Federación de Traballadores
                      do Ensino                                          Membro fundador da IE...
Federación de Traballadores
                      do Ensino                                          Membro fundador da IE...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Manifesto

240

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
240
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manifesto

  1. 1. Federación de Traballadores do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE Comisión Executiva Nacional “POLA NEGATIVA A UN PROXECTO DE DECRETO DA LINGUA QUE CONDICIONE A PRÁCTICA DOCENTE” MANIFESTO Co obxectivo de negociar as denominadas bases para o borrador do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia FETE-UGT, presentou inicialmente un total de dezaoito emendas que posibilitasen a xeración dun decreto de normalización cunha ampla base de consenso. O actual proxecto do decreto do plurilingüismo pasou pola Mesa Sectorial onde foi rexeitado polo conxunto das organización sindicais (agás ANPE), manifestando o noso desacordo co abandono da Mesa. Posteriormente, no Consello Escolar de Galicia, FETE-UGT votou en contra do proxecto do decreto sendo este rexeitado contundentemente por 24 votos fronte a 16. O denominado decreto do plurilingüismo non pode afectar á práctica docente, é dicir, ás condicións laborais de corenta mil traballadores na nosa comunidade. Dende a FETE-UGT consideramos inaceptable que a opinión dos pais poidan incidir directamente no proxecto curricular dun centro. É innegable que a colaboración dos pais é fundamental e necesaria para a educación dos seus fillos, a súa opinión debe ser sempre escoitada pero non pode determinar a lingua en que se deben impartir as materias de cada curso, é dicir, a súa opinión non pode ser vinculante. Corresponde á Administración Educativa e non o Consello Escolar establecer as materias que deben impartirse en castelán e en galego, mantendo sempre a porcentaxe explicitada nas normas que obran sobre a lingua en Galicia para evitar o caos organizativo e pedagóxico que As túas reivindicacións, o noso compromiso • R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33 galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es
  2. 2. Federación de Traballadores do Ensino Membro fundador da IE e afiliado ó CSEE Comisión Executiva Nacional de seguro se xerará nos centros, producindo polo tanto o deterioro das condicións laborais dos docentes en Galicia. Outro punto que afecta ao labor docente, co que non podemos estar de acordo, é a posibilidade que outorga o actual proxecto de decreto de empregar a lingua oficial que queira o alumno, con independencia da lingua na que se imparta a materia. Finalmente queremos, porque así nolo dicta o sentido común e o máis básico razoamento lingüístico, que non se deben impartir menos horas lectivas en lingua galega que en lingua castelá. Débese garantir que o 50% das horas lectivas se impartan en galego. Asemade engadir que NON SOBREVIVIRÁ NINGÚN PLAN LINGÜÍSTICO QUE FUXA DO CONSENSO. Daquela entraremos nunha alternancia permanente de cambios en función da cor política do goberno. Dende a FETE-UGT iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a este manifesto, que logo serán trasladadas á Consellería de Educación e á Mesa de Sectorial para fortalecer as reivindicacións do profesorado galego. As túas reivindicacións, o noso compromiso • R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º - 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981 57 36 34 - Fax: 981 57 50 33 galicia@fete.ugt.org - http://www.feteugtgalicia.es

×