Your SlideShare is downloading. ×
0
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Marina Ferreiro Fernández

1,161

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,161
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide










  • Transcript

    • 1. Marina Ferreiro Fernández Sheila Martínez
    • 2. A miña avoa, Marina, naceu o 4 de maio de 1941, en Castrolandín, unha aldea de Cuntis, onde vivíu durante toda a súa infancia. Era filla de Ana María Ferreiro Fernández, da que adoptou os dous apelidos, por ser filla de solteira e non recoñecela como tal seu pai. Coñeceuno cando xa era máis maior, pero nunca vivíu con ela. Debido a isto, non tivo ningún irmán, pois a súa nai non casou nunca. Cando tiña 18 anos casou e posteriormente tivo cinco fillos moi nova.
    • 3. Matrimonio e fillos Marina coñeceu a seu marido, Rogelio López Pazo, músico de profesión, ós 17 anos nun baile e casou ós 18 anos, cando xa estaba embarazada do seu primeiro fillo, que foi buscado, para que a súa nai a deixara casar. Ós 30 anos xa tiña cinco fillos, tres mulleres e dous homes. Tivo oito netos, algúns deles xa adultos, e ós 63 anos foi bisavoa por primera vez, tendo o segundo bisneto tres anos despois. Desde que tivo ós fillos dedicou a súa vida a coidalos, mentres que o seu marido tocaba ca orquestra para manter a familia. Cando non tiña actuacións , en inverno, traballaba como barbeiro, para gañar diñeiro.
    • 4. A escola Marina recorda que tiñan que ir á escola tódolos días pola mañán e pola tarde, agás o xoves que só ía pola mañá e que o sábado tiña que acudir para dar clase de relixión, pero como di ela “eu xa non era moi amiga de ir á escola, e inventaba calquer cousa para non ir”. En canto ós libros, tiña tres, chamábanlle as tres enciclopedias e incluían tódalas materias. “Daquela tiñámoslle moito máis respecto ós mestres que o que se lle ten agora, cando nos portabamos mal, castigábannos e pegábannos cunha regra”, di Marina. Conta que só tiñan unha mestra e que todas eran rapazas, pero eran poucas e a relación entre elas era moi boa.
    • 5. O lecer Marina di que xogaba na aldea coas demais rapazas a xogos coma ás escondidas e outros xogos populares e así se divertían, como dixo ela “todo iso que agora non fan”. En canto ás festas, recorda que as fins de semana no inverno ían ó baile que facían no cine de Cuntis e no verán a festas patronais. Conta que os homes sacaban ás mulleres a bailar e despois marchaban con eles, así foi como coñeceu ó que foi seu marido, que tras sacala a bailar nun baile comezaron a relación. “Cando non había baile iamos ó cine, pero non era moi a miúdo porque daquela non había cartos”, di ela.
    • 6. O traballo A miña avoa traballou en moitos sitios como costureira e facendo chaquetas e tamén nun bar que tiña a familia. Conta que cando estaba na casa e nas vacacións ía ó toxo, marchaba cando aínda era de noite, sobre as catro da mañá, e volvía de día. “Eran épocas moi duras para o traballo e había que abandonar os estudos e poñerse a traballar, só as familias máis ricas podían seguir formándose”
    • 7. A casa Cando era pequena vivía en Castrolandín, coa súa nai, a súa avoa e as tías. Na súa casa había moi poucos mobles, a cama o armario e pouco máis. Non había electrodomésticos, nin luz e andaban cun farol. Pasou por moitas casas antes da actual, entre elas, o cuartel da garda civil, que foi a súa terceira casa, onde naceu unha das súas fillas. Alí só tiñan unha radio e recorda que foi no 1967 cando compraron a primeira televisión ata o momento. “Cando aínda non tiñamos a televisión, os meus fillos ían a un bar a vela e foi unha alegría para todos cando a compramos, era algo máis no que pasar o tempo”, recorda. Mentres estaban no cuartel empezaron a facer unha casa nova na que viven actualmente. Ó principio só dispoñía de electrodomésticos como a cociña de gas e televisión, co tempo foron aparecendo máis, como a lavadora, máis televisións, frigorífico, etc.
    • 8. A aldea Na aldea, os habitantes aumentaron co tempo. Había moi poucas casas e os veciños máis cercanos estaban a 400 metros e non se relacionaban moito con eles. Na zona non había estradas, eran camiños de xabre e corredoiras. A xente dedicábase a traballar nas veigas, que antes eran moito máis numerosas que agora e abarcaban zonas nas que actualmente hai casas. “Toda a aldea cambiou moito, está irrecoñecible, pero recordo perfectamente como era e como se vivía”
    • 9. Enfermidades, viaxes e relixión Marina nunca escoitou falar da Sección Feminina e non pasou por enfermidades importantes, pero recorda que naquela época había moito sarampelo e todos os seus fillos o tiveron. As viaxes eran moi escasas e as que facían eran dentro de Galicia, excursións a distintas zonas da comunidade: “Agora Coche no que ía a familia de viaxe todo e distinto, viaxan moito máis, pero antes non había cartos”. En canto a relixión, di que daquela era moito máis importante que agora, e estaba presente na vida cotiá. De aí que os sábados tivera que acudir á escola para dar clases de relixión e todos os domingos ían a misa.
    • 10. Momentos históricos Marina non nacera cando foi a Guerra Civil, e non recorda nada que lle afectara despois dela, cando aínda era pequena. En cambio, recorda as consecuencias do franquismo, e di que non olvida a imaxe de homes que levaban a outros ó monte e alí os mataban. “Non é que me importe moito a política, pero aínda así a democracia paréceme ben porque agora podemos votar a calquer partido”

    ×