DSI
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

DSI

on

  • 460 views

 

Statistics

Views

Total Views
460
Views on SlideShare
460
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    DSI DSI Presentation Transcript

    • DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA
      • DSI : o seu principal obxectivo é a CUESTIÓN SOCIAL plantexada a partir do século XIX de forma radical
      • A Revolución Industrial trouxo consigo unha nova clase obreira: o PROLETARIADO , que vivía sometido a unha dura explotación e condenada a vivir en condicións infrahumanas
      • Fronte a esta situación xurdiu un movemento reivindicativo de costas á Igrexa: SINDICALISMO, SOCIALISMO, MARXISMO,…
      • ONDE ESTABA A IGREXA?
    •  
    • A CUESTIÓN SOCIAL (I)
      • S. XVIII: revoluciones que botaron por terra as estruturas do Antigo Réxime, basado no absolutismo rexio e cuio poder viña de Deus
      • 1776: independencia dos Estados Unidos
      • 1789: REVOLUCIÓN FRANCESA :
        • Puxo fin a estrutura do Antigo Réxime, formada por os PRIVILEXIADOS (nobreza e clero) e os non privilexiados (funcionarios, campesiños e clases populares)
        • Aboliu os privilexios, amosouse hostil coa Igrexa e a monarquía e implantou un novo réxime, baseado na Declaración Universal dos Dereitos do Home e do Cidadán
      • Xurdimento dunha actitude hostil cara á Igrexa
      • A R.F. Proclamou os fundamentos da nova sociedade: “Liberdade, Igualdade e Fraternidade” , base no novo réxime xunto coa Declaración dos dereitos
    •  
    •  
    •  
    • A CUESTIÓN SOCIAL (II)
      • A Igrexa non soubo aceptar a mensaxe evanxélica destes tres principios nin a Declaración dos dereitos por mor da actitude hostil e anticlerical dos revolucionarios que:
        • Nacionalizaron os bens eclesiásticos
        • Suprimiron as ordes relixiosas
        • Chegaron a abolir o cristianismo, instalando o culto á deusa razón
        • O Papa Pío VI foi apresado e morreu prisioneiro
        • O Papa Pío VII tamén foi feito prisioneiro por Napoleón, que invadiu os Estados Pontificios
      • Coa unificación italiana (1870) fóronlle arrebatados os Estados Pontificios á Igrexa, e Pío IX refuxiouse no Vaticano como prisioneiro voluntario
      • En España produciuse a Desamortización de Mendizábal (1836)
      • Ante esta situación, a Igrexa repregouse en si mesma, negándose a participar no desenvolvemento da vida pública
    •  
    •  
    •  
    • A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (I)
      • Comezou no s. XVIII en Inglaterra e estendeuse a partir do s. XIX por Europa
      • Factores da Revolución Industrial :
        • Descubrimentos científicos aplicados á técnica
        • Avances tecnolóxicos aplicados ás máquinas
        • Máquinas aplicadas á produción
        • Aparición das fábricas, coas que masas de obreiros emigran dos pobos ás cidades
      • Xorde a chamada SOCIEDADE INDUSTRIAL
    •  
    • A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (II)
      • Coa Revolución Industrial tamén se dá un cambio nas estruturas económicas:
        • Fronte á nobreza terratenente, aparece a burguesía capitalista , que se apropia dos medios de produción e ríxese por unhas leis baseadas no liberalismo económico : oferta e demanda, competitividade, libre mercado,... é dicir, unhas leis que discurren libremente de forma natural, por enriba de calquera consideración ética e sen que deba intervir o Estado
      • Desenvólvese o CAPITALISMO , que lle daba aos bens materiais un valor predominante
    •  
    •  
    • A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (III)
      • Os obreiros estaban sometidos á lei da oferta e da demanda...
      • ...e para competir había que abaratar o producto a costa dos obreiros, que concorrían a moreas na procura de traballo:
        • Tiñan que traballar ata 12 e 16 horas diarias por un salario mísero, sen seguridade nin hixiene, vivindo apiñados en vivendas insalubres, sen asistencia social nin previsión algunha
      • Esta situación mobilizou aos obreiros:
        • Empezaron a amotinarse de forma desorganizada polas rúas e as fábricas
        • Logo uníronse en asociacións sindicais para reivindicar os seus dereitos (aínda que estas non eran recoñecidas polas autoridades políticas)
        • Fixeron folgas e manifestacións para defender os seus dereitos
    • A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (IV)
      • Esta inxusta situación do proletariado fixo xurdir un grupo de pensadores que propuxo o socialismo como única solución para acabar coas desigualdades e as inxustizas producidas polo capitalismo :
        • Socialismo Utópico de Saint-Simon : crear unha sociedade igualitaria e fraternal, inspirada nos principios revolucionarios franceses de igualdade e fraternidade, e incluso no mesmo Evanxeo. Para elo había que abolir a propiedade privada e crear unha nova orde social
    •  
    • A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (V)
      • KARL MARX (1818-1883) :
        • Propuxo un socialismo máis radical, ao que lle chamou “científico” en contraposición co socialismo utópico
        • 1848: publica, xunto co seu amigo Engels , o “Manifesto comunista” , no que:
          • expón as principais ideas marxistas , e
          • Chama a todos os proletarios do mundo a unirse na loita contra a burguesía capitalista
          • Promove a loita de clases (que o proletariado se rebele contra os patróns)
          • Defende:
            • A supresión da propiedade privada dos medios de produción
            • A dictadura do proletariado
            • Unha economía colectivista (COMUNISMO)
            • Unha visión materialista e atea do home
            • Unha sociedade sen clases nin Estado
    •  
    •  
    • A DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA
      • A resposta da Igrexa á cuestión social chegou con retraso : gran parte da clase obreira afastouse da Igrexa por considerala aliada do capitalismo e demasiado paternalista
      • A resposta chegou da man do papa LEÓN XIII en 1891 coa publicación da encíclica Rerum novarum , na que o pontifice sinalaba unha solución intermedia entre o capitalismo e o socialismo
    •  
    •  
    • LEÓN XIII: Rerum novarum (1891)
      • Fronte ao SOCIALISMO :
        • Declara de dereito natural a propiedade privada , pero sen esquecer a función social
        • Condena a loita de clases, pero recoñecendo o dereito a asociarse para defender os intereses
      • Fronte ao CAPITALISMO : proclama:
        • O valor do traballo
        • O dereito a un salario digno
        • A obriga do Estado de protexer os dereitos públicos e privados sen abusar do seu poder, sen chegar ao totalitarismo
    • PÍO XI: Quadragesimo anno (1931)
      • Publicada 40 anos despois da RN
      • Despois dunha época marcada por:
        • A Primeira Guerra Mundial (1914-1917)
        • A crise económica de 1927
        • A auxe dos movementos totalitarios: fascismo, nazismo e comunismo
        • A puxanza do socialismo como alternativa a un capitalismo en crise
        • Auxe do sindicalismo
      • Pío XI ve necesario actualizar a doutrina social da Igrexa
    •  
    • PÍO XI: Quadragesimo anno (1931)
      • 1ª parte : Fai unha lectura da RN , loando o boa que foi para as relacións socio-laborais
      • 2ª parte : Trata de aspectos socio-económicos como:
          • O dereito natural á propiedade privada sempre que cumpra a súa función social
          • O contrato social entre capital e traballo
          • A promoción do proletariado
          • O salario xusto
          • A restauración da orde social segundo o principio de subsidiariedade (repartir co máis desfavorecido) e xustiza social
      • 3ª parte : Propón unha nova orde social como alternativa ao capitalismo e aso socialismo (aparición dun sistema intermedio)
      • 4ª parte : Chamamento á cristianización da orde social e económica (caridade e xustiza cristiás)
    • XOÁN XXIII (1958-1963)
      • Época de grandes cambios a causa do desenvolvemento económico, científico e tecnolóxico
      • Desenvolvemento da enerxía atómica, armamento cada vez máis sofisticado, comunicacións, transportes, agricultura, comercio,...
      • Descolonización e independencia de gran parte dos pobos de África e Asia
      • División do mundo en Leste/Oeste, e en Norte/Sur. Xurdimento do Terceiro Mundo fronte ao mundo desenvolvido ( Primeiro Mundo ). O Segundo Mundo sería o dos países comunistas
    •  
    • XOÁN XXIII: Mater et magistra (1961)
      • Actualización da RN no seu 70 aniversario
      • Trata sobre:
        • O salario
        • A estrutura de produción e xustiza
        • A propiedade privada
        • … enfocando todo desde unha nova visión: a SOCIALIZACIÓN como proceso de acercamento ás clases sociais
      • Chama a atención sobre:
        • Os desequilibrios producidos polo desenvolvemento económico a nivel sectorial (industria, agricultura e servizos)
      • Denuncia:
        • A situación de subdesenvolvemento e superpoboación do Terceiro Mundo que, pola falla de entendemento e de solidariedade entre as nacións, está chegando a extremos insostibles
    •  
    • XOÁN XXIII: Pacem in terris (1963)
      • Amenaza dunha guerra nuclear
      • Xoán XXIII chama á PAZ en base ás esixencias éticas fundamentais que deben rexer a vida social a todos os niveis:
        • NIVEL PERSOAL : correlación entre dereitos e deberes na mesma persoa, e reciprocidade destes entre persoas distintas
        • NIVEL COMUNITARIO : comunidades políticas, función da autoridade, o ben común, formas de goberno e comportamento dos cidadáns
        • NIVEL MUNDIAL : autoridade política mundial establecida por acordo entre as nacións (ONU) para solucionar os problemas mundiais
      • Os cristiáns son chamados a comprometerse no eido político e na vida pública
    •  
    • CONCILIO VATICANO II (1962-1965) : Gaudium et spes
      • Inaugurado por Xoán XXIII
      • Clausurado por Paulo VI
      • Catro documentos fundamentais:
        • Tres referentes á situación interna da Igrexa:
          • Lumen gentium
          • Dei verbum
          • Sacrosanctum concilium
        • Un referente á situación externa da Igrexa:
          • Gaudium et spes
    • CONCILIO VATICANO II (1962-1965) : Gaudium et spes
      • GAUDIUM ET SPES :
        • Constitución pastoral sobre a Igrexa no mundo actual
        • Comeza expresando a solidariedade da Igrexa con todos os seres humanos, especialmente cos pobres e cos que sofren
        • Dúas partes:
          • 1ª) Resáltase a dignidade da persoa , as relacións fraternas dentro da comunidade humana , o sentido do traballo e a misión da Igrexa no mundo actual
          • 2ª) Abórdanse os problemas máis importantes da sociedade moderna nos ámbitos familiar, cultural, socioeconómico e político. Ante a ameaza dunha guerra, o Concilio chama a todos os pobos a que se unan e fomenten a paz, establecendo novas formas de cooperación internacional que lle dean ao progreso un sentido máis integral e humano
    •  
    • PAULO VI (1963-1978)
      • De carácter discreto e aberto, sentiu gran preocupación polos problemas da Igrexa e da humanidade
      • Comezou coas viaxes por distintos países do mundo subdesenvolvido, facéndose eco na ONU dos problemas sociais que este sufría
        • Era a época da GUERRA FRÍA entre USA e a URSS
        • O comercio internacional cada vez agranda máis os problemas entre ricos e pobres: os países ricos cada vez compran máis baratas as materias primas nos países pobres, os cales quedan sen recursos
        • Os países do Terceiro Mundo, unha vez libres do colonialismo, abrirán unha fronte de guerras civis
        • En España dáse unha apertura cara ao exterior (emigración). Nos anos 70 prodúcese unha forte tensión entre a Igrexa e o goberno franquista. Prodúcese a transición (1975) e a instauración da democracia (1978)
    •  
    •  
    • PAULO VI: Populorum progressio (1967)
      • Dirixida a toda a humanidade, dando unha visión ética e cristiá de cómo debe ser o verdadeiro desenvolvemento: integral e solidario
      • 1ª parte:
        • Fai unha chamada urxente á solidariedade cos máis pobres da Terra para que accedan a unha vida máis humana, que pasa polos bens materiais, a propiedade, a cultura, o recoñecemento dos dereitos, os valores relixiosas,...
      • 2ª parte:
        • Baseándose na igualdade da natureza humana, propón camiños de solidariedade, de xustiza social e de caridade universal
    •  
    • PAULO VI: Octogesima adveniens (1971)
      • Conmemora os oitenta anos da RN , iniciando unha nova reflexión para a comprensión da dimensión política da existencia e do compromiso cristiá
      • 1ª parte:
        • Invita a reflexionar sobre os principais problemas que lle afectan ao mundo moderno: grandes urbes, masificación, problemas de traballo, emigrantes, problemas dos mozos, das mulleres, dos medios de comunicación e do medio ambiente
      • 2ª parte:
        • Trata da sociedade científico-técnica, das ideoloxías liberal e marxista e das políticas derivadas destas ideoloxías, valorándoas e procurando alternativas
      • 3ª parte:
        • Ofrece unha reflexión sobre o pluralismo dos cristiáns no compromiso social e político. Desde unha mesma fe pódense tomar opcións diversas
    •  
    • XOÁN PAULO II (1978-2005)
      • Karol Józef Wojtyla (Cracovia, Polonia)
      • Resposta puntual nas súas encíclicas aos distintos problemas sociais:
        • Problema mundial do subdesenvolvemento: froito da confrontación entre bloques ideolóxicos, políticos, militares e económicos
        • A pesar de que a humanidade dispón de máis recursos económicos, mellores técnicas de conservación de alimentos, de medios de transportes máis rápidos e mellores canles de distribución; sen embargo, as necesidades e desigualdades entre as persoas aumentan
        • Nos países ricos o valor da enerxía pásase a capital. Medran as compañías transnacionais que basean todo nunha economía de produción e consumo
        • Acrecéntase o problema ecolóxico
        • Medra o consumo como motor que move a economía . O problema do paro palíase co subsidio por desemprego. Créase unha mentalidade consumista que convive con bolsas de pobreza nacidas do paro
        • Países do Leste: situación desesperante ata a caída do bloque comunista áo final da década de 1980
        • A Comunidade Económica Europea transfórmase en Unión Europea: transformacións económicas
        • Prodúcense unha serie de problemas sociais en cadea: miseria, explosión demográfica, emigración, xenofobia, racismo, marxinación, violencia,...
    •  
    • XOÁN PAULO II: Laborem exercens (1981)
      • Conmemoración da RN no seu noventa aniversario respondendo aos novos retos ético-sociais que xorden do mundo do traballo
        • 1º) Revisión do sentido do traballo que, ante a situación de paro, comeza a ser un ben escaso (dimensión material e espiritual do traballo)
        • 2º) Análise crítica do capitalismo e o colectivismo, buscando as diferenzas e as coincidencias entre ambos sistemas
        • Invitación á transformación de ambos sistemas seguindo a prioridade do traballo sobre o capital. O capital debe estar ao servizo do traballo e da persoa
        • Pide respecto aos principios e valores fundamentais: a dignidade humana, a solidariedade, a xustiza social e o traballo
        • Mediante o TRABALLO o home:
          • Transforma a natureza adaptándoa ás súas necesidades
          • Realízase a si mesmo como home
    •  
    • XOÁN PAULO II: Sollicitudo rei socialis (1987)
      • Chamada de atención ante a situación dramática do TERCEIRO MUNDO , solicitando un desenvolvemento máis integral e solidario.
      • Conmemora os 20 anos da PP , facendo ver que era maior a esperanza de desenvolvemento en 1967 ca en 1987
      • Analiza os signos negativos do desenvolvemento :
        • Diferenza abismal entre Norte e Sur
        • Precario equilibrio entre os bloques do Leste e do Oeste
        • Venta de armamento
        • Violación dos dereitos humanos
      • Marca as liñas do verdadeiro progreso , que debe integrar todas as dimensións propiamente humanas:
        • Política
        • Económica
        • Relixiosa
        • Ecolóxica
      • Fai ver que a situación social esixe unha renovación estrutural profunda e unha actitude auténtica de solidariedade
    •  
    • XOÁN PAULO II: Centesimus annus (1991)
      • Conmemoración dos 100 anos da RN
      • Nova lectura da RN desde tres dimensións:
        • PASADO : Ensinanzas da RN que teñen vixencia no presente e no futuro
        • PRESENTE : Hai cousas que xa non son coma en 1891. Entre elas o fracaso do socialismo tras a caída da Unión Soviética e as súas consecuencias para a sociedade
        • FUTURO : Cheo de incógnitas e promesas. A conciencia histórica e a responsabilidade social proporcionarán o modelo máis axeitado, no que predominará o ideal democrático xunto cunha viva atención e preocupación polos dereitos humanos
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    • BENEDICTO XVI: Deus caritas est (2006)
      • Trata sobre o amor cristián
      • 1ª parte : reflexión teolóxico-filosófica sobre o amor precisando algúns datos esenciais do amor de Deus e da relación deste amor co amor humano
      • 2ª parte : exercicio concreto do amor cara ao próximo, afrontando o tema da relación entre a xustiza e a caridade, e dando unhas orientacións sobre a competencia da Igrexa e da súa doutrina social e sobre a competencia do Estado na realización dunha orde social xusta
      • A Igrexa non ten como cometido o establecemento dunha orde social e estatal xusta, xa que é un cometido político. Pero si pode esixir o cumprimento da xustiza
      • Os fieis laicos , como cidadáns dun Estado, están chamados a participar na vida pública , cooperando cos demais cidadáns na mellora da vida social
    •