Your SlideShare is downloading. ×
Os días das letras galegas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Saving this for later?

Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime - even offline.

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Os días das letras galegas

733
views

Published on

Presentación sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963

Presentación sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963


0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
733
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. OS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural instituida no ano 1963, data na que se cumprían cen anos dende a publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares galegos”, considerada como punto de partida para o Rexurdimento, o volver a nacer da nosa cultura.A súa finalidade é a de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa do idioma. Anualmente a Real Academia Galega escolle unha personalidade diferente, tendo en conta que se esixe que pasasen como mínimo dez anos dende o seu falecemento. Por Ramón Beltrán Carballeira
  • 2. ROSALÍA DE CASTRO Santiago de Compostela 1837 – Padrón 1885UNHA VEZ TIVEN UN CRAVOUnha vez tiven un cravocravado no corazóni eu non me acordo xa si era aquel cravode ouro, de ferro ou de amor.Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,que tanto me atormentou,que eu día e noite sin cesar chorabacal choróu Madalena na Pasión.Señor, que todo o podedes-pedinlle unha vez a Dios-,daime valor para arrincar dun golpecravo de tal condición.…FOLLAS NOVAS 1963
  • 3. CASTELAO Rianxo 1886 – Bos Aires 1950Galicia é a mellor esquina do solarhispánico, cabo do mundo antigo e avanzadade Europa nomar inmenso da libertade. Aarquitectura barroca do noso chan, labradaen pedra granítica, está sempre coberta porun manto de zugoso verdor. Os montes sonredondos como peitos de muller e as serrasson como lombos de boi cebado. Os vales sonledos e farturentos. O mar tolea de carraxecando nono deixan penetrar na terra; perocando entra, quédase adormecido no leitodas rías. Galiza é unha unidade territorialarmónica, de formas e coor, perfeitamentediferenciada do resto da Hespaña. Apatria é a Terra...SEMPRE EN GALIZA 1964
  • 4. EDUARDO PONDALPonteceso 1835 – A Coruña 1917 1965
  • 5. FRANCISCO AÑÓN Outes 1812 – Madrid 1878A LEITEIRA Ergome ao abrir do dia inda alumea o luceiro, een chegando a algun regueiro bautizo con auga fria o leite do meu pucheiro, porque mellor aproveite, ¿Quén merca o leite?      Madrugueiros estudantes hacho ô pasar pol-a veiga e deteñenmos tunantes pedindo nata, manteiga, e que sei eu.... Banadantes! mal fogo de Diol-os-deite, ¿Quén merca o leite?  … 1966
  • 6. CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851 – A Habana 1908AIRES DA MIÑA TERRA Como a miniña tola que sai por ves primeira con dengue e muradana prá festa do lugar; así, xentil i aposta, vai vindo a Primaveira, grinaldas de craveles vertendo ó seu pasar. Os álbores espidos De fruto e de ramaxe, cubertos xa de folla comenzan a dar fror; i á sombra agachapado do prácido follaxe,mentras que o gando garda, fai chifros o pastor. ... 1967
  • 7. LÓPEZ CUEVILLAS Ourense 1886 – Ourense 1958PROSAS GALEGAS"¡Probiños os ríos! Os máis pequenosmorreron xa. As fervenzas dos outros calaronca súa leda cantiga, e os muiñeirosesqueceron as noites afrodíticas dos muíños.De vagar, de vagar, soio escoan por entre aspedras das presas fíos de auga, tan miudos,tan febles, que semellan as bagoas dun neno.¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza deviaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, avosa iauga encora nas chás e fede por que,falla de azos pra camiñar, morreu casoedade do alén.E aínda os grandes ríos da nosa terra: OMiño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, quéprobes! De cada día, o voso leito afúndesemáis, como si andivérades a abrir a vosapropia sepultura... 1968
  • 8. NORIEGA VARELA Mondoñedo 1869 –Chavín 1947D´O ERMO . iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as ténues froliñas, que sorríen, a medo, entrespiñas. Entrespiñas que o Ceyo agasalla con diamante-las noites quorballa. ¡Oh do yermo preciado tesouro! as froliñas dos toxos son douro. Douro vello son, mai, as froliñasdos bravos toxales, ¡das devocións miñas!... 1969
  • 9. MARCIAL VALLADARES A Estrada 1821 – A Estrada 1903MAXINA OU A FILLA ESPÚREA."Corría o ano mil oitocentos sesenta eseis: era unha mañán de maio;empezaba a esclarecer, e ladrando oscans nas eiras, daban a xente quepasaba polas congostras; cantaban xa omillangarrido, a bubela e o cuco nascarballeiras, o merlo e o reiseñor nossalgueirales, o paspallás entre oscenteos, e os xílgaros e carrinciños, oschincheiros e siríns desfacíanse noseidos mirando cada un pra o seu amor,que alí os oviños no níxaro empolaba, eadozando todos en concerto vario,traballos preludio de maternidá... 1970
  • 10. LÓPEZ ABENTE Muxía 1878 – Muxía 1963 CENTILEOS NAS ONDAS . Lostregueante choviscar de estrelas No escuro seo dunha noite en calma; Labarada de auceiros e de arelas A arder na seca gándara da ialma.  Anceios meus de lles ronbare aos maresRondas de escuma, pérolas nacradas, Rebrilos de ronseles estelares Nos albos colos das mariñas fadas.   Ladrón, a vixiar nas penedías,Nas pardas lombas dos adustos cabos, No fervente balbor das ardentías,Nas mouras furnas nos rochedos bravos.   No brancore dos seixos dos coídos,No morno abrigo das arnelas fondas... Só puiden apañar estes louridos Centileos nas ondas. 1971
  • 11. LAMAS CARVAJAL Ourense 1849 – Ourense 1906 A ALDEA (frag.) No medio dun souto, ao pé dunha serra, na cume dun monte, no fondo dun val, coas chouzas de seixos telladas de colmo, están as aldeas, o mundo rural. ... Alí como os corpos, o espritu esmorece, sin outros alentos que a superstición;os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas, seus dioses penates, seus númenes son. Fanáticos, chámanlle á cencia herexía ao xenio loucura, grandeza ao poder, valor á osadía, ao medo pacencia, á usura comercio, vergonza ao non ter. ... Alí, os caciques engordan e chegan a ricos sin teren nin rentas nin bés, namentras o triste maestro de escola, un ánema en pena de fraco parés. 1972
  • 12. LAGO GONZÁLEZ Tui 1865 – Santiago 1925 O DERRADEIRO CELTA Chega onda cerca do castro, mira pro fondo do val, finca na parede o codo, deita a cabeza na mau, e namentras que coa outra Arrincando musgue está Pensatible, triste e morno, Así se pon a falar:                                                Alá van os nosos eidos, a miña casa alá vay; xa me mataron os fillos Matárom´a muller xa; Morreron os nosos homes Que souperon peleyar Morréron-nos os druidas Servidores de Teutás ...     1973
  • 13. VIQUEIRA CORTÓN Madrid 1886 –Bergondo 1924DA GÁNDARA ERMA E TRISTE ¿Da gándara erma e triste, piñeiro bravo, non ouces do mar o mar molto tan solitario? ¿Non sintes te chamar á vida pra un vivir sempre máis alto? Piñeiro antigo, vello e engruñado, ergue as sempre verdecentes ponlas que ao vento traman cal tramaron as daqués que, rexos e amorosos, aquí cantaron. ... 1974
  • 14. PINTOS VILLAR Pontevedra 1811 –Vigo 1876A GAITA GALEGA TOCADA POLOGAITEIRO (frag.) Ou Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de tí o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con él muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla fasta o máis nomicreque ferrancheiro e calesquer podenco forasteiro te vafa de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos ou víboras que postas ao teu peito co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito malas novas madrasta de insensatos dos fillos teus ao amor nan tés direito. 1975
  • 15. RAMÓN CABANILLASCambados 1876 – Cambados 1959 EN PÉ ¡En pé! ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito a libre nova vida! ... 1976
  • 16. ANTÓN VILAR PONTE Viveiro 1881 – A Coruña 1936 PENSAMENTO E SEMENTEIRA"Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiñanon haberá na Galiza máis que unha sóaristocracia - aristocracia de pensamento, nonde sangue -, aristocracia ou aristarquía, sivos parece millor, a do galeguismo; a que levapor bandeira e por escudo o "orgullo orixinal"simbolizado no emprego da lingua materna,que é o supremo froito de diferenciación dalingua materna, que é o supremo froito dediferenciación da raza á que perteñecemos. Ogalego culto que hoxe se esprese en galego, porese só feito demostra levar na ialma un nidiosentimento de libertade; un nobre afán deasolagar a súa intelixencia nas augas vivas dotraballo enxebre co fin de lles dar o temperoperciso para que poidan fecundar mortasterras, cheias de lixos de escravitude,trocándoas en viveiros de vizosa democracia... 1977
  • 17. ANTONIO LÓPEZ FERREIRO Santiago 1837 – Vedra 1910 O CASTELO DE PAMBRE (frag.)"A Sobrado algo xa o conocemos; agoraparéceme posto en razón que taménenxerguemos algunhas palabras acerca doVilar de Mella. Xa dixemos que estafortaleza de Vasco Fernández estabasituada onde se xuntan dous rigueiros quevan ao Iso, antre as parroquias de Mellae Sendelle. Compúñase dunha torrecadrada de tres pisos cas súascorrespondentes almeas e con dous corposde casa a ela pegados, un polo lado doNorte e outro polo do Solano... 1978
  • 18. MANUEL ANTONIO Rianxo 1900 – Rianxo 1930DE CATRO A CATRO (frag.) Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nos. Roubáronnos o Sol. O paquebote esmultado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco.   Ronbáronnos o vento. Aquel veleiro que se evadéu pola corda floxa do horizonte.  Este océano desatracóu das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo. ...  1979
  • 19. ALFONSO X O SABIO Toledo 1221 – Sevilla 1284CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.) Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Desto fez Santa María miragre fremoso ena ssa eigrejan Lugo, grande piadoso. por hûa moller que avía tolleito o máis do seu corpe de mal encolleito: Da que Deus mamou leite do seu peito non é maravilla de sâar contreito. Que ámbalas súas mâos assí sencolleranque ben por cabo dos ombros todas se meteran. e os calcannares ben en seu dereito se meteron todos no corpo maltreito. Da que Deus mamou leite do seu peito nan é maravilla de sâar contreito. 1980
  • 20. VICENTE RISCO Ourense 1884 – Ourense 1963 LERIA (frag.)“Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas doval, antre as muradellas dos eidos e á sombra doscarballos, polos vieiros abertos da serra, batidas dovento, antre as uces e as carqueixas, polas estradaspoeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas naporta de chouza e na portalada do pazo, ao pé docruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido dachuvia, xantando nos mesós, sentados nos longosbancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes;durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado derexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cosvellos, coas mulleriñas, cos homes que andan notraballo; ollando os longos horizontes cinguidos deserras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luarda noite, vai ún comungando coa terra, deixándoaentrar máis adentro na ialma, ... 1981
  • 21. LUIS AMADO CARBALLOPontevedra 1901 – Pontevedra 1927 PROEL O xesto monacal da pedra benzoa o acougo da aldea…   Axiónllanse os camiños abrazados ao cruceiro, nunha azul eternidade de pedra e ceo.   A agonía do solpor conmove o planto da terra, e a paisaxe presígnase con santas cruces de pedra.   A campaíña de prata do día, latexa un ángelus de epifanía.  1982 ...
  • 22. MANUEL LEIRAS PULPEIRO Mondoñedo 1854 – Mondoñedo 1912 OBRAS COMPLETAS. POESÍAS ¿Por qué o ceo máis limpo ao galego lle párce afumado? ¿Por qué a terra frolida que manda lle cheira a escamallo?¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte, pra el ten sempre tasto? ¿Por qué sinte que a sangue sorenta figura aburalo? ¿Por qué trema, dormente, e dacondo somella ter rautos? Porque está cos comenzos da febre que aos probos deixados fai perder a cabeza, i erguila, dar fungueirazos, … 1983
  • 23. ARMANDO COTARELO VALLEDOR A Veiga 1879 – Madrid 1956 HOSTIA (frag.)“¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. Araiosa primaveira enguirlandaba a campía e aserán deitaba tranquil coma un misteiro frolido.Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego.Proscritos da terra nosa, decote perseguidos calbestas montesías, chamamos onde vós. E aquelaporta, a porta de túa nai, a úneca para nósaberta, foi para min a porta dos ceos. No atrioestabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada depombas como Vénus, belida como Flora, graciosacomo Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terriblecomo o amor. Teur ollos feiticeiros mirarongarimosos o estrano pelerino de quen todosfuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aíndagracias, sempre gracias! 1984
  • 24. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Boborás 1884 – Pontevedra 1929 Nós, Nº 71 (frag.) Probos rosas, saundosas esperando amañecer; loumiñadas, degaradas por medrar i arrencender. Tristes rosas amorosas, todo chega, i o fin chega cando a póla se dobrega e nan vos pode soster. Craros soños, frolecidos cobizando un ideal; aniñados, enchoiados nunha roseira lanzal. Tristes soños noitecidos, todo chega i o fin chega se dos soños soilo queda o imposibre no rosal. 1985
  • 25. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Abadín 1909 – Santiago 1961HOMENAXE A RAMÓN CABANILLASViñeran anos de carnada e alas de corvo,sombras desabogosas, chegaran as rulas,o vento cantaba nas lanzas e nas almeas,esa canción de ferro tan sabida.Os que irían ás rilleiras do olvido,cansos de andar arrastro polas viñas epumaregas,viran chegar os señores da terra sobre os seuscabalos,e fixeron homenaxe ós poderososcos seus corazóns máis tristes que a noiteá sombra das súas fillas.E soñaron entón en terras anchas coma maresonde pousar o mel do seu corazón sin medida,e botaron negras naus á mar dos deuses,e sobre mares de cinza de orxos tristes,e sobre mares ledas de ribeiras sin conto,puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós 1986lonxes...
  • 26. FRANCISCA HERRERO A Coruña 1869 – A Coruña 1950 NÉVEDA (Introducción)."Querendo un gran poema cantar, dúbidasteño; que se falo galego non me entenden; e acantar castillán nan me comprendo. Asímesmo pregúntome, se en prosa hei deescribir ou ben en verso; e ríome soíña destemeu dubidar; que é un aletexo igual ó dunpoliño que se debote, coidándose atrapado nopoleiro por un espanta-paxaros de trapomovido polos ímpetus do vento. Ninguén hade le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lomeu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo.¡Lectores... quen os vira, mulpocado!couberan nun puñiño ben pequecho!...Deixade, pois, que escriba como canto:deixádeme que fale cos galegos, que sonirmáns da alma os que me escoitan, e non hade asolagar nos meus defectos… 1987
  • 27. RAMÓN OTERO PEDRAYO Ourense 1869 – Ourense 1976 A CASA SOIA Nas queixumosas táboas Brosladas finalmente polo verme analista de insomnios e fantasmas repousou o mou pai no cadoleito,e inda a piedade de unha bágoa de ólio garda a lembranza gosalleira e tristepra o fillo sempre na querida coimbra, neno xiado de augural pavura pola friaxe glacial de aquela manquentor de Deus, forteza e recompensa. Sofren meus probes libres proba de soedade, noite e poeira, apreixan requintados pensadores os seus cristalográficos esquemas en procura da chama dos poetas aínda nos ermos bailadora lapa ... 1988
  • 28. CELSO EMILIO FERREIRO Celanova 1912 – Vigo 1979LONGA NOITE DE PEDRA O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite 1989 de pedra...
  • 29. LUIS PIMENTEL Lugo 1895 – Lugo 1958SOLPORES DA MIÑA VILA Solpores da miña vila, longos, case eternos. (Os anos pasan rápidos; os días, lentos).a luz esbara polo meu piano lustroso ¿Qué música lle poñeremos? As maos, soñan. Solpor de prata sobor do ébano. Penso nos poetas mortos. Calma, calma...   1990
  • 30. ÁLVARO CUNQUEIRO Mondoñedo 1911 – Vigo 1981 SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR (frag.)Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito meu o trobo arde ou atrás de ti a sombra do meu soño loucamente a túa apreixa e bica ?Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado Neste río do meu vagar sin finqué incendiado navío non navegas na noite? -Por qué este corazón tanta frol murcha,por qué inda son eu de tanta verba a boca? Miña branca señor, corpo delgado:este bosque é do tempo da máis recente lúa, i ese malvís que tanto áer enfrauta cada día que amence renasce e asubía. 1991
  • 31. FERMÍN BOUZA BREYPonteareas 1901 – Santiago 1973 RETORNO (frag.) "Mol rabanda do Mundo, sabrosa terra nai, que ventura manxarte como un lírico pane chantarche a dentamia dos ollos na códea vidal, madura, recendente, vizosa, a latexar!… Somentes ti me sacias a fame perennal Regusto de alonxarme para logo voltar, e adormir no teu colo abranguendo o teu van, como un Miño quencido polo peito dos vals, coas augas quedas, quedas, 1992 sen presa polo mar.
  • 32. EDUARDO BLANCO AMOR Ourense 1897 – Vigo 1979 A PESCA (frag.) Agarimantes cóxegas, moxenas no teimoso cristal bulinte espello dos vimios confidentes pola beira. Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio.  O peixe foi, seu pulo e bris de prata, un istante no tempo de ar e rede; dempois, nota e puñal, fendeu as augas, arrepío de luz na linfa verde.   Como ispido na forza do seu arco, lanzal teu corpo, sen ferir a area, sortíuse con lediza de venablopara o cachón das augos balbordeiras. 1993
  • 33. LUIS SEOANE Bos Aires 1910 – A Coruña 1979 A FONTE (frag.) Semellaba o vello un vagamundo, unha braga ao meio da coxa máis curta a outra e de difrente coor, desguedellado e arrodeado de moscas, ollando cara a fonte. Un burato cun picho no muro, A fonte da rúa do Franco, con unha auga mellor que outras, que roidosa enchía as sellas cantando a auga e brincando. Ao agochárese as mozas amostraban as pernas, as coxas frescas como a auga da fonte. Eso é todo o que agardaba, encostado, desdenoso, no muro,aquel vello que semellaba un vagamundo. 1994
  • 34. RAFAEL DIESTE Rianxo 1899 – Santiago 1981 O GRANDOR DO MUNDOTanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruaslongas e direitas que non se dan ademiradas ninandadas, da prata relocinte e xenerosa con quealá premian o traballo, dos boletíns de moitasllanas e da xente sabida que os lé, dos longostrens que bruan pol-a pampa infinda e de milcousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvirafalar, antrementres co-a navalla barbeira –amais levián da vila- percorría as fazulas dosseus parroquianos de sempre, e tanto no seumaxín escarabellou o falado, que un día topousede súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires.Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia elembranzas.Unha mañanciña saeu da vila cun baulpequerrecho.... 1995
  • 35. XESÚS FERRO COUSELO Valga 1906 – Ourense 1975COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOSDEIXARON DE EMPREGAR OGALEGOO galego enton é a fala dos vasalos e dosseñores, dos cregos e dos labregos, e óucese omesmo nos concellos que nas eirexas,misturado co latín nas prédicas e cerimonias.“E esto así dito e outorgado ergueuse o ditochantre e tomou por las maos aos ditos AfonsoOugea e Tereixa Alvares e en suas maosfeceron logo palavras de casamento ambos edous, segundo que manda a nosa SantaMadre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougeaque recebía a dita Tereixa Alvares por suamuller boaa e leal e a dita Tereixa Alvaresdizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea porseu marido boo e leal…” Ansí se fixo uncasamento, nos comenzos do catrocentos, segúnas Notas de Estebo Pérez, chanceller doCabidoo da Catedral de Ourense... 1996
  • 36. ÁNXEL FOLE Lugo 1903 – Lugo 1986 CONTOS DA NEBOAO Venancio, que sabía moitas historias disasque chaman do outro mundo, falaba daspremonicións.-Hai moitos casos en que se aduviña o porvirdunha maneira que chamaremos instintiva.-Ista conversa era millor prá noite, comacando paseabamos po-la Ferradura econtabamos disas historias de medo, ás queera tan afeizoado o gran clínico don RobertoNóvoa Santos.- Penso recordar que me dixeron que donRoberto cría que os cás oubeaban candosentían a morte dunha persoa, poucas horasantes de morrer.Pasamos por diante dunha casa estreitiña.No portal había unha mesa mortuoria. Nonsei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “DonCasto Méndez, ex recaudador decontribuciones...” Era o de Pastoriza. 1997
  • 37. JOHÁN DE CANGAS MARTÍN CODAX MEENDINHO Ondas do mar de Vigo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amado, por que ei gran coidado? E ai Deus!, se verra cedo?Martín Codax 1998
  • 38. ROBERTO BLANCO TORRES Cuntis 1891 – Entrimo 1936 DIANTE DA NATUREZA N-as leiras que dan froito, sóbor chan que xermina, o traballo fecundo impón a lei da vida. Soilo as cibdás imbéciles co pitismo dan grima.   O agro, o agro, é a musa d’ardente melonía en onde a frol d’a loita chea d’arume e limpa, ergue seus cores roxos ô cume que aloumiña, falando ôs peitos nobres d’a redentora obriga. Soilo as cibdás imbéciles traicionan a consina… 1999
  • 39. MANUEL MURGUÍA Arteixo 1833 – A Coruña 1923 DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE TUI¡O noso idioma! O que falaron nosos pais evamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nosachamos a ponto de n’entendelo; aquel en quecantaron reis e trovadores; o que, fillo maor dapátrea gallega, nola conservóu e conserva comaun don da providencia; o que aínda ten nosnosos labres as dozuras eternas e acentos quevan ó corazón; o que agora oídes coma si foseun himno relixioso; o hermoso, o nobre idiomaque do outro lado dese río é léngoa oficial queserve a máis de vinte millóns de homes e tenunha literatura representada polos nomesgloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e deHerculano; o gallego, en fin, que é o que nosdá dereito á enteira posesión da terra en quefomos nados, que nos de que, pois somos unpobo distinto, debemos selo... 2000
  • 40. ELADIO RODRÍGUEZ Leiro 1864 – A Coruña 1949 ORACIÓS CAMPESIÑAS  Quixera que os meus versos cheirasen á terra húmida, …………………………… sonasen sempre a cántigas barudas; …………………………… tivesen oraciós de atardeceres …………………………… chegasen as concencias máis escuras e despertasen n’elas as voluntades murchas, e prendesen nas almas as arelas patrióticas máis xurdias, e rezasen á eito a pregaria eucarística e litúrxica do santo amor á todo canto é noso i-á todo canto en nós vive e perdura, pra que así nos sentísemos nas xornadas futuras 2001máis grandes e máis donos de nós mesmos,
  • 41. FREI MARTÍN SARMIENTO Vilafranca do Bierzo 1695 – Madrid 1772Coloquio de 24 Gallegos Rústicos No chan que en Morrazo chaman os galegos tamen San Cybran que chega hasta o ceo, que está no camiño que vay ao Ribeyro dendes Pontevedra a vila do reyno, a hum-ha legoiña, camiño dereyto, fay conta que sigues o rumbo surlesto se sube en relanzo por todo o vieyro sen muita fadiga nem muito tormento, 2002
  • 42. ANTÓN AVILES DE TARAMANCOS Taramancos 1935 – A Coruña 1992  O SEMIDEUS DERROTADO      O elmo ourilucente está guindado na inmensidá da gándara bravía, a espada escentilante non porfía na valerosa man de xesto ousado.      Esparéxese o pó no medio día testemuña da loita afervoada, e soio en pé a egua, camarada de tanta camiñata largacía.      O seu carón a adágara rachada que en cen combates defendeu seu peito cobre de sombra a testa entusiasmada      E sérvelle o terrón de cadaleito e de suario sérvelle a xeada a aquel que en valentía foi perfeito. 2003      ( Poemas a Maricarme Pereira)
  • 43. XAQUÍN LORENZO “XOCAS” Ourense 1907 – Ourense 1987ENREDOS A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsasexeralmente pra indicar algo de pouca importancia esen transcendencia; cando se fala de froita, porexempro, os nosos labregos acostuman a decer: «isesson enredos de rapaces».En sentido máis restrinxido, un enredo é unxoguete, é decer, un artiluxio co que os nenossatisfán a sua necesidade de ocupar o tempoimitando no posible ás persoas maiores. O mesmosignificado ten asimesmo a palabra brinquedo (debrincar = saltar, xogar). A anterior fórmase deenredar, do mesmo valor que brincar. Chámansetamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro =mañoso.O xoguete non ten fronteiras xeográficas nencronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocasmóstrasenos a existencia dista industria infantil. 2004    
  • 44. XESÚS LORENZO VARELA A Habana 1916 – Madrid 1978 LUGO Na fonte de ferro, no coiro dos bois no espello do vento, da navalla e da frol. No recén da herba, no lobo e no can, nos ollos da meiga, na pedra do lar. No refaixo dela, na ponte do alén no andar das ovellas. no ar do mencer. No cabalo quente, no viño millor no que non se perde no meu corazón. 2005 ...Na vida, na morte, no amor e no ren, loubareite, Lugo de aceiro e de mel.
  • 45. MANUEL LUGRÍS Sada 1863 – A Coruña 1940 A FESTA DE TACÓNSempre tuveron n-o peito dos gallegoscariñoso agarimo as ideas de caridámisturadas co santo antusiasmo pol-apátrea: n-a noite do veint e cinco doderradeiro mes dimos unha proba distaverdá.Pol-a tarde dese cobizado dia nonpensaban os gallegos mais que n-a festaque se proparaba. Todol-os sembrantesrevertian alegria, todol-os corazóslatexaban á impulsos dos recordos maisledos e feiticeiros. As gaitas deixabanouvir de vez en cando os seus tenrosconceutos, xa coa churrusqueiramuiñeira, xa coa vagarosa e sempredivina alborada...     2006
  • 46. MARÍA MARIÑO Noia 1918 – O Courel 1967 VERBA QUE COMEZALinme hoxe toda por dentro.¡Linme!¡Como me está chegando!¡Como me apaña!Eu non sei,non sei si me chega ou vou por ela.Non o sei.¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxeme levas?Hoxe,hoxe, día de todos en un.Infindá do tempo. ¡Hoxe!Hoxe de quen todos somos na mareasin ondas,sin velas,sin barcos en coor vello.Hoxe, ¿de quen?Hoxe: dirán uns. 2007Hoxe: dirán outros mentras...
  • 47. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Tui 1915 – Vigo 1985 Ise neno da rúa Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todo os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. ... 2008
  • 48. RAMÓN PIÑEIRO Láncara 1915 – Santiago 1990A LINGOAXE E AS LÍNGOASNo panorama cultural dos nosos díasbótase de ver que a preocupación polalingoaxe vai tomando unha amplitude iunha relevancia crecentes. En boaparte, naturalmente, polas achegasda propia ciencia lingüística; protamén, e cada vez máis, porque ainvestigación da lingoaxe interesanoutros campos científicos, ou mesmocomo medio de verificación dafilosofía. .. 2009
  • 49. UXÍO NOVONEYRAParada do Courel 1930 – Santiago 1999SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente Por qué inda busca a xente aquel soño clausurado? Vido visto ben santiago I esa cuestión non resolta Fago camiño de volta camiño de volta fago Camiño de volta fago Volvo do cabo do Mundo Terra sólo en ti me fundo É a certeza que trago 2010
  • 50. LOIS PEREIRO Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996 Cero á esquerda O corredor de fondo perde o alento fuxindo dunha vida inzada de renuncias da súa liturxia obesa e oleosa, mediocre nos seus comunais fracasos, bágoas de xelo, indignación contida non deu chegado a tempo de exercer a súa rebelión, nin de levar a cabo a súa vinganza definitivacontra un mundo inxusto, homicida, e cruel, pola inutilidade da súa propia vida solitario, enfermo e fatigado, a morte anticipouse e chegou antes. 2011