• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Seres Mitoloxicos
 

Seres Mitoloxicos

on

  • 1,336 views

Seres míticos de Galicia

Seres míticos de Galicia

Statistics

Views

Total Views
1,336
Views on SlideShare
1,262
Embed Views
74

Actions

Likes
1
Downloads
6
Comments
0

5 Embeds 74

http://bibliocadreche.blogspot.com 31
http://cadrechegalego.blogspot.com.es 19
http://bibliocadreche.blogspot.com.es 15
http://cadrechegalego.blogspot.com 6
http://www.slideshare.net 3

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Seres Mitoloxicos Seres Mitoloxicos Presentation Transcript

    • Información e imaxes: Dicionario dos seres míticos Galegos Editorial Xerais Xoán R. Cuba/Antonio Reigosa/Xosé Miranda
    • É unha rapaza fermosísima, esbelta, pálida, loura, que ten uns longos cabelos enguedellados en algas, sensual, que aparece entre a escuma do mar nos días de mareira ou tempestade, ou entre as furnas, ou asomando só a cabeza, ou andando ao lonxe sobre o mar. Ten figura totalmente humana. Comunica desgrazas. Cando se ve, vai ocorrer un naufraxio. É, pois, un agoiro de morte. Pero tamén pode agoirar mala pesca ou mar revolto. Parece como se fose un ser benéfico que avisa. É muda, non fala senón que emite voces similares ós chíos das gaivotas.
    • Persoa que coa ollada, consciente ou inconcientemente, querendo o usen querer, causa dano e mal de ollo. Normalmente faino por envexa, pero non sempre. O aollador deixa saír fóra os seus malos desexos e ambicións; non sabe controlarse e verque no mundo o abismo da súa alma. Calquera veciño, que non sospeitamos, pode ser o aollador, pero moitas veces sábese quen é: unha bruxa, unha vella… Dise que teñen moita forza na vista, tanta que poden chegar a matar. Para evitar facer dano non poden mirar de fronte nin ás persoas nin aos animais.
    • Pedro Chosco ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. É o encargado de facer durmir aos nenos con suaves aloumiños. Tamén pode enredar ás mozas e criadas de servir, impedíndolles traballar. Os nenos ven a Pedro Chosco cando xa teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir.
    • É un trasno. Caracterízase polas falcatruadas ou trasnadas que fai. Pode ter figura de home pequeno vestido con sotana moura e un par de cornos, de anano saltarín que sempre está rindo, con barbas longas e pucho encarnado,… ou moitas máis. Tamén se nota a súa presenza de varias maneiras: asústanse os animais sen motivo, chegas á casa sen traer o que ías buscar, séntense ruídos estranos nos faiados das casas pola noite, ábrense as ventás de xeito inexplicable,… Actúa sobre todo na casa.
    • Son demos familiares, moi pequenos, invisibles, maliciosos, aliados das bruxas, causantes de meigallos e enfermidades. Son os culpables dos ruídos inexplicables, dos fenómenos estranos,… Teñen a mesma orixe que os demos: son anxos expulsados do Paraíso. Dicir que alguén ten os demachiños é o mesmo que dicir que está enmeigado. As bruxas devecen por teren a caixa dos demachiños, aínda que só a teñen as bruxas poderosas. As bruxas aliméntanos con leite, carne de pita e sangue.
    • Meiga nocturna que entra nas casas para zugar o sangue dos nenos e dos maiores. Os nenos van mirrando e enfraquecen ata morrer esmirriados, esbrancuxados, sen cara onde se persignar. Non se debe crer que a meiga chuchona sexa distinta doutras meigas ou bruxas. De feito, é o mesmo ser, que unhas veces fai esta maldade, como fai outra.
    • É un home ou muller que se transforma en lobo. Pode ser por maldición dos pais ou doutra xente (Lobo da Xente), debido a ter nacido nas noites de Nadal ou Venres Santo, ou mesmo por un meigallo ou como froito dunha envexa. Cando anda de lobo non hai arma que o poida ferir ou matar, adicándose a atacar, matar e devorar nenos e maiores. O Lobo da Xente ten unha pelica de lobo, que cando a quita é persoa e cando a pon é lobo. Algúns teñen que estar sete anos de lobos. Existe forma desfacer a maldición.
    • Ou Procesión das Ánimas en pena que anda de noite polos camiños de Galicia. Os defuntos de cada parroquia levántanse e póñense a andar polos camiños. Van en dúas ringleiras, descalzos e con sudario branco. Levan luces, candeas e ósos ardendo, ademais da cruz, auga bendita, campaíña, peto das ánimas,… O portador da cruz é un vivo, condenado a portar con ela ata que consiga pasarlla a outro vivo que atopen no camiño. Entre a Compaña ten que haber un Coxo da Compaña.
    • É un home que agarda nas noites de inverno aos nenos que saen do colexio e volven á casa e se entreteñen polo camiño. Cae a noite e o chupasangues espéraos nunha esquina, nun lugar pouco iluminado. Mátaos e chúpalle o sangue. Se cadra é o home do saco. O chupasangues é un coco para asustar a nenos e nenas. É ben clara a súa relación coa Meiga Chuchona.
    • Aquí aparecen algún dos moitos seres míticos galegos, coas explicacións que deles nos dan no libro do que está sacada a información, da Ed. Xerais. Outros serían: O sacaúntos: pode ser un boticario ou un vello cun saco ó lombo para meter nel os nenos malos coa intención de matalos e logo vender o unto, para facer medicinas. É un coco para asustar ós nenos e que non se arreden. O papón: é xigante, ten enorme boca, ollos de lume que revolve furioso, bandullo de forno ardente. Agoreiras: cando o crego que bautiza a unha nena se equivoca e en vez de poñer o óleo dos vivos lle pon o óleo dos defuntos, déixaa marcada. En chegando a vella poderá predecir e ver a morte roldando unha persoa, aínda que se atope lonxe. Meniñeiros: trasnos familiares que fan sorrir ós nenos moi pequenos e que os demais non podemos ver. Por iso, non sabemos como son. Poderíamos falar tamén do mal da paletilla, mal de ollo, do aire, da sombra,… EQUIPO DINAMIZADOR DA LINGUA GALEGA – EQUIPO DA BIBLIOTECA CEP Pilar Maestú Sierra – A POBRA DO CARAMIÑAL