• Like
  • Save
Traballos Antropoloxía 2008 2009
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Traballos Antropoloxía 2008 2009

on

  • 1,199 views

Presentación que reúne os traballos presentados polos alumnos de 1º Bacharelato da materia de Antropoloxía durante os curso 2008-09

Presentación que reúne os traballos presentados polos alumnos de 1º Bacharelato da materia de Antropoloxía durante os curso 2008-09

Statistics

Views

Total Views
1,199
Views on SlideShare
1,161
Embed Views
38

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

4 Embeds 38

http://andel-aberto.blogspot.com 25
http://andel-aberto.blogspot.com.es 9
http://www.andel-aberto.blogspot.com 2
http://www.slideshare.net 2

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as OpenOffice

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Traballos Antropoloxía 2008 2009 Traballos Antropoloxía 2008 2009 Presentation Transcript

    •  
    • TRABALLOS REALIZADOS POLOS ALUMNOS DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHARELATO DURANTE O CURSO 2008-09
    • GASTRONOMÍA GALEGA
      • A gastronomía galega destaca pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, demostrada en moitos casos polos 30 produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida. A miúdo os produtos galegos son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para o turista que visita Galicia.
      INTRODUCCIÓN
      • A cociña galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela. O porco formaba a base da alimentación nas terras do interior. Na zona costeira tamén se consumía este tipo de carne, pero a base da alimentación constituíaa o peixe. Os pratos máis tradicionais da cociña galega corresponden, entre outros, o caldo galego , o polbo á feira , o cocido , a caldeirada , o churrasco , as mariscadas ,e a empanada . Entre as sobremesas tradicionais atópanse a torta de Santiago ou a de Mondoñedo , as orellas ou as filloas . Algúns produtos típicos da gastronomía galega son o grelo , a pataca , a castaña , o mel , o lacón , os embutidos , o queixo , o pan e os distintos tipos e mariscos .
      Entre as bebidas destacan a queimada, os augardentes e derivados (oruxos) e os distintos tipos de viño dos que cabe destacar as cinco denominacións de orixe existentes en Galicia: O Ribeiro,Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra.
    • O CALDO GALEGO
      • O caldo galego caracterizase por conter grelos, berzas, chourizos, fabas ou lacón. Servese moi quente como primeiro plato.
      • Posue unha gran tradición engadirlle pan á auga do caldo, as denominadas “sopas”.
    • CHOURIZO CON CACHELOS
      • Outro plato moi habitual na cociña do noso país son os chourizos con cachelos.Adoitase comer condimentado con verduras como o repolo, berza, coliflor... Este plato era moi usual sobre todo no rural, donde había unha grande variedade de chourizos, dada a matanza do porco, e sobre todo de verduras.
      • Os chourizos eran elaborados coas partes menos valiosas do porco como son as vísceras e o touciño do animal, ao que se lle engadía cebola e allo picados, pimentón e sal; para logo deixalos curar.
    • LACÓN CON GRELOS
      • O lacón con grelos é un dos platos estrela da cociña galega.Como o seu nome indica elaborase do lacón, que se obten das patas dianteiras do porco, touciño, chourizos, patacas e grelos.Este plato pódese consumir ao longo de todo o ano, pero a época máis sinalada para a súa degustación son os meses de inverno.É típico comelo nas datas do entroido.
    • PIMENTOS DE PADRÓN
      • Os pimentos de Padrón son un elemento básico na cociña galega, tanto á hora das tapas como para acompañar ás diversas comidas.Son orixinarios da vila coruñesa de Padrón, aínda que hoxe en día cultívanse sucedaneos deste producto en moitos lugares do mundo.
      • Adoitanse tomar con moito sal, e o seu picante pode chegar a ser extremo nalgúns casos.Moi ligado a estes pimentos está o refrán de “uns pican e outros non”.
    • EMPANADA GALEGA
      • Unha empanada é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno. Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se da en case tódalas culturas.
    • O POLBO Á FEIRA
      • O polbo á feira é un prato típico de Galiza e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pementón. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.
      • Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.
    • AS BEBIDAS
      • As bebidas máis caracteristicas de Galiza son os viños, a queimada o augardente e o licor café. Cómpre definir o concepto de Denominación de Orixe, que designa o nome xeográfico da zona empregado para designar un produto da vide, do viño ou dos seus alcois que teñan cualidades ou características diferentes, debido ó medio natural ou á elaboración.
    • OS VIÑOS
      • O viño é unha bebida alcólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva trala vendima e que é gardado en barriles. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado.
    • O ALBARIÑO
      • O albariño é un viño de baixa graduación, branco e sen crianza., e expórtase cada vez máis a mercados do norte peninsular (nomeadamente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, ou Xapón). A denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de vintecinco mil litros e unhas vinte superan os setenta e cinco mil.
    • RIBEIRA SACRA
      • Moi noviña, esta denominación do Sur lugués abrangue tamén o Norte ourensán. A súa xeografía é moi particular: encanonada no Miño e no Sil, con grandes pendentes nas ladeiras das montañas.
      • O nome provén da cantidade de conventos e mosteiros da zona. O cultivo vinícola remóntase ós romanos e é un dos máis meritorios e agochados da península Ibérica.
    • RIBEIRO
      • Xunto coa denominación de orixe das Rias Baixas(albariño), é o viño branco con máis sona de nosa comunidade.
      • O seu cultivo lévase a cabo nos vales cercanos ao Rio Miño, posúe tanto uvas brancas como tintas, que é a peculiaridade que o distingue das demais denominacións .
    • A AUGARDENTE E VARIEDADES
      • O augardente ou tamén coñecido como orujo é unha bebida alcolica de alta gradación, que se obtén a partir da uva, unha vez que a esta se lle elimina o mosto para face-lo viño.A forma máis común de consumila é en forma de “chupito” despois dunha comida ou mezclada co café.Na antigüidade en Galicia, os campesiños adoitaban tomar un chupito de augardente pola mañá, antes de saíren para o campo, costume que aínda pervive en algúns fogares galegos.
      • Os tres tipos máis comúns de augardente son: o blanco, de herbas e o licor café.
    • O LICOR CAFÉ
      • O licor Café é un licor a base de café, azucre e augardente, que pode ser consumido só ou como ingrediente de postres ou cócteles. É unha das tantas variedades da augardente galega, e adoita beberse moi frio nos denominados vasos de chupito .
    • CAÑA DE HERBAS E BLANCA
      • O orujo de herbas adoita ser de cor verdoso, xa que se obtén despois de poñer durante un tempo diversas herbas ou froitos no augardente, ata que este se impregna do sabor da herba ou o froito.Tamén se consume moi frío, preferentemente recén saído do conxelador.
      O orujo blanco ou simplemente caña é o augardente sin ningún tipo tipo de ingrediente engadido.A forma máis común de toma-lo é mezclandoa co café ou soa nun vaso de chupito aínda que esta última é moito menos frecuente
    • A QUEIMADA
      • A queimada é unha bebida alcohólica galega inventada arredor do século XII. O seu consumo está rodeado de tradicións. Mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para manter os espíritos e demais seres malvados alonxados de quen a bebe.
      • Os seus ingredientes principais son a augardente e o azucre ós que xeralmente se lles bota tamén casca de limón ou laranxa, uns poucos grans de café sen moer. Á mestura pódenselle engadir cachos de mazá, uvas ou algún outro ingrediente, os cales se engaden de forma independente segundo a tradición da zona.
    • OS POSTRES
      • A Torta de Santiago é unha sobremesa tradicional da cociña galega ,que pode atoparse en case todo o territorio español. Os ingredientes principais desta torta son a améndoa e os ovos .
      A bica é un doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos grasos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla) . Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .
      • As filloas son un postre caraterístico por excelencia da cociña galega.Trátase dunha masa moi fina, elaborada na tixola ou de xeito tradicional na pedra.Tamén existen as denominadas filloas do sangue, que engaden o sangue do porco extraído xusto despois da matanza deste.As filloas tómanse sobre todo soas, pero tamén se lle pode engadir mel, azucre, nata montada...
      Os amendoados de Allariz son un dos postres máis recoñecidos na gastronomía galega.Son unha mezcla de amendoa moída con azúcre e clara de ovo.Unha vez sólida esta masa, colócase encima dunha oblea e lévase ao forno.
    • Arquitectura popular galega
    • Introdución
      • A arquitectura galega comprende os espazos e instalacións as cales son utilizadas e ambientadas por o ser humano. Son típicos e populares galegos. Só nos vamos a centrar na arquitectura presente nos concellos de Muros e Carnota, é dicir: nos distintos tipos de muíños, nos hórreos e nas vivendas, entre outros.
    • Casa popular galega
      • Espazo no cal habitan os membros dunha familia galega.
    • A vivenda galega
      • Cada casa ten un nome, e moitas veces un alcume común a todos os membros da familia. Na típica vivenda galega manda o pai.
      • A construcción das casas está chea de simbolismo xa que en ocasións depositan unha moeda debaixo da primeira pedra.
      • A forma da casa vén determinada polos factores socioculturais.
    • Materiais
      • A casa adoita estar feita maiormente con pedra de granito. O material complementario é a madeira, que se utiliza nas contras, ventás, portas, solainas, etc.
    • Rasgos
      • A casa é unha funcionalidade. As suas funcións son:
        • Almacenamento de redes e embarcacións
        • Lugar para o gando
        • Almacén para os productos agrarios
        • Almacenamento de colleitas
      • As casas son instrumenentos ao servizo da economía
    • Estructura
      • Normalmente a vivenda galega esta constituida por dúas plantas.
      • Algunhas das partes da casa son características da nosa cultura. As mais destacadas son:
        • O corredor
        • O soportal
        • A galería
        • O patín
    • O corredor
      • É un espazo aberto de tránsito e estar, unido á vivenda, situado por riba da planta térrea e cuberto pola prolongación do teito.
    • O soportal
      • É un espazo cuberto co que se crearon solucións para o tránsito peatonal cuberto.
    • A Galería
      • É o elemento arquitectónico coa que se logra a regulación do sol e evítase a arremetida da choiva e do vento no época invernal.
    • O patín
      • Conxunto da escaleira exterior que da acceso ao primeiro andar da vivenda e do descanso desta.
    • Muíño
      • Máquina que se emprega para moer grans. Eran empregados antigamente para a obtención de fariña, aceites,etc.
      • Pode haber diferentes tipos de muiños según a súa fonte de enerxía:
        • Muíño de marea
        • Muíño de vento
        • Muíño de río
    • Muíño de marea
      • Adoita estar situado nun lugar da costa onde se da unha forte diferenza entre a preamar e baixamar.
    • Muíño de vento
      • Localizados preferentemente na beiramar e en lugares altos, que empregan á enerxía eolica en lugar da hidráulica.
    • Muíño de río
      • Tamén son coñecidos como muíños en cadea.
      • Son unhas instalacións que aproveitan unha forte corrente de auga.
    • Horreo
      • É unha construcción destinada a secar e gardar o millo. A súa estrutura esta composta por un espazo interior rectangular, elevada sobre uns pés de pedra que normalmente teñen forma de troncopiramidal.
    • Outras edificacións arquitéctonicas populares galega
      • Son:
      • Praza de abastos/ Mercado
      • Pombal
      • Faro
    • Praza de abastos/ Mercado
      • Praza de abastos: lugar público no cal efectuase unha reunión de mercadores co proposito de efectuar o intercambio comercial ou compra-venta.
    • Pombal
      • Lugar onde se crían as pombas.
      • Teñen normalmente a planta circular pero en ocasións é cadrada e os tellados son cónicos. Os buracos para as pombas son rectangulares ou circulares.
    • Faro
      • Torre cunha lanterna na parte mais alta, situada nalgún punto ostentible da costa ou nalgun arrecife, que serve para facilitar a navegación costeira.
    • Bibliografía
      • Enciclopedia Galega Universal (Irindo)
      • www.galespa.com
      • www.murosdesanpedro.com
      • www.concellodecarnota.com
      • Enciclopedia antropolóxica galega (Hércules s.a)
    • Matilde Vázquez Peón Irene Villar Rúa A EMIGRACIÓN
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    • A EMIGRACIÓN GALEGA
    • Situación de Galiza
      • País agrícola cunha excesiva división da terra
      • Imposibilidade de modernización das técnicas de cultivo
      • Poboación rural moi dependente deste sistema agrario,e non son posuidoras das súas terras
      • Existencia de foros que agravan a produción e supoñen un lastre
      • Economía de subsistencia
    • Causas
      • Incremento da poboación
      • Falta de solucións económicas para satifascer as necesidades básicas
    • Vista do porto de Vigo o principal porto da emigración
    • A despedida, imaxe que se repetiu ó longo de moitos anos Saída do barco de vapor Serpa Pinto cara América
    • Homes e fillos partían cara o progreso
    • Países receptores
    • Factores que propulsaron a emigración
      • Navegación a vapor
      • A política das repúblicas
      • A propaganda dos países máis desenrolados
      • O boca a boca
    • Crise emigratoria
      • Crise económica dos países receptores
      • A guerra civil española
      • A segunda guerra mundial
    • CARA CRUZ
      • Redución dos foros
      • Mellora económica
      • Novas formas de cultivo
      • Mellora das infraestructuras galegas
      • Crecemento da banca
      • Movemento agrarista
      • Mellora da cultura e ensino
      • Cambio da mentaliade
      • Perda de persoas cualificadas
      • Descenso da poboación
      • Separacións familiares
      • A xeito de resume final pódese dicir que a emigración só fixo ricos a uns poucos. A grande maioría conformouse con "facer uns cartiños" que lle serviron para solucionar os problemas primordiais e un número considerable nunca voltou e, se o fixo, foi fracasado.  Sen embargo é de salientar que os galegos, ó longo da súa estadía foránea, mantiveron viva a lembranza da súa terra, a súa cultura e as súas tradicións, así como a arela do regreso. Fe disto dánolo a enorme cantidade de centros, asociacións, fundacións,etc. que os nosos paisanos fundaron ó longo da xeografía americana
    •  
      • Festa do Apóstolo Santiago en Bos Aires
      • Os galegos non esqueceron as súas tradicións e costumes
    • As lembranzas
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
    •  
      • A emigración foi e é a negación do dereito máis sagrado que ten o ser humano:
      • O DEREITO Á VIDA NA SÚA TERRA NATAL
    • LENDAS EN GALICIA
    • ¿Que e unha lenda?
      • Unha lenda e unha narración irreal que normalmente tenta expricar as orixes de algo. Moitas veces exprican as orixes dun pobo ou dun determinado monumento.
    • Tipos de Lendas
      • Dependendo do contido as lendas poden ser:
      • - Etióloxico: exprican a orixe dun feito ou dunha cousa
      • -Haxiográfico: referentes a Virxe ou os santos
      • -Historicas
    • ¿Cómo se transmiten as lendas?
      • Normalmente, as lendas transmitense oralmente e de xeración en xeración, o que pode ocasionar que o relato orixinal se deforme e se vaian añadindo ou quitando detalles.
    • Lendas en Muros
      • A lenda do Santo Cristo.
      • Dise que o Cristo da igrexa de muros, unha
      • vez acabado, cobrou vida e dixolle o seu
      • creador “Onde me veches que tan ben me
      • fixeches”. Referindose o gran parecido que
      • tiña a escultura co orixinal.
    • Lendas en Galicia
      • As lendas en galicia poden ser xerais, e
      • dicir, comuns a toda Galicia (Como por
      • exemplo a Santa Compaña ou a lenda de
      • Breogan). Ou exclusivas dunha determinada
      • zona (A Serea Maruxaina, A lenda da Virxe
      • do Carme…)
      • A continuacion explicanse algunhas delas-
    • Santa Compaña
      • A Santa Compaña e unha
      • procesion de almas en pena
      • que vagan pola noite, esta
      • formada por duas hileiras e
      • cada compoñente leva un
      • cirio. O espirito que encabeza a procesion
      • leva un caldeiro cheo de auga bendita e unha cruz.
    • A Serea Maruxaina
      • A lenda da serea e orixinaria de San Cibrao. Conta que existia unha ninfa que atraia os mariñeiros cos seus cantos ata as rochas para que se
      • se estrelasen. Fartos diso, a
      • xente de San Cibrao partiu unha
      • noite escura para capturala e
      • levala o pobo, onde seria xulgada
      • e executada polos seus actos.
    • Breogán
      • Breogan e un heroe da mitoloxia
      • galega. Dise que el e a sua estirpe
      • chegaron dende exipto fuxindo das doce
      • plagas.
      • Estableceronse en Galicia e fundaron a cidade
      • de “Brigantia” (Identificada con “A Coruña”) e
      • construiron unha torre tan alta que dende o seu
      • cume podiase contemplar Irlanda.
    • Medicina Popular e Bruxería Tradición propia galega
    • Introducción
      • Na primeira parte, ímonos centrar na bruxería , tema moi relacionado coa relixión.
      • Na segunda parte, o traballo falará resumidamente da medicina popular con algún exemplo.
    • Bruxería
      • É moi común dende a antigüedade creer nun poder sobrenatural que se escapa do noso entender. Este mundo creado polos nosos antepasados desarrollouse grazas as persoas que creen nos fenómenos taumatúrxicos.
      • Todo o mundo asocia estes fenómenos máxicos cas bruxas,meigas, feiticeiros,pero hai que ter en conta que esta campo esta moi asociado coa relixión.
    • A Inquisición
      • Creada en Sevilla no 1480 , e chega a Galicia no 1560.
      • A crenza nas bruxas provocou que a igrexa actuara rapidamente mediante a inquisición que capturaba e torturaba ata a morte a mulleres acusadas de practicar bruxería.
    • O impacto da Inquisición
      • A inquisición devastou a poboación galega de mulleres , xa que en apenas 140 anos procesou máis de 2000 individuos dos cales máis do 70% eran mulleres.
      • Este dato non impacta moito , xa que hai que ter en conta que nesa epoca constitúe o 4% da poboación total española.
    • Medicina Popular
      • Os medios de curación tradicionais foron e son moi utilizados xa que son bastante efectivos e están constituídos por productos que se atopan tal e como os utilizamos na natureza.
      • O tema da medicina popular está asociado totalmente cos remedios naturais.
      • Debido as condicións de hixiene , saude etc,de cómo se vivía fai tempo provocou que o ser humano estivera forzado a atopar formas curativas propias do seu entorno.
    • Remedios naturais
      • Dor de moas
      • Colocar a meixela sobre unha superficie fría .
      • Facer gárgaras con vinagre .
      • Dor de cabeza
      • Colocar na fronte panos empapados con colonia ou vinagre.
      • Colocar na fonte un pano empapado con alcohol ou empapar a nuca directamente con alcohol.
      • Beber infusións azucaras ou de tila .
    • Remedios populares
      • Diarrea
      • Ferver auga con arroz e tomar a auga ou tomar todo o conxunto.
      • Raiar unha mazá e comela cando está oxidada.
      • Comer queixo previamente raiado.
      • Auga fervida con limón ou simplemente zume de limón.
      • Tomar leite de burra durante uns días.
      • Mal de ollo
      • Cocer ruda e lavarse con esta auga todas as partes do corpo durante os tres días previos a lúa chea.
      • Salpicar ao que che botou o mal de ollo con auga bendita.
      • Persinarse ao pasar diante da persoa que che botou ese mal de ollo.
    • Traballo de campo.
      • - Entrevista:
      • Como se define vostede a sí mesma, é decir, unha especie de curandeira?
      • - Non como unha curandeira, que eu non son un médico. Isto é un remedio tradicional .
      • Dende cando exerce esta práctica, dende fai moitos anos?
      • – Puf, sí, xa dende moitos anos, fará uns 50 anos
      • Quen lle ensinou a realizar este remedio?
      • – Cando era nova, miña avoa ensinoumo .
      • Que tipo de xente acode a vostede, nenos, anciáns,… e con que problemas veñen?
      • – Ven pouca xente por aquí, normalmente persoas xa maiores con problemas como non durmir, febre ou algún dor nalgunha parte do corpo .
      • Soe vir de moi lonxe esta xente?
      • – Non, soamente veñen xente dos arredores, aínda que ten vido algún que outro turista, pero nada, un ou dous.
      • Que materiais utiliza no proceso de curación?
      • – Necesítase unha folla de laureiro, unha pineira, unha tixola, un patacón de cobre, un rosario, unha cabeza de allo e lume para afumar o laureiro.
      • Cal sería o procedemento?
      • – Sobre na pineira clávase as tixolas e collea por un lado a persoa á que lle vou quitar o aire, e polo outro lado eu, ao arredor están a cabeza de allo, o patacón de cobre e o rosario. Prénselle lume á folla de laureiro e pronunciánse unhas verbas que sei eu ( ela non nos quiso decir esas palabras, descoñecemos a razón, pero díxonolas un veciño moi amable que atopamos ao marchar, e decían algo así: “pineira, pineiriña dime se esta persoa ten o aire, se o ten dame a espalda, e se non o ten dame a cara”). Nesta práctica téñenme que axudar tres Marías, amigas miñas.
      • Que grado de efectividade pensas que ten esta práctica?
      • – Eso depende da persoa, a uns cúralle a molestia pero a outros non.
      • Por último, cree vostede que fai falta algún tipo de don para realizar este rito?
      • – Non, toda a xente que coñeza o procedemento, non so tome a broma e teña fe en Dios, pode facelo .
      • Polo tanto é un tipo de práctica relixiosa?
      • – Claro, é moi importante ter fe en Dios.
      • Pois moitas grazas pola vosa antención.
    •  
    • O MUNDO DO MAR
    • Contidos
      • Na presentación falaremos sobre:
      • Como era a vida arredor dos anos 30-40 nunha vila de mar.
      • Como e a vida actualmente nunha vila de mar
    • Os métodos de pesca
      • As embarcacións.
      • Os aparellos empregados
      • A tripulación.
      • As artes de pesca.
    • O papel da muller no mar
      • Os traballos realizados polas mulleres :
      • -O traballos coas redes.
      • -A venta e limpeza das capturas.
      • -outras funcións.
    • A vida cotiá nunha vila de mar
    • Un día no mar
    • Maquina de inguado
    • Os métodos de pesca
      • Embarcacións
      • Artes
      • Ferramentas e maquinas usadas
    • A vida no barco
      • A tripulación
      • A relación entre os mariñeiros no mar
      • Actividades relacionadas coas mulleres
      • Un día no mar
    • Un paseo polo porto de Muros
    • OFICIOS TRADICIONAIS
      • Forza, de mozo, e consello de vello
    • Introdución
      • Galicia tivo na antiguedade unha gran cantidade de oficios tradicionais, que eran moi populares e moi traballados, pero co transcurso dos anos e coa progresiva industralización do país a maioría deles foron quedando en desuso e prácticamente como resto antropolóxico, aínda que algúns deles se seguen a realizar no ámbito persoal como por exemplo labregos que fabrican os seus propios cestos, e mesmo oficios do interior realizanse en zonas costeiras como veremos posteriormenteno caso dos cesteiros.Outros , aínda que moi escasos seguense a traballar e mesmo hai xente que vive deles, un exemplo moi claro é a oleria da cal inda se conservan varios talleres dispersos por todo Galicia.
    • Algúns Oficios Tradicionais
      • Albardeiros.
      • Canteiros.
      • Carpinteiros.
      • Ferreiros.
      • Redeiras.
      • Tecelás.
      • Oleiros.
      • CESTEIROS.
    • Albardeiros
      • Os albardeiros eran aqueles encargados de facer as albardas, as alforxas, as cabezadas, así como tamén o de arranxar aparellos de coiro que eran empregados no tiro e de montar coma o collarón, as orelleiras, etc. usando como ferramentas as coitelas, as troquesas, tesouras, subelas, agullas e martelos entre outras.
      • Aínda que esta tarefa estaba distribuída por toda a área xeográfica destacaban zonas como Cea e Allariz en Ourense, Noia e Caldas en Santiago, Vilalba e Chantada en Lugo e Soutomaior en Tui.
    • CANTEIROS
      • Os canteiros comezaban o seu oficio dende moi novos, pouco a pouco ían adquirindo as destrezas necesarias para chegar a dominar o manexo da pedra aínda que pasaban anos en acadalo.
      • Para extraer a pedra e antes de que aparecese a maquinaria moderna, facíase manualmente, empregando picos, paoferros, macetas, mandarrias e guillos. Tamén co paso do tempo chegouse a empregar a dinamita metendo os cartuchos coa mecha entre as rochas á cal prendíanlle lume esperando a que estourase.
      • Ao igual que pasa con outros oficios, os canteiros tiñan unha xira gremial coñecida como a “fala dos canteiros”, tamén chamado “barallete”, creada para manter un segredo, así partían do seu idioma e deformábano de tal xeito que resultaba incomprensible para os de fóra.
        • Os
    • Carpinteiros
      • Entre os carpinteiros destacaban aqueles que chamaban de ribeira, encargados da realización das embarcacións, os de taller que facían mesas, cadeiras, bancos; os ebanistas que tallaban a madeira, os carpinteiros dedicados a erguer as estruturas das casas, os toneleiros que eran os encargados de facer os baldes, toneis e barrís e os fragueiros que facían os carros dos bois.
      • Hoxe en día o oficio de carpinteiro sufriu modificacións debido a aparición de novas maquinas e a incorporación de materiais preelaborados, aglomerados e chapados, levando consigo a desaparición de especialistas en traballar a madeira por métodos tradicionais.
    • Ferreiros
      • As forxas eran os lugares onde se transformaba o ferro nun obxecto útil, xeralmente eran pequenas, escuras e con moi pouca ventilación, adoitaban estar apartadas das casas para evitar o ruído e no seu interior atopábase o fogar onde se quentaba o lume, o fol, a carboeira, a engra, a pila e as ferramentas básicas dun ferreiro como as tenaces, os martelos, as marras, e as talladeiras.
      • As técnicas consistían en quentar o ferro na fragua, batelo e temperalo. Todo o proceso requiría dunha gran destreza que se adquiría cunha aprendizaxe previa pero que cando se acadaba cun gran control do oficio chegábase ao grado de mestre .
    • Redeiras
      • Era costume ver as redeiras polos peiraos e nas praias, sentadas ao carón do mar, vixiadas por o dono para o que traballaban; xunto a elas tiñan o seu instrumental composto principalmente por tesouras coas que cortaban os fíos de algodón ou cáñamo, tacos de madeira para sinalar o ancho da malla e agullas de ferro ou madeira de diferentes tamaños.
      • As redes tamén se tinguían e para iso empregábase a casca de salgueiro que era fervida con auga dándolle ademais maior dureza á malla. Este encascado facíase cada quince días. Ademais, as redes debían ser estendidas despois dun labor de pesca para secalas ben evitando que se estragasen
    • Tecelás
      • O traballo de transformación do liño en tecido é moi longo no tempo e pasa por numerosos procesos, así cando a planta do liño comeza a xermolar recóllese con coidado arrincándoa de raíz e facendo pequenos feixes para pasala polo ripo, especie de banco cun peite de madeira de grandes dimensións co fin de arrincar a bagaña, cápsula que contén a semente do liño. Logo de empozalo, e cando xa está seco mázase e delúvase, é dicir frégase coas mans, separando as fibras boas das defectuosas e pásase polo restrelo, que é unha táboa inzada de puntas finas e moi xuntas para poder separar o liño bo da parte grosa quedando así preparado para tecer.
      • A outra materia prima tamén empregada polas tecedeiras era a la; o proceso é máis sinxelo, comezaba coa rapa das ovellas a man, a la que se obtiña había que lavala no río; tralo secado había que desfacer os nós pasándoa polas cardas, que eran dúas pas de madeira con mango e pugas de ferro quedando lista para pasar ao fiado.
    • OLEIROS
      • Cando se chega co barro ao obradoiro, botáse no barreiro, ou maseiro que soe ser un chan de lousas de pedra onde é pisado cun pisón, despois críbase para eliminar as areas evitando así que leve grumos e posteriormente é amasado coas mans, formando bolos que deixan xunto a roda. Deste barro van collendo anacos, amásano coas mans ata que conseguen a axeitada plasticidade e logo colócano na base do torno -espallando previamente cinza para que o barro non quede pegado no fondo- e comezan a facerlle o cu ao cacharro, estendéndoo co canto da man. Posteriormente van facendo “cerillotes” ou churros co barro entre as mans para colocar xunto ao borde do fondo e así poder ir erguendo e modelando as paredes do cacharro co movemento do torno ata acadar a altura que se desexe. A barriga e o colo definiránse axudados das mans e coas pitelas ou canaveiras, para o borde empregaráse tamén un trapo. Se o cacharro leva bico e asa, estas modelaranse cos dedos das mans e unha vez finalizada a peza decorarase.
    • CESTEIROS
      • A cestería é unha das actividades máis antigas realizados polo home. Vimbios, colmo e madeira eran tecidos polos cesteiros para obter obxectos para transportar e almacenar.
      • Dependendo da materia prima coa que traballaban podían empregar diferentes ferramentas, así por exemplo para traballar a madeira precisaban do burro, da rasoira, o mazo, o fendedor o rechegador e os ferros. Para a palla necesitaríase un punzón ou subela, e para a de vimbio unha coitela.
      • Ao igual que outros oficios tradicionais galegos, a cestería naceu como una actividade relacionada coas tarefas agricolas e do mar para producir obxectos que facilitasen o quefacer diario. Labregos e mariñeiros facían os seus propios cestos, pero os cambios económicos e socias que se desenvolveron en Galicia, sobre todo a partir do século XIX, permitiu mercar os produtos que ata agora facían eles mesmos. Moitos especializáronse no oficio e comezaron a xurdir os primeiros obradoiros artesanais, principalmente nas vilas.
    • Patrimonio inmaterial dos cesteiros
      • Refráns
      • -Quen fai un cesto fai un cento, se lle dan vergas e tempo -Cesta patela arrumba máis que leva. -Amor de nenas, auga nun cesto -Quen fixo o cesto que lle poña o aro
          • Cantigas
      • Miren os cestos e mírenos ben que coma eles , non os fai ninguen O meu amor é cesteiro e chegado a grandeza: traballa con facas de ouro, que as de prata son baixeza
    • A Cestería no Barbanza
      • Na zona do Barbanza hai unha gran tradición cesteira, dedicada tanto ó mundo do mar coma ó mundo agrícola, onde é típica a cestería ,aínda que tamén se utiliza para outros oficios. Na entrevista que realizamos comprobamos como un cesteiro da comarca (Manuel Romero Figueiras),realizaba todo tipo de cestos e cestas, tanto para o mar , para o peixe, ou para o mundo agrícola.
    • AUTORES: Alumnos da materia de Antropoloxía de 1º de Bacharelato (curso 2008-09), baixo a dirección do profesor Emiliano Morenza MÚSICA: Love Theme From Blade Runner , de Vangelis