Your SlideShare is downloading. ×
O paradoxo de_fermi[1]
O paradoxo de_fermi[1]
O paradoxo de_fermi[1]
O paradoxo de_fermi[1]
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

O paradoxo de_fermi[1]

152

Published on

Traballo CMC …

Traballo CMC
1º Bach

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
152
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. O Paradoxo de Fermi O paradoxo de Fermi é a contradición entre as estimacións que afirman que hai unhaalta probabilidade de existencia de civilizacións intelixentes no universo e a ausencia deevidencia de ditas civilizacións. Este paradoxo xurdiu en 1950 durante unha conversainformal entre varios físicos compañeiros de laboratorio de Enrico Fermi, a pesar disto, tivoimportantes aplicacións nos proxectos de busca de sinais de civilizacións extraterrestres:as SETI. O paradoxo trata de responder a pregunta: Somos os seres humanos a únicacivilización avanzada no Universo? Fermi vai máis alá, cuestionándose: se as houbese,onde están? Por que non encontramos trazas de vida extraterrestre intelixente? Fermi formulou o paradoxo na época na que traballaba no Proxecto Manhattan, poloque a súa resposta ó paradoxo centrouse, dado o seu papel na creación da bombaatómica, en que toda civilización intelixente e avanzada desenvolve coa súa tecnoloxía ungran potencial de exterminación, como cría que estaba a ocorrer na súa época coacreación de armas nucleares. Ó non atopar civilizacións extraterrestres implicaba un“tráxico final” para a humanidade, igual que lle sucedera a outras civilizaciónsextraterrestres. A esta conclusión adoitáselle chamar Principio de Fermi. Sesenta anos despois de que o físico italiano formulara o seu famoso paradoxo, ahumanidade segue preguntándose: Onde están? Por que non temos probas irrefutables daexistencia de civilizacións extraterrestres intelixentes? Non temos respostas empíricas aestas preguntas, pero si un milleiro de especulacións e suposicións. A continuaciónexpoñerei brevemente algunhas delas, clasificadas en tres grandes grupos de optimismodecrecente: existen, aínda non sabemos nada, e, non existen. Dentro do primeiro grupo está a primeira contestación que recibiu Fermi, procedentede Leó Szilard, a pesares de que non parecía falar moi en serio; dixo que osextraterrestres xa tiñan un nome: húngaros. Szilard falaba dos seus compañeiros deBudapest, todos eles auténticos xenios nos seus respectivos campos e alcumados polosseus compañeiros como “Os Marcianos”. Tamén temos outra resposta coa que o paradoxo queda resolto de inmediato, trátaseda suposición de que os famosos OVNIs están tripulados por seres extraterrestres. De sertan avanzados como para viaxar ata a Terra, serían capaces de permanecer sen serdetectados, polo menos pola maioría dos habitantes do planeta, derivando nunha sen finde teorías de conspiracións. Quizás nos visitaran no pasado, deixando pistas da súa presenza no noso planeta, enMarte ou en calquera outro planeta do Sistema Solar. Pode que neste pasado os humanosnon existiramos aínda, ou que existiramos pero que crésemos que os extraterrestres erandeuses, monstros ou outros seres recollidos na mitoloxía. Outra opción é a teoría da panspermia, que afirma que a vida terrestre provén doespazo, chegando á conclusión de que os extraterrestres somos nós. Nesta liña tamén temos a concepción da Terra como un zoolóxico preparado polosextraterrestres como reserva onde a vida pode desenvolverse sen verse afectada polosacontecementos do exterior. Unha variación do escenario do zoolóxico propón que aTerra, baixo a esfera de influencia dunha civilización avanzada que non precisa dos nosos
  • 2. recursos, non queira contaminarnos con influencias exteriores. Outra versión desta últimateoría é que a Terra es os seus inquilinos viven nunha especie de simulación virtual quenos proporciona unha impresión artificial do Universo, inculcándonos así a ilusión de queestamos sos no Universo afastándonos de influencias que alterasen a nosa liña evolutivanatural. A última resposta nesta liña acércanos á teoloxía, comparando estas civilizacións máisavanzadas con Deus, de tal modo que o noso Universo coas súas leis físicas e constantesparticulares, foi creado artificialmente nun laboratorio dentro doutro universo. Dentro da segunda liña de respostas temos que se están aí fóra e aínda non secomunicaron con nós, como xustificalo? Que as estrelas se atopen a grandes distanciaspodería impedir que os extraterrestres viñesen visitarnos aínda que quixesen. Supondo que posúen tecnoloxías máis alá de calquera cousa imaxinada para recorrertan vastas distancias, poderían estar xa de camiño, simplemente non lles tería dado tempode chegar ata nós. Tamén cabe a posibilidade de que a Terra quedase á marxe debido áfalla de atractivos para seres de naturezas descoñecidas. Pode que, por esta falla deintereses para eles, non nos visiten eles senón as súas máquinas, ou pode que estascivilizacións atopasen fontes de enerxía en ámbitos distintos do normal non tendonecesidade de desprazarse a outros mundos. Quizais a culpa sexa nosa por non ter detectado civilizacións extraterrestres queestivesen intentando comunicarse con nós. E se están empregando medios decomunicación que sabemos utilizar, pero para os que descoñecemos a frecuencia exactana que transmiten? As buscas actuais de sinais de vida intelixente extra terrestre (SETI)son case a cegas. Deberiamos saber cara onde mirar e orientar os nosos instrumentos, haimilleiros de estrelas aí fóra e non estamos moi seguros de cales teñen maioresprobabilidades de posuír planetas habitados. Pode ser tamén, que xa recibamos o sinalpero non sexamos capaces de separalo do ruído de fondo. Segundo estas suposicións oéxito dependerá, probablemente, da nosa constancia. Pero, e se todos escoitan e ninguén transmite? Nós xa transmitimos no ano 1974dende o telescopio de Arecibo, pero a nosa mensaxe pode ter pasado desapercibida ouprecisar millóns de anos para chegar a un destino indeterminado. Outra posible resposta ó paradoxo de Fermi é que as civilizacións extra terrestres nonqueiran comunicarse con outros mundos, xa que a psicoloxía extra terrestre se nosescapa; quizais teñan medo a ser colonizados por outras razas ou que, sendo tanavanzados, non atopen interese en relacionarse con seres inferiores. Tampouco sabemosse seríamos capaces de entendernos. Tal vez debamos formularnos se é posible converterse nunha civilización avanzadasen autodestruírse no proceso; pode que todas as civilizacións avanzadas acabarandesaparecendo destruídas polo deu propio potencial ou os seus efectos (guerra nuclear,biolóxica, química, esgotamento dos recursos, causas naturais…) O seu entorno podería non ter propiciado o desenvolvemento das matemáticas ou daastronomía, impedindo así que se pregunten se existen outros seres vivos no espazo. Pode que existan moitas civilizacións extraterrestres intelixentes pero ningunha nonoso horizonte visible, xa que a velocidade da luz é finita e o Universo “infinito”; aínda que
  • 3. estivese cheo de vida, as civilizacións que estivesen demasiado lonxe estarían semprefora do noso alcance. Pode que existan pero non sexamos conscientes deles. A modo de exemplo, comosucede entre formigas e humanos, somos conscientes delas, pero elas non o son de nós,excepto que exista unha agresión directa que as fai sensibles a ela que será rexistradacomo un algo catastrófico da natureza que as rodea. As formigas viven ignorantes daexistencia humana e, a pesares de que temos poder de destruílas, isto non xera ningúntemor nelas porque “o humano” non existe. O último grupo de respostas, o máis pesimista e egocentrista de todos é o de queestamos sos no Universo, porque os extraterrestres non existen. Fermi, cando formulou oparadoxo pensaba en civilizacións extraterrestres intelixentes, non en vida máis ou menosevolucionada. Nós cremos selo, a pesar de que aínda non fomos capaces de desenvolverunha Teoría do Todo, pero quizais non sexa tan fácil que outras civilizacións intelixentesaparezan no Universo. Para a nosa aparición tívose que dar un encadeamento decircunstancias que fixo que unha especie de homínidos, en varias ocasións moi achegadaá extinción, acadase esta posición que agora ocupa o homo sapiens sapiens; podería esteproceso azaroso repetirse moitas outras veces? As cousas poderían ser diferentes e nonestaríamos aquí para formularnos esta dúbida: tocounos a lotería e somos os únicos seresque tratan de obter a super-intelixencia? Supoñendo que este proceso dedesenvolvemento que converte a animais en seres intelixentes sexa moito máis factible doque pensamos, debemos recoñecer que a vida tardou moito en aparecer dende onacemento do Universo e que a nosa podería ser a única civilización á que lle deu tempode acadar este grao de desenvolvemento. Se a vida tivo que esperar para reunir os seusingredientes, nós poderíamos ser os primeiros en gozar deste grao de evolución. A Terraexperimentou extincións masivas que poden volver a repetirse, acabando esta vez connós. Non só é complicado que se dean os acontecementos precisos para dar lugar a unhaespecie intelixente, se non que a xénese da vida tamén é unha incógnita que dificultavalorar como de abundante é no Universo. Os pesimistas opinarán que a súa aparición éunha carambola cósmica de difícil repetición. Se por seres intelixentes entendemos seres capaces de construír ferramentas, o serhumano conseguiuno “pronto” porque os seus antepasados vivían nas árbores e polo tantoposuían extremidades adaptados a este entorno. Tamén cabe a posibilidade de que os extraterrestres se extinguiran antes de serconscientes da súa presenza no Universo. A nosa propia intelixencia é un parámetro cuestionable, xa que depende da nosaenorme bagaxe cultural, produto de moitas xeracións de pensadores e inventores;outorgando á linguaxe un papel central no desenvolvemento da nosa intelixencia, xa quesen ela, unha civilización extraterrestre podería estar formada por seres conscientes dasúa existencia que non poderían compartir coñecementos e experiencias máis alá dosmáis elementais, impedindo unha revolución científica e a aparición dunha tecnoloxía quepermitise entrar en contacto con outros mundos. Son tantos os obstáculos no camiño carao desenrolo da ciencia, o único mecanismo que coñecemos para converternos nunhacivilización avanzada, que non é estraño que haxa tanta xente que opine que somos osúnicos seres intelixentes no Universo.
  • 4. Hai quen pensa que o erro do paradoxo é asumir que unha civilización pode colonizaro Universo a un ritmo exponencial, argumentando que o esgotamento dos recursosimporía límites o desenrolo de calquera civilización. Existen afirmacións de que ascivilizacións que máis sobrevivisen serían aquelas máis sabias por saber administrar osseus recursos dispoñendo de máis tempo, a diferenza dos humanos, consumistas poracadar a sabedoría e o coñecemento nun curto prazo de tempo. Por último, temos a teoría da viaxe no tempo unida á da existencia de vidaextraterrestre, chegando a conclusión de que a vida intelixente interestelar proviría dunhavida intelixente común que acadou a tecnoloxía e os coñecementos suficientes pararealizar viaxes no tempo, Segundo isto, é imposible a comunicación porque osextraterrestre, tal vez humanos do futuro, aínda non existen. Persoalmente non dubido da existencia de vida no Universo, e creo que cometemos unerro ó pensar que para a vida é precisa auga; igual que nós nos adaptamos a este planeta,outras formas de vida puidéronse ter adaptado a outros ambientes. Respecto áscivilizacións intelixentes, non creo que nos teñan visitado nun pasado, pero non sei moiben que pensar, porque hai moitos argumentos convincentes sobre respaldando a teoríade que estamos sos, como civilización intelixente, no Universo. O paradoxo de Fermi segue retándonos debido á nosa ignorancia; o único claro polomomento é que non somos capaces de probar, sen ningún tipo de dúbidas, que existencivilizacións extra terrestres. Coa información que posuímos nestes intres, ben poderíamosser a única civilización intelixente da Galaxia, ata que un día se produza o primeiro everdadeiro contacto e todas as nosas especulacións non sirvan para nada: o Paradoxo deFermi deixaría de existir.

×