1. OBXECTIVOS DA TAREFA SOBRE O SAMAÍN
1.Facer unha actividade onde se desenrolen as competencias básicas a partir de
por en práctica os contidos propios da materia de Educación Plástica e Visual.
2.Buscarlle outros sensos a festa do Samaín diferentes aos importados ou
impostos dende os mas-media comerciais, tipo Hallowen e crear outras
experiencias diferentes e que xeren outros xeitos, outros sensos, outras formas e
outras dinámicas.
a)Buscar outras expresións a festa a partires do estudo dos orixes e tamén das
expresións na nosa cultura, como tamén en outras.
b)Buscar outras formas ou morfoloxías para deseñar as “cabazas”.
c)Buscar outros soportes diferentes as cabazas naturais,como por exemplo
caixas,envases,...materiais de reciclaxe e incluso obxectos cotiás.
d)Buscar outras montaxes aínda que conceptualmente nos afastemos do xa
coñecido. Buscar referencias nos parques temáticos, nas películas de terror, etc...
e)Busca conceptual do monstruoso no noso entorno cotiá, cultural, ancestral,
lendario,etc..
f)Incorporación de experiencias artísticas das vangardas, do arte experimental, tal
como as instalacións multimedia, os happening,etc...