O Espírito Santo en clave de sol
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

O Espírito Santo en clave de sol

on

  • 762 views

Curso sobre música, liturxia e vida.

Curso sobre música, liturxia e vida.
Javier R (Comunidade Caná).
Selección de contidos.

Statistics

Views

Total Views
762
Views on SlideShare
758
Embed Views
4

Actions

Likes
0
Downloads
4
Comments
0

2 Embeds 4

http://espiritoenclavedesol.blogspot.com 3
http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

O Espírito Santo en clave de sol O Espírito Santo en clave de sol Document Transcript

  • O Espírito Santo en clave de solO Espírito Santo en clave de sol Curso sobre música, liturxia e vida Javier R. (Comunidade Caná) Javier Rodríguez naceu no barrio de Monte Alto (A Coruña) en 1958. Estudiou nos Salesianos e na Escola de Maxisterio. Alícoñeceu a Montse. Casaron en 1978, segundo remataron a carreira. Recibiron, dende noivos, unha chamada á vida comunitaria.Viviron en comunidade cun capuchino, un franciscano e un salesiano ata 1980. Despois, en diversas aldeas e pobos de Galicia.Dende 1990 a súa casa está en Moaña. Teñen tres fillos (entre 18 e 27 anos) que participan activamente con eles na vidaeclesial. Son fundadores de Comunidade Caná, unha comunidade de familias insertada na Arquidiocese de Santiago ao servizoda nova evanxelización. Promoven e organizan Encontros de Familias por toda España. Teñen editado diversos materiais, xogose dinámicas para catequese, educación en familia, evanxelización na rúa, etc. Javier traballa como mestre de Música en Infantil e Primaria, ademais de colaborar na Pastoral Diocesana en Cursos deMúsica, Liturxia, Preparación ao Matrimonio, Educación afectivo-sexual... Tamén en www.pastoralsantiago.org Libros publicados:  Amar para siempre (para a preparación ao Matrimonio)  Haced lo que Él os diga (para traballar en grupos de matrimonios)  Familia, ¡sé lo que eres! (para reunións de familias)  Yo hago nuevas todas las cosas (testemuños da acción de Deus nas familias)  El Espíritu Santo en clave de sol (sobre a música dende a experiencia do Espírito)OBXECTIVOS  Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada docente.  Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende unha perspectiva bíblica.  Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes.  Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente, de xeito que poidan empregarse de forma creativa e construtiva.  Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia. 2
  •  Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.  Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, tanto dende un punto de vista histórico coma dende a perspectiva do seu papel na sociedade actual.CONTIDOS  A música dende unha perspectiva bíblica.  Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto.  Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos.  Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese.  A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica. “Se coñeceses o Don de Deus!” (Xn 4, 10)1. A música dende unha perspectiva bíblica1.1. IntroduciónTen a Biblia algo que dicir sobre a música e o canto como ministerios na Igrexa?A perspectiva de Deus, manifestada na Biblia, debe cambiar as nosas actitudes eimpresións persoais acerca do tema?Si, por suposto!A música ocupa un lugar importante na Palabra de Deus. Máis de 40 libros da Bibliafálannos directamente dela, sumando preto de 600 pasaxes.1.2. Nas túas murallas, XericóA música aparece en 563 citas do Antigo Testamento. Faino xa dende as primeiraspáxinas do Xénesis. En Xén 4, 20-22 descríbesenos a primeira especialización dasactividades humanas. Tres fillos tivo Lamek: Yabal, Yubal e Túbal Caín. Yabal "veuser o pai dos que habitan tendas e crían gando". Túbal Caín, "pai de todos osforxadores de cobre e de ferro". O segundo dos irmáns, Yubal, foi "pai de cantostocan a cítara e a frauta". A Palabra de Deus dános a entender que os alimentos e osprodutos manufacturados non sacian as necesidades do home. Xunto a estasactividades, a Biblia pon a música. Deus revélanos que non é suficiente atender asnecesidades materiais do home. El fíxonos con certas necesidades "estéticas" e creoua música para satisfacer esas necesidades.Se lemos o Antigo Testamento dende a perspectiva da música, impresiónanos aimportancia que esta tiña na vida do pobo de Deus. Estaba asociada a todos osaspectos da súa existencia persoal e colectiva. A música está presente sempre, entodos os lugares, tanto na vida cotiá coma na relixiosa. Todas as épocas do ano estánmarcadas por cantos aprendidos ou improvisados. 3
  • Cantábase:- Nas segas e nas vendimas (Esd 9, 2; 16, 10. Xer 31, 4-5).- Ao momento de partir (Xén 31, 27).- Nos reencontros (Xuí 11, 34-35; cf. Lc 15, 25).- Na chegada da primavera (Cant 2, 12).- Ao descubrir o manancial (Núm 21, 17).- O noivo cantaba ao presentarse á amada (1Mac 9, 39).- Había cantores e cantoras na corte do Rei (2Sam 19, 35).Nos libros do Antigo Testamento aparecen toda clase de cantos:- Cantos de marcha (Núm 10, 35-36; 2 Cró 20, 21).- Cantos de peregrinación a Xerusalén (Salmos 121 a 134).- Cantos laborais (Num 21, 16-18; Xuí 9, 27; Is 5, 1; Is 27, 2; Is 65, 8; Xer 25, 30; Xer48, 33; Os 2, 17).- Cantos de amor (Sal 45; Cant 2, 14; Cant 5, 16; Ez 33, 32).- Cantos para beber (Xob 21, 12; Sal 69, 13; Is 24, 9; Is 33, 11).- Cantos para danzar (1Sam 18, 6-7; 21, 12; 29, 5; Sal 26, 6; 68, 26; 87, 7).As máis antigas mencións á música e a cantos improvisados están asociadas ás guerras(Núm 21, 11-15; 21, 27; 21, 30) e ás vitorias que Deus obtivo en favor do seu pobo (Éx15; Is 14, 4). As mulleres recibían aos vencedores con pandeiros e danzas, cantandoen coros que se alternaban. En tempo dos reis mantívose este costume: despois dasúa vitoria, Xosafat subiu ao templo ao son de cantos, arpas e trompetas (2Cró 20,28). Cantábase durante as festas e as vodas (Sal 45, 9; 2 Sam 19, 35; Is 24, 8; Mat 11,17). Cantábase "ao son de pandeiros, da arpa e a frauta" (Xob 21, 12; Sal 30, 12; Is 5,12; 24, 8-9; Xer 25, 10; 31,4; Am 6, 5). Nestas pasaxes encontramos exemplos dastres categorías de instrumentos que se usaban: de corda, de vento e de percusión.Hai cantos de xúbilo tanto na saída de Babilonia (Is 48, 20; Sal 126, 5) como naliberación definitiva dos redimidos (Is 35, 10). Nos enterros, cantábanse elexíasfúnebres (2Sam 1, 18-27; 3, 33 e ss; 2 Cró 35, 25). Aínda o máis pobre dos israelitasdebía facer vir como mínimo a dous músicos que tocasen a frauta para o enterrodalgún da súa familia.A música acompaña o exercicio do ministerio profético. En tempos de Samuel habíagrupos de profetas que tocaban salterios, arpas, pandeiros e frautas (1Sam 10, 5; 16,16 e ss; 19, 20-24). Eliseo pediu un músico que tocase a arpa para poder expresar oque Deus lle inspiraba. A música era utilizada tamén para botar os malos espíritos(1Sam 16, 16; 18, 10).A música utilizábase regularmente no culto do templo, tal como tiña mandado oSeñor: "No día da vosa festa e nas solemnidades, tocaredes as trompetas durante osvosos holocaustos e sacrificios de comuñón. Así faredes que o voso Deus se acorde devós" (Núm 10, 10).Cando transportaron a arca a Xerusalén, "David e toda a casa de Israel bailabandiante de Iahvéh con todas as súas forzas, cantando con cítaras, arpas, pandeiros,frautas e címbalos" (2 Sam 6, 5). Os especialistas no tema clasificaron ata trintainstrumentos musicais utilizados polos hebreos. Non todos eran empregados polopobo; David fixo que o uso dalgún deles se limitase exclusivamente ao culto dotabernáculo.Os cantos e a música resoaban sobre todo durante os sábados e as festas. Dende polamañá cantábase un salmo, que variaba segundo o día da semana. A mañá do sábado, 4 View slide
  • os levitas cantaban os primeiros versículos do Salmo 105. A xornada estaba divididaen seis períodos. Cada un deles introducíase co canto dalgúns versículos do cánticode Moisés (Sal 90, 1-6; 7; 13; 14-18). Pola noite, os levitas clausuraban a xornadacantando o Salmo 96.Cada festa era celebrada cun salmo en particular. Na festa dos Tabernáculos, aasemblea entoaba o Salmo 118 camiñando arredor do altar. O último día, "o máisgrande da festas", un sacerdote ía ao estanque de Siloé para sacar auga cun cántarode ouro. Cando volvía, o pobo recibíao á porta da cidade cantando: "Sacaredes augascon gozo das fontes da salvación" (Is 12, 3). Mentres o sacerdote derramabasolemnemente a auga sobre o altar, os outros sacerdotes tocaban as trompetas e oslevitas cantaban acompañados polos frautistas. Neste marco, podemos entendermellor as palabras de Xesús en Xn 7, 37. Esa noite, a festa prolongábase ata oprimeiro canto do galo. Homes e mulleres reuníanse no adro do templo a danzar ecantar ao ritmo dos instrumentos dos levitas.David foi o primeiro responsable dun "ministerio de música". En 1Cró 15, 16-22explícasenos como o organizou. Inventou instrumentos (Am 5, 23) para acompañar os"cantos en honor a Deus" (1Cró 16, 5-42). Máis tarde estableceu 4.000 levitas para"louvar ao Señor cos seus instrumentos" (1Cró 23, 30). Recibían dez anos deformación para poder exercer este servizo e non podían empezar o seu ministerioantes dos 30 anos (1Cró 23, 3). Os mestres de música e canto estaban divididos en 24grupos de 12 homes cada un; un total de 288 levitas "expertos en todo o referente aocanto ao Señor, instruídos e aptos" (1Cró 25, 7). Estes ensinaban a música aos seusirmáns. Asaf, Xedutún e Hemán dirixían este xigantesco ministerio de música. Dabano sinal de empezar cos seus címbalos. Outros oito músicos guiaban a melodía coaarpa.Salomón continuou potenciando este ministerio de música. Para a inauguración dotemplo, 120 sacerdotes tocaban trompetas ao mesmo tempo que un gran corocantaba a unha soa voz: "Porque é bo, porque é grande o seu amor" (2 Cró 5, 13). EDeus manifestou a súa aprobación "enchendo o templo da súa gloria".Dos oito grupos de instrumentos mencionados no Antigo Testamento, unicamente ametade tiña acceso ao templo. Só os descendentes de Leví podían tocar no Santuarioe debían facelo dun determinado xeito, apropiado para o culto. Isto ensínanos quehabía uns criterios establecidos no referente á utilización de instrumentos musicais,e que non estaba permitido que cada un fixese o que mellor lle parecese para louvara Deus.As mulleres tamén participaban no coro do templo. Esdras fala de "douscentoscantores e cantoras" (Esd 2, 65). En 1Cró 25, 5 e ss fálasenos de tres irmás instruídaspara o canto na casa de Deus. Os cantores recibiron do rei Agripa o privilexio de levarunha túnica branca, distintivo dos sacerdotes. A "orquestra" do templo estabacomposta, sobre todo, por instrumentos de corda con sons suaves (arpas e salterios).Podemos dicir que, a pesar da gran cantidade de instrumentos, as voces non tiñanningunha dificultade para sobresaír e así ser escoitadas. No culto había lugar para ocanto dos solistas, o coro e as distintas clases de instrumentos.Co exilio (s. VI a. deCristo) o canto pasou do templo ás sinagogas. Non só se continuaban cantando ossalmos; cantábase prácticamente toda a Escritura.O Antigo Testamento preséntanos tamén exemplos do mal uso da música. En Ex 32,17 menciónase a música que fixeron os israelitas despois de erguer o becerro deouro; Paulo explicaranos en 1Cor 10, 6-8 o carácter maléfico e as consecuencias 5 View slide
  • negativas desta clase de música. No libro de Daniel cóntasenos como o reiNabucodonosor utilizaba a música ao servizo da idolatría e da glorificación do home(Dn 3, 5). Amós (Am 6, 5) fala da música relixiosa que non é agradable a Deus. E oSeñor reprende aos que fan música sen que o seu corazón estea consagrado a El:"Quita do meu carón a multitude das túas cancións, non quero oír a salmodia das túasarpas" (Am 5, 23).1.3. Cantar a BibliaAta hai ben pouco, ignorábase case por completo o carácter da música hebrea.Dábase por suposto que era similar ao doutras culturas da zona: unha músicamonódica, sen harmonía. En 1978, Susana Haïk publica o seu libro "A música da Bibliarevelada" que presenta unha serie de sorprendentes descubrimentos sobre o tema.Algúns investigadores notaran que, ademais dos puntos que indican as vogais, asbiblias hebreas levan -por enriba e por debaixo das letras- pequenos signos. Quesignifican? Son anotacións sintácticas, para marcar separación ou encadeamento depalabras, ou son anotacións musicais?Estes signos aparecen nos manuscritos máis antigos, como os atopados á beira do MarMorto. Haïk conseguiu descifrar o significado destes signos. Di o seu libro: "Os signosinferiores son chanzos que constitúen unha escala, espazados segundo as normaspolas que nos rexemos hoxe en día". A "escala de DO" correspóndese coa escalababilónica chamada "Lidia" (páx. 48). Os signos superiores son, para Haïk "notasengadidas que indican cambios de ton da melodía" (páx. 52). Dado que a música seaxustaba fielmente ao texto e todas as sílabas tiñan a mesma duración, non facíanfalta signos rítmicos.Nunha palabra: cantábase todo o Antigo Testamento! E grazas a estes símbolos, quepasan case desapercibidos arriba e debaixo das letras, podemos coñecer a melodíacon que se cantaban os textos bíblicos. Di Haïk que "nesta cantilación bíblica, amúsica non se distingue cunha vida propia, independente, senón que é expresión dosentido relativo das palabras, dando ao texto unha segunda vida, unha especie deeco enriquecedor" (páx. 51).Estes signos son a transposición gráfica dun sistema de xestos moi antigo: aquironomía. Este sistema utilízase aínda en moitos países de Europa para ensinarunha melodía. Cada ton correspóndese cun xesto. A Biblia fai moitas alusións áquironomía. Fala do uso das dúas mans no período de David; textualmente "segundoas mans de David" (nalgunhas traducións). En 1Cró 25, 2 e ss cóntase como unha obrade música litúrxica era dirixida só coa man. Son estes xestos os que foron anotadosnas biblias hebreas. Era suficiente, polo tanto, con atribuír a cada xesto unha nota,para poder reconstruír a música duna boa parte do Antigo Testamento.Ademais desta cantilación, na Biblia hai outros dous tipos de cantos: a salmodia concanto resposta e o canto antifonal. Un bo modelo do primeiro témolo no Salmo 136: ocoro repítese en cada versículo e alterna co relato das intervencións do Señor na vidado pobo. O canto antifonal descríbese no capítulo 13 de Nehemías, a partir doversículo 8. No 24 di: "Os xefes dos levitas e os seus irmáns cantaban himnos delouvanza e de acción de grazas en grupos alternos, segundo as instrucións de David".1.4. Paulo Domingo e Silas PavarottiO Novo Testamento contén unicamente 12 pasaxes con indicacións relativas á 6
  • música. Non obstante, sabemos que a Igrexa primitiva ten moitos puntos decontinuidade co pobo da antiga alianza e, ao principio, as súas celebracións foronsimilares ás da sinagoga. Se os hebreos tiñan razóns para cantar e bendicir a Deus, oscristiáns tiñan aínda moitas máis.O Novo Testamento comeza cun canto profético de María: "O Magnificat" (Lc 1,45-55)."Proclama a miña alma a grandeza de Deus; alégrase o meu espírito en Deus, o meuSalvador!" (Lc 1, 46-47). María é música de Deus. É a música de Deus por excelencia.Ninguén cantou nin cantará nunca a gloria de Deus como ela. En María derramáronseen plenitude todos os dons para a oración, a louvanza e a adoración.A nosa Nai é, ademais, a compositora do mellor himno do mundo: o Magnificat.Segundo os costumes do pobo hebreo, un poema así debía cantarse. María canta, conpalabras bíblicas, o seu agradecemento gozoso a Deus ao visitar á súa parente Isabel.Di Xoán Paulo II, na súa Encíclica "Redemptoris Mater", que "o canto do Magnificatexpresa a experiencia persoal de María. Nel resplandece o misterio de Deus, a gloriada súa inefable santidade".As raíces do canto de María están no cántico de Ana (1Sam 2, 1-10) e en multitude desalmos:- A miña alma alegrarase en Iahvéh e gozarase na súa salvación... El libra aodesvalido do poderoso, ao pobre e ao aflixido de quen o despoxa: 35, 9-10.- Magnifica comigo a Iahvéh, bendigamos a unha o seu nome: 34, 4.- Volva o seu rostro á oración do despoxado, e non rexeite a súa pregaria. Escribirasetodo isto para a idade vindeira, e un pobo novo a Deus louvará: que Iahvéh seinclinou dende o alto do seu Santuario, dende os ceos á Terra mirou para oír oxemido dos cativos: 102, 18-20.- Iahvéh atende ao humilde: 138, 6.- Bendice, alma miña, a Iahvéh. Eterno é o seu amor: 103, 1-17.- Louvade a Iahvéh, que é bo, cantade ao noso Deus, que é doce a súa louvanza.Iahvéh levanta aos humildes e humilla aos impíos: 147.- Os ricos quedan pobres e con fame, mais os que buscan a Iahvéh de ningún bencarecen: 34, 11.- Cantade a Iahvéh un cantar novo, porque fixo marabillas; a vitoria é da súa destra edo seu santo brazo. Iahvéh fixo alumear a súa salvación, á vista das xentes revelou asúa xustiza, lembrando o seu amor e a súa fidelidade para coa casa de Israel. Osconfíns da terra viron a salvación do noso Deus: 98, 1-3.Hai tamén reminiscencias doutros salmos e libros sagrados (Is 61. Hab 3, 18. 1Sam1-11. Mal 3, 12. Xos 8, 29. Xob 22, 9. Sal 71, 19; 111, 9; 118, 15-16; 89, 11; 107, 9;18, 51). Trátase dun canto composto enteiramente de textos bíblicos, porque Maríagardaba a Palabra de Deus no seu corazón e vivía todo o que proclamaba. Por iso oMagnificat é un canto unxido. Nace da Palabra que se fai vida xusto alí onde actúa oEspírito Santo: no interior de María.María amósanos en que debemos converternos cada un de nós se queremos traballarpara o Reino dende a música: unha humilde escrava, un humilde escravo. Só dende anosa conciencia de "incapacidade", da nosa "pobreza radical" -como María- podemosvivir, actuar, cantar en unidade. Deus é o único artista. E recibirá maior gloria cantomáis fráxil sexa a materia coa que fai a súa obra de arte. Deste xeito, como enMaría, a nosa pobreza engrandece a obra de Deus. Porque o Señor elixiu o débil domundo, o imperfecto, o que non conta (1Cor 1, 27-31). Elixiu a María. Elixiunos anós. O mesmo Deus que mirou e escolleu a María, mirouche a ti. A súa forza 7
  • mostrarase na túa impotencia (2Cor 12, 9). El quere que sexas, como María, músicade Deus. Dille con Ela: Aquí estou, Señor! Fágase vida en min o teu canto novo!O nacemento de Xesús foi anunciado polo máis fantástico ministerio de música quexamais se tivese escoitado sobre a Terra: miles de anxos entoando o Gloria (Lc 2,14), que despois sería cantado por millóns de fieis de toda lingua, raza e nación.Algúns días máis tarde, Ana e Simeón desbordaron de alegría cando viron a Aquel queo pobo esperaba dende había moitos séculos, e saudárono cun himno de louvanza aoSalvador (Lc 2, 22-38). Estes poemas foron, con toda seguridade, cantados, domesmo xeito que o serán despois durante séculos e séculos poloa liturxia cristiá.Xesús participou -como calquera outro israelita- no canto dos salmos de louvanza epenitencia, tanto na sinagoga coma no templo. Hai un intre moi especial, ao remateda Última Cea, narrado en Mc 14, 26: "Cando cantaron o salmo, saíron para o Montedas Oliveiras".Os primeiros cristiáns mantiveron a tradición xudea de cantar os salmos. Participabanno culto do templo e cantábanos tamén entre eles nas casas. O hábito de cantar e osentido espiritual do canto debía ser algo verdadeiramente arraigado neles, candonunha situación tan apurada como a que viviron Paulo e Silas na prisión de Filipos, oscánticos xermolaban espontaneamente do seu corazón.O mandato de cantar é menos frecuente no Novo Testamento que no AntigoTestamento, pero atopámola nas cartas de San Paulo aos Colosenses (Col 3, 16) e aosEfesios. Esta última carta constitúe unha especie de testamento espiritual de Pauloás igrexas de Asia Menor. A segunda parte do capítulo 5 poderíase titular "Carta doApóstolo San Paulo aos ministerios de música cristiáns". Paulo fai unha exhortaciónfundamental: "Enchédevos do Espírito Santo!" seguida de cinco verbos:- "Recitade entre vós salmos, himnos e cánticos inspirados".- "Cantade para o Señor dende o fondo do corazón".- "Tocade para o Señor dende o fondo do corazón".- "Dando grazas sempre e por todo a Deus Pai no nome de Xesús".- "Sometidos os uns aos outros en atención a Cristo".Isto quere dicir que a plenitude do Espírito ten como consecuencias o canto, alouvanza, a acción de grazas e o sometemento mutuo. Pero, por outra parte, querefacernos comprender que cando cantamos unidos uns a outros, louvando ao Señor edándolle grazas por todo, estamos máis abertos á acción do Espírito eexperimentámolo en maior plenitude. Ou sexa: o canto é, á vez, unha característicada plenitude do Espírito e un medio para lograla. É como unha canle de dobredirección: por el recibimos a vida de Deus e por el expresamos esta vida que está nonoso interior.Este texto de Efesios é clave para captar a importancia da música e o canto na nosavida espiritual, especialmente no seu aspecto comunitario. Paulo fálanos de cantarsalmos, himnos e cánticos inspirados. Destaca o valor da diversidade. A Bibliatransmítenos cento cincuenta salmos moi diferentes que se cantaban seguindovariadas melodías. Durante moito tempo, só se cantaban estes poemas inspiradospolo Espírito Santo. Paulo pide que se canten tamén himnos e cánticos espirituais.Deus non actúa por patróns estereotipados. Toda a creación reflicte o seu amor poladiversidade. Segundo os tempos e as circunstancias, temos necesidade de diferentestipos de cantos e de música. Debemos ter isto moi en conta no canto colectivo. Agran vantaxe dos salmos é que nos ofrecen un texto do que podemos estar segurosque gusta a Deus, xa que El mesmo o inspirou. Aos salmos podemos unir os himnos 8
  • que aparecen nos libros históricos, en Isaías e Xeremías, nas cartas de San Paulo e naApocalipse. A eles poderiamos engadir todos os cánticos compostos no transcurso dosséculos e que constitúen un dos tesouros máis preciosos da Igrexa.Os "cánticos inspirados" debían ser improvisacións espontáneas sobre a base de textosbíblicos ou experiencias interiores xurdidas na oración. Se se improvisan as oracións eos testemuños, por que non permitir a improvisación dos cantos? Naturalmente,procurando integrar a toda a asemblea nesta clase de cantos, evitando calquerprotagonismo ou desexo de lucirse e intentando que a letra estea o máis próximaposible ao texto bíblico. "Cantade a Deus con todo o corazón (Col 3, 16)". Deus é odestinatario dos nosos cantos. Pouco importa se son cantados no noso interior ou envoz alta, que gusten ou non aos estudosos da música. Se alguén canta con todo ocorazón as súas louvanzas a Deus, está a cumprir a súa Palabra.E que nos di sobre a música o último libro da Biblia? Na eternidade, ao final dahistoria da humanidade, o canto permanecerá como unha das ocupacións doshóspedes do ceo. Os 24 anciáns cantan un canto novo en honor do Cordeiro: "Ti esdigno de tomar o libro e abrir os seus selos... " (Ap 5, 9-10). Os 144.000 redimidosadoran a Deus por medio do canto: "A vitoria é do noso Deus que está sentado noTrono e do Cordeiro". E todos os anxos adoran a Deus cantando: "A Louvanza, aGloria, a Sabedoría, a Acción de Grazas, a Honra, o Poder e a Forza... " (Ap 7,10-12). Cando o sétimo anxo toca a trompeta, unhas voces poderosas entoan o himnode vitoria (Ap 11, 15). Os que venceran a besta estaban "en pé, sobre o mar decristal, coas arpas de Deus. E cantaban o cántico de Moisés, o servo de Deus, e ocántico do Cordeiro" (Ap 15, 2-3).Parafraseando a Paulo (1 Cor 13, 8), podemos dicir que a predicación e aevanxelización cesarán no ceo; pero a música de adoración... continuará!2. Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto2.1. Música s. XXIUn dos grandes cambios do último medio século é o lugar que ten pasado a ocupar amúsica na vida das persoas. Antes, a música estaba reservada a algúns momentos moiespeciais ou a grupos privilexiados. Actualmente, a música está presente en calqueramomento e en calquera lugar. Non podemos escaparnos dela e, con frecuencia,temos mesmo que soportala. Podemos escoitar, en poucos días, máis música que osnosos antepasados en toda a súa vida. O tempo medio que cada europeo se "expón" ámúsica cada día é de 3-4 horas, e chega ás 7 horas nos mozos. A música move milesde millóns. É un dos mercados máis florecentes e diversificados a escala mundial.É tremendo o impacto que a música ten sobre a nosa personalidade. Moito máis queoutras manifestacións artísticas, a música inflúe en todo o noso ser: alma e corpo sonpermeables ao ritmo e aos sons. En certos grupos de poboación chega a crear unhadependencia física e psicolóxica semellante á das drogas.Estamos, polo tanto, ante unha situación totalmente nova, sen precedentes. O nosomundo actual encóntrase mergullado nunha atmosfera musical que para algúns seconverteu en algo tan necesario como o aire que respiran. Os cristiáns vivimos nestemundo, non podemos manternos á marxe. Que lugar debe ocupar a música nas nosasvidas? Que nos di o Señor por medio da súa Palabra e da nosa Nai a Igrexa sobre todoisto? Que papel ten a música na evanxelización e na oración? Que música e de quexeito? 9
  • Chegou a hora de que os cristiáns comprendamos e valoremos a potencialidade que amúsica ten, para ben ou para mal. A nosa postura, a nosa actitude neste tema, non éalgo intranscendente. Supón servir á gloria de Deus ou aos plans do Inimigo.2.2 Un arma cargada de Espírito SantoIahvéh dixo a Xosué: "Mira que teño posto nas túas mans a Xericó, ao seu rei, a todosos seus guerreiros. Marchade vós arredor da cidade dando unha volta en torno a ela.Así faredes por seis días: sete sacerdotes levarán diante da Arca sete trompetasresoantes. Ao sétimo día daredes sete voltas. Os sacerdotes irán tocando astrompetas. Cando eles toquen repetidamente o corno potente e oiades o son dastrompetas, todo o pobo berrará fortemente e as murallas da cidade derrubaranse"(Xos 6, 2-5).Iahvéh falara ao seu servo e Xosué obedeceu. Durante seis días consecutivos, os seushomes pasearon a Arca en torno ás murallas da cidade de Xericó. Ao sétimo díaemprenderon as sete voltas finais, tal como lles fora ordenado.Ao ser informado destas manobras, o rei de Xericó botouse a rir con bo humor emandou unha mensaxe a Xosué no que se dicía: "Cres que vas derrubar a miña cidadeco vento das túas trompetas?".Os hebreos continuaron camiñando arredor das murallas. Diante ían os sacerdotesabrindo camiño; despois seguía a Arca, e máis atrás ía o exército hebreo. Mentres, nacidade de Xericó os nenos asomábanse ás ameas e divertíanse chuspindo sobre a Arcae imitando o sonar das trompetas.Cando os hebreos comezaron a cuarta volta, as mulleres de Xericó acudiron asentarse entre as ameas para ver o espectáculo. Tiraban pedras aos hebreos,mofábanse deles e insultábanos.Ao iniciar os hebreos a quinta volta, os vellos de Xericó acudiron a velos e apupalos,mentres dirixían os puños cara a eles, máis burlóns que ameazadores. Os seus berrosmesturábanse co claro son das trompetas.Á sexta volta, o rei en persoa subiu unha torre de granito tan alta que as aguiasconstruían nela os seus niños, e tan dura que os raios non podían causar efecto nassúas pedras. O rei, divertido, ría a mandíbula batente e, entre bágoas de xúbilo,berrou: Que bos músicos son estes hebreos!Ao seu arredor rían os anciáns do Consello e os oficiais e os nobres...Á sétima volta, as murallas derrubáronse.Moitos cristiáns non son conscientes disto: a música é un precioso don de Deus.Outros non se atreven a abrir o regalo, examinalo e ver para que o poden empregar.Hai algúns que si valoran este don, pero o utilizan unicamente para a súa satisfacciónpersoal... Como descubrir o verdadeiro sentido que Deus quere dar á música na nosavida e na nosa fe, no plano persoal e no comunitario?A música é un gran tesouro que o mesmo Deus pon nas nosas mans e que se fai canle;canle marabillosa por onde corre a súa Vida. Non é unha evasión nin unhadistracción. E tampouco pode reducirse a unha cuestión de gusto, técnica ou talentonatural. O canto e a música nacen do Espírito, manifestan a gloria de Deus ecooperan na salvación dos homes. Cantar a Deus non é ofrecerlle só o noso canto,senón ofrecerlle o noso corazón. No canto, Deus manifesta o seu poder e nósentregámonos a El. O canto é así un signo, unha ponte, un sinal de amor entre Deus enós. Deus únenos a El e dános o seu Espírito de Amor para que poidamos unirnos osuns aos outros. Cantamos dende o profundo do noso ser. Dende aí dentro, Deus -quevive en nós- move ao noso espírito. Cantamos na presenza de Deus que nos habita,unxidos por esta presenza. 10
  • A música ten, pois, o seu papel importante en toda celebración litúrxica ou encalquera reunión de oración. Pero non debemos esquecer que é o esencial nunhareunión de cristiáns: "A predicación dos apóstolos, a comuñón fraterna, a fracción dopan e as oracións" (Feit 2, 42). A música é servidora, non dona; servidora da Palabra,da oración, da comuñón. Non a deixemos usurpar un lugar que non lle corresponde.Esteamos atentos para rexeitar toda idolatría. A música é canle, non fonte.Di Teilhard de Chardin que a música nos achega "o sentimento dun grande presencia".Poderiamos sinalar catro aspectos nos que este carisma constrúe, axuda, serve aunha comunidade orante:- Únenos na louvanza e na adoración.- Ábrenos e predisponnos á escoita.- Facilítanos a todos a posibilidade de expresar actitudes interiores, experienciasespirituais (ás veces, moito mellor que con palabras).- Ensínanos verdades espirituais e grávaas na nosa mente e o noso corazón.Se a música é un don de Deus, ningún cristián pode desprezala ou desentendersedela. Posto que este don esta integrado por distintos elementos, valoremos cada undeles como regalo do noso Pai. Os estudosos sinalan ata dez elementos na música.Nós conformarémonos -por agora- con pararnos en tres deles: ritmo, melodía eharmonía.1. RitmoAceptar o ritmo como un regalo de Deus quere dicir, en primeiro lugar, aceptarcantos con toda clase de ritmos. Mesmo se son novos para nós. Na creación de Deusnon hai uniformidade. Se todos os nosos cantos teñen un ritmo parecido ou (o que épeor) nós cantámolos cun ritmo parecido, non estamos a reflectir a infinita riquezado noso Creador e a variedade de todo o que sae da súa man.Unha das dificultades das persoas maiores cos cantos "modernos" é o seu ritmo. Oscantos "de antes" compoñíanse, na súa inmensa maioría, con brancas, negras ealgunha corchea con punto. Actualmente empréganse moitos ritmos sincopados,acentúanse os tempos débiles... e moitos irmáns e irmás “despístanse” ou péchanse,considerándose incapaces de aprender e cantar estas "novidades". Non obstante, sonunha riqueza dada polo mesmo Deus que inspirou outros cantos máis tradicionais. SeEl nos dá unha mente aberta e un pouco de paciencia, podemos aprendeloscorrectamente e compartir esta riqueza. No tempo adicado ao ensaio de cantos quedebe haber antes dunha celebración ou oración común, acostumarnos ao ritmo docanto debe ser o primeiro, posto que normalmente é o máis difícil. Para iso, antes decantar a melodía, podemos marcar o ritmo ao mesmo tempo que dicimos a letra.2. MelodíaA inmensa maioría das nosas melodías están formadas por só dez notas. É Deus quennos deu esta riqueza impresionante de cantos, resultado das case infinitascombinacións feitas con esas dez notas. As experiencias, vivencias, intuicións,profecías, palabras inspiradas de irmáns e irmás de todo o mundo e de todas asépocas, expresadas a través da música, son un tesouro inmenso que podemoscompartir.Para iso é clave entrar na intimidade dunha melodía para poder comprender e, se éposible, vivir o que o compositor ou compositora querían expresar; captar osentimento ou intuición fundamental dun canto e os seus matices a través da súamelodía.3. HarmoníaFoi Deus quen creou a diversidade de voces: voces masculinas ou femininas, tenoresou baixos, sopranos ou contraltos. O canto a varias voces é un reflexo do misterio deDeus e do seu plan para nós como Igrexa: unidade na diversidade. Se cada un e cada 11
  • unha contribuímos ao canto colectivo segundo as características da voz que o Señornos deu, cantaremos mellor, harmoniosamente, sen danar nin cansarinnecesariamente as nosas cordas vocais, e o resultado reflectirá moito mellor amultiforme sabedoría de Deus.Para S. Agustín, "se queremos dar gloria a Deus, necesitamos ser nós mesmos o quecantamos, non sexa que a nosa vida teña que testemuñar contra a nosa lingua. Só sepode cantar a Deus co corazón cando nos rendemos a Él, isto é, cando aceptamos oseu plan de salvación e buscamos a súa vontade, tomando en serio a súa Palabra,cando o amamos. Ben se di que cantar é propio do que ama; pois a voz do que cantanon ha de ser outra que o fervor de Amor".Por iso, agrega S. Xoán Crisóstomo: "A Deus háselle de cantar, máis que coa voz, coEspírito resoando no noso espírito. Así cantamos non aos homes senón a Deus, quepode oír os nosos corazóns e penetrar nos silencios do noso espírito,".En expresión de San Xerome, "o servo de Cristo cante de tal forma que non se gocena voz senón nas palabras que canta". Para iso, di S. Basilio, "que a mente coñeza ecomprenda o sentido das palabras cantadas, para que cantes coa lingua e cantestamén co teu espírito".E S. Ambrosio de Milán entende que "o canto da comunidade cristiá debe seraccesible para ser entoado por todos; é a voz do pobo, himno de todas as idades, detodos os sexos, de todas a clases e estados de vida. O canto que os cristiáns elevanpara expresar a súa fe no Señor, todos debe comprendelo, sentilo e identificarse conel".Se a música é unha ponte...- Unha boa ponte: Sería un medio de unión, de achegamento e de comunicación deDeus ao home e do home a Deus. Cando unha ponte funciona como debe, os pasos dohome son máis seguros. Cando un ministerio de música funciona ben, a asembleacamiña con máis seguridade.- Unha mala ponte: É o caso do home que constrúe a súa casa (servizo) sobre area (Lc6, 48-49). Este servizo tórnase feble e mesmo perigoso. O ministerio non proxecta aDeus: proxéctase a si mesmo. O pobo non chega a Deus tan doadamente, queda naponte, porque lle faltan pezas tan fundamentais como humildade, sometemento,discernimento, oración, vida sacramental, vida eclesial...- Non hai ponte: O home si pode entrar en comunicación con Deus sen a axuda damúsica e do canto, pero o camiño da asemblea é máis laborioso e difícil ao nonutilizar esta ponte tan accesible.3. Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos (obradoiro)4. Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música ecatequese"Xosafat, rei de Xudá, dixo: Non hai aquí algún profeta de Iahvéh para queconsultemos a Iahvéh polo seu medio? Respondeu un dos servidores do rei de Israel edixo: "Está aquí Eliseo, fillo de Safat, o que vertía a auga nas mans de Elías". DixoXosafat: "Con el está a palabra do Señor". E baixaron onde el o rei de Israel, o rei deEdón e Xosafat. Dixo Eliseo: "Traédeme, pois, un tanguedor de arpa". E sucedeu que,mentres tocaba o músico, veu sobre el a man de Iahvéh" (2Re 3, 11-15).A música non ocupa o lugar que lle corresponde nin nas celebracións nin na vida da 12
  • Igrexa fundamentalmente por unha razón: falta verdadeiro discernimento espiritual.Todas as persoas que foron postas polo Señor para pastorear no seu nome teñen unhamisión moi concreta: coñecer os camiños do Espírito, en cada momento e situación, eguiarnos por eles. A isto chámaselle visión. Os bispos, os párrocos, os superiores, osdirixentes dun grupo ou comunidade, deben ser -ante todo- homes e mulleres devisión. Para ser homes e mulleres de visión precisamos, en primeiro lugar, que oSeñor nos regale o don de discernimento. Ademais, temos que coñecer a acción doEspírito a través dos carismas. Isto significa formación -por un lado- e coñecementoespiritual e experiencia pastoral -por outro-. Pois ben, irmán/a responsable, tesformación abondo sobre o ministerio de música? Tes, como Eliseo, coñecementoespiritual e experiencia pastoral neste ámbito? Nunca se nos ensinou o valor damúsica na Biblia, nin tampouco a súa función na vida do cristián e na vida da Igrexa.Normalmente, os responsables -que teñen outras moitas cousas importantes das queocuparse- non ven por que razón deberían perder o seu tempo en algo tan accesoriocomo a música.Mais o certo é que, dende a perspectiva da Palabra de Deus e da Tradición da Igrexa,debemos cambiar os nosos esquemas, desterrar moitas concepcións falsas e coñecero que verdadeiramente é e non é a música unxida polo Espírito Santo:a) O canto e a música non son “tapaburatos” nin elementos de animación. Sonoración, ponte, manifestación de Deus.b) Non é certa a igualdade: música = mozos. Os dons para a música e o canto sondons do Espírito, que os derrama "sobre toda carne". Deus dá o que quere, a quenquere e como quere.c) A música non debe ser o rótulo luminoso dunha oración ou o lume de artificiodunha liturxia, senón o fertilizante pouco a pouco vai aumentando o froito dacomunidade. Igual que todo don ou carisma, non é plenamente verdadeiro ata quenon é humillado e purificado. Por iso, é inútil -cando non perigoso- consentir e mimaraos "músicos" e "cantantes" para que non se vaian da Igrexa ou do grupo. Osometemento é a clave do crecemento.d) "A Palabra feita canto dános a capacidade de reter as verdades eternas" (S.Agustín). Toda a inspiración melódica cristiá -inspiración do Espírito Santo- ponse aoservizo da Palabra. E cantando coa unción do Espírito un texto do Evanxeo, un himnode San Paulo, un salmo ou un cántico de Isaías, o Señor actúa con poder e a súaPalabra fai o que di: converte, libera, transforma. A música pon ás á Palabra econvértese nun arma de luz e verdade que vence ás tebras. Mediante a Palabra feitacanto, o poder do Espírito Santo ábrese camiño para actuar no corazón que onecesita e o busca. Así se reforza o poder evanxelizador da Palabra. E o canto, comodi S. Agustín, "vólvese instrumento de xustiza, vínculo de corazóns, reunión de almasdivididas, reconciliación de discordias, calma dos resentimentos e himno daconcordia".e) A música e o canto actúan como o que poderiamos chamar un "catalizadorespiritual". En química, un catalizador é unha substancia en presenza da cal outrasreaccionan, é dicir, combínanse con maior facilidade e rapidez. De xeito semellante,a música unxida polo Espírito potencia outras manifestacións do mesmo e únicoEspírito, como a profecía, a palabra inspirada, a sanación ou a curación interior.Unhas veces, o canto prepara, limpa, crea un silencio profundo na asemblea para queo Señor poida ser escoitado; outras, é o mesmo canto o que contén a mensaxeprofética, a Palabra do Señor. O canto é utilizado polo Señor para tocar os nososcorazóns, para derramar o seu amor en feridas que, en ocasións, nin sequeracoñecemos, pero que nos atenazan interiormente. E así o Espírito entra no máisfondo de nós e cúranos interiormente, utilizando a música para nos levar áconversión, a reconciliación, á paz. Quen non vivise todo isto non poderá apreciarcomo é debido os dons e carismas do Espírito. Só cando se ten experiencia do modode actuar do Espírito Santo pode un empezar a recoñecelo e aprecialo. Domingo 13
  • Bertrand, xesuíta francés, di: "O Espírito Santo é desconcertante. Tandesconcertante, que quen non se desconcertase fronte á súa acción é porque non ocoñece". Os pastores, os responsables, deben coñecer e discernir a acción do Espíritoe as súas manifestacións, de modo que na comunidade "cada quen poña ao servizodos demais o carisma que recibiu" (1Pe 4, 1). Pola contra, como di Monseñor UribeJaramillo, "a Igrexa estará sentada e pobre sobre unha riquísima mina de carismasque descoñece por completo. E se nunha comunidade só actuamos os dirixentes enon todos os membros, haberá que preguntarse seriamente se, ao renunciar aoscarismas, non se renunciou tamén ao Espírito".f) "O canto que os cristiáns elevan para expresar a súa fe no Señor todos han decomprendelo, sentilo e ser capaces de aprendelo, identificándose con el. O cantoconvértese en símbolo da Igrexa porque todos participan nel, e este símbolo deunidade debe coidarse prioritariamente a outras cousas. Se se converte en motivo damáis sutil división, pode perder a súa forza como testemuño de fe e de amor" (S.Xoán Crisóstomo). O don supremo é o amor. E todo don é para a unidade do corpo deCristo. A música e o canto son servidores e construtores de unidade ou non son nada.É unha gran responsabilidade dos pastores velar porque "todo sirva para aedificación".g) O ministerio de música está ao servizo da asemblea; guía á asemblea co canto.Pero se a asemblea non canta, se non se mete no río da música, empapándose ben, éque o ministerio non está a cumprir a súa función. Como todo ministerio, te quemorrer para dar vida. Evitemos dar privilexios a un determinado estilo de música. Sesomos capaces de alternar e harmonizar o "clásico" co "moderno", os distintosmembros da asemblea poderán expresarse e integrarse mellor no canto. Sen que sedecaten, irán ampliando os seus horizontes, a súa sensibilidade musical. E empezarána apreciar o bo, o "tocado polo Espírito", independentemente de que sexa novo ouantigo. Neste sentido, o responsable da música parécese ao pai de familia do que nosfala Xesús "que saca da súa arca cousas novas e cousas vellas". (Mt 13, 52).h) En toda reunión de oración debe existir un equilibrio entre a palabra, o canto e osilencio. Deste último di Fernando Palacios, un gran pedagogo musical: "En música, elé o rei; todos acatan a súa lei". É verdade, o silencio dá sentido e valor ao canto e ápalabra. O silencio é, por un lado, un momento específico da celebración. Pero, poroutro, é tamén unha calidade da celebración, unha realidade espiritual onde apalabra e a música atopan un ambiente propicio e eficaz. Di L. Deiss: "O silencio nonfai nin crea unha celebración litúrxica. Os cristiáns non nos reunimos para saborearxuntos un silencio comunitario logrado á perfección. Non obstante, toda celebracióndebe dar lugar ao silencio. Trátase dun elemento de primeira importancia". Domesmo xeito que o silencio marca o ritmo da música e fai xermolar un novomovemento, así na oración comunitaria o silencio é como un regulador que aparececomo froito da palabra e o canto. Un silencio ha de valorarse máis pola súaintensidade que pola súa duración. Coidado pois, con usar o canto como unharespiración asistida, como un "enchesilencios"! Avivar artificialmente unha asembleaá que o Señor chama á escoita é unha decisión equivocada, guiada por inclinaciónshumanas, non por verdadeiro discernimento espiritual. Hai momentos nos que ocanto debe irromper con decisión nun grupo centrado en si mesmo ou disperso, paradisparar e soster a louvanza. Hai momentos de verdadeira exultación, de aclamar,berrar ao Señor, bailar para El... E a música ten queestar aí. Pero hai outros momentos nos que guitarras e voces deben calar. A músicaprepara o silencio no que Deus fala e actúa. E toca escoitar, imitando a Aquela quegardaba todo e o meditaba no seu corazón".O Señor fíxonos "colaboradores seus" (1Cor 3, 9). En palabras de Monseñor UribeJaramillo: “Deus salva na Igrexa e pola Igrexa. Como instrumentos, canto mellor noscapacitemos, maior será a nosa colaboración con Deus”. 14
  • E unha última cousa, querido Eliseo (ou Elisea). Soarache -quizais- a xogo infantil.Pero pedímosche: ábrete ao Señor, ábrete á novidade do Espírito! Xa que a música éun don de Deus, por que reservar a uns poucos privilexiados o improvisar e compoñercantos para o Señor? Non se trata de compoñer directamente cantos para outros,senón, en primeiro lugar, de cantar no teu corazón para Deus e despois -por quenon?- a pleno pulmón en medio do campo ou mentres vas conducindo. Todospodemos improvisar unha melodía para o Señor. Empeza partindo de como teencontres, do sentimento que teñas: admiración, gozo, tristura, louvanza,ansiedade, paz... Expresar un sentimento poténciao, afínao. Nalgunhas ocasións, aoexpresalo liberámonos dese sentimento. Toma como modelo aos salmistas, que dicíana Deus todo o que bulía no seu interior. Tanto se era a amargura como a rebeldía oua incomprensión, liberábanse delas cando as expresaban. Déixate levar por estanecesidade de expresalo e atopa en ti mesmo as notas que mellor correspondan aoque enche o teu corazón!Se desafinas, non te preocupes. Tampouco se a canción ten reminiscencias doutrasmelodías: estás a cantar en comuñón coa Igrexa Universal. Non importa que o queacabas de cantar pronto se che esqueza: Deus non o esquecerá nunca; El rexistrouno.Todo isto vaise desenvolvendo e cultivando. Se superas a primeira dúbida e deixasque o teu corazón se lance a cantar, irás descubrindo como -en moitos momentos- amúsica pode expresar o que hai no teu interior. Na liberdade do Espírito... aocorazón de Deus! Eu bailo como David"Louvade o seu Nome con danzas!" (Sal 149, 3).A oración de louvanza ten un distintivo: o gozo. É tal a alegría, a liberación que unou unha sente, que se despreocupa de onde está, de quen ten ao lado, e comeza alouvar ao Señor; normalmente, non só con toda a alma, senón con toda a voz e contodo o corpo.O Evanxeo está repleto destas oracións de louvanza gozosa. Xoán Bautista amosa enseguida que foi bendicido por Deus co mesmo don de bailar para o Señor que o seuantepasado David. Aínda lle faltan á súa nai tres meses para dar a luz, e Xoán ponsea "saltar de gozo no seu seo" en presenza da "Nai do seu Señor" e do seu mesmísimoSalvador, aínda un embrión de poucas semanas. E Isabel, chea do Espírito, bendiceao Señor con forte voz (Lc 1, 41-44). Podémonos imaxinar unha asemblea eclesial conmaior derramamento de carismas para a música e a danza sagradas que aquela deXoán, Isabel, María e Xesús?Os enfermos que son liberados e curados por Xesús (Lc 5, 25. 17, 15. 18, 43) non selimitan a dar as grazas educadamente. Glorifican a Deus con entusiasmo; seguro quesaltando, berrando e bailando. Mentres, a multitude se goza polas marabillas queXesús realiza e louva a Deus con berros de xúbilo (Lc 13, 17. 19, 38).A alegría "nas obras do Señor" é tal, que a miúdo se cualifica de tolos ou borrachosaos que pola forza do Espírito se entregan á louvanza, cantando e bailando paraDeus, proclamando as súas marabillas con todo o ser. "Están cheos de mosto", dicíanna mañá de Pentecoste. E explica S. Agustín: "O que se alegra no Señor e lle cantalouvanzas con grande exultación, é semellante a un ebrio".A danza é un modo de expresar este gozo de pertencer a Deus. Vémolo ao longo daspáxinas da Biblia. Moisés dá renda solta á alegría do pobo tras se liberar dos exipcios,e todas as mulleres tomaron pandeiros e tímpanos, e bailaban e cantaban a coro (Éx 15
  • 15, 20). David danza diante da Arca (2 Sam 6, 14-21) e, ante as recriminacións da súamuller, di: "En presenza de Iahvéh danzo eu". O salmo 149 invita a todo o pobo acantar, a alegrarse, a tocar e bailar para Deus: " Aleluia! Cantade a Iahvéh un cantarnovo, resoe a súa louvanza na asemblea dos seus amigos! Alégrese Israel no seuFacedor, os fillos de Sión exulten no seu Rei; bendigan o seu nome coa danza, contamboril e cítara salmodien para El" (Sal 149, 1-3). No profeta Sofoníascontemplamos como o mesmo Deus é quen se goza, berra e baila, movido polo amorque ten ao seu pobo: "Iahvéh o teu Deus é, no medio de ti, un poderoso salvador. Elexulta de gozo por ti, renova por ti o seu amor, danza por ti con berros de xúbilo,como nos días de festa" (Sof 3, 17).Temos de cantar para o Señor con todo o ser, expresando co noso corpo o quedicimos e experimentamos. Este é o valor, o sentido dos nosos xestos e movementos.Igual que o canto, son oración; son para Deus. A expresión corporal e a danza sagrada-que o pobo de Israel utilizaba na súa liturxia- son elementos que temos querecuperar na Igrexa, comprendendo que non se trata de cousas irreverentes senón-cando se fan en espírito de oración- de louvanza profunda, como a de David: "Davide todo Israel danzaban diante de Deus con todas as súas forzas, e cantaban e tocabanarpas, salterios e pandeiros, címbalos e trompetas" (1Cró 13, 8).Non se chamaba David, senón Luis, aquel sacerdote xesuíta. Viñera para darnos unretiro. Acababamos de celebrar o Sacramento da Reconciliación e comezamos aEucaristía. No momento do "Gloria", mentres toda a asemblea cantaba, el comezou adanzar para o Señor. Revestido con alba e estola, nos seus movementos había unperfecto equilibrio entre o recollemento e a exultación. Era o seu ser, o seu corpo, oque se movía; pero era o Espírito quen o movía, quen se transparentaba... E todosexperimentamos como o templo se encheu da gloria de Deus. Os ollos non estabanpostos nel, senón en Aquel para quen bailaba. Sen palabras, en poucos segundos, nostiña levado á adoración.O noso corpo é un marabilloso teclado de xestos, disposto a ser tocado polo EspíritoSanto para expresar as inmensas riquezas que El pon no noso interior e, con elas,adorar ao Pai. Podemos e debemos orar coas nosas posturas, cos nosos brazos, coanosa mirada. O noso corpo é "templo do Espírito Santo" (1Cor 3, 16). O mesmo Xesúsora co seu corpo e acepta os xestos orantes dos que se achegan a Él: a muller que llelava os pés (Lc 7, 44); María sentada e aparvada xunto a El en Betania (Xn 12, 1); asmulleres que corren ao sepulcro a mañá de Pascua (Mc 16, 1). Diego Jaramillo dedicaun libro enteiro ("O corpo na oración") a explicarnos como temos que adorar e cantarcon toda a nosa persoa, tamén co noso corpo: "O meu corazón e a miña carne clamanpolo Deus vivo" (Sal 84).Michel Cool, no seu libro "Danzarei para Ti", cóntanos a vida de Mireille Négre. É elaa que nos di: "Xesús invítanos a glorificar a Deus co noso corpo e danzar ao son da súavoz, para transmitir urxentemente que a súa Resurrección é máis forte que a morte".Velaquí un resumo do seu impresionante testemuño:Acababa de cumprir Mireille 22 anos. Que aniversario tan feliz! Despois de dez detraballo intenso, primeiro na Escola de Danza e despois na Compañía da Ópera deParís... resulta elixida primeira bailarina! Quen tería podido imaxinar un día que amesma nena á que un ascensor esmagara o seu peíño, aos poucos anos ía convertersenon só en bailarina senón nunha figura chea de futuro e talento?Na década dos 60, a fama de Mireille desbordou o amplo marco da Ópera parisiense.O cine, a televisión e a prensa especializada dispútanse á nova figura. A súa belezaimpresiona. E tras dúas películas -unha con Pierre Granier Deferre- ábrese ante elaunha prometedora carreira estelar. Gene Kelly e Walt Disney fíxanse nela para levalaa Hollywood! Pero nada disto entusiasma tanto á moza como o simple feito de bailar.Nin riquezas nin aplausos lle parecían comparables a un paso-de-dous executado en 16
  • toda a súa beleza. Beleza dun corpo que sabe despregarse ao máximo para expresaralgo interior, algo indicible e intenso. Para manifestar... que? "Isto era o que deverdade me gustaba -conta Mireille-. Cando máis feliz era danzando, máis desexabaencontrar un sentido real e profundo a esta felicidade sen igual que meproporcionaba a miña arte. En cada interpretación sentíame como atraída por unhamisteriosa luz. Unha luz que presentía por enriba da miña cabeza, pousándose sobremin. Sobre todo cando executaba coreografías de contido espiritual ou místico,inspiradas en espiritualidades orientais ou hindús, por exemplo. Recordo que un díadanzaba para Buda. E outro en honor de Vishnú. Pero, cal era a miña crenza persoal?Quen o meu verdadeiro Deus? Necesitaba claridade, transparencia. Ansiaba vivir unhaharmonía perfecta entre a arte que elixira e o ideal ante o que o inmolaba".Ata que un día se topa co Evanxeo... Buscadora inconsciente do verdadeiro Deus,Mireille encóntrao alí, e a partir dese momento intenta saciar a súa sede devorando,un a un, cantidade de libros relixiosos. Pasa nesta tarefa noites enteiras. Co corazónaxitado, busca unha resposta. E atópaa, por fin, nese mesmo Evanxeo: "Descubrín adivindade de Xesús. Aquela luz descoñecida que se apoderaba de min ao danzar, eracabalmente a súa mirada. El fora o meu compañeiro silencioso dende sempre. A súavoz, con sabor de eternidade, fixo vibrar as cordas da miña sensibilidade, cando lin:"Eu son manso e humilde de corazón... vide a Min”. Cristo tivo entón para comigo unxesto de graza desgarradora: a súa man, tenra e firme, pousouse sobre os meusombros, facéndome esquecer todo o que eu máis amaba, para que puidese encontraralgo mellor, para que puidese alcanzar ao amor. E como Director de Orquestraperfecto, eu lle deixei que comezase a dirixir a miña nova danza".Mireille di entón adeus a todo o que máis quere; a súa familia, os seus amigos, aÓpera... todo para seguir ao Amigo. Aos 28 anos di adeus ao que chamamos mundo eentra no Carmelo de Limoges. "Xesús, que coreógrafo! O paso da escena á Santa Cea.Dez anos de desterro... No Carmelo eu aprendín a danza de Xetsemaní, a dosprisioneiros. Non sempre a dancei ben. A pesar de ser prisioneira do amor, é difícilseguir tal Mestre de Baile... Cando os meus xestos non se acompasaban ben, a súavoz resoaba forte, bela, profunda: "Non me elixistes vós a Min, senón que eu voselixín a vós para que vaiades e deades froito e o voso froito dure". Esta voz, estesopro, levábanme máis alá do deserto, máis alá dos muros do Carmelo.Aos 38 anos, Mireille vese obrigada a deixar o convento por motivos de saúde, senpronunciar aínda os votos definitivos. Pero, para ela, a súa vida consagrada continúa.A partir deste momento vaina vivir non xa tras os muros dun mosteiro senón nocorazón mesmo da vida, para "testemuñar a súa serenidade ante os homes". Como?Servíndose dese don que Deus lle deu para dar froito: a danza. Considéraa como unmodo de vivir en acción de grazas. A danza é unha prolongación de cada cousa: opensamento, o xesto, os sentimentos. Vivir en unidade co Espírito de Xesús reconciliacorpo e alma. Por iso a danza pode ser un verdadeiro instrumento de oración. Unhaforma de expresión suave, que se move no espazo e é a expresión estética máismarabillosa de louvanza a Deus".Tras a súa saída do Carmelo, Mireille volveu calzar as súas zapatillas de punta.Volveu adestrarse asiduamente e escribir numerosas coreografías de tema sacro: o"Gloria" de Vivaldi, o "Magnificaf" de Bach, a "Ave María" de Gounod, etc. O culmenda danza -di- reside na Cruz de Cristo. A Cruz é unha expansión ao longo, ao alto e aoancho, abranguendo todas as dimensións do cosmos e da eternidade. A Cruz écertamente o símbolo exacto de toda a ofrenda que unha danza sagrada quere elevara Deus".Mireille soña con poder ir danzar por cantos sitios haxa soidade, abandono ou dor:prisioneiros, hospicios, hospitais... "Si, porque para min danzar é un modo divino deamar. Non me sinto soa. Tareixa de Calcuta ocúpase dos pobres dunha forma quizaismáis concreta ca min. Pero a arte é tamén expresión do amor que Deus nos ten. 17
  • Unha danza pode achegar moita paz e alegría, tanto aos pobres coma aos ricos queson pobres de corazón". Hoxe, a súa danza e a súa oración forman unha soa cousa:"Ao danzar, un mesmo é oración. Faise algo máis que orar co corpo. Un sente que osseus músculos, os seus ósos, todo o seu interior, arden no lume desta oración. A ideade Deus, pensar nel, sabe entón a mel. E o corpo pensa nel con toda a intensidade deque é capaz". Cantar vitoria: música e evanxelización"A xente amotinouse contra eles; os pretores mandaron azoutalos con varas. Despoisde darlles moitos azoutes, botáronos ao cárcere e mandaron o carcereiro que osgardase con todo coidado. Este, ao recibir tal orde, meteunos no calabozo interior esuxeitou os seus pés no cepo. Cara á media noite, Paulo e Silas estaban en oracióncantando himnos a Deus. Os presos escoitábanos. De súpeto, produciuse unterremoto tan forte que os mesmos alicerces do cárcere se conmoveron. Nese intrequedaron abertas todas as portas e soltáronse as cadeas de todos. Espertou ocarcereiro e, ao ver as portas do cárcere abertas, sacou a espada e ía matarse,crendo que os presos fuxiran. Pero Paulo berroulle: Non te fagas ningún mal, queestamos todos aquí". O carcereiro entrou dun salto, botouse aos pés de Paulo e Silas,sacounos fóra e díxolles: "Señores, que teño que facer para salvarme?".Respondéronlle: "Ten fe no Señor Xesús, e salvaraste a ti e a túa casa”. Eanunciáronlle a Palabra do Señor a el e a todos os da súa casa. Naquela mesma horada noite, o carcereiro tomounos consigo e lavoulles as feridas; inmediatamenterecibiu o bautismo el e todos os seus. Fíxoos entón subir á súa casa, preparoulles amesa e alegrouse con toda a súa familia por crer en Deus" (Feit 16, 22-34).Velaí as últimas palabras de Xesús antes de subir ao ceo: "Recibiredes a forza doEspírito e seredes as miñas testemuñas... ata os confíns da terra" (Feit 1, 8). O quenós recibimos do Espírito é para ser testemuñas de Xesús. E a música e o canto sonun camiño privilexiado para levar ás persoas a un encontro con El, son instrumentosque, tocados polo Espírito, teñen un gran poder evanxelizador. O Espírito Santosérvese das notas e dos instrumentos musicais para construír o Reino de Deus. "O seusopro pasa a través dos que teñen o don natural da música aínda cando este sexa moielemental", di Philippe Verhaeghen. Resulta sorprendente ver como, con medios moipobres, o Espírito produce froitos espirituais inesperados e extraordinarios. Paramostra, os cantos de Paulo e Silas; non houbo na historia da Igrexa un ministerio demúsica máis pobre -humana e musicalmente- e, ao mesmo tempo, con maior poderevanxelizador. Pola contra, vemos nos nosos templos execucións corais perfectas queprecisaron un esforzo inmenso de ensaios e que producen -sobre todo- efectoscarnais como emoción artística, felicitacións ao coro...; sen falar de cousas menosfermosas como rivalidades, desexo de figurar, etc.O sopro do Espírito non actúa só sobre a melodía, na voz dos executantes, senóntamén nas palabras cantadas, facéndoas palabras unxidas, palabra viva. É así como amúsica produce froitos espirituais: a comuñón con Xesús Salvador e Señor, a comuñóncoa tenrura e a grandeza do Pai, a comuñón entre irmáns "no mesmo e únicoEspírito". Resumíndoo nunha soa frase: o carisma do canto fai presente a Xesús e,entón, os corazóns arden no seu Amor. Dicíanos un párroco: "Cando cantades nunfuneral ou nunha voda, a xente conmóvese profundamente. Algúns indiferentes ouagnósticos son tocados... O día en que teñamos grupos de canto polos que pase osopro do Espírito, veremos as mesmas marabillas de Pentecoste".A música é un excelente medio de comunicación. Por iso os cristiáns debemosutilizala para levar a todos os que nos rodean (e "ata os confíns da terra") o máis 18
  • precioso que temos: Xesucristo. A música é a forma de expresión que se “mete” máisdoadamente en calquera ambiente ou lugar. A lectura e os discursos cansan, pero amúsica conserva esa capacidade de "enganchar" persoas de todas as idades econdicións.Xa David utilizaba o canto para evanxelizar. Di en tres salmos (57, 108 e 18):“Louvareite, ou Deus, entre os pobos; cantarei para ti entre as nacións". Para David,os pobos e as nacións eran os pagáns. Seguro que os 4.000 levitas que formaban o seuministerio de música impresionaban aos estranxeiros que pasaban por Xerusalén.Pero fixémonos ben de que clase de cantos está a falar David: son cantos delouvanza, que celebran o Maxestade de Deus. Por medio da música, David louva aDeus e a súa actuación no medio do seu pobo: a súa Forza (Sal 59, 17), a súaFidelidade (Sal 71, 22), a súa Bondade e a súa Xustiza (Sal 101, 1). Proclama asmarabillas de Deus: todo o Ben que lle fixo (Sal 13, 6), o Gozo que puxo no seucorazón (Sal 30, 13), a Fortaleza que lle deu (Sal 57, 8).Do mesmo xeito, Paulo e Silas -na prisión de Filipos- non entoaron propiamentecantos de evanxelización dirixidos ao carcereiro e aos outros presos. Cantaronloanzas a Deus! Foi por eses cantos e pola acción do Espírito Santo que o carcereirose converteu. Tamén hoxe, se cantamos ao Señor louvándoo con todo o noso ser e llepedimos que derrame con poder o seu Espírito Santo, veremos marabillas.Os nosos cantos, como os de David, Paulo e Silas, deben dicir aos de fóra quen é Deuspara nós e o que fixo por nós. A nosa música debe reflectir tanto o carácter de Deuscoma os sentimentos que El produce nos corazóns dos que se recoñecen os seus fillos.Esta música será, polo tanto, moi diferente á do mundo, para reflectir -cun estiloque a xente comprenda e valore- a imaxe dunha vida completamente transformadapolo poder de Deus, dun Deus vivo e verdadeiro. Os nosos cantos deben suscitar nelesa sede de autenticidade, de verdadeira vida, o desexo de saber máis sobre a fonteque inspirou esa música. Esta é a dobre esixencia dunha música de evanxelizaciónpara o noso tempo: por unha parte, ha de ter unha forma comprensible e un estiloadaptado á xente de hoxe, e, por outra, ha de ser reflexo do seu Creador e ter uncarácter verdadeiro e transparente.Durante xeracións, os Tuareg estiveran completamente pechados ao Evanxeo. Todosos esforzos fracasaban á hora de chegar a estes "cabaleiros do deserto". Unsmisioneiros probaron entón a compoñer himnos adaptando textos bíblicos a melodíassemellantes ás do seu folclore. O resultado desta forma de evanxelización foiextraordinario: varias tribos amosáronse receptivas á mensaxe cristiá presentadabaixo esta forma que conectaba co máis fondo do subconsciente colectivo daquelpobo a través da súa tradición musical. A música era o medio utilizado para que asverdades fosen máis doadamente aceptadas e entendidas. Era a Palabra de Deus aque tocaba os corazóns: "A Fe é pola predicación. E a predicación vén pola Palabrade Deus" (Rom 10, 17). Pero, para que o Espírito Santo puidese actuar a través daPalabra, era necesario que esta fose recibida e comprendida. Aí estaba a músicapreparando o camiño á Palabra de Deus; porque a música prepara o camiño a Aquelque sempre vén.Idi Amín Dadá, o tristemente famoso ditador de Uganda, foi tocado ao sentir cantarás súas fillas que volvían da catequese cheas da alegría do Señor. O canto que entroucomo unha pequena luz no seu escuro corazón dicía así: "Se queres ser feliz, abre aXesús as portas do teu corazón. El borra o teu pecado, esquécese do pasado,transformará todo o teu ser para reinar nel". A que evanxelizador se lle teríapermitido falar así diante daquel home cruel e sanguinario? A música era o únicoaxente de evanxelización que podía chegar ata el sen levantar sospeitas. 19
  • Escribe Josep Asunción:"Temos moitos testemuños de sanación pola intercesión, de conversión polapredicación, de manifestación do amor de Deus a través das relacións interpersoaisno Espírito; pero temos aínda moitos máis testemuños de acción de Deus a través damúsica. Practicamente todos podemos testemuñar como Deus nos deu aexperimentar emocionalmente unha graza de consolación, de amor fraterno... candocantabamos ese canto; ou como no intre que estabamos a vivir unha experienciaespiritual... comezou a soar esa canción. A música e a experiencia de Deus vivenxuntas, porque a música é linguaxe de Deus.Os cantos teñen a propiedade da perennidade; non caducan. Son profecías vivas quenon morren. A música permite a evocación da acción de Deus en todo momento ecircunstancia. A revelación de Deus chega moito máis lonxe no tempo e o espazo,xeograficamente falando, cando vén cantada".A través da música unxida por Deus caeron as murallas de Xericó, foron libres docárcere Paulo e Silas, e convertéronse o carcereiro e a súa familia. A través damúsica que o Espírito Santo faga, cante e toque por medio de ti, moitos acollerán aPalabra e salvaranse. Bótalle leña ao lume do Espírito!"Quen aprendeu a amar a vida nova sabe cantar o cántico novo. De maneira que ocántico novo nos fai pensar na vida nova. Home novo, cántico novo, testamentonovo... todo pertence ao mesmo e único Reino" (S. Agustín).O cristián que busque sinceiramente coñecer o lugar que a música debe ocupar nasúa propia vida, ten na Palabra de Deus unha norma xeral que se pode aplicar acalquera ámbito da súa existencia: "Facédeo todo para a gloria de Deus" (1Cor 10,31). Quen aceptase a Xesús como o seu Señor e Salvador xa non é autónomo ouautónoma para fixarse a súa propia lei, pois agora está "baixo a lei de Cristo Xesús"(1Cor 9, 21). E Xesús buscaba sempre o que era agradable a Deus e servía para darllemaior gloria (Xn 7, 18; 8, 29; 8, 49; 17, 4)."Porque ninguén vive para si mesmo e ninguén morre para si mesmo" (Rom 14, 7)."Cristo morreu para que os que viven xa non vivan para si, senón para Aquel quemorreu e resucitou por eles" (2 Cor 5, 15) "para que en todo sexa glorificado Deus pormedio de Xesucristo" (1Pe 4, 11). Se nacemos de novo, da auga e do Espírito,desexaremos facer todas as cousas -tamén a música- para a gloria de Deus. Todas asmiñas cousas están baixo a mirada do meu Pai; son o seu fillo e vivo para El. Amúsica que aceptamos escoitar, a que compoñemos, a que cantamos ou tocamos -sósou con outras persoas- debe contribuír a glorificar a Deus.Facer algo para a gloria de Deus significa que desexamos que El reciba toda a honra ea louvanza da nosa acción e que sexa mellor coñecido, amado e servido. Polo tanto,renunciamos á nosa propia gloria persoal. O mundo da música, como toda actividadeartística, foi desviado cara á glorificación de home. Unha das metas -recoñecida ounon- dos artistas é a de facerse un nome. E Xesús di, con respecto a isto: "Mais, entrevós, non ha ser así" (Mt 20, 26). Nunha oración común ou en calquera celebraciónlitúrxica é inconcibible que músicos ou cantores sexan protagonistas. A música éofrecida a Deus igual que as oracións. Non nos reunimos no nome do Señor para gozarda música ou para valorar a súa calidade."Todas as cousas estanme permitidas, pero non me deixarei dominar por ningunha". 20
  • Mesmo as mellores cousas poden converterse nun perigo para a miña liberdade ao sefacer imprescindibles para o meu benestar. Hoxe en día, a música converteuse paramoitos nunha droga da que lles sería moi difícil prescindir. A música é un mediomarabilloso polo cal Deus pode darnos paz, alegría, forzas... pero sempre seguirásendo un medio -como os alimentos ou as medicinas- nas mans de Deus. Non é damúsica por si mesma de quen espero estes beneficios, senón do meu Pai que meama. Debo evitar, polo tanto, dedicarlle máis tempo, forzas ou receptividade do queo Señor me mostra como axeitado para non depender dela. Para moitos melómanos,a música converteuse nun sucedáneo da relixión. Teñen necesidade dela paratranquilizarse ou animarse. Esperan dela o que nós esperamos de Deus: consolo,transformación interior, comuñón cos outros... A música é unha serva de Deus; senon ocupa o seu lugar, faise un ídolo, un falso Deus.5. SOLI DEO GLORIA: A música no Catecismo e noutros documentos daIgrexa Católica"A Igrexa ten necesidade dun Pentecoste permanente. Ten necesidade de lume nocorazón. Necesidade de sentir que sobe do máis fondo da súa intimidade persoalcomo un xemido, unha poesía, unha oración, un himno, a voz orante do Espírito-como nos ensina S. Paulo- que nos substitúe e ora en nós con xemidos inefables"(Paulo VI, 29-11-72).Cantar, tocar ou compoñer música para a gloria de Deus significa, para nós católicos,servir á Igrexa. O noso servizo a través da música é un servizo de unidade, encomuñón coa cabeza e con todos os membros do corpo de Cristo. Para iso, temos queactuar sometidos aos nosos pastores e en conformidade coa doutrina da Igrexa.Debemos coñecer o que a Igrexa di acerca da música e o canto, e deixarnos inspirar econducir polas súas ensinanzas.O Catecismo da Igrexa Católica adica tres números ao tema:1.156 "A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valorinestimable que sobresae entre as demais expresións artísticas, principalmenteporque o canto sagrado, unido ás palabras, constitúe unha parte integral da liturxiasolemne" (SC 112). A composición e o canto de salmos inspirados, con frecuenciaacompañados de instrumentos musicais, estaban xa estreitamente ligados áscelebracións litúrxicas da Antiga Alianza. A Igrexa continúa e desenvolve estatradición: "Recitade entre vós salmos, himnos e cánticos inspirados. Cantade esalmodiade no voso corazón ao Señor" (Ef 5, 19; cf Col 3, 16-17). "O que canta oradúas veces" (S. Agustín).1.157 O canto e a música cumpren a súa función de signos dun xeito tanto máissignificativa canto "máis estreitamente estean vinculados á acción litúrxica" (SC 112),segundo tres criterios principais: a beleza expresiva da oración, a participaciónunánime da asemblea nos momentos previstos e o carácter solemne da celebración.Participan así da finalidade das palabras e das accións litúrxicas, a gloria de Deus e asantificación dos fieis (cf SC 112)."Canto chorei ao oír os vosos himnos e cánticos, fortemente conmovido polas vocesda vosa Igrexa que suavemente cantaba! Entraban aquelas voces nos meus oídos, e avosa verdade derretíase no meu corazón, e con isto inflamábase o afecto de piedade,e corrían as bágoas, e íame ben con elas " (S. Agustín, Conf. IX; 6, 14).1.158 A harmonía dos signos (canto, música, palabras e accións) é tanto máisexpresiva e fecunda canto máis se expresa na riqueza cultural propia do pobo deDeus que celebra (cf SC 119). Por iso "foméntese con empeño o canto relixiosopopular, de modo que nos exercicios piadosos e sagrados e nas mesmas accións 21
  • litúrxicas", conforme ás normas da Igrexa, "resoen as voces dos fieis" (SC 118). Pero"os textos destinados ao canto sagrado deben estar de acordo coa doutrina católica;máis aínda, deben tomarse principalmente da Escritura e das fontes litúrxicas" (SC121).O libro "A Igrexa en oración" escrito polos mellores e máis autorizados especialistasdo mundo en liturxia, dirixidos por A. G. Martimort, tamén dedica un capítulo aocanto. Facemos un resumo do mesmo:“A antigüidade cristiá non tivo máis que seguir os consellos do Apóstolo Paulo, deacordo coa tradición bíblica, para facer do canto un modo normal de expresión daoración litúrxica: “Cantade nos vosos corazóns a Deus, con gratitude, salmos, himnose cánticos espirituais" (Col 3, 16); "recitade entre vós salmos, himnos e cánticosespirituais; cantade e salmodiade de todo corazón ao Señor" (Ef 5, 19). Na Igrexa deCorinto, tamén segundo o testemuño de San Paulo, mesmo se producíanimprovisacións carismáticas (1Cor 14, 26); ademais, as epístolas preséntannos restospreciosos de cantos litúrxicos da primeira comunidade. O canto aparece como signode alegría, especialmente adaptado ao sentimento da acción de grazas, cousa quesuxire Santiago (Sant 5, 13): "Está alegre alguén de entre vós? Cante himnos". E nomesmo sentido, a Igrexa do Ceo, segundo a Apocalipse, expresa por medio do canto oseu recoñecemento pola redención e a súa louvanza cara ao Señor (Ap 4, 8 e 11; 5,9-10; 14, 3; 15, 3-4; 19, 1-8).O canto tamén se considera como un medio de manifestar a unanimidade dossentimentos, porque provoca, polo seu ritmo e melodía, unha fusión tal das vocesque parece que só haxa unha. E de feito, só o canto permite unha expresión deconxunto dende o momento en que a asemblea supera o tamaño do grupo pequeno.Os Pais destacan tamén que o canto dá ás palabras unha maior forza eintelixibilidade, co que é posible prestarlles unha adhesión máis intensa e meditalas.Finalmente, a música -tanto vocal coma instrumental- pode crear un ambiente defesta, dar a certas manifestacións o esplendor do triunfo. E é deste modo comointerviña nos grandes momentos da liturxia de Israel. Pero ao canto e á música éllesdifícil manter o papel estritamente funcional, que é o seu, e non se saír da súacondición de servizo. De aí as numerosas vacilacións experimentadas pola xerarquía eos teólogos ante esta ou aquela forma de arte, e a tentación que axexa ao fiel dedeterse na emoción estética sen chegar ata o texto que a música tería que lle facersaborear mellor.”Este último parágrafo sitúanos na perspectiva que a Igrexa ten sobre todo carisma oudon e, en concreto, sobre a música e o canto: "É a recepción destes carismas, mesmodos máis sinxelos, a que confire a cada crente o dereito e deber de exercitalos paraedificación da Igrexa, coa liberdade do Espírito Santo e en unión con todos os irmánsen Cristo, sobre todo cos seus Pastores, aos cales toca xulgar a xenuína natureza detales carismas e o seu ordeado servizo; non por certo para que apaguen o Espírito,senón co fin de que todo o proben e reteñan o que é bo" (Vaticano II. Decreto sobre oApostolado Segrar, nº 3).Polo tanto, no exercicio dos carismas que o Señor nos regalou para o canto e amúsica, poñámonos ao servizo dos demais segundo o don recibido, de xeito que "todoo corpo se edifique no amor" (Ef 4, 16). Deus é libre nos seus dons, e en cadamomento vai dando cousas novas á súa Igrexa, distintas das de onte. Só El é quen deinventar, de facelo todo novo. Deixémolo a El -a través do noso ministerio- innovar,unir, renovar a Igrexa. Nós, servos inútiles somos; o canto e a música, simplesinstrumentos. Só El é Señor e Dono. 22
  • "Só a Deus a Gloria" (SDG). É o lema de Xoán Sebastián Bach que aparece en casetodas as súas partituras.O Espírito Santo en clave de sol"O meu pai cría no home; o meu avó cría en Deus. O primeiro ensinoume a falar; osegundo, a cantar" (E. Wiesel, premio Nobel da Paz 1986).A vida espiritual múrchase se está dominada unicamente pola razón. A músicaaxuda a espertar e desenvolver en nós a vida dos sentimentos, a concretalos ematizalos. Ademais, fainos participar nas emocións e sentimentos dos demais. Dá ánosa vida espiritual unha nova dimensión.No noso camiño cara a "un Ceo novo e unha Terra nova", neste camiño cara a unhanova era para a Igrexa, encontraremos xente que se agarra á razón, ao pasado, áciencia, ás cousas deste mundo... Pero o racionalismo -dicía o avó de Wiesel, o quelle ensinou a cantar dende a fe- "camiña ás apalpadas, e cando atopa un muro,detense e empéñase en desfacelo ladrillo a ladrillo, sen chegar nunca a desfacelode todo, porque unha man invisible o reconstrúe e o fai cada vez máis alto eespeso".Nós cremos en Xesucristo morto e resucitado. El é a nosa forza. Ningún muro se nosresistirá. Coa música, que é o seu Lume no noso corazón, derrubarémolos.Tampouco temos medo ás portas: atravesarémolas con alegría e humildade, collidosda man da nosa Nai, confiados nela. E se ao noso arredor, aínda dentro da mesmaIgrexa, a escuridade se fixese abafante.... pecharemos os ollos! Non faremos casoaínda que todo pareza afundirse. Pecharemos os ollos... para ver a Deus! E entón, aescuridade non poderá adiantársenos: terá que nos perseguir.Porque o Señor camiña diante do seu pobo. El sacounos de Exipto e para Elcantamos e danzamos tras a nosa liberación. El diranos como camiñar arredor dosmuros, cando e como tocar as nosas trompetas para derrubalos.Sabemos de quen nos fiamos! Xericó caerá! 23