0
A II República (1931-1936)
Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera




 O longo período de réxime liberal da
 Restauración (1976-192...
A España de 1930


España tiña uns 23 millóns de
habitantes. Máis de 10 millóns non
sabían ler nin escribir.

O 47% da pob...
A proclamación da República (abril de 1931)

As forzas republicanas uníronse en
agosto de 1930 no chamado Pacto de
San Seb...
O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931


O Goberno provisional convocou
eleccións en xuño de 1931, que g...
O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa


Na Constitución separouse a Igrexa do
Estado, rematando cos privilexios
secul...
O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías
A existencia de forzas nacionalistas nas
tres rexións con lingua propia, c...
O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres
Na II República as mulleres viron mellorar
como nunca a súa situación xurídi...
O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación



Impulsouse o ensino público para
diminuír o elevado analfabetismo (30%,
4...
O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército



A depuración dos elementos máis
reaccionarios, subordinado o Exército
ao p...
O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social

O Goberno aprobou medidas
encamiñadas a mellorar a situación dos...
O Bienio de Dereitas (1933-1936)




Nas eleccións a esquerda sufriu unha
importante derrota. O partido máis
votado foi a ...
O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro

A vida política radicalizouse        e a
conflitividade social ...
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)
O Goberno de Lerroux caeu por un
escándalo de corrupción: o estraperlo.
Nas elecció...
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra



A dereita non aceptou os resultados das
eleccións de febreiro e a...
O Estatuto de Autonomía de Galicia

Os grupos nacionalistas galegos
crearon o primeiro partido político en
1931: o Partido...
VIDA COTIÁ: campesiños




Descanso da malla, Mequinenza, 1932                        Familia campesiña, 1932




Traballa...
VIDA COTIÁ: obreiros e empregados




  Pescadaría en Madrid, 1935         Mineiros asturianos, 1934         Perruquería d...
VIDA COTIÁ: mulleres




 Na escola, Madrid, 1936                                                     Extraendo sangue, 19...
VIDA COTIÁ: traballos á marxe




Home anuncio en Barcelona, 1934.                Casimiro Municio, verdugo de      Recoll...
VIDA COTIÁ: educación




Autobús das Misións Pedagóxicas     Nenos nunha representación da Misións   Montaxe dun escenari...
VIDA COTIÁ: a relixión




Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935                  Comuñón na celebración de Cristo ...
VIDA COTIÁ: os deportes




   Partido de fútbol en Gijón                                    Partido de baloncesto España ...
VIDA COTIÁ: as cidades




Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932                         Rúa do Progreso, Ourense   ...
VIDA COTIÁ: estampas




  Moeda de dunha peseta de 1933                                Teléfono




                     ...
II República (1931-1936)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

II República (1931-1936)

1,134

Published on

Un resumo dos aspectos políticos fundamentais da II República, acompañados de imaxes da vida cotiá neses anos

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,134
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
36
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide
  • Transcript of "II República (1931-1936)"

    1. 1. A II República (1931-1936)
    2. 2. Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera O longo período de réxime liberal da Restauración (1976-1923) rematou coa Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Eran dous réximes ao servizo dos intereses dos poderosos, que monopolizaban o poder e reprimían calquera protesta das clases populares co apoio do Exército e da Igrexa. O intento de volver á Restauración en 1930 foi un fracaso que tamén provocou a caída da Monarquía de Alfonso XIII. Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
    3. 3. A España de 1930 España tiña uns 23 millóns de habitantes. Máis de 10 millóns non sabían ler nin escribir. O 47% da poboación activa traballaba na agricultura. Case 2 millóns de labregos eran xornaleiros sen terra que se concentraban no sur. Os campesiños galegos sobrevivían en reducidos latifundios. Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo O 20% da poboación activa traballaba nas fábricas, na mineiría e na construción, con soldos insuficientes e horarios excesivos. Os sindicatos (a CNT anarquista e a UGT socialista) tiñan as súas bases nas áreas industriais de Cataluña e o País Vasco, e entre os xornaleiros andaluces. A crise do 29 afectou sobre todo ás clases populares, aumentando moito o desemprego nos anos trinta. Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
    4. 4. A proclamación da República (abril de 1931) As forzas republicanas uníronse en agosto de 1930 no chamado Pacto de San Sebastián. En decembro, o intento de pronunciamento militar republicano iniciado en Jaca, fracasou. O 12 de abril celeráronse eleccións municipais, gañando as candidaturas republicanas nas grandes cidades. O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao exilio. Proclamouse a República cun enorme entusiasmo popular. O Comité Revolucionario saído do Pacto de San Sebastián tomou o poder, formando un Goberno provisional. Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
    5. 5. O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931 O Goberno provisional convocou eleccións en xuño de 1931, que gañaron as esquerdas. Formouse un goberno de coalición entre republicanos de esquerda e socialistas. Elaborouse unha nova Constitución, na que as esquerdas impuxeron a súa maioría parlamentaria. Os artigos máis discutidos foron os relacionados coa organización do territorio (as autonomías), as relacións Igrexa-Estado e o voto das mulleres.
    6. 6. O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa Na Constitución separouse a Igrexa do Estado, rematando cos privilexios seculares da Igrexa católica: suprimiuse a contribución económica do Estado; prohibiuse que as Ordes relixiosas exerceran o ensino, a industria ou o comercio; secularizáronse os cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio; etc. As esquerdas vían á Igrexa como unha aliada das clases dominantes, e estas fixeron da cuestión relixiosa un Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931) elemento fundamental da súa oposición á República. A Igrexa apoiou á dereita e serviu en 1936 de coartada ideolóxica ao bando franquista na Guerra Civil.
    7. 7. O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías A existencia de forzas nacionalistas nas tres rexións con lingua propia, con gran apoio en Cataluña (Esquerra Republicana), levou a que na Constitución se recollera a posibilidade de que se aprobasen estatutos e se creanse gobernos autónomos, fronte a unha dereita centralista que os vía coma un atentado á unidade da patria. Cataláns a favor do Estatuto O Estatuto catalán aprobouse en 1932, pero o vasco e o galego non puideron aplicarse polo estalido da Guerra Civil. Campaña contra o Estatuto catalán
    8. 8. O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres Na II República as mulleres viron mellorar como nunca a súa situación xurídica e social. Recoñeceuse a súa igualdade cos homes. Na conquista do sufraxio foi fundamental a loita da deputada Clara Campoamor, fronte a oposición ou indeferenza da maioría dos deputados, mesmo de moitos das esquerdas que pensaban que as mulleres podían ser manipuladas. Conseguiuse a igualdade xurídica cos homes, regulouse o matrimonio civil e o divorcio e equiparouse o dereito á educación e ao traballo. Non sempre sen conseguiu, a pesar da lexislación, romper o machismo sociolóxico, pero todos os avances na igualdade remataron co triunfo do franquismo. Clara Campoamor
    9. 9. O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación Impulsouse o ensino público para diminuír o elevado analfabetismo (30%, 40% nas mulleres). Construíronse 5.000 novas escolas cada ano, formándose miles de novos mestres. Tamén se fomentou a creación de bibliotecas ambulantes, das Misións Pedagóxicas (escolas itinerantes) e grupos de teatro como La Barraca, formado por universitarios voluntarios e que promoveu García Lorca. Todas estas medidas contaron coa pechada oposición da Igrexa e da dereita, que as vían como un perigo que atentaba contra o control que tradicionalmente exercían sobre a sociedade. Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
    10. 10. O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército A depuración dos elementos máis reaccionarios, subordinado o Exército ao poder civil, e a reducción do elevado número de oficiais foron os dous obxectivos principais do Goberno. Sen embargo, os altos oficiais seguiron a ser maioritariamente conservadores e dispostos a intervir na vida política. En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932) encabezou un intento de golpe de estado (a sanjurjada) contra as reformas republicanas. Fracasou pero foi o primeiro aviso do que aconteceu en 1936. Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
    11. 11. O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social O Goberno aprobou medidas encamiñadas a mellorar a situación dos traballadores. Pero estas eran insuficientes nun contexto de crise económica cun forte aumento do paro. A reforma agraria non se aprobou ata setembro de 1932 e aplicouse con moita lentitude. A conflitividade social foi en aumento, protagonizada polos sindicatos, sobre todo o anarquista da CNT. Houbo contantes enfrontamentos entre as forzas de orde pública e os Matanza de Casas Viejas traballadores. O de máis sona foi o de Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron 23 xornaleiros que participaran nunha ocupación de fincas. A conflitividade provocou a rotura da coalición de goberno e a convocatoria de eleccións en novembro de 1933, nas que participaron por primeira vez as mulleres. Folga en Valencia
    12. 12. O Bienio de Dereitas (1933-1936) Nas eleccións a esquerda sufriu unha importante derrota. O partido máis votado foi a CEDA (Confederación de Dereitas Autónomas) pero, ao non aceptar a República o partido que formou goberno foi o Partido Radical de Lerroux. Neste período paraliráronse as medidas reformistas do primeiro bienio, devolvendo ás clases privilexiadas á posición dominante de que gozaban ata a proclamación da República. Cola para votar nas eleccións de 1933
    13. 13. O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro A vida política radicalizouse e a conflitividade social foi en aumento. O PSOE e a UGT decidíronse pola vía revolucionaria, as dereitas contactaron cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia e a maioría dos partidos crearon milicias armadas. No verán de 1934 as esquerdas (agás a CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras para frear ao fascismo. En outubro Columna de prisioneiros en Asturias iniciaron un movemento revolucionario cando entraron cinco ministros da CEDA no Goberno. A revolución só triunfou en Asturias, onde tamén participaron os anarquistas. Os obreiros controlaron a situación durante dúas semanas, sendo derrotados polas forzas coloniais de Marrocos, baixo a supervisión de Franco. A represión foi moi dura, con 30.000 encarcerados, entre eles o goberno da Generalitat catalá. Goberno da Generalitat preso. Alfonso
    14. 14. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936) O Goberno de Lerroux caeu por un escándalo de corrupción: o estraperlo. Nas eleccións de febreiro a esquerda acudiu unida na Fronte Popular e venceu por pouca marxe ás dereitas. A política da Fronte Popular (co galego Casares Quiroga como xefe do Goberno) limitouse a acelerar as reformas postas en marcha no primeiro bienio. Cartel da CEDA con Gil Robles Zonas onde gañou a Fronte Popular
    15. 15. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra A dereita non aceptou os resultados das eleccións de febreiro e aceleraron os preparativos para facerse co poder pola forza. A violencia política foi en aumento, con numerosos enfrontamento nas rúas (en cinco meses houbo 269 asasinatos políticos). Tensión nas rúas Os asasinatos do tenente Castillo polos falanxistas e do deputado da dereita, Calvo Sotelo, como vinganza, foron a escusa para que os conspiradores iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo na colonia marroquí. Tenente Castillo e Calvo Sotelo
    16. 16. O Estatuto de Autonomía de Galicia Os grupos nacionalistas galegos crearon o primeiro partido político en 1931: o Partido Galeguista. A súa acción política centrouse na consecución da autonomía. O Estatuto iniciou o seu proceso de aprobación en 1932, cando foi apoiado polos concellos de Galicia reunidos en Santiago. Durante o Bienio de Dereitas paralizouse todo o proceso autonómico. Alonso Ríos na campaña do Estatuto En 1936 o Partido Galeguista únese á Fronte Popular e o 28 de xuño celebrouse o referendo, sendo aprobado por unha gran maioría. Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou para conseguir que as Cortes da República aprobasen o Estatuto, nunha decisión máis simbólica que efectiva, que non tivo transcendencia ata a Constitución de 1978, cando Galicia é recoñecida como nacionalidade histórica. Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
    17. 17. VIDA COTIÁ: campesiños Descanso da malla, Mequinenza, 1932 Familia campesiña, 1932 Traballando no campo andaluz Campesiñas galegas Carro en San Ramón, Lleida
    18. 18. VIDA COTIÁ: obreiros e empregados Pescadaría en Madrid, 1935 Mineiros asturianos, 1934 Perruquería de Sevilla, 1934 Canteira en Collado Mediano Traballador dunha imprenta, 1932 Construción do viaduto en Madrid, 1935
    19. 19. VIDA COTIÁ: mulleres Na escola, Madrid, 1936 Extraendo sangue, 1934 Modistillas pedindo noivo a San Antonio, Madrid, 1933. Alfonso Mulleres na industria téxtil Modistas, Madrid, 1934
    20. 20. VIDA COTIÁ: traballos á marxe Home anuncio en Barcelona, 1934. Casimiro Municio, verdugo de Recollendo cabichas en Madrid, 1934. Centelles Madrid, 1932. Alfonso Vendedores de gravatas en Madrid, 1935 Prostitutas e ‘chulos’
    21. 21. VIDA COTIÁ: educación Autobús das Misións Pedagóxicas Nenos nunha representación da Misións Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas Nenos e nenas na escola Escola Aula da Universidade de Madrid
    22. 22. VIDA COTIÁ: a relixión Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935 Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles Procesión en Sevilla Curas con nenos orfos A primeira misa, 1935
    23. 23. VIDA COTIÁ: os deportes Partido de fútbol en Gijón Partido de baloncesto España & Portugal Ximnasio en Gijón Vicente Trueba, ciclista, 1933 Ricardo Zamora, 1936
    24. 24. VIDA COTIÁ: as cidades Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932 Rúa do Progreso, Ourense Vigo, 1935 Tranvía de Madrid Praza da República de Vilagarcía Praza de Lepanto, Cuntis
    25. 25. VIDA COTIÁ: estampas Moeda de dunha peseta de 1933 Teléfono Anuncio de 1936 Cartel de Bagaría Portada dunha revista naturista Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934
    1. A particular slide catching your eye?

      Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

    ×