• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Bd sdossier
 

Bd sdossier

on

  • 541 views

Dossier BDS Galiza

Dossier BDS Galiza

Statistics

Views

Total Views
541
Views on SlideShare
541
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Bd sdossier Bd sdossier Document Transcript

    • DOSSIER INFORMATIVO DA CAMPAÑA BDS GALIZA BOICOTE, DESINVERSIÓNS E SANCIÓNS A ISRAEL http://www.bds-galiza.org/
    • APELO BDS En tanto non acate a Lexislación Internacional e non respecte os Principios Universais de Dereitos Humanos Boicote, Desinvestimento e Sancións contra IsraelNós, representantes da sociedade palestina, solicitamos ás organizacións dasociedade civil internacional e ás persoas conscientes de todo o mundo que impoñanamplos boicotes e promovan desinvestimentos contra Israel como se fixo con Áfricado Sur na época do apartheid.Solicitamos tamén que presionen os seus gobernos para que impoñan embargos esancións contra Israel.Asi mesmo, convidamos os israelitas conscientes a apoiar esta demanda, polo ben daxustiza e dunha paz auténtica.Estas medidas punitivas non violentas deberían ser prolongadas até Israel cumprir asua obrigación de recoñecer o dereito inalienábel do pobo palestino áautodeterminación e até acatar as normas da lexislación internacional, o que implica:1. Pór termo á ocupación e colonización de todas as terras árabes e desmantelar omuro;2. Recoñecer os dereitos fundamentais das persoas arabo-palestinas de Israel até acompleta igualdade, e3. Respectar, protexer e promover os dereitos de todas as persoas palestinasrefuxiadas a retornar aos seus lares e propriedades como estipula a Resolución 194das Nacións Unidas. Do Apelo da sociedade civil palestina 9 de Xullo de 2005"A MAIOR CUESTIÓN MORAL DA NOSA ÉPOCA"A resistencia palestina ao roubo do seu país atinxiu un momento crítico en 2001,cando Israel foi clasificado como un estado de apartheid na conferéncia das NaciónsUnidas sobre o racismo en Durban, África do Sur. Para Nelson Mandela, a xustizapara os palestinos é "a maior cuestión moral da nosa época". O movemento Apelo daSociedade Civil Palestina para o Boicote, Desinvestimento e Sancións (BDS),
    • foi fundado a 9 de Xullo de 2005, voltando a reunir de forma impresionante o grandemovemento non-violento que varreu o mundo e levou ao desmoronamento doapartheid africano.Nos Estados Unidos e na Europa, sindicatos, asociacións académicas e igrexasimportantes resuscitaron as estratéxias e tácticas que foron usadas contra o apartheidsud-africano. Nunha resolución adoptada por 431 votos contra 62, a IgrexaPresbiteriana dos EUA aprobou "un proceso de desinvestimento selectivo por fasesen corporacións multinacionais que manteñen negócios con Israel". Isto ven nasecuencia da opinión do Tribunal Internacional de Xustiza de que o muro de Israel eas suas colonias "colonizadoras" son ilegais. Unha declaración semellante feita polotribunal en 1971, denunciando a ocupación da Namibia pola África do Sur,desencadeou o boicote internacional que acabou por desmoronar o estado racista.Tal como a campaña da África do Sur, a cuestión da lei é fundamental. A ningúnestado é permitido desprezar o dereito internacional tan deliberadamente comoIsrael. A resolución de 1990 do Consello de Seguranza da ONU esixindo que SaddamHussein saíse do Kuwait foi a mesma, case palabra por palabra, do que a que esixiuque Israel saíse da Cisxordania. Os Estados Unidos e os seus aliados atacaron eexpulsaron o Iraque, ao paso que Israel ten sido recompensado repetidamente. A 11de Decembro de 2009, o presidente Obama anunciou uma "axuda" a Israel de 2,75mil millóns de dólares, un primeiro pagamento dos 30 mil millóns de dólares que oscontribuintes americanos irán ofrecer durante esta década a partir da sua apertadaeconomia.A hipocrisia é agora ben comprendida nos EUA, onde campañas de boicote dosconsumidores se están a tornar un lugar comun. A campaña de "beleza roubada"dirixe-se contra os produtos de beleza Ahava que son feitos en "colonatos" ilegais daCisxordania, forzando a empresa a desistir da sua sensacionalista celebridade"embaixadora", Kristin Davis, estrela de O Sexo e a Cidade. Na Gran-Bretaña, aSainsburys e a Tesco estan a ser pressionadas para identificar produtos de"colonatos", cuxa venda transgride a cláusula dos dereitos humanos no acordo decomercio da Unión Europea con Israel.Na Australia, un consorcio que inclue a compañía francesa Veolia perdeu a suaproposta de mil millóns de dólares, para unha instalación de desalinización, nasecuencia dunha campaña denunciando o plano da Veolia para construir unha via-férrea lixeira ligando Xerusalém aos "colonatos". Na Noruega, o goberno retirou oseu apoio à Elbit, unha compañía israelita de alta tecnoloxia, que axudou a construiro muro na Palestina. Este é o primeiro boicote oficial feito por un país occidental."Non queremos financiar empresas que contribuen de forma tan directa paraviolacións do dereito humanitario internacional", dixo o ministro das finanzasnoruegués.En 2005, a Asociación de Profesores Universitários na Gran-Bretaña (AUT) aprobouo boicote a institucións académicas israelitas cúmplices da opresión dos palestinos. Acampaña AUT foi forzada a recuar cando o lobby de Israel desencadeou unha
    • avalanche de difamacións e acusacións de anti-semitismo. O escritor e activistapalestino Omar Baghouti chamoulle "terrorismo intelectual": unha perversión damoral e da lóxica que afirma que ser contra o racismo para cos palestinos é ser anti-semita. Mais o ataque israelita a Gaza a 27 de Decembro de 2008 alterou case todo.Formouse a primeira Campaña americana para um Boicote Académico e Cultural deIsrael , con Desmond Tutu na sua asemblea consultiva. Na conferencia de 2009, oConsello de Sindicatos da Gran-Bretaña aprobou un boicote de consumidores. O"tabú Israel" acabou.A complementar todo isto obsérvase a rápida evolución da lei criminal internacionaldesde o caso Pinochet en 1999, cando o antigo ditador chileno foi colocado sobprisión domiciliar na Gran-Bretaña. Os instigadores da guerra israelitass enfrentanagora un proceso semellante en países que teñen leis de "xurisdición universal". NaGran-Bretaña, a Lei das Convencións de Xenebra de 1957 foi reforzada polo relatórioda ONU sobre Gaza, do xuiz Richard Goldstone, que en Decembro de 2009 obrigouun maxistrado de Londres a emitir un mandato de prisión para Tzini Livni, exministra dos Negocios Estranxeiros de Israel, acusada de crimes contra ahumanidade. En Setembro, apenas a imunidade diplomática artificial salvou EhudBarak, ministro da Defensa israelita durante o ataque a Gaza, de ser preso polaScotland Yard.Hai agora dous anos, foron asasinadas en Gaza 1400 persoas indefensas. Pouco maisde un ano mais tarde, foron asasinada outras 9 que viaxavan no Navi Mármara enmisión humanitaria para que o millón e medio de persoas encerradas na prisiónaberta de Gaza soubesen que non estás soas. Que a solidariedade internacionaltraballa para deitar abaixo os muros do apartheid.Do artigo de John Pilger "A campaña BDS gaña ímpeto".CINCO ANOS DE CAMPAÑA GLOBALEn 2005, tendo en conta o completo fracaso da ONU e da chamada comunidadeinternacional para responsabilizar Israel pola sua continua e impune violación dodereito internacional, e após un ano de silencio na secuencia da histórica decisión doTribunal Internacional de Xustiza, a sociedade civil palestina apelou ás cidadás ecidadáns do mundo para que asumisen a responsabilidade moral de acabar coacumplicidade nas violacións por Israel do dereito internacional e dos dereitos dopobo palestino. O Apelo BDS afirma a primacia do dereito á autodeterminación eenuncia os dereitos fundamentais das tres componentes principais do pobo palestino:a liberación da ocupación israelita, para os que viven na Faixa de Gaza e naCisxordania, incluindo Xerusalén Oriental; o fin do sistema de discriminación racialinstitucionalizada por Israel contra os seus cidadáns e cidadás palestinas, para os queviven en Israel; e, para as persoas refuxiadas ou desprazadas internas -a grande
    • maioria do pobo palestino- o exercicio do dereito, recoñecido pola ONU, de regresaren aos seus lares de orixe e recibiren compensacións polas perdas sofridas.Con base en principios progresistas e anti-racistas, o Apelo BDS, nos cinco anosdesde que foi emitido e aprobado por unha maioria clara da sociedade civil palestina,levou á criación dun movemento entusiástico, actualizado e en rápida expansión,capaz de desenvolver accións visíbeis e eficaces que sensibilizan as persoas, din averdade ao poder e exercen presión sobre Israel e os estados, empresas e instituciónsque son cúmplices do seu sistema tripartido de opresión. As realizacións seguintesson apenas algunhas das que o movemento BDS global concretizou nos últimos cincoanos.Boicotes ao consumoOs boicotes ao consumo permitiran aos consumidores individuais mostraren a suaoposición à opresión de Israel através da acción colectiva. Adoptando formascriativas de protesta, estes boicotes levaron grandes retallistas a revisar a sua vendade produtos de Israel:  Coop Norge, a segunda cadea de supermercados norueguesa, apoia desde hai anos a campaña de boicote a produtos israelitas. A dirección da empresa manifestou estar profundamente conmovida polas accións de Israel contra Palestina.  Os supermercados italianos COOP e Nordiconad e os supermercados britânicos Marks and Spencer e Co-operative Group anunciaron que deixarán de vender produtos dos colonatos israelitas ilegais no territorio palestino ocupado.  En 2009, despois de unha intensa campaña dirixida a universidades, empresas, oficinas municipais e o propio Parlamento de Escocia, que utilizaban surtidores de água da filial británica de Eden Spring, o boicote a esta empresa acabou por ser apoiado pola Caledonian MacBrae Ferries, os concellos das rexións East Lothian e West Lothian, o Consello de Sindicatos Escoceses e numerosos centros de ensino de todo o Reino Unido.  Tamén as xestións feitas xunto da empresa de xelados Ben & Jerrys, que se orgulla da sua imaxe ética e de comercio xusto, deu bons resultados. En Xuño de 1998, Ben & Jerry chegara a un acordo con Eden Springs Ltd. para utilizar exclusivamente a água desta empresa nos sorvetes fabricados en Israel. O colectivo solidário New Yorkers for a Just Middle East Peace (NYJMEP), con axuda dunha coalición de grupos, entre eles o American-Arab Anti- Discrimination Committee, organizou o envio de cartas á empresa para a instar a rescindir o contrato, o que finalmente conseguiu en 2009.  En 2009 o Hampshire College de Amherst, Massachussetts, converteuse na primeira institución universitaria nos EUA en conseguir que a Xunta do Padroado retirase os seus fondos das mutuas ligadas a interesses israelitas.
    •  En 20010, cun 79.5% de votos a favor, a asemblea de estudantes do Evergreen State College aprobou un manifesto en que insta a Fundación da institución a cortar relacións comerciais con compañias que benefician da ocupación israelita de Palestina. Tamén foi aprobada, neste caso cun 71.8% de votos a favor, unha resolución en que se insta a Fundación a non contratar en ningún caso equipamento da empresa Caterpilllar Inc.. Esta empresa vende a Israel bulldozers que despois son utilizados para reprimir o pobo palestino, demolir as suas casas e arruinar os seus campos, argumentan, ao tempo que lembran que Rachel Corrie, aluna de Evergreen, foi esmagada en 2003 en Rafah por un bulldozer Caterpillar conducido por soldados israelitas cando tentaba evitar a demolición dunha casa palestina. A asemblea reclama que se declare CAT- free o campus de Evergreen. A cadea de librarias catalá Cooperativa Abacus retirou das suas tendas o xogo israelita Rummikub despois dunha campaña de denuncia A dirección da Escola de Enfermaria e as corporacións municipais dos concellos de Villanueva de Duero e Cigales (Valladolid) decidiron retirar a marca israelita de água engarrafada Eden Springs Ltd. das suas dependencias. A retirada produciuse grazas a unha movilización veciñal que incluiu a recollida de asinaturas e campañas de información e sensibilización. Despois da EPAL (Empresa Portuguesa das Águas Livres) ter asinado un acordo con a empresa israelita de explotación e distribución de água Mekorot, seis organizacións iniciaron unha potente campaña para conseguir a rescisión do contrato, incluindo o envio masivo de cartas á empresa. EPAL respondeu despedindo unha traballadora que manifestou a sua opinión favorábel á cancelación do convénio. Israel desistiu de acudir à XIV Feira de Turismo Interior de Valladolid (INTUR), que comezou o 24 de Novembro na Feira de Mostras desta cidade, despois do boicote levado a cabo pola Plataforma Solidaria con Palestina (PSP) na pasada edición, cando a Oficina Nacional Israelita de Turismo, organismo dependente de forma directa do Goberno de Israel, publicitou viaxes a zonas ocupadas como Xerusalén Leste ou os Altos do Golán, cuxa anexión non recoñece a comunidade internacional. A PSP distribuiu, ao pé do expositor de Israel, información en que se alertaba sobre a ilexitimidade da presenza do estado sionista na feira, á vez que se convidaba as persoas que se aproximavan a visitar Palestina. Asi mesmo, membros da Plataforma entregaron unha carta aos responsáveis en que se lles comunicaba que a sua presenza en INTUR non era ben recibida pola populación de Valladolid. O 29 de Novembro a AMARC (Movemento arxentino de empresas e fábricas recuperadas) fixo público o seu apoio à campaña anunciando que tomarán medidas para asegurar que ningunha das suas empresas ten contratos ou negocios con empresas israelitas, con o Estado de Israel ou con empresas que
    • o apoien, por canto iso significaria prestar axuda financeira à ocupación e o apartheid.Boicote académicoO boicote académico, probabelmente a mais estimulante de todas as formas deboicote, diseminou amplamente o debate sobre a persistente cumplicidade dasinstitucións académicas israelitas no planeamento, xustificación e perpetuación daspolíticas coloniais e de apartheid do estado, incluindo os seus crimes de guerra naFaixa de Gaza, en Xerusalén e noutros lugares. A campaña de boicote académicodenunciou o papel desempeñado polas institucións académicas israelitas e deu cabodalgunhas formas de colaboración:  Trabalhadores universitários da Canadian Union of Public Employees aprobaron unha moción pedindo o boicote académico a Israel, en febreiro de 2009. Os académicos tamén prometeron presionar as suas instituicións para cortar as relacións financeiras con Israel.  John Dugard, Desmond Tutu, Breyten Breytenbach, Allan Boesak, Mahmoud Mamdani e 200 membros de 22 institucións académicas de África do Sur reclamaron ás universidades do seu país cortar todas as relacións académicas coa Universidade Ben Gurión pola sua cumplicidade e participación nas práticas racistas do goberno israelita. Finalmente, o claustro aprovou a solicitude e acordou cortar temporalmente as relacións académicas e dar un prazo á universidade sionista para que rectifique as suas politicas e apoio ao apartheid. O prazo rematará o próximo mes de Abril.  As Forzas Militares norueguesas cancelaron un seminario de operacións especiais cando o Ministro de Defensa contestou a inclusión no programa dun oficial do exército de Israel. O porta-voz militar Major Heidi Langvik-Hansen afirmou que o Ministro da Defensa estaba descontento polo feito de o oficial israelita, identificado apenas como Coronel Toledano, "vir dar unha conferencia a Oslo, apenas algunhas semanas após o ataque mortal de Israel a unha frota de axuda a Gaza.",  O Ariel College foi excluído dunha prestixiada competición universitária sobre arquitectura sustentábel organizado polo Goberno español en Setembro de 2009.  O Congresso de Maio 2010 da British University and College Union (UCU) fixo historia ao votar o boicote ao Centro Universitário de Ariel en Samaria (AUCS), unha institución universitária instalada nun colonato en território palestino ocupado, e o corte de todas as relacións co Histadrut, o sindicato
    • racista de Israel, que é un pilar fundamental das políticas de apartheid do estado israelita. En Setembro, o claustro da Universidade de Johanesburgo aprobou romper todo tipo de relación con a universidade Ben Gurión despois de o solicitaren mais de 250 docentes. O 7 de marzo de 2011, estudantes das universidades de Toronto e York solicitaron à sua universidde a suspensión da relación con catro empresas implicadas nas violacións de direitos do povo palestiniano. BAE Systems, Lockheed Martin, Northrop Grumman e Hewlett Packard, empresas cúmplices da criación de tecnoloxias militares utilizadas para o asasinato de civis, a destruición de infraestruturs e a diária humillación do povo. O 15 de marzo, a asemblea Asociación de Estudantes da Universidade de Edinburgo (EUSA) aprobou por esmagadora maioria (20 votos a favor, 20 en contra) apoiar o Boicote de produtos israelitas na sua própria cadea de tendas e encomendar a Xunta Directiva de EUSA que realice xestións para conseguir que a Universidade faga o mesmo. O 16 de marzo a Plataforma para o Boicote Académico a Israel (PBAI) iniciou unha campaña de recollida de sinaturas entre todo o persoal das universidades do Reino de España (docentes, investigadore/as, PAS, estudantes, etc.) e asociacións/sindicatos do ámbito académico en apoio da demanda das universidades palestinas para que se adopte o boicote académico. Boicote cultural Ao recusarse a dar uma cobertura cultural ao apartheid de Israel, artistas e institucións culturais envian unha mensaxe clara a Israel de que a sua ocupación e discriminación contra os palestinos é inaceitábel. Lonxe de se posicionaren por riba da política," as institucións culturais de Israel desempeñan un papel fundamental na campaña "Marca Israel" do ministério dos Negocios Estranxeiros israelita, para reforzar a imaxe do Estado e branquear a sua política colonial e os seus crimes de guerra. Hoxe existen campañas de boicote cultural a Israel nos Estados Unidos, Gran-Bretaña, Franza, Italia, Reino de España, África do Sur, Australia, Alemaña, Bélxica, Canadá e Noruega, entre outros. Casos de suceso incluen: Individualidades do mundo da cultura como John Berger, Ken Loach, Judith Butler, Naomi Klein, The Yes-Men, Sarah Schulman, Shabtai Aharon, Udi Aloni, Adrienne Rich e John Williams, o historiador Ilan Pappé, Haim Bresheeth, Uri Davis, o músico israelita Gilad Atzmon, o escritor sueco Henning Mankell, etc. manifestaron explicitamente o seu apoio ao boicote cultural palestino a Israel;
    •  Outras individualidades, como Augusto Boal, Roger Waters, Brink Andre, Consolo Vincenzo, e Nigel Kennedy; recusan participar en eventos culturais oficiais de Israel alegando motivos políticos; Outras persoas ou grupos como Bono, do U2, Bjork, Jean-Luc Godard, Snoop Dogg, recusaron convites para participar en eventos en Israel ou aceitaron e, en seguida, cancelaron sen daren razóns políticas explícitas. Nas semanas antes do ataque á Frota da Liberdade, artistas do calibre de Elvis Costello, Gil Scott-Heron e Carlos Santana cancelaron todas as presentacións programadas para Israel na secuencia de apelos de grupos palestinos e internacionais BDS. A seguir o ataque á Frota da Liberdade, os Klaxons e os Gorillaz Sound System cancelaron concertos programados para Israel, e o mesmo fixeron os Pixies e o British electronica duo Leftfield. Meg Ryan e Dustin Hoffman cancelaron a sua participación no Festival de Cinema de Xerusalén 2010. E o mesmo fixo Alberto de Mónaco. Ken Loach retirou-se do Melbourne International Film Festival cando soubo que estaba patrocinado polo goberno israelita. O director de cinema canadiano John Greyson retirou o seu filme Fig Trees, do festival de cinema gay e lésbico deste ano en Tel Avive. Os Yes Men retiraron do Festival de Cinema de Xerusalén o seu novo filme, The Yes Men Save the World. Grupos patrocinados ou apoiados polo Estado de Israel, como o Quarteto de Xerusalén, o Ballet de Israel ou o Batsheva Dance Company, son recibidos con actos de protesta cando actuan no estranxeiro.. A Plataforma Solidaria con Palestina reclamou á Junta de Castilla y León que cancelase a actuación desta formación prevista para o mes de Novembro no Auditório Miguel Delibes de Valladolid. Tamén demandaron que lle sexa revogada a sua condición de cuarteto de residéncia do Centro Cultural Miguel Delibes, que inclui labores de docencia no Conservatorio. O cuarteto, unha das pezas mais activas na campaña do Estado de Israel para oferecer unha imaxe de normalización da ocupación de Palestina e o submetimento do seu pobo, subscribe nos seus frecuentes contratos con o Ministério dos Negocios Estranxeiros a cláusula que o compromete a difundir as excelencias do noso país. Nun artigo da prensa hebraica os membros do cuarteto, que actuan a miúdo para o exército israelita, mostraban a sua satisfacción por levaren un violino nunha mao e un rifle na outra". Non estraña que o grupo fora xa boicoteado en cidades como Londres ou Luxemburgo.
    •  A Plataforma Solidaria con Palestina enviou tamén escrito ao Reitor da Universidade de Valladolid e ao director do Instituto de Estudios Europeos para lles manifestar o seu profundo malestar pola organización dunha xornada ("Israel e a UE") en colaboración con a Asociación Solidaridad España-Israel, inequívoca defensora da ocupación de Palestina. Os colectivos que organizan o desfile do Dia do Orgullo Gay e Lésbico en Madrid, retiraron o convite à carroza do Concello de Tel Avive a seguir o ataque a Frota da Liberdade. Unha das estratéxias de Israel para mellorar a sua imaxe exterior é mostrar o estado sionista como paraíso gay. A sua presenza en Madrid ia servir como estrea de unha ampla campaña publicitária para vender Tel Avive como destino turístico gay, un sinal de "civilización" e unha estratexia tamén política con que proxectar os países veciños como monoliticamente represores. Unha visión moi parcial da realidade, segundo Maggie Schmitt, analista da fenda aberta entre o movimento LGTB en todo o mundo e mais en concreto en Israel. O 23 de Novembro de 2010, o grupo británico Tindersticks anunciou a cancelación do concerto previsto para o 2 de Decembro en Tel Avive. Na nota feita pública indicaban que cando aceptaran actuar en Israel pensaban, inxenuamente, que a música que fan estaria "alén de consideracións politicas" mais posteriormente, "persoas e organizacións "próximas a nós, mostráronos que non é o caso". En Xuño de 2010 48 escritoras e escritores ingleses fixeron público o seu apoio à campaña de Boicote Cultural a Israel. 150 artistas de Irlanda asinaron un documento de apoio ao boicote en Agosto de 2010. En Setembro a USACBI fixo público unha relación de mais de 500 aderentes ao boicote cultural de mundo académico dos EUA. En Outubro, 100 persoas do mundo académico-cultural de Noruega (docentes, artistas, menbros de institutos de investigación e institucións culturais, fixeron igualmente un chamamento público ao boicot. En Outubro, un grupo de activistas BDS-Galiza protestou nas portas do Centro de Arte Contemporánea de Compostela pola presenza do ex- embaixador, ex-ministro e actual membro da Knéset Shlomo Ben Ami convidado a participar nas xornadas "Camiño ao andar" organizadas polo Xacobeu 2010, a Xunta de Galiza e o BBV. En Agosto foran multados outros dous activistas por un incidente acontecido nunha visita anterior do político sionista en 2006. Os activistas denunciaran malos tratos dos axentes que os detiveron mais a denuncia non foi investigada.
    •  Tamén en protesta polo convite de organismos públicos ao significado político o grupo parlamentar do BNG apresentou unha iniciativa no Parlamento galego afirmando que "resulta como mínimo chocante que con cartos públicos galegos se convide ao representante dun goberno que impón a limpeza étnica, o terrorismo de estado, o apartheid, a tortura, o bloqueo, a construción de muros ou a ocupación ilegal".  O pasado 3 de Marzo, a Asociación de Hosteleria de Hondarribia anunciou a sua decisión de cancelar a iniciativa “Israel, a sua gastronomia en Hondarribia” que estava previsto celebrar entre o 9 de Marzo e o 1º de Abril con a participación de 4 chefs israelitas. As xornadas gastronómicas incluían unha cata de viños dos Altos do Golán e outros produtos culinários da mesma procedéncia. O colectivo Gipuzkoako palestinaren aldeko plataforma (GPAP) contactara previamente con hostaleiros da localidade implicados no evento para informá-los da posível ilegalidade do acto e pedir-lles que non contribuísen con o seu traballo a que Hondarribia fose utilizada como plataforma de actividades ilegais israelitas disfarzadas de actos gastronómicos.Boicote deportivoDa mesma forma, os eventos deportivos internacionais podem desempeñar un papelimportante na formación da imaxe do país no resto do mundo. Algunhas iniciativasinseridas nun boicote deportivo a Israel alertaron significativamente para a violacióndos dereitos do pobo palestino:  O 29 de Outubro de 2009 numerosas persoas acudiron ao Buesa Arena (Gasteiz) para protestar pola visita do Maccabi de Tel Aviv que xogaba contra Caja Laboral. A policía realizou numerosos rexistos e identificacións e incautou grande cantidade de balóns, faixas e bandeiras nunha tentativa de evitar a protesta.  Após o ataque de Israel à Frota da Liberdade, a equipa de fútbol sub-19 da Turquia recusouse a participar nun xogo con Israel e a equipa sueca sub-21 requereu á FIFA que a autorizase a facer o mesmo.  O avanzado do Sevilla Frederic Kanoute sofreu unha multa por parte da federación española de fútbol por mostrar unha camisola expresando solidariedade co pobo palestino durante un xogo.  A Universidade da Colonia de Ariel foi oficialmente excluída do Decathlon Solar de Madrid.DesinvestimentoAs iniciativas de desinvestimento encoraxan e presionan individuos, instituciónsfinanceiras e compañias a abandonar os seus investimentos en Israel, a fin de limitar
    • os proveitos da sua economía de guerra e apartheid. As campañas de desinvestimentorexistraron algunhas vitorias importantes:  Na Australia, un consorcio que inclui a compañía francesa Veolia perdeu a sua proposta de mil millóns de dólares, para unha instalación de desalinización, na secuencia dunha campaña denunciando o plano da Veolia para construir unha via-férrea lixeira que ligará Xerusalém aos "colonatos" e serve para consolidar o controlo colonial israelita en Xerusalém oriental pois vai axudar a transportar colonos ilegais que viven na Cisxordania ocupada.  Unha medida similar tomaron diferentes Corporacións municipais de Estocolmo, Dublin, Galway, Sligo e Swansea que afastaron a empresa de futuros contratos, asi como alguns bancos privados que alienaron as suas accións na empresa. A compañia tenta agora abandonar o consorcio para a xestión do Jerusalem Light Rail.  Na Noruega, o goberno retirou o seu apoio à Elbit Systems, unha compañía israelita de alta tecnoloxia que fornece armas ao exército e componentes para a construción do Muro do Apartheid. Este é o primeiro boicote oficial feito por un país occidental. "Non queremos financiar empresas que contribuen de forma tan directa para violacións do dereito humanitário internacional", dixo o ministro das finanzas noruegués.  En Maio de 2010, o xigante financeiro global Deutsche Bank desinvestiu tamén desta empresa, como xa antes fixeran o Foersta AP-Fonden , o maior fundo de pensións da Suecia; o Fundo de Pensións do Estado Noruegués; a seguradora norueguesa KLP; a financeira dinamarquesa Danwatch, o Danske Bank, da Dinamarca; e o ABP, un dos maiores fondos de pensións holandeses.  O 18 de Marzo, "dando continuidade a unha longa tradición de pioneirismo en campañas de defensa dos dereitos humanos, o Senado da Asociación de Estudantes da Universidade da California (ASUC), en Berkeley, aprobou unha "Declaración de Apoio ao desinvestimento en Israel da Universidade de California (UC) por crimes de guerra". A declaracion histórica determina a alienación dos activos da ASUC en duas empresas americanas, a General Electric e a United Technologies, que están "material e militarmente a apoiar a ocupación por parte do goberno israelita dos territorios palestinos" - e defende que a UC, con cerca de 135 millóns de dólares investidos en empresas que lucran coas accións ilegais de Israel nos Territórios Ocupados, siga o exemplo.  O 1º de Decembro a empresa xaponesa MUJI anunciou oficialmente a cancelación do seu proxecto de instalarse en Israel como resposta às numerosas peticións chegadas de todas partes do mundo e às diversas actividades desenvolvidas polas plataformas BDS xaponesas e coreanas.Sancións
    • As sancións deben ser unha parte esencial da defensa do dereito internacional e daresponsabilización dos estados que o violan con gravidade. Alguns estados asumironposicións de vanguarda e un número de estados reaccionaron con firmeza edeterminación na secuencia do ataque á Frota da Liberdade:  A Bolivia e a Venezuela romperon relacións con Israel, fechando as embaixadas de Israel nos seus países.  O Qatar e a Mauritania conxelaron as relacións diplomáticas con Israel.  A Xordania chamou o seu embaixador como um acto de protesta contra a agresión israelita contra o pobo palestino na Faixa de Gaza em 2008-09.  A seguir o ataque à Frota da Liberdade, a Nicaragua suspendeu as suas relacións diplomáticas con Israel;  A África do Sur retirou o seu embaixador en Tel Avive.  O ministro da educación da Noruega, Kristin Halvorsen, reiterou a proibición da Noruega de venda de armas a Israel e exortou todos os outros estados a "seguir a posición da Noruega, que exclui os negócios de armas con Israel";  A Turquia retirou o seu embaixador en Tel Avive, e o Parlamento turco pediu ao goberno para "revisar as relacións políticas, militares e económicas con Israel".Outros apoiosMovemento sindicalO movimento sindical mundial demostrou o seu compromiso através da adopción demedidas BDS como forma mais proeminente de solidariedade sindical coa sociedadecivil palestina, en xeral, e coa clase traballadora palestina, en particular:Os sindicatos, especialmente os sindicatos dos traballadores portuarios, en todo omundo, atenderon ao chamamento do movemento sindical palestino de 8 de Xuño de2010, que apelou á tomada de medidas eficaces e concretas para bloquear o comerciomarítimo de Israel en resposta ao seu masacre de activistas de dereitos humanos abordo da Frota da Liberdade.  Os Congresos Sindicais escocés, irlandés e sudafricano decidiron apoiar a BDS, con firmeza e determinación, incluindo a revisión das relacións coa Histadrut. As posicións destas federacións nacionais reflecten as accións de decenas de sindicatos individuais.
    •  O sindicato sueco de estivadores bloqueou mais de 500 contentores, con peso aproximado de 500 toneladas, durante un bloqueo dunha semana, ás exportacións para Israel e aos bens israelitas, que comezou en 23 de Xuño.. A sección 10 da International Longshore and Warehouse Union (ILWU), na California, E.U.A., aprobou unha moción de apoio á folga, recusándose a descarregar un navio cargueiro de Israel, durante vinte e catro horas e, posteriormente, recusándose a permitir que unha delegación do Consulado de Israel se dirixise a unha reunión do sindicato. O sindicato turco Liman-IS, o Sindicato de Traballadores Portuarios da Noruega, e o South African Transport and Allied Workers Union (SATAWU) - que foi pioneiro no boicote ao comercio marítimo israelita en Febreiro de 2009- recusáronse a descarregar un navio en Durban en protesto contra a guerra de agresión de Israel na Faixa de Gaza - tamén anunciaron que teñen planeados outros bloqueos. Os sindicatos no porto de Cochim, na India, recusanse a descarregar os navios israelitas desde 23 de Xuño. Noutros desenvolvimentos relacionados co ataque à Frota da Liberdade, a Federación de Sindicatos Belgas (FGTB) adoptou unha forte posición BDS; o sindicato britânico UNISON suspendeu as relacións coa Histadrut; o maior sindicato britânico, UNITE, reafirmou o seu apoio á BDS; e o South African Municipal Workers Union (SAMWU) decidiu lanzar unha campaña para tornar cada município na África do Sur unha "zona libre de Apartheid israelita". O 9 de Xullo os sindicatos vascos deron a coñecer un manifesto conxunto de apoio e adesión à campaña global BDS en que afirman que "consideran unha ferramenta lexítima impulsaren na medida das suas posiblidades a Campaña Global de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra o Estado de Israel até este cumprir o dereito internacional que lle compete canto a:  Finalización da ocupación militar de Palestina.  Paralización e destrución do muro de Cisxordania.  Fin do sistema de discriminación racial.  Reventamento total e definitivo do bloqueo a Gaza.  Recoñecemento do dereito ao retorno para as persoas refuxiadas." O 2 de Decembro O Sindicato internacional Traballadores Industriais do Mundo (IWW nas suas sigles en inglés), aprovou por esmagadora maioria unha resolución de apoio ao movimento de BDS en defensa dos traballadores palestinos. A votación tivo lugar na Convención de Minneapolis e convertue o IWW no primeiro sindicato nos EUA e o terceiro no Canadá que apoia a campaña global. "Ao apoiar oficialmente esta convocatória ao BDS, a IWW posicionáse ombro con ombro con os traballadores palestinos nun piquete mundial contra o apartheid israelita", afirmou Nathaniel Miller, membro da delegación da IWWque visitou Palestina.
    •  O 28 de Xaneiro de 2011 a Central Única de Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil fixo público o seu apoio ao boicote a Israel e chamou os movimentos sociais e organizcións populares a construir a Conferência Nacional pola paz e solidariedade ao povo palestino, a ser realizada en Brasil, no segundo semestre de 2011.Grupos relixiosos  Nun acontecemento histórico, en Decembro de 2009, proeminentes líderes cristáns palestinos lanzaron o documento Momento da Verdade - Kairos Palestina, convidando as igrexas de todo o mundo "a dicir unha palabra de verdade e tomar uma posición de verdade no que di respecto á ocupación israelita dos territórios palestinos". Apoiando, inequivocamente, a BDS como unha das principais formas non violentas de solidariedade que as organizacións relixiosas internacionais son instadas a adoptar, o documento afirma: "Nós vemos o boicote e o desinvestimento como instrumentos de xustiza, paz e seguranza".  A Igrexa Metodista do Reino Unido votou, en Xuño de 2010, a adopción do documento Kairos Palestina e implementou un boicote aos produtos dos colonatos ilegais israelitas nos territórios palestinos ocupados.  O Comité de Estudos do Medio Oriente da Asemblea Xeral da Igrexa Presbiteriana dos Estados Unidos publicou um relatorio recomendando que a Igrexa Presbiteriana dos EUA subscriba o documento Kairos Palestina e tome as medidas adecuadas.Outros  Segundo unha sondaxe realizada dous dias despois do ataque à Frota da Liberdade, o 9,5% do pobo noruegués pratica xa activamente o boicote a produtos israelitas. Outro 33,5% manifesta estar a favor da campaña. A sondaxe, realizada polo instituto InFact e publicada no xornal Verdens Gang, mostra que só o 24.4% das persoas entrevistadas afirma oporse ao boicote, encanto o 27,6% restante declara non ter opinión.  A ministra de Educación norueguesa, pediu a todos os países que sigan o exemplo de Noruega e non comercien armas con Israel.  A ministra de exteriores da Suécia, Anna Lindh, declarou que se somaria ao boicote a título persoal, xa que non podia mudar a política do seu governo.  Ronnie Kasrils, ministro de Águas e Florestacións, de Sudáfrica mostrou o seu apoio o 10 de Setembro.: "Como xudeu que son, e xa que Israel pretende falar e actuar en nome dos xudeus en todas partes, teño de dicir "Non, non no meu nome. Nunca".
    •  O estado de Israel desistiu de asistir à XIV Feira de Turismo Interior de Valladolid Intur 2010 despois do acto de boicotelevado a cabo pola plataforma solidária con Palestina en 2009.ACTIVIDADES BDS-GalizaDesde o seu nacimento, hai agora un ano, BDS-Galiza promoveu as seguintes actividadespúblicas:  20 de Outubro, un grupo de 20 activistas BDS concentraron-se diante da entrada do Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela onde o diplomático e ex- ministro israelita Shlomo Ben Ami ia proferir unha conferéncia convidado pola Xunta de Galicia, o Xacobeo e o BBV para protestar pola sua presenza na Galiza convidado con fondos públicos. A raiz desta iniciativa, o deputado Bieito Lobeira apresentou unha pregunta no Parlamento galego sobre o convite.  O 27 de Decembro coincidindo co aniversario do ataque a Gaza (a chamada operación "Chumbo Derretido"), BDS-Galiza organizou en Vigo, na Praza da Constitución, un acto de promoción do boicote a Israel coa instalación de un posto de información, panéis explicativos, fotografias, vídeos e trípticos.  Tamén en Decembro de 2010, BDS-Galiza colaborou na semana de solidariedade con Palestina organizada por Siareir@s Galeg@s participando en charlas e xantares solidários asi como nas actividades que tiveron lugar o dia 26 en Ourense (III Capeonato de billarda, actuación de Pallasos en Rebeldia, manifestación e, finalmente, xogo de fútbol Galiza-Palestina no estádio Os Remedios.  O grupo BDS-Galiza organizou en Vigo en decembro de 2010 unha palestra coa activista xudea Liliana Córdoba na que se debullou o que significa o BDS como ferramenta para rematar coa inxusta situación do pobo palestino.  O 24 de Xaneiro de 2011, BDS-Galiza enviou escrito aos tres grupos do Parlamento galego para solicitar a abertura dunha investigación sobre as relacións empresariais da fábrica de armas da Coruña (Santa Bárbara Sistemas) e a industria militar israelita, incluída a compra munición à empresa Israel Military Industries para veículos de combate. “Non é descartábel que transferencias con destino Israel de material militar saisen dende Galiza”, afirmase no escrito. Polo que se solicita dos grupos parlamentares, “ en tanto que representantes da sociedade civil, e desexando que desde territorio galego non se transfira material militar ao Estado de Israel para perpetrar un novo masacre na populación civil de Gaza (...) polos medios que o Regulamento do Parlamento de Galiza determine , demande do Ministerio de Defensa do Goberno de Estado Español información completa e detallada sobre as relacións da empresa Santa Bárbara Sistemas da Coruña coa industria israelita de armamento e as transferencias de material militar a Israel obxecto de fabricación no centro de traballo de Santa Bárbara sistema da Coruña.”  No mesmo mes de Xaneiro, BDS-Galiza BDS-Galiza enviou ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela ( USC) en que solicitava iniciase de imediato os trámites necesarios para cancelar o convenio asinado pola USC coa Universidade
    • Ben-Gurión, unha institución que se define a si própria como “orgullosamente sionista” e apoia explicitamente a ideoloxia do estado de Israel . A seguir, a plaatforma comezou a arecadar apoio a esta solicitude de todas as persoas vinculadas à USC (persoal docente, non docente e estudantado).  No mes de febreiro, BDS-Galiza organizou por todo o pais (A Coruña, Corcubión, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo) palestras de presentación e debate do libro ‘El Judio Errado’ (edicións Txalaparta) do xornalista basco, Alberto Pradilla.INFORMACIÓNSANTA BÁRBARA SISTEMAS: COLABORACIÓN EN MATÉRIAMILITAR E ARMAMENTISTA CON EMPRESAS ISRAELITASUnha das primeiras colaboracións empresariais en matéria militar data de 1989,cando a firma Ibermisil contactou con compañias militares de Israel paradesenvolver o primeiro mísil español. Ibermisil foi criada en 1987 para desenvolvereste mísil polas que na altura eran empresas públicas españolas ConstruccionesAeoronáuticas SA (CASA), Santa Bárbara Bazán, Nacional de Óptica (ENOSA) eInisel, todas elas integradas no Instituto Nacional de Indústria (INI). En 1989 xa seinverteran 4.000 millóns de pesetas (24 millóns de euros). (p.54)Outras empresas que importaron no pasado material militar de Israel: Enosa(sistemas de visión nocturna), Inisel (comunicacións militares), Talbot(modernización de carros de combate), Santa Bárbara (componentes e municións dafirma israelita Israel Military Industries (IMI). (p.56)En 2004 Santa Bárbara Sistemas, ex-empresa pública española absorbida polaestado-unidense General Dynamics, formou parte dun consórcio internacional paraaceder a un contrato nos EUA sobre municións de armas lixeiras. O consórcio taménincluía outra división de General Dynamics, Winchester (parte de Olin, nos EUA), acanadiana SNC Technologies e a israelita Israel Military Industries (IMI). Santa
    • Bárbara continua a ser a fornecedora de munición e carros de combate do exércitoespañol. (p.56)Do cadro : Colaboración entre empresas españolas e israelitas (p.56)Empresa española Empresa israelita MotivoGeneral Dynamics Santa Israel Military Industries Fornecimento deBárbara (IMI) munición de 120 mm pra os veículos de combate Leopard do Exército de Terra. MkIIGeneral Dynamics Santa Rafael Míseis de alcance médioBárbara SpikeComo se mencionou na tabela anterior, o concurso para avións sen piloto tivo comogañadora a Unión Temporal de Empresas (UTE), formada por Indra, IAI e EADS-CASA. É significativo das sólidas relacións empresariais entre os dous países que nosocupan que as empresas españolas que optavan ao concurso escollesen, en tres doscinco casos, asociados de Israel (Amper aliou-se con Elbit Systems e ficou segunda, eGeneral Dynamics Santa Bárbara con a israelita Aeronautics). (p.57)2006Compra de 2.600 míseis anti-tanque Spike-MR/LR à compañia Rafael (con GeneralDynamics Santa Bárbara Sistemas), en versión terreste para equipar os helicópterosde combate Tigre. Operación valorada en 325 millóns de euros, incluindo 260lanzadeiras (fabricación no Reino de España, provavelmente por Tecnobit).Produción de componentes en España, tamén para a exportación a América do Sul(entre o 50% e o 60% do custo do programa prevía-se que ficase en territórioespañol). Os usuários finais serán o Exército de Terra e a Infantaria de Mariña.(p.66)No que à cooperación industrial di respeito, as relacións son, mesmo maissignificativas. Nunha situación en que cada país prioriza a sua própria indústriamilitar local, destacan os consórcios que se materializan entre as empresas de Israel eo Reino de España para aceder a cada un dos respectivos mercados e,inclusivamente, a terceiros mercados previa incorporación ao consórcio de outrasempresas daqueles países. O volume de negocio destas colaboracións pode atinxir oscincuenta millóns de euros anuais, cifra moi superior á rexistada polas exportaciónsespañolas de material militar. Con relación a este ponto, cabe lembrar que aindustria militar israelita é, na sua maior parte, pública (e a parte privada rexistaunha forte intervención estatal), encanto as empresas españolas involucradas nestesconsorcios militares (Indra, Amper, EADS-CASA, Santa Bárbara, Tecnobit ouTelefónica entre outras) ainda que en xeral son compañias privadas, reciben fondos
    • públicos e outras facilidades por parte das estruturas gobernamentais españolas.(p.68)Fonte: España-Israel. Relacións en matéria militar, armamentista e de seguranza.Balanzo e tendéncias, Alejandro Pozo Martín. Ed. Nova. Construcción de Pau iNoVioléncia Activa - Centre dEstudis per a la Pau J.M. Delàs Justícia i Pau. 2010A UNIVERSIDADE SIONISTA DE BEN-GURIÓNO acceso á educación é un dereito recoñecido na Declaración Universal de DereitosHumanos de 1948 e outros instrumentos de ámbito internacional. A lexislacióninternacional prohíbe negar ou dificultar o acceso a educación.A ocupación israelita obstaculiza de maneira grave, cando non impede, o acceso áeducación do pobo palestino mediante o confinamento, a pobreza, a violéncia, oacoso e a humillación, a prática da discriminación racista e os ataques directos ao seusistema educativo (con actos como a clausura da Universidade de Hebrón e aPolitécnica Palestina en 2003 ou o bombardeamento de mais de 60 escolas en 2009durante o ataque a Gaza).A populación palestina representa mais do 20% do total da populación do estado deIsrael mais a sua representación nos diversos ciclos educativos é claramente inferior:o 9,5% entre estudantes de primaria, o 4.8% entre estudantes de secundaria, e o3.2% entre estudantes dos ciclos superiores. No persoal docente das instituciónsacadémicas israelitas a porcentaxe baixa ao 1%.En 2005, o Alto Comisionado para os Dereitos Humanos da ONU fixo público orelatório de Sharif Hamda, Handclap with one hand: Cheers for tolerance and pluralismin Israeli Academia, onde se demostra que as persoas palestinas teñen tres veces maisposibilidades de seren rexeitadas polas instituicións académicas israelitas que asxudias..A cumplicidade da UBGA Universidade de Ben-Gurión (UBG) é cómplice destas prácticas ilegais. RivkaCami, o seu presidente, defínea como unha "institución orgullosamente sionista" queapoia a ideoloxía oficial do estado de Israel. E non se trata só dun apoio intelectual,a UBG ten vínculos directos co exército e a industria armamentística, pratica adiscriminación étnica e criminaliza a crítica à ocupación ilegal dos territoriospalestinos.A UBG ten un programa específico para reservistas do exército que inclui bolsas deestudo e protocolos especiais.A UBG ten un programa específico para estudantes que participaron no ataque aGaza en 2008-2009, con bolsas de estudos e taxas académicas especiais.
    • A UBG ten un progrma específico para estudantes reservistas en servizo durante oataque a Gaza de 2008-2009, que inclui bonificacións e outros benefícios por dia deservizo.A UBG elaborou o proxecto e reclamou para si a criación dunha faculdade demedicina militar deseñada especificamente para preparar persoal médico das forzasarmadas.A UBG colabora coas Forzas de Defensa Israelitas mediante un programa especialpara pilotos da Forza Aérea.A UBG non dispón de cursos en árabe apesar de ser língua oficial de Israel e linguaprimeira dunha quinta parte da populación do estado.A UBG persegue a expresión de apoio a actividades non violentas como o boicote deempresas e institucións que benefician ou son cómplices da ocupación israelita, comoaconteceu no caso do profesor Neve Gordon, director do Departamento de Socioloxíadesa Universidade.A UBG obstaculiza a realización de actividades reivindicativas de carácter políticocríticas coa ocupación. Unha das formas de intimidación mais persuasivas é a práticados guardas de seguranza de fotografar e controlar de maneira intrusiva asactividades. Estas medidas foron severamente intensificadas durante a operaciónChumbo Fundido.