O Casal (Estacas)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

O Casal (Estacas)

on

  • 1,035 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,035
Views on SlideShare
930
Embed Views
105

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

3 Embeds 105

http://museodonaurelio.wordpress.com 93
http://centros.edu.xunta.es 11
https://museodonaurelio.wordpress.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

O Casal (Estacas) O Casal (Estacas) Presentation Transcript

  • O CASAL (ESTACAS) MÓNICA CAMPOS REBOREDO 3ºA
  • O CASAL Esta fotografía pertence ao Casal. Cremos que lle puxeron ese nome debido a que Casal significa pequeno grupo de casas. Nesta aldea o que mais abunda son as árbores, as veigas e os hórreos. A maioría das casas teñen hórreo. Aquí viven arredor de 100 habitantes. Non hai moita ganderia, só alguns veciños se dedican á agricultura e a maioría ten traballos lonxe das súas , na construción, nos servizos ou na industria. Aquí non hai traballo, e a maioría da xente marcha desta aldea para outros lugares, e cada vez hai menos novos e máis xente maior. Aquí non hai ruido, respírase tranquilidade. Este seria un lugar perfecto para pasar uns dias descansando.
  • A IGREXA DA PARROQUIA DE ESTACAS A esta igrexa veñen os veciños de O Casal, de Magán, Vilameán, Bragaña e da Torre, a escoitar misa. Anque os de Magán teñen unha igrexa ali, debido a que o cura non podía dar misa nos dous lugares decidiuse que seria aquí onde darían misa. Esta entre o cemiterio e unha carballeira onde se celebra unha festa todos os anos o 29 de xullo. Non ten moito valor artístico. O seu campanario, como todos, está pegado á igrexa. Antigamente a sacristán tiña que subir ao campanario por unhas escaleiras de caracol nas que non se vía nada e había ata morcegos. Agora limpouse e non hai bechos.
  • A ESCULTURA DE SANTA BÁRBARA
    • Esta é unha escultura de Santa Bárbara. Non sei de que ano é, pero está aí desde que teño memoria.
    • Está situada encima da porta da igrexa, feita de granito. Non se sabe quen foi o escultor. Nunca sufriu un altercado nin se tivoo que reparar.
    • Esta escultura tense que limpar a man por iso os veciños utilizan un escada pois esta nun sitio que sen ela non se podería acceder.
    • Esta é a única escultura que hai fóra da igrexa. Dentro da igrexa hai moitas máis.
  • UN CRUCEIRO ANTIGO Este cruceiro é o máis antigo do lugar. Fíxose entre 1800 e 1810. Está situada nunha carballeira a carón da igrexa, da que antes falamos. Aquí celébrase a misa de Ramos. Este cruceiro límpase todos os anos para o Día dos Defuntos. Ocúpanse de facelo os veciños. Está rodeado de carballos e en outono moitas veces non se ve a base de tan cheo de follas das árbores que está. Tivo que repararse unhas cuantas veces debido a que o vento o rachou xa hai bastante tempo. O muro que se percibe detrás é o da reitoral da que falaremos máis tarde, é o muro de adiante é da igrexa. Esta cheo tamén de flores que os veciños plantaron para embelecer o lugar.
  • A REITORAL Na casa reitoral vive o sacerdote da parroquia. Nesta casa dábase catequese, hoxe dáse na igrexa. O hórreo é enorme e detrás hai un pombal. O hórreo ten sete claros e é o máis grande do Concello, amosándonos o poder económico que tiña a Igrexa. Tamén destaca por estar construído en pendente. Nesta casa rodáronse varias escenas dunha pélicula onde os veciños foron extras e só tiñan que facer que choraban. Na horta teñen todo tipo de árbores froiteiras, como maceiras, pereiras, nogueiras, etc. Tamén teñen animais coidados polo sacerdote e o sacristán. Na casa ten que haber polo menos unhas vintecinco habitacións. Ten dous portais para entrar. Está situada ao sur da igrexa.
  • A CARBALLEIRA DE ESTACAS
    • Esta é unha das dúas carballeiras que hai en Estacas. Esta a carón da igrexa, e aquí onde fan a festa do Santo Cristo o 29 de xullo.
    • As mesas de pedra son xa antigas, estan aí desde que teño memoria. Ao lado hai un palco onde o día de Ramos, o sacerdote, tras pasar polo cruceiro di a misa.
    • Unha das árbores que máis me gusta é o da dereita. Aquí e onde se poñen as orquestras o día da festa. Ao fondo hai unha costa que é unha das subidas ao calvario, un lugar elevado donde se dá a misa ao Santo Cristo. Esta rodeado por árbores e pola igrexa.
  • O CALVARIO
    • Este é o calvario donde se celebra todos os anos o Santo Crito, unha misa en honor a San Fins de Estacas.
    • Nese mesa ponse o sacerdote da parroquia e dous máis. Esa mesa previamente adórnase con centros de frores e un mantel. O corredor que hai diante tamén se adorna con flores de facendo debuxos coma cruces, persoas… Este traballo realízano uns días antes os veciños aos que lle toque, cada ano tócalle a veciños diferentes. Na festa canta o coro da parroquia que esta formado por veciñas de toda Estacas. E acompáñaas unha banda que é contratada. Esta rodeada de eucaliptos moi antigos.
    • Estes eucaliptos están situados xunto ao calvario. Son moi antigos, segundo os anciáns teñen polo menos uns cen anos. Hai polo menos uns cincuenta e son moi altos e grosos.
    • Os eucaliptos son utilizados máis para dar sombra que para outra cousa. Decidin poñelos porque me parecen moi bonitos. O día da Santo Cristo os veciños utilizan as súas follas parta realizar os traballos.
    EUCALIPTOS CENTENARIOS
  • CARBALLEIRA DO CASAL Este e o lugar de encontro de maiores maís que de moz@s, debido a que non hai moitos e os poucos que quedan reúnense no meu ‘curruncho favorito’, unha mesa da Serreira. Aquí celebrabase o San Xoan. Os mais pequenos veñen a xogar aquí. A esquerda da fotografía, aínda que non se aprecia, está a parada do autobús onde de luns a venres o esperamos os alumnos do Casal. Os bancos non son moi antigoos, terán como moito uns cinco anos. A canastra do fondo esta rota. Os columpios puxéronse canda os bancos. O cruceiro que aparece é aínda máis recente que os bancos.
  • O MEU CURRUNCHO FAVORITO Este é o meu curruncho favorito porque é tranquilo e non está moi alto. Tamén hai arbores. A mesa e os bancos puxéronse hai pouco tempo, haberá uns catro anos. Antes sentabámonos nunhas pedras que había. Aquí reunímonos os rapaces, tanto do Casal como doutras aldeas que veñen onda nós. É un sito bastante tranquilo, para reflexionar. Ao fondo e a dereita hai casas. A esquerda, tras baixar unhas escaleiras atópase un sitio onde antes xogabamos ao fútbol, agora imos a un campo que hai detrás da carballeira. En outono as follas dos carballos invaden o chan impedindo ver o que hai debaixo das numerosas follas de carballo.
  • UNHA CASA BONITA
    • Esta casa paréceme bonita porque é unha das máis antigas. Fíxose polo ano 1930, obra dun emigrante que tivo que ir a Arxentina para conseguir diñeiro para facer a casa.
    • Aínda que por dentro foi modificada, no exterior non se tocou a penas nada. Na súa horta hai un hórreo e un pozo artesán que foron reformados. A lareira non se cambiou, pero tívose que trasladar a outro lado da eira por non haber sitio no interior da casa. Está nun cuberto.
    • Na horta hai árbores que se plantaron canda a casa. Hai animais coma o que se ‘colou’ na foto, hai máis pero non se ‘coaron’.
  • OUTRA CASA BONITA Esta é outra das casa que me parece bonita. Esta casa, ao contrario ca outra, foi reformada tanto por dentro coma por fóra. Nesta casa, por desgraza, xa non vive ninguén, pois a súa dona faleceu hai un ano. Na reforma puxeron o muro mais a cancela, antigamente por aí entraba o carro. Na fotografia non se ve, pero está pegada a outra casa polo lada esquerdo. Esta non ten nin lareira, nin pozo. O que ten en común coa outra é que na súa horta tamen hai un montón de árbores froiteiras.
  • UNHA CASA MENOS BONITA Esta vai ser a única casa que non me gusta, porque o resto de casas que hai no Casal gústanme todas. Elixina porque unha parte da casa que se ve na fotografía está construída con ladrillos á vista. Non se integra co resto das casas e co lugar. A fachada tamén está feita cuns poucos ladrillos e pedras. O seu dono non vive todos os días nela, só os fins de semana e nas vacacións. Nesta casa tampouco hai pozo nin lareira. Non é moi antiga.