Manuel correa

  • 942 views
Uploaded on

Traballo realizado pola alumna de 4º da ESO A do CPI Don Aurelio de Cuntis sobre a vida do seu avó Manuel.

Traballo realizado pola alumna de 4º da ESO A do CPI Don Aurelio de Cuntis sobre a vida do seu avó Manuel.

More in: Education , Technology
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
942
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide













Transcript

  • 1. Manuel Correa Calvelo Andrea Correa Pazos. Curso: 4ºA
  • 2. O meu avó naceu no ano 1935 (ten 74 anos) duns pais humildes nunha aldea de San Andrés de Vea, na Estrada. Vivía con seus pais, seus avós e moitos tíos, e xurdiron problemas dentro da familia o que obrigou a seus pais a marchar para unha casa pobre mentres se puxeron a facer unha nova para a familia. Seu pai era carpinteiro e con axuda doutros familiares foi facendo unha casiña para vivir. Manuel foi o primeiro de catro irmáns, polo tanto tivo que axudar moito a coidar de seus irmáns pequenos xunto coa súa nai, xa que seu pai, ante as necesidades que pasaban, tivo que emigrar a Venezuela. Cando era pequeno tivo unha vida moi dura con todo tipo de privacións.
  • 3. A nenez e a escola Dende moi pequeno xa traballaba moito, como lle pasaba a maior parte dos nenos do seu tempo. Comezou con 8 anos a ir á escola. Só ía a mañán xa que pola tarde tiña que saír coas vacas para o monte. Había dúas escolas en San Andrés: unha para nenos e outra para nenas. Na escola de rapaces había un profesor que tiña que atender el só a 84 rapaces, Don Antonio. Meu avó di: “Era un profesor ditador, pero foi un bo home. Ademais castigaba só ós que o merecían”. Alí aprendían aritmética, xeografía e historia, todo metido nun só libro que era prestado polo propio mestre. Pero ademais tiñan que saber o catecismo. Meu avó di: ”O catecismo de cartón a cartón”. Nas horas de lecer xogaban ó fútbol e de vez en cando realizaban torneos entre as diferentes parroquias. Como meu avó era moi estudoso e sabía moi ben o catecismo, veu un cura para levalo ó seminario. Nesa época era a única saída para facer estudos xa que non costaba nada. Pero non foi porque tiña que coidar dos irmáns. El dixo: “Sería un bo predicador”. Deixou a escola ós 14 anos para aprender o oficio de zoqueiro.
  • 4. Mocidade e traballo Estivo traballando seis meses de zoqueiro sen gañar nada, despois gañaba 1,50 pesetas ó día. Máis tarde grazas ó seu patrón comezou a recibir clases de música. Tiña que ir andando dende San Andrés ata Pontevea (6 km) para asistir ás clases, pero só dispoñía do tempo que lle daban para comer e tiña que pasar cun bocadiño sen poder ir á súa casa a xantar. Meses máis tarde, tivo sorte e prestáronlle unha bicicleta. Ó ano de tomar clases mandárono a tocar coa banda e xa gañaba 40 pesetas. Nun so día gañaba o mesmo que nun mes de zoqueiro. Por iso el seguiu estudando música para poder axudar a súa familia. Comezou co clarinete, despois co requinto, co baritono e ó final co saxofón. Ademais, naqueles tempos, os músicos eran moi admirados polas rapazas, por iso despois de cada actuación os estaban esperando debaixo do palco. Como di el: “Eramos moi apetitosos para as mozas”. Ós 15 anos namorouse dunha rapaza coa que mantivo un romance durante 6 anos e medio, da cal se separou despois dun frechazo coa miña avoa. No ano 1964 mercou unha moto, unha Lambretta coa que ía ás actuacións e levaba á familia a onde fose preciso, mesmo ata a praia en Vilagarcía.
  • 5. A familia Coñeceu a miña avoa no ano 1959, nunha festa. Foise namorando dela co paso do tempo, xa que nas festas bailaban xuntos. Ela e meu avó bailaban moi ben. Deixou a moza e estivo coa miña avoa durante un ano e medio. Miña avoa quedou embarazada e tiveron que casar. Tiveron 3 fillos, dous nenos e unha nena. Cando casou foi vivir para a casa dos seus sogros que o trataron moi ben. El gañaba moitos cartos na orquestra e non tivo problemas para coidar ós fillos. Foi un matrimonio feliz, pero moi curto; xa que no ano 1973 miña avoa enfermou e meu avó tivo que regresar de Suíza para coidala. Durou tres anos, morrendo no ano 1977. Meu avó quedou ó coidado dos fillos que logrou sacar adiante grazas a seu oficio de músico na Banda Musical da Estrada e o taller de zoqueiro que tiña. Avó: “Era simpática e agradable, foime imposible separarme dela. En 19 anos de matrimonio nunca nos miramos mal e xamais tivemos discusións.”
  • 6. A mili Meu avó entrou no servizo militar no ano 1957 con 22 anos. Estaba destinado a África, pero foi sobrante e mandárono para a infantería de Ferrol. Un oficial daquel cuartel, Don Herminio, botoulle unha man cunha recomendación para que o meteran no taller de zapateiros, pero o que fixeron foi metelo na banda militar do Tercio Norte de Ferrol durante 6 meses. Cando comezou a guerra de Sidi Ifni (África), os músicos de todos os cuarteis perderon o destino e pasaron á vida militar común facendo as gardas, a limpeza… A situación era moito máis difícil de levar e para conseguir uns días de permiso súa nai fíxose pasar por enferma. Meu avó pasábao moi mal alí e díxolle ao oficial Don Herminio cando recibiu a chamada de súa nai: “Don Herminio no vuelvo más al cuartel. En estos diez días me voy con mi padre para Venezuela”. Don Herminio aconselloulle: “No se te ocurra, vuelve para aquí, que te declaran desertor y te meten en el calabozo”. Meu avó despois duns días de permiso regresou. Enviarono á Plana Maior nunha zapatería onde estivo de encargado. Con todo, ten bos recordos do tempo da mili. Licenciouse no ano 1959.
  • 7. Traballo de zoqueiro As ferramentas propias do seu oficio de zoqueiro e zapateiro que aínda hoxe emprega son: a bigornia, o banco de traballo, o esmeril que antes se movía co pé e agora xa é “máis moderno”, funciona con electricidade. O froito do traballo: os zocos feitos totalmente a man desde as solas, as pezas de coiro cortadas a partir da pel dunha vaca ou becerro, cravar, coser,... Os zocos eran o calzado habitual de toda a xente, sobre todo dos maiores, ata hai poucos anos, o que lle supoñía traballar todo o día e parte da noite: “Agora xa case non se fan a non ser para as persoas moi maiores ou para os que teñen problemas nos pés” Os zocos foron susituídos polos zapatos e houbo que adaptarse a novas formas de traballar.
  • 8. Traballo de músico Despois de pasar os primeiros anos de actuacións musicais na Banda de Vea, que naqueles tempos tiña moitas actuacións, un grupo de compañeiros da música, os máis novos, decidiron formar unha orquestra cos mellores medios técnicos daquela época, a Orquestra Iberia da que el é o fu n da do r. Viñe ro n u ns an os de p r o s p e r i d a d e a p r o v e ita n d o a s numerosas actuacións p o la s parroquias da bisbarra.
  • 9. Emigración Meu avó emigrou no ano 1972 cando a orquestra na que tocaba se desfixo. Marchou para Suíza onde gañou moito diñeiro. No pr im eiro an o co mpro u un Renault R-6 e no segundo un solar na Estrada. El enviaba moitas cartas a súa muller e ós seus fillos, xa que a súa marcha foi moi inesperada e non ben aceptada polos fillos, sobre todo o maior. Tivo que regresar cando a súa muller enfermou no ano 1974. Avó: “Aquilo era unha mina de ouro”
  • 10. A casa A casa era unha casa de aldea onde convivían persoas e animais. A cociña era unha lareira e non había comodidades, pero pouco a pouco foron facendo melloras para dotala das cousas máis precisas. O primeiro televisor que chegou a aldea instalouse debaixo da cociña de meu avó ata que se fixo un local comunitario chamado o “teleclub”. Don Manuel Fraga, ministro de Información e Tirismo, regalara televisores a tódalas parroquias. Os veciños ían ver a telenovela tódalas tardes. A primeira lavadora que houbo na casa regaláralla a súa avoa no ano 1967, foi un gran avance xa que antes tiñan que ír lavar a roupa a un vertedeiro que había preto da casa. O frigorífico chegou moito máis tarde.
  • 11. A aldea Na aldea na que vive segue habendo os mesmo número de habitantes, porque os fillos dos antigos veciños volveron e restauraron as casas vellas. Antes había corredoiras e non podían andar coas motos e os coches, así que entre os veciños fixeron unha estrada para a escola. Tiveron que abrir 2 km de pista e utilizaron 213 tractores de pedra. Cando había festas todos os veciños se xuntaban para celebrala. E cando había que traballar nas veigas os veciños tamén axudaban.
  • 12. Hoxe segue tocando na Banda Musical da Estrada, coida dos netos e cando é tempo de ir colleitar vai no seu tractor. Limpa as súas toxeiras para evitar incendios e cando está de descanso, charla cos seus amigos.