del Mundo, na presentación do informe sobre a prostitución na área dasMariñas: “las prostitutas señalan que todavía hay clientes que pagan más porpracticar sexo sin protección frente al virus del VIH y de las enfermedadesvenéreas. “Eso es jugártela como en una ruleta rusa”, apostilla”, en As Mariñasregistara…, en La Opinión do 2 de decembro. -Feminista, e en concreto, desde a perspectiva abolicionista: Así, o profesorEnrique Díez fala dun "discurso maioritario [...] caracterizado pola xustificación daprostitución como necesidade social, dada a súa concepción da sexualidademasculina como xenitalizada e irrefreable e unha visión colmada de desprezo caraás mulleres", de “mozos que buscan espazos de poder nos que someter asmulleres. Percíbense como consumidores que compran nun mercado libre mulleres,ao consideralas "mercadorías cousificadas” e de homes que”non conseguen crearrelacións libres de reciprocidade e respecto. O que buscan coa prostitución é unhaexperiencia de total dominio e control” –O problema está neles, no suplemento delibros ProTexta–. 100
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA4.5. COMO SE DENOMINA A QUEN SE BENEFICIA DA PROSTITUCIÓN ALLEA Os substantivos empregados para denominar a quen obtén beneficio daprostitución allea están ligados, tamén, ao campo semántico das transacciónscomerciais. Deste xeito, as informacións que aparecen nos medios falan deempresarios, encargados, xerentes e propietarios. Este é, por outra banda, o marco interpretativo no que, ademais, estesactores empregan para acusación de proxenetismo, e segundo o cal a súa funciónqueda estabelecida como a de propietarios de locais que alugan os cuartos dos seusestabelecementos, sen responsabilidade polo tanto sobre o que neles ocorra. O quequeda reflectido no discurso habitual de ANELA (Asociación Nacional deEmpresarios e Locais de Alterne), que difunde aos medios a través do seu gabinetede prensa e dos comunicados que este emite. Véxase, por exemplo, o comunicadoemitido en resposta á roda de prensa da Policía Nacional na que se informa dadesarticulación dunha rede que se dedicaba á explotación sexual de mulleresestranxeiras no Hostal S´candalo, en Córdoba: “A estas alturas la policía debería conocer como funcionan estos establecimientos legales en los que en sus actividades las clientes residentes ejercen el sexo entre adultos en libertad, algo que no es problema ni de los propietarios del establecimiento, ni de la Policía, puesto que las residentes son mayores de edad y ejercen su libertad en algo que ha sido despenalizado, la prostitución, y no tenemos ningún tipo de tutela sobre adultos. Los locales de alterne tienen sus ingresos del alquiler de las habitaciones a las señoritas y de las copas que se sirven en la barra, y si por hacer un favor sexual en la intimidad de la habitación se paga un dinero, ese dinero se lo queda íntegramente la huésped y no el local”. O termo proxeneta só é utilizado en dúas ocasións no período analizado.Delas, só nunha é incluído nun artigo de elaboración xornalística (no segundo caso,forma parte dun artigo de opinión dun colaborador externo, A violencia segue, deIsidro Novo, en Galicia Hoxe do 2 de decembro). Falar de proxenetismo implicafalar de delicto, de actividade ilícita, de sanción legal e social. Compárese otratamento lingüístico que, do mesmo feito, se realiza en dous xornais diferentes.Mentres que a/o xornalista de La Opinión cualifica o condenado de proxeneta,porque así o acaba de determinar, de feito, a xustiza, El Ideal opta poladenominación propietario: “Un proxeneta aceptó ayer un año de cárcel tras reconocer ser culpable de un delito de prostitución y otro contra los derechos de los ciudadanos extranjeros por haber traído a una mujer de Colombia para obligarla a atender a los clientes de un club de alterne situado en Mesón do Vento” (La Opinión, 3 de decembro de 2009) “El juzgado de penal 2 dictó ayer, de forma oral y por conformidad con el acusado, condena de un año de cárcel para un empresario titular de un club de alterne de Mesón do Bento” (El Ideal Gallego, 3 de decembro de 2009). 101
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A acepción “chulo” é utilizada en catro ocasións, na información Los vecinosdel Agra do Orzán denuncian la inseguridad creciente en la ronda de Outeiro (ElIdeal Gallego e Diario de Bergantiños, do 7 de decembro) e en dous artigos deopinión: A violencia segue (Galicia Hoxe) e De chulos, putas, artesanos, el amor eidentidades varias (Faro de Vigo). En ningún destes casos, a verba está posta enboca da ou do xornalista. Na noticia sobre a inseguridade na coruñesa ronda deOuteiro, é introducida a través das declaracións dunha veciña: “He visto a hombresde cuarenta, cincuenta años, peleándose ahí. Son chulos o camellos o que se yo”.Nos outros dous, forma parte da terminoloxía utilizada polos articulistas: As organizacións que se dedican á trata e tráfico de persoas con fins deexplotación sexual son designadas como “redes”, “grupo organizado”,“organización”, “mafia” e “rede de explotación laboral e sexual”. Aos que asintegran, como “tratantes” ou “responsables da trata”. Os termos estáncompletamente xeneralizados tanto por parte das fontes políticas e policiais comonos propios medios de comunicación, que beben en boa medida delas. A carga dedenuncia é neste caso explícita.4.6. COMO SE DESCRIBE A QUEN SE BENEFICIA DA EXPLOTACIÓN ALLEA Os proxenetas e as redes de trata e tráfico son descritos fundamentalmentea través das accións que motivan que sexan detidos e xulgados. Datos, polo tanto,escasos, tanto porque é limitada a información que se transmite nas notas policiaiscomo porque son contadas as condenas por delitos relacionados coa explotaciónsexual (pola dificultade que supón demostrar a existencia de explotación dado omedo das mulleres afectadas a denunciar, ao considerárense a si mesmas máiscomo debedoras –pola débeda contraída coas redes para a súa entrada en España–que como vítimas, e os subterfuxios legais dos que botan man os proxenetas). Maisson estes datos transmitidos ou filtrados desde as fontes policiais ou xudiciais osque nos achegan un certo perfil, aínda que difuso, e moi xenérico, deste tipo deactores. Por exemplo, no caso da Operación Carioca, sabemos así da complicidadeentre explotación sexual e as propias forzas de seguridade do Estado, pois entre osdetidos están un ex garda civil xubilado dono dun club de prostitución, un inspectorda Policía Local e un axente da Policía Nacional destinado no aeroporto de Baraxasque facilitaba supostamene a entrada de mulleres estranxeiras que loso seempregaban en clubs lucenses. Baixo o xenérico “redes” non se desvelan nomes, nin sequera perfís, que nospermitan achegarnos ao rostro das persoas que están por detrás das organizacións,aos seus intereses, a como callan no concreto os mecanismos de funcionamentoque de modo xeral se describe nas informacións. Que isto fose posible dependería,como xa foi dito, da existencia dunha práctica de investigación xornalística porcompleto ausente dos medios de comunicación galegos, á luz dos datos obtidosneste mes. 102
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA4.7. OS ESPAZOS DA PROSTITUCIÓN. CONCEPTOS E DESCRICIÓNS As denominacións máis empregadas para referirse aos espazos nos que seexerce a prostitución son aquelas ligadas especificamente á que ten como escenarioos clubs. “Club de alterne”, utilizada en quince das pezas analizadas, é a máisabondosa, aínda que tamén se empregan, malia que con frecuencia menor, outrasvariantes: “club” (en tres pezas), “club de carretera” (en catro), “local de alterne”(nunha), “club de citas” (en cinco) e “establecimiento de alterne” (en dúas). Taménentre os termos máis utilizados figura “burdel”, definido pola Real Academia Galegacomo “local onde exercen as prostitutas”. O concepto é utilizado en exclusiva parareferirse á operación Carioca, á que os medios tamén denominaron como “trama delos burdeles”. “Prostíbulo”, un termo máis explícito (coa mesma raíz léxica queprostitución, e definido pola Real Academia Galega como vocábulo de uso cultopara referirse ao “local onde exercen a súa actividade as prostitutas”) só éintroducido en dous casos. Para a prostitución de luxo os medios empregan o termo“casa de citas” (utilizado, na mostra analizada, nas informacións sobre as relaciónscon prostitutas de Tiger Woods). Con intención eufemística é idealizadora éempregado tamén o concepto casa, mais complementado con “de chicas” en“Busconas” en el portal de Belén. Os medios non empregan conceptos determinados, no período analizado,para definir aos pisos nos que se exerce a prostitución. E é que a prostitución depiso, como xa analizamos, apenas é merecente de atención neste período. E, candoa información alude a esta modalidade, polo xeral refírese a crimes ou delitos coasprostitutas como vítimas e co cliente como agresor, que teñen lugar en saídas, édicir, en lugares acordados co cliente que non teñen como espazo o bordel. Asíacontece nas novas referidas ao presunto homicida da prostituta brasileñaaparecida morta en augas do río Avia, do que se nos di que “había quedado conMaría del Socorro da Silva para mantener contactos sexuales” –Un año deasesinatos, La Región do 31 de decembro–. E tamén na información na que se dáconta da multa a un comprador de sexo por non pagarlle a unha prostituta polosseus servizos –Multado el hombre que estafó a una prostituta al negarse a pagarlepor sus servicios, en El Ideal Gallego do 13 de decembro–: “Queda así probadoque el individuo padecía un episodio maníaco grave cuando llamó a la prostitutapara que le prestase servicios sexuales en un hotel de Cuatro Caminos a cambio de600 euros”. Canto á prostitución de barrio e de rúa, os termos utilizados son “barriochinés”, no artigo A violencia segue, publicado no Galicia Hoxe, e “barrio roxo” ou“zona”, en referencia á área de Bos Aires onde se prostitúen as mullerestransxénero que protagonizan a peza titulada Bosques de Palermo. Son practicamente inexistentes as descricións sobre os lugares onde seexerce a prostitución, o que ten que ver en boa medida coa escasa práctica dunxornalismo de rúa que implique trasladarse ao lugar dos feitos. Os lugares onde seexerce a prostitución son ou ben presentados como inseguros e violentos ou benevocados como lugares idealizados. Para o primeiro caso poderiamos por comoexemplo a información sobre a inseguridade crecente no barrio coruñés da Agra doOrzán ou as noticias sobre o xuízo aos irmáns Dalton por unha agresión acontecidanun prostíbulo, das que xa temos falado en anteriores ocasións. 103
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Para o segundo, as pezas Bosques de Palermo –a xornalista introduceunhas declaracións nas que se define a zona vermella bonaerense como “un mundoescuro, duro, con moita tristeza, pero á vez con moito amor, solidariedade, e convalores moi fortes de amizade”, e “Busconas” en el portal de Belén, na que seinclúen varias citas do escultor Arturo Baltar, autor das figuras que representan ásprostitutas que inspiraron as que Eduardo Blanco Amor retratou n’A Esmorga, quendi que “no había más libertad en ningún sitio que en sus tabernas. Allí se hablabade todo, y allí iban todos aquellos que querían hablar en libertad”, e describeademais a visita de Blanco Amor a un destes prostíbulos: “Eduardo estaba«encantado pues estaba viviendo un episodio bohemio de visita a lo prohibido queél envidiaba mucho a su hermano, con una vida más bohemia, pues era músico»”. 104
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A COBERTURA EXTRA-ORDINARIA ANÁLISE DO DISCURSO DE DOUS CASOS:A OPERACIÓN CASCABEL E O OPOSICIÓN VECIÑAL Á PROSTITUCIÓN DE RÚA NA BOQUERÍA 105
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Para a análise do tratamento daqueles casos que son merecentes dunhacobertura máis aló da ordinaria por parte dos medios de comunicación,presentamos de seguido unha análise sobre a representación mediática de dousacontecementos, destacados tanto pola súa capacidade de impacto nos medioscomo pola súa relevancia política e social na abordaxe da prostitución. O primeirocaso é a cobertura mediática da desarticulación dunha rede de tráfico de mulleresna cidade da Coruña que se anunciaba nas páxinas de contactos dos mediosgalegos, a finais de marzo 2009. Seguidamente, abordamos a representación nosmedios galegos dos conflitos veciñais acontecidos en setembro de 2009 poloexercicio da prostitución no barrio barcelonés de Boquería. Caso 1: Cobertura mediática da desarticulación dunha rede de tráfico de mulleres na Coruña O mércores 25 e xoves 26 de marzo de 2009, a Unidade contra a Rede deInmigración Ilegal e Falsidade Documental da Policía Nacional desarticulou unharede de prostitución, tráfico de mulleres inmigrantes e explotación sexual naCoruña, logo de máis de dous anos de investigación. A chamada “OperaciónCascabel” tivo como consecuencia a liberación das dez inmigrantes prostituídas e adetención de seis persoas, que logo de prestar declaración foron postas adisposición xudicial o sábado 28, acusadas de proxenitismo, de delitos contra osdereitos da cidadanía estranxeira, de estafa e de falsidade documental. Ese mesmodía a Policía Nacional enviou unha nota de prensa informando do acontecido. Odomingo 29 de marzo a maioría dos medios galegos recollían nas súas páxinas anoticia da desarticulación, por parte da Policía Nacional, dunha rede de trata etráfico de mulleres na Coruña que se anunciaba nas páxinas de contactos dexornais. Dadas as características do caso, nos días inmediatamente posterioresiríanse producindo outros acontecementos relacionados, que nalgunhas ocasiónstamén reflectiron os certos medios galegos. Amais, o feito deu lugar a un procesoxudicial, o cal produciría máis feitos noticiábeis ao longo do ano, que algúns mediosescritos tamén recollerían nas súas páxinas. En concreto, recolleuse a petición decondena da fiscalía no mes de agosto e a sentencia ditada en novembro desemesmo ano, pola cal as persoas procesadas eran absoltas dos delitos relacionadoscoa prostitución e sancionadas unicamente por cometeren un delito contra odereitos das traballadoras. Examinar a representación deste feito concreto e mais dos acontecementosque en relación a el se irían producindo ao longo do tempo permitirá esculcar onivel de compromiso, rigor profesional e capacidade informadora dos medios decomunicación galegos tocante á comprensión do fenómeno da prostitución, e máisespecificamente, da súa relación coa posíbel explotación, tráfico e trata demulleres. Con todo, considerarmos conta desde o comezo da análise cal foi odesenlace do caso eivaría considerabelmente as posibilidades analíticas, facendoque como analistas contextualicemos as decisións xornalísticas nun marco máisamplo do que tiñan no seu día as persoas encargadas de cubrir o caso. Por estemotivo, a nosa análise deterase de forma exhaustiva en analizar a representaciónmediática das pezas informativas relacionadas coa desarticulación dunha supostarede de prostitución que tivo como consecuencia a detención de varias persoas e aliberación das mulleres presuntamente obrigadas a exercer a prostitución. 106
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A modo de contextualización, presentaremos primeiro uns apuntamentosxerais que permitan enmarcar este feito noticiábel con atención á relevancia que selle outorgou nos distintos medios, para posteriormente examinar a evolución quefoi tendo, en días sucesivos, a representación mediática das noticias relacionadascon este acontecemento, pondo énfase en desvelar as rutinas xornalísticaspresentes nas redaccións dos medios galegos. Tras esta análise detallada, concluiremos facendo referencia ás noticiaspublicadas no mes de agosto (a petición de condena por parte da fiscalía) e denovembro (o ditame de sentencia xudicial), en tanto ofrecerán novas perspectivas,apuntarán a algunhas reflexións aínda pendentes e formularán novas preguntassobre o que fora a cobertura informativa do caso no mes de marzo.1. MARCO CONTEXTUALIZADOR: A RELEVANCIA CONCEDIDA AO TEMA1.1. A cobertura da noticia e a presenza en portadaA detención e posterior posta a disposición xudicial de seis persoas na Coruña(acusadas de dirixir unha rede de prostitución) e/ou a liberación das mulleresprostituídas apareceu reflectida o domingo 29 de marzo de 2009 en case todos osmedios de comunicación galegos obxecto de análise, coas únicas excepcións deDiario de Arousa e a Televisión de Galicia. Deses 13 xornais que recollen a noticiada detención, 8 deles lévano á páxina de portada. Entre os que máis destacan anova, El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños e El Progreso convértena na súanoticia principal, mentres que en La Voz de Galicia a noticia comparte oprotagonismo da parte superior da portada cunha noticia sobre a crise financeira.18 Noutros medios como La Opinión, Faro de Vigo, Atlántico Diario e Diario deFerrol ou El Correo Gallego a alusión en portada limítase a titulares breves, tanto sese inclúen nunha columna lateral (por exemplo, Seis detenidos por prostituir yesclavizar a mujeres inmigrantes —La Opinión, de 29 de marzo de 2009— Seisdetenidos en A Coruña por la explotación sexual de chicas —Diario de Ferrol, de 29de marzo de 2009— ou “La Policía desbarata un piso de diez “esclavas sexuales” enA Coruña —Faro de Vigo, de 29 de marzo de 2009—) como nunha exigua liñahorizontal na parte superior da portada por riba da cabeceira (caso de Burdeles delhorror > Seis detenidos en A Coruña por explotar a prostitutas en condicionesinhumanas —El Correo Gallego, de 29 de marzo de 2009—). Polas propias características do caso, nos días sucesivos xeráronse outrosfeitos noticiábeis en relación ao mesmo. Con todo, nos días inmediatamenteseguintes ao 29 de marzo a cobertura informativa experimentou unha caídanotábel, até o punto de que só apareceu recollido nos xornais coruñeses: La Voz deGalicia publicou pezas informativas relacionadas co caso os días 30 e 31 de marzo,e mais os días 1 e 5 de abril de 2009; La Opinión fixo o propio os días 30 e 31(unha versión reducida da noticia do 31 atópase tamén no xornal vigués Faro deVigo); mentres que El Ideal Gallego tamén recolleu nova información sobre o caso odía 31 de marzo (que outros xornais do grupo La Capital, como Diario deBergantiños e Diario de Ferrol, resumiron nas súas páxinas). Boa mostra darelevancia que estes xornais lle outorgaron ás informacións é o feito de que casesempre as levasen a portada: La Voz fíxoo en tres casos (todas as noticiasseguintes, agás a do día 31); La Opinión fíxoo en ambos os casos (clasificando ainformación en portada como pertencente a “Abegondo” o día 30 e a “A Coruña” odía 31); e o Ideal tamén sacou en portada a noticia do día 31.18 A edición de La Voz de Galicia consultada para a elaboración desta análise foi a deSantiago de Compostela, e non a que inclúe o caderniño local de A Coruña. 107
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Malia non ter recollido a noticia da detención o domingo 29, a TVG si aludiuao caso os días 30 e 31. O luns 30 informouse primeiro dentro do informativo LocalA Coruña, destacando, cun día de retraso, dúas informacións en cadansúa pezaindependente: primeiro, a liberación das mulleres e detención das 6 persoasrelacionadas coa rede (18.44h); e inmediatamente despois, que as seis persoasdetidas na operación Cascabel pasaron a disposición do xuíz (18.46h). A noticia,ademais de ser a primeira do informativo local, tamén foi a primeira do breverepaso de titulares que encabeza este espazo. Ora ben, o feito de que a primeiravez que a canle pública inclúa a información sexa no espazo de “local”, poderíalevar a conxecturar que a exclusión da grella informativa desta noticia o sábado 28(día en que a Policía Nacional enviou a nota de prensa) ou o domingo 29 (día enque os medios escritos dedicaban espazo considerábel a este asunto) quizaisradique xustamente na consideración desta noticia como información local, poiscomo este informativo só se emite de luns a venres, agardaríase ao luns 30 paracubrir os feitos. Ben é certo que ese mesmo día 30 a noticia tamén se recolle máistarde no Telexornal Serán, e iso podería levar a argumentar que si hai un interesexeral por darlle a coñecer a toda audiencia galega (e non só á da área da Coruña) ofeito. Con todo, a información recollida nesta peza do Telexornal complementa unbreve directo desde o exterior dos pisos cunha emisión gravada na mesma mañá doluns 30 polo equipo de local da Coruña, narrada pola voz en off da xornalista delocal e cunha entrevista súa, en primicia, a un dos axentes de policía que participouna liberación: o equipo de local, pois, non podería ter feito esta cobertura nin osábado 28 nin o domingo 29. Sobre a relevancia que se lle outorga no TelexornalSerán, cómpre apuntar que a noticia non aparece adiantada no avance de titulares,no que si caben até 8 noticias. Dentro do espazo informativo, á noticiacorrespóndelle o lugar número 29, de xeito que a súa emisión ten lugar ás 20.59h(29 minutos tras o comezo do Telexornal, e en teoría, un minuto antes do comezoda sección Deportes, que ese día acaba retrasándose até as 21.07h). Ao día seguinte (martes 31) o informativo Local A Coruña volve tratar ocaso, incluíndo outra noticia para informar de que “As mulleres atrapadas na redede prostitución non serán extraditadas” (18.47h). De novo, á información dáselleabonda relevancia até o punto de a destacar de novo en titulares (nesta ocasión,como segunda noticia do día) e de outorgarlle tamén o segundo lugar na listaxe dasinformacións locais. Que o traballo xornalístico emitido no Telexornal Serán do día30 o realizou o equipo de local da Coruña parece confirmarse tamén polo contidoinformativo desta peza do día 31, na que tras o encabezamento inicial se repiteliteralmente o contido informativo emitido a noite anterior. No medio públicodestaca igualmente a inclusión de informacións relacionadas coa prostitución o lunsseguinte, 6 de abril, repetindo a mesma peza informativa no Telexornal Serán eTelexornal Mediodía, aínda que neste caso o tema sexan as queixas veciñais contraa prostitución de rúa en Pontevedra, sen absolutamente ningunha alusión áprostitución de pisos recollida nos informativos unha semana antes.1.2. Seccións nas que se publican as informacións en cada medio O emprazamento das noticias relacionadas co caso nunha ou noutra seccióné tamén abondo elocuente da compresión do fenómeno da trata e tráfico demulleres. Os xornais coruñeses La Opinión e El Ideal Gallego trataron as diferentesinformacións sobre este caso dentro da sección “Local”. Dada a distribución doscontidos que posúen estes xornais (levando a información local ás primeiraspáxinas), isto implicou que as noticias adoito cumprisen a función de aberturainformativa do xornal, mesmo chegando a se situaren, nalgúns casos, na primeirapáxina impar do periódico. 108
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Outros xornais da provincia da Coruña, como Diario de Ferrol ou Diario deBergantiños, clasificaron a noticia dentro das páxinas de “Provincia”, aínda que apeza publicada fose idéntica (co mesmo enfoque, fotografía, sinatura, titular, etc.)que a de El Ideal. Estes tres xornais pertencen ao mesmo grupo empresarial LaCapital, ao que tamén pertence Diario de Arousa, aínda que este último non recollea noticia. Se cadra, o feito de que Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños sitúen anoticia nas páxinas de “Provincia” (e non de “Galicia” ou “Sociedade”, porexemplo), podería explicar a ausencia da información no Diario de Arousa, que tencomo ámbito provincial o pontevedrés. Mais en calquera caso cómpre lembrar que,como quedou de manifesto na análise cuantitativa do mes de decembro 2009, onúmero de pezas informativas sobre prostitución recollidas polo xornal arousán émoi inferior ao dos outros xornais do mesmo grupo de comunicación. Tocante ao tratamento do xornal coruñés La Voz de Galicia, cómpre repararen que ese diario abre habitualmente as páxinas informativas coa sección “Galicia”,reservando a información local para o caderniño interior que moitas das súasedicións incorporan. Na edición santiaguesa deste xornal (a consultada nestetraballo), as informacións que ao longo do tempo se publicaron sobre este casorecolléronse sempre na sección “Galicia”, obtendo deste xeito unha visibilidadedestacada nas primeiras páxinas do periódico. Tamén en “Galicia” situaron estasnovas os xornais El Progreso, Diario de Pontevedra, La Región e Xornal, aínda quenos catro casos a sección sitúase en páxinas máis avanzadas (24, 30, 31 e 26respectivamente). No caso do xornal lugués, pontevedrés e ourensán, débese a quededican as primeiras páxinas á información local e provincial, seguidas das páxinasde opinión. Outros periódicos manexaron criterios distintos do xeográfico para dar contadestas informacións, e así Atlántico Diario, El Correo Gallego e Faro de Vigotrátanas como “Sucesos” (no caso de Faro, destaca que as informacións sexanresumos/adaptacións das noticias publicadas en La Opinión), o que as relega até aspáxinas 51, 49 e 20 respectivamente. Só Galicia Hoxe dá un tratamento á noticiadentro de “Vivir - Sociedade”, sección á que neste xornal se lle dá certo destaqueubicándoa nas páxinas iniciais, feito que provoca a súa publicación na páxina 12.Con todo, e como quedará en evidencia ao longo da análise sobre a coberturainformativa, malia a esta distinta localización en seccións, as rutinas xornalísticasseguidas nos xornais apenas varía, até o extremo de que polo tratamentoinformativo que presentan a etiqueta “Sucesos” podería resultarlles acaída a boaparte delas. Boa mostra disto, é que a información catalogada como “Local” napáxina 7 — en La Opinión do 29 de marzo de 2009— aparece avanzada na portadado caderniño local (páxina 3) clasificada como “Suceso”. Canto á cobertura que ofrece a TVG, cómpre distinguir entre o tratamentooutorgado ao caso por parte do informativo Local A Coruña e mais por parte doTelexornal Serán. No primeiro caso, a propia selección da noticia para incluíla nadesconexión territorial da Coruña non ofrece dúbida da consideración do feito como“Local”, e de feito, a que esta noticia abra o espazo informativo (sendo a primeira odía 30, e a segunda o día 31) é unha actitude totalmente equiparábel ao querealizaron, en prensa, xornais locais como El Ideal Gallego ou La Opinión. No casodo tratamento do caso no Telexornal Serán, porén, a consideración da mesmanoticia estaría máis próxima ao “Suceso”, a xulgar polo momento do telexornal noque se emite e polas informacións que a arrodean. Sendo a noticia número 29 dotelexornal emitida ás 20.59h, a noticia está antecedida por outras 7 noticias quedesde o minuto 20.53h se centran na busca dun rapaz lugués de 16 anos que fuxiudun internado, na busca de Marta del Castillo, no suicidio dun preso de Pereiro deAguiar, na morte dunha crianza de nove anos afogada na piscina do seu colexio, na 109
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAmorte dunha nena atropelada nunha carreira de motos (estas dúas mortes, silevadas a avance en titulares), na intoxicación dunha menor en Monforte por unhainhalación de gas, e no desaloxo dun edificio de Marín por un incendio. Logo destessucesos é cando a presentadora do telexornal introduce a noticia advertindo que“As investigacións policiais sobre a rede de prostitución desarticulada na Coruñacéntranse agora en saber onde están os 600 millóns de euros que xerou esenegocio. Mentres, que pasa coa mulleres liberadas, Laura?” (dando paso así a undirecto desde o barrio dos pisos de prostitución). Na información seguinte, en formade breve, a presentadora anuncia que houbo “54 detidos nunha operación contra otráfico de inmigrantes”: por moito que fosen persoas chinesas detidas noutrospuntos do Estado español e sen relación coas redes de prostitución, albíscase aquíunha falta de relación entre ambas as noticias, xa que cómpre lembrar que no casoda Coruña foi a Unidade contra a Rede de Inmigración Ilegal e FalsidadeDocumental a que descubriu o caso por tratarse, tamén, de estadías irregulares.1.3. Espazo que ocupan as informacións Alén de súa inclusión en portada, o espazo dedicado á información é taménelocuente da importancia que cada medio lle outorga ás noticias relacionadas coneste caso. O domingo 29 de marzo, tres xornais dedican unha páxina completa atratar a información das detencións. Dous destes xornais son El Ideal Gallego eDiario de Bergantiños, que presentan unha peza informativa idéntica e chegan aincluír até 4 despeces na páxina para afondar nos detalles das detencións, dosrexistros, da tapadeira do “negocio”, e da actuación dun policía que salvou a unhadas vítimas cando intentaba guindarse pola ventá. A única diferenza radica en queEl Ideal presenta a información como noticia do día (páxina 3), e o Diario deBergantiños faino na sección de provincia (páxina 17). O destaque destes dousxornais semella coherente coa propia relevancia que lle daban ao caso en portada,pois en ambos os periódicos a noticia gozaba alí dun lugar prominente. Máisinesperada é, se cadra, a páxina enteira que lle dedica ao “suceso” El CorreoGallego, pois a súa mención en portada limitábase a unha exigua liña horizontalanterior ao nome da cabeceira. A páxina 20 do xornal é íntegra para estainformación, na que se inclúen tamén numerosos despeces e columnas paradestacar datos (localización, hixiene, multas, imposicións ou saúde), circunstancias(anuncios de prensa nos que se anunciaba a rede e contacto con outras redes) e aintervención do policía que salvou a unha das mulleres. Con todo, a maioría dos xornais de publican a información (todos osrestantes, agás La Región) dedícanlle o día 29 un espazo entre 26-49 módulos, édicir, máis da metade da páxina, con frecuencia catro columnas completas,situando a información e en todos os casos na parte superior da folla. Deste xeito,nas páxinas interiores danlle un lugar destacado á información tanto aqueles diariosque a destacaran en portada como noticia do día (El Progreso e La Voz de Galicia),como aqueloutros que levaran a portada como noticia breve (Atlántico Diario, LaOpinión, Faro de Vigo e Diario de Ferrol), e tamén diarios como Galicia Hoxe, Xornalou Diario de Pontevedra, que até entón non aludiran ao caso. Atlántico incorporaunha entradiña longa contextualizadora, mentres que o resto de diarios incorporandiferentes despeces ao lado do corpo principal da noticia. Finalmente, La Región é o único xornal que trata a información dentro dasección de breves, presentándoa na parte superior esquerda dunha páxina impar(páxina 31) como unha información de 11 liñas a 2 columnas (e por tanto,dedicándolle entre 1 e 10 módulos). 110
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Só La Opinión e La Voz de Galicia volven facerse eco de diferentes aspectosrelacionados con esta nova ao día seguinte, 30 de marzo. Canto ao primeiro xornal,este dedícalle entre 11 e 25 módulos (algo menos da metade da páxina), mentresque La Voz aumenta o espazo asignado o día anterior para encher 1 páxinacompleta cunha información anticipada de novo en portada, e na cal inclúe tresdespeces e unha infografía. O día 31 de marzo ambos os xornais seguen considerando estes feitosnoticiábeis, dedicándolle os dous un espazo de entre 26 e 49 módulos, que enrealidade vén significando case unha páxina completa na que caben noticias condespeces, entradiñas, e pequenas entrevistas. Entre os xornais que recollen anoticia, pero de forma menos destacada (entre 11 e 25 módulos), atópase enprimeiro lugar Faro de Vigo, que nun faldón inferior a cinco columnas incorporaunha versión resumida da noticia de La Opinión, e en segundo lugar El IdealGallego e Diario de Bergantiños, cunha idéntica información a dúas columnas naparte superior dereita dunha páxina par. Por último, Diario de Ferrol dedica unespazo exiguo de entre 1 e 10 módulos a resumir a información publicada nestesdous últimos xornais mencionados (todos eles do grupo La Capital), situando apeza informativa na parte inferior dunha páxina impar a tres columnas. La Voz de Galicia é o único xornal que publica sobre o feito o día 1 de abril,construíndo dúas noticias ás que dedica case unha páxina completa (entre 26 e 49módulos). O 5 de abril, domingo seguinte ao da publicación das detencións, oxornal coruñés dedica 2 páxinas íntegras a unha reportaxe xa anunciada en portada—La presión policial sobre los clubes y la crisis desvían la prostitución hacia pisos,La Voz de Galicia de 5 de abril de 2010—, e que ademais se sitúa nas páxinasiniciais do xornal (4 e 5) baixo o epígrafe “Chequeo a la prostitución”. Aínda que enningures se mencionan os feitos da redada policial nos pisos da Coruña da semanaanterior, consideramos que estes acontecementos si poderían ter influído napublicación desta reportaxe na que se aborda a prostitución desde ángulosdistintos, dándolle certa cabida ás características dunha incipiente prostitución enpisos. Como debullaremos polo miúdo máis adiante, nestas dúas páxinas destaca aexclusión de calquera debate sobre a relación dos anuncios de sexo dos xornaiscoas redes de prostitución, algo especialmente rechamante de termos en conta queeste mesmo xornal era o que servía de soporte á rede desarticulada paraanunciarse e gañar clientes. Canto ao espazo outorgado na TVG, a primeira vez que se informa destecaso, na desconexión informativa Local A Coruña do día 30, dedícaselle ao tema1:41 minutos, sumando a primeira noticia (que ocupa do minuto 0.47 ao 2.05) e asegunda (que avanza até o minuto 2.28). Esa noite, no Telexornal Serán, o temarecibe a maior atención en termos de espazo, o que se concreta en 1:51 minutosao longo dos cales ten lugar a presentación da noticia, o directo desde A Coruña, ea emisión dunha peza gravada de exactamente 1 minuto de duración realizada poloequipo de local da Coruña. Esa mesma peza gravada é a que se emite o día 31durante o informativo Local A Coruña, que sumada á entradiña da noticia realizadapola presentadora suman un espazo de 1:20 minutos. 111
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.4. Inclusión de fotografías No caso da prensa escrita, un outro aspecto que permite calibrar aimportancia outorgada ao acontecemento é a inclusión de fotografías, pois non sófarán que por forza o espazo xeral dedicado á noticia sexa maior, senón que taménfuncionan como elemento de chamada de atención do público lector. Por estemotivo, consideramos de interese apuntar que a excepción da información breve deLa Región, todos os outros 12 xornais contribúen á suma total de 21 elementosfotográficos. Só 4 diarios se limitan a un único elemento fotográfico (Galicia Hoxe,El Correo Gallego, Xornal e Faro de Vigo), mentres que a maioría deles publicandúas fotografías. Nalgúns casos, outorgándolles idéntico espazo ás dúas (LaOpinión e os tres xornais do grupo La Capital que vimos mencionando) e noutro,incluíndo unha fotografía principal e outra secundaria máis pequena (La Voz deGalicia, El Progreso e Diario de Pontevedra). O xornal vigués Atlántico Diario, polasúa banda, ilustra este “suceso” con tres fotografías. Aínda que posteriormenteafondaremos no contido das fotografías desde un punto de vista cualitativo, cómpreapuntar que a inmensa maioría das fotos incluídas nas informacións do día 29 sonas facilitadas pola Policía Nacional canda a súa nota de prensa (independentementede que algúns medios conserven o logo da Policía Nacional e outros se apropien dasfotos recortándolles o logo). A inclusión de fotografías segue sendo habitual nas (poucas) noticiaspublicadas en días sucesivos. Así, tanto o día 30 como o 31 La Opinión e mais LaVoz volven recorrer ás fotos (no caso de La Opinión, o día 31 chega a incluír catroelementos fotográficos na súa noticia a páxina completa), como tamén fai Faro nasúa noticia-resumo do día 31. Nunha tendencia oposta, El Ideal, Diario deBergantiños e Diario de Ferrol prescinden de fotos o día 31. Tamén delas prescindeLa Voz o día 1 de abril, aínda que na súa reportaxe a dúas páxinas do 5 de abril,incorpora unha fotografía (páxina 4) e unha ilustración (páxina 5) de dimensiónsconsiderábeis. Malia tratarse dun medio televisivo, os tres programas informativos querecollen este caso na TVG recorren tamén á inclusión de fotografías nas súasimaxes, que son as mesmas reflectidas na prensa (é dicir, as facilitadas pola PolicíaNacional canda a súa nota de prensa o sábado 28). A presentación das fotografías,que manteñen o logo da Policía Nacional, compleméntase con outras imaxesgravadas nas que poden verse os edificios nos que se localizaban os pisos deprostitución, entrevistas á veciñanza, entrevistas a un policía que protexe a súaidentidade figurando de costas, a saída dos xulgados das persoas detidas, así comocapturas dos anuncios en prensa a través dos que se publicitaba a rede.2. AS RUTINAS XORNALÍSTICAS NA COBERTURA DA INFORMACIÓN: AEVOLUCIÓN DÍA A DÍA Dado que o caso tivo un desenvolvemento cronolóxico, consideramos deutilidade ir examinando as rutinas xornalísticas consonte se foron publicando asinformacións nunha liña de tempo. Dese xeito, poderanse estabelecer análisescomparativas cando o mesmo feito noticiábel apareza recollido en varios xornais(tal e como aconteceu o 29 de marzo), esculcar os intereses que cada medio posúena temática da prostitución a partir do tipo de informacións que seleccionaron parapublicar nos días inmediatamente posteriores, ou avaliar a falta de interesemediática no tema nos casos nos que non se volveron publicar pezas xornalísticasrelacionadas. 112
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Este é o motivo polo que a seguir distribuímos a análise das rutinasxornalísticas en dous grandes grupos, segundo esta corresponda ao tratamentoinformativo do domingo 29 de marzo (primeiro grupo) ou ás pezas xornalísticaspublicadas nos días sucesivos (segundo grupo). Posteriormente realizaremos deforma global unha análise crítica do discurso empregado, e poremos tamén enrelación a cobertura informativa destes días de marzo co tratamento informativooutorgado á evolución do caso a nivel xudicial, nomeadamente coa petición dafiscalía e ao ditame da sentenza.2.1. Noticias publicadas o día 29 de marzo de 20092.1.1. Xéneros xornalísticos As pezas recollidas na prensa galega o domingo 29 englóbanse senexcepcións no xénero informativo noticia. En principio, parecería que os criterios denoticiabilidade máis destacados son a actualidade, inmediatez e o morborelacionado co acontecemento ou suceso (relatando en case todos os casos osdetalles máis macabros/escabrosos sobre as condicións infrahumanas nas quevivían as vítimas). Con todo, o feito de que as detencións se practicasen omércores e xoves previos sen saír nada en prensa até o domingo, así como agrande similitude entre as formas de tratar a noticia nos diferentes medios, axiñapermite inferir o carácter inducido da noticia, que tería como detonante o envíodunha nota de prensa por parte da Policía Nacional o sábado 28 de marzo, día enque pasaron a disposición xudicial as 6 persoas detidas en relación á rede deexplotación sexual logo do seu arresto na Coruña en días previos. En suma,estamos ante o grupo temático máis cuberto polos medios: a trata abordada comosuceso a raíz dunha redada policial e envío de nota de prensa. Estas grandes similitudes de enfoques, fotografías, declaracións,terminoloxía e datos incluídos nos diferentes medios (que iremos debullando aolongo desta sección) tamén nos leva a conxecturar que os medios reproducen anota policial de forma bastante literal. A propia nota policial estaría en liña cunhaaxenda política interesada en destacar estas actuacións para dar conta daefectividade do Plan Integral de Loita contra a Trata de Seres Humanos con Fins deExplotación Sexual aprobado polo Goberno central tres meses antes (en decembrode 2008). É máis, boa mostra da falta de iniciativa por parte dos medios é o feitode non teren publicado nada sobre este caso nos días das detencións (practicadasentre os días 25 e 26, causando considerábel rebumbio entre a veciñanza porque,como veremos, ‘todo o mundo’ sabía o que alí había) e da liberación das vítimas darede. Xa que logo, na cobertura deste tipo de informacións os medios dependen dasfontes oficiais, sobre todo policiais: a axenda informativa funciona neste caso comoaltofalante da axenda institucional, refugando na maioría dos casos de incluír novosdatos, de contrastar con fontes expertas ou de mostrar análise ou reflexión propiasobre os acontecementos narrados. Ora ben, o feito de que a Policía saque notas de prensa ou convoque aosmedios para informar sobre a prostitución ou o tráfico de persoas con fins deexplotación sexual non é garantía ningunha de que esta información se incorpore áaxenda mediática. Este mesmo caso ofrece evidencias neste sentido, pois acomezos desa mesma semana a Garda Civil e a Policía Nacional presentaraninformes sobre a trata de mulleres para a explotación sexual ante a FiscalíaSuperior de Galicia, informando tamén aos medios, malia que estes datos apenasse converteron en información na prensa galega. 113
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Entre as excepcións destaca a TVG, que incluíu unha noticia breve (inferior a1 minuto) no Telexornal Mediodía do 26 de marzo na que alerta de que “Aumenta oconsumo de prostitución en Galiza [...] segundo o informe da Fiscalía do TribunalSuperior de Xustiza”.Logo da entradiña, a voz en off da presentadora do telexornal informa de que esedocumento “alerta de redes que captan mulleres para exercer a prostitución, sobre todo de Latinoamérica, Europa Central e Oriental. Nos últimos 3 anos a Policía Nacional e a Garda Civil identificou máis de 2000 mulleres que exercían ilegalmente a prostitución no noso país, maioría destas vítimas (o 76%) son de orixe brasileira, seguidas de romanesas, colombianas, e dominicanas. A fiscalía propón un protocolo de actuación para previr esta trata de comercio sexual.” É tamén significativo que nese mesmo Telexornal Mediodía se inclúa outrapeza breve (inferior a 30’ e consistente unicamente na sucesión de imaxesacompañadas da voz en off do propio presentador) que, se ben non se relacionadirectamente coa anterior, serve para informar de que “a Comisión Europea quere multar non só a quen obriga a prostituírse, senón tamén os clientes que estean con mulleres explotadas sexualmente. A nova proposta de lei pide ademais que non se persigan as vítimas por residir ilegalmente nun país, senón que se lles dea protección para colaborar coa xustiza. Finalmente a norma permitiría loitar contra a prostitución con métodos semellantes aos que se empregan contra o crime organizado.” Resulta evidente que este enfoque vai en liña coa axenda oficial abolicionistado Goberno español e da Comisión europea. En calquera caso, estes exemplos nonson senón excepcións, pois na prensa escrita non hai cobertura disto nos días enque ten lugar. O máximo que se fai é utilizar esta información para contextualizar anoticia publicada o día 29, e aínda así trátase dun comportamento minoritariorealizado unicamente por Xornal de Galicia (incluíndo un despece titulado “Tan só o15% das vítimas denuncian en Galicia”) e por Faro de Vigo (que no propio corpo danoticia alude á desarticulación da trama cun “Y todo ello coincidiendo con el anunciode la Fiscalía y otras instituciones de una serie de medidas encaminadas,precisamente, a prevenir la trata de mujeres”). Todo o anterior permítenos concluír que a representación deste caso nosmedios galegos débese a que houbo unha nota policial, pero que ademais tiñamorbo dabondo para convertela nun acontecemento noticioso tratándoo como unsuceso. Disto derívanse dúas lecturas: dunha banda, os datos até agoraevidenciados desvelan que en todos os casos a peza informativa está orientada aoacontecemento (e non tanto ao tema en si). E da outra banda, e a respecto doenfoque da información, cómpre apuntar que independentemente de que a secciónna que apareza incluída a noticia sexa Galicia, local, provincia, sociedade ousucesos, os patróns informativos predominantes son xustamente os da noticia desucesos. Así, abórdase o caso como un acontecemento puntual (presentado comounha sucesión de datos) en lugar de relacionalo cunha dinámica social de carácterestrutural (máis alá do que poida facelo a propia fonte policial na súa nota). Istoúltimo requiriría, por parte do medio, unha análise e contextualización máisdetallada, xunto á consulta dunha pluralidade de fontes que poidan ofrecer unhavisión máis completa. 114
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2.1.2. Fontes Outra mostra de que as noticias publicadas o domingo 29 supoñan otraslado case automático da axenda institucional á axenda mediática é o feito deque a principal e practicamente única fonte informativa utilizada no reconto dosfeitos sexa a nota policial. Esta conclusión resulta doado tirala logo de botar unhaollada comparativa aos xornais e constatar a similitude entre as formas de tratar anoticia, permitindo así inferir a existencia dun mesmo documento de partida entodos os casos. Con todo, a lectura individual dun único xornal non sempre tornarátan evidente a existencia da nota policial, pois aínda que algúns xornais si atribúendirectamente a información ás “fuentes de la investigación policial” incluíndoafirmacións como “según la Policía Nacional” ou “fuentes policiales subrayaronque”, outros diarios eluden atribuír de forma directa a información (como é o caso,por exemplo, de Xornal, que mediante esta actitude, presenta a versión da policíacomo verdade absoluta, contrastada e obxectiva). Nesta mesma liña, cómpre xaadvertir que a maioría das fotografías incluídas nas noticias do día 29 teñen comofonte a Policía Nacional. En coherencia co comportamento anteriormente descritode obviar a atribución de fontes, tamén nalgúns casos as fotografías preséntanserecortadas para lles poder eliminar o logo da Policía, e noutros preséntanse ou benasinadas polo propio xornal (XdG, en Xornal) ou ben directamente sen sinatura (enFaro de Vigo ou Atlántico Diario). O feito de que os medios trasladen de forma case automática e irreflexiva aaxenda institucional, e que por riba nalgúns casos eludan atribuír a información ánota policial, provoca que con moita frecuencia os medios fagan seu (consciente ouinconscientemente) o discurso oficial abolicionista. Este discurso é claro nautilización de determinada terminoloxía marcada na mesma liña ideolóxica, como éa expresión “esclavas sexuales”, que moitos xornais levan ao titular de páxina oude portada (ás veces, incluso sen entrecomiñar), aínda que practicamente ningúnadvirte de que se trata da expresión presente na nota policial. Tocante ao papel dos anuncios de sexo de pago en prensa, o discurso oficialtrata de sensibilizar sobre o seu papel negativo, en tanto nalgunhas ocasiónsfuncionarían como mecanismo de difusión das redes de explotación sexual. Este foio caso da Operación Cascabel, coa publicación de anuncios diariamente en La Vozde Galicia. A este respecto, o feito de que todos os diarios (a excepción,xustamente, de La Voz) aludan na noticia a que a trama desarticulada se anunciabanas páxinas dos xornais como “Etiqueta Negra” e “Gatitas”, podería entendersecomo resultado directo da transcrición da propia nota policial de xeito automático eirreflexivo por dúas razóns: a primeira, porque a maioría deses diarios incorren naactitude incoherente e hipócrita de seguiren mantendo (unhas páxinas máisadiante) este tipo de anuncios nas súas páxinas. E a segunda, porque polo xeralnon ofrecen datos concretos sobre o xornal que os publicaba, aínda que isto taménpoida deberse non só á falta de iniciativa propia para facer as comprobaciónspertinentes, senón tamén a razóns de corporativismo ou a unha actitude “solidaria”de ‘como nós tamén publicamos eses anuncios, podíalle pasar a calquera’. O únicoperiódico que explicita que era La Voz a que servía de plataforma á rede deprostitución é Xornal, afirmando que aos pisos “acudía xente tras concertar cita nunteléfono que aínda aparecía onte nun anuncio publicado no diario coruñés La Voz deGalicia”, mais isto podería deberse, sobre todo, ás relacións non fluídas que existenentre os dous grupos mediáticos. 115
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O que si fan o resto de xornais (e sorprendentemente, non Xornal) é facerpúblico que a rede, a organización, a parella responsábel da rede ou osprocesados/as anunciaban os pisos de prostitución nas páxinas de contactos baixoos nomes de “Gatitas” e “Etiqueta Negra”, polo que esta información xa estaríaincluída na nota policial (de feito, así se recoñece nalgún medio como El IdealGallego, no que claramente se afirma que “fuentes de la investigación indican quelos servicios se anunciaban en prensa como Etiqueta Negra y Gatitas confotografías de las víctimas semidesnudas”). Tocante a La Voz de Galicia, o seusilencio tocante aos anuncios contrasta coas afirmación que realizan no corpo danoticia de que as seis persoas detidas estaban “vinculadas a las firmas EtiquetaNegra y Gatitas”. Deste xeito, tal silencio podería entenderse non como resultadodunha actitude coherente, senón hipócrita, a sabendas de que era o propio xornal oque publicaba diariamente os anuncios até o mesmo sábado 28 (é dicir, até díasdespois de que se practicasen as detencións das seis persoas acusadas de prostituírmulleres). Por último, no tratamento dos anuncios pode albiscarse unha falta derigor por parte dalgúns medios: no caso da noticia de Sucesos de El Correo Gallego,ao transmitir a idea de que as propias mulleres se anunciaban voluntariamente naprensa (“los servicios de las chicas, que se anunciaban semidesnudas en prensabajo los nombres de Etiqueta Negra y Gatitas”); no caso do breve de La Región, aoterxiversar a información no propio titular, por mor da omisión de informaciónrelevante (“Liberadas diez esclavas sexuales que trabajaban en los locales EtiquetaNegra y Gatitas”); e no caso de La Voz de Galicia, por xeneralizar até o punto detratar a Etiqueta Negra e Gatitas como “firmas” en lugar de como nomes comerciaisempregados nos anuncios de contactos dos que o propio xornal se beneficiabaeconomicamente. Tamén o discurso oficial destaca como as inmigrantes son as vítimasmaioritarias das redes de tráfico sexual. Salvo contadas excepcións, como El IdealGallego, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños (co titular de portada Seisdetenidos en A Coruña por forzar a extranjeras a ser esclavas sexuales e co titularda páxina interior La Policía desarticula una red que forzaba a inmigrantes a ser“esclavas sexuales”), ou como a noticia de La Opinión (La policía desarticula unabanda que prostituía y esclavizaba a inmigrantes) reformulada como Suceso enFaro de Vigo (Desarticulada una red que prostituía hasta 20 horas al día ainmigrantes en A Coruña), a vinculación entre as redes de trata e as mulleresinmigrantes desaparece dos titulares dos outros xornais. Isto resulta certamentesorprendente, toda vez que o corpo da Policía Nacional que desarticulou a rede foi aUnidade Contra a Rede de Inmigración Ilegal e Falsidade Documental (UCRIF). Noresto de diarios que refugan de relacionar a prostitución coa inmigración desde otitular, o enfoque da noticia vai desde a énfase na desarticulación da rede (Caeunha rede que prostituía na Coruña mozas ata 20 horas o día en Xornal, Destapanuna rede de prostitutas escravas en Galicia Hoxe, ou Cae una banda que prostituíaa mujeres retenidas en pisos en El Progreso e Diario de Pontevedra) até a atenciónnas condicións de vida das mulleres, sobre todo naqueles medios que trataban ocaso como un suceso (Secuestradas en pisos ‘patera’ en El Correo Gallego, ou Diez‘esclavas sexuales’ eran retenidas por una organización en dos pisos de A Coruñaen Atlántico Diario). Certo é, non obstante, que nalgúns poucos casos menciónaseno propio corpo da noticia a relación coa inmigración e chega a explicarse como, defeito, a operación se desencadenou por labores de control de estranxeiría (ElProgreso, Diario de Pontevedra, Galicia Hoxe e Xornal). A entradiña do Diario éabondo elocuente: “La unidad especializada en inmigración ilegal de la PolicíaNacional asestó esta semana un golpe a las redes de explotación de mujeres con elarresto de seis personas en A Coruña y Abegondo, y la liberación de una decena dechicas”. 116
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Mais isto contrasta con outros xornais como La Voz de Galicia, que a máximamención a este feito quede nunha simple información descontextualizada como “lamayoría eran sudamericanas que se encontraban en situación irregular en España”. O discurso oficial tamén fai énfase nas reticencias das mulleres vítimas deredes de explotación sexual a denunciaren tanto a situación na que viven como aosseus explotadores/as, algo que algúns xornais reproducen dun xeito bastanteliteral. Como exemplo, nun despece incluído na información de El Ideal Gallegoafírmase: “Desde la Policía señalan que las víctimas de esta clase de entramados suelen ser reticentes a formular denuncia contra sus explotadores, por el gran miedo, tanto a represalias personales —a ellas o a sus familiares en el extranjero— como a las autoridades españolas, por el riesgo de ser expulsadas o deportadas.” Hai xornais (como os do grupo La Capital ou os do Grupo El Progreso) queutilizan esta argumentación para explicar a reacción dunha das mulleres liberadas,que ao ver entrar no cuarto á policía tratou de fuxir lanzándose desde unha ventádo primeiro piso. Como exemplo repetido en El Progreso e Diario de Pontevedra,sostense que “El miedo a las represalias contra ellas o sus familiares en su país de origen, así como a ser detenidas o expulsadas de España, es uno de los motivos por los que las víctimas de la banda eran reticentes a denunciar a sus explotadores. Así lo asegura la Policía Nacional, que pone como muestra de esos temores el hecho de que una retenida en uno de los pisos registrados intentó saltar por la ventada a un patio interior, a una altura de 8 metros.” Con todo, a rigorosidade aos feitos semella perderse noutros periódicos, quemesturan os argumentos de tal xeito, que acaban por presentar unha explicaciónconfusa. É o caso de Atlántico Diario, que de tanto que xeneraliza acaba caendo naimprecisión ao afirmar que “el ambiente de terror en el que vivían las diez mujeresllevó a que una de ellas, cuando vio entrar a los agentes en el piso, intentase huirdesesperadamente por la ventana”. Máis grave é o comportamento de Xornal, quechega a afirmar no antetítulo que “unha das dez mulleres explotadas tentousuicidarse pero foi rescatada por un dos policías”, por moito que posteriormente nocorpo da noticia si explique que a moza intentaba fuxir (que non suicidarse) pormedo a ser detida ou expulsada. Tamén é reprobábel o tratamento desta noticia deSucesos en Faro de Vigo, subliñando nun destacado que “Una chica saltó por unaventana en los arrestos y un agente logró rescatarla” e evitando en todo o relatoxornalístico do corpo da noticia calquera mención aos motivos polos cales a mullerretida podería ter intentado saltar pola ventá, como evidencia o seguintefragmento, recollido tamén de forma idéntica en La Opinión: “Durante el arresto de los implicados en la Operación Cascabel, una de las víctimas saltó por la ventada del primer piso en los que los detenidos la tenían recluida. La joven, según los agentes, pensó que el patio interior estaba a la misma altura que la calle, pero distaba ocho metros del suelo. Un Policía Nacional agarró a la mujer por los brazos en el último momento, cuando ya se había arrojado al vació. El agente sufrió un desgarro de fibras musculares en la zona del pectoral izquierdo.” 117
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Ao mostrar os feitos sen analizar as súas causas, a representación destesdous xornais invitaría a criminalizar a prostitución, vendo a operación policial comoun dispositivo montado contra a prostitución e a conducir ao público lector a pensarque se a muller quería fuxir da Policía (que chegaba a socorrela) sería porque algotiña que ocultar ou porque estaba a facer unha actividade ilegal. Nada máis lonxeda realidade, pois o seu exercicio libre está permitido en España. Todos os diarios coinciden en destacar o papel do axente de policía quesalvou a esta muller de caer pola fiestra, incluíndo as mesmas declaracións delentrecomiñadas (con maior ou menor lonxitude), mais sen especificar en ningúnmomento como se tivo acceso a elas. Nun sentido totalmente oposto, o que osmedios non fan é rebater as razóns nas que as mulleres basean os seus temores deexpulsión, permitíndolle á audiencia lectora saber que segundo a lei de decembrode 2008 as vítimas da trata que residan ilegalmente nun país non seránexpulsadas, senón que se lles dará protección para colaborar coa xustiza. Omáximo ao que se chega é, en El Ideal Gallego, a afirmar que o venres se tomoudeclaración ás mulleres “protegidas por el personal de Extranjería, para declararacerca de las condiciones en las que se veían obligadas a ejercer como prostitutas”. Con todo, para tomaren como única fonte informativa a nota policial, existenalgúns aspectos desconcertantes no tratamento dalgúns datos por parte dosmedios. Varios áchanse en Xornal, onde como vimos de mencionar, afírmase noantetítulo que “unha das dez mulleres explotadas tentou suicidarse pero foirescatada por un dos policías” ou onde se afirma no corpo da noticia que “o grupomontara un salón de peiteado no barrio coruñés da Sagrada Familia” (o que é unhainterpretación bastante libre dos feitos, pois a perruquería só existía fiscalmente, comesmo enderezo que os pisos de prostitución). Destaca tamén que El Progresomencione no texto de portada que “Una agente rescató a una de las chicas, queintentó tirarse por la ventana por miedo a las represalias”. Alén destes, tamén haiconfusión sobre o día en que se practicaron as detencións, que La Opinión e Farositúan no martes e mércores da pasada semana, e o resto de xornais (de entreaqueles poucos que o mencionan), sitúano no mércores e xoves. Outro dosaspectos máis desconcertantes, por reiterativo, é a confusión sobre o sexo daspersoas detidas, de forma que en varios medios se informa da detención de catrohomes e dúas mulleres, mentres noutros fai constar que as persoas detidas erantres homes e tres mulleres. O feito de que convivan as dúas tendencias nonpermitiría soster que se a información contraditorias se debe tanto a un lapsus porparte da/o xornalista do periódico en cuestión, como quizais á ambigüidade da notapolicial ou ao feito de que algún medio tomase a información directamente deaxencias, podendo radicar aí o motivo da información errónea. Os medios só se desmarcan da nota policial, afondando por iniciativa propianoutras cuestións concretas, en ocasións moi contadas. Unha delas é a xamencionada culpabilización directa que fai Xornal de La Voz de Galicia comoperiódico que se beneficia economicamente da existencia da rede de prostitución,ao servir como soporte para a publicación dos anuncios da rede que se mantiñanaté días despois das detencións. Aínda sen apuntar en ningún momento a La Voz,Atlántico Diario tamén chama a atención sobre o mantemento dos anuncios enprensa, concluíndo a súa información de Sucesos coa frase “Ayer los reclamospublicitarios continuaban publicados en las páginas de breves, aunque los teléfonosya no contestaban” (o que por outra parte, denota un intento de comprobación porparte do periódico). 118
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Aínda que implique seguir recorrendo á mesma fonte policial, o tratamentoda noticia como un suceso leva a El Correo Gallego a pórse en contacto coaXefatura Superior de Policía de Galicia para comprobar a existencia de novas deúltima hora, de forma que ao longo da peza informativa pode lerse algunhainformación extra (como a listaxe de todos os feitos delitivos que se lles atribúen áspersoas detidas) atribuídas mediante un “según matizaron a este diario fuentespróximas a la Jefatura Superior de Policía de Galicia”. Noutros casos, como Xornal ou Faro de Vigo, a información da nota policialcompleméntase cos datos dos informes presentados a semana anterior pola Policíae Garda Civil ante a Fiscalía, e que até daquela non foran susceptíbeis de seconverteren en feito noticiábel. Tamén Faro completa a nota policial para darlle untoque de localismo (isto, malia incluírse a noticia na sección de Sucesos), afirmandoque “esta misma semana salía a la luz el caso de una joven rumana que estabasupuestamente retenida en un piso de Vigo y era obligada a prostituirse en lacalle”. Con todo, nin unha nin outra información denotan toma de iniciativaningunha á hora de cubrir a noticia, senón recurso a unha información previa adisposición da xornalista. O único medio que si amosa esta iniciativa no texto escrito é, por paradoxalque semelle, La Voz de Galicia. Na información principal deste xornal inclúesecontra o final o ladiño “Asociación vecinal”, para recoller as declaracións dopresidente da Asociación de Veciños dos Mallos celebrando a desarticulación darede polas consecuencias negativas que un piso de prostitución ten para o barrio.Non é esta a única fonte non oficial á que recorre La Voz, senón que nun despeceespecífico titulado co entrecomiñado «Levaban cinco anos traballando no edificio»,dá cabida ás declaracións de máis veciños e veciñas que adornan o relato coas súasimpresións sobre as mulleres e os homes que acudían ao piso (e que mesmochegan a producir declaracións sen desperdicio, como “Y alguna vez vimos entrar aun travesti en ese portal”). Nese mesmo despece, o xornalista que asina a noticiadescribe de primeira man as características e situación do inmoble da redada. Ainiciativa propia reflectida no contido escrito da noticia complétase coa inclusióndunha fotografía de autoría propia na que se retrata a un deses veciños apuntandocara ao piso. Unha iniciativa semellante, a nivel fotográfico, si pode enxergarse doxornal El Ideal Gallego, que na noticia publicada o domingo retrata de motu propioun momento no que unha das persoas detidas entra no coche policial trascomparecer ante a xuíza de garda. Estas dúas fotografías son, como veremos, asúnicas publicadas nos medios realizadas por un/ha fotoxornalista. En definitiva, para a cobertura informativa (relativamente extensa) destecaso mostrada o domingo 29 de marzo, os medios recorreron de formapredominante á información recollida na nota policial enviada o sábado 28, día enque as persoas detidas pasaron a disposición xudicial. A iniciativa propia dosmedios para informar sobre estes feitos brillou pola súa ausencia, e nas poucasocasións que si a houbo, foi para incluír fontes non especializadas, nomeadamenteveciñais, que contribúen máis a espallar opinións do que a facilitar unhacomprensión íntegra do fenómeno da prostitución.2.1.3. Protagonistas Unha visión global sobre as noticias publicadas o día 29 permite falar dunprotagonismo compartido entre a policía, as mulleres liberadas e as persoasdetidas. Este protagonismo compartido queda en evidencia nos propios titulares dasnoticias, e así conviven os titulares que escollen enfocar a noticia en cada un dostres colectivos antes sinalados. 119
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAa) Policía A Policía adoita ser o suxeito oracional, tanto se se destaca que detivo a seisproxenetas como se se destaca que liberou mulleres. Do primeiro son exemplos ostitulares La Policía desarticula una red que forzaba a inmigrantes a ser “esclavassexuales” —páxina 3 de El Ideal Gallego, de 29 de marzo de 2009— ou La Policíadesbarata un piso de diez “esclavas sexuales” en A Coruña —portada de AtlánticoDiario, de 29 de marzo de 2009—. Pero tamén son exemplo disto outros titularesnos que, aínda sen haber mención explícita á policía, a súa presenza si estáimplícita como suxeito activo da información, e de aí Cae unha rede que prostituíana Coruña mozas ata 20 horas o día —Xornal, de 29 de marzo de 2009—,Desarticulada una banda que obligaba a prostituirse a mujeres en turnos de 20horas —El Progreso e Diario de Pontevedra, de 29 de marzo de 2009—, Destapanunha rede de prostitutas escravas —Galicia Hoxe, de 29 de marzo de 2009— ouSeis detenidos por prostituir y esclavizar a mujeres inmigrantes —portada de LaOpinión, de 29 de marzo de 2009—. Como dicíamos, estes titulares conviven con outros nos que se destaca opapel da policía na liberación das mulleres, do que sería bo exemplo o titular Lapolicía libera a diez mujeres que eran explotadas como esclavas sexuales en ACoruña —portada de La Voz de Galicia, de 29 de marzo de 2009—. De formaimplícita, a Policía é tamén suxeito oracional noutros titulares, como Liberadas en ACoruña diez mujeres forzadas a prostituirse 20 horas diarias —páxina 8 de La Vozde Galicia, de 29 de marzo de 2009—. En calquera caso, a Policía é á vez fonte eprotagonista, suxeito que fala de si mesma e do resto. Non entraría nesta definicióno comportamento de dous xornais que tratan a información na sección de Sucesosavogan por espectacularizar cos seus titulares, nos que desaparece a mención áPolicía e se destaca a situación de desolación das mulleres liberadas. Tal é ocomportamento nos titulares Diez ‘esclavas sexuales’ eran retenidas por unaorganización en dos pisos de A Coruña —Atlántico Diario, de 29 de marzo de2009— ou en Secuestradas en pisos ‘patera’ —El Correo Gallego, de 29 de marzode 2009—, este último xornal obrigando a ler o subtítulo para dilucidar a relacióncoa prostitución. Antes de máis, cómpre lembrar que este protagonismo outorgado á PolicíaNacional contrasta co comportamento dalgúns medios que, como xa sinalamos, aretratan como unha protagonista máis, ocultando que ademais diso é tamén a fonteda información. O mesmo acontece cando se inclúen as declaraciónsentrecomiñadas do policía que rescata á muller que se guindaba pola ventá, namaioría dos casos sen dar conta do xeito en que se conseguiran. Con todo, encanto protagonista, a Policía preséntase como a salvadora das mulleres “liberadas”.b) Mulleres Canto á forma de retratar as mulleres vítimas da rede, constátase unhaincapacidade para abordar a súa situación de forma complexa, máis alá dadescrición que delas ofrece a nota policial. Nesta liña, seguindo a versión policial,practicamente todos os medios coinciden en describir as condicións de vida“inhumanas” ou “infrahumanas” das mulleres liberadas, incidindo en aspectos comoa duración da súa xornada laboral de 20 horas, as dimensións de 7 metroscadrados do cuarto no que durmían todas en liteiras, a prohibición de aseárenseentre cada acto sexual ou de mudaren as sabas da cama, o feito de estarenobrigadas a non usar preservativo ou a tolerar o consumo de drogas por parte doshomes que pagaban por sexo, o permiso de saída do piso de tan só unha horadiaria, e as multas ás que serían sometidas de non cumpriren as regras. 120
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Todo isto afonda no seu papel de vítimas e conduce a unha actitude decompadecemento delas, pero como dicíamos, sen afondar na complexidade da súasituación a nivel persoal e social. En parte, porque non se lles dá voz comocolectivo (e que neste caso, que as mulleres fosen inaccesíbeis como fonte nonexime de que se puideran ter consultado outras fontes expertas ou outras mulleresque experimentasen unha situación semellante e por tanto engadisen matices ádescrición dos feitos). Na única ocasión na que se recorre a outra fonte distinta dapolicial para describir as mulleres (en La Voz de Galicia), esta fonte é a veciñanza,polo que dáse aquí un frecuente recurso a estereotipos e a destaques de datos dedubidosa relevancia de cara a favorecer unha mellor comprensión da súa situacióne da problemática da prostitución. En calquera caso, convén subliñar que maliaseren protagonistas, as mulleres non se converten nunca en suxeitos dainformación (non falan de si mesmas) senón en obxectos (é sobre elas sobre quense actúa, e son outras fontes –ben a policía, ben a veciñanza– as que falan delas enterceira persoa). En xeral, tanto se nas noticias se describen as prostitutas seguindo a notapolicial ou as declaracións veciñais, danse ocasións nas que nin sequera semenciona que son inmigrantes ilegais (aínda que tamén é certo que noutrasnoticias si se destaca, mesmo no titular), por moito que fose a Unidade Contra aRede de Inmigración Ilegal e Falsidade Documental (UCRIF) a que destapou a rede.Igualmente, e como tamén sinalamos, nalgúns xornais ofrécese informacióndescontextualizada sobre o intento de fuxida dunha das mulleres ao ver chegar ápolicía, de tal xeito que se invita a unha lectura por parte da audiencia queconsideraría ás mulleres como delincuentes que foxen das forzas policiaisencargadas de velar pola seguridade da cidadanía. Nada máis lonxe da realidade:nin a prostitución é delito, nin tampouco o é a estadía irregular (catalogada comofalta administrativa). Escasos son os xornais, por último, que aluden a que na súa condición devítimas as mulleres están “protegidas por el personal de Extranjería” (El IdealGallego). En todo caso, esta protección non adoita aparecer explicitada nincontextualizada, de acordo ao xa vixente Plan Integral de Loita contra a Trata deSeres Humanos con Fins de Explotación Sexual que prevé que as mulleres vítimasde trata, independentemente de que sexan inmigrantes ilegais, poidan formar partedo proceso como testemuña protexida, ofrecéndolles nese caso a posibilidade deobteren un permiso de residencia en España. Si aparecerá, como examinaremosmáis abaixo, nas informacións dos días sucesivos.c) Persoas detidas Tocante á información sobre os/as proxenetas, agás La Región (quesimplemente trata a información como un breve) todos os outros xornais facilitanneste 29 de marzo as iniciais das seis persoas detidas e os cargos que se llesimputan, e moitos tamén inclúen a súa idade, nacionalidade e sexo. En principio,poderíase pensar que esta información figuraría xa na nota de prensa policial, maiscómpre subliñar algúns aspectos. Tocante á identificación das persoas detidas, nonhai dúbida de que é a cabecilla da trama formábaa supostamente un matrimonio.Pero á hora de determinar o sexo do resto de persoas implicadas “que ejercíancomo mamis (madames) o encargados” (citando a nova de La Voz de Galicia), asvacilacións nos diferentes xornais son considerábeis. Algúns estipulan que aspersoas detidas eran 3 homes e 3 mulleres (incluíndo ao home e muller cabecillas),como fan El Ideal Gallego e demais do grupo La Capital, El Progreso e Diario dePontevedra, La Opinión e Faro de Vigo, así como Xornal. É máis, algúns destesxornais identifica perfectamente ás persoas polo seu sexo. 121
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Así por exemplo, en La Opinión e Faro de Vigo afírmase que as persoasdetidas son “R.G.C., nacido en A Golada; M.J.M.P, portuguesa; F.J.B.F, españolnacido en Suiza; e M.G.P.A, uruguaya”. Nos xornais do grupo El Progreso sóatribúen sexo a dúas destas persoas, “M.J.M.P, de 58 años nacida en Portugal; eF.J.B.F, español nacido en Suiza”. No entanto, en El Ideal Gallego sostense que áparte do e da cabecilla, “los otros detenidos residen en A Coruña: R.G.C., mujer de45 años [e non home]; M.J.M.P, portugués de 58 [e non portuguesa]; F.J.B.F,español nacido en Suiza; e M.G.P.A, nacida en Uruguay”. Sobre a persoa de orixeportuguesa aínda se pode engadir máis, xa que ao día seguinte La Voz de Galiciapublicará que “la policía llegó y se llevó detenida a la madama, que en el vecindarioconocen por la Portuguesa, en alusión a su nacionalidad de origen” –La Voz deGalicia, de 30 de marzo de 2010–. Pero alén deste ‘intercambio’ entre a consideración de home ou muller dedistintas persoas, destaca que noutros periódicos o cómputo total por sexo daspersoas detidas fose de 4 homes e 2 mulleres. Así fixeron La Voz de Galicia (que deforma individual, neste día 29 só especificaba o sexo dun F.J.B.F. nacido en Suíza)e El Correo Gallego (que afirmaba que “el resto de detenidos ejercían funciones deconfianza para sus jefes, ‘mamis o encargados/as’, que son quienes realmenteasumen el control de las víctimas”, e que de forma individual só deixaba senexplicitar o sexo de “R.G.C. de 45 y con residencia en A Coruña”). Ao lado disto,aínda máis sorprendente resulta o comportamento de Galicia Hoxe. A noticia ábreseneste xornal afirmando que “Axentes da Policía Nacional detiveron seis persoas –tres homes e tres mulleres– como presuntas autoras dun delito [...]”. O segundoparágrafo da noticia, non obstante, fai un reconto ben distinto a todo o aparecidonos outros xornais: 4 mulleres e 2 homes. Así, logo de identificar ao matrimonioheterosexual cabecilla, en Galicia Hoxe enúnciase que “os arrestados son [...]R.G.C., de 45 anos, natural de Agolada (Pontevedra) e veciña de A Coruña;M.J.M.P., de 58 anos, natural de Portugal e veciña da Coruña; F.J.B.F., de 32 anos,español nacido en Suíza; e M.G.P.A., de 58 anos, natural de Uruguai e veciña daCoruña”. Aínda que o abordaremos máis adiante, hai que mencionar aquí que nainformación da TVG incluída no Telexornal Serán do 30 de marzo tamén se afirmaráque as persoas detidas son “4 mulleres e 2 homes”, aínda que por razóns obviasrelacionadas co propio formato televisivo, non se facilitan datos nin se repasa deforma individual os datos persoais de cada unha delas. Xa que logo, estasconfusións e vacilacións poderían sinalar que non en todos os casos tomaron a notapolicial como fonte primaria, senón que accederon á información a través dalgunhafonte intermediaria como podería ser unha axencia (e de feito, nalgún medio anoticia figura asinada por Axencias, como trataremos máis adiante). Canto aos delitos que presuntamente se lles imputan a estas persoas, casetodos os medios recollen nalgún momento que están acusadas dun delito contra aprostitución e asociación ilícita. A coincidencia entre todos os xornais pareceríaindicar que a información está xa facilitada na nota policial, pero o certo é que asíformulados, estes cargos poden levar a interpretacións enganosas: na actualidade edesde o ano 2003 a prostitución (sen máis) non constitúe delito, senón que o delitoé o proxenitismo, isto é, a obtención de lucro a partir da prostitución doutraspersoas (logo, a partir da explotación sexual), mesmo se esa explotación se realizacon consentimento. Así pois, resultaría ben máis acaído terse referido aos cargoscomo delito de proxenitismo e asociación ilícita ou, como se fai no Local A Coruñada TVG, dicindo que “as persoas detidas están acusadas de, entre outros delitos,explotación sexual, tráfico de seres humanos e falsificación documental”. 122
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA En calquera casos, outros xornais refírense aos delitos en máis dunhaocasión con expresións máis contundentes, como “delito de forzar a extranjeras aser ‘esclavas sexuales’” (El Ideal e outros de La Capital), “delito de prostituir amujeres y tratarlas como esclavas sexuales” (Grupo El Progreso, Atlántico Diario,La Opinión e Faro de Vigo, así como El Correo Gallego). As pescudas adicionaislevadas a cabo por este último xornal fanlles concluír a noticia advertindo taménque “los miembros de la mafia desarticulada también están siendo investigados porfalsificación de documentos, delitos contra los derechos de los trabajadores yfavorecimiento de la inmigración ilegal, según matizaron a este diario fuentespróximas a la Jefatura Superior de Policía de Galicia”. Si destaca, a este respecto,que de forma explícita só Galicia Hoxe e Xornal se refiran ás persoas detidas como“presuntas” autoras de delitos. O resto de medios xa asumen, desde fases tantemperás da investigación, que a versión policial é a boa e será a definitiva.Esquecen así, por unha banda, que a deontoloxía profesional esixe gardar apresunción de inocencia até existir en firme unha sentenza xudicial. E esquecen tamén, pola outra, que por moi veraz e verídica que resulteunha versión dos feitos ,esta versión pode ser cando menos complementada (senon contrastada) por outras fontes expertas.d) Outras fontes e algunhas ausencias En definitiva, as informacións protagonízanas unha Policía que desempeñaun papel activo nos feitos e na difusión da información, unhas mulleres pasivas epasivizadas, e un(ha)s proxenetas detidos e postos a disposición do titular doXulgado de Instrución número 3 da Coruña. Mesmo no caso de La Voz de Galicia,as fontes informativas veciñais semellan convertérense tamén, en certo sentido, enprotagonistas, en tanto en canto se deixa constancia de como lles afecta a títulopersoal o asunto da prostitución nos pisos desarticulados. Falta, pois, a mención aunha parte esencial e responsábel da existencia última deste e de calquera outropiso de prostitución: os compradores de sexo de pago que responden aos anunciosincluídos nos periódicos. Dado que as mulleres tiñan que estar dispoñíbeis as 24horas do día, até non resultaría disparatado pensar que no momento en que sepracticaron as detencións puidera haber algúns nos pisos. Aquí o verdadeiramenteelocuente sería poder determinar se a ausencia dos “clientes” na información éresultado dun silenciamento consciente por parte dos medios, ou se xa existía nanota policial tomada como fonte. Porque de ser así, constituiría un comportamentonon todo o coherentemente esperábel para provir do discurso oficial abolicionista,máxime cando uns días antes a Comisión Europea debatía unha proposta de leipara “multar non só a quen obriga a prostituírse, senón tamén os clientes queestean con mulleres explotadas sexualmente” (como recollemos da voz en off do xamencionado Telexornal Mediodía da TVG, do 26 de marzo de 2010).2.1.4. Autoría Un dos medidores do nivel de especialización do xornal nun determinadotema é que a cobertura informativa a realicen profesionais expertas e expertos(que deste xeito poderán contextualizar con máis rigor os acontecementos dentrodo marco circunstancial que os explican), e que ademais se manteñan estábeis noseguimento do feito noticioso ao longo do tempo. No entanto, resulta difícil analizareste seguimento desde o momento en que, quizais por se tratar dunha informaciónpublicada a partir dunha nota policial, moitas das noticias aparecen asinadas como“Redacción” (caso de El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, Diario de Arousa,Xornal e, como cabía agardar polo seu carácter de breve, La Región). 123
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Esta non identificación da autoría é, cando menos, preocupante, pois dilúe aresponsabilidade sobre a información. O mesmo anonimato presentan outrosmedios que asinan a información como “Axencias” (Galicia Hoxe). A diferenza disto,e malia cubriren tamén a información con axencias, os xornais do grupo El Progresonon só asinan co nome da axencia concreta da que tiran a información, (quizais,por ser AGN e pertencer tamén ao mesmo grupo empresarial), senón que visibilizano nome da/o xornalista coas iniciais M.N.E. Aínda cómpre chamar a atención sobreo feito de que os catro primeiros parágrafos de Galicia Hoxe mantéñense caseinalterados en Xornal, e son tamén uns parágrafos que manteñen (con apenasalgún cambio mínimo) en El Progreso e Diario de Pontevedra. Podería ser, xa quelogo, que os catro xornais partisen do mesmo texto fonte. Os xornais nos que a/o xornalista responsábel da redacción da noticia seresponsabiliza do seu contido son Atlántico Diario (coas opacas iniciais M.O.), LaVoz de Galicia (Toni Silva), La Opinión e Faro de Vigo (Tania Suárez) e El CorreoGallego (Antonio Tojo).2.1.5. Tratamento fotográfico Das fotografías publicadas nas noticias do día 29, xa mencionamos enepígrafes anteriores que 12 dos 13 xornais que cobren esta información inclúenfotografías, entre todos eles sumando un total de 21 fotografías. Dese total, 17fotografías publicadas teñen como fonte a Policía Nacional, mentres que as outras 4restantes (unha publicada en La Voz de Galicia e a outra por triplicado nos tresxornais do grupo La Capital) foron realizadas por un/ha fotoxornalista do propioperiódico. En referencia ás fornecidas canda a nota policial, absolutamente todos osmedios seleccionan unha fotografía das liteiras nas que durmían as mulleres, e amaiores algúns incorporan tamén unha imaxe exterior do edificio rexistrado. Aterceira fotografía da Policía Nacional preseleccionada é a do patio interior doedificio ao que caería a muller que intentara fuxir pola ventá, aínda que só seincorpora esta imaxe na noticia de Sucesos de Atlántico Diario. Ora ben, a lecturaillada dun só medio non sempre permitiría discernir que a autoría das fotografíaspertence á Policía Nacional, pois tanto este último xornal, como tamén Faro de Vigoe Xornal manipulan as imaxes para lles facer desaparecer o logo da institución eabstéñense de recoñecer a fonte informativa na sinatura de pé de foto, quedesaparece no caso dos dous periódicos vigueses, e se converte en “XdG” no casode Xornal. Canto ás fotografías realizadas e publicadas por iniciativa propia do mediode comunicación, no caso de La Voz de Galicia “Kopa” asina unha fotografía dunveciño de perfil sinalando o edificio rexistrado, cun pé de foto que afirma “Unvecino señala el edificio blanco en el que vivían las prostitutas”. Certo é que omesmo contido fotográfico xa o tiñan na fotografía do edificio enviada pola Policía,o que denota un intento do xornal de mostrar a súa iniciativa e que se desprazouaté o lugar dos feitos. A fotografía de autoría propia que incorporan El IdealGallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol mostra varios furgóns de policía,un axente de costas e unha muller de perfil sendo introducida nun dos vehículospoliciais nun ambiente exterior escuro. Ao lado desta ponse, en menor dimensión, afotografía das liteiras, polo que o pé de foto indica “Una de las detenidas, escoltadapor la Policía tras comparecer antes la jueza de guardia; a la derecha, interior delas habitaciones donde ejercían las víctimas”. No espazo da sinatura especifícase:“Susy Suárez / Policía Nacional”. 124
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Non é posíbel determinar se a fotografía dunha das detidas logo de prestardeclaración foi tomada durante o mesmo sábado 28 no que se recibiu a notapolicial, ou con anterioridade a esta recepción (pois, segundo sosteñen asinformacións, as persoas detidas declararon antes dese día, no que foron postas adisposición xudicial). En calquera caso, denota un interese e tempo de dedicaciónda fotoxornalista en cuestión, que captou a instantánea deste momento concreto.2.2. Noticias publicadas nos días sucesivos2.2.1. Xénero xornalísticos Como puxemos de manifesto na análise cuantitativa (cfr. apartado 1.1.) aampla cobertura sobre este caso o domingo 29 contrasta co desinterese maioritariodos días seguintes, malia continuárense a producir avances na investigación ou nasucesión dos feitos que permitirían cualificalos de noticiábeis. Unha vez ‘caducada’a nota policial, practicamente os únicos periódicos que, por iniciativa propia,continuaron referíndose á noticia en días seguintes foi a prensa local da Coruña,nomeadamente El Ideal Gallego, La Opinión (ambos os dous nas páxinas locais) eLa Voz de Galicia (na sección de Galicia). Destaca o caso da televisión pública, xaque malia non recoller a noticia no día 29, si a reflectiu nos días 30 e 31. Éelocuente, con todo, que a noticia tivese o seu maior seguimento dentro doinformativo Local A Coruña os días 30 e 31 (o que podería levar a pensar que o 29,como xa sinalamos, non se emitiu ningunha peza relacionada do caso por nonhaber edición local). Xa que logo, fóra do seguimento nos medios locais da Coruña,que en ocasións se trasladou a outros xornais do mesmo grupo empresarial (comoDiario de Bergantiños ou Diario de Ferrol, a respecto do Ideal; ou Faro de Vigo, arespecto de La Opinión) ou a outros espazos xeneralistas da grella informativa(como o Telexornal Serán, dentro da TVG), o resto dos medios galegos nonvolveron aludir nas súas páxinas ou espazos a este acontecemento. O xénero xornalístico ao que pertencen todas as pezas publicadas na prensaescrita (La Opinión e La Voz de Galicia) o luns 30 de marzo é o de noticia. Os dousxornais recorren a diferentes estratexias informativas para facer fincapé endiferentes aspectos, polo que podería intuírse que se trata dunha información deelaboración propia e non inducida (por moito que recapitulen de novo os datos danota policial xa desvelados o día anterior). En efecto, a información de La Vozpracticamente se limita a reiterar os datos xa feitos públicos o domingo 29, aíndaque incorporando algúns matices aos que nese periódico non se lles dera cabida odía anterior (pero que si apareceran xa mencionados noutros periódicos), e taménvolvendo dedicar espazo a recoller novas reaccións de dous veciños da zona dospisos. Dentro do que son os datos relacionados co caso, este xornal ofrece dousaspectos novidosos: dunha banda, unha perspectiva económica sobre o negocio datrama que xa adianta no titular da portada do xornal (Cada una de las esclavassexuales liberadas en A Coruña daba a la trama un beneficio de 5.000 euros almes) e sobre a que tamén inclúe un destacado no corpo da noticia (“Los proxenetasrecaudaban una media de 5.000 euros al mes con cada joven explotada”); e daoutra, unha descrición do funcionamento da rede de explotación sexual e da súarelación con outros puntos do estado, que destaca no titular a catro columnas dapáxina interior (La red de prostitución de A Coruña cambiaba de mujeres cada 21días). Nun dos despeces afondan sobre ambos os aspectos póndoos amais enrelación, e así afírmase que “el beneficio obtenido por cada chica ronda los 5.000euros mensuales y basaban el éxito del negocio en el cambio constante de lasjóvenes, bajo la premisa de ofrecer variedad a la clientela habitual”. 125
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Antes de máis, cómpre desenmascarar a actitude hipócrita deste xornal encanto á perspectiva económica, pois non só refuga de mencionar que o propioxornal La Voz de Galicia contribuiría de forma indirecta a xerar eses beneficiospublicitando a rede nos seus anuncios de sexo de pago, senón que nestes anunciospublicados ponse énfase xustamente na renovación constante das mulleres. Sirvande exemplo os textos que viron a luz na sección “Anuncios por palabras” o sábado28 de marzo (p. 56), no que La Voz publica un anuncio con foto de “Etiqueta negra.Renovamos. Mulatas, nórdica, brasileñas, jóvenes”, e outro anuncio con foto no quese le “Especial fin de semana. Miau! Miau! Desde 30€. ¡Gatitas! Nuevas chicas”. Acontradición, xa que logo, non podería ser maior. Aínda dentro do xénero noticia, oxornal coruñés dedica un espazo secundario a incluír as reaccións veciñais sobre asmulleres e os consumidores de sexo de pago. Como aspecto positivo, destaca ainclusión dunha infografía de elaboración propia a cinco columnas na parte superiorda folla, que dun xeito gráfico ilustra de forma bastante literal a sucesión de datosincluídos no corpo da noticia: a procedencia brasileira das mulleres, a rotación dasmulleres por diferentes puntos do estado español cada 21 días, as dimensións docuarto das mulleres, a inexistencia física da perruquería na que se branqueaban oscartos, e a retención do pasaporte das mulleres por parte da mafia. Con todo, a impresión sobre o comportamento deste xornal é que nonafonda nos acontecementos desde unha perspectiva especializada diferente da dodía anterior mediante a realización dunha reportaxe de investigación, senón quedosifica os datos da nota policial e sobre todo reitera os datos xa coñecidos. O xornal La Opinión tamén mantén o interese no caso o día 30, neste casopara incorporar unha peza coas impresións que sobre a parella detida pola Policíaacusada de ser o cerebro da trama, ten a veciñanza de Abegondo (onde residían),destacando como titular de portada ABEGONDO. Vecinos de la pareja detenida porprostituir a inmigrantes los veían “amables”, e no titular das páxinas interiores otitular entrecomiñado “Unos vecinos de lo más normales”. Vemos así que o interesedeste xornal é o de espectacularizar, o de crear morbo e dar cabida a opinións nonexpertas que de ningún xeito contribuirán a facilitarlle á audiencia unha mellorcomprensión do caso. Simplemente como recordatorio, inclúese un despece no quese resume brevemente a información da nota policial xa presentada no día anterior. A cobertura da TVG neste luns 30 de marzo é lixeiramente diferente. Ainclusión de dúas noticias contiguas no informativo Local A Coruña supoñen aprimeira referencia da televisión pública ao caso, polo que se limitan a incluírinformación da nota de prensa, até o punto de que podería verse como resumo decalquera xornal do día anterior. En contra do que cabería agardar dun mediotelevisivo que ofrece inmediatez, a TVG vai aquí a remolque da prensa. NoTelexornal Serán dese mesmo luns 30 de marzo, con todo, si se incorporainformación novidosa, da que polas súas características se podería inferir que foifacilitada ese mesmo día por fontes policiais. A presentadora do telexornal abre anoticia afirmando que “as investigacións policiais sobre a rede de prostitucióndesarticulada na Coruña céntrase agora en saber onde están os 600 millóns deeuros que xerou o negocio”. A seguinte frase da presentadora (“Mentres, que pasacoas mulleres que liberaron, Laura?”) da pé a unha explicación da reporteira endirecto sobre a situación das vítimas da rede e á única entrevista sobre o casopublicada até ese momento, e realizada esa mesma mañá “a un dos axentes queparticipou na súa liberación”. En definitiva, na súa edición local do luns 30 a TVGinclúe dúas noticias resumo do publicado en prensa no día 29, mentres que naedición xeral posterior inclúese unha peza catalogábel de noticia e outra deentrevista. 126
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Polo tipo de datos que se facilitan, semella evidente que as dúas pezasteñen un carácter inducido, en tanto amosan unha total dependencia da versiónpolicial ofrecida ese mesmo día 30. En efecto, o carácter inducido destas dúas informacións televisivas quedaríaconfirmado pola cobertura do caso que ofrece La Voz de Galicia o día 31, ofrecendodúas pezas enfocadas cara aos dous mesmos aspectos. A primeira, unha noticia naque subliña a perspectiva económica (lembremos que xa o día 30, este periódicodestacara o ‘beneficio’ que xeraba cada muller), pero agora afirmando que “lainvestigación se centra ahora en sacar a la luz el patrimonio acumulado gracias alas actividades ilícitas, ya que la policía estima que solo los dos edificiosdesarticulados proporcionaban unos beneficios anuales de 600.000 euros”. Asímesmo, desvélase a relación da mafia con tendas de moda na Coruña, afirmandono titular que La red de explotación sexual financió varias tiendas de moda en ACoruña. (Máis unha vez, poderían tamén ter explicado como a rede tamén financiouo propio xornal, na medida en que contribuíu ás súas contas dándolle unhadeterminada contía en contraprestación polos anuncios publicados nas súaspáxinas). E a segunda peza, unha entrevista a media páxina a “Juan C., agente quesalvó a la chica que se tiró por la ventana para intentar huir de la policía”. A cobertura de La Opinión, pola súa banda, non responde tanto a uncomportamento inducido como si á iniciativa propia, pois este medio opta porseguir incluíndo as reaccións veciñais (das que tamén se fai eco Faro de Vigo,nunha versión reducida da noticia). Se no día anterior tomara a iniciativa dedesprazar un par de xornalistas a Abegondo para recoller as impresións daveciñanza sobre a parella (supostamente) proxeneta, o martes 31 opta por enviar aunha xornalista aos barrios coruñeses onde se localizaban os pisos de prostituciónpara recoller as reaccións veciñais sobre as mulleres e os clientes. Tampouco nestecaso esta cobertura ha servir para facilitar unha mellor e máis íntegra comprensióndo fenómeno, senón para afondar en detalles banais e morbosos destacados noscatro titulares entrecomiñados que chega a ter a peza: “Los clientes eran todosjovencitos”, “Mucha gente creía que nosotras regentábamos el negocio”, “Eranclientas, compraban tarjetas de teléfono para llamar a su país” e “Yo les subí loscubalibres y las cervezas durante muchos años”. A información facilitada polapolicía o día 30 (que recollera xa a TVG nese mesmo serán e La Voz o 31), aparecetratada de forma accesoria no corpo da noticia, simplemente anunciando no texto ena entradiña da noticia que a operación supuxo “la liberación de diez mujeres quetrabajaban como esclavas y que generaban en total, al año, unos ingresos de unos600.000 euros a los proxenetas”. O que si fan é levar esa información ao titular deportada (que por tanto, fará ter unhas expectativas sobre a cobertura informativaque logo non se cumpren no corpo da noticia), destacando que La red dedicada a laprostitución de inmigrantes ganó 3 millones en cinco años. A TVG volve aludir á noticia o martes 31, pero faino unicamente nadesconexión do informativo Local A Coruña e sen incluír ningún dato novo conrespecto ao que xa se tiña cuberto o luns 30. Deste xeito, o informativo local(situado na grella ás 18.45h) vai de novo arrastro das informacións publicadaspolos periódicos desde a mañá e tamén da información que a propia televisiónpública sacara xa o día anterior no Telexornal Serán, até o punto de que o que seemite é literalmente unha versión reducida desa mesma información do telexornal.Chegada a este punto, a audiencia recibiu información contraditoria sobre esesuposto patrimonio da rede, que a TVG cifrara o luns 30 en 600 millóns de euros, eque La Opinión e La Voz sitúan o martes 31 en 600.000 euros ao ano (levando a unbeneficio de 3 millóns en cinco anos, como avanzara La Opinión en portada). 127
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Malia poder advertir o seu erro de cotexar a prensa esa mañá, a televisiónpública mantén a cantidade errónea o martes 31, día en que se segue insistindoque a rede tiña un patrimonio de 600 millóns de euros, unha contíaesaxeradamente desorbitada (próxima aos 100 mil millóns das extintas pesetas). Só El Ideal Gallego (nunha noticia reproducida integramente en Diario deBergantiños e de forma resumida en Diario de Ferrol) informa o día 31 sobre aevolución do caso nos xulgados, nunha peza que pode considerarse crónica xudicialen estado puro. Sen recorrer a reaccións veciñais, e sen presentar comoincontestábeis os novos datos facilitados pola Policía en relación ao patrimonio fiscalda rede, os xornais do grupo La Capital titulan a información cun La jueza envía aprisión a los seis detenidos por la red de prostitución, enfoque que xa adiantaran nobreve titular de portada Envían a prisión a los seis detenidos por la red de trata deblancas. Tras estes dous días de noticias nos medios locais, só La Voz de Galiciacontinuará ofrecendo máis informacións sobre o caso nos días sucesivos. Omércores 1 de abril, este xornal inclúe nas páxinas interiores da Sección Galiciaunha nova peza informativa que consta de dúas partes: a superior, para dar contada detención doutros dous homes en relación á rede, interceptados pola PolicíaNacional cando saían dunha sucursal bancaria logo de retirar cartos dunha caixa deseguridade (aínda que en ningún momento se ofrece información sobre os delitosque se lles imputarían a estas dúas persoas, que fican sen identificar); e a inferior,para incluír máis reaccións de persoas próximas á parella detida consideradacabecilla da trama, en concreto das empregadas das tendas de moda que, segundoLa Voz do día 31, se financiaran grazas á rede. O domingo día 5 de abril, e xusto unha semana despois de que a prensagalega cubrise extensamente o caso da desarticulación da rede, La Voz de Galiciaanuncia no titular de portada que La presión policial sobre los clubes y la crisisdesvían la prostitución hacia pisos. Nas páxinas 4 e 5 dá cabida a unha reportaxede investigación sobre a prostitución en Galiza, xurdida por iniciativa propia doxornal, podendo afirmar que esta reportaxe constitúe a única peza xornalística deinvestigación á que deu lugar o caso da desarticulación da rede. Polas súascaracterísticas en canto a xénero, enfoque, espazo, fontes e protagonistas, estareportaxe si buscaría ofrecer unha comprensión máis íntegra sobre o fenómeno daprostitución na comunidade galega, como tamén evidenciaría a inclusión dunencabezado xeral en ambas as páxinas co tituliño “CHEQUEO A LA PROSTITUCIÓN”. Areportaxe tamén aparece contextualizada e relacionada co que foi a noticia dadesarticulación da rede, até o punto de que a propia redacción da peza na páxina 4comeza con estas palabras: “El reciente desmantelamiento de varios pisos en A Coruña donde se ejercía la prostitución en condiciones casi de esclavitud para las chicas ha vuelto a poner sobre el tapete este fenómeno. La operación apunta también hacia una tendencia constatada por varias fuentes y que ha ido trasladando paulatinamente la actividad desde los clubes diseminados por toda Galicia a los pisos camuflados donde las prostitutas ofrecen sus servicios.” Os diferentes ladiños, destacados e despeces da primeira páxina permitenconstatar dunha simple ollada a pluralidade de enfoques sobre a prostitución queconviven na reportaxe, así como a inclusión de distintos matices e tendencias dofenómeno: a galeguización da prostitución, o exercicio da prostitución por vontadepropia, a reflexión sobre o que pode considerarse liberdade de decisión á hora deprostituírse, a explicación sobre o status xurídico actual da prostitución, así como odebate sobre a regulación ou abolición. 128
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A páxina 5 dedícase integramente a recoller as impresións de tresprostitutas cuxas circunstancias contextuais semellan moi próximas ás dasliberadas pola policía uns días antes. Tras o titular «Mi marido no sabe que meprostituyo por las tardes», inclúese un subtítulo no que se adiante que “Tresmujeres brasileñas que trabajan en un piso de A Coruña exponen sus razones ydemontan algunos mitos”. Efectivamente, nas súas declaracións estas tres mulleresofrecen unha opinión que difire en bastantes aspectos da que a Policía transmitiuaos medios ao longo da semana anterior, e que moitos medios fixeron súa epresentaron non como unha versión máis, senón como feito incontestábel. Deste xeito, La Voz de Galicia é o único xornal que aproveita osacontecementos recentes para volver “a poner sobre el tapete este fenómeno”,tratando de ofrecer unha comprensión máis plural e meticulosa da prostitución(cuxo contido examinaremos, con detalles, nas seccións vindeiras). Ora ben, e pormoito que resulte redundante, convén insistir en que un aspecto que continúaausente da axenda de La Voz é o do papel que os anuncios na sección de contactospoden ter sobre as redes de prostitución e sobre o funcionamento dos pisos, quedebido á súa semi-clandestinidade adoito dependen das seccións de contactos dosxornais para dárense a coñecer.2.2.2. Fontes A diferenza do acontecido nas informacións publicadas o día 29, na que ocarácter inducido da noticia provocara que todos os medios recorresen como fonteúnica á nota policial (tanto se efectivamente a atribuían coma se non),19 nos díassucesivos constátase unha presenza de fontes definida por unha maior pluralidade. Deste xeito, continúa a dependencia das fontes policiais nalgunhas noticias,e así por exemplo, o día 30 La Voz de Galicia atribúe até tres veces os datos a“fuentes cercanas a la investigación”, o día 31 afirma que “la policía estima que[...]”, e o día 1 de abril recorre a “fuentes del entorno de la trama”. Tamén o fai aTVG no Telexornal Serán do día 30 e no Local A Coruña do día 31, afirmando que ainvestigación se centra en descubrir onde están os “600 millóns [sic] de euros quea rede ten, segundo fontes policiais, de patrimonio”. Outro exemplo obvio é aentrevista ao policía Juan C., que tanto a TVG como La Voz publican en díasconsecutivos. Ao lado da policial, tamén se recorre a outras fontes institucionalcomo a xudicial, e así El Ideal Gallego e os outros xornais do grupo La Capital citano auto da maxistrada de garda que abriu dilixencias sobre as persoas detidas. Nun grupo totalmente distinto cómpre encadrar o tipo de fonte informativamáis numerosa nas noticias publicadas nos días sucesivos (nos xornais La Opinión eLa Voz) é a da veciñanza. Se xa o día 29 La Voz de Galicia incluía as reacciónsveciñais (sendo daquela o único xornal en facelo), o día 30 volve incorporar undespece completo para dar cabida a máis impresións de dous veciños do barrioonde se desarticularon os pisos, “Juan Antonio, un vecino de la zona”, ou“Florentino, del establecimiento que ocupa el bajo de la casa”, e o día 1 de abrilcontinúa con esta estratexia informativa, incorporando baixo o epígrafe “Reaccionesde otros afectados por la trama” as declaracións das empregadas das tendas demoda que, segundo afirmaba o xornal, se financiaran cos cartos ilícitos da trama.19 La Voz de Galicia, ademais, incluía como fonte informativa as testemuñas dalgúns veciños e veciñas. 129
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Tocante ao xornal coruñés La Opinión, toda a cobertura do caso que fai nosdías sucesivos á descuberta da rede se basea en construír pezas informativasconstruídas principalmente a base de declaracións veciñais: o día 30, das e doshabitantes de O Penedo, en Abegondo (onde residía a parella considerada cabecillada trama) o día 31, das e dos veciños dos barrios onde se localizaban os pisos. Odiscurso está así ateigado de atribucións do tipo “explica la dueña de una tienda dela calle San Sebastián”, “Nélida Díaz, que regenta Retales Lody en la calle San Luisdel barrio de Os Mallos”, “Juan Antonio Martínez, propietario del local Marte”, e“Claudio López”, propietario dun bar ao que as mulleres acudían con frecuencia.Como xa temos sinalado, a recorrencia excesiva ás fontes veciñais non fai senóndestacar o detalle e a curiosidade (decote con pinceladas morbosas) e darllecategoría de feito importante, contribuíndo á espectacularización da prostitución enlugar de á súa comprensión como un fenómeno complexo. Neste sentido, e pormoito que as declaracións aparezan entrecomiñadas, este tipo de noticias teñen ograve risco de reproduciren o que as fontes veciñais inexpertas afirman dándoo porbo e sen comprobar a súa certeza, albergando así a posibilidade de que sepropaguen feitos inexactos, cando non directamente falsos. Nun grupo próximo ao veciñal está o das familiares das persoas detidas, enespecial das consideradas cabecillas da rede. A elas recorren tanto La Voz deGalicia o día 31 (“«No es ni la mitad de lo que se está diciendo», aseguraba ayer lamadre de Rodríguez Parga en la casa de Abegondo)”, como La Opinión na noticia dodía 30, co destacado “La madre de la detenida excusó la ausencia del matrimonioindicando a los vecinos que se encentra de viaje” e afirmación no corpo da noticiade que “ ‘Mi hija se fue de viaje’, respondió la madre de Maira a una vecina queacudió el sábado a preguntar por ella”. Non debe pasar desapercibido, con todo,que no caso de La Opinión chégase a entrecomiñar e a poñer en boca da nai dadetida unha afirmación que o par de xornalistas que asinan a noticia nuncachegaron a ouvir, senón que esa afirmación teríalla feito, supostamente, a nai dadetida a unha veciña o sábado 28. Xa que logo, en La Opinión mesmo se dá porboa unha afirmación que a/o xornalista non pode certificar que se chegase aproducir, o que constitúe unha considerábel falta de rigorosidade e responsabilidadeprofesional. A reportaxe a dobre páxina publicada por La Voz de Galicia o día 5 mereceunha análise diferenciada, en tanto nela conflúen unha pluralidade de fontes queachegan distintas perspectivas sobre unha mesma realidade, deste xeitofavorecendo por parte da audiencia unha comprensión máis matizada do fenómenoda prostitución. Na páxina 4 da reportaxe, por un lado recórrese como fonte áPolicía, que constata a galeguización da prostitución coa crise, desvela asdificultades de levar a cabo intervencións en pisos pola inviolabilidade do domicilio,e explica como a maior parte das inmigrantes que se prostitúen non o fan contra asúa vontade, senón que “prefieren estar así porque no tienen otra salida”. Por outrolado, incorpórase a versión dos “empresarios y profesionales” (que se queixan deque coa crise baixaron os ingresos), de “Fuentes de Anela, la patronal que agrupa alos locales de alterne” (que xustifican regularización da prostitución e aseguran alegalidade da actividade empresarial dos bordeis), e mesmo dun propietarioconcreto dun bordel (“Barreira, propietario del Complejo La Fuente, en Bergondo”).O contrapunto a isto ofréceno fontes expertas como “colectivos que ayudan a lasprostitutas” e “un portavoz [sic] de la asociación Alecrín, con décadas deexperiencia en la ayuda a prostitutas en Galicia”, que ofrecen exemplos dascondicións de vida denigrantes das mulleres prostituídas, a nivel físico e psíquico, eavogan pola abolición. Tamén fonte experta é o avogado Víctor Espinosa, a quen seconsulta para que explique o réxime xurídico actual a propósito da prostitución nundespece titulado “Una práctica legal, pero rodeada de otras actividades punibles”. 130
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Na páxina 5, a reportaxe inclúe como fonte a tres prostitutas que falan dasúa propia experiencia, propiciando así (no que será a única ocasión en toda acobertura informativa do caso) que as mulleres se convertan á vez en fontes esuxeitos protagonistas da peza.2.2.3. ProtagonistasA tríada protagonista das noticias publicadas o día 29 (policía-proxenetas-prostitutas) semella experimentar un lixeiro cambio na cobertura informativa dosdías sucesivos, pois o protagonismo da policía esvaece a medida que aumenta odas mulleres e o dos proxenetas, e a medida tamén que aparece de esgueira unnovo protagonista: o cliente. Nos tres últimos casos, porén, os/as protagonistaseríxense en obxectos (e non suxeitos) das informacións. Tratemos de formapormenorizada cada un destes catro grupos.a) Policía Respecto á policía, o protagonismo limítase ao que obtén o axente Juan C.nas entrevistas da TVG e de La Voz (xornal onde o presentan como un “auténticohéroe para una de las diez esclavas sexuales liberadas la semana pasada”) e ainstitución policial que detén a dous homes máis cando saían dun banco coruñés(en La Voz do 1 de abril).b) Persoas detidas Respecto ao protagonismo que adquiren as persoas detidas en certasnoticias dos días seguintes á súa posta a disposición xudicial, hai dous elementosdestacábeis por riba de todo: o primeiro, que haxa algunha peza dedicadaintegramente a falar das dúas persoas consideradas cabecillas da trama (LaOpinión, do 30 de marzo de 2009); e o segundo, que haxa dúas cabeceiras deprensa (La Opinión e La Voz de Galicia) que a partir do luns 30 publiquen xa o seunome completo, “Miguel Ángel Rodríguez Parga, de Abegondo, y su mujer MayraMirquella Castellano Román, de la República Dominicana”, isto é, ao día seguinte deque se coñeza que pasan a disposición xudicial, e meses antes de que se ditesentencia. Pero a súa presunción de inocencia non só viola facendo públicos os seusnomes, senón que o día 30 La Opinión vai máis alá para localizar a súa casa deAbegondo (describindo a súa ubicación, características e mesmo incluíndo unhafotografía), identificar os seus veciños e veciñas e revelar datos da súa privacidadefamiliar, como que tiñan unha filla, que se instalaron alí hai cinco anos ou que eran “una pareja amable y agradable, que no llamaban la atención. Ella cuidaba de la hija en común y de la casa –que dispone de varias construcciones, un pequeño invernadero y un corral con gallinas– mientras él se trasladaba a la ciudad a trabajar, aunque ningún vecino, incluso los que tuvieron una relación más estrecha con él, conocía su profesión [...] Ayer, la casa estaba vacía y el único coche del que disponía el matrimonio –un turismo Kia familiar de color plateado– se encontraba aparcado en el interior de la finca, junto a una moto.2 Este mesmo xornal continúa a violar a presunción de inocencia do home daparella (a quen curiosamente pasa a considerar principal acusado, malia que atéeste momento a información policial considerara que a parella era cabecilla datrama a partes iguais). 131
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Así, o día 31 comézase o texto do corpo da noticia coa descrición física dosuposto proxeneta: “Miguel Ángel tiene 41 años, ojos verdes y siempre lleva gorrapara ocultar una calvicie que no pega con su imagen rockera”, nunha noticia quetamén recolle de forma resumida o xornal vigués Faro de Vigo na súa sección deSucesos. A quen se preguntou para obter esta información do presunto proxeneta,ou se a descrición é froito da observación directa da xornalista, é algo que enningún momento se desvela. O xornal La Voz de Galicia, pola súa banda, tamén vulnera o dereito ápresunción de inocencia deste acusado, ao identificalo o día 31 como propietariodoutros negocios na cidade da Coruña (“entre ellos las tiendas de moda BonitaEres, con establecimientos en las calles Barcelona y Ramón y Cajal”) e afirmar concontundencia e sen atribución a ningunha fonte que esas tendas se financiaban coscartos da trama desmantelada. Na reconstrución dos feitos que presente esemesmo día, este xornal dá cabida a todo tipo de especulacións, pondo afirmaciónsen boca de fontes totalmente anónimas, co perigo que isto comporta. Asíatopamos, por exemplo, que “la actividad del proxeneta, no obstante, seremontaría a mucho antes, ya que personas del entorno sostienen que el propioinmueble de la calle San Sebastián ya fue adquirido con el dinero que ingresó enotros dos locales de alterne”, ou que “Las cantidades acumuladas al margenservirían, según se cree, para adquirir propiedades, fondos y realizar inversiones”.O día 1 de abril, La Voz de Galicia recorre a persoas próximas ao acusado paracompletar a súa descrición, igual que fixera anteriormente La Opinión. No caso deLa Voz de Galicia, porén, non se recorre á veciñanza de Abegondo, senón ásempregadas das tendas de moda antes sinaladas: «Es increíble, no me lo puedo creer, no me lo creo, no puede ser verdad», eran las frases más repetidas por las trabajadoras, que nunca sospecharon nada de su jefe, una persona que, aseguraron, se había destacado por la amabilidad y buen trato con sus empleados, a los que tenía contratados legalmente. [...] «Yo no puedo decir nada malo de él, porque mentiría; al contrario, siempre me trató bien», repetía una de las trabajadoras. En suma, tanto La Opinión como La Voz de Galicia tomaron os datos da notapolicial como definitivos e incuestionábeis, e a partir de aí utilizaron a súa iniciativapropia para afondar na vida privada das persoas encausadas (especialmente ohome da parella considerada cerebro da trama) criminalizándoas antes do veredictoxudicial. Un aspecto para a reflexión sobre o tratamento das persoas detidas, é quea penas se afonda nos detalles das outra catro persoas detidas acusadas de serenas encargadas dos locais, e toda referencia a isto limítase a un pequeno despece enLa Voz de Galicia do día 31 titulada Las «mamis» cobraban en función del númerode servicios realizados por las chicas, hasta 20 al día, no que apenas se informa deque “las «mamis» o «madames» cobraban un fijo, pero también recibíancomisiones en función del número de servicios realizados por las mujeres en suturno de trabajo, hasta 20 al día por chica en algunos casos”. Só o periódico El Ideal Gallego (e por extensión, Diario de Bergantiños eDiario de Ferrol) amosa un comportamento máis responsábel, aténdose a continuarofrecendo tan só as iniciais, tratando ás persoas de ‘presuntas’ proxenetas,cinguíndose á información xudicial e detallando os delitos dos que están acusadas eacusados neses momentos: “la jueza abrió diligencias penales contra ellos pordelitos de prostitución, contra los derechos de los ciudadanos extranjeros y deestafa y falsedad documental”. É moi significativo que estes tres xornais faganexplícito contra o final da súa información do día 31 de marzo que “corresponderádesde ahora a la instrucción 2 determinar si, como apuntaba la investigación de lapolicía, era el matrimonio por [sic] M.A.R.P., abengodés, y M.M.C.R., procedente dela República Dominicana, el que encabezaba la red”. 132
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAc) Mulleres Respecto ás mulleres, como dicíamos seguen a ser protagonistas obxecto (enon suxeitos) en canto que son outras persoas as que falan delas. Pero a diferenzado primeiro día, a súa descrición non só responde á visión da Policía, senón que LaVoz de Galicia e La Opinión (non así El Ideal e outros xornais de La Capital)outorgan un lugar destacado á súa descrición por parte de veciñas e veciños, o cal,como é de esperar, tradúcese en que feitos puntuais se presenten comoxeneralizacións, e en que cuestións absolutamente banais se presentan comorelevantes. Disto é exemplo a descrición que delas se ofrece en La Voz o día 30,presentándoas como “chicas, todas «jóvenes y muy guapas: de lo bueno, lo mejor» comentaba un vecino, pero «cambiaban continuamente, cada dos o tres semanas». En su mayoría eran sudamericanas, pero «también hubo alguna rusa» confirma Juan. Regenta un negocio en la zona y asegura que «nunca dijeron nada de si las trataban mal o si no las dejaban salir, pero sí les oí alguna vez que solo tenían diez minutos» [...] «Ellas no daban problemas [...]»”.En cuestións do mesmo estilo incídese ao día seguinte en La Opinión: “«Todos lo sabíamos, hace cinco años o así que estaban ahí, pero no daban problemas. Las chicas eran majísimas, casi todas suramericanas, alguna del Este. Y en los últimos tiempos más jóvenes aún. Yo hablaba con ellas, me venían al kiosco y no me comentaban nada de su vida, explica la dueña de una tienda»”.No mesmo xornal, que como sinalamos o día 31 dedica case unha páxina a incluíras reaccións veciñais ao caso, ponse en boca doutro veciño: “Yo les subí las copas muchos años. Tenía un bar y me pedían cubalibres y cervezas. También café, pero me pedían la leche fría porque decían que tenían poco tiempo. Hacían mucho gasto y no tenías problemas para cobrar. Como entré varias veces, sé como era el piso [...]. Eran muy saladas y agradables. Fregaban las escaleras y el portal”, dice Claudio López. Vemos, en todas estas declaracións, como as veciñas/os insisten en rebaterque as mulleres fosen un problema sen que ninguén llelo insinuase previamente,polo que esta insistencia viría a constar que no inconsciente si está ancorada aidentificación das mulleres prostitutas como delincuentes ou persoas problemáticas,(e de aí que queiran deixar claro que este caso é unha excepción). Sobre asmulleres tamén fala Juan C., o policía entrevistado en La Voz e na TVG, que incidenas súas declaracións en estilo directo nas razóns que levaron a unha das mulleresa intentarse guindar pola ventá, así como no feito de que por seren vítimas de tratason testemuñas protexidas. Incluíndo estas declaracións, na noticia da TVG noTelexornal Serán do 30 de marzo chega a reiterarse até tres veces estainformación, tanto por parte da reporteira do directo (que abre a súa intervenciónafirmando que “son mulleres obxecto de delito de explotación sexual, atópanse enparadoiro descoñecido porque son agora mesmo testemuñas protexidas. Ademais,pola súa colaboración coa xustiza os axentes vanas axudar a regularizar a súasituación no país”) como por parte da voz en off que pecha a noticia (“as mulleresestán agora en paradoiro descoñecido, e pola súa colaboración coa investigación epola súa condición de vítimas, terán todas as facilidades para quedar legalmente enEspaña”). Convén sinalar, non obstante, que en ningún momento da peza doTelexornal Serán se chegara a dicir que as mulleres eran inmigrantes. 133
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA E aínda que por suposto que, chegado este punto, a audiencia o pode inferir,isto non quita que unha construción lóxica da peza si debera ter ofrecido estainformación. Con todo, a descrición máis completa das mulleres ofrécese na reportaxe deinvestigación publicada en La Voz de Galicia o día 5 de abril. Na primeira páxina, ocolectivo feminista Alecrín explica a “síndrome de la rana cocida”, isto é, o procesode alienación que sofren moitas mulleres que se prostitúen até o punto de acabarenanuladas como persoas e de aceptaren a situación de violencia como normalidade;e tamén as fontes policiais dan algunhas pistas sobre o tráfico de mulleresinmigrantes, desvelando que moitas chegan ao país aceptando voluntariamente, exa de antemán, teren que se prostituír (aínda que enganadas sobre as condicións eretribucións), por non disporen doutra saída profesional nin vital. Porén, é nasegunda páxina da reportaxe onde as mulleres se converten, por vez primeira, enfontes e protagonistas do relato ao mesmo tempo. Toda a páxina 5 do xornal estádedicada integramente a darlles voz a tres mulleres para falaren da súa experienciacomo prostitutas, encadradas no titular «Mi marido no sabe que me prostituyo porlas tardes». Entre os moitos aspectos interesantes e importantes sobre os queamosan o seu parecer, está tamén o da suposta “explotación” na prostitución, queunha delas relativiza ao explicar que cando deixara de prostituírse para ter outrotraballo “«me pagaban 600 euros por un empleo de camarera trabajando diezhoras». El contrato, claro, no era de diez horas, y entonces surge la pregunta delmillón: ¿Quién es realmente el explotador?”. Preguntadas polo xornalista,manifestan o seu punto de vista sobre outros aspectos, como as condicións dospisos desmantelados: “De la operación contra los pisos de A Coruña se han enterado, pero no mucho. No han visto las fotos de la habitación donde dormían las chicas, con seis literas apiladas en un pequeño espacio, pero no se inmutan cuando se lo explico: «Yo he dormido en sitios peores –dice Lalita– y he pasado mucho frío. Cuando no estás entás en tu casa, ya sabes que no estás en tu casa y lo que no vas a hacer es dormir en la habitación en la que trabajas. Eso no me impresiona».” Hai un asunto, porén, sobre o que a contundencia do xornalista podería sermaior, en aras de facilitarlle á audiencia unha comprensión máis veraz sobre asituación das mulleres: a diferenza entre a prostitución (práctica legal) e oproxenitismo (puníbel). Na descrición, as tres mulleres preséntanse comoprostitutas que exercen voluntariamente a prostitución nun piso que comparen.Mais nun momento afírmase “«Hace unos años había meses de cinco mil quinientos euros», recuerda Talita. Ahora, dos mil quinientos es un mes estupendo. Podía ser más, claro, pero la mitad es para el dueño del piso: «Tiene muchos gastos: la electricidad, el gas, los anuncios...», justifica María. Hay cosas que no cambian.” En efecto, se a metade do que gañan as mulleres é para o dono do piso,posibelmente estemos ante un caso de proxenitismo, en tanto que ese dono do pisose beneficia da explotación sexual de terceiras persoas. O “hay cosas que nocambian” co que o xornalista pon a guinda final á frase, e ao que sen dúbidacómpre dar a benvida como guía de lectura para a audiencia, podería ser moitomáis explicativo e didáctico, para destacar como se trata dun caso enmascarado deproxenitismo, aceptado pola mesma persoa que se explota sexualmente. Aínda queloxicamente a persoa que aluga un piso deberá pagar unha renda mensual, non élóxico que esa renda sexa variábel e se calcule en función dos cartos xerados polaactividade que nel se realice. 134
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Algo que tamén se bota de menos nesta reportaxe a dobre páxina é acaracterización máis rica das persoas que compran e consumen sexo de pago, quesó menciona tanxencialmente unha das mulleres cando destaca a hipocrisía socialreinante, pois “«[...] los que más nos critican con los que luego nos llaman y vienen a estar con nosotras». El viejo asunto de la doble moral. «Por aquí no tanto, pero por los clubes pasa todo el mundo. Pasa el peón, pasa el ingeniero y pasa el propietario», concluye Pamela.” Xa que logo, para que o tratamento xornalístico fose máis equilibrado avisión das mulleres sobre elas mesmas, en tanto que prostitutas, poderíacomplementarse coa visión dos homes sobre eles mesmos, en tanto que clientes.De o facer, quizais se acabase incluíndo un despece cuxo título admitise que «Miesposa no sabe que voy de putas por las tardes» ou mesmo «Mi esposa no sabeque por las tardes consumo sexo de pago». Sen dúbida, constituiría un bo xeito decontrarrestar a visión negativa sobre as mulleres que se desprende do titularprincipal da páxina, afianzando aínda máis a idea de que son todas unhasmentireiras, pois “a ellos no les gusta, pero si hay que contar una mentirijilla, secuenta y ya está”. Aínda máis, conviría tamén preguntar, pois, se as explicaciónsque dan os homes ás súas parellas sobre as súas ausenias (durante as calespagarían por ter sexo nestes pisos) non constitúe tamén unha sorte de“mentirijilla”. Isto é, por cada mentira que conta unha das brasileiras entrevistas,produciríase probabelmente unha mentira nos homes (cando menos nos que teñencon responsabilidades familiares), aínda que esta relación fica obviadacompletamente nesta peza.d) Homes Esta caracterización dos clientes como protagonistas do relato si se atopa,non obstante, na peza xornalística publicada en La Opinión o día 31 e baseada porcompleto en recoller declaracións das veciñas e veciños sobre o trafego dos pisos.Isto constitúe un aspecto innovador a respecto das noticias que viran a luz odomingo 29, aínda que o protagonismo dos ‘clientes’ (aínda que ao igual queacontecía coas mulleres) sexa como obxectos (e non suxeitos) das informacións.Esculcando esa peza, o seu titular é para un entrecomiñado a catro columnas noque se afirma “Los clientes eran todos jovencitos”, extractado das afirmaciónsdunha veciña “que asegura que ninguno de los clientes superaba los treinta años”.No que é o corpo da noticia, continúase con entrecomiñado máis que logo seatribúe a outro veciño: “«Los clientes tenían entre 20 y 23, muy jovencitos. Subían del Orzán de madrugada y hasta hacían cola a veces. Lo peor era que iban muy borrachos y luego armaban escándalo o meaban, y ya se llamó a la policía varias veces.», explica un trabajador de un negocio casi anexo.Na mesma liña describe unha veciña aos mozos compradores de sexo: “Nélida llamó en muchas ocasiones a la policía debido a los ruidos que salían del piso de arriba, de madera. “La policía me decía que no podía hacer nada porque era un piso privado y no podían acceder. Pero cuando había una despedida de soltero el ruido era tremendo”, afirma Nélida.” 135
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Ademais da curta idade dos consumidores de sexo e mais do seu carácterincívico, o terceiro elemento que se destaca dos clientes é o da ‘necesidade’urxente de sexo que en ocasións experimentan. Así, outro dos veciños dos que seinclúen declaracións relata como “Un día vi a un hombre dando vuletas por la calleuna hora hasta que paró y me dijo: ‘¿Dónde está el puticlub, que vengo de allí y mehan entrado ganas de nuevo y no sé volver?’, relata José Antonio”. Malia que deforma totalmente tanxencial, esta necesidade de satisfacer un apetito sexual taména menciona un veciño cuxa imaxe e declaracións se recollen na primeira pezaemitida na TVG no Local A Coruña o día 30, aínda que sen liñas de crédito que oidentiquen: “Eu.. vexo os fines de semana cando veñen os chavales ou eso, eveñen por aí, e ás veces me preguntan, onde hai”. En conclusión, contra do comportamento habitual de que os clientesdesaparezan dos relatos sobre prostitución (como acontecía, por exemplo, odomingo 29), neste caso o xornal La Opinión si os converte en protagonistas, aíndaque cómpre preguntarse se isto resultaría froito dunhas preguntas concretas que axornalista realiza ás veciñas e veciños de quen se extractan información (pois nanoticia o eu autorial fica invisíbel), ou simplemente froito da casualidade de estarante unhas fontes veciñais ávidas de dar detalles de calquera tipo. Amais, contra atendencia frecuente de culpabilizar ás mulleres prostitutas e comprender aos homescompradores de sexo, na descrición que ofrecen as veciñas e veciños e que recolleLa Opinión (e en menor medida, a TVG), as mulleres preséntanse como as boas dapelícula que non molestan nin causan problemas, e os mociños compradores desexo vense como os malos que crean balbordo e ocasionan molestias. Esta aceptación das mulleres que se prostitúen en pisos (ao contrario dasque o fan en clubs, cuxas luces de neón incomodan ao paso polas proximidades; oudas que o fan na rúa, cuxa presenza decote se cataloga como escándalo público)traduciríase tamén nunha aceptación maior deste tipo de prostitución. Nesta liña,na mesma peza de La Opinión do 31 de marzo, a entradiña anterior ao títulocomeza afirmando que “Los vecinos de las calles San Luis y San Sebastián afirmanque ‘todos’ sabían de la existencia de los pisos donde se ejercía la prostitución ensus barrios”, e de feito, convivían con esa actividade sen maiores problemas.2.2.4. Autoría Dada a iniciativa propia que se atopa detrás de boa parte destas pezasinformativas, visibilizar a autoría da/o xornalista responsábel da redacción constitúeun comportamento especialmente desexábel. Igualmente sería esperábel quenaqueles medios que en días sucesivos cobren diferentes aspectos doacontecemento, fose a mesma persoa quen fai un seguimento e actualización dosaspectos noticiábeis. Con todo, isto non sempre acontece, do que o exemplo de LaVoz de Galicia é mostra paradigmática. Aínda que neste xornal o xornalista ToniSilva asinaba a noticia do domingo 29 (na que eminentemente se segue a notapolicial, mais incluíndo tamén declaracións da veciñanza), non deixa de resultarsorprendente que as información de iniciativa propia publicadas os días 30 e 31 demarzo aparezan asinadas como “Redacción”, incluíndo sinatura tan só na parte daentrevista ao axente de policía Juan C. (realizada por R. Domínguez). As noticias dodía 1 incorporan sinatura: a noticia sobre a detención de dous homes máis enrelación á trama cóbrea E. Mouzo (que é o responsábel de Sucesos e que até agoranon asinara ningunha outra noticia sobre este tema), mentres que as entrevistasveciñais realizadas na rúa veñen asinadas por T.S. (intuímos que Toni Silva, quencubrira a noticia o día 29) e por R.D. (de novo inferimos que se tratará de R.Domínguez, quen asinara a entrevista do día anterior). A reportaxe extensa deinvestigación publicada o domingo 5 de abril ten un outro autor: Jorge Casanova. 136
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Máis coherente semella o comportamento de El Ideal e Diario deBergantiños, que malia comezar sen asinar a noticia a partir da nota policial do día29, desde entón conta coa xornalista A. Barbadillo que se responsabiliza coa súasinatura de todas as crónicas xudiciais. Con todo, resulta estraño o comportamentode Diario de Ferrol do día 31, que malia incluír unha versión resumida da noticiaasinada publicada nos outros dous xornais, atribúea a “Redacción. Carballo”. La Opinión e Faro de Vigo son os xornais nos que as noticias aparecensempre asinadas, aínda que non pola mesma persoa: Tania Suárez xa asinara o día29, e tamén fai o propio o día 30 na noticia sobre as reaccións veciñais enAbegondo, neste caso en colaboración de T. Suárez con A. Blasco. No entanto, asreaccións veciñais nos barrios dos pisos da Coruña recólleas Marta Villar, cuxoaparece errado na información reducida que publica ese mesmo día Faro de Vigo,onde a converteron en María Villar. Aínda que por forza non pode pasar daconxectura, no caso de La Opinión semella que o reparto de temas a cubrir serealiza non en función da temática da noticia, senón da ubicación xeográfica e dasección do xornal.2.2.5. Tratamento fotográfico A presenza abondosa de fotografías o día 29 contrasta cunha máis quediscreta presenza nos días seguintes, até o punto de que só La Voz de Galicia e LaOpinión (así como Faro de Vigo) chegaron a publicar noticias con fotografía.Tocante a La Voz, en toda a súa cobertura do acontecemento (que mantivo enaxenda 4 días) só se publicaron 3 fotografías e unha ilustración. A fotografía queviu a luz o luns 30 corresponde á fachada da casa da rúa San Luís onde selocalizaba o piso de prostitución, a cal figura asinada por KOPA. O día 31, ÓscarParís realiza unha fotografía de entrevista ao axente, tomando as mans comoprimeiro plano e prescindindo do seu rostro. Finalmente, as iniciais M.G.responsabilízanse a fotografía de dúas mulleres semiespidas na barra dun bar, copé de foto de “dos prostitutas conversan en la barra de un club de alterne”. Ailustración de Pilar Canicoba dunha muller nunha esquina, e a silueta dun homeenchida cun billete de 500 euros. Canto a La Opinión, o día 30 Fran Martínez asina unha foto correspondente ácasa de Abegondo, mentres Eduardo Vicente é o responsábel de asinar as noticiasdeste xornal publicadas o martes 31, e as cales comprenden a parte traseira dacasa da rúa San Luís, primeiro plano da caixa do correo do piso, no que se informado nome da empresa, Il Uomo e la Femme SL dedicada a imaxe, protocolo eacompañamento a congresos, e fotos de dous dos veciños que falan sobre asmulleres (Juan Antonio Martínez e Claudio López).3. O POSICIONAMENTO IDEOLÓXICO FRONTE Á PROSTITUCIÓN NASINFORMACIÓNS3.1. O debate abolición vs. regulamentación A grandes trazos, a análise sobre as rutinas xornalísticas que vimos de expordá conta da ausencia dun debate que contribúa a unha mellor comprensión dasdiferentes posicións ideolóxicas existentes a respecto da prostitución (pois como éprevisíbel, enfocar as informacións cara ao acontecemento, en lugar de cara aotema, non ha permitir afondar nas razóns aducidas desde as posiciónsregulacionistas e abolicionistas). 137
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A única excepción constitúea a reportaxe publicada o 5 de abril en La Voz deGalicia, que ao centrarse xustamente na prostitución como tema (e non tanto comoacontecemento) propicia a incorporación dunhas reflexións específicas sobre odebate nun peza informativa independente e a unha columna, titulada Laregulación que no llega, ni se la espera. Ora ben, o tratamento que se fai de ambasas posturas resulta, a todas luces, imprecisa e mellorábel, pois por exemplo non seconsulta nin se dan nomes de ningún colectivo feminista defensor dunha ou daoutra postura. Canto ao abolicionismo, polo menos si se explica que “la corriente abolicionista considera la prostitución como una forma de violencia contra las mujeres y, por tanto, de regulación inaceptable. Estos colectivos entienden que la abolición de la prostitución es la lucha feminista del siglo XXI y que pronto su ejercicio será percibido por la sociedad como los malos tratos”aínda que se faga afirmando que esta postura se suma “a la tradicional oposiciónde la moral cristiana para la regulación de este ejercicio”, podendo así levar a unhaconfusión de obxectivos entre a teoría política feminista e a moral relixiosa. E cantoá postura regulacionista, a peza informativa obvia completamente a existencia dunimportante movemento feminista defensor da legalización da prostitución,presentando como únicos interesados da regulación a uns empresarios deargumentario fráxil e, cando menos, insostíbel: “Los empresarios consideran, sinembargo, que la actividad es poco menos que un servicio público: «Mucha gente notiene acceso acceso a las mujeres, porque no las hay. ¿Qué harían si no hubieraclubes? ¿Adónde irían», justifica el portavoz de Anela”. En suma, mesmo na única reportaxe que se podería definir como deiniciativa propia e (pseudo)investigación, fracásase á hora de presentar osargumentos e razoamentos ideolóxicos a favor dunha e doutra postura. Tamén sefracasa á hora de coñecer as opinións das propias prostitutas entrevistadas nasegunda páxina da reportaxe («Mi marido no sabe que me prostituyo por lastardes». Outra ocasión idónea para ter introducido o debate sería cando se ofrece avisión institucional/policial sobre a prostitución (abolicionista), a cal se poderíacontrastar e complementar indagando sobre a visión dos colectivos feministasregulacionistas (que, con toda probabilidade, argumentarían que de haberregulación sobre a actividade do sexo de pago sería máis doado exercer un controlsobre as mafias e garantir unha prostitución máis segura para as traballadorassexuais). De xeito semellante, que algunhas das mulleres entrevistadas quepractica a prostitución en pisos da Coruña non se inmute cando o xornalista llesdescribe o cuarto no que durmían as mulleres liberadas, podería cuestionar ourepensar a utilización da terminoloxía “cuartos patera”, “habitación patera” ou“pisos de tapadillo” que os medios viñeran utilizando durante os días previos,tomando os termos emprestados da nota policial, aínda que non sempreatribuíndollos á Policía. Tamén daría pé a reflexionar sobre a expresión “burdelesdel horror”, que un sensacionalista El Correo Gallego inclúe como encabezado aotitular de portada do día 29 de marzo. O debate sobre o papel dos anuncios de sexode pago na prensa (que quedou nunha mera mención nos xornais que cubriron anoticia o día 29) tamén podería terse utilizado como detonante para introducirdiferentes posturas sobre a relevancia e significatividade que teñen para aprostitución, tanto se for por facilitaren un contacto directo e sen persoasintermediarias entre clientes e traballadoras sexuais lonxe das redes de trata (comonalgunha ocasión teñen defendido asociacións feministas próximas áregularización), coma se for por encubriren de seu a estas redes de trata (posiciónpróxima ao abolicionismo e á visión institucional). 138
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Lonxe diso, o día 29 os medios limítanse a mencionar que os pisos deprostitución se anunciaban en prensa, e o máximo que chegan é a apuntardirectamente a que La Voz de Galicia é o xornal que se lucraba grazas a esenegocio (como fai Xornal, nun comportamento que evidencia a inimizade entreambos diarios), a mencionar que os anuncios se seguiron publicando até o sábado28 (días despois das detencións), ou a que ninguén contesta xa a eses teléfonos. En calquera caso, o feito de que este debate estea ausente tamén implicaque os medios non presenten con honestidade cal é a postura propia consonantecoa liña editorial (de haber unha): dado que é imposíbel manterse á marxe einformar con total neutralidade, tería sido desexábel que desde os medios seinformase con honestidade ao lectorado desde que punto de vista se escribe. Mais,de novo, non semella haber unha postura clara, pois se ben o predominante éasumir como propias as teses das postura abolicionista (debido a que se adoitatrasladar como única ‘realidade’ a versión da Policía Nacional),20 decote intercálanseafirmacións e referencias máis próximas a unha visión da prostitución como untraballo máis a realizar, sempre e cando non resulte demasiado ‘molesto’ (pénseseno entrecomiñado titular da noticia de La Voz de Galicia do día 29, na que unveciño afirma que «Levaban cinco anos traballando no edificio»). En efecto, istoúltimo acontece sobre todo cando se recorre a fontes inexpertas veciñais, quizaisporque no fondo, a sociedade no seu conxunto tamén comparte esa visión: se nonestivese tan afianzada a consideración da prostitución como un traballo, comopodería ser que as persoas detidas en relación ao caso estean acusadas tamén dundelito contra o dereito dos traballadores [sic], tal e como recolleron todos osxornais o día 29, trasladando moi probabelmente a nota policial de forma literal? Xa que logo, en certa medida no seu comportamento os medios seríanreflexo desta confusión social sobre o que ambas as posturas implican; pero nondebemos esquecer que polo forte poder de construción social que lles é inherente,con esta actitude de falta dun criterio sistemático e de mesturan de perspectivas deforma descontextualizada e incongruente os medios contribúen a favorecer eancorar aínda máis esta confusión da sociedade sobre o fenómeno complexo daprostitución.3.2. A consideración da prostitución como violencia de xénero e comovulneración dos dereitos humanosMostra tamén desa incongruencia é a consideración que presentan da prostituciónen termos de violencia de xénero ou violación dos dereitos humanos. Comodixemos, os medios tenden a deixarse facer partícipes do discurso abolicionistaimplícito na nota policial, e este discurso, como ben recolle La Voz de Galicia nareportaxe do 5 de abril, “considera la prostitución como una forma de violenciacontra las mujeres”. Con todo, en ningún medio se dá evidencia de considerar asituación das mulleres como violencia de xénero, isto é, como resultado dunhasrelacións de poder asimétricas asentadas de forma estrutural, nas que o homeocupa a posición dominante. Neste sentido, poderíanse ter aproveitado as menciónsaos “clientes” (case sempre realizadas polas fontes inexpertas, principalmenteveciñanza) para preguntar a fontes expertas sobre os motivos que levan a estes“jovencitos” –La Opinión, 31 de marzo de 2009– a acudir aos pisos e a ‘celebrar’ alídespedidas de solteiro, por poñer tan só un exemplo.20 Verbalizábao con claridade o policía Juan C. na entrevista publicada en La Voz de Galicia odía 31: “En este mundo ves lo peor, ves los diferentes grados de explotación, es como laesclavitud del siglo XXI”. 139
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIATratándose dun caso da desarticulación dunha suposta rede, a alusión á vulneracióndos dereitos humanos si está máis presente nas pezas informativas. Con todo,cómpre puntualizar aquí que o que se identifica como vulneración dos dereitoshumanos non é a prostitución en si como actividade en abstracto, senónunicamente a explotación sexual e as “condicións infrahumanas” nas que asmulleres liberadas eran supostamente obrigadas a prostituírse.3.3. A linguaxe: conceptos utilizados para facer referencia ás/aosprotagonistas da informaciónA linguaxe é outro aspecto moi significativo a ter en conta para tratar de dilucidaras implicacións sobre o discurso que cada medio transmite. O exercicio de sometera escrutinio os conceptos empregados para facer referencias ás e aos protagonistasdas pezas informativas revela de novo a falta dun criterio minimamentecongruente.3.3.1. Conceptos empregados para referirse ás mulleres Como temos sinalado previamente, o termo “prostituta” adoita entendersecomo un termo non excesivamente marcado, decote utilizado en contextos neutrose/ou primordialmente informativos, o que o torna xustamente no concepto máisutilizado para facer referencia ás mulleres que ofrecen sexo de pago. No entanto,nas informacións publicadas sobre este caso a utilización deste termo éabsolutamente residual, e cando aparece non adoita empregarse para nomear ásmulleres supostamente liberadas, senón que habitualmente se reserva parareferencias xerais. Por exemplo, úsase no pé de foto da reportaxe de La Voz deGalicia do día 5 de abril referido a mulleres que venden sexo en bordeis (“Dosprostitutas conversan en la barra de un club de alterne ubicado en el áreametropolitana de A Coruña”) ou en contextos en abstracto (“la asociación Alecrín,con décadas de experiencia en la ayuda a prostitutas en Galicia”). Na única ocasiónque este termo aparece referido ás mulleres liberadas, é na expresión “prostitutasescravas” do titular Destapan unha rede de prostitutas escravas –Galicia Hoxe, de29 de marzo de 2009–. De feito, a mención á situación de escravitude fai que practicamente todosos xornais inclúan nalgún momento a expresión “esclavas sexuales” ou “escravassexuais” na edición do domingo 29. Entre as excepcións, La Voz de Galicia, que nonobstante si o recupera o luns 30 no mesmo titular de portada Cada una de las diezesclavas sexuales liberadas en A Coruña daba a la trama un beneficio de [...]. Osmedios que publicaron noticias relacionadas co caso nos días sucesivos (e tamén aTVG) volverán usar esta expresión, polo que, querendo ou sen querelo, acabantrasladando e afianzando a axenda institucional, aínda máis, se cadra, naquelasocasións nas que os medios prescinden do entrecomiñado e presentan aterminoloxía como elaboración propia. A este respecto, cómpre subliñar que ningúnmedio especifique que a expresión provén da nota policial (como si fai, porexemplo, o xornal estatal El País na súa Edición Galicia, admitindo contransparencia “[...] la red que más allá de la prostitución trataban a las mujerescomo auténticas esclavas sexuales”, según el término utilizado por el Cuerpo PolíciaNacional [sic]”). É máis, o sensacionalismo exacerbado da noticia de Sucesos deAtlántico Diario do día 29 opta por aludir ás mulleres co substantivo “esclavas” enenunciados do tipo “las esclavas debían mantener hasta veinte relaciones sexualesdistintas”, do mesmo xeito que o igualmente exacerbado sensacionalismo de ElCorreo Gallego as denomina “secuestradas” no titular dese mesmo día 29Secuestradas en pisos ‘patera’. 140
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Menos sensacionalistas son outras opcións ás que tamén se recorre concerta frecuencia, como “mujeres forzadas a prostituirse”, “jóvenes explotadas”,“mujeres retenidas”, “mulleres explotadas”, “mujeres víctimas de una red de tratade blancas”, ou mesmo o termo defendido pola corrente abolicionista “mujeresprostituidas”, na frase “a las mujeres prostituidas les imposibilitaban usar la cocina”–La Voz de Galicia, 29 de marzo de 2009–. En definitiva, todas estas expresiónsexculpan ás mulleres de adoptar calquera papel activo na prostitución,presentándoas ademais como vítimas dun delito de explotación que vulnera osdereitos humanos. A incongruencia á que antes aludíamos faise evidente cando na mesmanoticia na que se utiliza o concepto abolicionista “mujeres prostituidas” tamén seusa o concepto “cliente” (en lugar da forma “prostituidor”) ou mesmo “chica” (queten unhas connotacións moi diferentes). “Chica” ou “moza” é, de feito, o segundotermo máis utilizado (despois de “esclavas sexuales”), tanto nos extractos dasinformacións que son elaboración propia da ou do xornalista, como tamén en todasas interaccións verbais espontáneas que se recollen en forma de declaracións,correspondan estas ás propiasas mulleres entrevistas que se dedican á prostitución nun piso da Coruña, ao policíaJuan C., como tamén ás veciñas e veciños utilizados como fontes. O termo tenamais un aquel eufemístico que tampouco debe pasar desapercibido. A mesma noticia do informativo Local A Coruña da TVG ilustra igualmenteesta mestura de criterios, e así, ábrese a noticia coa voz da presentadora afirmandoque “a Policía liberou a dez mulleres que exercían a prostitución”. De analizarmos atransitividade desta frase, axiña detectaremos a incoherencia entre ‘liberar a alguénde algo’ (sendo ese algo unha carga que realiza contra a súa vontade) e ‘exercer aprostitución’ (sendo o verbo ‘exercer’, polo xeral, un marcador do caráctervoluntario e da iniciativa propia de quen exerce). Na reportaxe de La Voz de Galiciado 5 de novembro preséntase, sequera superficialmente, a corrente regulacionista.Malia que nesta corrente se avogue pola utilización de “traballadoras sexuais”, noxornal óptase por evitar esta expresión e empregar, no canto dela, o xenérico“profesionales” ou a perífrase “mujeres que prestan servicios sexuales”.3.3.2. Conceptos empregados para referirse aos homes compradores desexoTocante aos homes que pagan por sexo, e en consonancia co patrón maioritario xaposto de manifesto, a tendencia maioritaria na cobertura deste caso é o de utilizaro termo “cliente”. Como mostran estes exemplos extraídos de La Voz de Galicia, éotanto por parte da policía (“les prohibían ducharse entre cliente y cliente”), comodas propias prostitutas protagonistas da reportaxe do día 5 («Tiene que haber unasreglas. Si una está diez minutos más con el cliente, cuando vuelva querrá estar deneuvo con ella y así perjudica a las demás»), como tamén por parte da veciñanza(“«Durante una época los clientes solo iban al primer piso, pero luego ocuparon dosplantas más», señala Luis”). Por moito que o termo se empregue na actualidadecomo non marcado, cómpre apuntar que si parte dunha visión da prostitución comounha compravenda de servizos, e por tanto, poderíase dicir que participaría dacorrente regulacionista. De aquí que resulte desconcertante o seu uso enenunciados nos que a referencia ás mulleres se fai coa expresión “mujeresprostituidas”, como xa apuntamos que acontece en La Voz de Galicia do día 29: “Alas mujeres prostituidas les imposibilitaban usar la cocina [...]. También debíantolerar el consumo de drogas por parte de los clientes en su presencia”. A oposición“mujer prostituida vs. cliente”, no entanto, non funciona. 141
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAA que si funciona, e que se usa con moita asiduidade por parte indistintamente demulleres, veciñanza e policía, é “clientes y chicas”, e así por exemplo Juan C., opolicía entrevistado, menciona na mesma frase aos dous suxeitos afirmando que“había habitaciones buenas para los clientes y zulos para las chicas”. Alén deste termo, en contadas ocasións os veciños refírense aoscompradores de sexo como “chicos” (“as fines de semana, veñen os chicos epreguntan... onde hai”, Local A Coruña do 30 de marzo de 2009). De forma moitomáis residual, os homes aparecen mencionados por outras características: nasdeclaracións dunha das mulleres recollidas na reportaxe do día 5, alúdese a quepolos espazos de prostitución “pasa el peón, pasa el ingeniero y pasa elpropietario”, e tamén pasan “los señores que vienen del monte”. Ao lado disto, nosensacionalista El Correo Gallego úsase o substantivo “extraño” para enunciar queas mulleres eran “obligadas a mantener relaciones sexuales con extraños”, no queresulta un uso intereseiro que busca darlle máis dramatismo aos feitos, pois está aesaxerar e esquecendo que todo tipo de prostitución (mesmo a que puideraproducirse da forma máis voluntaria), tamén consiste adoito en darlle sexo aestraños a cambio de cartos.Os termos despectivos para falar dos “clientes” son extraordinariamenteinfrecuentes, malia que como vimos na análise das rutinas xornalísticas a veciñanzase queixe do comportamento deles pola alteración cívica que comportan(recapitulemos o titular dun despece de La Voz de Galicia do 30 de marzo: «Eranpeores los clientes que ellas», aseguran los vecinos). O único termo que implicaunha valoración social negativa é “putero”, e en todas as pezas analizadas sóaparece dúas veces, ambas as dúas na reportaxe de La Voz de Galicia do 5 de abril.Na primeira, o termo ponse en boca dun [sic] portavoz de Alecrín para dar conta daalienación das mulleres nos círculos da prostitución, pois “«[...] después de untiempo, su vida solo eran proxenetas, puteros y compañeras, hasta el punto de quese normaliza toda esta violencia»”. Na segunda, o xornalista reflexiona sobre apráctica legal da prostitución, arrodeada dun proxenitismo delitivo, pero “encualquier caso, el cliente o putero no tiene legalmente nada que temer ya que, encondiciones normales, no puede ser acusado de falta o delito alguno por el merohecho de haber consumido los servicios de una prostituta (énfase nosa)”. Sendúbida, a utilización de “putero” como sinónimo de “cliente” resulta aquídesconcertante, pois mentres que dun cliente (do servizo que sexa) sempre poderíadicirse que consome servizos, un “putero” é algo máis ca un consumidor: é, como odefinirían desde o discurso abolicionista, un prostituidor.3.3.3. Conceptos empregados para referirse a quen intermedia paralucrarse da prostitución Os termos utilizados para facer referencia ás persoas que se lucran daprostitución a través do seu labor de intermediación son variados, mais abondanaquelas expresións relacionadas co mundo empresarial (de novo, o imaxinariocolectivo parece ter moi afianzada a consideración da prostitución como un traballomáis). Así faise referencia ao “empresario y administrador de Gatitas y EtiquetaNegra” –La Voz de Galicia, de 31 de marzo de 2009–, ao “propietario del complejoLa Fuente, en Bergondo” –La Voz de Galicia, de 5 de abril de 2009– ou “la mitad espara el dueño del piso”, en palabras dunha das mulleres entrevistadas –La Voz deGalicia, de 31 de marzo de 2009. 142
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIACon todo, e en referencia concreta a este caso, tamén se utilizan outros termosmáis propios dunha nota policial ou dunha crónica xudicial, como “explotadores”,“captores” ou “carceleros” (estes dous últimos, na noticia sensacionalista deAtlántico Diario do 29 de marzo): “Si se retrasaban, sus captores las penalizabancon 20 euros”, “Sus carceleros las obligaban a mantener relaciones sexualesdurante veinte horas e, incluso a no utilizar preservativo cuando así lo pedía elcliente” (véxase esta última construción para comprobar como de novo se exime deresponsabilidade ao home que paga polos servizos sexuais, mesmo se recae nel adecisión de abusar da situación de poder na que se atopa para esixir ás mulleresque poña en risco a súa vida para proporcionarlle sexo sen protección). O termo “proxeneta” queda infrautilizado, polo que quizais poderíaseconxecturar que se atopaba ausente da nota policial, malia constituír en realidade otermo que con máis precisión pode definir a actividade ilícita de tirar beneficioeconómico da explotación sexual doutra persoa. No xornal La Voz de Galica, porexemplo, úsase tan só media ducia de veces: Entre as máis visíbeis, o día 30, paraun destacado titulado Los proxenetas recaudaban una media de 5.000 euros al mescon cada joven explotada; e o día 1 de abril, para titular a noticia de portada comoDetenidos con 70.000 euros otros dos proxenetas de la red que esclavizaba mujereen A Coruña. (Cabe salientar, a este respecto, que La Voz de Galicia foi o únicomedio en informar desta nova detención, aínda que despois deste día non volvesepublicar absolutamente ningunha información en ningún medio galego (do queteñamos constancia) sobre os cargos que lles imputan, como tampouco estaspersoas aparecerán mencionadas na petición de condena da fiscalía que terá lugaren agosto dese mesmo ano, e á que logo aludiremos. Dentro deste grupo, aínda cómpre diferenciar entre a forma de referirse ásdúas persoas presuntas cabecillas da trama, e ás outras catro persoas a cargo dofuncionamento dos pisos. Mentres á/ao cabecilla con frecuencia se alude de formacunha paráfrase (do tipo “el matrimonio es el máximo implicado en la red” –El IdealGallego, de 31 de marzo– , “personas implicadas en la trama de prostitución” –LaVoz de Galicia, de 29 de marzo–, ou “detenidos por el negocio de los pisos-patera”), a terminoloxía empregada para referirse ás outras catro persoascomprende expresións asépticas como “personas de confianza” –El Ideal Gallego,de 31 de marzo de 2009– , ou outra terminoloxía máis específica que podería xaclasificarse slang propio da temática: “ejercían funciones de [...] mamis (madames)o encargados que gestionaban y controlaban a las chicas para que cumpliesen lasnormas” –La Voz de Galicia, de 29 de marzo de 2009– . Diferentes medios, porén,optan por distintas posibilidades a partir desta terminoloxía. Por exemplo, El CorreoGallego prescinde de “madames” e incorpora linguaxe inclusiva en canto ao xénero,optando por “el resto ejercían funciones de confianza para sus jefes, “mamis oencargados/as”.3.3.4. Masculinización do discurso Tocante á linguaxe, é importante destacar igualmente a tendencia cara ámasculinización do discurso, dándolle ao xénero gramatical masculino un supostovalor xenérico non só en contextos efectivamente xenéricos (nos que se faireferencia a grupos mixtos de mulleres e homes), senón tamén en contextosexclusivamente femininos. Nas alusións ás mulleres liberadas, é norma habitual usar o masculino candoo contexto é xenérico, en lugar de adaptalo á situación concreta. De aí expresiónsfrecuentes en todos os medios como “delito contra los derechos de lostrabajadores” ou “delito contra los derchos de los ciudadanos extranjeros”, e só 143
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAnunha ocasión, motivo que invitaría a pensar que é froito da casualidade, se optoupola forma inclusiva “contra los derechos de las personas inmigrantes” –La Voz deGalicia, de 1 de abril de 2009–. Tamén destaca que ao definir o proxenitismo seestipule que “sí comete delito quien obliga a otro a prostituirse bajo engaño” –LaVoz de Galicia, de 5 de abril de 2009–, pois se ben é certo que a prostitución podeser feminina ou masculina, neste caso concreto estase a falar só de mulleres.Xustamente a respecto das persoas detidas (e independentemente de que sexantres mulleres e tres homes, catro mulleres e dous homes ou dúas mulleres e catrohomes), o uso do masculino é o habitual, referíndose a elas como “todos sonvecinos de A Coruña” ou “los detenidos”. No caso das fontes, amais, o uso do masculino tamén se realiza cando osuxeito das accións é unha muller ou mulleres. Ten que quedar na conxectura nocaso de “un portavoz de la Asociación Alecrín” – La Voz de Galicia, de 5 abril de2009–, xa que aínda que consideramos probábel que se tratase dunha portavoz, sicabería a posibilidade de que o voceiro fose un home. Pero a invisibilidade ediscriminación lingüística é totalmente constatábel no caso do titular Estupor,indredulidad e incertidumbre entre vecinos y empleados de las tiendas de moda –no despece de La Voz de Galicia, de 1 de abril de 2009–, pois no corpo do textodescubrimos que as contratadas nas tendas eran todas mulleres (por exemplo,“eran las frases más repetidas por las trabajadoras”). O mesmo acontece en LaOpinión do 31 de marzo, onde no antetítulo se presenta a “Retales Lody, vecinos deuno de los pisos”, aínda que no corpo do texto descubrimos que o negocio téxtilestá dirixido por mulleres exclusivamente, como confirma a propietaria ao afirmar,nunha declaración levada ao titular do despece, que Mucha gente creía quenosotras regentábamos el negocio –La Opinión, de 31 de marzo de 2009–. A masculinización do discurso é froito, en ocasións, dunha concordanciagramatical mal estabelecida, pois cómpre lembrar que xustamente por sergramatical, tanto en galego como en castelán, a concordancia vén rexida poloxénero gramatical (e non polo sexo). Por tanto, o correcto sería construír frasescomo “axentes da policía detiveron seis persoas –tres homes e tres mulleres– comopresuntas autoras dun delito de prostitución” (onde autoras concorda en femininocon persoas) –Galicia Hoxe, de 29 de marzo de 2009–. Con todo, esta concordanciaé unha excepción, sendo habitual que se recorra a frases incorrectas como “MiguelÁngel y su mujer Mayra, junto a otras cuatro personas [...] han ingresado ya en lacárcel acusados de [...]”–La Opinión, de 31 de marzo de 2009–. Este último enunciado supón tamén un exemplo das relacións dedependencia que se estabelecen dentro da parella considerada cabecilla. Noreferente aos cargos que en principio se lles imputan, as informacións analizadasrecollen as acusacións da policía de que se considera que é un matrimonio ocabecilla da rede (e de feito, na petición da fiscalía do mes de agosto veremoscomo se solicitan para cada unha desas dúas persoas 29 anos de cárcere. Portanto, nesta altura cabería agardar idéntica responsabilidade atribuída ao home ámuller. Lonxe diso, non é só que utilicen o masculino para referirse ás dúas persoasda parella (“los jefes de la red son un matrimonio”), senón que malia compartirencargos, os medios estabelecen unha relación de dependencia da muller respecto dohome, optando por fórmulas de expresión como “os arrestados con M.A.R.P., de 41anos, e a súa esposa, M.M.C.R., de 39”, ou “el matrimonio apresado en Abegondo,M.A.R.P. y su esposa, M.M.C.R. [...]”. O caso de La Opinión do día 31 é aínda máisdestacado, pois mesmo chega ao extremo de destacar nun subtítulo “Prisión paracuatro mujeres y dos hombres implicados en la red de prostitución que encabezaMiguel Ángel [...]”. 144
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Este uso do nome de pía como referencia que realizan neste xornal, nestedía, merece tamén un breve comentario. No caso de “Miguel Ángel” parece cumprira función de amosar proximidade e por tanto de provocar maior impacto naaudiencia (de feito, o subtítulo remata cun “la red de prostitución que encabezaMiguel Ángel, un “chico muy majo” ”. Noutros casos, porén, a utilización do nomede pía resérvase para as mulleres, fronte á utilización de nome e apelido no casodos homes en igualdade de posición, incorrendo así nun tratamento totalmenteasimétrico. Acontece nas formas de tratamento dos veciños e veciñas que seutilizan como fonte, e así a propietaria de Retales Lody, Nélida Díaz, axiña seconverte simplemente en “Nélida”, mentres que á hora de referirse aos veciños“Juan Antonio Martínez” e “Claudio López” manténselles en todo momento oapelido. Estaríamos, pois, ante un caso de utilización do nome de pía comoinfantilización das mulleres.4. A MODO DE CONCLUSIÓN: A COBERTURA DA SENTENZA XUDICIAL EOUTRAS INTERROGANTES Á vista da análise presentada sobre a cobertura mediática da desarticulacióndunha rede de tráfico de mulleres na Coruña en marzo de 2009, podemos concluírque a inmensa maioría da prensa escrita outorgoulle un espazo relevante aoacontecemento da detención de seis persoas e liberación das mulleres (noticiapublicada o día 29), adoito anticipándoa na portada, dedicándolle un espazoxeneroso e incorporando ademais elementos fotográficos. Amais, as seccións nasque se incluíu a peza informativa favoreceu que en moitos diarios o caso avanzaseaté as primeiras páxinas, gañando así capacidade de impacto sobre a audiencia. A cobertura desta noticia enmárcase dentro do grupo temático que con máisfrecuencia aparece representado nos medios de comunicación: a trata e tráfico deseres humanos como suceso desencadeado por unha operación policial. Como xaapuntamos, esta (relativamente) ampla cobertura podería estar fomentada oumesmo desencadeada pola existencia dun discurso oficial afín, sobre todo tras aaprobación en decembro de 2008 do Plan Integral de Loita contra a Trata de SeresHumanos con Fins de Explotación Sexual por parte do Goberno central. Cara a estaconxectura semella apuntar a análise cualitativa das rutinas xornalísticas e dodiscurso, coa maioría dos medios participando dos mesmos enfoques e abordandoos mesmos contidos de xeito semellante. Malia os diferentes erros aos que fomosapuntando (datos contraditorios a respecto do sexo das persoas detidas, porexemplo) evidénciase un seguimento case literal da nota policial así como doselementos fotográficos facilitados pola Policía Nacional para construír pezasinformativas clasificábeis en todos os casos dentro do xénero noticia. Isto vaiacompañado dunha falta de iniciativa por afondar alén dos datos transmitidos poresta fonte, o cal indubidabelmente, tamén comporta riscos: na medida en que osmedios só cobren o que lle interesa ao discurso oficial, implicitamente silencianoutras voces que puideran axudar a comprender mellor (e incluso desde outrosángulos) o fenómeno da prostitución, e por tanto fomentan unha comprensiónparcial e tendenciosa do fenómeno. Tamén hai que lembrar que na única ocasión enque un xornal (La Voz de Galicia) incluía outras fontes, esas fontes corresponden áveciñanza e por tanto resultan totalmente inexpertas e impertinentes paracontextualizar o tema. En calquera caso, unha vez ‘caducada’ a nota policial, practicamente osúnicos periódicos que continuaron referíndose á noticia en días seguintes foi aprensa local da Coruña, nomeadamente El Ideal Gallego (e outros xornais do grupoLa Capital), La Opinión (e en menor medida, Faro de Vigo) e La Voz de Galicia, áparte dunha televisión autonómica que (a remolque da prensa escrita) por finrecolle este caso nos seus informativos, sobre todo na desconexión Local A Coruña. 145
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Isto permitiría lanzar como hipótese que a cobertura da desarticulacióndesta rede responde principalmente a criterios de proximidade xeográfica, e non aoutros criterios de noticiabilidade desexábeis como poderían ser o interese socialdun tema ou acontecemento que se produce en todos os recantos do país e doplaneta. Sen dúbida, no fondo desta estratexia estaría o trataren de facerse comaior número de lectoras e lectores do seu ámbito de influencia e mercado. Sobre a cobertura do caso nos días sucesivos poderíamos estabelecer dousgrandes grupos de informacións. Por unha banda, aquelas noticias que seguentomando á Policía como fonte principal de información, ben sexa por consulta einterese do propio medio, ou por que desde a Policía se volvese enviar unha notaaos medios informando do avance do caso tocante ao patrimonio da rede, aosdatos doutros negocios a nome das persoas detidas, ás pescudas policiais, aodesenvolvemento do proceso xudicial, etc. E pola outra banda, aqueloutras pezasinformativas (preferentemente noticias, pero non só) que constrúen os relatostomando novas fontes. Desafortunadamente, porén, entre estas novas fontes aveciñanza ten o maior peso, provocando así relatos conformados pola compoñentedo morbo e do detalle, mesmo rozando os estereotipos. Podería logo conxecturarseque dentro das pezas publicadas nos días sucesivos, a iniciativa propia dos mediosdirixiuse eminentemente a intentar rebelar datos para diferenciarse dacompetencia, moi evidente no caso de La Opinión e La Voz de Galicia, cun interesedesmesurado por feitos puntuais que incorporen preferentemente un aliciente dedramatismo e detalles escabrosos, en lugar dunha vocación por facilitar desde osmedios de comunicación unha compresión do fenómeno da prostitución en toda asúa complexidade. O único que rompe esta dinámica é a reportaxe en profundidadede La Voz de Galicia publicada o 5 de abril, que inclúe entre as voces a escoitar ade tres mulleres brasileiras se venden sexo nun piso da Coruña. É aquí onde porvez primeiro lemos que moitas das inmigrantes que chegan a España accedenvoluntariamente a se prostituíren, ante a imposibilidade de atopar outro traballo.4.1. A petición de condena e a sentenza xudicial A Fiscalía deu a coñecer a súa petición de condena na segunda semana deagosto de 2009. Que teñamos constancia, só os xornais El Ideal Gallego (conversións en Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños) e La Opinión (nunha pezarepetida literalmente en Faro de Vigo) recollen os detalles do escrito de acusación,en cadansúas noticias publicadas o día 13 de agosto e tituladas La parejaprocesadas por regentar pisos de alterne se enfrenta a 29 años de cárcel –El IdealGallego, de 13 de agosto de 2009– e El fiscal pide 29 años de cárcel para unapareja por prostitución de inmigrantes –La Opinión, de 13 de agosto de 2009;idéntico titular en Faro de Vigo–. As noticias teñen relevancia considerábel,ocupando case unha páxina completa e incorporando fotografías de arquivo, e enambos os casos están asinadas: por A. Barbadillo no caso de El Ideal Gallego(mesma xornalista que viña facendo o seguimento do caso) e por María Pardo casode La Opinión (e tamén Faro de Vigo). Ambas as noticias coinciden en destacar a condena que solicita a fiscalía,que acusa á parella cabecilla de dez delitos de coacción á prostitución e dun delitocontra o dereito das persoas traballadoras (xa que logo, o titular de La Opinión eFaro de Vigo resulta lixeiramente inexacto, en tanto que os 29 anos que pide afiscalía son pola suma de dous delitos, e non tan só polo de prostitución). Estaspersoas aparecen aludidas coas iniciais (e non cos nomes completos), nuncomportamento que no caso de El Ideal Gallego resulta coherente co que viñerafacendo, pero que no caso de La Opinión e Faro de Vigo resulta sorprendente, todavez que no mes de marzo se publicaran os nomes completos, descricións e todoluxo de detalles sobre as vidas persoas da parella considerada principal acusada. 146
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Para as outras catro persoas, a fiscalía pide entre 11 e 17 anos de cadea,dependendo do número de prostitutas que houbese en cada piso, amais de multaseconómicas considerábeis: 21.600 euros para a parella, 9.360 euros para as/oscolaboradores, e unha compensación de 6.000 euros para cada prostituta por tersufrido explotación sexual e laboral. A fiscalía convértese na fonte informativa da noticia, xa que todos os datosextráense do escrito da acusación, con frecuentes alusións a expresións do tipo“reconoce el fiscal”, “el Ministerio Público tiene pruebas”, “la acusación pública” ou“El fiscal entiende que”. A través dese escrito, accedemos tamén ás declaraciónsdas mulleres, que por vez primeira en todo o seguimento do caso convértense enfontes (malia que indirectas, e mediatizadas sempre pola fiscalía ou pola policía) danoticia. A reconstrución do relato, en boca desta fonte xudicial, permite saber que apetición de maior condena para o matrimonio se debe a que supostamente foi“quien ideó y puso en marcha el sistema para atraer a la ciudad a inmigrantessuramericanas y contratarlas para prostituirse en condicionas totalmente abusivas ylesivas para su dignidad, como trabajadoras y como personas” –El Ideal Gallego, de13 de agosto de 2009–. Tamén se afirma que “la acusación incide en que ningunatenía permiso de residencia o trabajo, por lo que tampoco podían buscar otrasalternativas de subsistencia”. Un último dato novidoso que ofrece o escrito deacusación, e que recollen ambas as noticias, é que “según el fiscal, aunque lasmujeres accedían voluntariamente al piso para ejercer la prostitución’, lascondiciones de vida y trabajo de todas ellas eran absolutamente abusivas” (LaOpinión), o que en El Ideal Gallego se relata así: “Las mujeres, reconoce el fiscal, accedían voluntariamente a las viviendas para residir y ejercer la prostitución, y dado el estado de ‘necesidad’ e ‘indefensión’ en el que se encontraban, se veían obligadas a acatar normas y cláusulas totalmente abusivas por parte de sus superiores. En suma, presumibelmente a través das declaracións das mulleres,anúnciase agora que a súa situación no piso era voluntaria, aínda que se mantén apetición de condena por considerar que dita situación era abusiva para asmulleres.” A sentenza xudicial, no entanto, non compartiría as impresións do fiscal.Como publican o 5 de novembro El Ideal Gallego e La Opinión (pero non Faro deVigo) en cadansúas noticias que ocupan un terzo da páxina, a condena ás seispersoas acusadas refírese en exclusiva a un delito contra o dereito das persoastraballadoras, e non ao de prostitución, o que conduce a titulares valorativos comoSólo uno de los seis procesados por las casas de prostitución cumplirá condena –ElIdeal Gallego, de 5 de novembro de 2009–. Na noticia explícase que “Durante la investigación se sopesó si los detenidos sometían a una decena de trabajadoras extranjeras para que ejercieran la prostitución en contra de su voluntas y en condiciones cercanas a la esclavitud, pero el acuerdo suscrito ayer descarta esta conducta, y se refiere de forma exclusiva a las condiciones laborales de las mujeres [...] totalmente abusivas y lesivas para su dignidad.”A fontes á que se recorre neste caso é ao escrito da sentenza xudicial, que inclúedeclaracións que as xornalistas que asinan as noticias (de novo A. Barbadillo nocaso de El Ideal Gallego, e Tania Suárez no caso de La Opinión) presentan nos seustextos. 147
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAAsí, destacan como o xuíz chega a estas conclusións e emite o seu veredictodespois de ningunha das mulleres admitisen durante a fase de instrución queestivesen recluídas naquelas vivendas contra a súa vontade, que tivesen retido opasaporte, que se prostituísen baixo ameaza, nin que estivesen controladas en todomomento, tendo que render contas por saíren á rúa ou comer. En definitiva, todoun reconto dos feitos en absoluta contradición coa versión policial presentada nosmedios galegos no mes de marzo.4.2. Aspectos para a reflexión A partir desta breve exposición sobre a cobertura mediática da petición decondena da fiscalía e da posterior sentenza xudicial, fica claro que varios aspectosprecisan dun comentario ou clarificación. O primeiro aspecto criticábel sobre estacobertura é, xustamente, o que ten de ‘non cobertura’. Mentres o domingo 29 demarzo case todos os xornais galegos daban conta das detencións practicadas nosdías previos (e no caso da televisión pública, o luns 30), e mentres algúns xornaislocais da Coruña ofrecían todo tipo de detalles (decote intranscendentes para ofondo da cuestión) sobre o estilo de vida de proxenetas, prostitutas e clientes,agora dáse un desinterese manifesto en coñecer que consecuencias reais exudiciais ten, ao cabo, todo o asunto. Non informar sobre as peticións da fiscalíae/ou sobre as condenas dun caso xudicial do que si se tiña ofrecido información nomomento da detención provoca un abandono da audiencia, impedíndolle coñecer asconsecuencias que teñen os actos delictivos de proxenitismo. Sobre a responsabilidade do xornal La Voz de Galicia, que o día 1 de abrilinformara da detención “con 70.000 euros otros dos proxenetas de la red queesclavizaba mujere en A Coruña” tamén cómpre insistir, xa que ese xornal nuncamáis volveu aludir a estas dúas persoas detidas. Ao non apareceren mencionadasen ningures no escrito da fiscalía, todo semella indicar que non se lles imputouningún cargo. Xa que logo, o xornal coruñés criminalizounas no seu (chamándolles“proxenetas”) sen volver rectificar. Tamén podería ser de agardar algún tipo de reflexión sobre o tipo delinguaxe empregada nas noticias de marzo á hora de facer referencia ás mulleres,especialmente por parte daqueles xornais e televisión que empregaban a expresión“esclava sexual” naturalizándoa, sen comiñas e sen atribuírlla á policía. Porque,unha consecuencia directa que semella derivarse da ‘vontade’ coa que as mulleresse prostituían (mesmo se o facían en condicións abusivas e pola súa situaciónirregular e de indefensión non tiñan outra saída), é que a expresión “esclavassexuales” quizais non fose a máis acaída. De feito, esta expresión desaparece porcompleto das noticias do día 13 de agosto e 5 de novembro, o que de novo probaque o uso reiterado da expresión no mes de marzo en todos os medios galegos nonera tanto resultado dunha reflexión terminolóxica (por parte dun/ha xornalistas queteñen as palabras como ferramenta de traballo) como si dunha transmisiónautomática dos ditados da nota policial. A mesma inadecuación pode dicirse deexpresións como “carceleros” ou “captores” (empregada no seu día por AtlánticoDiario). Esta reflexión sobre o uso inconsciente de determinada terminoloxía, deberíaconducir, en paralelo, a unha reflexión fonda sobre o tipo de información que nomes de marzo se tiña publicado, funcionando como altofalantes de determinadasfontes (sobre todo policiais, e nalgúns casos tamén veciñais) en lugar de ofrecerinformación contrastada e/ou complementada por fontes diversas. 148
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Só La Voz de Galicia, coa súa reportaxe a dobre páxina do 5 de abril, rozoulenemente o debate sobre as distintas posturas ideolóxicas fronte á prostitución, edeu voz tamén a tres prostitutas brasileiras que vendían os seus corpos nun piso daCoruña. Aínda que nesa peza quedaron moitos asuntos relevantes fóra do tinteiro(por exemplo, desperdiciouse a oportunidade de lles preguntar sobre a súasituación legal en España, sobre o funcionamento de redes, sobre o feito de terenque lle pagar mensualmente ao dono do piso un aluguer oscilante en función donúmero de actos sexuais que tiveran), as declaracións das mulleres permitíronlle áaudiencia coñecer cuestións importantes sobre as súas vidas: o feito de exercerenvoluntariamente, o feito de consideraren ‘normal’ ter que dumir nun cuarto dedimensión extremadamente reducidas, o feito de considerar que a máis explotaciónque a de se prostituíren era traballar de camareira durante xornadas interminábeispor un salario irrisorio, etc. Isto proba o necesario que resulta que desde asredaccións dos xornais se lles dea voz ás mulleres protagonistas para falaren dasúa situación, tratando de garantir que esa selección de voces sexa o máis diversae heteroxénea posíbel para así ir construíndo unha cartografía do fenómeno daprostitución que reflicta a súa complexidade. Xa que o debate sobre a legalización ou abolición estivo completamenteausente do resto de informacións publicadas no mes de marzo, a publicación dacondena en novembro, cuxa redución de 29 a 4 anos se baseaba no feito de que“tanto el Ministerio público como el juez consideraron probado que las víctimasejercían la prostitución voluntariamente y que no estaban retenidas nicoaccionadas” –La Opinión, de 5 de novembro de 2009–, debería ter feitoreconsiderar a información transmitida en marzo e darlle cabida a unha reflexión defondo sobre o debate e ambas as posturas. De non o faceren (como foi o caso), osmedios están a confundir máis do que a informar. Tamén falta, por exemplo, unhamención ao papel dos clientes e dos anuncios de prostitución, ambos os douselementos imprescindíbeis na engranaxe da prostitución, polo que refugar deabordar o papel que desempeñan implica fracasar en calquera intento de abordar aprostitución coa complexidade que o tema require. Cumpriría tamén tratar de dilucidar por que a versión inicial da policía e aversión actual das mulleres é totalmente contraditoria, e se na exculpación dossupostos proxenetas puidera ter que ver esa ‘síndrome da ra cocida’ á que fontesexpertas e feministas aludían na reportaxe de La Voz de Galicia do día 5 de abril.Ou se seguirá tendo vixencia que as mulleres teñen medo a denunciar por que nonven outra saída laboral, como apuntaba un policía especializado en redes nesamesma reportaxe: «por triste que sea, muchas prefieren estar así porque no tienenotra salida. Recuerdo la primera vez que intervine en un club, me quedéimpresionado porque las chicas, cuando entramos, se echaron a llorar» –La Voz deGalicia, de 5 de abril de 2009–. Non tratar agora estas variábeis, cando se faipública a condena, non fai senón estigmatizar máis ás mulleres, considerándoasviciosas, mentireiras e responsábeis únicas da súa propia situación. Outro destes aspectos que queda confuso é o da diferenza entre o delito deexplotación laboral e explotación sexual. Dise nas informacións que “las condenasse refieren en exclusiva a un delito contra el derecho de los trabajadoresinmigrantes, y no al de coacción a la prostitución que había propuesto la acusaciónpública” –El Ideal Gallego, de 5 de novembro de 2009–. Para non seren cómplicesdun sistema xudicial con dobres varas de medir, bótase en falta, neste sentido, queos medios lancen algunhas preguntas: Se no caso dun suposto delito de explotaciónlaboral si se pode ditar condena a quen explota e se lucra desa explotación,independentemente de que a persoa explotada acepte voluntariamente esaexplotación, (e de feito, noutros eidos un/ha xuíza pode anular un contrato laboral 149
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAasinado se considera que nel houbo cláusulas abusivas), entón por que no caso dunsuposto delito de explotación sexual non se pode ditar condena a quen explota e selucra desa explotación, independentemente de que a persoa explotada aceptevoluntariamente esa explotación? Por que o feito de que as mulleres confirmasenterse prostituído e residido no piso de forma voluntaria si permitiu que se ditasecondena por explotación laboral, pero non por explotación sexual? Aínda máis,como é que, se a prostitución a día de hoxe non pode considerarse un traballo (noncotiza, non dá dereito a baixa, etc.), si se lle aplica o dereito laboral e se consideraque entre proxeneta e prostitutas media unha relación contractual? Se aprostitución non está regularizada, como é que se considera que as prostitutas sontraballadoras e se condena aos proxenetas por un “delito contra el derecho de lostrabajadores?”. E, ao non haber condena por explotación sexual e non considerarque as mulleres fosen vítimas dunha rede de explotación, que vai pasar con estasmulleres, das que se nos informa que son “todas de nacionalidad brasileña y sinpermiso de residencia”? –La Opinión, de 5 de novembro de 2009–. Seránexpulsadas? Ou seguirá tendo vixencia a afirmación realizada en marzo por parteda Policía e dos medios de comunicación de que son testemuñas protexidas e deque pola súa colaboración coa xustiza van recibir axuda para regularizar a súasituación no país? Aínda máis, e de regularizaren a situación no país, que opciónsvitais teñen, alén de traballaren como camareiras explotadas en longas xornadaslaborais ou regresaren á prostitución? Porque, como afirmaba unha das prostitutasentrevistadas en La Voz de Galicia o 5 de abril, existe un grande estigma de serestranxeira nunha sociedade hipócrita: «Te tachan enseguida –explica María–.Brasileña y guapa, puta». 150
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Caso 2: A cobertura mediática dos conflitos veciñais pola prostitución de rúa no barrio barcelonés da Boquería Como segundo caso de análise, presentamos a cobertura dos medios decomunicación galegos sobre un caso de prostitución de rúa acontecido no mercadode Boquería, en Barcelona, en setembro de 2009. Máis especificamente,abordaremos a representación mediática do conflito veciñal, debate político edetencións policiais que seguiron á publicación dunha serie de fotografías moiexplícitas sobre o exercicio de prostitución nesta zona, logo de que a veciñanzalevase meses denunciando a situación. Antes de entrar na análise propiamente ditado caso, cómpre presentar unha breve contextualización que axude a comprender aevolución dos acontecementos. O martes 1 de setembro de 2009 o diario estatal ElPaís incluía en portada o titular Sexo de pago en plena calle, e ilustraba ainformación con varias fotografías explícitas de actos sexuais de prostitución nazona de Boquería, ilustrando así unha situación que tanto veciñanza comocomerciantes levaban meses denunciando sen obteren maior relevancia. A publicación destas fotografías serviu como detonante para chamar aatención sobre a situación, e nos días seguintes produciuse un debate social epolítico protagonizado por diferentes actores con intereses dispares (colectivos detraballadoras sexuais, comerciantes, veciñanza, políticas e políticos) sobre asimplicacións que tiña esta situación para o desenvolvemento da vida na cidade deBarcelona, centrándose maiormente, como veremos ao longo da análise, en buscarfórmulas para sacar a prostitución da rúa. Probabelmente como resultado doanterior, na madrugada do venres 4 ao sábado 5 tivo lugar unha aparatosa redadacontra a prostitución de rúa, levada a cabo conxuntamente pola Policía Nacional,polos Mossos d’Esquadra (policía autonómica) e mais pola Guardia Urbana (policíalocal), que se saldou con varias detencións. Estamos, pois, ante un caso deprostitución de rúa que salta ao foco mediático non só polas queixas veciñais (quese levaban prolongando durante meses), senón pola decisión dun medio decomunicación concreto de publicar unhas fotos impactantes que confirmaban asituación que a veciñanza levaba tempo describindo sen lograr maior atención. A análise que presentamos de seguido comprende a representación que nosmedios galegos tiveron todos os acontecementos posteriores ao día 1 de setembro,desencadeados pola publicación das fotografías e conseguinte entrada do tema daprostitución de rúa no debate público. Pero amais diso, incluiremos unha novaperspectiva, xa que coincidindo no tempo, ese mesmo día 1 no que El Paíspublicaba as fotos que orixinarían todo o debate, un grupo de veciñas e veciños deVigo facían públicas tamén as súas denuncias pola prostitución de rúa na zona doBerbés, obtendo representación mediática en distintos medios. Aínda que nonpoidamos confirmar que a actuación veciñal viguesa tamén estivera desencadeadapolo acontecido en Barcelona, o feito de que a prostitución de rúa estivese esesdías na prensa si puido ter influído na cobertura dos medios do caso vigués, motivoeste polo que consideramos oportuno incorporar esta cobertura na nosa análise. A xeito introdutorio, presentaremos unhas achegas xerais coas queenmarcar os feitos acontecidos en Barcelona e Vigo con atención á relevanciaoutorgada nos distintos medios, para posteriormente esculcar como se foidesenvolvendo a representación de ambos os dous casos nas pezas xornalísticas,tratando de dilucidar as rutinas xornalísticas máis habituais. 151
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1. MARCO CONTEXTUALIZADOR: A RELEVANCIA CONCEDIDA AO TEMA1.1. A cobertura da noticia e a presenza en portada A propia publicación dunhas fotografías de sexo de pago explícito o martes 1de setembro de 2009 no diario El País converteuse en noticia ese mesmo día noTelexornal Serán da televisión pública galega. A noticia introducíaa a presentadoraanunciando que “Unhas fotografías publicadas nun xornal revelan o exercicio daprostitución nas rúas de Barcelona. As imaxes amosan os clientes e mais asprostitutas en pleno acto sexual no medio das Ramblas” (Telexornal Serán da TVG,do 1 de setembro de 2009). O mércores 2, porén, ningún medio galego se fixo eco da noticia concreta dapublicación das fotos e do rebumbio social e político que crearan, aínda que outrosaspectos do caso si foron destacados pola TVG e mais polo xornal Galicia Hoxe, quese convertía así no único medio impreso en seguir o acontecido, dando conta dacomparecencia pública (na tarde do martes día 1) de asociacións veciñais do barriodo Raval e de colectivos de traballadoras sexuais para avogar pola legalización daprostitución como xeito de evitar a súa práctica na rúa. Aínda que a TVG xa puiderater incluído esta nova perspectiva no seu Telexornal Serán do día 1, deixaría para omércores 2 a cobertura desta noticia no seu Telexornal Mediodía. A TVG actúa, xaque logo, a remolque da prensa. Aínda que sen mencionar en ningún momento os acontecementos deBarcelona, o diario Faro de Vigo tamén dedicaba espazo considerábel nestemércores 2 ao tema da prostitución, neste caso, para destacar que (tamén nomartes día 1) a asociación veciñal do Berbés denunciara na Policía Local de Vigo oexercicio da prostitución en rúas céntricas da cidade. Ningún outro medio (ninsequera o tamén vigués Atlántico Diario) alude nas súas páxinas a estasdenuncias.21 Tocante á TVG, cómpre subliñar que de novo desperdicia a inmediatezdo medio televisivo, pois no canto de cubrir este feito no mesmo día en que seproducira, volve actuar a remolque da prensa e presenta a información dasdenuncias veciñais de Vigo no Telexornal Mediodía do mércores 2. De feito, as dúasnoticias son contiguas, e o paso de Barcelona a Vigo dáse coa alusión a unmarcador xeográfico por parte do presentador do telexornal, antes de darlle paso ádesconexión: “E aquí en Galicia, veciños de Vigo alertan das presenza deprostitutas nas rúas máis próximas ao centro da cidade. Luís Fiuza?”. Os días 3 e 4 de setembro, o xornal Faro de Vigo continúa publicandocadansúas pezas informativas sobre o conflito do Berbés, primeiro recollendo asimpresións das veciñas e veciños da zona, e despois presentando o problema comosolucionado pola intervención do goberno municipal e das forzas policiais. O asuntode Vigo remata a súa cobertura ese día, sen que ningún outro medio galego aluda ael nas súas páxinas ou espazos. O que si fai o outro xornal vigués, Atlántico Diario,é incluír un artigo de opinión asinado por Manuel Molares do Val titulado“Trabajadoras sexuales”, onde amosa as súas impresión sobre o caso de Barcelona(en concreto sobre o comportamento do xornal El País e as actitudes recentes dosgrupos políticos) evitando calquera mención do conflito que eses días taménemanara na súa mesma cidade.21 A edición de La Voz de Galicia consultada para a elaboración desta análise foi a deSantiago de Compostela, e non a que inclúe o caderniño local de Vigo. 152
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Como sinalamos anteriormente, na madrugada do venres 4 ao sábado 5 tivolugar unha macroredada policial contra a prostitución de rúa en Barcelona,constituíndo este o feito máis cuberto polos medios galegos. A TVG dá a noticia omesmo sábado 5 (por vez primeira, adiantándose á prensa), e ademais faino porpartida dobre e complementando a información con outros datos: no TelexornalMediodía, informa da redada e das detencións, presentando tamén a campaña “Sipagas, eres cómplice”, presentada pola Concellaría de Igualdade de Salamancapara destacar a responsabilidade que na prostitución ten quen compra os servizossexuais, e acabar coa dobre moral que hai na sociedade tocante á prostitución. Polanoite, no Telexornal Serán ofrece unha información aínda máis completa, xa que ápeza emitida a mediodía sobre a redada engádelle agora tres novos enfoques:primeiro, unha peza sobre o debate político desencadeado pola redada e apublicación das fotos (afirmando que os partidos políticos cataláns discrepan sobrecomo afrontar o problema, e resumindo as principais posturas); xusto acontinuación, a denuncia de veciñas/os do barrio de Delicias en Zaragoza contra aprostitución de rúa; e por último, unha nova alusión á campaña de Salamanca, quea voz en off engarza na peza anterior cun “E para previr o consumo e práctica daprostitución o concello de Salamanca vén de facer pública a campaña [...]”. En todo caso, como dicíamos, a redada policial e posteriores detenciónsconstituíu o feito noticioso máis cuberto polos medios galegos, xa que ademais daTVG, tamén se recolleu en cinco xornais: El Progreso, La Región, La Voz de Galicia,Xornal e Galicia Hoxe. O enfoque, porén, non foi o mesmo en todos eles. Mentres ElProgreso, La Región e Galicia Hoxe se centraron unicamente na redada edetencións (aínda que este último, como continuación á cobertura do caso que xainiciara o día 2), La Voz de Galicia recolleu as detencións e tamén unha parte dodebate político, incluíndo a postura do partido IC. Xornal, pola súa banda,centrouse eminentemente no debate político (até o punto de titular a informaciónDebate en Barcelona sobre cómo solucionar la prostitución) e simplemente aludiu áredada como feito desencadeante do debate. (Galicia Hoxe e La Voz de Galicia, aocontrario, afirmarán que o desencadeante do debate fora a publicación das fotos odía 1). Na maioría dos casos, esta foi a primeira e última vez na que se ofreceucobertura mediática do caso Boquería, xa que nos días posteriores só se recolleríanpezas xornalísticas na TVG, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia, que pasamos adescribir. O mércores 9 de setembro, a TVG incluíu un bloque de tres pezasinformativas sobre a prostitución no seu Telexornal Mediodía e mais no TelexornalSerán, abordando os cartos que xera o negocio, identificando quen avoga polaregularización dese negocio e presentando tamén a corrente abolicionista. Esemesmo día, Galicia Hoxe comezaría a publicación dunha serie de tres pezasinformativas consecutivas, que deste xeito darían cobertura ao tema os días 9(presentando a posición da Generalitat), 10 (presentando a postura do alcalde dacidade) e 11 de setembro (coa comparecencia da concelleira do distrito Ciutat Vellainformando dos planes efectivos do concello, e mais do colectivo de traballadorassexuais). A última peza xornalística sobre o caso Boquería incluída nos xornais galegosno mes de marzo foi un artigo de opinión da contraportada de La Voz de Galicia,asinado por Lois Blanco co título de ¡Oh! La prostitución existe, no que o autorsubliña a hipocrisía dos partidos políticos que só reaccionan cando o asunto chega áopinión pública, e en todo caso fano centrándose en acalmar a polémica no cantode buscar unha solución efectiva e definitiva á cuestión. 153
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Para concluír este repaso pola cobertura do caso de Boquería en prensa etelevisión cómpre mirarmos agora á presenza en portada. A conclusión é doada deformular a este respecto, pois absolutamente ningunha noticia recollida nos mediosobxecto de análise se levou ao avance de titulares (caso da TVG) nin á portada(caso dos diarios). A máxima relevancia ‘exterior’ que acadou o tema foi a columnade opinión de Lois Blanco na contraportada de La Voz de Galicia do día 13. Tocanteás queixas veciñais pola prostitución nos barrios céntricos de Vigo, o xornal Faro siadianta a noticia como titular breve de portada o primeiro día que saca ainformación (mércores 2 de setembro), indicando que La prostitución callejera seacerca a la zona céntrica de Vigo, aínda que o posíbel impacto do titular quedaesvaecido nunha portada sobrecargada de informacións na que chegan apresentarse once noticias de portada.1.2. Seccións nas que se publican as informacións en cada medio A asignación dun ou doutro lugar ás pezas relacionadas cos conflitos veciñaispola prostitución de rúa en Barcelona non só dá conta da importancia que se lleconceda ao tema nos medios, senón que, se cadra, tamén podería explicar por quenalgúns casos nin sequera entrou na grella informativa. Deixando de lado o artigode opinión de Atlántico Diario e La Voz de Galicia (situados, respectivamente, naspáxinas de opinión e na contraportada), o resto de xornais que cobren o casoinclúeno ou ben na sección de Sociedade (Galicia Hoxe, páxinas 14, 13, 13, 13 e 14por orde de aparición), ou ben na sección de España (La Voz de Galicia, páxina 21;Xornal, páxina 28; La Región, páxina 37; e El Progreso, páxina 39). Noutraspalabras, inclúeno nas seccións máis breves da maior parte dos xornais galegos,provocando que a información de Boquería teña que ‘competir’ con moitas outrasinformacións de actualidade estatal ou social. De mirarmos aos xornais que noncubriron desde un punto de vista informativo o caso, veremos que estes foron oscatro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, Diario deFerrol, Diario de Arousa), Diario de Pontevedra (malia compartir páxinas de Españacon El Progreso, que si o cubre), El Correo Gallego, La Opinión, Faro de Vigo eAtlántico Diario. É dicir, xornais de enfoque prioritariamente local, que de feitoabren as súas edicións coas páxinas de Local (que nalgúns casos pode chegar aocupar as 20 primeiras follas), seguido de Opinión, Galicia, España, Internacional eSociedade. A España dedícanlle, como moito, dúas páxinas, que neste días estabancopadas con noticias sobre a incidencia da gripe A, as escoitas do Partido Popularou a detención da etarra fuxida Aranalde). Xa que logo, semella mesmo destacábelque xornais locais como La Región ou El Progreso si lle fixesen un oco ásinformacións nas súas páxinas de España (e en todo caso, chama a atención adiferenza de criterio de Diario de Pontevedra a respecto de El Progreso, ouviceversa, pois a páxina de España de ambos os xornais é decote idéntica). Xunto aeles, os outros periódicos que lle dan cobertura son aqueles cun menor enfoque naperspectiva local (TVG, Xornal, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia). En concreto, esteúltimo xornal comeza coas páxinas de Galicia, seguidas de Opinión e España;Xornal comeza con Opinión, seguido de Galicia e España; e Galicia Hoxe dedicaunha cobertura extensa todos os días ás noticias de índole social. Ora ben, a consideración da prostitución como un asunto de carácterestrutural ben podería levar á súa inclusión nas páxinas de Sociedade, como faiGalicia Hoxe. Mais de novo, o espazo exiguo reservado para esta sección nameirande parte dos xornais dificulta a súa selección, sobre todo nuns días ateigadosde noticias sobre a volta ao cole ou a incidencia da gripe A no curso escolar, perotamén con outras pezas cuxa relevancia social conviría valorar en comparación aocaso da Boquería, como que Ferrán Adriá dese unha conferencia pedindo que asescolas impartan alimentación saudábel, que o bispado de Zamora conte con perfil 154
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAna rede social Facebook, que en Málaga naceran trillizos idénticos, que un [sic]turista gay dedica máis presuposto ás vacacións, ou a noticia con foto de portadanalgún xornal galego o día 7 de setembro sobre a batalla campal coa policía nunbotellón na localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón. No caso da cobertura de Faro de Vigo sobre o conflito veciñal do Berbés, asnoticias situáronse os tres días nas páxinas de Local do periódico, acadando asíbastante relevancia. O día 2 de setembro, a información (anunciada en portada)ocupaba a páxina 3 do xornal, e nos días posteriores seguiría ocupando un lugarrelevante (nas páxinas pares 4 e 6). Por último, o tratamento que se lle outorgou ás noticias sobre prostituciónna TVG foi máis ben de entre sucesos e sociedade, a xulgar polo momento doTelexornal no que se emitiron e máis polas noticias que as precedían ou seguían.Dado que se adoitaban facer bloques informativos sobre o tema da prostitución convarias pezas, en ningún caso primaba un criterio xeográfico: o día 2, por exemplo,concatenábanse dúas pezas sobre a prostitución en Boquería e en Vigo; e o día 5,chegaban a incluírse informacións sobre as detencións pola redada no mercadobarcelonés de Boquería, cunha campaña para responsabilizar aos compradores desexo do seu papel na prostitución en Salamanca, e mais coas denuncias veciñais dobarrio zaragozano de Delicias. Nun reconto breve pero ilustrativo, a noticia do día 1 de setembro sobre apublicación das fotos de sexo de pago ocupou o número 33 na grella informativa doTelexornal Serán, emitíndose ás 21.08h, xusto despois das noticias de sucesos (amorte dun octoxenario no seu piso) e inmediatamente antes de que dea comezo asección Deportes. Isto quizais, lle garanta audiencia por parte de quen nesemomento se una ao Telexornal buscando a información deportiva desde unhaperspectiva galega. O día 2, as noticias emitidas ocuparon o posto 26 e 27(emitidas ás 15.03h e 15.04h), precedidas da información sobre a detención daetarra Aranalde e antes dunha información sobre que só 2 de cada 10 galegos [sic]consulta alteracións sexuais. O sábado 5, as noticias sobre as detencións comoresultado da redada ocupan o posto 18 no Telexornal Mediodía (14.47h), e o 17 noTelexornal Serán (20.45h). Malia incluír tamén información de contido social sobrea campaña do Concello de Salamanca ‘Si pagas, eres cómplice’ e máis da situaciónde veciñanza en Zaragoza, o tratamento que reciben as noticias serían máis ben desucesos, pois van precedidas por unha información sobre as ameazas de morte daCamorra ao escritor Roberto Saviano e seguidas do sucesos de varias detenciónspracticadas por tráfico de drogas en Eivisa. Entre noticia de suceso e de sociedadeparece tratarse o día 9, cando ocupa o posto 13 no Telexornal Mediodía (14.47h) e18 no Telexornal Serán (20.56h). Tanto nun coma noutro, a información emitidaeste día (na que se presentaban os colectivos que apoiaban a regulación, e serecollían os argumentos abolicionistas afirmando que “A prostitución non é unhasaída laboral”) vai a continuación dunha noticia sobre o desemprego titulada “Amaioría dos desempregados aseguran que agora mesmo aceptarían calqueratraballo”: que cadaquén tire as súas propias conclusións. A mediodía a noticiaseguinte é sobre un mozo condenado por atropelar, matar dúas persoas e logo fuxir(crónica de sucesos), mentres que ao serán dánselle cabida a dúas noticias máis desociedade como son o incumprimento das normas comunitarias nas páxinas websque venden electrónica pola internet, e mais a entrevista do ministro Moratinos copresidente israelí. Logo si, veñen os sucesos coas mortes producidas por mor dasinundacións en Turquía e a condena ao mozo que atropelou e matou dúas persoase logo fuxiu. 155
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.3. Espazo que ocupan as informacións A relativamente pouca cobertura do caso, unida á súa non inclusión enportada, constitúen pistas abondo reveladoras do espazo reducido que se lleoutorga á cobertura do conflito veciñal de Boquería nos medios galegos. Tocante áprensa, o máximo espazo dedicado a unha peza corresponde a Galicia Hoxe ovenres 11 (26-49 módulos) e ao artigo de opinión da contraportada de La Voz deGalicia do domingo 13 (tamén 26-49 módulos). Nun chanzo inferior (11-25módulos) atópanse as informacións de El Progreso, Xornal e La Voz de Galicia dodía 6 de setembro. Galicia Hoxe, malia ser o xornal galego que maior seguimentofai do caso (até en cinco días diferentes), reserva un espazo de breves para as 4das informacións dos días 2, 6, 9 e 10, nun espazo semellante ao que outorga LaRegión ao caso o 6 ou ao espazo asignado para a columna de opinión de AtlánticoDiario do día 4 (1-10 módulos). Se falamos da cobertura dos conflitos veciñais do Berbés no Faro de Vigo, alectura varía radicalmente, xa que o xornal vigués dedica unha cobertura de caseunha páxina (26-49 módulos) ás informacións sobre este aspecto publicadasconsecutivamente os días 2, 3 e 4 de setembro de 2009. Respecto á televisión, ocriterio máis doado de medir o espazo dedicado ás informacións emitidas é o decomputar o tempo de cada bloque completo sobre prostitución, xa que comoindicamos é frecuente que encadeasen como un mesmo tempo diferentes aspectos.Así, o martes 1 a noticia sobre a publicación das fotos ocupa 1:15 minutos (desde43.20 a 44.35 do telexornal). O día 2, os 47 segundos dedicados ao avance do casode Barcelona sumados aos 1:23 minutos sobre o conflito de Vigo fan un total de2:10 minutos dedicados a abordar distintos aspectos da prostitución (desde 38.23até 40.35), no que sería o bloque informativo máis longo sobre este tema. Osábado 5, entre as detencións de Barcelona (40 segundos) e a campaña deSalamanca (30), o Telexornal Mediodía dedícalle ao tema 1:10 minutos (desde23.47 ata 24.57). O tempo dedicado ao tema no Telexornal Serán aumentaconsiderabelmente até os 1:50 minutos, pois amais das detencións de Barcelona(38 segundos) inclúese alusión, por esta orde, ao debate político de Barcelona, ásqueixas veciñais de Zaragoza, e á campaña de Salamanca (1:12 minutos),ocupando así desde o minutos 21.50 até o 23.41 do telexornal. Por último, omércores 9 preséntase o “negocio” da prostitución, a postura da regulación e daabolición en 1:40 minutos no Telexornal Mediodía, e en 1:50 minutos no TelexornalSerán (pois aquí altérase a orde e reitérase a posición da Plataforma Estatal polaAbolición da Prostitución).1.4. Inclusión de fotografías A correlación entre o espazo dedicado ás pezas xornalísticas e a inclusión defotografía resulta ben doada de estabelecer: só inclúen fotografía aquelas pezasque ocupan entre 26-49 módulos. Así, Galicia Hoxe é o único xornal en incluír unhafoto do día sobre o tema da Boquería, e faino para ilustrar a información sobre aroda de prensa de varias traballadoras sociais na súa edición do venres 11. Faro deVigo inclúe fotos tamén nas tres páxinas dedicadas ao tema do Berbés: unha foto odía 2, catro fotos de caretos o día 3, e 2 fotos contiguas que ocupan as cincocolumnas da páxina o día 4. O artigo de opinión de La Voz de Galicia asinado porLois Blanco tamén incorpora unha fotografía, a única de toda a contraportada.Aínda que esta análise está eminentemente enfocada á prensa, poderíacompletarse indicando que na súa información do día 1 de setembro, a TVG emitegravacións das fotografías que amosaban de forma explícita o exercicio de sexo depago nos soportais do mercado da Boquería, malia que en ningún momento advirteda fonte primaria de tales fotografías (o xornal estatal El País). 156
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2. AS RUTINAS XORNALÍSTICAS NA COBERTURA DA INFORMACIÓN Como vimos manifestando, o presente caso de estudo céntrase na coberturados medios de comunicación galegos sobre o conflito arredor da prostitución de rúano barcelonés mercado de Boquería iniciado a comezos de setembro de 2009. Contodo, as similitudes e coincidencia no tempo co conflito veciñal no barrio do Berbés,en Vigo, fannos querer considerar na nosa análise tamén este caso, para esculcaras posíbeis influencias que puidera haber na cobertura mediática de ambosfenómenos. Buscando facilitar a exposición, dividiremos a análise das rutinasxornalísticas en dous subgrupos, examinando primeiro o caso da Boquería eposteriorme o caso do Berbés.2.1. Pezas xornalísticas sobre o conflito veciñal da Boquería2.1.1. Xéneros xornalísticos A maior parte das pezas xornalísticas sobre este caso publicadas nos mediosgalegos corresponden ao xénero da noticia, sendo moitas delas catalogábeis comobreves. É pois evidente que con este tipo de encadramento non ha ser doadofacilitar desde a redacción a comprensión da audiencia sobre o transfundo dofenómeno da prostitución de rúa, e máis particularmente, da súa caracterización nacidade de Barcelona. De feito, nestas información breves a maior parte das noticiasestán orientadas cara ao acontecemento concreto da redada e posterior detenciónde varias persoas, como evidencian titulares do tipo Una redada en Barcelonacontra la prostitución en la calle acaba con 16 detenidos –La Voz de Galicia, de 6 desetembro de 2009–, 16 detenidos en una redada en Barcelona contra laprostitución –El Progreso, de 6 de setembro de 2009– ou 16 detenidos enBarcelona, en una redada contra la prostitución –La Región, de 6 de setembro de2009–. O único diario que escolle darlle un enfoque máis analítico á súa noticia(pese ás limitacións espaciais coas que conta) é Xornal, tal e como se podeenxergar a partir do titular da información Debate en Barcelona sobre cómosolucionar la prostitución. Respecto a Galicia Hoxe, malia ofrecer unha cobertura continuada naspáxinas de Sociedade sobre este caso, a recorrencia habitual a noticias breves eivade forma fatal a capacidade de ofrecer pistas que permitan gañar unha visióncomplexa do asunto. De feito, os titulares das noticias ao longo do tempo dan boamostra de como o diario acaba funcionando como unha sorte de altofalante dediversas fontes, dependendo do día do que se trate: Veciños e prostitutas ven nalegalización a fin do traballo na rúa –Galicia Hoxe, de 2 de setembro de 2009–;Barcelona lanza unha operación contra a prostitución nas Ramblas –Galicia Hoxe,de 6 de setembro de 2009–; O Govern catalán elude unha lei de prostitución nestalexislatura –Galicia Hoxe, de 9 de setembro de 2009–; Hereu quere incluír noprograma do PSC a regulación da prostitución –Galicia Hoxe, de 10 de setembro de2009–. Só a noticia última do día 11, como xa comentamos, ofrece un tratamentomáis completo e complementarios sobre a realidade da prostitución de rúa naCoruña, cun titular O Barrio do Raval de Barcelona podería ter prostíbuloslegalizados –Galicia Hoxe, de 11 de setembro de 2009–. Ao lado desta maioría de pezas noticias, hai que mencionar a breve columnade opinión de Manuel Molares do Val titulada Trabajadoras sexuales –AtlánticoDiario, de 4 de setembro de 2009– na que se dedica a acusar a determinadospartidos dun falso progresismo, até o punto de que logo da publicación dasfotografías sobre sexo de pago, quen anteriormente denominaban ás prostitutas“trabajadoras sexuales” agora podería velas como “putas asquerosas”; e mais acontraportada de Lois Blanco ¡Oh! La prostitución existe –La Voz de Galicia, de 13de setembro de 2009– na que se ofrece unha reflexión pausada e crítica sobre o 157
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAcomportamento duns partidos políticos que só parecen reaccionar ante certasproblemáticas cando o asunto está candente e na opinión pública, polo que seuobxectivo sería non tanto solucionalo como si conseguir que volva esquecerse naopinión pública.2.1.2. Fontes Polo feito de estarmos a analizar un caso de prostitución de rúa que saltouaos medios polas protestas veciñais, resulta doado inferir que efectivamente asveciñas e veciños serán unha das fontes informativas principais da noticia. Sono enexclusiva na noticia que o mesmo día 1 emitiu a TVG no Telexornal Serán, onde ainformación xira arredor das súas denuncias e se inclúen entrevistas a dous veciñosdo barrio, e volven selo en exclusiva no Telexornal Mediodía do día 2, onde seincide na petición de “veciños e comerciantes” [sic] de que se legalice a prostituciónpara que as prostitutas ‘traballen’ en locais regulados (e posteriormente, e senmoita relación co caso, recorrerase tamén á veciñanza como fonte para recoller assúas queixas pola prostitución de rúa en Zaragoza). Nesta peza do día 2 sorprende,porén, o silenciamento ao que se somete ás prostitutas, sobre todo de comparalacoa noticia que ese mesmo día 2 publica o xornal Galicia Hoxe co titular de Veciñose prostitutas ven na legalización a fin do traballo de rúa. Na TVG, xa que logo,quedan co sensacionalismo das declaracións que ofrece a veciñanza, rexeitandoacudir aos colectivos de prostitutas que fixeran declaracións no día anterior, comotamén ás propias prostitutas cuxas imaxes (gravadas durante a noite) si se emitensen ningún complexo vulnerando así o dereito á privacidade. En calquera caso, na noticia de Galicia Hoxe estamos diante da segundatipoloxía de fonte informativa deste caso: as prostitutas. Na noticia, as declaraciónsde Marcela Torres, voceira do colectivo de traballadoras sexuais Àmbit Doa, ocupaas tres cuartas partes do texto, reservando só o parágrafo final para oposicionamento (que non declaracións) do vicepresidente da Federación deAsociacións de Veciños de Barcelona, Jordi Virou. O colectivo de prostitutasvolverán ser fontes informativas, aínda de que maneira exigua, na informacióndeste xornal do día 11 titulada O barrio do Raval de Barcelona podería terprostíbulos legalizados, que inclúe como antetítulo “As meretrices quixeronremarcar nunha roda de prensa a hipocrisía do debate e esixiron respecto ediálogo” e tamén un despece titulado As representantes esixen respecto onde se dáconta de como denuncian o acoso policial e mediático que vulnerou o seu dereito áprivacidade, ademais de remarcaren a “ ‘hipocrisía’ que está rodeando o debatesobre a prostitución, xa que moitos dos que se escandalizaron publicamente polasimaxes de sexo retribuído na rúa ‘son os que logo van a clubs onde pagan 400 ou500 euros á noite’ ”. Con todo, malia seren elas unhas das principais protagonistasdas informacións, e malia seren en principio accesíbeis a calquera xornalista coninterese en afondar na súa situación (se ben é certo que por se atoparen elas enBarcelona, os medios galegos probabelmente estean a expensas do que lles‘ofrezan’ as axencias de prensa), ningún outro medio volve facerse eco das opiniónsdas mulleres. O máximo ao que se chega, no caso das informacións emitidas amediodía e ao serán do día 9 na TVG, é a contactar coa Plataforma Estatal polaAbolición da Prostitución, para incluír declaracións da que fora presidenta da agoraextinta Asociación Alecrín, Ana Míguez. Pero unha vez máis, a consulta a esta fontenon está acompañada da consulta a outra fonte próxima ás prostitutas pro-legalización, polo que ofrece unha visión parcial e tendenciosa das dúas correntesque sobre a prostitución conviven no discurso feminista e nas mesmas mulleres queofrecen sexo de pago. 158
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Amais de conflito veciñal, o caso da prostitución de rúa no mercado daBoquería xerou tamén un extenso debate político nos días vindeiros, polo que ospolíticos (masculino específico) con responsabilidades e competencias sobre o temaconvertéronse tamén en fontes das noticias con suma frecuencia. Seguindo ásdetencións policiais practicadas na madrugada do 4 ao 5 de setembro, algúnsxornais aproveitan para incluír as declaracións de partidos políticos concretos (comoLa Voz de Galicia, Xornal ou a TVG). Galicia Hoxe será o único xornal que durantetres días consecutivos (9, 10 e 11) cubra o caso de prostitución da Boquería a partirdos posicionamentos e declaracións feitas públicas por distintos cargos políticos.(Aínda que como sinalamos, a noticia do día 11 inclúa tamén a voz das prostitutascomo fonte, máis das tres cuartas partes da información está dedicada a cubrir asposturas dos cargos políticos). Por último, as forzas policiais (Policía Nacional, Mossos d’Esquadra e GuardiaUrbana) convértense na terceira fonte informativa destes relatos no caso dacobertura da redada e detencións da madrugada do 4 ao 5. Tanto na TVG como nosxornais arriba mencionados, comparten protagonismo cos políticos que ofrecendeclaracións, aínda que outros xornais como El Progreso, La Región ou Galicia Hoxerefugan do debate e céntranse en cubrir a nota policial, na que polo menos esteúltimo xornal recoñece o acceso indirecto que tivo á fonte cun “segundo informarona Efe fontes da Policía Nacional”. A Policía, porén, limítase a dar conta dos feitosconstatábeis (detencións, cargos dos que acusan, etc.) o que de ningún xeitocontribúe a que se teña unha comprensión máis íntegra do fenómeno, das súascausas e das súas consecuencias. En definitiva, veciñanza e cargos políticos convértense en fontesinformativas por excelencia, as primeiras para destacar os aspectos máis sórdidosda prostitución de rúa e apelar á solidariedade da audiencia por mor dos trastornosque lles causan nas súas vidas, e as segundas para tratar de limpar a súa imaxe edestacar as solucións nas que se está a traballar para solucionar o problema, sendesaproveitar a ocasión para sacar tallada política (e se cadra tamén electoral) doconflito xerado. As prostitutas están polo xeral silenciadas, e cando falan, non seofrece unha consulta equilibrada ás dúas tendencias principais sobre o debate daprostitución. Pero se existe unha ausencia maior, esta é a dos chamados “clientes”,segundo a información do Telexornal Serán da TVG do día 1, “na súa maioríaturistas estranxeiros”. En ningún momento se acude a estes homes como fonteinformativa malia posuíren un papel fundamental no conflito, malia que aparecentamén retratados nas fotografías obxecto de polémica (que a TVG emitiu) mentresas prostitutas lles realizan felacións ou mentres eles penetran analmente ásprostitutas na rúa. Sabemos da súa responsabilidade pola campaña do Concello deSalamanca “Si pagas, eres cómplice”, e sabemos da súa hipocrisía polo que delesdin as prostitutas (“moitos dos que se escandalizaron son os que logo van aclubs”), pero non podemos deixarnos de preguntarnos, a este respecto, se taméneles estarían a favor de legalizar a prostitución na Ciutat Vella de Barcelona pararesgardarse no anonimato que ofrecerían os pisos. A eles, en definitiva, ninguénlles pregunta.2.1.3. Protagonistas Ademais de seren fontes informativas, a veciñanza, os cargos políticos esobre todo as prostitutas convértese por momentos en protagonistas dasinformacións. A veciñanza é protagonista porque no reconto de trastornos que llesprovoca a prostitución de rúa sitúanse como suxeitos das accións para deixarconstancia do papel activo que levan meses desempeñando, malia o desinteresemediático. 159
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Tocante aos cargos políticos, o seu protagonismo recae en se presentaren asi mesmos como suxeitos actores con poder de actuación sobre a realidade, poispracticamente só en dúas ocasións (nos artigos de opinión de Atlántico Diario dodía 4, e de La Voz de Galicia do día 13), os políticos son protagonistas porqueoutras/os –os asinantes dos artigos– falen deles. As prostitutas, no entanto, sonprotagonistas do relato porque todas/os falan delas, agás elas mesmas (lembremosque só en dúas ocasións as protagonistas se converteran en fontes informativas).Con todo, o retrato que delas se ofrece é fragmentado e dista moito de sercompleto. Malia afirmarse, na noticia do día 1 na TVG, que “a maioría delas [dasprostitutas] son inmigrantes moi novas”, en ningún momento se aborda a preguntade como chegaron até España, se foron vítimas de tratas ou de mafias, se viñeronsoas pola súa propia conta coa esperanza de atopar algún tipo de traballo enmente, canto tempo hai que residen no territorio peninsular (sendo moi novas, é desupoñer que a súa chegada foi recente) e calquera outra lectura que vincule anoticia co feito de seren inmigrantes. Amais, as fotos emitidas amosan a prostitutasde raza negra realizando prácticas sexuais con turistas brancos, polo que acompoñente de xénero interacciona aquí coa compoñente racial. A lectura complexadas dúas variábeis, e das formas en que poden interaccionar, atópase taméntotalmente ausente, e aquí cabería que os medios indagasen nos motivos polos queson xustamente estas mulleres (inmigrantes, moi novas e negras) as que secolocan nas rúas da Ciutat Vella, en lugar de se dedicaren á prostitución nalgúnsdos múltiples prostíbulos en pisos (a salvo da policía e respectando a OrdenanzaMunicipal de 2006)22 que existen noutros barrios de Barcelona. Pero amais de todo isto, a descrición das prostitutas que ofrecen os mediosnon só vulnera o seu dereito á intimidade (no caso da TVG que emitiu imaxes delassen o seu consentimento, cando estaban a realizar unha actividade que non estátipificada como delito). E non só iso, senón que coa selección de fontes informativasque realizan para describírenas, así como pola construción do discurso, os mediosacaban por afianzar no imaxinario colectivo a imaxe delas como (únicas) culpábeisdunha situación que se presenta e denuncia como problemática. Fano, porexemplo, cando recorren a fontes veciñais para que relaten a situación caótica nobarrio por culpa da prostitución. Pero tamén, cando reproducen acrítica eautomaticamente a nota policial sobre a redada contra “focos de inseguridadecidadá e contra situacións de irregularidades”, que se salda con 16 persoas detidas,das cales as únicas que se identifican son catro prostitutas (detallando que dúasson nixerianas e as outras dúas, travestidas brasileiras). Dúas podían ser, pois, as causas polas que as deteñen. A primeira, incumprira Ordenanza Municipal de Convivencia do Concello de Barcelona, da que só o xornalGalicia Hoxe, na súa noticia do día 2, tiña explicado que “entrou en vigor en 2006para regular diversas actividades problemáticas na vía pública [e] restrinxe apráctica da prostitución nas proximidades de colexios e espazos concorridos, conmultas tanto para as prostitutas como para os clientes (de ata 750 euros)”. E asegunda, atopárense nunha situación de estadía irregular no territorio español. Calé o motivo, pois, das detencións?22 Como describe Galicia Hoxe na noticia do día 11, a Ordenanza Municipal en vigor desde2006 regula que os prostíbulos non poden atoparse a menos de 200 metros doutro tipo deinstalacións como os colexios, condición esta moi difícil de cumprir no casco vello deBarcelona, onde se dá unha densidade de equipamentos. 160
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAO día 6, só La Voz de Galicia ofrece esta resposta, detallando que “a pesar de quela operación pretendía combatir la prostitución, solo cuatro mujeres estaba [sic]ejerciéndola y el motivo del arresto no fue este, sino infringir la Ley de Extranjería”.Unha reflexión moi evidente (malia que totalmente ausente dos medios galegos)emana deste feito, xa que dado que as mulleres obrigatoriamente terían que estara ‘exercer’ a prostitución con alguén, se a elas as detivesen por incivismo na víapública, tamén terían que deter a eses (igualmente incívicos) clientes daprostitución. Daquela, convén preguntar: sería este o motivo polo que, maliapresentarse en todos os titulares como “redada contra la prostitución” (TVG, LaRegión, El Progreso e La Voz de Galicia) ou como “operación contra a prostitución”(Galicia Hoxe), en realidade non se detivo a ninguén por incivismo asociado áprostitución, porque iso implicaría tamén ter que deter ‘clientes’? E aínda que sóquede no plano da hipótese, convén seguir reflexionando: cabería a mínimaposibilidade de que as detivesen por situación irregular como xeito de non practicardetencións sobre os clientes (turistas brancos, a xulgar polas fotografías)? E encalquera caso, se contra as prostitutas alegaban unicamente a súa carencia dedocumentación legal, por que os titulares non foron máis veraces incorporandodirectamente a información de que se tratou dunha “redada contra a inmigraciónirregular”? O que os medios conseguen co seu comportamento autómata eirreflexivo é criminalizar e culpabilizar ás prostitutas detidas, enfatizando que forondetidas nunha redada contra a prostitución, cando en realidade foron detidas nunharedada contra a inmigración ilegal. Pero aínda podemos ir máis alá e preguntarnos polo trato diferenciado quereciben as catro prostitutas arrestadas (como dixemos, detallando que dúas sonnixerianas e as outras dúas, travestidas brasileiras) respecto das outras 12 persoasdetidas, das que todos os medios que cobren a noticia simplemente nomean como“doce ciudadanos extranjeros que se encuentran en España en situación irregular”.Preguntamos, para comezar: non son as prostitutas detidas tamén cidadásestranxeiras que se atopan en España en situación irregular? (a resposta é porforza afirmativa, toda vez que as detiveron por infrinxir a lei de estranxeiría;daquela, faise unha diferenza entre “prostitutas” e “ciudadanos”, dando a entenderque as primeiras non se engloban na categoría de cidadanía). E seguimospreguntando: en todo caso, que ‘tipo’ de cidadáns estranxeiros son estas 12persoas detidas? Acaso turistas/clientes (fenómeno pouco probábel, a teor da súacondición de irregularidade)? Ou acaso proxenetas ou intermediarios que, comamoitas delas, carezan de papeis? E de tratárense de proxenetas, foron elas vítimasde mafias e redes de trata? Nese caso, que futuro lles agarda a unhas (prostitutasestranxeiras en situación irregular) e outros/as (resto de persoas estranxeiras ensituación irregular)? De ser as mulleres detidas vítimas de redes de trata, a súadetención por incivismo si levaría á aplicación da ordenanza municipal e aplicaciónde multas (pero tamén para os clientes, como dixemos), mentres que a súadetención por estadía irregular, podería saldarse coa súa consideración detestemuñas protexidas se colaboran coa xustiza denunciando ás mafias e coaposterior regularización da súa situación no territorio español. Obviamente, para osmedios de comunicación é difícil poder atopar respostas concluíntes sobre todasestas conxecturas, preguntas e variábeis, pero o que si deberían facer éxustamente formular os interrogantes, para darlle a coñecer á cidadanía ocomplexo fenómeno da prostitución e a situación tan enrevesada no plano legal naque se atopan as mulleres, cunhas normas municipais que as multan, e cunhasnormas estatais que as protexen. Falta, pois, preguntarse sobre o que pasaposteriormente coas persoas detidas. 161
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Á parte das 16 detencións, os xornais e a TVG ofrecen o dato de que 280persoas foron identificadas, e delas 78 foron “enviadas a comisaría para serexpatriadas” (nos termos de La Voz de Galicia, do 6 de setembro de 2009) ou“trasladadas á Unidade de Estranxeiría da Policía Nacional á espera de ver se se llespode aplicar a lei de estranxeiría” (segundo Galicia Hoxe, do 6 de setembro de2009). Pola súa banda, La Región, El Progreso e a TVG afirman que “los detenidosse encuentran en dependencias de la Jefatura de la Policía Nacional de Barcelona ala espera de ver si se les puede aplicar la Ley de Extranjería”, polo que se dá aentender que que só as 16 persoas detidas (e non un total de 78) estarían ensituación irregular. Por último, como xa se evidencia da análise até agora presentada, nincompradores de sexo nin proxenetas chegan a adquirir protagonismo en ningúnmomento, malia seren realmente as dúas figuras que sustentan a prostitución nosdous extremos (os cartos pasan duns a outros), con moitas prostitutas quesimplemente son intermediarias nesa transacción, por moito que esaintermediación implique poñerlle prezo ao sexo que ofrecen e reter para elas unhaparte dese importe. Seguindo coa culpabilización das vítimas, insístese en noticiascomo as publicadas pola TVG que “as prostitutas captan aos clientes entre osturistas”, o que acaba por vitimizar aos turistas e presentalos coma se nadapuidesen facer para ‘evitaren’ caer nas gadoupas destas captoras. Mais enrealidade, como anunciaba a campaña de Salamanca, “si pagas, eres cómplice”.2.1.4. Autoría As columnas de opinión, abofé, aparecen asinadas por cadanseu autor. Perode nos restrinxirmos ás noticias, podemos afirmar que a excepción de dúas, o restode noticias publicadas sobre a prostitución de rúa en Boquería veñen asinadas poraxencias. Recorrer ás axencias para obter a información é un comportamento encerta medida esperábel polo feito de que os acontecementos teñan lugar enBarcelona e o medio galego non poida seguir a noticia de primeira man. Así, nanoticia do día 1 da TVG os micrófonos cos que entrevistan á veciñanza do mercadode alimentos son de EP (Europa Press), Xornal e La Región optan simplemente por“Barcelona. Agencias”, El Progreso asina a súa noticia con “EFE. Barcelona”, e odiario Galicia Hoxe asina as catro noticias breves que publica (os días 2, 6, 9 e 10)tamén como “EFE”, mentres que para a noticia máis longa do día 11 decántase porpoñer “Redacción. Santiago”, nun comportamento cando menos curioso, dado quenon se albisca en ningún momento investigación propia por parte do xornal: porque non asinaron xa como redacción as anteriores? Ou por que non mantiveron asinatura de EFE (máxime, cando a fotografía si aparece atribuída a ToniGarriga/Efe)? A única peza que aparece asinada é a publicada por La Voz de Galicia o día6, da que se responsabiliza o xornalista Cristian Reino. Con todo, todo pareceindicar que o seu labor consistiu simplemente en reescribir unha información que llefora dada, sen buscar completar ou contrastar fontes nin ofrecer unha visión máisreflexiva sobre os feitos, xa que practicamente toda a información que se inclúenesta noticia pode consultarse noutros medios que asinan como axencias (enXornal, tocante á posición do partido ICV; e no resto de xornais, tocante aos datosdas detencións). 162
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2.1.5. Tratamento fotográfico Só dúas das pezas xornalísticas incorporan fotografías, como xa sinalamosno epígrafe anterior. Unha delas é o artigo de opinión da contraportada de La Vozde Galicia titulada ¡Oh! La prostitución existe para pór énfase na hipocrisía políticasobre o molesta que resulta para os partidos a prostitución de rúa, e o inadvertidaque lles pasan as situacións de escravitude doutros tipos de prostitución realizadaen espazos privados, como pisos ou prostíbulos. De feito, a imaxe reflictexustamente a dúas mulleres semiespidas, pero calzando uns aparatosos zapatos detacón, sentadas coas pernas cruzadas en dous taburetes altos na barra dun bar,aínda que se pon atención en cortar a fotografía por riba do peito de xeito que nonpoden ser identificadas. O pé de foto é abondo explícito: “Lo que preocupa a algúnalcalde es ver a las prostitutas en las calles, no escondidas en burdeles”. Afotografía, con todo, aparece sen asinar. A outra fotografía publicada é a que ilustra a noticia publicada por GaliciaHoxe o día 11 de setembro, e na cal se recollen segundo se le no pé de foto, a“dúas prostitutas de Barcelona, á súa chegada onte ó Colexio de Xornalistas deCataluña”. Unha delas, loura e branca, é perfectamente identificada; a outra, negrae con trenciñas, porta unha carauta que a resgarda de ser identificada. As dúasestán sentadas nunhas butacas situadas nun lugar perfectamente deducíbel, pololetreiro que figura na parede tras súa: “Club Internacional de Prensa de Barcelona”.A fotografía, como xa sinalamos, aparece asinada por Toni Garriga/Efe. Aínda dentro do que é tratamento de imaxe fotográfica, na súa informacióndo día 1 a TVG publica primeiros planos das fotos que ese mesmo día fixerapúblicas o xornal estatal El País, pero en ningún caso menciona a fonte (El País).Entre as moitas imaxes que se emiten en televisión, cabería destacar como optanpor mostrar imaxes das mulleres camiñando polas Ramblas barcelonesas durante anoite, indicando que é así como tratan de captar os seus clientes. Publicar imaxesde alguén sen o seu consentimento, acusándoas de “captar clientes” cando isto noné delito nin é algo que en última instancia fagan obrigando aos clientes (pois só os‘captan’ se eles acceden a deixarse captar), vulnera a todas luces o dereito áintimidade e á privacidade, como recolle o xornal Galicia Hoxe, en boca das propiasprostitutas, na súa noticia do día 11.2.2. Pezas xornalísticas sobre o conflito veciñal da Boquería2.2.1. Xéneros xornalísticos Sinalamos xa que as similitudes e coincidencia no tempo da polémica polaprostitución de rúa en Barcelona co conflito veciñal no barrio do Berbés, en Vigo,fannos querer considerar na nosa análise tamén este caso de forma independente.Recapitulando, o martes día 1 de setembro (día en que se publican as fotografíasde El País) un colectivo veciñal vigués denuncia ante a Policía Local a “caóticasituación” que viven polo feito de que a prostitución na cidade cada vez seaproxima máis ás rúas céntricas e ao mercado do Berbés, do que unicamente se faieco o xornal Faro de Vigo os días 2, 3 e 4 (xornal que non recolleu en ningúnmomento o conflito de Barcelona) e unha breve peza do Telexornal Mediodía daTVG do día 2, demostrando así que foi a remolque do xornal, en lugar de dar anoticia no mesmo día en que a veciñanza presentou denuncia, até o punto derepetir exactamente un titular idéntico que se limitan a pór en galego: “Aquí enGalicia os veciños de Vigo [e o que vén de seguido, coincide co xornal] da presenzade prostitutas nas rúas próximas ao centro”. 163
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Nas catro informacións recollidas estamos, pois, ante pezas incluídas noxénero xornalístico noticia. Existe unha diferenza respecto ao caso barcelonés, e éque mentres que en Cataluña a veciñanza levaba meses denunciando a situaciónsen que a esta se lle outorgase a máis mínima relevancia nos medios até apublicación das fotografías de El País, no caso vigués o xornal local Faro de Vigodálle moita sona á denuncia veciñal xa no primeiro día en que se produce (nanoticia dáse a entender que é a primeira vez que denuncian). É por iso que nospoderíamos preguntar: en certa medida, non favorecerían as fotografías deBarcelona cobertura deste feito no xornal vigués, sequera de xeito indirecto e maliaque non chegan a mencionarse en ningures? En calquera caso, no que é acobertura de Faro de Vigo, o día 2 presentan a denuncia veciñal, o día 3 recollenminientrevistas aos veciños e veciñas para que expliquen como de molesta llesresulta a prostitución, e o día 4 publican que o conflito xa rematou, coa soluciónadoptada polo Concello anunciada polo alcalde o día anterior, e conclúe ainformación: “Sólo un día más tarde de que los vecinos denunciaran que lasmeretrices de calle se trasladaron a zonas más céntricas a causa de las obras, yano se percibe su presencia en la plaza de O Berbés”.2.2.2. Fontes Dadas as características das noticias, a fonte principal é a veciñanza. Xa sepode inferir do titular de Faro de Vigo do día 2, Los vecinos alertan de la presenciade prostitutas en calles cercanas al centro, e en cuxo corpo da noticia se inclúendeclaracións atribuídas a “vecinos del Berbés”, “asociación vecinal Casco Vello”, “elpresidente de la asociación, Henrique Macías”, ou mesmo a “residentes en la zona”nas que explican todas as molestias que lles ocasiona a presenza das prostitutas. Afonte informativa veciñal pode tamén deducirse cun simple golpe de vista á folladeste xornal na que se cobre o caso o día 3, cunha noticia titulada La ruta del sexoamplía sus carriles, construída unicamente a base de relatos veciñais e na que seinclúen catro declaracións con fotografía de caretos. No entanto, todas as declaracións veciñas incluídas nas noticias publicadas odía 2 e 3 están contrastadas pola versión doutra fonte informativa: “Ana Míguez,reconocida feminista y ex presidenta de la desaparecida Alecrín”. Esta fonte,consultada a posteriori e dándolles a coñecer os argumentos da veciñanza,desmonta algúns destes seus argumentos e apunta a “proxenetas e usuarios” comoverdadeiros causantes do malestar que din sentir os veciños e veciñas. É este, pois,un comportamento ao que cómpre dar a benvida, en tanto garante que se olle asituación desde un prisma máis plural (e o que é máis importante, consultando aunha fonte experta), no canto de converter o xornal en mero altofalante da queixaveciñal. Sendo Míguez unha fonte experta e cualificada para reflexionar sobre aprostitución, a súa é unha visión abolicionista, que tamén é certo que se podería tercompletado desde o periódico ofrecendo as análises doutras recoñecidas feministasgalegas e viguesas defensoras de que a prostitución se converta nun negocioregulado e legalizado. Mais, insistimos, é de celebrar a iniciativa do diario vigués deconsultar, polo menos, a unha fonte experta. Comportamento totalmente distinto foi o da televisión pública, xa que nanoticia do Telexornal Mediodía do día 2 a fonte veciñal é a única á que se lle dá voz,tanto de maneira indirecta (co xornalista do directo e mais coa voz en offenumerando os argumentos esgrimidos polo colectivo veciñal na súa denuncia),como directa (coa inclusión de entrevista a un identificado Henrique Macías –entanto que presidente do colectivo veciñal– como tamén a unha veciña e a un veciñocuxos nomes non se recollen nas liñas de crédito). 164
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Estamos aquí diante dun medio televisivo que si se converte nun simplealtofalante do colectivo veciñal, sen achegar argumentos baseados no coñecementosólido da temática da prostitución. E así, se ben a TVG imita a Faro de Vigo nacobertura da noticia (tanto dando a información só despois de que a publique oxornal, e non no mesmo día da denuncia veciñal, como tamén na elección domesmo titular), a TVG prescinde de imitar o bo comportamento do xornal deconsultar cunha fonte experta para contextualizar as declaracións veciñais. A terceira fonte que aparece citada nas noticias de Faro de Vigo é a oficial.Xa na primeira noticia, do día 2, afírmase contra o final que “El Concello, por su parte, anuncia un plan de actuación que llevó a cabo durante los últimos diez días. “Nos pusimos en contacto con la Policía Nacional y, tras su actuación, el problema se ha erradicado por completo”, declaró ayer Xulio Calviño, concejal de Movilidad, Transporte y Seguridad.” Algo non cadra nestas declaracións: se até agora no xornal se vendía aactualidade absoluta da denuncia veciñal ante a Policía Local (presentándoa comoacontecida no día anterior), como é que o Concello anuncia [presente de indicativo]un plan de actuación que se levou a cabo [pretérito perfecto simple] durante osúltimos dez días? Actuou o Concello de motu propio ante a nova localización dasprostitutas en zonas céntricas? Ou acaso houbo denuncias veciñais previas? Se éque as houbo, o certo é que nunca se alude a elas (nin sequera a veciñanza nassúas declaracións), pero aínda así esta alusión ás accións municipais levadas a cabonos últimos dez días seméllamos que podería sementar algunhas dúbidas aorespecto. E de ser así, cumpriría rectificar a nosa lectura anterior sobre a falta derelación entre o caso de Boquería e Vigo, pois entón si sería posíbel conxecturarque a veciñanza viguesa viña denunciando a situación nos días previos sen terrecibido ningunha atención mediática, e que a publicación das fotografías daprostitución da Boquería en El País (do que se fixeron eco televisións estatais eautonómicas, como a TVG), fixo reconducir un interese no tema por parte do xornalFaro de Vigo (non doutros vigueses), que así daría cancha ao tema das denunciasveciñais pola prostitución de rúa en Vigo durante tres días consecutivos. En calquera caso, o xornal vigués volve recorrer a fontes oficiais na noticiado día 3, xa que despois das catro minientrevistas e do corpo principal da noticia,inclúe un pequeno despece (escondido ao lado da viñeta de humor que taméninclúe esa páxina sobre a gripe A) titulado La Subdelegación aclara que la Policía nopersigue la prostitución. O recurso a fontes oficiais (neste caso, cun ton político) é máis claro aíndana noticia do venres día 4, titulada El Concello convoca a la junta de seguridad paratratar la prostitución en calles céntricas, con dous subtítulos que volven dar voz afontes municipais (Asegura que usar cámaras de Tráfico para disuadir a los clientesde las meretrices, como hacen en otros municipios, es ilegal) ou policiais (La Policíamedió en 27 conflictos generados por el proxenitismo)23. Xunto ao tema daprostitución de rúa, tal e como se informa no corpo da noticia, nesa xunta deseguridade trataranse aspectos do botellón, o peche de locais nocturnos noshorarios legais, e asuntos da World Fishing Exhibition.23 Véxase posteriormente a análise sobre a utilización que fai este diario de “proxenitismo” e“prostitución” como sinónimos. Así, por exemplo, no corpo da noticia sinálase que “La PolicíaLocal asegura que hubo 27 intervenciones relacionadas con la prostitución en los últimos dosaños”. 165
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Malia este enfoque oficial/institucional que o titular e os subtítulos semellandar á noticia, quen avance un nivel na lectura e chegue até a noticia, atopará naprimeira liña, xusto tras a sinatura da/do xornalista: “Dice que se llama Nora. Doce y media de la madrugada del jueves y su melena oxigenada y paraguas rosa se distinguen bajo la marquesina frente del centro comercial A Laxe. Hace “ocho semanas” que llegó de Rumanía y, sin saberlo, se ha convertido en la primera prostituta de los grupos en fila que se extienden desde Cánovas del Castillo a Bouzas. Desconoce las quejas vecinales por su proximidad al centro urbano y, aunque dice que trabaja sola, cerca de ella se apuesta otra chica morena.” Este inicio da noticia permítenos identificar un cuarto tipo de fonteinformativa na cobertura do caso por parte do xornal Faro de Vigo, e que até agoraestivera totalmente ausente: a das prostitutas que efectivamente ofrecen sexo depago nas rúas. Con todo, chamarlle “fonte” podería parecer excesivo, habida contade que, en primeiro lugar, o espazo que se lle asigna é exiguo (este parágrafoinicial, xunto a unha frase descontextualizada contra o final da noticia na que se dique “La primera de la fila, pronosticaba que tendría dos o tres clientes hasta lascinco de la madrugada, su hora de recogida”); e tamén habida conta de que, ensegundo lugar, non se lle pregunta o seu parecer sobre absolutamente ningúnaspecto. O/A xornalística limítase ofrecer unha descrición da muller, á que preguntacuestións que simplemente lle vallan para adornar a súa descrición (como serían,nun exercicio de suposición/dedución, como se chama, de que país veu, cantotempo hai que chegou, se oíu falar das queixas veciñais, se traballa soa, cantosclientes ten nunha noite, e a que hora remata a súa xornada). Nada que permitatranscender a mera descrición para chegar a unha comprensión das accións.2.2.3. Protagonistas Se non fontes, as prostitutas si son protagonistas da noticia, aínda quemaiormente tratadas como obxectos informativos. Fronte a unha única ocasión naque unha prostituta fala de si mesma (na breve mención a Nora que vimos desinalar, e na que en calquera caso, só se lle pregunta por aspectosintranscendentes sen que ningún deles leve a completar a información por parteda/o xornalista), as mulleres que se dedican á prostitución na rúa en Vigo sonobxecto de descricións por parte da veciñanza, da Policía Local, e da expertafeminista Ana Míguez. Os veciños e veciñas ofrecen delas unha imaxe de repudiadas,criminalizadas, problemáticas e delincuentes. Xa se vía no titular idéntico da TVG ede Faro de Vigo do día 2, no que se di que Los vecinos alertan de la presencia deprostitutas en calles cercanas al centro (énfase nosa). Sobre o verbo ‘alertar’,hai que reparar en que implica advertencia dunha situación alarmante, grave,indesexada. E sobre o complemento circunstancial de lugar ‘en calles cercanas alcentro’, debe entenderse como no fondo denota que á veciñanza tanto lle ten asituación das prostitutas, ou a existencia mesma da prostitución de rúa, sempre ecando se manteña afastada do centro. O único que censuran, pois, é que sexavisíbel e aconteza en lugares aos que teñen acceso cos seus propios ollos. Volvequedar en evidencia no subtítulo da noticia do día 3, no que se explica que informade que Comerciantes y vecinos critican la pasividad de la administración ante laproximidad de la prostitución al centro, ou aínda dun xeito máis directo, nasdeclaracións dunha veciña entrevistada no Telexornal mediodía, cando afirma quetodo o asunto está “mal hecho. Que les pongan un sitio educado [sic] para ellas,para que no den espectáculo ni mala imaginación [sic]!” 166
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Nun repaso por todas as declaracións veciñais recollidas ao longo dos tresdías (aínda que principalmente na noticia do día 3), a imaxe das prostitutas deacordo á descrición que ofrecen as veciñas é de mulleres molestas que están pretodun parque infantil; que se poñen a traballar demasiado cedo e cando aínda hai luzdiurna; que dan mala imaxe aos turistas (coma se estes non puideran ser, coma nocaso da Boquería, parte importante de clientes); que non respectan á xente que vaino seu coche e se lles metan dentro cando fan un stop (destacábel é o titular dasdeclaracións do mozo vigués Juan Castro que frecuenta a zona, afirmando que Alhacer un stop, trataron de abrirme la puerta del coche con mi novia dentro); quedeixan os recantos da rúa cheos de preservativos (coma se fosen elas as que, logodun acto sexual, retiran o látex); que ocasionan pelexas e discusións entre elas oucos proxenetas provocando medo nos e nas residentes do barrio; ou que ocupan asmarquesiñas do autobús urbano e que como consecuencia se produzan confusiónscon veciñas do Berbés (coma se fose culpa delas que os compradores de sexo, enplena necesidade urxente de realizar un acto sexual, deteñan os seus coches namarquesiña con tal de veren unha muller dentro). A descrición que se fai destaproblemática é tamén sintomática de como se pon nas mulleres toda aresponsabilidade, afirmando que se colocan “en la marquesina del autobús que estádelante de la plaza a partir de las diez de la noche y ejercen allí sus actividades”(coma se as exercesen elas soas, sen necesidade de contaren cun home que paguepor sexo e que estea perfectamente disposto a que o intercambio ‘comercial’ desexo a cambio de cartos teña lugar nese lugar público). Outra imaxe que transmiten as veciñas e veciños é a das prostitutas comounhas busconas de sexo, como unha praga que trata de captar clientes senrespectar nada nin a ninguén. Amais do mozo que afirma que trataron de abrirlle aporta do coche coa súa moza dentro, unha veciña afirma que “mi marido es unapersona mayor y un día le ofrecieron, con perdón, una chupadita”, e outra di sobrea súa presenza que “ahora es abusivo. Llegan hasta las cafeterías, y antes sóloestaban hacia la zona de Bouzas”. Antes de máis, cómpre destacar aquí o fortecontraste que hai da percepción veciñal sobre a mesma actitude de buscar sexo, seesta é por parte de mulleres ou homes. Cando son elas as que buscan os clientes,convértense nunhas busconas irrespectuosas por andar ofrecendo sexo a cambio decartos; pero cando son eles os que paran nas marquesiñas de autobús molestandoás veciñas que alí agardan polo transporte público para ofrecerlles cartos a cambiode sexo, entón a culpa é tamén das prostitutas. Contar con Ana Míguez como fonte informativa garante, no entanto, unhavisión distinta sobre as prostitutas, apuntando ao cinismo veciñal de dicir que asprostitutas crean inseguridade cidadá cando isto non constitúe senón unha “forma de comodidad de conciencia: “Se quejan por principios morales o estéticos, porque les importa que ensucien y desvaloricen el entorno. No lo hacen, sin embargo, por las prostitutas que se ven forzadas a vender su cuerpo.”” Míguez explica tamén que por mor de lle teren que dar unha cantidade diariaao proxeneta, as prostitutas teñen que buscarse a vida e acudir a outros lugarescada vez máis visíbeis onde poidan aumentar a carga de traballo. Tamén se axudaa coñecer aquí o motivo de que moitas sexan rapazas moi noviñas e inmigrantes,pois chegan con papeis nos que se falsifica a súa idade. 167
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Destaca, por iso, que na noticia non se afonde sobre a situación real destasmulleres, en particular na súa condición de inmigrantes e de todo o que istoimplica, mencionándose só puntualmente e como detalle accesorio que en talesquina hai “sobre todo mujeres polacas”, que “el aumento de mujeres llegadas depaíses del Este parecen estar detrás de un fenómeno que deja sus primeras pisadasen O Berbés”, ou o feito de que a prostituta Nora “hace ocho semanas que llegó deRumanía”. Falta, pois, unha reflexión sobre o que implicaría a estadía irregulardestas mulleres en territorio español (dado que chegou en época tan recente). Perofalta tamén, amais, darlle o protagonismo que deberan ter as mafias (de as haber)que fomentan a chegada de mulleres desde estas zonas, e non se pode deixar demencionar a grandísima oportunidade perdida pola/o xornalista de Faro de Vigo depreguntarlle a Nora non só cando chegou e de onde, senón tamén o como chegou.Esta información sería vital para que desde o xornal se desen pistas de primeiraman sobre a existencia de posíbeis redes de trata de brancas, perspectiva que noninteresa. Clientes e proxenetas son pois os protagonistas ausentes, aos que só semenciona colateralmente aos que polo xeral se exonera de calqueraresponsabilidade na prostitución (tanto na posíbel trata de brancas, como naexistencia mesma da prostitución, pasando polas molestias que poden ocasionar ásusuarias do autobús urbano, polo feito de que eles accedan –cando non esixan–manter sexo en lugares públicos, ou polos atascos no tráfico que ocasionan candopasan por certas zonas a escasa velocidade para poder ir mirando con detalle aoseu arredor). Desta tendencia só se albiscan dúas únicas excepcións. A primeira, asafirmacións dunha veciña que sostén que “ellas no tienen culpa. Un día, vi comollegaba un proxeneta en un coche bueno, con la música alta y la forzaba contra lapared para que le pagara”. E a segunda, as explicacións contextualizadas da fonteexperta Míguez, á que vimos aludindo, que chega a afirmar na noticia do día 2 que “A quien hay que perseguir no es a las prostitutas, sino a los que venden y a los que compran sus cuerpos, proxenetas y clientes”. No por nada, España “está considerado uno de los mejores prostíbulos de Europa”. A ellas, sólo habría que ayudarlas a “integrarse socialmente”.” Ao día seguinte, insiste destacando a “existencia de mafias locales yextranjeras en torno al negocio de la prostitución, del que responsabiliza a losproxenetas y a los usuarios”. Tamén ese día publícanse datos dun estudo realizadopola asociación Alecrín (que Míguez presidía até a súa desaparición), sen dúbida porintermediación da propia fonte experta, no que se afirma que o 95% das mulleresson estranxeiras traficadas que chegan a través de redes e fuxindo da pobreza dosseus países. Constitúe este o único momento no que se alude a datos fiábeis sobrea responsabilidade real de proxenetas e das mafias.2.2.4. Autoría A compoñente local do caso fai que as tres noticias do Faro de Vigo esteancubertas e asinadas por xornalistas concretos, un comportamento de honestidadeprofesional que os leva a refugar de esconderen a súa mediación. A noticia do día 2está asinada por A. A. De Larriva, mentres que as noticias publicadas os días 3 e 4asínaas E. Ocampo. 168
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Lembremos que son estas dúas noticias as que requirían maior participaciónpor parte da/o xornalista: o primeiro día, para entrevistar a veciñas/os durantehorario diurno; e o segundo día, para dar conta da súa noite en vela paseandopolos lugares máis concorridos por vendedoras e compradores de sexo, malia que,como publica na noticia día 4, “la madrugada del ayer fue una mala noche. Llovía ylos grupos de meretrices se resguardaban de la lluvia bajo los balcones y salientes”. Tocante á TVG, destaca que á hora de emisión da noticia no TelexornalMediodía (as 15.04 horas do día 2) se fixese unha desconexión en directo comercado do Berbés (malia que nesa desconexión non se achegase ningún tipo deinformación relevante, co xornalista avanzando a mesma información que daría acontinuación a voz en off). Na parte editada da noticia, inclúense dúas tresentrevistas á veciñanza.2.2.5. Tratamento fotográfico O tratamento das imaxes por parte da TVG e de Faro de Vigo merece, xa deentrada, unha crítica contundente, en canto ambos os xornais vulnera o dereito áprivacidade das mulleres fotografadas ou gravadas. No caso da televisión, mentresa voz en off informa das súas artimañas para “captar clientes”, as imaxes amosanas propias mulleres en diferentes lugares das rúas de Vigo (principalmente, a zonade Beiramar) falando entre elas e con actitude de estar a agardar, nunhas imaxesque indubidabelmente foron tomadas desde un coche en movemento e, por tanto,sen o consentimento nin coñecemento das persoas rodadas. En calquera outrasituación teríase apelado ao dereito á intimidade da persoa gravada (máxime senon está a cometer ningunha actividade delictiva), e neste sentido abonda pensarna polémica pola situación de cámaras de vídeo nas rúas de distintas cidadesgalegas. Pero neste caso, ‘só’ son prostitutas. Algo semellante acontece coas fotografías publicadas no xornal Faro de Vigo.O día 2, inclúese unha fotografía a catro columnas, e sen asinar, de “Mujeresejerciendo la prostitución en los soportales de la plaza de O Berbés”, onde se podenver e identificar claramente a dúas mulleres de perfil e de fronte. O tratamentofotográfico deste xornal nos días seguintes seguirá a ser reprobábel: o día 3, pornon aparecen asinadas tampouco as fotografías dos catro caretos dos veciños eveciña entrevistas; e o día 4, por volver publicar fotografías de mulleresdoadamente identificábeis, tiradas na noite do 2 e madrugada do 3, tal e comoconfirma o primeiro pé de foto: “Afluencia en Jacinto Benavente a las 00.15 horasdel jueves, a pesar de la lluvia continua”. Polas fotografías, tamén podemos intuírque a/o fotoxornalista acompañou á/ao xornalista no seu paso polas rúas máistransitadas por compradores e vendedoras de sexo, a teor do segundo pé de foto:“Una meretriz rumana en una marquesina de bus frente A Laxe”. A cor clara dopelo e o feito de que leve paraugas, permite inferir que se trata da mesma Nora áque a/o xornalista describía no seu texto. Ambas as fotografías aparecen asinadaspor J. Lores (a primeira) e J.L. (a segunda). 169
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA3. O POSICIONAMENTO IDEOLÓXICO FRONTE Á PROSTITUCIÓN NASINFORMACIÓNS3.1. O debate abolición vs. regulamentación Para abordar a representación que os medios de comunicación fan sobre osdistintos posicionamentos ideolóxicos ante a prostitución, nas informacións sobre osconflitos veciñais de Boquería e do Berbés, cómpre partir de que o escaso intereseamosado polo caso denota xa unha falta de interese en abordar ambas as posturasdun xeito íntegro. Lembremos, neste sentido, que o feito ao que se lle deu maiorcobertura foi xustamente á redada policial de Barcelona e posteriores detencións(na TVG o día 5 e en prensa –La Región, El Progreso, Galicia Hoxe, Xornal e La Vozde Galicia– o día 6), aínda que só dous xornais (Xornal e La Voz de Galicia)acompañasen a información estritamente policial das reaccións políticas. Antes desedía, só a TVG e Galicia Hoxe se fixeran eco da polémica que seguiu á publicacióndas fotos. E despois dese día, de novo unicamente Galicia Hoxe e a TVG ofrecencobertura: o xornal, dosificando distintas posturas de cargos políticos durante tresdías; e a televisión, ofrecendo o día 9 unha cobertura sobre o tema (e nonacontecemento) da prostitución no que se menciona que actores están a favor decada unha das posturas. Dos dous artigos de opinión publicados, un en AtlánticoDiario (día 4) e outro en La Voz de Galicia (día 13, na contraportada do xornal), sóeste último alude tamén ás dúas posturas ideolóxicas, pondo de manifesto ascontradicións ideolóxicas sobre o asunto no seo dun mesmo partido político, e odesinterese que a clase política ten, en xeral, por un debate serio do asunto. Postas e postos en contexto, examinamos agora de que xeito cada medioilustra as distintas posturas. Comezando pola TVG, a peza informativa emitida o día9 no Telexornal Mediodía está constituída por tres bloques: no primeiro, dansedatos (económicos, sobre todo) sobre o chamado negocio da prostitución, que enGaliza move un millón de euros cada día, e no conxunto de España, 18 mil millóns;no segundo, dise que “facer da prostitución unha actividade económica regulada éunha vella reclamación de empresarios do sector que tamén apoian colectivospolíticos e sociais”; e no terceiro, complétase o enunciado anterior repoñendo que“pero defender esta idea en público non é doado”, por bater coas voces en contrados colectivos feministas que se posicionan rotundamente encontra deprofesionalizar un xeito de vida que, segundo elas, é un xeito de violencia contra amuller. Aquí dáselle paso ás declaracións de Ana Míguez, presentada na liña decrédito como membra da “Plataforma Estatal pola Abolición da Prostitución”, queafirma que “non se pode lanzar a mensaxe ás nenas e ás mulleres de que se algofalla, temos como solución a prostitución. A prostitución non é ningunha saídalaboral”. Complétase este terceiro bloque dando datos negativos sobre a situaciónde países como Holanda ou Alemaña, onde desde que se regulou a prostitución,aumentou o tráfico de nenas e mulleres, e presentando as dúas principaisreivindicacións da Plataforma Estatal pola Abolición da Prostitución: políticas deinserción laboral e integración para as mulleres (moitas inmigrantes), así comocampañas que modifiquen a perspectiva social sobre a prostitución. O Telexornal Serán inclúe a mesma información, aínda que alterandolixeiramente, pero de forma estratéxica, a orde dos tres bloques. Así, á noitiñainclúese primeiro unha noticia moi breve na que a propia presentadora dotelexornal comeza: “Ante a vella reclamación de profesionalizar a prostitución, oscolectivos feministas posiciónanse rotundamente en contra”. Rebátase aoscolectivos feministas continuando, nun segundo espazo, dicindo que “esa posturachoca coa posición de empresarios do sector e colectivos políticos e sociais [...]”. Apartir de aí, recíclase o que fora emitido a mediodía. 170
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Varias lecturas agroman desta presentación sobre as dúas tendencias quepresenta a TVG. A primeira, é que a voz das prostitutas non se escoita porningures: desde logo non son “os empresarios” nin tampouco os “colectivospolíticos”, e de seren parte dos “colectivos sociais” ou dos “colectivos feministas”,deberíase ter feito explícito. A segunda, é que se presenta a todos os colectivospolíticos e sociais como defensores da regularización da prostitución (cando istodista moito da realidade, habendo grupos políticos maioritarios no contexto españolque –cando menos no discurso oficial– se mostran máis próximos aoabolicionismo). E a terceira, que se presenta a todos os colectivos feministas comodefensores da abolición, dándolle voz unicamente á Plataforma Estatal polaAbolición da Prostitución e silenciando, por extensión, as opinións igualmentevaliosas doutras plataformas feministas que ven na regulación a saída a boa partedas problemáticas que a prostitución leva parellas. Esta toma da parte polo todoque presenta unha visión parcial, inexacta e tendenciosa, é especialmente nocivano caso das posturas feministas sobre a prostitución, e mesmo podería ser vistacomo unha apropiación da pluralidade ideolóxica que por definición conforma opensamento feminista. Quen se sinta próxima/o ao discurso feminista polaliberación das mulleres, pero non comparta a visión abolicionista sobre aprostitución, podería acabar por rexeitar o feminismo como marco teórico e prácticapolítica desde a que ollar e vivir a realidade. A cuarta lectura crítica sobre acobertura da TVG é que, se ben si se mencionan algúns dos obxectivos domovemento pro-abolición, nunca se chegan a detallar os obxectivos que chega ater o movemento pro-regularización, os cales son ben diversos en función da súaproveniencia do discurso feminista regularizador, dos colectivos de prostitutas, oudos empresarios e propietarios de prostíbulos e bordeis. Malia estas carencias e puntos criticábeis, o certo é que a TVG ofrece o únicointento de achegarse a ambas as tendencias dentro da mesma noticia, e o resto dexornais reflicten unha ou outra visión en función da opinión da fonte informativa áque dean cobertura. Isto é, no resto de informacións impresas, o papel dos mediosno (suposto) debate é o de seren altofalantes das súas fontes. E polascaracterísticas do caso, estas fontes (cómpre insistir), non semellan interesadas enofrecer unha reflexión sobre os pros e contras de legalizar ou abolir a prostitución através de lexislación estatal, senón que o que presentan como debate é, enrealidade, unha mera preocupación por solucionar a situación concreta daprostitución de rúa, de forma máis clara no caso barcelonés, pero tamén no casovigués. Noutras palabras, queren solucións para que as prostitutas desaparezan dasrúas. E pode que este interese sexa realmente o que move á maioría das fontes(veciñais, comerciantes, políticas, etc.) a avogar pola legalización, sen dúbida unhamedida de máis fácil e rápida implementación que simplemente implicaría abocalasa novos espazos eludindo o debate sobre a situación na que se atopan e na que‘exercen’ o traballo. Decantarse pola abolición, no entanto, requiriría adoptarmedidas que farían tremer os verdadeiros alicerces nos que se sustenta esta súaactividade. Pero en calquera caso, as diferentes posturas amosadas responden máisaos intereses particulares de cada colectivo, do que a unha argumentación crítica ereflexiva. As veciñas/os e comerciantes, representados polo vicepresidente daFederación de Asociacións de Veciños de Barelona, Jordi Virou, manifestan a súavisión favorábel a legalizar a prostitución e “lamenta a imaxe que se está a dar deBarcelona” (Galicia Hoxe, 2 de setembro de 2009), como tamén a lamentan aspersoas na TVG na noticia do día 1. 171
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Os colectivos de prostitutas aos que se lles dá voz (que non se podeasegurar que sexan representativos da opinión das mulleres que realmentetraballan na rúa nas inmediacións do mercado da Boquería), tamén avogan polalegalización como forma de reducir a inseguridade e malas condicións dasprostitutas, e lanzan acusacións contra os cargos políticos, dos que din que nonteñen vontade política para acometer a legalización porque “ninguén quere asumiro custo político dunha decisión que entra en conflito coa moral de moitos votantes”(Galicia Hoxe, do 2 de setembro de 2009). Nada máis lonxe da realidade, pois os cargos políticos (sobre todo osmunicipais) son os que con maior rotundidade expresan a súa vontade de lograr unacordo sobre o xeito de lograr que a actividade se regularice a nivel local en lugaresa salvo da mirada pública, aínda que como dixemos, sen a menor intención deentrar no fondo do debate. Así, en Xornal do día 6 podemos ler que “Hereu [alcaldede Barcelona] no quiso entrar en el debate sobre si la prostitución se debe prohibiro regular, pero sí apuntó que podría haber consenso en la prohibición del fenómenoque tiene lugar en el espacio público”. No Galicia Hoxe do día 10, xa no titular seafirma que Hereu quere incluír no programa do PSC a regulación da prostitución,pois, como se recolle no corpo da noticia, sostén que “unhas leis xerais que dixesenque a prostitución non se pode desenvolver de forma ilimitada no espazo públicoaxudarían moito a solucionar as situacións que se viven en certas rúas da CidadeCondal”. De igual xeito, a concelleira do distrito Ciutat Vella, Itziar González, aludea que están a traballar para “conseguir reconducir a prostitución ó espazo privadocomo no resto dos distritos” (aspecto que, por certo, xa se destaca nun dosantetítulos da noticia). Este eludir do verdadeiro debate quizais se deba a que sonplenamente conscientes, como recolle Xornal o día 6 nunhas declaracións opresidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que “en referencia auna posible prohibición, consideró que ‘seguramente nunca se llegue a unaconclusión segura sobre lo que e mejor’ ”. Este evidente hipocrisía (de facer crer que o verdadeiro debate non é aabolición ou regulación da prostitución, senón os xeitos de lograr que as prostitutasdesaparezan das rúas) é a que xustamente critica o articulista Lois Blanco nacolumna de opinión da contraportada de La Voz de Galicia do día 13, afirmando concomplexos no parágrafo concluínte: “Es verdad. Son unos hipócritas [...]. Porque loque preocupa a los alcaldes y a sus señorías no es la esclavitud de otros sereshumanos, sino ver a las prostitutas en las esquinas de sus calles en vez deescondidas en burdeles”. Amais, o articulista sinala que “ni el PSOE ni el PP seaclaran [sobre cal é a posición de partido sobre o debate da prostitución]. Noaclararse es lo más cómodo a sabiendas de que todo seguirá igual”. En suma, en lugar de se limitaren a recoller declaracións, servindo desimples altofalantes da clase política, bótase en falta que tamén desde o xéneroinformativo noticia (e non só opinión) os medios galegos soubesen apuntar a estahipocrisía, lanzando unha reflexión fonda sobre os diferentes aspectos dunha edoutra tendencia. Esta reflexión debería abranguer cuestións vitais que estánabsolutamente ausente das declaracións interesadas da clase política, como é avinculación da prostitución de rúa coa inmigración e mais coa posibilidade de quechegasen ao territorio español a través de redes de tráfico e trata, o que segundo alexislación estatal permitiría consideralas como vítimas, ofrecerlles a colaboracióncoa xustiza e finalmente regularizar a súa situación administrativa. 172
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Outra cuestión vital a abordar é o papel do cliente, preguntándose o por queeles non son multados na redada contra a prostitución (tal e como estipula aordenanza municipal de Barcelona en vigor desde 2006), malia si seren detidascatro prostitutas que se atopaban exercendo actividades sexuais (daquela, suponseque con alguén), aínda que finalmente tampouco se as acuse de incivismo porprostitución, senón unicamente de estadía irregular. E como posta en común dasdúas cuestións anteriores, aínda cumpriría que os medios xerasen un debate sobrea encrucillada na que se atopan as mulleres, nalgúns casos sendo á vez vítimas eculpábeis: vítimas, segundo a lexislación estatal (caso de seren traficadas); eculpábeis, segundo a normativa municipal do concello barcelonés. Ao non acometeren este debate e apuntar ás contradicións que emananentre os diferentes discursos que simplemente reproducen de forma autómata, oque os medios transmiten á opinión pública é máis confusión e desinformación,eivando de forma fatal unha mellor comprensión do fenómeno da prostitución enxeral, e da prostitución de rúa en particular.3.2. A consideración da prostitución como violencia de xénero e comovulneración dos dereitos humanos Ao longo da cobertura informativa dos conflitos veciñais de Boquería e deBerbés orixinados pola prostitución de rúa, tampouco no xénero noticia os mediospresentan unha consideración da prostitución como violencia de xénero, isto é,como forma de opresión contra as mulleres como resultado dunha estruturapatriarcal que estipula que estabelece unhas relacións de poder do xéneromasculino sobre o feminino. A ausencia de mención aos clientes e proxenetas xapermite inferir neste sentido. En todo caso, a compoñente racial debería taménterse en conta á hora de ver estas relacións de poder, dado a procedenciainmigrante das mulleres (no caso de Barcelona, moitas delas africanas). Tampouco a prostitución se define como unha vulneración dos dereitoshumanos, senón que polo xeral se presenta como exercicio libre e decisión plenaque as mulleres poden adoptar respecto do que queiran facer co seu corpo, sempree cando, iso si, o fagan de costas á sociedade. Así abondan as referencias (comoveremos na seguinte sección) a que se piden leis que controlen “el ejercicio deltrabajo sexual” (La Voz de Galicia, do 6 de setembro de 2010) Esta tendencia só ten dúas excepcións, ambas como resultado de que sexaun ‘eu’ concreto o que fale en estilo directo. Un caso é o do articulista de La Voz deGalicia Lois Blanco, que no seu texto na contraportada do domingo 13 de setembro,relaciona o caso de Boquería coa violencia de xénero nestes termos: “El Congreso de los Diputados creó no hace mucho una comisión que concluyó que no existe la prostitución voluntaria, pero no pasó de ahí. La incapacidad de los dos grandes partidos para defender los derechos humanos de inmigrantes clandestinas y combatir la esclavitud sexual es manifiesta. Las comunicades autónomas han aprobado leyes contra la violencia de género que consideran víctimas a las esclavas colocadas en las esquinas de las calles o en el arcén de las carreteras, pero como otras muchas leyes, se redactaron unos cuantos artículos y se metieron en el cajón.” (Énfase nosa) A outra excepción é cando se lle fai un oco ás declaracións da fonte expertaAna Míguez, tanto en Faro de Vigo dos días 2 e 3 de setembro (a respecto daprostitución de rúa no Berbés, onde fala de mulleres que “se ven obligadas avender su cuerpo”), como no Telexornal Mediodía e Telexornal Serán da TVG do día 173
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA9 de setembro, onde actúa como voceira da Plataforma Estatal pola Abolición daProstitución e asegura que “regularizar a prostitución sería o mesmo que lexitimar enormalizar o uso da muller como mercancía sexual”, e por tanto a voz en off que lledá paso afirma que “o colectivo feminista [ao que ela representa, deberíasematizar] posiciónase rotundamente en contra de profesionalizar un xeito de vidaque, segundo elas, é un xeito de violencia contra a muller” (énfase nosa).3.3. A linguaxe: conceptos utilizados para facer referencia ás/aosprotagonistas da información En principio, a utilización dunha ou doutra terminoloxía para facer referenciaás/aos protagonistas da información, así como aos espazos da prostitución ou aoacto mesmo exercicio sexual, debería permitir determinar o discurso ideolóxicosobre a prostitución desde o que en cada caso se comunique. Mais, como xaacontecía no caso de análise anterior, a falta de congruencia semella ser de novo atendencia que mellor define o comportamento lingüístico dos medios. Para comezar, convén pór de relevo a incomprensíbel confusiónterminolóxica que se produce no xornal Faro de Vigo entre os termos “prostitución”e “proxenetismo”. Na noticia do día 2 (asinada por A. A. De Larriba), afírmase nocorpo da noticia, en dúas frases contiguas, que “la crisis económica y las obras dehumanización mueven la prostitución a zonas cada vez más visibles [...]”, e acontinuación, “las prácticas proxenetas mueven ficha y, aunque se mantienenen las zonas adyacentes a la avenida de Beiramar, se desplazan también endirección al corazón urgano [...]” (énfases nosas). A mesma alternancia prodúcesena noticia do día 4 (asinada por E. Ocampo), e así o subtítulo de La Policía medióen 27 conflictos generados por el proxenitismo, expándese no corpo da noticiaafirmando que “La Policía Local asegura que hubo 27 intervenciones relacionadascon la prostitución en los últimos dos años”. Se ben sempre se pode pensar na existencia de diversos factores quepuideran ter modificado o subtítulo inicialmente escollido pola/o xornalista (revisióndoutra persoa, adecuación de espazo, non repetición da mesma palabra no titular esubtítulo, etc.), a confusión terminolóxica repítese no despece lateral, onde seafirma que “ayer reconocían que coincidentemente con las críticas, las prácticasproxenetas ya no ocupaban la plaza de O Berbés” (énfase nosa). Ademais de erróneo, este uso indistinto de ambos os conceptos comosinónimos é abondo grave, xa que en termos xurídicos o proxenitismo (acción delucrarse do feito de que outra persoa se prostitúa, en moitos casos inducíndoa ouforzándoa) si está penado, mentres a prostitución (acción de que unha persoavenda o seu corpo) non. Non semella ser o caso, tampouco, de que o diariopretendese igualar ambos os termos para suxerir que todo exercicio de prostitucióné consecuencia da existencia dun proxeneta, pois nese caso non se entendería que(como evidenciamos na análise) o seu papel como protagonistas e actoresprincipais estea absolutamente ausente; non se entendería tampouco que asdenuncias veciñais que se reproducen critiquen a prostitución visíbel (polo que tende ‘molesta’) e non o proxenitismo (acción delictiva); nin sequera que máis adiante,noutros lugares da noticia, se fale de “locales de vida alegre” ou da “profesión másvieja del mundo” (ambas expresións, na noticia do día 2). En suma, o que semellahaber neste diario é, máis ben, un descoñecemento do que a terminoloxía implica. 174
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA3.3.1. Conceptos empregados para referirse ás mulleres Seguindo cos conceptos usados preferentemente para referirse ás mulleres,a cobertura informativa sobre o caso de Boquería utiliza en case todos os casos oconcepto de “traballadoras sexuais” (acorde co discurso pro-legalización ao que osmedios fan eco), e só en menor medida “prostitutas”, “prostitutas callejeras” ou“meretrices” (isto último, só na noticia de Galicia Hoxe do día 11). Os artigos deopinión, porén, amosan moita maior variedade. O de Lois Blanco, na contraportadade La Voz de Galicia do día 13, está escrito desde unha perspectiva crítica coahipocrisía da clase política que defende a legalización simplemente por acalar omáis axiña posíbel a polémica da prostitución de rúa, polo que termos como“esclavas de las esquinas” ou “siervas de mafias” son as máis frecuentes. O deManuel Molares do Val, escrito nun ton sarcástico que busca ridiculizar o que cadaun dos dous discursos sobre a prostitución poida ter de corrección política, utilizatodo tipo de denominacións, desde “servidoras sexuales” até “hetairas”, pasandopor “trabajadoras sociales ejerciendo su función” ou o “trabajadoras del sexo” dotitular, que leva á última liña do artigo para manifestar que para opostprogresismo, as antes celebradas “trabajadoras del sexo” se converteron agoraen “putas asquerosas”. No caso de Faro de Vigo, a ausencia do discurso legalizador é determinantepara que non se utilice en ningún caso o termo a expresión “traballadoras sexuais”.Na redacción menos marcada ideoloxicamente, o que si abonda é aludir ás mulleresco termo “prostitutas”, e “meretrices” de forma indistinta (polo lugar de aparición,mesmo semellaría que o criterio podería ser o de non repetir a mesma palabra envarios dos titulares incluídos na mesma páxina), aínda que cando o que se recollenson declaracións da veciñanza, o termo “prostituta” é o único utilizado. No discursoabolicionista de Ana Míguez, a referencia ás mulleres faise cos termos “extranjerastraficadas” ou “mujeres prostituidas”.3.3.2. Conceptos empregados para referirse a quen intermedia paralucrarse da prostitución A destacada ausencia de alusións ás persoas que intermedian e se lucran daprostitución doutras persoas no caso de Barcelona empobrece a variedade dedenominacións que se poidan dar, optando por “proxenetas” no único caso que semenciona. Só o artigo de Lois Blanco, na contraportada de La Voz de Galicia do día13, utiliza o termo “chulos” nunha ocasión, cando critica que en Madrid tamén hairúas tomadas por “prostitutas, chulos y clientes”. Máis variedade pode verse nacobertura do caso do Berbés ofrecida por Faro de Vigo, onde conviven os termos“proxenetas” e “chulos” nas diferentes declaracións recollidas: usa as dúas AnaMíguez, como tamén o presidente do colectivo veciñal Henrique Macías, que naedición do día 2 afirma que se producen pelexas “entre las propias prostitutas,aunque a veces también se presencien todo tipo de conflictos y reyertas de ellascon sus chulos”. Nun par lingüístico que resulta pouco habitual, estas declaraciónsde Macías lévanse ao titular do despece como Peleas entre meretrices y chulos(probabelmente, como indicamos, para non repetir o termo “prostitutas” que serecolle no titular principal). 175
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA3.3.3. Conceptos empregados para referirse aos homes compradores desexo Tanto o conflito de Boquería como o Berbés amosan unha pauta sinxela ecoincidente tocante á linguaxe empregada para referirse aos homes. Así, “clientes”é o termo máis utilizado, tanto pola redacción xornalística, como polas fontesveciñais, como tamén polos propios colectivos de prostitutas que piden alegalización. No caso de Vigo, “clientes” é tamén a forma máis utilizada polafeminista Ana Míguez, que só nunha ocasión se refire a eles como “usuarios” (peronon, por exemplo, como prostituidores). Semella haber, pois, bastante consenso áhora de ver a prostitución como unha transacción de negocios, na que seintercambia un produto (sexo) a cambio dun importe económico que debesatisfacer o cliente. 176
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAOS ANUNCIOS DE SEXO DE PAGO NA PRENSA GALEGA. ANÁLISE DO CONTIDO E ANÁLISE DO DISCURSO 177
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1. OS ANUNCIOS DE SEXO DE PAGO. UNHA OLLADA CUANTITATIVA Os medios non són só soporte para a información senón tamén para apublicidade. Ambas as dúas –publicidade e información– son espello da dobre almadas empresas de comunicación: a súa obriga social e cívica como contrapoder,soporte indispensábel dunha sociedade formada e democrática, e os seus intereseseconómicos como empresa. Desta convivencia xorden adoito non poucoscondicionamentos (os intereses económicos marcan como se informa ou non dedeterminadas cuestións) e, xa que logo, contradicións. Un bo exemplo é a presenzada prostitución nos medios de comunicación: apenas abordada nas páxinas deinformación, protagonista porén de abondoso espazo diario na parte final do xornal,aló onde se atopan os anuncios de sexo de pago. Malia aos cuantiosos beneficiososque reportan ás arcas dos medios –estimados en cinco millóns ao ano no xornal ElPaís na comparecencia do xornalista Borja Ventura para o Informe de la ponenciasobre la situación actual de la prostitución en nuestro país (Cortes Generales 2007:197), e tamén na mesma cantidade os beneficios anuais da prensa galega por partedo xornalista Marcos Pérez (Pérez 2009, en liña) a prensa apenas destina diñeiro ainvestigar sobre prostitución, trata, tráfico e explotación sexual. Igualmentecontraditorio é o discurso que o medio promove na parte informativa e o queacubilla nas páxinas dedicadas aos anuncios de sexo de pago. Mentres na primeirase denuncian as redes de trata e tráfico e a explotación sexual, na segunda dáseacollida a anuncios que, por veces, como xa se ten demostrado en varias redadaspoliciais, teñen por detrás as mesmas mafias que os contidos informativoscondenan. E mentres os medios lle dan o visto bo a convenios que falan daeliminación de estereotipos de xénero na información como medida para loitarcontra a desigualdade que serve de abono á violencia de xénero, danlle vía libre, ecompletamente explícita, á marcada estereotipación na que se basea a publicidadedos anuncios de sexo de pago. Ademais, os anuncios de sexo de pago son peza fundamental comointermediarios dun dos tipos de prostitución en auxe nos últimos anos: a que seexerce en pisos. Da súa importancia como parte do negocio do sexo dá conta ofeito de que sexa un dos elementos de confrontación entre o discurso abolicionistae o regulacionista. Dende o abolicionismo son condenados por ser consideradoscómplices da prostitución, que consideran violencia de xénero e reforzo dadiscriminación das mulleres na sociedade patriarcal, por ser intermediarios taméndun negocio tralo que se agochan as actividades delitivas das redes de trata etráfico de mulleres, e por dar acubillo a un imaxinario que perpetúa os estereotiposde xénero. A Plataforma Estatal de Organizaciones de Mujeres por la Abolición de laProstitución presentaba, de feito, en xullo de 2010, con motivo do Día Internacionalcontra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas, para promovero boicot á compra de xornais con anuncios de prostitución, pedirlle ás instituciónspúblicas que non se publiciten neste tipo de medios e esixirlle así mesmo ásempresas xornalísticas que deixen de lucrarse con este tipo de contidos. Dende o regulacionismo, os anuncios son considerados como estratexia parao desenvolvemento dunha actividade, a prostitución, que defenden como traballo e,fronte aos argumentos que atacan estes anuncios polo sexismo do discurso e oacubillo de actividade delitivas, aluden aos prexuízos que na sociedade semanteñen respecto ao sexo e á idea de que non todo son redes ou mafias, xa queexiste tamén prostitución exercida voluntariamente. 178
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA “Por que os xornais e outros medios deben eliminar os anuncios decontactos e non todas as outras mercadorías que publicitan en cuxa fabricación seespolia a homes, mulleres e nen@s en todo lugar do planeta? (…) Por que tantaxente –montonazo de feministas incluídas– a teñen tomada co sexo? Só co sexo?Exclusivamente co sexo”, preguntábase nunha peza editorial no número de febreirode 2010 da revista Andaina (Andaina, 2010: p. 8). O colectivo Hetairadescualificaba así mesmo, como golpe de efecto, a redada policial en varios pisosmadrileños de prostitución en xullo de 2008. “La última noticia la macroredada en Madrid en diferentes pisos y que se saldó con 350 mujeres “liberadas” según fuentes policiales ha demostrado que lo que se persigue es la prostitución que se anuncia en la prensa escrita, independientemente de que ésta se ejerza de manera voluntaria o sean víctimas de trata. Desde Hetaira hemos investigado poniéndonos en contacto con mujeres que habían trabajado en esos pisos y los testimonios que hemos recogido nada tienen que ver con lo que ha salido en los medios de comunicación ni en las noticias filtradas por la policía. (…) No obstante, seguro que las condiciones laborales serían mejores si la prostitución estuviera reconocida como una actividad económica legítima (tal y como hizo el Tribunal de Luxemburgo de la UE en 2001)”. O debate sobre os anuncios de contactos cobrou vixencia, como xa foisinalado, nos últimos meses, dada a intención do goberno estatal de obrigar á súaretirada. Por todo iso, pola dobre faciana dos xornais como medio e soportepublicitario e pola participación da prensa como intermediaria na industria do sexo,pola vixencia do debate sobre a retirada dos anuncios dos medios, consideramosnecesario analizar, ademais dos contidos informativos, as páxinas dedicadas ápublicitación do comercio sexual. E fixémolo, como foi sinalado ao falarmos dametodoloxía, tamén dende unha dobre vertente: a análise cuantitativa e a análisedo discurso, que aplicamos a unha mostra conformada por todos os anuncios desexo de pago publicados pola prensa galega o sábado, 19 de decembro de 2009. Naprimeira quixemos que os datos nos falaran da relevancia que os anuncios de sexode pago teñen nas cabeceiras galegas (número de anuncios, espazo que se lledestina, presenza ou non de fotografía), que é o que neles se publicita, en quemedida están protagonizados por mulleres, homes ou persoas transxénero, que é oque neles se oferta e que tipo de modelos de feminidade e de masculinidadetransmiten. Na segunda, afondamos no triplo discurso –patriarcal, mercantilista epornográfico– que está presente nos mesmos. 179
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.1. PRESENZA E CARACTERÍSTICAS DOS ANUNCIOS DE SEXO DE PAGO NAPRENSA GALEGA PRESENZA OU NON DE ANUNCIOS DE CONTACTOS NON SI % sobre o total de medios analizados PRESENZA OU NON DE ANUNCIOS DE CONTACTOS SI NON TOTAL 13 2 *Datos en números absolutos En case todos os medios analizados se advertiu a presenza de anuncios desexo de pago, os denominados como “anuncios de contactos”. Só en dous casos demedios galegos estes non foron encontrados na mostra. Trátase, en primeiro lugar,da Televisión de Galicia, cuxas propias características como medio audiovisual nonfavorece a aparición deste tipo de anuncios, máis propios das seccións de anunciospor palabras dos medios escritos. O outro medio no que non se encontroupublicidade deste tipo foi no diario Xornal de Galicia, que é así o único xornalgalego que non inclúe este tipo de anuncios. NÚMERO DE ANUNCIOS DE CONTACTOS POR MEDIO 300 250 200 150 100 50 0 DF DA IG DB LVG LR AD FV EP LO DP GH ECG 180
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PESO RELATIVO DE CADA MEDIO NO TOTAL DE ANUNCIOS DE CONTACTOS RECOLLIDOS IG GH DP ECG DF DA DB LO EP LVG FV LR AD NÚMERO DE ANUNCIOS DE CONTACTOS POR MEDIO MEDIO Número de %s anuncios DF 7 0,88 DA 10 1,27 IG 8 1,01 DB 8 1,01 LVG 260 32,87 LR 85 10,75 AD 6 0,76 FV 211 26,68 EP 89 11,25 XG -- -- LO 12 1,52 TVG -- -- DP 39 4,93 GH 7 0,88 ECG 49 6,19 TOTAL 791 100,00 Como podemos observar nos gráficos e as táboas, a presenza dos anunciosde sexo de pago non é homoxénea nos distintos medios galegos. Existen dousxornais que destacan especialmente na presenza deste tipo de publicidade, conmáis de 200 anuncios, polo que representan cada un arredor dun 30% do total deanuncios recollidos na mostra. Estes dous medios coinciden cos de maior difusiónen Galicia: La Voz de Galicia (con 260 anuncios, un 32,87% do total dos recollidos)e o Faro de Vigo (con 211, un 26,68% do total). Estes dous xornais xuntos copanmáis da metade dos anuncios de sexo de pago recollidos na mostra (en concreto,un 59,54%). A continuación, existe un segundo grupo de medios en canto a número deanuncios de prostitución publicados. Neste caso, o número de anuncios por xornal ésuperior aos oitenta e o peso relativo sobre o total aproxímase ao 10%. 181
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIATrátase dos dous xornais máis lidos nas provincias orientais de Galicia, onde émenor a presenza dos xornais mencionados no parágrafo anterior. Así, en ElProgreso foron recollidos un total de 89 anuncios (11,25% do total) e en La Región,85 (10,75%). Podemos distinguir aínda un terceiro grupo de xornais, cun peso relativopróximo ao 5 por cento (entre os 30 e os 50 anuncios encontrados). Neste caso,estamos a falar tamén de xornais que teñen unha presenza hexemónica no seuterritorio, posto que son os máis lidos nas cidades de Santiago de Compostela (ElCorreo Gallego, no que se recolleron 49 anuncios, que significan un 6,19% do total)e Pontevedra (Diario de Pontevedra, con 39 anuncios, un 4,93%) O resto de xornais teñen unha presenza considerabelmente menor dosanuncios de sexo de pago, que apenas supera, no mellor dos casos, o 1,5% depeso relativo sobre o total da mostra. A presenza numérica nos xornais destecuarto grupo oscila entre os seis anuncios recollidos no Atlántico Diario (0,76% dototal) até os doce do La Opinión de A Coruña (1,52%). Podemos concluír, xa quelogo, que un factor determinante para o peso deste tipo de anuncios na prensagalega é a difusión dos distintos xornais e a súa posición, hexemónica ou non, noterritorio ao que se dirixen, aínda que a súa presenza, por máis que pequena, sedea na inmensa maioría de medios. A nivel global, no día escollido para a análise foron recollidos un total de 791anuncios de prostitución, o que significa máis de 60 anuncios de media por cadamedio no que foron encontrados. Isto dá unha boa idea da importancia que teneste tipo de publicidade para o financiamento dos medios, e como este sector podeser influínte a través do seu peso económico, especialmente, como xa foi dito,naqueles xornais de maior difusión. PRESENZA DE FOTOGRAFÍA NOS ANUNCIOS DE CONTACTOS Si Non 182
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PRESENZA DE FOTOGRAFÍA NOS ANUNCIOS MEDIO Si Non Total DF 2 5 7 DA 2 8 10 IG 5 3 8 DB 5 3 8 LVG 3 257 260 LR 7 78 85 AD 6 6 FV 16 95 211 EP 14 75 89 XG -- -- -- LO 3 9 12 TVG -- -- -- DP 2 37 39 GH 7 7 ECG 49 49 TOTAL 59 732 791 PRESENZA DE FOTOGRAFÍA NOS ANUNCIOS (% sobre o total do medio) MEDIO Si Non Total DF 28,57 71,43 100,00 DA 20,00 80,00 100,00 IG 62,50 37,50 100,00 DB 62,50 37,50 100,00 LVG 1,15 98,85 100,00 LR 8,24 91,76 100,00 AD 100,00 100,00 FV 7,58 92,42 100,00 EP 15,73 84,27 100,00 XG -- -- -- LO 25,00 75,00 100,00 TVG -- -- -- DP 5,13 94,87 100,00 GH 100,00 100,00 ECG 100,00 100,00 TOTAL 7,46 92,54 100,00 Nalgúns casos (en concreto 59 anuncios, o 7,46% do total dos recollidos),inclúese no anuncio de sexo de pago algún tipo de imaxe fotográfica. Só enAtlántico Diario e dos xornais do Grupo Correo (Galicia Hoxe e El Correo Gallego)non aparece ningún tipo de fotografía. Na meirande parte dos xornais, porén, entredous e sete anuncios de prostitución inclúen fotografía. Só en Faro de Vigo e ElProgreso é maior a presenza de imaxes fotográficas: en 16 anuncios no primeiro een 14 no segundo. 183
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Ao ser o número de anuncios de sexo que inclúen fotografías máis ou menosconstante nos diferentes xornais, o peso relativo sobre os anuncios do xornal sofreunha grande oscilación dependendo do número de anuncios que foran recollidos nodiario en cuestión, variando desde o 1,15% de La Voz de Galicia até o 62,50% do ElIdeal Gallego e Diario de Bergantiños. Estes dous últimos xornais son os únicos nosque os anuncios con fotografía son maioritarios ao teren imaxe cinco anuncios ecareceren dela tres. As fotografías que se utilizan para publicitar os anuncios de sexo de pago,como se vai ver máis polo miúdo na parte de análise cualitativa, están centradas navisión da muller (e eventualmente do home) como obxecto e o destaque dos seusatributos corporais. PRESENZA DE PÁXINA WEB NOS ANUNCIOS DE CONTACTOS Si Non PRESENZA DE PÁXINA WEB NOS ANUNCIOS MEDIO Si Non Total DF 2 5 7 DA 10 10 IG 3 5 8 DB 3 5 8 LVG 10 250 260 LR 6 79 85 AD 6 6 FV 9 202 211 EP 7 82 89 XG -- -- -- LO 2 10 12 TVG -- -- -- DP 39 39 GH 7 7 ECG 49 49 TOTAL 42 749 791 184
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PRESENZA DE PÁXINA WEB NOS ANUNCIOS (% sobre o total do medio) MEDIO Si Non Total DF 28,57 71,43 100,00 DA 100,00 100,00 IG 37,50 62,50 100,00 DB 37,50 62,50 100,00 LVG 3,85 96,15 100,00 LR 7,06 92,94 100,00 AD 100,00 100,00 FV 4,27 95,73 100,00 EP 7,87 92,13 100,00 XG -- -- -- LO 16,67 83,33 100,00 TVG -- -- -- DP 100,00 100,00 GH 100,00 100,00 ECG 100,00 100,00 TOTAL 5,31 94,69 100,00 Tamén se observou na mostra a existencia de varios anuncios que remiten aalgún tipo de dirección de internet (blog ou páxina web). En oito dos xornaisencontráronse este tipo de referencias á rede, estando ausentes apenas do Diariode Arousa, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, Galicia Hoxe e El Correo Gallego.En total, 42 anuncios, o 5,31% do total, inclúen algún tipo de dirección de internet. Coa inclusión de enderezos web, como analizamos máis polo miúdo na partecualitativa, o que buscan este tipo de anuncios é fornecer unha maior informaciónpara a persoa que busca sexo de pago, sen provocar, ao tempo, que o anuncio seencareza pola súa maior extensión. En calquera caso, aínda que relevante, a presenza das novas tecnoloxías nosanuncios de sexo de pago da prensa é aínda escasa. En ningún dos xornaisaparecen máis de dez anuncios que inclúan páxina web, e na metade o seu pesorelativo é menos do dez por cento. A presenza dun enderezo de Internet só superaa cuarta parte dos anuncios analizados en tres dos xornais do Grupo La Capital:Diario de Ferrol (un 28,57%), Diario de Bergantiños e El Ideal Gallego (un 37,50%en cada un dos dous), os tres xornais cun número de anuncios publicadosconsiderabelmente baixo.1.2. TIPOLOXÍA DOS ANUNCIOS DE SEXO DE PAGO Diferenciamos neste apartado diferentes categorías: os anuncios de ofertade sexo de pago (os mais abondosos, como veremos), os anuncios de demanda desexo (gratuito ou retribuído); a publicidade de locais onde se exerce a prostitucióne os anuncios de sexo telefónico. Dos distintos tipos de anuncios de sexo de pagoencontrados na mostra, observamos que é claramente maioritario o das ofertas desexo de pago. A nivel global, 616 dos anuncios responden a esta categoría, o quesignifica un 77,88 do total dos recollidos. Na meirande parte dos xornais é acategoría predominante. As excepcións son El Ideal Gallego e Diario deBergantiños, onde a modalidade máis presente é a de ofertas de sexo por teléfono,e Diario de Ferrol, que non inclúe ningún anuncio de ofertas de sexo de pago, e 185
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAGalicia Hoxe, onde o maioritario son as demandas de sexo. No resto, a hexemoníadesta categoría é clara, especialmente naqueles que teñen un maior número deanuncios. Deste xeito, no La Región, o peso relativo das ofertas de sexo de pago éde máis do 90,59%, mentres que en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Progreso ésuperior ao 80%. Así, podemos concluír que a importancia deste tipo de anuncios,xa en por si alta, aumenta considerabelmente ao tempo que o fai o número total deanuncios, mentres que é nos xornais con menos anuncios nos que outras categoríasgañan un maior peso relativo. TIPOS DE ANUNCIO DE CONTACTOS POR CADA UN DOS MEDIOS ECG GH Publicidade de bordeis DP LO Demandas de sexo EP FV Empresas que recrut an AD persoas para prostit uirse LR Of ert a de sexo de LVG pago DB Of ert a de sexo por IG t eléfono DA DF 0% 20% 40% 60% 80% 100% TIPOS DE ANUNCIOS DE CONTACTO POR CADA UN DOS MEDIOS MEDIO Publicidade Demandas Recrutamento Oferta de Oferta Total de bordeis de sexo de sexo de de persoas para pago sexo por a prostitución teléfono DF 4 1 2 7 DA 1 1 2 3 3 10 IG 2 1 1 4 8 DB 2 1 1 4 8 LVG 12 14 5 209 20 260 LR 2 3 2 77 1 85 AD 1 1 4 6 FV 11 6 9 177 8 211 EP 1 5 1 76 6 89 XG -- -- -- -- -- -- LO 3 1 4 4 12 TVG -- -- -- -- -- -- DP 4 4 1 26 4 39 GH 1 3 1 2 7 ECG 3 6 36 4 49 TOTAL 35 54 26 616 60 791 186
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA TIPOS DE ANUNCIOS DE CONTACTO POR CADA UN DOS MEDIOS (% sobre cada medio)MEDIO Publicidade Demandas Recrutamento Oferta de Oferta Total de bordeis de sexo de persoas sexo de de para pago sexo prostitución por teléfonoDF 57,14 14,29 28,57 100,00DA 10,00 10,00 20,00 30,00 30,00 100,00IG 25,00 12,50 12,50 50,00 100,00DB 25,00 12,50 12,50 50,00 100,00LVG 4,62 5,38 1,92 80,38 7,69 100,00LR 2,35 3,53 2,35 90,59 1,18 100,00AD 16,67 16,67 66,66 100,00FV 5,21 2,84 4,27 83,89 3,79 100,00EP 1,12 5,61 1,12 85,39 6,74 100,00XG -- -- -- -- -- --LO 25,00 8,33 33,33 33,33 100,00TVG -- -- -- -- -- --DP 10,26 10,26 2,56 66,67 10,26 100,00GH 14,29 42,86 14,29 28,57 100,00ECG 6,12 12,24 73,47 8,16 100,00 TOTAL 4,42 6,83 3,29 77,88 7 100,00 Aínda que con moita menor presenza que a categoría anterior, o segundotipo de anuncios con maior presenza son os de sexo por teléfono, que no caso deLa Voz de Galicia mesmo teñen unha sección propia ente os anuncios por palabras.Os anuncios de sexo telefónico representan o 7,56% do total dos analizados, con60 anuncios en total, e son o tipo de anuncios con maior número de ocorrencias encatro xornais (Diario de Bergantiños, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e La Opiniónde A Coruña; nestes dous últimos en igual medida que nos anuncios de sexo depago). No resto de medios son a segunda categoría con maior número de pezas,excepto no caso de La Región (onde constitúen a categoría menos abondosa), ElCorreo Gallego (onde teñen maior presenza as demandas de sexo) e Faro de Vigo(onde hai máis casos de publicidade de bordeis e locais e empresas que recrutanpersoas para prostituírse). Finalmente, só no Atlántico Diario e no Galicia Hoxeestán ausentes as ofertas de sexo telefónico. As demandas de sexo, por outra banda, teñen un peso relativo sobre o totaldo 6,83%, cun total de 54 pezas, e están presentes en todos os xornais analizados.O seu número, agás en La Voz de Galicia (con 14 anuncios), mantense constanteentre 1 e 6, de maneira que o peso é considerabelmente máis reducido nos medioscon maior presenza dos anuncios de prostitución (en La Voz de Galicia, La Región,Faro de Vigo e El Progreso non chegan a penas a representar o 6% do total), máisnos xornais con menos anuncios elévase até chegar mesmo a ser o tipo deanuncios con maior peso no Diario de Ferrol (57,14%) ou no Galicia Hoxe(42,86%). A continuación, a publicidade de bordeis é o cuarto tipo de anuncios conmaior peso, con 35 anuncios que representan o 4,42% do total. Mais, a diferenzadoutros tipos de anuncios, este está ausente de cinco dos xornais nos que seencontra publicidade de prostitución. 187
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Só en Diario de Arousa, La Voz de Galicia, La Región, Faro de Vigo, ElProgreso, Diario de Pontevedra, Galicia Hoxe e El Correo Gallego encontramospublicidade deste tipo de estabelecementos. O seu número oscilaconsiderabelmente (entre 1 e 12 ocorrencias), sendo maior nos dous xornais conmaior número de anuncios (Faro de Vigo e La Voz de Galicia). Por último, os anuncios de empresas que recrutan persoas para prostituírseestán presentes en todos os xornais menos El Correo Gallego, con 26 pezas (3,29%do total). A súa presenza é pois constante, mais non moi elevada, dado que nameirande parte de xornais teñen unicamente unha ou dúas ocorrencias. Asexcepcións son, unha vez máis, o Faro de Vigo e o La Voz de Galicia, con nove ecinco ocorrencias respectivamente. Estes dous xornais, ademais de seren os quemaior número de anuncios de prostitución presentan, teñen os dous unha secciónespecífica de Demandas de Relax.1.2.1. Demandas de sexo TIPO DE DEMANDA DE SEXO Demanda de sexo Demanda de sexo retribuido Demanda de sexo gratis TIPO DE DEMANDA DE SEXO MEDIO Demanda Demanda Demanda de Total de sexo de sexo sexo gratis retribuído DF 1 3 4 DA 1 1 IG 1 1 2 DB 1 1 2 LVG 6 8 14 LR 1 2 3 AD 1 1 FV 2 4 6 EP 2 3 5 XG -- -- -- -- LO 1 2 3 TVG -- -- -- -- DP 1 3 4 GH 2 1 3 ECG 3 1 2 6 TOTAL 22 1 31 54 188
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA TIPO DE DEMANDA DE SEXO (% sobre o total do medio) MEDIO Demanda Demanda Demanda Total de sexo de sexo de gratis sexo retribuído DF 25,00 75,00 100,00 DA 100,00 100,00 IG 50,00 50,00 100,00 DB 50,00 50,00 100,00 LVG 42,86 57,14 100,00 LR 33,33 66,67 100,00 AD 100,00 100,00 FV 33,33 66,67 100,00 EP 40,00 60,00 100,00 XG -- -- -- -- LO 33,33 66,67 100,00 TVG -- -- -- -- DP 25,00 75,00 100,00 GH 66,67 33,33 100,00 ECG 50,00 16,67 33,33 100,00 TOTAL 40,74 1,85 57,41 100,00 Estabelecemos tres tipos de demanda de sexo entre os aparecidos namostra: demanda de sexo retribuído (cando se especifica algún tipo decontrapartida económica, do tipo “gratifico” ou “pago eu”), demanda de sexo gratis(cando se fai explícito que non haberá contrapartida) ou simplemente demanda desexo (cando non existe ningún tipo de especificación). Entre estas tres, amaioritaria é a primeira, a que se corresponde ao sexo retribuído, que representa o57,41% do total con 31 pezas. Están de feito presentes en todos os xornais menoso Atlántico Diario (onde só apareceu un anuncio de demanda de sexo), e en todoseles menos o Galicia Hoxe e o El Correo Gallego son o tipo de demanda de sexomáis abondosa. Tamén teñen unha gran presenza as demandas de sexo nas que non sesinala se existe ou non retribución económica. Este tipo de demanda ten un total de22 ocorrencias (40,74% dos anuncios analizados) e de novo está presente en todosos xornais menos un (o Diario de Arousa, onde só aparece un anuncio de demandade sexo). No Galicia Hoxe e El Correo Gallego son o tipo de demanda máisfrecuente, e en El Ideal Gallego e o Diario de Bergantiños teñen tanto peso como asdemandas de sexo retribuído. Polo tanto, observamos que a presenza deste tipo dedemanda de sexo é semellante á que supón gratificación económica. Pola contra, só se encontrou na mostra analizada un anuncio no que seespecificase o carácter gratuíto da relación sexual demandada (“Casada guapa.Busco sexo discreto gratis”, aparecido en El Correo Gallego). Todos os anuncios de demandas de sexo analizados se presentan comocasos nos que é unha muller a que demanda sexo (como indicamos no epígrafeanterior, na meirande parte deles gratificado). 189
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.2.1.1. Xénero que se demanda XÉNERO QUE SE DEMANDA Homes Sen especificar XÉNERO QUE SE DEMANDA MEDIO Mulleres Homes Transxénero Sen Total especificar DF 2 2 4 DA 1 1 IG 1 1 2 DB 1 1 2 LVG 3 11 14 LR 1 2 3 AD 1 1 FV 1 5 6 EP 2 3 5 XG -- -- -- -- -- LO 1 2 3 TVG -- -- -- -- -- DP 1 3 4 GH 1 2 3 ECG 2 4 6 TOTAL 17 37 54 XÉNERO QUE SE DEMANDA (% sobre o total do medio) MEDIO Mulleres Homes Transxénero Sen Total especificar DF 50,00 50,00 100,00 DA 100,00 100,00 IG 50,00 50,00 100,00 DB 50,00 50,00 100,00 LVG 21,43 78,57 100,00 LR 33,33 66,67 100,00 AD 100,00 100,00 FV 16,67 83,33 100,00 EP 40,00 60,00 100,00 XG -- -- -- -- -- LO 33,33 66,67 100,00 TVG -- -- -- -- -- DP 25,00 75.00 100,00 GH 33,33 66,67 100,00 ECG 31,48 68,52 100,00 TOTAL 32,08 67,92 100,00 190
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Mais se a especificación do xénero de quen demanda aparece en todos osanuncios, a concreción do xénero da persoa que se demanda non é frecuente (37anuncios, un 67,92% dos analizados). Con todo, cando o xénero se fai explícito,trátase sempre de homes. O modelo predominante, polo tanto, sería o dunhamuller que busca sexo cun home, polo xeral a cambio dunha retribución económica. PARA QUE SE DEMANDA Infidelidade Sexo PARA QUE SE DEMANDA MEDIO Infidelidade Sexo Compañía Total DF 4 4 DA 1 1 IG 1 1 2 DB 1 1 2 LVG 14 14 LR 1 2 3 AD 1 1 FV 6 6 EP 1 4 5 XG -- -- -- -- LO 1 2 3 TVG -- -- -- -- DP 4 4 GH 3 3 ECG 1 5 6 TOTAL 7 47 54 PARA QUE SE DEMANDA (% sobre o total do medio) MEDIO Infidelidade Sexo Compañía Total DF 100,00 100,00 DA 100,00 100,00 IG 50,00 50,00 100,00 DB 50,00 50,00 100,00 LVG 100,00 100,00 LR 33,33 66,67 100,00 AD 100,00 100,00 FV 100,00 100,00 EP 20,00 80,00 100,00 XG -- -- -- -- LO 33,33 66,67 100,00 TVG -- -- -- -- DP 100,00 100,00 GH 100,00 100,00 ECG 16,67 83,33 100,00 TOTAL 12,96 87,04 100,00 191
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAEntre os anuncios de demandas de sexo, atopamos dous tipos de demandas. Namaioritaria, presente en 47 anuncios (un 87,04% do total), o que se reclama ésimplemente sexo, quer a secas, quer con calquera tipo de calificativo (“sexoesporádico”, “sexo desenfrenado”). Este tipo de demandas está presente demaneira maioritaria en todos os xornais menos en Atlántico Diario (onde sóapareceu un anuncio de demanda de sexo e este tipo está ausente). En catro deles(Diario de Ferrol, Diario de Arousa, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario dePontevedra e Galicia Hoxe) é o único que aparece. Mais existe tamén na mostra outro tipo de demandas de sexo no que sedestaca o matiz de infidelidade que se busca no sexo (do tipo “Busco hombrediscreto para ponérselos a mi marido”). Este tipo específico de demanda de sexoestá presente en sete xornais (El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, La Región,Atlántico Diario, El Progreso, La Opinión e El Correo Gallego), cun total de setepezas (o 12,96% das demandas de sexo encontradas na mostra).1.2.2. Empresas ou locais que recrutan persoas para prostituírse XÉNERO DE QUEN RECRUTAN AS EMPRESAS Homes Mulleres XÉNERO DE QUEN RECRUTAN AS EMPRESAS MEDIO Mulleres Homes Transxénero Sen Total especificar DF 1 1 DA 1 1 2 IG 1 1 DB 1 1 LVG 4 1 5 LR 1 1 2 AD 1 1 FV 8 1 9 EP 1 1 XG -- -- -- -- -- LO 1 1 TVG -- -- -- -- -- DP 1 1 GH 1 1 ECG TOTAL 14 12 26 192
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA XÉNERO DE QUEN RECRUTAN AS EMPRESAS (% sobre o total do medio) MEDIO Mulleres Homes Transxénero Sen Total especificar DF 100,00 100,00 DA 50,00 50,00 100,00 IG 100,00 100,00 DB 100,00 100,00 LVG 80,00 20,00 100,00 LR 50,00 50,00 100,00 AD 100,00 100,00 FV 88,89 11,11 100,00 EP 100,00 100,00 XG -- -- -- -- -- LO 100,00 100,00 TVG -- -- -- -- -- DP 100,00 100,00 GH 100,00 100,00 ECG TOTAL 53,85 46,15 100,00 Nos anuncios de empresas e locais que recrutan persoas para a prostitución,vemos que existe unha porcentaxe semellante entre os que recrutan mulleres (14anuncios, un 53,85% do total) e os que recrutan homes (12 anuncios, un 46,15%do total). Con todo, existen diferenzas entre ambos os dous tipos de anuncios. Osanuncios nos que se buscan homes aparecen en todos os xornais cunha únicaocorrencia, e en todos os casos o texto do anuncio é exactamente o mesmo(“Axencia de contactos necesita homes para sexo con señoras”). Pola contra, osanuncios nos que se recrutan mulleres para a prostitución teñen redaccións bendistintas e aparecen unicamente en catro xornais (Diario de Arousa, La Región, LaVoz de Galicia e Faro de Vigo), sendo moi maioritarias nos dous últimos xornais (un80 e un 88,89% respectivamente), precisamente os dous en que maior número deanuncios de prostitución aparecen. PARA QUE SE RECRUTA Traballo en masaxes Traballo en prostitución 193
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PARA QUE SE RECRUTA MEDIO Traballo en Traballo en Total prostitución masaxes DF 1 1 DA 2 2 IG 1 1 DB 1 1 LVG 4 1 5 LR 2 2 AD 1 1 FV 8 1 9 EP 1 1 XG -- -- -- LO 1 1 TVG -- -- -- DP 1 1 GH 1 1 ECG TOTAL 24 2 26 PARA QUE SE RECRUTA MEDIO Traballo en Traballo en Total prostitución masaxes DF 100,00 100,00 DA 100,00 100,00 IG 100,00 100,00 DB 100,00 100,00 LVG 80,00 20,00 100,00 LR 100,00 100,00 AD 100,00 100,00 FV 88,88 11,11 100,00 EP 100,00 100,00 XG -- -- -- LO 100,00 100,00 TVG -- -- -- DP 100,00 100,00 GH 100,00 100,00 ECG TOTAL 92,31 7,69 26 A práctica totalidade dos anuncios analizados nos que as empresas reclutanpersonas, o traballo ofertado preséntase como prostitución (en 24 pezas, un92,31% do total). Só en dous dos anuncios analizados (un 7,69% do total),aparecidos en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, o traballo é presentado como unemprego de masaxista. 194
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.2.3. Os anuncios de oferta de sexo de pago1.2.3.1. O xénero de quen se ofrece ou de quen se ofrecen servizos sexuais Adentrámonos agora na modalidade máis frecuente nos medios galegos efacémolo analizando o xénero da persoa que ofrece ou da que se ofrecen servizossexuais nos anuncios de oferta de sexo de pago. Os datos do gráfico e do cadro queseguen refírense a todos os anuncios de oferta de sexo de pago nos que se sinala oxénero de quen presta tal servizo (a apreciación responde a que hai unha minoríade anuncios nos que non se indica se quen se prostitúe é home, muller outransxénero), así como daqueles anuncios de bordeis e de sexo telefónico nos quetamén se fai mención expresa do xénero da persoa ou persoas cuxos servizossexuais se “ofertan” [marcamos entre aspas o verbo dado que facemos mímese daterminoloxía mercantilista que domina neste tipo de discurso]. Centralizamos poisesta análise nas mulleres, homes e persoas transxénero que se “ofrecen” ou son“ofertadas/os” nas 665 pezas sobre oferta de sexo de pago, anuncios de bordeis esexo telefónico nos que se fai explícito o xénero de quen proporciona os servizossexuais. As mulleres son as que protagonizan a maior parte dos anuncios decontactos. No 84% dos analizados neste apartado son mulleres as que ofrecen oudas que se ofrecen os seus servizos sexuais. A presenza de mulleres transxénero(nacidas homes mais con identidade e/ou atributos femininos) é moi inferior (o 9%sobre o total) mais, con todo, supera á dos homes (só o 6%). Mesmo hai medios –que coinciden con aqueles nos que menos anuncios de sexo de pago se introducen–nos que non se inclúe prostitución masculina (tal é o caso de Atlántico Diario, Diariode Pontevedra e Galicia Hoxe) ou de mulleres transxénero (o que acontece tantonos xornais citados como en La Opinión e nos diarios do grupo La Capital (El IdealGallego, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol). XÉNERO DA PERSOA QUE OFRECE OU DA QUE SE OFRECEN SERVIZOS SEXUAIS Parellas mixtas 1% Mulleres tranxénero Homes 9% 6% Mulleres 84% 195
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Xornal Homes Mulleres Mulleres Parellas transxénero mixtas AD 4 DA 1 6 DB 1 4 DF 1 1 DP 30 ECG 2 32 2 1 EIG 1 4 EP 5 60 15 1 FV 11 151 15 GH 2 LO 1 7 LR 9 62 6 1 LVG 8 196 19 3 TOTAL 40 559 57 6 *Os datos refírense ao número de pezas sobre o total de pezas analizadas neste apartado As mulleres son maioría tanto nos anuncios de oferta de pago como nos deoferta de sexo telefónico e de publicidade de bordeis: o 84% no primeiro caso; o75% no segundo e o 91% no terceiro, como se concreta nos cadros abaixoaxuntados. A prostitución de mulleres transxénero está presente tamén nunhapequena porcentaxe de anuncios de bordeis, dos que está por completo ausente,porén, a prostitución masculina, cinguida tanto a anuncios de sexo de pago como aanuncios de sexo telefónico (nos que supón unha cuarta parte). Xénero de Oferta Oferta Publicidade quen se Total de sexo de sexo de bordeis prostitúe de pago por teléfono Homes 40 30 10 Mulleres 559 506 31 22 Mulleres 57 55 2 transxénero Parellas 6 6 mixtas *Os datos refírense ao número de pezas sobre o total de pezas analizadas neste apartado 196
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA % en % en % en anuncios anuncios anuncios de de sexo de sexo publicidade de pago telefónico de bordeis Homes 5,03 24,39 0,00 Mulleres 84,76 75,61 91,67 Mulleres 9,21 0,00 8,33 transxénero Parellas 1,01 0,00 0,00 mixtas 100,00 100,00 100,00 A maioría dos anuncios non indican se é home ou muller a quen vandirixidos. Nos de prostitución feminina este dato adoita obviarse, entendemos,porque se coida evidente que van dirixidos a homes. De feito, na análise non seinclúe ningún anuncio protagonizado por mulleres e dirixido en exclusiva amulleres. Como moito detállase, entre os servizos ofertados, “lésbico” ou indícaseque se admiten parellas, polo que foron incluídos nas categorías “parellas” ou“varios”. Os anuncios de prostitución masculina van dirixidos, naqueles casos enque si se fai explícito o destinatario, sobre todo a homes, como pode observarse nocadro que segue, e en moita menor medida a mulleres. A prostitución de mullerestransxénero ten como destinatario case en exclusiva a homes. Tamén, aínda queminoritarios, existen anuncios de parellas, dirixidos así mesmo a parellas ouindistintamente a mulleres e homes. A quen Home Muller Parellas Vari@s se dirixe Quen se Prostitúe Homes 15 4 0 1 Mulleres 78 0 1 9 Mulleres 11 0 1 transxénero Parellas 0 0 1 1 mixtas Total 106 4 2 12 *Os datos refírense ao número de pezas sobre o total de pezas analizadas neste apartado 197
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA1.2.3.3. Como se anuncian ou son anunciadas: so/as, en grupo, a través delocais Nas ofertas de sexo de pago, as persoas que protagonizan os anunciospoden publicitarse ben elas mesmas, tanto soas ou en grupo, ou ser o propio bordelas que as anuncia. Neste caso, non é o local en si o que se publicita (comoacontece nos anuncios de publicidade de bordeis) senón o produto (e volvemosbotar man de novo da terminoloxía mercantilista que domina neste tipo dediscurso) que ese bordel anuncia, é dicir, as persoas das que ofrece servizossexuais. Quixemos destacalo porque neste caso a presenza e intervención doproxeneta é explícita. Non queremos con isto dicir que, por detrás dos anuncios nosque as persoas que se publicitan soas ou en grupo non poidan existir proxenetas,mais cando son os propios bordeis os que anuncian a súa existencia é evidente. Talacontece sobre todo cos anuncios de mulleres e mulleres transxénero (aínda que enporcentaxes pequenas, que non superan o 4% do total de anuncios queprotagonizan) e nunca cos anuncios protagonizados por homes. O bordel En grupo Sós/soas % bordel % en % é quen grupo sós/soas anunciaMulleres 14 72 417 2,78 14,31 82,90Mulleres 2 2 47 3,92 3,92 92,16transxéneroHomes 0 4 24 0,00 14,29 85,711.2.3.4. Procedencia das persoas que se prostitúen Os datos que se analizan neste apartado están calculados sobre o total depersoas que ofertan ou das que se ofertan os seus servizos sexuais e das que sesinala a súa nacionalidade. En máis da metade dos casos, o 51%, son galegas ouproveñen doutras zonas do Estado. Séguenlles as persoas procedentes dalgún paíslatinoamericano (unha terceira parte). O resto das procedencias categorizadas(países nórdicos, África, Asia ou países de Europa do leste) contan cunha presenzamoito menor, que devala entre o 1 e 5% na análise cualitativa. Dáselle prioridadepois, fronte ao exotismo, a proximidade cultural, que se asocia, no caso daprostitución de mulleres galegas e españolas, a unha práctica de prostitución decarácter ocasional e/ou elegante e, mesmo en casos, de luxo, como logo se verápolo miúdo na análise do discurso que se emprega neste tipo de pezas publicitarias.A elevada presenza de mulleres galegas e españolas, como se indicar no anuncioque se é nacional do Estado español fose un plus, contrasta coa realidade actual daprostitución en Galicia e en España, moi maioritariamente exercida por mulleresestranxeiras e só nunha minoría por mulleres galegas e do resto do Estado, aíndaque con presenza cada vez máis crecente nos últimos tempos. Implícito podemosalbiscar un discurso de fondo: unha prostitución máis selecta, exercida polasmulleres de Galicia e do resto do Estado, fronte a unha prostitución protagonizadamaioritariamente por mulleres inmigrantes, sobre todo latinas, en condicións máisprecarias, froito da ausencia de dereitos e de posibilidades vitais e laborais no paísde acollida, e da vulnerabilidade fronte ás esixencias das redes que as traficaron. 198
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA O mercado do sexo que se desprega ante os compradores adoita presentar,no caso da prostitución feminina, unha oferta moito máis ampla, canto acaracterísticas e servizos que se ofrecen, ca no caso dos homes ou das mullerestransexuais, o que reforza o rol de produto que as mulleres asumen nestesanuncios. É tamén así nas nacionalidades. Mentres nos anuncios de prostituciónfeminina se poden encontrar mulleres tanto galegas e españolas, como procedentesde países nórdicos, africanos, asiáticos ou do leste europeo, no que aos homes emulleres transxénero se refire, só se destaca a orixe latina. Por outra banda,mentres as mulleres e os homes españois e latinos son maioritariamente de orixegalega ou española, non acontece así coas mulleres transxénero, que proveñensobre todo de países latinos. PROCEDENCIA DAS PERSOAS QUE SE PROSTITÚEN asiática outras 5% africana 3% 1% do leste nórdicas 5% 1% latinas 34% galegas e ou españolas 51%Procedencia Galega Países / Tota Africa Asiátic do español Latin Nórdic OutraXénero l na a leste a a a sHomes 10 1 5 2 2Mulleres 221 2 13 12 114 72 3 5Mullerestransxénero 18 7 11Parellas mixtas 1 11.2.3.5. Que se ofrece nos anuncios de prostitución Os anuncios de prostitución adoitan realzar sobre todo os atributos corporaisdas persoas que protagonizan as mensaxes de oferta sexual. Na metade deles (o50,32%, como pode observarse no gráfico, destácanse as características físicas,dende aquelas que atenden a unha descrición máis xeral (rubia ou morena, cor depelo, cor de ollos, delgada ou “rellenita”, botando man da terminoloxía utilizada nosanuncios), até aqueloutras que se centran nos atributos sexuais (no tamaño dopeito, na descripción das nalgas ou en mencións explícitas á vulva e a vaxina nocaso das mulleres ou no tamaño do pene no caso dos homes e do pene e dos peitosno das mulleres transxénero). Entre os aspectos que os anuncios adoitan subliñarmáis está a concreción de prácticas sexuais específicas (no 26,80% dos anuncios) ea xuventude (no 20,73% aparecen cualificativos como “jovencitas” ou concreciónda idade, polo xeral entre os 18 anos e os primeiros 20). 199
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Seguen, no que a presenza nos anuncios se refire, as condicións de carácter máis mercantil, que atenden ao prezo do servizo e á dispoñibilidade da persoa que o ofrece. Un 17% dos anuncios destacan o custe do contacto con afán competitivo, por tratárense de ofertas ou prezos considerados baixos. Así mesmo, unha parte considerábel das pezas analizadas subliñan a dispoñibilidade espazo-temporal das persoas que se anuncian, tanto o feito de atenderen as 24 horas (no 14,29% dos casos) como o de desprazárense ben a un hotel ben ao lugar que o comprador de sexo prefira. Así mesmo, tamén son destacados en ocasións servizos de ocio parellos (no 0,76% sobre o total), como sauna, que atenden á concepción do local no que se exerce como espazo de ocio e de confort; así como a outros servizos que completan cun plus de morbo a oferta sexual (por exemplo, vídeo, no 1,26% dos casos). O abano de características que constitúen o universo creado polos anuncios de sexo é moi amplo e inciden en modelos moi diversos, que logo sistematizaremos. En función do tipo de muller ou home que se queira ofertar, poden ser destacados valores de submisión (no 11%) dos casos; madurez (tamén no 11% sobre o total) e cariño (no 12%); prácticas sexuais de risco, tales como “francés natural” ou “bebido” e “beso negro” (no 12%); a non profesionalidade de quen se oferta (no 6%) ou a discreción (no 11,50%). QUÉ SE OFRECE. % SOBRE O TOTAL DE PEZAS ANALIZADAS xuventude 20,73 % sumisión 11,25 % sexo non seguro 12,01 % servizos de ocio 0,76 % saídas 14,41% prostitución de luxo 3,54%prácticas sexuais específicas 26,80% novidade 8,98% non profesionalidade 6,70% masaxes eróticas 10,11% madurez 11,63% discreción 11,50% compañía 0,63% cariño 12,77% bo prezo 17,07% atributos corporais 50,32% 24 horas 14,29% 0,00 10,00 20,00 30,00 40,00 50,00 60,00 En función do xénero de quen ofrece ou de quen se ofrecen servizos sexuais, as características destacadas varían. Co mesmo tratamento do que é obxecto calquera produto no mercado, observamos tamén nos anuncios de prostitución que, a medida que a competencia se incrementa e a oferta é maior, bótase man de estratexias como a diferenciación, a suxeición aos desexos do comprador e a rebaixa nas condicións esixidas por quen oferta. 200
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIAEsta situación obsérvase de modo ben claro no que aos anuncios de prostituciónfeminina se refire (os máis abondosos) e tamén, aínda que a distancia, nascondicións de exercicio que ofertan as mulleres transxénero fronte aos homes(lembremos que os anuncios de prostitución de mulleres transxénero son máisabondosos que os de prostitución masculina). Así que, mentres que nos casos enque quen se oferta é un home, o que se destaca sobre todo son os seus atributoscorporais e a realización de prácticas sexuais específicas e só en moi poucosanuncios se bota man doutro tipo de oferta parella (a rebaixa nos prezos ou adispoñibilidade espazo-temporal), a situación é ben distinta no caso da prostituciónfeminina. Xunto ao físico e a concreción nas prácticas sexuais, vemos como en boaparte dos anuncios se rebaixan os prezos, se destaca a dispoñibilidade canto ahorario e a saídas ao espazo preferido polo comprador de sexo (un factor máis deinseguridade para quen se prostitúe), se subliña o exercicio de prácticas de risco(no 14% dos anuncios protagonizados por mulleres fronte ao 10% protagonizadospor homes) e se desprega todo un amplo abano de modelos de feminidade que vandende a virxe até a nai, como veremos no apartado que segue. No caso das mulleres transxénero acontece algo similar, de modo que adoitoson destacados nos anuncios a dispoñibilidade as 24 horas e os desprazamentos(que evidentemente afectan á calidade de vida e de traballo de quen exerce naprostitución), a rebaixa nos prezos ou a novidade da oferta (tanto no caso demulleres como de mulleres transxénero é habitual a referencia a se é nova nacidade ou no local), así como a práctica de sexo non seguro (é ofertado mesmo enporcentaxe maior que na prostitución feminina (15,7% fronte a 14,2%). Así mesmo, as características e atributos que se ofertan están taméntinguidos polos estereotipos patriarcais, que desenvolveremos máis polo miúdo naanálise do discurso mais que xa revelan tamén os propios datos obtidos nesta catacuantitativa. Características que poden ser destacadas no caso das mulleres, comoa non profesionalidade, nunca o son no caso dos homes ou das mullerestransxénero. Neste caso atende, como desenvolveremos máis polo miúdo no estudocualitativo, ben á asociación entre inxenuidade e morbo que a ollada patriarcalaplica ás mulleres, ben tamén ao morbo engadido de manter sexo cunha mullernon profesional (“viuna”, “divorciada”), ben aos estereotipados ligados a certasprofesións no imaxinario sexual creado pola cultura audiovisual (por exemplo,“enfermeras”). En ningún caso tampouco se destaca dos homes ou das mullerestransxénero a madurez, como si se fai nunha porcentaxe destacada (o 16,16%) dosanuncios protagonizados por mulleres, o que responde a un determinado modelo demuller (o maternal) instalada tamén no imaxinario masculino. E o mesmopoderiamos dicir de calidades como o ser cariñoso/a, que si está presente no17,23% dos anuncios de prostitución feminina, fronte ao 7,5% de homes e o1,75% de mulleres transxénero. É dicir, aplícase ao sexo de pago os mesmosestereotipos que ligan a sexualidade feminina á emotividade e o afecto, fronte ásexualidade masculina. Do mesmo modo, a submisión é unha calidade moito máisdestacada nos anuncios de prostitución feminina (no 14,2% dos mesmos ) que nosde prostitución masculina (10%) ou de mulleres transxénero (8,7%). 201
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA QUE SE OFRECE. % SOBRE O TOTAL DE PEZAS PROTAGONIZADO POR CADA XÉNERO Que se ofrece Mulleres Homes Mulleres transxénero 24 horas 17,23 2,5 14,04 Atributos 57,55 52,5 84,21 corporais Bo prezo 19,89 7,5 26,32 Cariño 17,23 7,5 1,75 Compañía 0,71 2,5 0,00 Discreción 13,68 10 8,77 Madurez 16,16 0 0,00 Masaxes 12,97 10 1,75 eróticas Non 8,88 0 0,00 profesionalidade Novidade 9,41 12,5 22,81 Prácticas 32,15 20 31,58 sexuais específicas Prostitución de 3,73 2,5 3,51 luxo Saídas 18,47 2,5 8,77 Servizos de ocio 1,07 0 0,00 Sexo non 14,21 10 15,79 seguro Submisión 14,21 10 8,77 Xuventude 25,40 20 14,041.2.3.6. Modelos de muller, homes e mulleres transxénero Os anuncios de prostitución non só ofertan características (físicas, afectivas,actitudinais…) e condicións de exercicio (económicas, prácticas ofertadas, servizode ocio parellos…) específicas. Estas poden ser agrupadas ao redor dun imaxinarioque afonda nos modelos de feminidade e de masculinidade instaurados nasociedade e arraigados en estereotipos de base patriarcal. Consideramos, pois,preciso analizar que tipo de modelos conforman as diversas constelacións douniverso creado polos anuncios de prostitución. Como punto de partida adoptamosa clasificación realizada por Silvia Pérez Freire e Águeda Gómez Suárez enProstitución: clientes e outros homes (Xerais, 2009) para categorizar osestereotipos femininos detectados nas narrativas masculinas empregadas poloscompradores de sexo entrevistados para a elaboración deste estudo sociolóxico.Tales estereotipos falan da muller virxinal (evocación do universo mariano depureza, inocencia, decencia e candidez); a muller nai (madura e experta, que sabeo que quere un home), a muller obxecto (muller mercadoría percibida comomáquina de dar pracer), a muller perversa (frívola, mentireira, finxidora) e a mullerviciosa (a modo de ninfómana sempre desexosa e dispoñíbel para practicar sexo)(Pérez Freire e Gómez Suárez, 2009: páx. 168-176). 202
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Asumimos en parte tal clasificación e procuramos nos anuncios analizadosos modelos de muller virxinal (nos que clasificamos aqueles que destacan axuventude, a candidez e o estereotipo de “lolita”), de muller obxecto (nos queincluímos aqueles que subliñan fundamentalmente as características físicas); demuller nai (onde encaixamos aquelas pezas nas que se realzan dualidades como amadurez e a capacidade para ofrecer cariño) e de muller viciosa (onde situamosaquelas descritas como ardentes, morbosas, viciosas, que ofrecen sexo “a tope” ouse dirixen ao comprador con apelativos como “vén a jugar con mis juguetespreferidos”). Descartamos da clasificación a muller perversa, por non atopar nadaaxustado a este modelo nos anuncios analizados, o que é lóxico se temos en contaque se trata dun estereotipo percibido como negativo nas narrativas masculinas eque o engano e o finximento non son aspectos que destacar, senón que ocultar,nun universo publicitario baseado, tanto para os anuncios de prostitución comopara todo tipo de produtos presentes no mercado, na capacidade para ligar oobxecto ou servizo que se quere vender a mundos de fantasía asociados árealización de desexos subliminares, mais que adoito ben pouco teñen que ver coarealidade do ofertado. Así mesmo, engadimos outros dous modelos: a nonprofesional (que se podería ligar, dependendo do caso, ao estereotipo da mullervirxinal, da nai ou da muller viciosa) e a compañeira (non exactamente no sentidoaplicado por Silvia Pérez e Águeda Gómez ao falar da “muller compañeira” comoarquetipo de muller non marcado por unha ollada sexista o e coa que o homemantén unha relación de igual a igual, senón como aquela muller que, nos anunciosde prostitución, destaca tanto o seu rol de compañeira (unha cualidade afectivaalén o contacto sexual) como a posibilidade de actuar como parella do home ensaídas e actos públicos (compañía polo tanto entendido como servizo de saída). Como pode observarse no gráfico que segue, o modelo máis presente nosanuncios é o de muller obxecto (no 41,7%), ao que lle segue a muller viciosa (encase o 20% sobre o total) e a virxinal (no 11,72% das pezas analizadas). Menorpeso ten nos anuncios o modelo nai (o que podemos asociar cunha sociedade quevalora sobre todo, e máis aínda no sexual, a xuventude á madurez) e o nonprofesional (neste caso por estar asociado a un tipo de prostitución máisminoritaria, de luxo ou que, cando menos, procura un nivel de distinción). MODELO DE MULLER. % SOBRE O TOTAL DE PEZAS ANALIZADAS virxinal 11,72% viciosa 19,36% obxecto 41,74% non profesional 2,84% nai 5,33% compañeira 0,71% 0,00 10,00 20,00 30,00 40,00 50,00 203
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA MODELOS. % SOBRE O NÚMERO DE PEZAS PROTAGONIZADAS POR CADA XÉNERO Mulleres Homes Mulleres transxénero Compañeira/o 0,71 0 1,8 Nai/Pai 5,33 0 1,8 Obxecto 41,74 32,5 64,9 Viciosa/o 19,36 12,5 19,3 Virxinal 11,72 2,5 1,8 Quixemos probar a trasladar estes modelos ás mulleres transxénero e aprostitución realizada por homes. En todos os casos, o modelo “obxecto” está moipresente, sobre todo na prostitución de mulleres transxénero e en todos eles contacun importante peso o modelo “vicioso/a”, sobre todo no que a mulleres e amulleres transxénero se refire. O modelo “virxinal”, “compañeiro” ou “nai/pai”,entendido como experiencia, madurez e capacidade afectiva, son case inexistentestanto para os homes como para as mulleres transxénero. Enténdese no caso doshomes en función dos estereotipos asociados á masculinidade e a feminidade. Nocaso das mulleres transxénero, unha posíbel explicación pode radicar no feito deque nos anuncios exploten tanto características asociadas á feminidade (sobre todono físico) como á masculinidade, neste caso tanto no físico como no afectivo, demodo que o contacto que se ofrece neste tipo de anuncios non adoita estar ligadoao emotivo, senón ao estritamente sexual, realzado, aínda máis que no caso daprostitución masculina, polo morbo asociado ás persoas que protagonizan este tipode prostitución por saírense dos canons marcados polos patróns de xénero. 204
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2. A OLLADA CUALITATIVA. UNHA ANÁLISE DO DISCURSO SOBRE OSANUNCIOS DE SEXO DE PAGO Dada a influencia que os medios informativos exercen na (re)construción(nunca neutra) do imaxinario, un exame íntegro da súa actitude fronte ás relaciónsde xénero debe acompañar o enfoque cuantitativo dunha análise cualitativa sobre ocontido discursivo dos anuncios por palabras das seccións de contactos. Estaanálise permitirá escudriñar cualitativamente como a través destes anuncios sereflicten, á vez que se (re)constrúen, as relacións de xénero e as visións sobre osexo de pago, isto é, o imaxinario social sobre a prostitución.2.1. TIPOLOXÍA DOS ANUNCIOS Seguimos, ao igual que na análise cuantitativa, a clasificación que distingueentre publicidade de bordeis, anuncios de demandas, anuncios de oferta de sexo depago e anuncios de sexo telefónico. Comezamos polos anuncios de publicidade debordeis, que as máis das veces se presentan como lugar para a celebración defestas como “Scala relax. Ven celebrar [sic] estas fiestas con nosotros”―La Voz, p.56― ou “BARDECOPASMUSAS.ES. Íntimo y privado. Atiende personalmenteSandra. Jovencitas y nuevas camareras. Futbolín, billares” ―Faro de Vigo, p. 64―.Outras veces anúncianse directamente coa inserción dun anuncio gráfico no que seinclúe o nome do “Club” ou “Club Hotel”, decote unido a cualificativos como “lujo,streaptease, privado, despedidas” e interxeccións apelativas do tipo “Atrévete!”. Nas demandas de sexo de pago, como xa foi adiantado na análisecuantitativa, son sempre mulleres as que solicitan servizos sexuais. En ocasiónsimplica que a propia persoa demandante é quen retribúe economicamente, comoen “Recién divorciada. Atractiva. Rica. Busco sexo. Pago yo” ―Atlántico Diario,p.83―, “Empresaria atractiva paga por sexo. Mando fotos reales” ―La Opinión, p.57―, ou “Maduriña adiñeirada, busco sexo esporádico. Recóllote. Gratifico”―Galicia Hoxe, p. 31―, pondo énfase nestes casos na capacidade económica(“solvente”, “adinerada”) da anunciante. Noutras ocasións, a demanda (gratuíta) desexo pode ser acorde a outras motivacións, como “Mujer mayor, alegre, cachonda,insatisfecha, necesito hombre para sexo” ―La Voz, p. 56―, ou “Busco hombrediscreto para ponérselos a mi marido” (anuncio este repetido en todos os xornaisobxectos de análise). Destaca destes anuncios a alusión aos motivos que conducena poñelos, con frecuencia aducindo insatisfacción sexual ou o pracer de cometeradulterio (isto só acontece nun caso, pero que aparece repetido en todos osxornais). Por último, neste grupo cómpre destacar a inexistencia de anuncios dedemanda de sexo retribuído por parte dos homes, unha tendencia lóxica de ter enconta que xa dispoñen de moitos outros anuncios nos que poden mercar sexo. Nos anuncios atópanse tamén, como xa foi indicado, demandas por parte deempresas, axencias ou organizacións que buscan recrutar persoas para que seprostitúan, como “Solicitamos chicas para relaciones esporádicas. Altos ingresos.Absoluta discreción” ―La Región, p. 57―, “Urgen chicas para piso relax,alojamiento, mucho trabajo, zona Noia” ―Diario de Arousa―, “Necesito chicas pisorelax. Mucha clientela, muchísimo trabajo. Trato familiar. Compañerismo.Alojamiento gratuito. Horario flexible” ―La Voz de Galicia, p. 57―, “Rosadevigo,plaza 21 días. Mucho trabajo” ―Faro de Vigo, p. 64―, “Agencia de Vigo necesita 3chicas” ―Faro de Vigo, p. 64―, “Gallegas VIP. Piso lujo, necesita compañeras. Altosingresos” ―Faro de Vigo, p. 64― ou o único caso no que se demandan homes:“Agencia de contactos necesita hombres para sexo con señoras” ―La Opinión, p.57―. 205
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A liña que separa estes anuncios do proxenetismo semella, por veces,diluírse, pois estes enunciados parecen estar a fomentar (mesmo intentandocoaccionar) que outras persoas se prostitúan dentro dunha organización, acto doque probabelmente algunha persoa intermediaria se lucrará (en concreto, a persoaa cargo da “axencia” que recruta mulleres). A carón disto, en cuarto lugar atópanse os anuncios de oferta de sexo acambio dunha contraprestación económica que debe efectuar a persoa que compraese sexo. Estes últimos son, ao noso ver, os anuncios de prostitución en sentidomáis estrito, e por tanto constitúen o principal obxecto de análise deste capítulo.Cómpre aínda matizar que nalgúns casos o que se ofrece é sexo físico e real,mentres ca noutros casos trátase de liñas eróticas que ofrecen sexo por teléfono.Como xa quedou en evidencia na análise cuantitiva realizada na sección previa, sóunha minoría destes anuncios teñen como protagonistas a homes, que se ofrecennuns casos para relacións heterosexuais e noutros para relacións homosexuais (poroutra banda, é abondo significativo que só La Voz de Galicia, Faro de Vigo, ElProgreso e La Región publiquen anuncios de homes). Un grupo algo máis numerosoé o da venda de sexo por parte de mulleres travestidas, ofrecéndose na maior partedos casos para sexo con homes. Con todo, a inmensa maioría dos anunciosprotagonízanos mulleres, ofrecéndose exclusivamente para sexo heterosexual(aínda que isto non sexa sequera preciso indicalo de forma explícita). Á vista doexposto pode concluírse que os anuncios de oferta de sexo a cambio dunhacontraprestación económica adoitan ir dirixidos, moi maioritariamente, a homes. Como xa puidemos comprobar na análise cuantitativa, estes anuncios deoferta de sexo feminino preséntanse en ocasións como publicidade directa dunhamuller ou grupo de mulleres, pero noutros casos o que se anuncia é claramente unpiso ou casa de prostitución (a modo de bordel encuberto) no que agardan unhavariedade de mulleres, con frecuencia podendo intuír, ou mesmo enxergar, apresenza e intermediación de terceiras persoas no negocio. Casos moi claros seríanos de “Chicas de tu ciudad.® Viciosas, jóvenes, maduras, casadas, solteras,calientes, atrevidas, morbosas” seguido dun número de teléfono dunha centraliña,“La Casita en Vigo. La primera. Ven a conocernos. Discreción, el mejor servicio.Repetirás”, ou “Glamour. Conocidas azafatas televisión. Espectaculares modelosrevista. Ejecutivas. Azafatas de congresos. [...] Españolas de lujo. 1ª vez quetrabajan. [...] La clase nos diferencia. Piso de lujo” (onde destaca a terceira persoaldo plural “1ª vez que traballan” podería delatar, xustamente, a participación demáis persoas nese “negocio” do piso de luxo).2.2. ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A DENOMINACIÓN Centrándonos nesta cuarta tipoloxía de anuncios de sexo de pago, resultaapropiado contextualizar o tratamento que cada diferente xornal lles outorga,prestando atención á súa denominación e clasificación dentro das seccións deanuncios por palabras. Dos 13 xornais que publican anuncios de sexo de pago o día 19 de decembro(todos os galegos, agás Xornal de Galicia), 3 inclúenos baixo o epígrafe de“Contactos” ―La Opinión, El Progreso e Atlántico Diario―, mentres 8 delesetiquétanos como sección de “Relax” ―La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Diario deArousa, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, La Región, El Correo Gallego eGalicia Hoxe―. No Diario de Pontevedra faise uso de ambas as denominacións, poisbaixo o título xenérico de “[70]Contactos” acubíllanse os anuncios de “[71]Relax”(ofertas de sexo a cambio de contraprestación económica por parte da persoa que 206
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA‘consome’), e tamén de “[72]Demandas relax” (ofertas de sexo nas que a persoaofertante retribúe economicamente). A clasificación que realiza Faro de Vigo élixeiramente distinta, xa que inclúe este tipo de anuncios dentro dunha sección de“28. Demandas Relax”, na que principalmente se publicitan “axencias” ou “pisos”que buscan recrutar persoas para que se prostitúan, seguida doutra sección titulada“29.Contactos”, na que se ofrecen os servizos de prostitución en sentido estrito. Tanto optar pola denominación de “contactos” como pola de “relax” teñen encomún o presentaren os anuncios facendo uso de formas aparentementeinofensivas. Porén, no caso da utilización de “relax” destaca en maior medida o seuclaro cariz eufemístico, habida conta de que no Dicionario da RAG se define relaxcomo “estado ou sensación de benestar físico e psíquico derivado da falta detensión, da adopción de posturas cómodas ou da realización de exerciciosadecuados”. Diferentes lecturas ideolóxicas agroman de aplicarmos esta definicióná realidade complexa do sexo de pago anunciado en prensa. En primeiro lugar, oeufemismo pode resultar equívoco, pois dado que o relax é algo sempre desexábele positivo, o uso desta terminoloxía contribúe á naturalización da prostitución e, enúltima instancia, ao seu afianzamento dentro do imaxinario colectivo como unhaactividade sempre pracenteira e xeradora de benestar. Pero amais, etiquetar todo osexo de pago como “relax” invita a presupor que a sensación de benestar serárecíproca para as diferentes persoas implicadas na relación sexual. En todo caso, ao tratarse dunha actividade sexual que se realiza a cambiodunha transacción monetaria, poderíase conxecturar que en realidade a persoa queofrece o servizo sexual o único benestar que persegue é o da retribucióneconómica, e deste xeito, o comprador dese servizo sería o único individuo quebusca pracer e relax. Xa que logo, e tendo en conta que a inmensa maioría dosanuncios están dirixidos a homes, a utilización do cualificativo “relax” respondería aunha óptica masculina e androcéntrica das relacións de sexo de pago. En calquera caso, só El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e El Correo Gallegoconsideran “Relax” como un epígrafe independente, mentres que os outros mediosinclúen o relax como subtipoloxía dentro doutros epígrafes, o que tamén resultaabondo elocuente da súa visión do sexo de pago. Por exemplo, La Voz de Galiciaincorpora “31.Relax” dentro da “Bolsa de servicios”, considerando por tanto aprostitución como un servizo público máis ao que as páxinas do xornal serven comoplataforma. O volume de anuncios neste xornal é tal, que dentro da secciónpreséntase unha división por áreas xeográficas. Na edición consultada do xornal(correspondente a Santiago), os anuncios de sexo de pago aparecen clasificadosnas zonas de A Coruña, Bergantiños, Santiago, Barbanza, Ferrol, Provincia Lugo eProvincia Pontevedra. Cunha actitude semellante, este xornal prosegue na súalistaxe da bolsa de servizos con “32.Líneas eróticas”, ofrecendo anuncios de sexopagado por teléfono, e “54. Demandas relax” para solicitar mulleres que seprostitúan. O Diario de Arousa, pola súa banda, engloba os “Anuncios de relax”dentro do epígrafe “Otras secciones”, mentres que La Región opta por incluír dentroda sección “30.Relaciones” tanto a “31.Relax” como a “32.Masajes”. Outros mediostamén teñen, aínda que nun epígrafe diferenciado, a sección de “Masajes” (deles,Faro de Vigo está entre os que máis anuncios incorporan). Respecto a isto último,non só destaca (nun nivel superficial) que esa masaxe estea considerada comounha tipoloxía de relación, senón tamén (nun nivel máis fondo) a inclusión explícitado eufemismo masaxes para facer referencia, en realidade, ás prácticas sexuais. 207
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA2.3. ANÁLISE CUALITATIVA DO CONTIDO DISCURSIVO Tras esta contextualización sobre as escollas denominativas e clasificatoriasde cada xornal á hora de inserir nas súas páxinas estes anuncios, procedemosagora á análise crítica do seu propio contido discursivo. A análise crítica do discursotrata de desvelar o papel da linguaxe en estruturar as relacións de poder nassociedades, desenmascarando as ideoloxías e valores culturais subxacentes áspalabras e aos enunciados. Neste caso concreto, o obxectivo da análise ha ser o detratar de esculcar as tendencias discursivas reproducidas nestes anuncios paraacadar unha comprensión máis íntegra das visións sobre as relacións de xénero esobre a prostitución, polo que a priori non consideramos que resulte significativofacer unha análise distintiva para cada cabeceira. Nunha visión de conxunto, os resultados de realizar unha análise crítica dodiscurso transmitido a través destes anuncios permite identificar como estesparticipan, a grandes trazos, de tres valores: os patriarcais, os pornográficos e osmercantilistas. Abofé que estes tres discursos se manifestan en continua interaccióndentro de cada peza de análise, e a súa incidencia é tamén menor ou menor encada caso (isto é, nin sempre aparecen todos, nin sempre o fan en igual medida).De seguido debullamos polo miúdo as manifestacións discursivas destes valores,indicando (de ser o caso) que particularidades e trazos distintivos presentan os(maioritarios) anuncios de mulleres e os (minoritarios) anuncios de homes.2.3.1. O discurso patriarcal O discurso patriarcal, acorde aos roles de xénero máis misóxinos, podealbiscarse a partir de distintas tendencias á hora de representar ás mulleres nosanuncios. Unha das máis salientábeis é a visión das mulleres como obxectossexuais, e de aí que delas se destaquen de maneira insistente características como“ex-modelo, guapísima, un sueño”, “morenaza”, “cuerpo de infarto”, “infartantecuerpo”, “preciosa”, “exuberante”, “supertipazo”, “cintura estrechita, barriguitaplana, culazo respingón”, “atractiva, cuíño recachado”, “delgaditas. Unas barbies”,“modelo de pasarela”. Tamén resulta destacábel a referencia desmesurada aosatributos femininos, destacando sobre todo o peito, con frases como “rubiahiperdotada”, “supertetísimas”, “tetona”, “pechugona”, “200 pecho”, “140 pechonatural” ou “pechos firmes”. No caso das mulleres travestidas, a medida do peitoacompáñase pola do pene, como no enunciado “Supertravesti gallega. [...]Supertetazas. Supermiembro” ou “Travesti Lana. 190 de pecho. Cuerpo escultural.25x8 reales”. Aqueles anuncios que inclúen fotografías adoitan aproveitar estaúltima para incidir xustamente nos atributos femininos, con imaxes de mulleressemiespidas que só levan unhas pezas de lencería e posan en posturas que lles fandestacar os peitos e o traseiro, ou con imaxes de mulleres totalmente núas,tapando con estrelas ou puntos negros os peitos e a vulva. Outro elemento adestacar das fotografías é que en moitas se advirta de que se trata dunha “Fotoreal”, pois disto poderíase inferir que aqueloutras fotografías que non teñen esteidentificativo non terían por que ser, pois, verdadeiras. Os roles sexistas taménperduran nos poucos anuncios de homes, aludindo sobre todo a aquelascaracterísticas que, segundo o discurso patriarcal, definen a construciónsociocultural do que é un home. Neste sentido, preséntase homes “machospotentes”, “chicos varoniles”, “dotados”, “dotadísimos”, “25 cm” ou “todoterreno”,en ocasións destacando o seu aspecto físico con enunciados como “delgadofibrado”, “guapetón”, “cachas” ou “fibroso”. 208
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Poucas veces se explicita se o que poñen en venda é sexo heterosexual ouhomosexual, (con enunciados do tipo “sólo para hombres” ou “sólo para mujeres”),e esta falta de concreción dificulta calquera intento de analizar, cunha mínimarepresentatividade, as diferenzas que poida haber entre uns e outros. En calqueracaso, algo que adoitan ter en común os anuncios de homes (e tamén comoelemento diferenciador respecto dos anuncios de mulleres) é o feito de nonrecorreren ás fotografías para publicitarse a nivel icónico. En efecto, só seincorporan imaxes de homes en actitude erótica con outros homes nun anunciogrande (repetido até en 6 xornais) co lema “Chicos Contacto Chicos ®”,correspondente a unha empresa de sexo por teléfono dirixida a homosexuais. Enconsecuencia, ao corresponderen todas as fotografías de anuncios individuais amulleres e ao haber só un anuncio gráfico (grande) de homosexuais, unha lecturasuperficial das páxinas de anuncios podería facilmente conducir á conclusión de quenas seccións de sexo de pago só se anuncian mulleres e algún gay. De volta aos anuncios de mulleres, unha segunda tendencia misóxina é a dedestacar a submisión como aspecto a valorar delas. Isto adoita facerse de formapatente, incluíndo o cualificativo de “sumisa” na descrición da muller. Pero ásveces, esta disposición á submisión e a ser mandada podería inferirse tamén dodiscurso dos anuncios que insisten nos “apuros económicos” polos que está a pasara muller (quen, por tanto, fará o que sexa por obter cartos), e que adoitan serestudantes de oposicións, amas de casa, ou perruqueiras en paro. A submisióntamén podería agardarse por parte das mulleres máis noviñas, tradicionalmenteconsideradas máis inocentes e inxenuas, o que se manifesta a través de descriciónscomo “rostro angelical”, “casi niñas”, “jovencísima” ou “18 añitos”. En estreita relación co anterior, preséntase a compracencia como virtudetipicamente feminina, participando da consideración das mulleres como seresrelativos cuxa vida se define en función das necesidades das persoas que asarrodean. Así cómpre entender chamadas como “chicas esperándote para darte elplacer que mereces”, ou cualificativos como “complaciente”, “muy implicada”,“cumplo todas fantasías”, “sí a todo, sin tabúes. Súpercomplaciente” ousimplemente “Cincuentona. Todo sí”, hipotecando deste xeito calquera posibilidadede toma de decisión por parte das mulleres no momento concreto da venda efectivado acto sexual. Isto vai unido tamén á visión das mulleres como seres nas que oshomes veñen apaciguar e liberar tensións, como dá boa mostra o contundente“desahógate en mi boca”. Pola contra, nos anuncios de homes apenas se detectanmensaxes submisas, nin se alude tampouco aos motivos (como apuros económicos)que os levan a ofrecer sexo de pago, aínda que nalgúns casos si se indica que setrata de “chicos muy complacientes”. Tamén os papeis de xénero máis tradicionais reservan para as mulleres aresponsabilidade de satisfacer as necesidades afectivas dos homes. Participandodun (falso) afecto, abondan as descricións de mulleres que se presentan como“gordita, cariñosa” ou “mimosa, muy cariñosa”. Outro tipo de enunciados que poríaénfase no carácter esporádico da actividade sexual ofertada, como “ocasional,gallega, azafata de vuelo”, “enfermera separada. Sólo sábados y domingos”, ou“gallega no profesional” poderían lerse tamén como unha mostra de atenciónespecial, case personalizada, ao home en cuestión. Transmiten así a idea de que senon o fan de forma profesional, é porque o realizan por vocación, e por tanto,cabería agardar unha maior afectividade e coidado. (Con todo, este enunciado debeinterpretarse tamén desde a carga de morbo que transmite, así como desde o feitode que sexan case sempre as galegas e españolas quen inclúan nas súasdescricións esta ocasionalidade, como veremos posteriormente). 209
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Nos anuncios de homes non adoita haber ningunha mención áprofesionalidade ou ao carácter ocasional da actividade sexual de pago, aínda quenalgúns casos si semella apelarse ao afecto e ao romanticismo que, supostamentee de acordo co discurso patriarcal, buscan as mulleres. Así cómpre entenderdescricións como “besucón”, “buen masaje”, ou o reiterado “terminamos juntos”. A dobre moral sobre a prostitución (considerada, no discurso público, comoactividade de mala fama) leva a destacar en todos os casos a “máxima discreción”ofertada, a cita nun “piso discreto” ou o ambiente de “privacidad absoluta”.2.3.2. O discurso pornográfico Unha segunda tendencia manifestada nestes anuncios é a súa participaciónno discurso pornográfico, que aquí se concibe desde un punto de vistaandrocéntrico no só pola súa visión puramente xenital, senón tamén polarepresentación tradicional das mulleres como obxectos que proporcionan pracer aoshomes, convertendo a este tipo de discurso pornográfico nunha instancia deopresión e de lexitimación das desiguais relacións de poder. Isto reflíctese, paracomezar, na listaxe detallada dos “servizos” que se ofrecen, facendo uso dunmarcado argot sexual. Alúdese ás felacións de distinto tipo con termos como“chupadas huevos”, “eyacula en mi boca” ou “garganta profunda”, pero tamén sepoñen á venda co nome de “francés”, “francés inigualable”, “francés a dos lenguas”ou “francés bebido”, mesmo ofrecendo como un servizo máis calquera destasprácticas sexuais sen protección, con ofertas como “francés sin” ou “francés apelo”. O sexo anal ofértase coas prácticas de “griego profundo”, “griego a tope” ou“supergriego”, e tamén en combinación co sexo vaxinal con “doble penetración” ou“por delante y por detrás”. Aínda que en menor proporción, ofrécense outras tipoloxías sexuais como aestimulación anal con “beso negro”, a práctica do “sexo peludo” ou “sexo velludo”,a práctica da urofilia con “lluvias doradas” ou da coprofilia coa “lluvia negra”. Enmoita menor proporción menciónanse os “besos lengua”, “69”, “vibradores”,“consoladores”, “sexo a ciegas” ou técnicas sado como “mordazas, esposas, fustas,látigo”. No caso das mulleres travestidas, é frecuente tamén a especificación do rolque adoptan nas relacións sexuais, indicando “dominación”, “pasiva”, “activa”, etc(o “activo, pasivo” atópase nun só caso de anuncios de homes para sexohomosexual). Un trazo distintivo dos anuncios de home, en xeral, é que apenasindiquen que tipo de prácticas sexuais realizan, coas únicas excepcións dun “besonegro”, dunha “garganta profunda” e dun “buen masaje terminado en francéspenetración”. Fronte a esta linguaxe tan explícita coa que describir as prácticas sexuais,utilízase outro tipo de linguaxe máis evocadora e suxestiva para referise ácapacidade de sensualidade e ao poder irresistíbel das mulleres, alimentando oimaxinario sexual dos homes e creando expectativas moi diferentes en cadaquén.Esta linguaxe comprendería expresións que van desde “supersensual”, “sabrosa”,“semilla jugosa” ou “la dueña de tus sueños prohibidos”, até “conejito goloso”,“ardiente como el fuego”, “fiera en la cama” ou “multiorgásmica”. Con moitaasiduidade inclúense cualificativos que participan de asuncións fondamentepexorativas sobre as mulleres, como “superviciosa”, “hembra viciosa”, “ninfómana”,“ninfómana profesional”, “folladora compulsiva”, “golfa insaciable”, “super tragona”,“adicta al sexo”, “caliente”, “cachondísima” ou “me encanta chupar”. 210
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Incluír estas definicións contribuiría á descarga da (posíbel) “culpabilidade”por parte dos compradores de sexo, quizais influíndo nunha concepción da relaciónsexual comprada como un favor que se lle está a facer a esas mulleres viciosas,insaciábeis, compulsivas e ninfómanas. Esta linguaxe é moito menos frecuente nosanuncios de homes, malia que si se poden atopar algúns exemplos de “chicovicioso”, “chicos calientes”, “morboso”, etc. As expectativas que se crean por parte dos compradores de sexo son máisexplícitas e patentes cando nos anuncios se vaticinan “corridas garantizadas”,“trasero tragón”, “recibo desnuda o en lencería”, “recibo en minifalda sin braguita”,“por 25 euritos me como tu polla, me follas todita”, ou as travestís se definen como“hembra lechera”. Para apelar aínda de forma máis directa ao comprador potencial,inclúense reclamos en segunda persoa que lle dan ao home o papel de suxeito dasaccións realizadas sobre a muller, como “lléname de leche”, “fóllame por dondequieras”, “devórame”, “arráncame la ropa”, “pruébame. Repetirás”, “no tearrepentirás” ou “cumple tus fantasías”. En menor medida resérvaselle ás mullereso papel activo, con frases apelativas como “Te llevaré al delirio” ou “Necesito hacerel amor todos los días. Tú serás mi víctima”. Este tipo de frases son especialmentefrecuentes naqueles anuncios presentados en formato de fotografía (por tanto, demulleres), e pola contra, non están presentes nos anuncios de homes: coa únicaexcepción duns bombeiros que “apagan tu fuego” (ao que nos referiremos máisadiante), a máxima forma de apelación á compradora ou comprador nos anunciosde homes non pasa dun “¿Deseas un momento de placer?”. A compoñente do morbo, que nalgúns anuncios se incorpora de formapatente co cualificativo “morbosísima” ou “mucho morbo”, adoita ir asociada a estediscurso mediante a capacidade evocadora que poida ter a alusión ao descoñecido eás novas experiencias. Se cadra por iso, o tan habitual “atiendo sola” (comodistinción dos encontros sexuais que teñen lugar en pisos de prostitución) adoita iracompañado doutras interxeccións que ofrecen sexo con varias mulleres (“dúos,tríos”), co engadido de morbo que provoca nalgúns casos da relación de amizadeou parentesco entre as mulleres, como “lésbico real con amiga íntima”, “dos amigascariñosas”, “dos hermanas, 18-20 años”, “hermanitas” ou “madre e hija”, e que enúltima instancia connota unha actitude de veneración e entrega absoluta por partedas mulleres (de varias mulleres) ao home (a un só home). É, pois, comprensíbelque este último tipo de ofertas non estean presentes nos anuncios masculinos. As prácticas sexuais de risco preséntase decote como un elemento morbosomáis nos anuncios de mulleres, como transgresión do que está ben visto, e taméncomo servizo exclusivo e diferenciador (aínda que o carácter de diferenciacióndeixaría de ter sentido desde o momento en que se trata dunha oferta moifrecuente). Así, é frecuente ofrecer o xa mencionado “francés sin”, “francés natural”ou “francés a pelo”, e tamén o “francés bebido”, (onde cabe lembrar que o risco detransmisión de ETS é moito maior para quen realiza a felación, sobre todo de haberinxesta do seme). Aínda máis risco entrañan aqueles anuncios nos que a (longa)enumeración dos servizos sexuais á venda se pecha cun “Todo sin”. Fronte a isto, édestacábel a tendencia totalmente oposta (malia que moi minoritaria), que pon oacento na “máxima higiene” e no “ambiente selecto” dirixíndose a outro tipo decompradores de sexo que buscan prácticas seguras e sexo sen preocupacións. Ninun nin outro discurso están presentes nos anuncios de homes, a quen por tanto nonse lles parece presupor nin a necesidade de venderen o seu corpo incorrendo enprácticas de risco, nin a necesidade de chamar a atención sobre a hixiene comoelemento distintivo. A única mención á saúde atópase no anuncio “Gigoló.Masajista. Análisis reciente”. 211
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA A carón disto, tamén se adoita incluír determinada información cando seconsidera que pode servir para lle engadir morbo á relación. Esta información podeser o estado civil, que se especifica preferentemente no caso de non estar solteira(e por tanto, dispoñíbel, segundo a mentalidade patriarcal), como “casadadiscreta”, “casada, soy tu amante ideal” ou “joven casada”, ou outros exemploscomo “recién separada”, “divorciada rica” ou “viuda tímida”. Con todo, a mencióndo estado civil restrínxese aos anuncios de mulleres. Isto non só reflicte asdiferentes expectativas que existen sobre mulleres e homes en relación ao seuestado civil, senón que ademais participa da asunción patriarcal tan tradicional quexulga necesario que as mulleres dean a coñecer constantemente o seu estado (e deaí, por exemplo, a diferenciación entre “señorita” e “señora”, aínda moi operativanas situacións cotiás) Naqueles casos nos que, segundo o anuncio, a venda de sexo non é unhapráctica habitual, ás veces tamén se indica a ocupación ou profesión das mulleres,aínda que coa única excepción dunha “ejecutiva”, o resto de ocupacións son “amade casa”, “peluquera en paro”, “estudiante”, “azafata” ou “enfermera”. Non debepasar desapercibido, tocante ás dúas últimas profesións, que se trata de traballostipicamente feminizados e que serviron tamén para caracterizar ás protagonistascun bo número de películas pornográficas. Como xa sinalamos, as profesións doshomes nunca se fan explícitas, aínda que nun caso un anuncio si participa ealimenta o imaxinario pornográfico con “Walter y Rocco: Bomberos en acción,cachondos, mangueras ardientes, viciosos, cuerpazos, sabrosos, apagan tu fuego”. Outra información que lle engade morbo ao anuncio é a da idade, pero só seas mulleres destacan pola súa xuventude (o que, como argumentamos, taménparticipa dunha visión patriarcal) ou pola súa madurez, e de aí que haxa descriciónscomo “estupenda cincuentona”, “cuarentona morenaza”, “54 años”, “relájate conuna de 50”, “abuelita madurita”, “Mónica abuelita, cuerpo joven”. No caso dosanuncios de homes, non hai ningunha mención á madurez, e só nalgúns poucoscasos se indica a característica de “jovencísimo”. Naqueles anuncios con imaxes, todos de mulleres, as fotografías utilízansecomo elemento a través do que darlle máis morbo á oferta de sexo, incorporandofotos explícitas de mulleres espíndose ou insinuando que se están a masturbar. Aonon haber anuncios de homes con fotografías, no caso deles non se potencia estacapacidade suxestiva mediante os elementos gráficos. Tamén a explicitación constante da procedencia das mulleres poderíaentenderse como un elemento que engade morbo. No caso das inmigrantes, aénfase ponse na súa procedencia “exótica”, favorecendo que se poñan en marchatodos os prexuízos e estereotipos asociados a cada unha das nacionalidades noimaxinario colectivo. É moi habitual indicar a procedencia latinoamericana, condescricións do tipo “morenita brasileña”, “hembraza argentina”, “venezolana” ou“¡Cubanas!”; a procedencia asiática cun xenérico “orientales”; ou a procedencia doleste, indicando se a muller é “rusa”, “lituana”, “checa”, etc. Nos poucos casos demulleres africanas, mantense o xentilicio do continente sen máis detalle. Comoelemento diferenciador, no caso de mulleres galegas, adoita unirse a descrición daprocedencia xeográfica a outros cualificativos como “elegante”, “educada”,“señorita con clase”, “alto standing” ou “gallega auténtica”. É sobre todo nestescasos nos que con maior frecuencia se acouta o tipo de comprador, como“caballeros con clase”, e se fai fincapé na non profesionalidade, e así abondan asexpresións “gallega no profesional”, “gallega. Arancha. Primera vez”, “gallegaelegantísima, eventual en esto” ou “toda la provincia, señoras gallegas noprofesionales 200€”. 212
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA Nalgunhas poucas ocasións, porén, particípase de estereotipos obsoletoscomo “galleguita” ou “galleguiña”. No caso de mulleres españolas, é moisignificativo que os xornais galegos recollen sobre todo anuncios de andaluzas,madrileñas (aínda que tamén as haxa doutras procedencias). Convén sinalar que atendencia anteriormente sinalada de indicar a ocupación e aludir ao carácterocasional da actividade sexual de pago só se dá no caso de mulleres galegas eespañolas. Os anuncios de homes, pola súa banda, só explicitan a nacionalidadenalgunhas ocasións, destacando por exemplo a oferta de “Rene. Chico francés” ou“Chico portugués” (sendo a francesa e a portuguesa dúas nacionalidades nonpresentes nos anuncios de mulleres). Xunto a isto destaca o anuncio “Negroafricano. 25 cm. Vicioso”, onde cabe un amplo espectro de estereotipos ouexpectativas sobre o sexo dos afroamericanos. O discurso pornográfico-morboso só parece estar ausente nos moi contadosanuncios que ofrecen “dama de compañía en tus viajes de negocios y placer”, aíndaque este tipo de enunciados participan tamén das asuncións máis misóxinas queven ás mulleres como elementos decorativos e de compaña, e que ademaisvinculan as viaxes de negocios de executivos coa compra de sexo. A nonconsideración dos homes como elementos simplemente decorativos fai que estetipo de enunciados sexa practicamente inexistente no caso dos anuncios de homes,onde tan só nunha ocasión se ofrece “actor porno para compañía de señoras ymasajes eróticos”.2.3.3. O discurso mercantilista Os anuncios réxense, dunha forma moi clara, polas leis do mercado. Aprimeira lei do mercado é a diversidade na oferta, para que o comprador poidaelixir. Esta lei reflíctese de distintos xeitos nos anuncios. Por un lado, cando persoasindividuais ou ben ofrecen “todos los servicios” ou ben incorporan unha longalistaxe na que enumeran cada un deles. Polo outro, cando nos anuncios de lugares(pisos ou casas de prostitución, maiormente) se ofrecen “Chicas superguapas.Varias a elegir”, “Palacio del sexo, 4 chicas guapísimas”, “30 euros, chicas jóvenes,guapas, cariñosas”, “Casa Relax! Tú [sic] lugar. 8 preciosas chicas esperándotepara darte el placer que mereces”, “Casa Muñecas. Españolas. Latinas, etc.”, “CasaMileta. Disfruta variedad de bellas señoritas, señoras ardientes” ou Acuarios:“Expertas, principiantes. Jovencitas. Maduritas. Buenas tetas, buenos culos”. Isto,de novo, sería unha tendencia practicamente restrinxida aos anuncios deprostitución feminina, pois só nun caso se anuncia un “Duplex, chicos rubio,moreno” (un piso con dous homes) e noutro caso se anuncian en plural “Chicoscalientes, blancos, oscuros, tú decides”. A continua novidade e renovación da mercadoría é tamén un dos principiosfundamentais da lei do mercado. Este principio reflíctese tamén en anunciosindividuais nos que se pon énfase en “Yoana. Novedad”, “Arancha. Primera vez”,“Novata”, “¡Inauguración! 18 añitos”, “Yasmín, nuevamente en Coruña”, “primeravez en Lugo” ou “últimos días en Pontevedra”, nunha tendencia tamén compartidapolos anuncios de home (así por exemplo, “Cristian, novedad” ou “Gustavo,supernovedad”). Os anuncios por parte de pisos ou casas de prostitución demulleres tamén inciden no carácter da renovación, neste caso destacando acontinua mobilidade de mulleres a través de enunciados como “¡Renovamos! 9chicas”, “Noia. Siempre renovando” ou “Casa Princesas, estrenando chicasjovencitas”. 213
  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA As gangas ou prezos de oferta son outro dos atractivos da lei do mercado,que de novo se cumpre no caso dos anuncios de sexo de pago de mulleres, peronon nos de homes. Así cómpre entender enunciados como “promoción!”, “dospolvos 50€, “2x50”, “córrete dos veces por 40€”. A obxectualización das mulleres ea súa consideración como unha mera mercadoría é moi evidente na referencia aque teñen “chicas económicas” ou en anuncios do tipo “Señoritas desde 30 euros”,e de forma máis opaca, tamén en “precios asequibles” (de feito esta alusión a“económico” ou “asequible” é a única perceptíbel nalgúns –poucos– anuncios dehomes). Tamén é evidente cando as mulleres ofrecen servizos a maiores (comodúos), onde a oferta pode ser “las dos x 60 euros”, ou incluso “2 veces con 2 chicasdiferentes, 40 minutos por 50€ y copa gratis”. A vinculación do sexo de pago coconsumo