Historia da fotografía

814 views
732 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
814
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
16
Actions
Shares
0
Downloads
41
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Historia da fotografía

  1. 1. HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
  2. 2. ANTECEDENTES A CÁMARA ESCURA O principio da cámara escura era coñecido polos sabios chineses desde o século IV antes de Cristo: se se fai un burato na parede dunha habitación a escuras, na oposta proxéctase una imaxen do exterior, un pouco borrosa e invertida. A cámara escura é un aparello óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre unha superficie interior.
  3. 3. -No sécuo X o científico árabe Alhazen de Basora no seu libro “Tratado Óptico” explica que son os obxectos os que emiten luz e non os ollos. -No século XIII era coñecida por Roger Bacon -A partir do século XV engádenselle lentes no orificio e empréganse para experimentos científicos (estudo de eclipses) e como auxiliar para o debuxo . Cámara escura do século XVIII
  4. 4. Debuxando cunha cámara escura
  5. 5. -No século XVI constrúense cámaras portátiles con obxectivos dotados de lentes, co que a imaxe gañaba en definición e luminosidade. Debuxos de Canaletto (século XVIII) feitos coa axuda dunha cámara escura
  6. 6. OS EFECTOS QUÍMICOS DA LUZ Arredor de 1800, o científico inglés Thomas Wedgwood untou pregos de papel con sales de plata sensibles á luz, cos que producía heliografías , impresións solares que aparecían sobre o papel tratado ao colocar sobre eles obxectos ou vidros con debuxos e expoñelos á luz. Despois da exposición había que gardalo na escuridade porque se volvía completamente negro.
  7. 7. 1816: o francés Joseph-Nicéphore Niépce fai o primeiro negativo sobre papel.
  8. 8. 1826: Joseph-Nicéphore Niépce consegue, por primera vez, fixar de forma duradeira unha imaxe do natural. Colocou unha cámara escura na ventá da súa habitación durante oito horas que grabou a imaxe sobre unha placa de zinc recuberta de betún de Xudea diluído en petróleo.
  9. 9. 19 de agosto de 1839: o invento é presentado publicamente na Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia, como fonte empírica de documentación da realidade. El grabado heliográfico máis antigo que se conserva. Ensaio realizado en 1825 por Niepce, por contacto, sen cámara oscura.
  10. 10. 1839: Louis Daguerre fai pública a invención do daguerrotipo, unha copia única realizada sobre unha emulsión, en soporte metálico, polo xeral de cobre. O taller do artista. Daguerre .
  11. 11. Os daguerrotipos resultaban caros, pesados, difíciles de conservar e precisaban dun tempo de exposición moi prolongado. Boulevard du Temple. Daguerre
  12. 12. 1835: William Henry Fox Talbot crea o primeiro negativo (calotipo, talbotipo ou impresión sobre papel salgado) e patentao en 1841. A imaxe obtíñase copiando un negativo de papel sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. O papel era impregnado cunha solución ácida de nitrato de prata antes e despois da exposición. Rebaixaba sensibelmente o tempo de exposición (entre 1 e 7 minutos), e permitía tirar múltiplos positivados dun único negativo.
  13. 13. Talbot conseguíu a reproductibilidade da fotografía. 1835 1835 Fotos de Talbot
  14. 14. 1839: o astrónomo e químico inglés John Frederick William Herschel realiza o primeiro negativo de vidro e comunica o descubrimento (realizado en 1819) sobre o poder solvente do hiposulfito de sodio en contacto con sales de prata insolubles.
  15. 15. 1839: John Frederick William Herschel introduce a cianotipia, un proceso monocromo que produce unha impresión azul baseándose en dous compostos químicos, o citrato de ferro e o ferrocianuro de potasio. Anna Atkins , científica británica, levou o proceso cianotípico á fotografía, converténdose así na que é considerada a primeira muller fotógrafa. Imaxe do libro British Algae, de Anna Atkins (1843).
  16. 16. 1850: Blanquart Evrard comezou a empregar un composto de albumina de ovo e nitrato de prata que, extendido sobre o papel, conseguía que a emulsión non reproducise imperfeccións e rugosidades e aumentaba a nitidez do produto.
  17. 17. 1851: faise público o emprego do colodión húmido , unha especie de verniz que se aplica ás placas e sobre o que se estende a emulsión química. O nome de "colodión húmido" fai referencia á necesidade de que a placa permaneza húmida durante todo o proceso de toma e revelado das imaxes. Aumentábase así a nitidez, pero, os fotógrafos tiñan que levar canda si un pequeno laboratorio fotográfico para revelar a placa inmediatamente após da súa toma. Foto de Gustave Le Gray, 1857
  18. 18. 1860: o físico escocés James Clerk Maxwell demostróu que era posible realizar fotografías en cor utilizando unha combinación de filtros vermello, verde e azul. Primeira fotografía en cor, tomada por J C Maxwell, en 1861, realizando tres fotografías sucesivas con filtros diferentes.
  19. 19. 1864: úsanse os primeiros flashes que consistían nunha cantidade de pó de magnesio que se facía arder manualmente. Ao comezo era moi caro e non se xeralizou o seu uso ata 10 anos despois.
  20. 20. 1871: descubrimento do xelatino-bromuro que supuxo eliminar un dos grandes inconvenientes do colodión húmido e rebaixaba o tempo de exposición a 0,25 minutos, o que se achegaba ao concepto de instantánea. Neste proceso, aplícase sobre a placa unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata.
  21. 21. 1880: comézase a usar nos flashes unha mestura de pó de magnesio cun axente oxidante como o clorato potásico. O carácter explosivo da mestura facía que o seu uso fose perigoso.
  22. 22. 1888: George Eastman lanza ao mercado a cámara Kodak que substituía as placas de vidro polo negativo de papel fotográfico, que pouco tempo despois foi substituído polo carrete de celuloide. Kodak 100 vista, a primeira cámara Kodak.
  23. 23. 1906: Wratten e Wainwright introducen a placa pancromática, sensible a todas as cores do espectro.
  24. 24. 1907: os irmáns Auguste e Louis Lumière presentan a película en cor completamente funcional, o autocromo. Placa autocroma Lumière, arredr de 1916
  25. 25. 1931: invéntase o flash electrónico Kodak 1960
  26. 26. 1935: aparece a primeira película diapositiva moderna en cor, a Kodakchrome, baseada en tres emulsións coloreadas. Imaxe de Londres con película Kodachrome. (1949)
  27. 27. 1936: Agfacolor inclúe os acopladores de cor xa nas capas de emulsión. Imaxe con película agfacolor. (1937)
  28. 28. 1942: Eastman-Kodak comeza a producir películas negativas en cor - as Kodakolor - das que se podían obter copias positivas en cor .
  29. 29. 1947: os laboratorios Polaroid presentan diante da Sociedade Óptica Estado-Unidense a primeira fotografía instantánea , cunha cámara que revelaba e positivaba a imaxe en 60 segundos.
  30. 30. 1963, os laboratorios Polaroid presentan a cámara que fai fotografía instantánea en cor .
  31. 31. 1975: Kodak desenvolve a primeira cámara dixital . Steve Sasson constrúe unha cámara do tamaño dunha torradora que obtiña imaxes dunha calidade equivalente a 0.01 megapíxel. Necesitaba 23 segundos para gardar unha fotografía en branco e negro nunha cinta de casete e outros tantos en recuperala. Cámara dixital deseñada por Steve Sasson
  32. 32. 1997: Philippe Kahn realiza as primeras imágenes compartidas entre un teléfono celular e unha cámara.
  33. 33. 2000: primeiro teléfono móbil comercial con cámara fotográfica. Feito por Sharp para o mercado xaponés.
  34. 34. século XXI : aséntase e popularízase a fotografía dixital . As imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensibles e que arquiva os datos nunha memoria.
  35. 35. Montaxe: Adela Leiro, agosto 2011 Imaxes: Adela Leiro, Internet (Wikipedia e outros)

×