Your SlideShare is downloading. ×
Enfermo 2011 gal
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Enfermo 2011 gal

153
views

Published on

Published in: Spiritual

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
153
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Carta pastoral na Xornada do Enfermo. Pascua 2011. Os mozos e a saúde Queridos diocesanos: Non seremos servidores de Cristo se non o somos dos homes nassúas esperanzas e sufrimentos. Benedito XVI recordounos en Santiago queCristo é o Mesías, o Fillo do Deus vivo, que veu a servir e non a ser servido1.Amor a Deus e amor ao próximo fúndense entre si: no máis humilde atopamosa Xesús mesmo e en Xesús atopamos a Deus2. A liberación que se pregoa nasavenidas da nosa sociedade menosprezando a abnegación e esquecendo aosque padecen a experiencia do abandono e do sufrimento, encarcéranos no máisinhumano de nós mesmos. O Misterio da Igrexa desvaneceríase e perdería o seusal se aspirase a ser unha institución máis entre outras, buscando entre ascousas que son do César as riquezas que se trazan e corroen pola ferruxe (Cf.Mt 6, 19). “A grandeza da humanidade está determinada esencialmente polasúa relación co sufrimento e co que sofre. Isto é válido tanto para o individuocomo para a sociedade. Unha sociedade que non logra aceptar aos que sofren enon é capaz de contribuír mediante a compaixón a que o sufrimento sexacompartido e soportado tamén interiormente, é unha sociedade cruel einhumana”3. Os mozos e a saúde A celebración da Pascua do Enfermo chámanos a considerar esteano a situación dos mozos en relación coa saúde. Trátase de achegarse aos quesofren no seu corpo e/ou no seu espírito; axudarlles a afrontar esa realidade e avivila como posibilidade de crecemento e de maduración; recoñecer e avivar asúa sensibilidade e solidariedade cara ás persoas enfermas maiores; e celebrar oque dan e o que reciben. “Convén que a mocidade sexa un «crecemento» queleve consigo a acumulación gradual de todo o que é verdadeiro, bo e fermoso,ata cando ela estea unida «desde fóra» aos sufrimentos, á perda de persoasqueridas e a toda a experiencia do mal, que incesantemente faise sentir nomundo en que vivimos”4. Os mozos tamén sofren e, probablemente, máis do que asaparencias ante a súa plenitude vital e alegría desbordante puidesen suxerir.Sofren no seu corpo e sobre todo no seu espírito. Transitan “pola terra sacra dador”, vivindo esta experiencia na súa persoa ou na doutros mozos. Aenfermidade é unha experiencia dolorosa e dá orixe a diversos tipos de 1 Homilía na Praza do Obradoiro. 2 Benedito XVI, Deus caritas est, 15. 3 Id. Spe salvi 4 XOÁN PAULO II, Dilecti Amici, n 14.
  • 2. sufrimento. Resquebraxa a dor física pero tamén o sufrimento espiritual, é dicir,verse limitado e fráxil, ter que depender dos demais, facer sufrir aos seusfamiliares, sentir a propia vida ameazada, sufrir sen saber por que, para que eata cando. Mirar estas realidades á luz de Cristo, axuda aos mozos a vivir máisplenamente a vida, a valorala como un don que han de vivir en actitude deagradecemento e encomio, e a combater o que aquí e agora xera dor e morte. “A vida é fermosa, desde logo, pero non porque sexa fácil. E onoso esforzo debería estar en descubrir que non deixa de ser fermosa porquesexa difícil”. Cada un debe asumir a idea do sufrimento e da morte na súaexistencia, porque normalmente tendemos a pensar que isto lle pasa aos outros.“Arraigados e edificados en Cristo, firmes na fe” (Col 2,7), os mozos podenatopar o sentido á vida enteira, vivila de xeito san e gratificante e ser portadoresdos valores do Evanxeo. Enfermidade, dor e sufrimento son experienciaspersoais, cargadas sempre de misterio, un misterio difícil de aceptar e desoportar, difícil de expresar con palabras. A saúde de moitos mozos veseafectada pola pobreza, a marxinación, a tensión mental, o abuso do alcol, asdrogas, a frivolización da sexualidade, e unha alimentación inadecuada. Énecesario descubrir cos mozos, enfermos e sans, a luz e a forza que lles ofrece oEvanxeo para vivir a etapa da mocidade de xeito san e saudable e invitarlles acrear pontes de amor e solidariedade, a fin de que ningún senta só, senónformando parte da gran familia dos fillos de Deus, como refire Benedito XVI naMensaxe para a Xornada Mundial da Mocidade 2011. Constante agradecemento Ás veces na nosa sociedade vívese de costas aos enfermos e aosque sofren. Existe a impresión de que os enfermos complican a nosa vida,exponnos interrogantes moi fondos e recórdannos cousas que nos custa moitoaceptar. Por iso, tendemos a desentendernos deles. Xesús non pasou de longoante os enfermos. Achegouse a eles, conmoveuse ante a súa situación,dedicoulles unha atención preferente e libroulles da soidade e abandono en quese atopaban reintegrándoos á comunidade. Agora dinos aos seus seguidoresque debemos comportarnos como El, atendendo ao que sofre, parándose xuntoa el, compadecéndose, axudándolle, vendando as súas feridas eacompañándolle a quen poida curar a súa enfermidade (Lc 10,29-37). Na visitapastoral visitando enfermos, tiven o gozo de comprobar a abnegación e axenerosidade de pais, fillos ou familiares coidando aos seus seres queridosenfermos, maiores ou novos. Para esas persoas o meu recordo con gratitudeunido á miña oración, pedindo que o Señor sígalles bendicindo. A Igrexaagradece de corazón a quen cada día, desde a misión encomendada, realizanserena e atentamente o coidado dos enfermos e dos que sofren. Saúdavos con afecto e bendí no Señor, + Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela.

×