Your SlideShare is downloading. ×
  • Like
Problemas medioambientais en España
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Now you can save presentations on your phone or tablet

Available for both IPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Problemas medioambientais en España

  • 737 views
Published

Presentación sobre as paisaxes naturais e os problemas medioambientais en España

Presentación sobre as paisaxes naturais e os problemas medioambientais en España

Published in Education , Technology , Business
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
737
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
20
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Paisaxes naturais e problemas medioambientais Fontes de texto e presentación: Grupo de traballo de Xeografía do Bacharelato a Distancia (IES San Clemente de Compostela), Ana Rey, Isaac Buzo e “sennumero” Reelaboración propia con imaxes de Kalipedia, Wikipedia, National Geographic, Yann-Arthus Bertrand e outros
  • 2.  
  • 3. España oceánica
  • 4.  
  • 5. España mediterránea
  • 6.  
  • 7. España das montañas
  • 8.  
  • 9. Illas Canarias
  • 10. CLIMA E ACTIVIDADES HUMANAS
  • 11. Fotografías de Yann-Arthus Bertrand: deserto de Xordania e provincia de Corrientes (Arxentina)
  • 12. Proxectos de Zaha Hadid para Dubai, adaptándose a un clima desértico: Dancing Towers e Auditorio
  • 13. VEXETACIÓN E ACTIVIDADES HUMANAS Extensión de novas variedades de cultivos, adaptados aos rigores climáticos Repoboación forestal con especies alóctonas
  • 14. SOLOS E ACTIVIDADES HUMANAS Corrección do pH dos solos mediante aportación de cal ou outros elementos químicos
  • 15. AUGA E ACTIVIDADES HUMANAS Usos agrarios (80%) Usos urbanos (14%) Usos industriais (6%)
  • 16. CONSTRUCIÓN DE PRESAS EN ESPAÑA
  • 17. Consulta información sobre o estado das concas hidrográficas en: http://embalses.net/
  • 18. Fonte: El País, 18 de abril de 2008
  • 19.
    • España é o 5º país por nº de desalgadoras (900 plantas en total)
    • Unha planta de 50.000 m 3 supón un investimento medio de 36 millóns de euros
    • A maior instalación é a de Carboneras (Almería)
    • A vida media dunha planta está entre 8 e 10 anos
    AS DESALGADORAS, UNHA ALTERNATIVA
  • 20. Fonte: www.belt.es (7 de xuño de 2005)
  • 21. A RELACIÓN DO SER HUMANO CO MEDIO NATURAL O incremento do impacto paralelo ao progreso técnico das sociedades DEGRADACIÓN SOBREEXPLOTACIÓN CONTAMINACIÓN
  • 22. Os grandes problemas relacionados co medio ambiente, a nivel mundial. Fonte: Ed. Santillana
  • 23. DEGRADACIÓN AMBIENTAL Expansión urbana A expansión das cidades consome espazos de valor ecolóxico e agrario É un proceso agravado pola aparición de grandes conurbacións en áreas metropolitanas Fonte: Proxecto Terra
  • 24. Juan Luis Dalda: Expansión urbana de Vigo. Mapa realizado en 2001
  • 25. DEGRADACIÓN AMBIENTAL Proliferación de segundas residencias A construción de segundas residencias altera a paisaxe provocando impactos na fauna, modificación dos ecosistemas litorais e prelitorais (dunas, albufeiras e praias), incrementando o perigo de incendios forestais. Moitas veces aténtase directamente contra o recurso natural que xenerou a proliferación de construcións turísticas. Benidorm a comezos de 1960 e na actualidade
  • 26.  
  • 27. DEGRADACIÓN AMBIENTAL Proliferación de obras de enxeñería civil Impactan nos ecosistemas cortando o tránsito dos animais ou transformando os seus hábitat . Destrúen solos fertis e afectan á paisaxe. Crean microclimas específicos . A súa construción tamén provoca a aparición de escombreiras, canteiras, etc.
  • 28. DEGRADACIÓN AMBIENTAL Outras actuacións humanas Fonte: Banco de Imaxes do CNICE e Wikimedia
  • 29. SOBREEXPLOTACIÓN EXPLOTACIÓN DO MEDIO POR ENRIBA DA SÚA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E DE REXENERACIÓN
  • 30. SOBREEXPLOTACIÓN: Degradación do manto vexetal
    • DEFORESTACIÓN:
    • Roturacións para obter novas terras para a agricultura e pastos
    • Construción de vivendas, instalacións industriais e obras de enxeñería
    • Tala masiva de bosques para obter madeira
    • Incendios forestais
    • Resultado:
    • Diminución da superficie forestal
    • Aumento da erosión
    • Solución:
    • Conservación e potenciación das especies autóctonas
    • Reforestación
  • 31. SOBREEXPLOTACIÓN: Erosión do solo
    • Consecuencia de:
    • Procesos naturais acentuados polas pendentes e as precipitacións torrenciais
    • Prácticas agrícolas e gandeiras inadecuadas
    • Deforestación
    • Resultado:
    • Solo desestruturado e descohesionado que resulta menos resistente á erosión mecánica da auga e do vento, puidendo provocar a desertificación
    Mapa de risco de desertificación, observade que as zonas con maior risco se localizan no litoral mediterráneo, en especial no SL, coincidindo cos climas máis secos O 31,49 % do solo español ten un risco alto ou moi alto de se desertificar Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 32. EROSIÓN NATURAL : Proceso mediante o que actúan os axentes externos. Causan desgaste das rochas, transporte de materiais e acumulación de sedimentos, e producen cambios na paisaxe.
  • 33. EROSIÓN PROVOCADA POLOS AXENTES NATURAIS EROSIÓN HÍDRICA E EÓLICA
  • 34. PRAIA DAS CATEDRAIS (LUGO) EROSIÓN MARIÑA
  • 35. PROCESO DE EROSIÓN ACCIÓN ANTRÓPICA
  • 36. SOBREEXPLOTACIÓN: Es gotamento de acuíferos e desecación de humedais
    • Consecuencia de:
    • Mentalidade hixienista do s. XIX e princip. do XX (acabar coas febres palúdicas)
    • Obter novas terras de cultivos
    • Sobreexplotación dos acuíferos para regadío (desecan humedais e na costa producen a intrusión de auga salgada)
    • Obras públcias para a regularización dos cauces fluviais
    • Resultado:
    • Destrución dos hábitat de numerosas especies animais e comunidades vexetais
    • Perda de produtividade do solo
    • Contribúe a descohesinar o solo
    Relación entre o bombeo de auga de acuíferos de Castela A Mancha co aumento do caudal do río Xúquer. Como se observa hai unha relación inversa: canto máis aumentan os bombeos dende os acuíferos, menos aumenta o caudal do río Xúquer. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 37. SOBREEXPLOTACIÓN: Es gotamento de acuíferos e desecación de humedais Masas de auga soterráneas costeiras salinizadas Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 38. http://www.tablasdedaimiel.com/
  • 39. IMPACTOS DA MALA XESTIÓN DA AUGA Fonte: Greenpeace
  • 40. Son os cultivos baixo plástico unha forma de desertificación?
  • 41. SOBREEXPLOTACIÓN: Degradación da fauna
    • Características de España
    • Riqueza faunística
    • Ponte entre África e Europa para as aves migratorias
    • Consecuencia de:
    • Desecación de humedais
    • Caza e pesca descontrolada
    • Loita contra especies dañinas para a agricultura e a gandería
    • Resultado:
    • Destrución de hábitat
    • Esgotamento de caladoiros de pesca
    • Aumento de especies en perigo de extinción
    Exemplo de áreas de distribución de dúas especies en perigo de extinción: lince Ibérico (1) e oso pardo (2). Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 42. CONTAMINACIÓN ADICIÓN DE MATERIAS NOCIVAS EN PROPORCIÓN NON ASIMILABLES POLO MEDIO
  • 43. CONTAMINACIÓN: Atmosférica A contaminación atmosférica é a presenza de substancias que habitualmente non se atopan na atmosfera ou que o están en concentracións menores ás existentes . Estas substancias poden causar danos directos ou indirectos á poboación. Os principais focos de emisión son: as centrais térmicas e industrias ; automóbiles, calefaccións domésticas, incendios forestais, aviación, refrixerantes e aerosoles. Os principais contaminantes son: monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO 2 ), dióxido de xofre (SO 2 ), óxido de nitróxeno (NO), partículas de polvo e fume e cloro (Cl 2 ) PRINCIPAIS CONSECUENCIAS CHOIVA ÁCEDA BURACO CAPA OZONO EFECTO INVERNADOIRO ILLAS DE CALOR
  • 44. CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA Efecto invernadoiro Denomínase así pola semellanza cun invernadoiro, onde os cristais permiten a entrada de enerxía solar mais non permiten a súa saída, co que a calor aumenta no interior Na atmosfera o papel dos cristais xógano os denominados gases de efecto invernadoiro, como o CO 2 . En circunstancias normais permiten manter unha temperatura axeitada para a vida; mais o exceso de gases fai que a capa aumente e, polo tanto, tamén a temperatura, provocando un quecemento globlal .
  • 45.  
  • 46. Para reducir os gases que producen efecto invernadoioro e así evitar o quecemento gobal, chegouse a un acordo internacional polo que se estableceu un límite nos diferentes países á emisión de ditos gases: dióxido de carbono (CO 2 ), gas metano (CH 4 ) e óxido nitroso (N 2 O), ademais de tres gases industriais fluorados: hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de azufre (SF 6 ). O obxectivo era reducir a emisión destes gases no período de 2008 ao 2012 un 5 % a respecto da emitida en 1990. Este acuerdo impulsado por Nacións Unidas é o denominado Protocolo de Kioto (asinado en 1997). Países asinantes do Protocolo de Kioto en 2005. No todos os países ratificaron estes acordos. Nótese como o principal país emisor, EE.UU. (cun terzo do total) desbotou ratificar o asinado CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA Efecto invernadoiro
  • 47. CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA Efecto invernadoiro Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España (1990-2005 ) Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 48. CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA Efecto invernadoiro Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España segundo a actividade emisora (1990-2005) Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 49. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Choiva áceda As emisións de xofre e de nitróxeno mestúranse con vapor de auga no aire. Ao se condensaren, formar nubes e precipitar, as solucións de ácido sulfúrico e nítrico caen á superficie, alterando a vexetación, os solos, as augas e os edificios. Fonte: Kalipiedia Óxidos de xofre Óxidos de nitróxeno Formación de ácedo sulfúrico e ácedo nítrico Choiva áceda
  • 50. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Choiva áceda Efectos da choiva áceda sobre un bosque da República Checa e sobre unha gárgola dun edificio histórico Fonte: Wikimedia
  • 51. Os países coas centrais térmicas máis sucias, segundo WWF / ADENA (2007) As Pontes
  • 52. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Burato da capa de ozono A capa de ozono (O 3 ) atópase entre os 10 e os 50 km de altura, na estratosfera Filtra as radiacións ultravioletas do Sol A capa de ozono ten diminuído de espesor a causa da reacción do ozono co cloro presente nos CFC’s (clorofluorocarburos) O cloro separa as moléculas de O 3 en osíxeno normal (O 2 ), uníndose á restante (CLO, monóxido de cloro) Fonte: Banco de Imaxes do CNICE
  • 53. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Burato da capa de ozono O grosor da capa de ozono reduciuse ao máximo nos polos, polo que a penetración da radición ultravioleta aumentou nestas zonas. En España a capa de ozono reduciuse un 8 %. Na UE, a proibición de CFC’s aminorou o problema desde o ano 2000. Como resultado existe un aumento do cancro de pel, cataratas nos ollos, ademais de perturbacións na vida vexetal e animal. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente http://www.eea.europa.eu/maps/ozone/map
  • 54. As unidades Dobson (en inglés, DU ) son un xeito de expresar o espesor da capa de ozono na estratosfera.Unha unidade Dobson equivale a 0,01 mm de espesor de capa en condicións normais de presión e de temperatura (1 atm y 0 °C respectivamente), expresado en número de moléculas; unha DU representa a existencia de 2.69 × 1016 moléculas por centímetro cuadrado (2.69 × 1020 moléculas/m²)
  • 55. Fontes: MMA, IGN, AGE
  • 56. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Illa de calor É unha situación que se produce nas cidades debido á acumulación de calor polo formigón e outros materiais construtivos , ao que se une a ausencia de zonas verdes e de superficies acuáticas que refresquen o ambiente, a xeración da propia calor nas cidades (aires acondicionados, calefaccións, etc.) e a presenza de partículas contaminantes. Fonte: wikimedia
  • 57. CONTAMINACIÓN: Atmosférica: Campá de po A emisión de gases desde veículos, calefaccións e industrias nas cidades xeran o coñecido smog ou néboa fotoquímica, que permanecerá ancorada aos núcleos urbanos, sobre todo en situacións de estabilidade atmosférica. O smog pode provocar problemas oculares e respiratorios.
  • 58. CONTAMINACIÓN das augas Fontes: MMA, IGN, AGE
  • 59. CONTAMINACIÓN: Augas mariñas Verquidos nucleares
  • 60. CONTAMINACIÓN: Augas mariñas Unha marea negra é o resultado de derrames de petróleo que se producen cando un buque petroleiro sofre un accidente e o seu cargamento é verquido ao mar. Isto xenera unha forte contaminación que incide na fauna mariña e no litoral, ademais de provocar graves perdas a outros sectores económicos (a pesca o o turismo) O chapapote é a substancia viscosa, pastosa en que se converte o petróleo (equivalente ao alcatrán), e que ten unha grande repersusión sobre o meido mariño. O último grande accidente que afectou ás costas peninsulares foi o do Prestige (2002) Fonte: Flickr
  • 61. CONTAMINACIÓN: Augas mariñas Mapa de risco de mareas negras en España Fonte: WWF Adena
  • 62. CONTAMINACIÓN: Solos Danos causados pola actividade agraria (xa comentados anteriormente), polas granxas, pola contaminación procedente da industria, polos vertedoiros e escombreiras , ou polas urbanizacións . Ademais, a contaminación atmosférica acaba por se depositar por decantación. Tractor en tarefas de fertilización do solo
  • 63. CONTAMINACIÓN dos solos Fontes: MMA, IGN, AGE
  • 64. CONTAMINACIÓN: Lixo (RSU) Fonte: IGN
  • 65. CONTAMINACIÓN: Lixo (RSU) Xeneran problemas de contaminación en aire, augas superficiais e soterráneas, e solos. O aumento dos RSU é constante. A súa eliminación lévase a cabo por medio de verquidos controlados (45 %), incontrolados (33%), compostaxe (16 %) e incineración (6%). Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
  • 66. CONTAMINACIÓN: Lixo (RSU) Fonte: IGN
  • 67. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente, IGN, AGE
  • 68. XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
  • 69. CONTAMINACIÓN: Lixo (RSU) A análise da composición dos RSU permite plantexar varias solucións para controlar o seu crecemento: Reutilizar, Reciclar e Reducir Fonte: SOGAMA
  • 70. CONTAMINACIÓN: Lixo (RSU) Tratamento dos RSU en Galicia. Rede de instalacións
  • 71. Publicado en www.xornal.com o 1 de setembro de 2009
  • 72. CONTAMINACIÓN: Acústica O ruído non engade partículas contaminantes á atmosfera, ás augas ou ao solo, mais produce unha diminución da calidade ambiental. A cifra máxima de tolerancia ao ruído é de 65 decibelios, e tres cuartas partes da poboación está sometida a niveis superiores. Causas: incremento do tráfico, das actividades industriais e dos servizos urbanos (bares, discotecas,…). Consecuencias: problemas de saúde física (dores de cabeza, xordeira, hipertensión) e psicolóxica (ansiedade, agresividade, insomnio). Mapa de ruido de Madrid (2007) publicado por ADN. En vermello, as zonas de máis de 65 decibelios de media
  • 73. CONTAMINACIÓN: Lumínica Fonte: © Frédéric Tapissier / AVEX. A contaminación lumínica ten dous impactos evidentes no contorno e as persoas porque: a) reduce a visibilidade do ceo nocturno e fai desaparecer da vista as estrelas e b) supón un evidente derroche de enerxía en forma de luz que vai "a nengunha parte".
  • 74. CONTAMINACIÓN: Nuclear Prodúcese en casos de accidente ou mal uso, en instalación onde se xenera, utilizan ou almacenan compoñentes radiactivos, como as centrais nucleares, ou os depósitos de residuos nucleares. En España hai seis centrais nucleares en explotación ; delas, Almaraz e Ascó, teñen dúas unidades xemelgas, polo que o número de reactores é de oito, e una central que foi declarada en cese definitivo de explotación, José Cabrera. O listado de centrais é ol seguinte: Santa María de Garoña, (1970); Almaraz, con dúas unidades (1980 e 1983); Ascó, tamén con dúas unidades (1982 e 1985); Cofrentes (1984); Vandellós II (1987); e Trillo, a última central posta en marcha en España (1987). As centrais españolas producen en torno ao 20 % da enerxía eléctrica que se consume no noso país. O accidente de Chernobil (1986) paralizou o desenvolvemento nuclear en Europa desta actividade, aínda que na actualidade reactivouse o debate sobre o uso desta enerxía. Centrais en proxecto que foron paradas “temporalmente” (en 1991)pola moratoria nuclear: Lemóniz I e II (Biscaia), Valdecaballeros I e II (Badaxoz), Trillo II (Guadalaxara). Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear
  • 75. CONTAMINACIÓN: Nuclear Para o almacenamento dos residuos radiactivos producidos en España están en funcionamento as instalacións de El Cabril (Córdoba) , que ten como obxectivo o almacenamento deste tipo de residuos en forma sólida. Esta instalación cubrirá as necesidades de almacenamento do noso país nas vindeiras décadas. Canto aos tipos de almacenamento, hai almacéns temporais en Trillo e a central José Cabrera, baseados en contedores. Noutros países hai instalacións para almacenar residuos radiactivos de alta actividade en almacéns xeolóxicos profundos . Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear, revista Entrellíneas
  • 76. Fontes: EPER 2004, IGN, AGE