Ofrenda Antigo Reino de Galicia
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Ofrenda Antigo Reino de Galicia

on

  • 400 views

 

Statistics

Views

Total Views
400
Views on SlideShare
399
Embed Views
1

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 1

http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Ofrenda Antigo Reino de Galicia Document Transcript

  • 1. “Cantade a Deus, tocade na súa honra. Alfombrade o camiño que avanza polo deserto”.Seguindo unha tradición secular a comunidade cristiá galega síntese convocada hoxe nestacatedral de Lugo, tenda do Altísimo, ante a presenza real e verdadeira de XesúsSacramentado para pregar a quen intercede por nós, postrarse en adoración humilderexeitando as idolatrías e loalo pola súa infinita misericordia.Esta Catedral faise templo e corazón de toda a igrexa en Galicia, testemuñando a devocióneucarística e acollendo a ofrenda, que en nome do Reino de Galicia presenta este ano o Sr.Alcalde da Moi Nobre, Sempre Leal e Real Cidade de Betanzos dos Cabaleiros.Nesta celebración lembramos cómo a Eucaristía forma parte das raíces da nosa identidadepara consolidar o proxeto de Deus na historia da nosa comunidade. O Santísimo Sacramentovai ser levado en procesión polas rúas da cidade para manifestar que "Cristo resucitadocamiña no medio de nós e nos guía cara ao Reino dos Ceos" e que Cristo Eucaristía é aresposta a todos os que están cansos, sufocados e sedentos de salvación; aos que sentennecesidade de xustiza e de liberdade, de fortaleza e de esperanza. "A Eucaristía é alimentoque nutre e fortalece tanto o neno e o mozo que se inician na vida cristiá como ao adulto queexperimenta a súa propia debilidade, e de modo singular é viático para os que están a puntode deixar este mundo". "Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e euresucitareino no derradeiro día". No medio do deserto da vida, o Señor noso Deus recórdanosque non só de pan vive o home senón de todo canto sae da súa boca.Vimos de Deus e a Deus imos. Pero no noso peregrinar advertimos que a nosa sociedade vaiperdendo o espírito e se converte en inestable e insensible aos valores transcendentes,aferrándonos ao melancólico desencanto, ao relativismo xeneralizado e ao consumismoinsolidario. Pero "sen Deus o home non sabe onde ir nin tampouco logra entender quen é"[1].O verdadeiro edificador da persoa humana é Deus. El é quen coloca ao home nun contexto defraternidade. Os cristiáns encontramos na Eucaristía a forza transformadora, que nos capacitae impulsa a un traballo audaz nas estruturas deste mundo para levarlles aquel tipo derelacións novas, que teñen a súa fonte inesgotable no don de Deus"[2]. Prenda segura deeterna gloria, a Eucaristía "é o don que Xesús fai de si mesmo, revelándonos o amor infinitopara cada home"[3], un amor "que o home necesita para encontrar sentido á vida, vivila conesperanza" e impulsar o auténtico desenvolvemento de cada persoa e de toda a humanidade.O amor é a forza máis revolucionaria para transformar a nosa vida e a realidade do mundo,lonxe da corrupción, do conformismo e de actitudes inoperantes. "Non seriamos discípulos deXesús, nin a Igrexa podería presentarse como a súa Igrexa, se non recoñecésemos noexercicio e no servizo da caridade a norma suprema da nosa vida"[4].Nas rúas da existencia humana encontrámonos cos necesitados materialmente eespiritualmente: homes e mulleres, nenos e mozos marcados pola utilización máis ferinte enos que Cristo, manifestación do amor de Deus, segue a padecer. Son crucificados nunhasociedade doente que fere a sensibilidade humana e cristiá e que denuncia o egoísmo, aindiferenza e a insolidariedade. Cando non se respecta a xustiza e non se vive a caridade,xérase un proceso de deshumanización e despersonalización. Alimentarnos da Eucaristía écompartir os sentimentos de Cristo, e sentirnos urxidos a aceptarnos e comprendernos,perdoarnos e amarnos. "A Eucaristía impulsa a todo o que cre en Cristo a facerse pan partidopara os demais e, polo tanto, a traballar por un mundo máis xusto e fraterno". Toda a nosaexistencia deber ser pan partido para os demais. "Cristo segue exhortando tamén hoxe osseus discípulos a comprometerse en primeira persoa: dádelles vós de comer (Mt 14,16) "[5].Os israelitas comeron o maná no deserto. Nós necesitamos a Eucaristía para superar astentacións de volver á escravitude, e de adorar e servir a outros poderes que nos separan deDeus. San Paulo dinos: "O pan que partimos, ¿non é unha comuñón co corpo de Cristo? Ecomo hai un único pan, tamén nós, sendo moitos, formamos un único corpo, porque todosparticipamos dese único pan". Comulgar é entrar na comuñón coa vida mesma de Xesúsentregada por todos nós e esixe “unha derrota permanente do propio egoísmo”. "Así aEucaristía, mentres que nos une a Cristo, ábrenos aos demais, fainos membros os uns dos
  • 2. outros: xa non estamos divididos, senón que somos unha soa cousa en El"[6].Os que viven en comuñón con Cristo han de facelo presente e operante en medio dos homes,traballando por construír unha cultura cristiá na solidariedade e a axuda mutua, no respecto ea comprensión, e tratando de responder ás profundas esperanzas das persoas que piden seracompañadas nas súas buscas. "Na comunidade dos crentes non debe haber unha forma depobreza na que se negue a alguén os bens necesarios para unha vida decorosa". Na Eucaristíaenraízase toda a acción caritativa e social da Igrexa e a forza para motivala e sostela na nosaexistencia. "Especialmente na nosa época, na que a globalización nos fai, cada vez máis,dependentes os uns dos outros, o Cristianismo pode e debe facer que esta unidade non seconstrúa sen Deus, é dicir, sen o Verdadeiro Amor, o que daría lugar á confusión, aoindividualismo, e a opresión de todos contra todos"[7]. Nun momento de forte crise humana ecultural é necesario crear puntos luminosos de humanidade nova. O cambio do corazón dásecando entramos na realidade da caridade. Se queremos unha cidade dos homes máis visible eacolledora, debemos deixar que a cidade de Deus a permeabilice con aquela forma orixinariade vida que Xesús trouxo á terra.Sen vitalidade eucarística constante só nos quedan as aparencias de vida cristiá. A Eucaristía,vivida e celebrada, esíxenos un compromiso de fraternidade que "se traduce inevitablementeen xestos e signos de esperanza", denunciando "as circunstancias que van contra a dignidadedo home, polo cal Cristo derramou o seu sangue, afirmando así o alto valor de cadapersoa"[8]. O compromiso do cristián é crear un estilo de vida significado pola gratuidadecristiá que favorece a liberdade e a xustiza, e non esquece aos pobres, porque abandonar ospobres sería esquecer o máis auténtico da gratuidade de Deus. "O Señor comprácese nopobre".Ante as dificultades de anunciar o Evanxeo hoxe "vén á memoria case espontaneamente, oepisodio da multiplicación dos pans narrado nos Evanxeos. Os discípulos expoñen a Xesús asúa perplexidade ante a multitude que, famenta da súa palabra, ó seguía ao deserto, eproponlle: Despide a xente (Lc 9,12). Quizais teñen medo e non saben como dar de comer aun número tan grande de persoas. Unha actitude análoga pode xurdir no noso ánimodesalentado ante a magnitude dos problemas... Neste caso hai que recorrer a esa novafantasía da caridade que ha de promover non tanto e non só a eficacia da axuda prestadasenón a capacidade de facerse próximo a quen está necesitado, de modo que os pobres sesentan en cada comunidade cristiá como na súa propia casa".Pido ó Señor Sacramentado toda clase de bens para a Familia Real, para as nosas Dioceses,para os nosos gobernantes, para Vde. e a súa familia, Sr. Oferente, e para todos os fillosdesta querida terra para que iluminados pola palabra e fortalecidos pola Eucaristía,contribuamos a unha liberación positiva da forza da verdade, do ben, da beleza e da xustizana nosa comunidade e noso mundo. Amén.+Julián Barrio BarrioArzobispo de Santiago de Compostela
  • 3. [1] Caritas in veritate, 78.[2] Sacramentum Caritatis, 91.[3] BENEDCITO XVI, Sacramentum caritatis, n.º 1.[4] CEE, Orientacións morais ante a situación actual de España. Instrucción pastoral, 23 denovembro de 206, 78.[5] BENEDICTO XVI, Sacramentum caritatis, 88.[6] Ibid.[7] BENEDICTO XVI, Homilía no Corpus Christi de 2011.[8] Ibid., 89.Os que viven en comuñón con Cristo han de facelo presente e operante en medio dos homes,traballando por construír unha cultura cristiá na solidariedade e a axuda mutua, no respecto ea comprensión, e tratando de responder ás profundas esperanzas das persoas que piden seracompañadas nas súas buscas. "Na comunidade dos crentes non debe haber unha forma depobreza na que se negue a alguén os bens necesarios para unha vida decorosa". Na Eucaristíaenraízase toda a acción caritativa e social da Igrexa e a forza para motivala e sostela na nosaexistencia. "Especialmente na nosa época, na que a globalización nos fai, cada vez máis,dependentes os uns dos outros, o Cristianismo pode e debe facer que esta unidade non seconstrúa sen Deus, é dicir, sen o Verdadeiro Amor, o que daría lugar á confusión, aoindividualismo, e a opresión de todos contra todos"[7]. Nun momento de forte crise humana ecultural é necesario crear puntos luminosos de humanidade nova. O cambio do corazón dásecando entramos na realidade da caridade. Se queremos unha cidade dos homes máis visible eacolledora, debemos deixar que a cidade de Deus a permeabilice con aquela forma orixinariade vida que Xesús trouxo á terra.Sen vitalidade eucarística constante só nos quedan as aparencias de vida cristiá. A Eucaristía,vivida e celebrada, esíxenos un compromiso de fraternidade que "se traduce inevitablementeen xestos e signos de esperanza", denunciando "as circunstancias que van contra a dignidadedo home, polo cal Cristo derramou o seu sangue, afirmando así o alto valor de cadapersoa"[8]. O compromiso do cristián é crear un estilo de vida significado pola gratuidadecristiá que favorece a liberdade e a xustiza, e non esquece aos pobres, porque abandonar ospobres sería esquecer o máis auténtico da gratuidade de Deus. "O Señor comprácese nopobre".Ante as dificultades de anunciar o Evanxeo hoxe "vén á memoria case espontaneamente, oepisodio da multiplicación dos pans narrado nos Evanxeos. Os discípulos expoñen a Xesús asúa perplexidade ante a multitude que, famenta da súa palabra, ó seguía ao deserto, eproponlle: Despide a xente (Lc 9,12). Quizais teñen medo e non saben como dar de comer aun número tan grande de persoas. Unha actitude análoga pode xurdir no noso ánimodesalentado ante a magnitude dos problemas... Neste caso hai que recorrer a esa novafantasía da caridade que ha de promover non tanto e non só a eficacia da axuda prestadasenón a capacidade de facerse próximo a quen está necesitado, de modo que os pobres sesentan en cada comunidade cristiá como na súa propia casa".Pido ó Señor Sacramentado toda clase de bens para a Familia Real, para as nosas Dioceses,para os nosos gobernantes, para Vde. e a súa familia, Sr. Oferente, e para todos os fillos desta
  • 4. querida terra para que iluminados pola palabra e fortalecidos pola Eucaristía, contribuamos aunha liberación positiva da forza da verdade, do ben, da beleza e da xustiza na nosacomunidade e noso mundo. Amén.+Julián Barrio BarrioArzobispo de Santiago de Compostela[1] Caritas in veritate, 78.[2] Sacramentum Caritatis, 91.[3] BENEDCITO XVI, Sacramentumcaritatis, n.º 1.[4] CEE, Orientacións morais ante asituación actual de España. Instrucciónpastoral, 23 de novembro de 206, 78.[5] BENEDICTO XVI, Sacramentumcaritatis, 88.[6] Ibid.[7] BENEDICTO XVI, Homilía noCorpus Christi de 2011.[8] Ibid., 89.