Your SlideShare is downloading. ×
Revista
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Revista

829
views

Published on

Published in: Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
829
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. 1. EDITORIAL 2. LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA 3. PROXECTO DE CENTRO: COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE 4. UN DÍA NA GRANXA KIRIKO 5. unha escola moi familiar 6. O DÍA DO LIBRO 7. GÚSTANNOS OS CONTOS 8. VIAXE Á CORUÑA 9. TODO VALE, NADA SOBRA 10. NAVEGANDO NO HIDRIA 11. OS XOGOS POPULARES 12. CELEBRANDO OS MAIOS 13. O VALIOSO SABER DOS AVÓS 14. UN CURSO CHEO DE ILUSIÓN 15. CARTA DA A.N.P.A 16. PASATEMPOS -1-
  • 2. Ola amiguiños e amiguiñas. Lembrádesvos de min? Si, son Igrexiño, a mascota do voso cole. Un ano máis, e con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra, aquí vos achego a revista escolar Nº20 do Ceip Igrexa-Chapela. Os traballos que a continuación vos presento son una recopilación dalgunha das actividades feitas polos nenos e nenas dos distintos ciclos ó longo do presente curso escolar; curso que, como vedes na portada da revista, comezamos cheos de cor e alegría grazas á colaboración dun grupo de familias que quixeron que este novo ano escolar chegara ás nosas vidas cun sorriso na cara dos nosos nenos e nenas ó ver o “seu cole” tan cheo de vida e renovadas ilusións. Desexo que disfrutedes con este percorrido polas vivencias escolares dos vosos Igrexiños e en nome de todos e todas nós: “ GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN “ -2-
  • 3. -3-
  • 4. -4-
  • 5. Este ano o noso colexio, aproveitando que era o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica, centrou a súa actividade no coidado do medio ambiente, sensibilizándonos coas necesidades do planeta a nivel humano e material. Deste xeito o noso Entroido converteuse nunha reivindicación “SALVEMOS O PLANETA”. As rúas de Chapela enchéronse de luz cos soles de infantil, os cales farán que o noso planeta se encha de fermosas flores, animais e árbores. -5-
  • 6. O día 16 de marzo os nenos e nenas de 3 anos fomos de excursión á granxa escola Kiriko, tamén viñeron os nenos e nenas de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º de primaria. Tocamos e vimos animais e plantas, xogamos e mesmo fixemos rosquillas; plantamos unha semente que trouxemos para casa. Gustounos moito viaxar en autobús a, verdade é que o pasamos moi ben. Non nos importaría volver noutra ocasión. -6-
  • 7. Na clase fixemos un pequeno proxecto sobre a granxa, así coñecemos mellor os animais e traballamos sobre eles. Aquí estamos no mural que fixemos todos coa axuda da nosa mestra. -7-
  • 8. Estes son os nosos debuxos de animais de granxa. ¿Gústavos? -8-
  • 9. Os nenos e nenas de Infantil de 4 e 5 anos, traballamos en proxectos nos que colaboraron activamente as nosas familias, o que lle deu á nosa aprendizaxe un maior significado e motivación. Así viaxamos a “Arxentina” da man da avoa María, investigamos sobre a enerxía eólica acompañados dun experto no tema, o papá de Alejandro, participamos en obradoiros de cociña coas mamás de AArón e de Iker; elaboramos xoguetes cos carozos do millo, que nos trouxo a mamá de Victoria e disfrazámonos coas producións dos obradoiros de disfraces, nos que participaron representantes de todas as familias. Deseño Viviana Closi -9-
  • 10. O noso caderno viaxeiro co que disfrutamos pequenos e maiores, aprendendo poemas, recitando adiviñas, enviando mensaxes, recordando con fotos…, enriqueceuse coas achegas de todos e todas e quere darnos as grazas polo agarimo co que o tratamos. Deseño montaxe fotográfico Viviana Closi Pasámolo moi ben e aprendemos moito. -10-
  • 11. Deseño fotográfico Viviana Closi -11-
  • 12. O luns 19 de abril cando chegamos a clase, a profe explicounos que ese venres iamos celebrar un día moi importante “O DÍA DO LIBRO”; e durante toda a semana aprendemos moitas cousas relacionadas con el. ¿Por qué celebramos o 23 de abril o Día do libro? preguntounos a profe. Como non o sabíamos explicounos que ese día pero no ano 1616 morreu un escritor español moi, moi importante”MIGUEL DE CERVANTES”, que escribiu un libro chamado “DON QUIJOTE DE LA MANCHA”. Tamén nos explicou que ese mesmo día morrera outro escritor inglés tamén moi importante, pero cun nome un pouquiño raro “SHAKESPEARE”,¡ sempre se nos esquecía! A profe contounos algunhas das aventuras de Don Quixote e tanto nos gustaron que pasamos toda a semana traballando cos libros que atopamos na biblioteca. Finalmente elaboramos un libro de recordo para nós. -12-
  • 13. Outra das actividades que nos fixo moitísima ilusión foi traer a clase o noso libro favorito para compartilo cos nosos compañeiros e compañeiras e explicámoslle por que nos gustaba tanto e de que trataba. Chegou o venres “ O DÍA DO LIBRO”. Foi un día inesquecible pois todo o colexio compartimos a nosa hora de lectura, que como sempre se fai despois do recreo, pero esta vez fixémola todos xuntos no ximnasio. Iámola facer no patio do colexio pero coa choiva non puido ser ¡Outro ano será! Foi unha semana que xamais esqueceremos. ¡QUE BONITO É CELEBRAR O DÍA DO LIBRO; PROFE! -13-
  • 14. Os nosos amigos de Kalandraka viñeron contarnos uns contos, foi moi divertido e queremos presentarvos a: -14-
  • 15. Tamén nos gusta escribir os nosos contos e medio inventalos… -15-
  • 16. O 2 de Marzo os nenos e nenas de 3º,4º,5ºe 6º fomos de excursión á Coruña. Despois de dúas horas de viaxe no autobús chegamos ao Acuario. Baixamos do autobús e puxémonos en parellas. Esperamos un anaquiño para entrar ata que chegou un guía que nos acompañou. Alí vimos raias,tiburóns, estrelas de mar, polbos… Logo nos contaron unha historia e visitamos unha réplica do interior do submarino do Capitán Nemo. -16-
  • 17. Despois saímos do Acuario e fumos mirar focas comendo e xogando. A continuación visitamos o Museo Domus. Aquí vimos unha película chulísima sobre os Dinosaurios en 3D. Despois puxéronnos unhas mesas e comemos o que traiamos nas mochilas:patatillas, zumes, bocadillos…Cando rematamos realizamos un montón de probas. Finalmente esperamos o autobús e regresamos ao colexio. Abel, 3º Ed. Primaria -17-
  • 18. ¡Ola! Son Botellón , unha botella de Coca-Cola que vivo nun contenedor de cor verde . Son de vidro.Botoume aquí un home chamado Ventura, un home moi guapo ao que lle gustaba moito reciclar. Teño tapada a barriga cun vestido de cor vermella. Alí estaba con moitos compañeiros: Gaseosín, Marmelín... Un dia chegou Camioncete, un camión de cor gris.Levoume a Reciclín, unha fábrica de reciclaxe. Alí primeiro déronme un baño, e ¡¡menudo bañooo!! Despois moéronme con martelos. ¡¡¡Nunca crin ter tanta dor!!! Máis tarde retiráronme os restos metálicos. Logo fundíronme nun forno. ¡¡Que calor, 1.600 grados!! Aquí convertéronme en Florerín, un fermoso floreiro de vidro. Pasado un tempo, metéronme a min xunto aos meus irmáns xemelgos nunha caixa de cartón, chamada Cartonciña, envolta nun plástico. ¡¡Que medo pasei, canta escuridade!! Leváronme a unha tenda. Alí expuserónme nun andel de -18-
  • 19. madeira.Eu era moi bonito; era a admiración de todos os que pasaban pola tenda.Un día chegou á tenda unha señorita chamada Maruxa, que se encaprichou por min. Levoume para a súa casa.Estaba moi cómodo. Colocoume xunto os meus irmáns. Tiña moitos floreiros,porque os coleccionaba. Sempre nos acariciaba cuns panos moi suaves. ¡Que cóxegas! Unha tarde de primavera, Maruxa foi unha florería.Comprou a Florus.¡Era unha flor fermosa!Maruxa colocou a Florus na miña barriga.Logo colocoume no balcón. Estiven alí medio día mirando como pasaban os paxaros. Era feliz,pero un día empezou a chover moi forte. Coa auga esvarei e caín. Rompinme. Neste intre a miña vida rematou, deixei de ser floreiro. Pero non me preocupei,porque, como son de vidro, pódenme reciclar as veces que queiran e durar ata a eternidade. Por todo isto, debes saber que ... “Se o medio ambiente queres coidar, é mellor que empeces a reciclar”. Os alumnos de 4º -19-
  • 20. Os nenos e nenas do colexio Igrexa fixemos unha viaxe no Hidria II.Foi no trimestre pasado.Na actualidade utilízase para facer viaxes pola ría. Ao chegar, estivemos esperando no porto antes de ir o Hidria II. Ao entrar, dixéronnos que foramos á bodega. Alí contáronnos cousas fantásticas sobre o Hidria II. É un barco de vapor, único que se conserva en España. Antes servía para subministra r auga aos barcos grandes que non podían entrar no porto. Navegamos pola ría de Vigo vendo asteleiros, un faro, un iate,remolcadores...Un barco dos que estaban construíndo chamábase Yara. O que máis nos gustou foi a sala de máquinas e a cuberta. Fíxome graza como saía vapor ao tocar a serea do barco. A viaxe foi interesante, pero quedounos pena de non ver a Gaspar, ,o golfiño que anda a xogar pola ría. -20-
  • 21. GOMAS Materiais - Gomas. Entorno - Ao aire libre ou nun sitio pechado. Descrición É un xogo de tres persoas como mínimo, dúas aos lados agarrando a goma e unha ou máis persoas saltando. Primeiro ponse a goma á altura dos nocellos e se quen salta faino ben sóbese aos xeonllos, despois á cintura etc. ZANCOS Materiais - Zancos. Entorno - Ao aire libre ou interior. Descrición - Xógase mantendo o equilibrio, apoiando os pés nos extremos do zanco e as mans agarradas ao pau.Gaña quen percorra máis distancia. -21-
  • 22. CASTELO DE CADULLOS Materiais - Mazarocas de millo. Entorno - Ao aire libre ou dentro dalgún lugar. Descrición - Trátase de facer pisos poñendo as mazarocas de millo en vertical e en horizontal e o que máis pisos faga gaña. O TRES EN RAIA HUMANO Materiais - 6 chalecos, 3 amarelos e 3 vermellos;un xiz para pintar os cadros e 6 persoas de fichas. Entorno - Un chán no que se poida debuxar o taboleiro. Descrición - Por quendas colocámonos no taboleiro e ímonos movendo ata formar unha liña cos xogadores do teu equipo e evitando que os rivais fagan a súa liña. Estes e outros xogos foron practicados na clase de Educación Física polos alumnos e alumnas de 3º ciclo. O día 16 de abril os compañeir@s de 6º participaron nunha xornada co alumnado de 6º dos outros colexios e 1º e 2º da ESO do instituto.. -22-
  • 23. -23-
  • 24. -24-
  • 25. ENTREVISTA Estela Domínguez González é unha mestra que traballa no 1º ciclo do noso colexio e coordina o equipo de dinamización e normalización lingüística. P - Dende cando é a coordinadora do equipo? R - Dende comezos deste curso escolar 2009-2010. P - Gústache facelo? Por que? R - Si,cando mo propuxo a Directora pareceume un reto moi interesante dada a urxente necesidade de educar os nosos nenos e nenas en valores de respecto cara a nosa lingua. É o obxectivo que nos propuxemos este curso. P - Que fai este equipo? R -Principalmente potenciar o uso do galego na escola a través de actividades atractivas para os nenos como: contacontos, obradoiros, visitas ao noso entorno para coñecer a nosa riqueza tanto cultural como paisaxística; tamén dirixe a revista escolar do centro e periodicamente reunímonos cos demais centros do Concello, para preparar actividades conxuntas como a que levamos a cabo de literatura oral popular e a elaboración do calendario do 2010 entre outros. P -Sabemos que este curso fixeches un traballo coa participación de mamás e avoas, en que consistiu? R - Conscientes do saber popular tan valioso que os avós e as avoas teñen para compartir cos seus netos e netas o equipo de normalización do CEIP Igrexa-Chapela xunto cos demais -25-
  • 26. centros do concello levamos a cabo unha campaña de fomento do uso do galego nas familias. Todo este material recollido servirá para facer unha recopilación da literatura oral popular do concello de Redondela. P - Que che pareceu esta experiencia? R - Nunha soa palabra: ENTRAÑABLE. Sobre todo o amor que percibín por parte dos avós e das avoas para os seus net@s e a ilusión coa que compartían un anaquiño de clase con eles e os seus compañeir@s. Foron intres fermosísimos. P - Paréceche que debemos valorar máis a lingua galega? Por que? R - Veño de traballar nun entorno rural onde o galego era moi valorado, sorprendeume que aquí algunhas persoas teñan unha actitude negativa cara a nosa lingua. E que se nós como galeg@s que somos non valoramos a nosa propia lingua, entón apaga e ímonos, acabará desaparecendo e con ela a nosa cultura e a nosa propia identidade. Que mágoa, non? Pois poñamos un pouquiño tan só da nosa parte para que este tráxico desenlace nunca se produza. Os meus pequenos de 1º dinme: "Profe, eu síntome orgulloso de ser galego". Inculquemos nós como pais e nais este amor polo noso, pola nosa lingua, pola nosa terra, porque se nós non o facemos, non van vir os de fóra a facelo. Moitas grazas pola túa colaboración. 3º Ciclo de Primaria -26-
  • 27. -27-
  • 28. -28-
  • 29. Ao comezo do curso tivemos preparados o servizo madruga e o do comedor, dende o primeiro día de clase; así como os chándales co anagrama do colexio bordado ao que rematamos de engadirlle un chuvasqueiro e un polo a xogo. Tamén ofrecemos a posibilidade de celebrar os aniversarios das alumn@s no comedor para non ter que desprazarse lonxe e poder gozar do patio do noso colexio. Outro dos nosos labores é organizar as actividades extraescolares, as que conseguen un mínimo de nen@s son as que se poñen en marcha, este ano: balonmán, manualidades para nenos e adultos, natación, patinaxe, taek-wondo, pandeireta, percusión, gaita, baile galego, e dende abril tamén temos cine. No magosto asamos as castañas e repartimos augas e refrescos, cousa que tamén se fai en Nadal (invitamos ós Reis Magos que deron lambetadas) , Entroido e algunha outra festividade. Tivemos varias propostas de excursións: un día na neve, 6º a Manzaneda, 5º e 6º a O Grove, e a derradeira farémola ao Parque de Atraccións de Bracalandia, nesta ocasión tamén veñen adultos, e faremos algunha máis… Participamos no Programa Colgate, o curso anterior só para os nenos e nenas do comedor, este para todo o cole. Colaboramos no Maratón das Letras Galegas, repartimos bolos de pan, chocolate auga e mazás. Facemos dúas ou tres rifas ó ano. E por suposto temos unha gran festa de Fin de Curso, con inchables, música, festa da espuma… E sobre todo estamos para o que precisedes. -29-
  • 30. -30-
  • 31. -31-
  • 32. Para que vos riades un pouco... Por qué está triste o caderno de matemáticas? Mamá, na Como se di Que e unha escola Porque ten unha familia losa? chámamme moitos pobre en interesado. problemas. Unha flol moi chino? Por qué felmosa. fillo? Chinagua, chinlu, Se me das chinada. 5euros dígocho. Que lle di Tarzan a Que lle di un rato?Tan unha arbore a pequeño e outra? con bigote! Que pasa Eque lle di o tronco! rato a Tarzan? Tan grandote e con pañal. Que lle di unha zapatilla a outra? Que Unha muller chama á Que lle di un vida mais carnicería e pregunta: semaforo a arrastrada Ten orellas de coello? Si. outro?Non levamos. me mires que E cabeza de porco? Si. me estou cambiando! Meu Deus! É vostede un monstruo! -32-