Os días das letras galegas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Os días das letras galegas

on

  • 666 views

Presentación sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963

Presentación sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963

Statistics

Views

Total Views
666
Slideshare-icon Views on SlideShare
661
Embed Views
5

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

1 Embed 5

http://actividadeslinguaeliteratura.blogspot.com.es 5

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as OpenOffice

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Os días das letras galegas Os días das letras galegas Presentation Transcript

    •  
    • OS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS
      • O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural instituida no ano 1963, data na que se cumprían cen anos dende a publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares galegos”, considerada como punto de partida para o Rexurdimento, o volver a nacer da nosa cultura.
      • A súa finalidade é a de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa do idioma.
      • Anualmente a Real Academia Galega escolle unha personalidade diferente, tendo en conta que se esixe que pasasen como mínimo dez anos dende o seu falecemento.
      Por Ramón Beltrán Carballeira
    • ROSALÍA DE CASTRO Santiago de Compostela 1837 – Padrón 1885 UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO Unha vez tiven un cravo cravado no corazón i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Sóio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios-, daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición. … FOLLAS NOVAS 1963
    • CASTELAO Rianxo 1886 – Bos Aires 1950 Galicia é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de Europa nomar inmenso da libertade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra granítica, está sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe cando nono deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial armónica, de formas e coor, perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña. A patria é a Terra... SEMPRE EN GALIZA 1964
    • EDUARDO PONDAL Ponteceso 1835 – A Coruña 1917 1965
    • FRANCISCO AÑÓN Outes 1812 – Madrid 1878 A LEITEIRA Ergome a'o abrir d'o dia inda alumea o luceiro, e'en chegando a algun regueiro bautizo con auga fria o leite d'o meu pucheiro, porque mellor aproveite, ¿Quén merca o leite?      Madrugueiros estudantes hacho ô pasar pol-a veiga e deteñenm'os tunantes pedindo nata, manteiga, e que sei eu.... Banadantes! mal fogo de Diol-os-deite, ¿Quén merca o leite?  … 1966
    • CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851 – A Habana 1908 1967 AIRES DA MIÑA TERRA Como a miniña tola que sai por ves primeira con dengue e muradana prá festa do lugar; así, xentil i aposta, vai vindo a Primaveira, grinaldas de craveles vertendo ó seu pasar. Os álbores espidos De fruto e de ramaxe, cubertos xa de folla comenzan a dar fror; i á sombra agachapado do prácido follaxe, mentras que o gando garda, fai chifros o pastor. ...
    • LÓPEZ CUEVILLAS Ourense 1886 – Ourense 1958 PROSAS GALEGAS "¡Probiños os ríos! Os máis pequenos morreron xa. As fervenzas dos outros calaron ca súa leda cantiga, e os muiñeiros esqueceron as noites afrodíticas dos muíños. De vagar, de vagar, soio escoan por entre as pedras das presas fíos de auga, tan miudos, tan febles, que semellan as bagoas dun neno. ¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de viaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, a vosa iauga encora nas chás e fede por que, falla de azos pra camiñar, morreu ca soedade do alén. E aínda os grandes ríos da nosa terra: O Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué probes! De cada día, o voso leito afúndese máis, como si andivérades a abrir a vosa propia sepultura... 1968
    • NORIEGA VARELA Mondoñedo 1869 –Chavín 1947 D´O ERMO . iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas d'os toxos. D'os toxales as ténues froliñas, que sorríen, a medo, entr'espiñas. Entr'espiñas que o Ceyo agasalla con diamante-las noites qu'orballa. ¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro! as froliñas d'os toxos son d'ouro. D'ouro vello son, mai, as froliñas d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!... 1969
    • 1970 MARCIAL VALLADARES A Estrada 1821 – A Estrada 1903 MAXINA OU A FILLA ESPÚREA. "Corría o ano mil oitocentos sesenta e seis: era unha mañán de maio; empezaba a esclarecer, e ladrando os cans nas eiras, daban a xente que pasaba polas congostras; cantaban xa o millangarrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirales, o paspallás entre os centeos, e os xílgaros e carrinciños, os chincheiros e siríns desfacíanse nos eidos mirando cada un pra o seu amor, que alí os oviños no níxaro empolaba, e adozando todos en concerto vario, traballos preludio de maternidá...
    • LÓPEZ ABENTE Muxía 1878 – Muxía 1963 CENTILEOS NAS ONDAS . Lostregueante choviscar de estrelas No escuro seo dunha noite en calma; Labarada de auceiros e de arelas A arder na seca gándara da ialma.   Anceios meus de lles ronbare aos mares Rondas de escuma, pérolas nacradas, Rebrilos de ronseles estelares Nos albos colos das mariñas fadas.   Ladrón, a vixiar nas penedías, Nas pardas lombas dos adustos cabos, No fervente balbor das ardentías, Nas mouras furnas nos rochedos bravos.   No brancore dos seixos dos coídos, No morno abrigo das arnelas fondas... Só puiden apañar estes louridos Centileos nas ondas. 1971
    • 1972 LAMAS CARVAJAL Ourense 1849 – Ourense 1906 A ALDEA (frag.) No medio dun souto, ao pé dunha serra, na cume dun monte, no fondo dun val, coas chouzas de seixos telladas de colmo, están as aldeas, o mundo rural. . . . Alí como os corpos, o espritu esmorece, sin outros alentos que a superstición; os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas, seus dioses penates, seus númenes son. Fanáticos, chámanlle á cencia herexía ao xenio loucura, grandeza ao poder, valor á osadía, ao medo pacencia, á usura comercio, vergonza ao non ter. . . . Alí, os caciques engordan e chegan a ricos sin teren nin rentas nin bés, namentras o triste maestro de escola, un ánema en pena de fraco parés.
    • LAGO GONZÁLEZ Tui 1865 – Santiago 1925 O DERRADEIRO CELTA Chega ond'a cerca do castro, mira pro fondo do val, finca na parede o codo, deita a cabeza na mau, e namentras que coa outra Arrincando musgue está Pensatible, triste e morno, Así se pon a falar:                                                Alá van os nosos eidos, a miña casa alá vay; xa me mataron os fillos Matárom´a muller xa; Morreron os nosos homes Que souperon peleyar Morréron-nos os druidas Servidores de Teutás ...      1973
    • 1974 VIQUEIRA CORTÓN Madrid 1886 –Bergondo 1924 DA GÁNDARA ERMA E TRISTE ¿Da gándara erma e triste, piñeiro bravo, non ouces do mar o mar molto tan solitario? ¿Non sintes te chamar á vida pra un vivir sempre máis alto? Piñeiro antigo, vello e engruñado, ergue as sempre verdecentes ponlas que ao vento traman cal tramaron as daqués que, rexos e amorosos, aquí cantaron. ...
    • 1975 PINTOS VILLAR Pontevedra 1811 –Vigo 1876 A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO (frag.) Ou Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de tí o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con él muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla fasta o máis nomicreque ferrancheiro e calesquer podenco forasteiro te vafa de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos ou víboras que postas ao teu peito co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito malas novas madrasta de insensatos dos fillos teus ao amor nan tés direito.
    • RAMÓN CABANILLAS Cambados 1876 – Cambados 1959 1976 EN PÉ ¡En pé! ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito a libre nova vida! ...
    • ANTÓN VILAR PONTE Viveiro 1881 – A Coruña 1936 1977 PENSAMENTO E SEMENTEIRA "Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza máis que unha só aristocracia - aristocracia de pensamento, non de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos parece millor, a do galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal" simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto que hoxe se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un nidio sentimento de libertade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre co fin de lles dar o tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia...
    • ANTONIO LÓPEZ FERREIRO Santiago 1837 – Vedra 1910 1978 O CASTELO DE PAMBRE (frag.) "A Sobrado algo xa o conocemos; agora paréceme posto en razón que tamén enxerguemos algunhas palabras acerca do Vilar de Mella. Xa dixemos que esta fortaleza de Vasco Fernández estaba situada onde se xuntan dous rigueiros que van ao Iso, antre as parroquias de Mella e Sendelle. Compúñase dunha torre cadrada de tres pisos cas súas correspondentes almeas e con dous corpos de casa a ela pegados, un polo lado do Norte e outro polo do Solano...
    • MANUEL ANTONIO Rianxo 1900 – Rianxo 1930 1979 DE CATRO A CATRO (frag.) Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nos. Roubáronnos o Sol. O paquebote esmultado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco.   Ronbáronnos o vento. Aquel veleiro que se evadéu pola corda floxa do horizonte.   Este océano desatracóu das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo. ... 
    • ALFONSO X O SABIO Toledo 1221 – Sevilla 1284 1980 CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.) Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Desto fez Santa María miragre fremoso ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso. por hûa moller que avía tolleito o máis do seu corp'e de mal encolleito: Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran que ben por cabo dos ombros todas se meteran. e os calcannares ben en seu dereito se meteron todos no corpo maltreito. Da que Deus mamou leite do seu peito nan é maravilla de sâar contreito.
    • VICENTE RISCO Ourense 1884 – Ourense 1963 1981 LERIA (frag.) “ Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta de chouza e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes; durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, ...
    • LUIS AMADO CARBALLO Pontevedra 1901 – Pontevedra 1927 1982 PROEL O xesto monacal da pedra benzoa o acougo da aldea…   Axiónllanse os camiños abrazados ao cruceiro, nunha azul eternidade de pedra e ceo.   A agonía do solpor conmove o planto da terra, e a paisaxe presígnase con santas cruces de pedra.   A campaíña de prata do día, latexa un ángelus de epifanía.  ...
    • MANUEL LEIRAS PULPEIRO Mondoñedo 1854 – Mondoñedo 1912 1983 OBRAS COMPLETAS. POESÍAS ¿Por qué o ceo máis limpo ao galego lle párce afumado? ¿Por qué a terra frolida que manda lle cheira a escamallo? ¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte, pra el ten sempre tasto? ¿Por qué sinte que a sangue sorenta figura aburalo? ¿Por qué trema, dormente, e dacondo somella ter rautos? Porque está cos comenzos da febre que aos probos deixados fai perder a cabeza, i erguila, dar fungueirazos, …
    • ARMANDO COTARELO VALLEDOR A Veiga 1879 – Madrid 1956 1984 HOSTIA (frag.) “ ¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a serán deitaba tranquil coma un misteiro frolido. Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego. Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal bestas montesías, chamamos onde vós. E aquela porta, a porta de túa nai, a úneca para nós aberta, foi para min a porta dos ceos. No atrio estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de pombas como Vénus, belida como Flora, graciosa como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible como o amor. Teur ollos feiticeiros miraron garimosos o estrano pelerino de quen todos fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda gracias, sempre gracias!
    • ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Boborás 1884 – Pontevedra 1929 1985 Nós, Nº 71 (frag.) Probos rosas, saundosas esperando amañecer; loumiñadas, degaradas por medrar i arrencender. Tristes rosas amorosas, todo chega, i o fin chega cando a póla se dobrega e nan vos pode soster. Craros soños, frolecidos cobizando un ideal; aniñados, enchoiados nunha roseira lanzal. Tristes soños noitecidos, todo chega i o fin chega se dos soños soilo queda o imposibre no rosal.
    • AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Abadín 1909 – Santiago 1961 1986 HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS Viñeran anos de carnada e alas de corvo, sombras desabogosas, chegaran as rulas, o vento cantaba nas lanzas e nas almeas, esa canción de ferro tan sabida. Os que irían ás rilleiras do olvido, cansos de andar arrastro polas viñas e pumaregas, viran chegar os señores da terra sobre os seus cabalos, e fixeron homenaxe ós poderosos cos seus corazóns máis tristes que a noite á sombra das súas fillas. E soñaron entón en terras anchas coma mares onde pousar o mel do seu corazón sin medida, e botaron negras naus á mar dos deuses, e sobre mares de cinza de orxos tristes, e sobre mares ledas de ribeiras sin conto, puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós lonxes...
    • FRANCISCA HERRERO A Coruña 1869 – A Coruña 1950 1987 NÉVEDA (Introducción). " Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado! couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus defectos…
    • RAMÓN OTERO PEDRAYO Ourense 1869 – Ourense 1976 1988 A CASA SOIA Nas queixumosas táboas Brosladas finalmente polo verme analista de insomnios e fantasmas repousou o mou pai no cadoleito, e inda a piedade de unha bágoa de ólio garda a lembranza gosalleira e triste pra o fillo sempre na querida coimbra, neno xiado de augural pavura pola friaxe glacial de aquela man quentor de Deus, forteza e recompensa. Sofren meus probes libres proba de soedade, noite e poeira, apreixan requintados pensadores os seus cristalográficos esquemas en procura da chama dos poetas aínda nos ermos bailadora lapa ...
    • CELSO EMILIO FERREIRO Celanova 1912 – Vigo 1979 1989 LONGA NOITE DE PEDRA O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra...
    • LUIS PIMENTEL Lugo 1895 – Lugo 1958 1990 SOLPORES DA MIÑA VILA Solpores da miña vila, longos, case eternos. (Os anos pasan rápidos; os días, lentos). a luz esbara polo meu piano lustroso ¿Qué música lle poñeremos? As maos, soñan. Solpor de prata sobor do ébano. Penso nos poetas mortos. Calma, calma...  
    • ÁLVARO CUNQUEIRO Mondoñedo 1911 – Vigo 1981 1991 SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR (frag.) Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito meu o trobo arde ou atrás de ti a sombra do meu soño loucamente a túa apreixa e bica ? Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado Neste río do meu vagar sin fin qué incendiado navío non navegas na noite? -Por qué este corazón tanta frol murcha, por qué inda son eu de tanta verba a boca? Miña branca señor, corpo delgado: este bosque é do tempo da máis recente lúa, i ese malvís que tanto áer enfrauta cada día que amence renasce e asubía.
    • FERMÍN BOUZA BREY Ponteareas 1901 – Santiago 1973 1992 RETORNO (frag.) "Mol rabanda do Mundo, sabrosa terra nai, que ventura manxarte como un lírico pan e chantarche a dentamia dos ollos na códea vidal, madura, recendente, vizosa, a latexar!… Somentes ti me sacias a fame perennal Regusto de alonxarme para logo voltar, e adormir no teu colo abranguendo o teu van, como un Miño quencido polo peito dos vals, coas augas quedas, quedas, sen presa polo mar.
    • EDUARDO BLANCO AMOR Ourense 1897 – Vigo 1979 1993 A PESCA (frag.) Agarimantes cóxegas, moxenas no teimoso cristal bulinte espello dos vimios confidentes pola beira. Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio.   O peixe foi, seu pulo e bris de prata, un istante no tempo de ar e rede; dempois, nota e puñal, fendeu as augas, arrepío de luz na linfa verde.   Como ispido na forza do seu arco, lanzal teu corpo, sen ferir a area, sortíuse con lediza de venablo para o cachón das augos balbordeiras.
    • LUIS SEOANE Bos Aires 1910 – A Coruña 1979 1994 A FONTE (frag.) Semellaba o vello un vagamundo, unha braga ao meio da coxa máis curta a outra e de difrente coor, desguedellado e arrodeado de moscas, ollando cara a fonte. Un burato cun picho no muro, A fonte da rúa do Franco, con unha auga mellor que outras, que roidosa enchía as sellas cantando a auga e brincando. Ao agochárese as mozas amostraban as pernas, as coxas frescas como a auga da fonte. Eso é todo o que agardaba, encostado, desdenoso, no muro, aquel vello que semellaba un vagamundo.
    • RAFAEL DIESTE Rianxo 1899 – Santiago 1981 1995 O GRANDOR DO MUNDO Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xenerosa con que alá premian o traballo, dos boletíns de moitas llanas e da xente sabida que os lé, dos longos trens que bruan pol-a pampa infinda e de mil cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira falar, antrementres co-a navalla barbeira –a mais levián da vila- percorría as fazulas dos seus parroquianos de sempre, e tanto no seu maxín escarabellou o falado, que un día topouse de súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires. Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e lembranzas. Unha mañanciña saeu da vila cun baul pequerrecho....
    • XESÚS FERRO COUSELO Valga 1906 – Ourense 1975 1996 COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOS DEIXARON DE EMPREGAR O GALEGO O galego enton é a fala dos vasalos e dos señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o mesmo nos concellos que nas eirexas, misturado co latín nas prédicas e cerimonias. “E esto así dito e outorgado ergueuse o dito chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso Ougea e Tereixa Alvares e en suas maos feceron logo palavras de casamento ambos e dous, segundo que manda a nosa Santa Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea que recebía a dita Tereixa Alvares por sua muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares dizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea por seu marido boo e leal…” Ansí se fixo un casamento, nos comenzos do catrocentos, según as Notas de Estebo Pérez, chanceller do Cabidoo da Catedral de Ourense...
    • ÁNXEL FOLE Lugo 1903 – Lugo 1986 1997 CONTOS DA NEBOA O Venancio, que sabía moitas historias disas que chaman do outro mundo, falaba das premonicións. -Hai moitos casos en que se aduviña o porvir dunha maneira que chamaremos instintiva. -Ista conversa era millor prá noite, coma cando paseabamos po-la Ferradura e contabamos disas historias de medo, ás que era tan afeizoado o gran clínico don Roberto Nóvoa Santos. - Penso recordar que me dixeron que don Roberto cría que os cás oubeaban cando sentían a morte dunha persoa, poucas horas antes de morrer. Pasamos por diante dunha casa estreitiña. No portal había unha mesa mortuoria. Non sei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “Don Casto Méndez, ex recaudador de contribuciones...” Era o de Pastoriza.
    • JOHÁN DE CANGAS MARTÍN CODAX MEENDINHO 1998 Ondas do mar de Vigo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amado, por que ei gran coidado? E ai Deus!, se verra cedo? Martín Codax
    • ROBERTO BLANCO TORRES Cuntis 1891 – Entrimo 1936 1999 DIANTE DA NATUREZA N-as leiras que dan froito, sóbor chan que xermina, o traballo fecundo impón a lei da vida. Soilo as cibdás imbéciles co pitismo dan grima.   O agro, o agro, é a musa d’ardente melonía en onde a frol d’a loita chea d’arume e limpa, ergue seus cores roxos ô cume que aloumiña, falando ôs peitos nobres d’a redentora obriga. Soilo as cibdás imbéciles traicionan a consina…
    • MANUEL MURGUÍA Arteixo 1833 – A Coruña 1923 2000 DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE TUI ¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de n’entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maor da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin, que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos de que, pois somos un pobo distinto, debemos selo...
    • ELADIO RODRÍGUEZ Leiro 1864 – A Coruña 1949 2001 ORACIÓS CAMPESIÑAS   Quixera que os meus versos cheirasen á terra húmida, …………………………… sonasen sempre a cántigas barudas; …………………………… tivesen oraciós de atardeceres …………………………… chegasen as concencias máis escuras e despertasen n’elas as voluntades murchas, e prendesen nas almas as arelas patrióticas máis xurdias, e rezasen á eito a pregaria eucarística e litúrxica do santo amor á todo canto é noso i-á todo canto en nós vive e perdura, pra que así nos sentísemos nas xornadas futuras máis grandes e máis donos de nós mesmos,
    • FREI MARTÍN SARMIENTO Vilafranca do Bierzo 1695 – Madrid 1772 2002 Coloquio de 24 Gallegos Rústicos No chan que en Morrazo chaman os galegos tamen San Cybran que chega hasta o ceo, que está no camiño que vay ao Ribeyro dendes Pontevedra a vila do reyno, a hum-ha legoiña, camiño dereyto, fay conta que sigues o rumbo surlesto se sube en relanzo por todo o vieyro sen muita fadiga nem muito tormento,
    • ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS Taramancos 1935 – A Coruña 1992 2003   O SEMIDEUS DERROTADO       O elmo ourilucente está guindado na inmensidá da gándara bravía, a espada escentilante non porfía na valerosa man de xesto ousado.      Esparéxese o pó no medio día testemuña da loita afervoada, e soio en pé a egua, camarada de tanta camiñata largacía.      O seu carón a adágara rachada que en cen combates defendeu seu peito cobre de sombra a testa entusiasmada      E sérvelle o terrón de cadaleito e de suario sérvelle a xeada a aquel que en valentía foi perfeito.       ( Poemas a Maricarme Pereira )
    • XAQUÍN LORENZO “XOCAS” Ourense 1907 – Ourense 1987 2004 ENREDOS   A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e sen transcendencia; cando se fala de froita, por exempro, os nosos labregos acostuman a decer: « ises son enredos de rapaces ». En sentido máis restrinxido, un enredo é un xoguete, é decer, un artiluxio co que os nenos satisfán a sua necesidade de ocupar o tempo imitando no posible ás persoas maiores. O mesmo significado ten asimesmo a palabra brinquedo (de brincar = saltar, xogar). A anterior fórmase de enredar, do mesmo valor que brincar. Chámanse tamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro = mañoso. O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocas móstrasenos a existencia dista industria infantil.     
    • XESÚS LORENZO VARELA A Habana 1916 – Madrid 1978 2005 LUGO Na fonte de ferro, no coiro dos bois no espello do vento, da navalla e da frol. No recén da herba, no lobo e no can, nos ollos da meiga, na pedra do lar. No refaixo dela, na ponte do alén no andar das ovellas. no ar do mencer. No cabalo quente, no viño millor no que non se perde no meu corazón. ... Na vida, na morte, no amor e no ren, loubareite, Lugo de aceiro e de mel.
    • MANUEL LUGRÍS Sada 1863 – A Coruña 1940 2006 A FESTA DE TACÓN Sempre tuveron n-o peito d'os gallegos cariñoso agarimo as ideas de caridá misturadas c'o santo antusiasmo pol-a pátrea: n-a noite d'o veint' e cinco d'o derradeiro mes dimos unha proba d'ista verdá. Pol-a tarde d'ese cobizado dia non pensaban os gallegos mais que n-a festa que se proparaba. Todol-os sembrantes revertian alegria, todol-os corazós latexaban á impulsos d'os recordos mais ledos e feiticeiros. As gaitas deixaban ouvir de vez en cando os seus tenros conceutos, xa co'a churrusqueira muiñeira, xa co'a vagarosa e sempre divina alborada...     
    • MARÍA MARIÑO Noia 1918 – O Courel 1967 2007 VERBA QUE COMEZA Linme hoxe toda por dentro. ¡Linme! ¡Como me está chegando! ¡Como me apaña! Eu non sei, non sei si me chega ou vou por ela. Non o sei. ¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas? Hoxe, hoxe, día de todos en un. Infindá do tempo. ¡Hoxe! Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas, sin velas, sin barcos en coor vello. Hoxe, ¿de quen? Hoxe: dirán uns. Hoxe: dirán outros mentras...
    • XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Tui 1915 – Vigo 1985 2008 Ise neno da rúa Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todo os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. ...
    • RAMÓN PIÑEIRO Láncara 1915 – Santiago 1990 2009 A LINGOAXE E AS LÍNGOAS No panorama cultural dos nosos días bótase de ver que a preocupación pola lingoaxe vai tomando unha amplitude i unha relevancia crecentes. En boa parte, naturalmente, polas achegas da propia ciencia lingüística; pro tamén, e cada vez máis, porque a investigación da lingoaxe interesa noutros campos científicos, ou mesmo como medio de verificación da filosofía. ..
    • UXÍO NOVONEYRA Parada do Courel 1930 – Santiago 1999 2010 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente Por qué inda busca a xente aquel soño clausurado? Vido visto ben santiago I esa cuestión non resolta Fago camiño de volta camiño de volta fago Camiño de volta fago Volvo do cabo do Mundo Terra sólo en ti me fundo É a certeza que trago
    • LOIS PEREIRO Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996 2011 Cero á esquerda O corredor de fondo perde o alento fuxindo dunha vida inzada de renuncias da súa liturxia obesa e oleosa, mediocre nos seus comunais fracasos, bágoas de xelo, indignación contida non deu chegado a tempo de exercer a súa rebelión, nin de levar a cabo a súa vinganza definitiva contra un mundo inxusto, homicida, e cruel, pola inutilidade da súa propia vida solitario, enfermo e fatigado, a morte anticipouse e chegou antes.
    •  
    •