O Magosto
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

O Magosto

on

  • 932 views

Presentación sobre a celebración do Magosto en Galicia, a importancia da castaña na alimentación, a colleita, o castiñeiro e o seu valor, tanto ecolóxico como económico.

Presentación sobre a celebración do Magosto en Galicia, a importancia da castaña na alimentación, a colleita, o castiñeiro e o seu valor, tanto ecolóxico como económico.

Statistics

Views

Total Views
932
Views on SlideShare
549
Embed Views
383

Actions

Likes
1
Downloads
3
Comments
0

7 Embeds 383

http://chuviamiuda.wordpress.com 278
http://creasonriendo.blogspot.com.es 42
http://recunchodecharo.blogspot.com.es 32
http://creasonriendo.blogspot.com 28
http://recunchodecharo.blogspot.mx 1
http://recunchodecharo.blogspot.com 1
https://chuviamiuda.wordpress.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as OpenOffice

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    O Magosto O Magosto Presentation Transcript

    • O MAGOSTO
    • A palabra  magosto , ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas QUE É?
    • O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas CANDO SE CELEBRA?
    • O magosto celebrábase nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa ONDE?
    • Podemos ver a tradición que agocha esta celebración se nos mergullamos na literatura popular galega, a cal nos achega mediante refráns, cantigas ou frases propias dunha determinada zona da nosa xeografía, moita información sobre esta festa que ten como protagonista a castaña Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco
      • Fíate das castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara.
      • Polo san Martiño, castañas e viño.
      • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
      E desta si que non nos podemos esquecer! Porque se non somos quen de facer algo é importante buscar… a alguén QUE NOS QUITE AS CASTAÑAS DO LUME! E TAMÉN…
    • Pero… que sería do magosto sen castañas?
    • A castaña é o froito do castiñeiro, e preséntasenos nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro e na que cada castaña soe ir acompañada de ata 6 compañeiras máis. Na nosa comunidade existe a “indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia” e este recoñecemento resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado.
    • As características principais da castaña galega son:
      • Cuberta fina, de cor marrón clara e brillante.
      • Membrana fina que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelar a castaña.
      • Sabor doce e textura firme non fariñenta.
      • Humidade: unha vez colleitado, o froito terá entre o 50 e o 60% de humidade.
      • No outono, as castañas empezan a pingar . Os ourizos abren e deixan caer os froitos. Estas castañas son as do angazo , xa que se recollen con este instrumento. É o labor da apaña .
      • O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira , un pau longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira .
      • Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan. Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos .
      • Nalgunhas zonas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar. Desta maneira van secando pouco a pouco.
      A RECOLLEITA DA CASTAÑA
      • Ao quitalas do sequeiro faise o bandoxo : límpanse á man para separar a puxa –a tona de dentro e a de fóra– e os picois –as pequenas, de pouco valor, que están fendidas ou que teñen o verme chamado coco .
      • Outro xeito de facer o bandoxo consiste en meter as castañas do sequeiro en sacos e darlle golpes ou pisalos, o que se chama facer a bulla .
      • Dise que unha clase de castaña é boa se dá o tercio : de tres partes, en peso, que entran verdes no sequeiro recóllese unha seca.
      A RECOLLEITA DA CASTAÑA
      • Non se sabe con certeza cando apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.
      • Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.
      • En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise estendendo o cultivo da pataca e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios
      • A enfermidade da tinta ocasionou a morte de moitos castiñeiros en Europa; en Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920, pero hoxendía a súa presencia é moito menor
    • De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que máis anos pode chegar a vivir SABÍAS QUE...? O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, no concello de Manzaneda (Ourense ).
    • O castiñeiro ten un doble valor: ecolóxico e económico. Valor ecolóxico : As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes Valor económico : a madeira e as castañas. A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ao modo tradicional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ... O VALOR DO CASTIÑEIRO
    • En Galicia as maiores masas de castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Courel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...)
    • SABÍAS QUE...? China é o país do mundo que mais castañas produce Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos"
    • CASTAÑA GALEGA
      • As castañas máis apreciadas, por calidade e tamaño, proceden dos montes galegos de Lugo e Ourense.
      • O mercado nacional da exportación e distribución da castaña galega atópase fóra de Galicia, en Barcelona.
      • Outros grandes productores mundiais son os franceses, chineses, italianos, coreanos e turcos.
      • Os grandes consumidores son os franceses, xaponeses, arxentinos, italianos e italo-americanos.
      • Este mercado no exterior está demandando castañas dun calibre cada vez máis grande, en detrimento do sabor e da calidade das pequenas.
    • SABÍAS QUE...? Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, obtiveron augardente da castaña polo sistema de fermentación Unha empresa ourensana está interesada nesta destilación e proxecta exporta-la súa producción cara ó mercado xaponés O primeiro consumidor do mundo desta bebida é Xapón, onde a fan a partir de arroz fermentado e castañas.
    • Que teñades un bo magosto! C.P.I. Dos Dices – Magosto 2011