Historia de vida: Asunción e Xulia
Upcoming SlideShare
Loading in...5

Historia de vida: Asunción e Xulia

on

• 1,128 views

Traballo do alumnado de 4º da ESO de CC SS sobre a vida das súas avoas, avós ou persoas maiores do seu entorno.

Traballo do alumnado de 4º da ESO de CC SS sobre a vida das súas avoas, avós ou persoas maiores do seu entorno.

Statistics

Views

Total Views
1,128
Views on SlideShare
962
Embed Views
166

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

4 Embeds 166

http://museodonaurelio.wordpress.com 108
http://caladinhos.blogspot.com 37
http://caladinhos.blogspot.com.es 20
http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Apple Keynote

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
• Full Name Full Name Comment goes here.
Are you sure you want to
Your message goes here
Processing…
Post Comment
Edit your comment

Historia de vida: Asunción e Xulia Historia de vida: Asunción e Xulia Presentation Transcript

• ASUNCIÓN E XULIA RODRÍGUEZ TATO Autoras: Vanesa Aboy e Tania Caeiro
• Asunción Rodriguez Tato, anque todos lle chaman Chucha naceu o 1 de outubro de 1931 en Trasponte. Son catro irmás, unha é Xulia, e outras dúas, Carmen e Pura. Durmía nos follatos do millo, non había camas: “Había que conformarse, e unha vez que te acostumabas, xa estaba”. Casou no ano 1962 con Manuel González Álvarez. Xulia Rodríguez Tato naceu o 30 de setembro de 1940, nunha familia modesta. Na súa infancia non había máis que traballo, pata saír adiante había que traballar arreo.
• ESCOLA Asunción era a máis vella das irmás, e tiña que coidar de todas, mentras seus pais traballaban. Case non foi a escola, só sabe ler e escribir, sumar e restar. Como dí ela “ só nos ensinaban o esencial”. Foi a escola a Meira e eran moi pouquiños nas clases . Xulia recorda que cando foi a escola os horarios eran de nove a unha pola mañá e de tres a cinco pola tarde. Tiñan un taboleiro de lousa e un libro para todas as materias. Só sabe ler e escribir, sumar, restar e, con dificultade, dividir. Ela di: “antes non che daban tantas cousas coma vós agora, só o esencial”. Os mestres eran moi esixentes, pero “levabámonos moi ben con eles, non como agora, que non hai respecto ningún”.
• O LECER: os xogos Cando Asunción era pequena non se xogaba moito, algúns xogos eran o pela jato, a pita cega e a corda. A ela só lle gustaba xogar ao pela jato (ás agachadas). Xulia tampouco tiña moito tempo para xogar, xa que había que traballar moito (case nin se ía á escola). Ela xogaba á pincha, aos peóns e ao balón. Tamén botaban carreiras.
• O LECER: festas e mozos Algúns días do ano había baile. “ A min facíame moita ilusión ir. Sempre tiñamos que ir acompañadas doutros mozos e mozas, senón os nosos pais non nos deixaban saír. Eu acórdome dun rapaz que veu comigo o meu primeiro baile, chamábase Antón. Él quería ser o meu mozo, pero meus pais non me deixaban”, di Asunción. A Xulia non a deixaron ir ás festas ata os 18 anos, en parte porque non había cartos. Naqueles tempos non se pensaba nos mozos, e ademais non había nin tempo.
• VODA E FAMILIA Asunción casou en Cuntis. A comida de voda fixérona na súa propia casa. Na lúa de mel foron a Vilaxoán: “Non sei como puidemos ir só a Vilagarcía, co que nos gustaba viaxar”. Á voda só ían as persoas da familia, máis un ou dous amigos cercanos.
• Xulia casou aos 39 anos e tivo dous fillos, Eusebio e Xosé Manuel. Daquela era obrigatorio casa pola Igrexa e non se falaba de separación (hoxe está separada). Ela herdou a casa dos pais e desde a voda viviron nela. Di que “antes a familia estaba moi unida, había traballos nos que participaban todos, ata os veciños”.
• TRABALLO E EMIGRACIÓN “No tempo libre o que faciamos era coser e bordar xerseis, habitualmente para os fillos ou netos”, di Asunción. Fíxolle unha bufanda á filla, que pasou a ser da neta cando cumpriu 6 anos. Asunción facia calcetíns de lá, moi gordos para andar descalza pola casa. Xulia traballou na casa e no campo, coas vacas e na veiga. Aos 14 anos comezou a traballar no Hotel de Cuntis, facendo as camas e limpando as habitacións. O seu home tivo que emigrar a Suiza para traballar de albanel.
• Asunción, cando casou, emigrou co seu marido a Inglaterra, onde estiveron 8 anos. Miña avoa, estando en inglaterra tivo tres abortos, eran todo homes. Ao cuarto intento tivo a miña nai, Teresa. O motivo da emigracion foi para mellorar a vida, sendo chamados por amigos e familiares que xa estaban alí.
• A CASA E A ALDEA A casa familiar era de dúas plantas como agora, pero onde antes había unha bodega agora hai un salón. Onde agora hai un comedor antes era onde se gardaba a leña para o inverno. A cociña era moi sinxela, cunha cociña de ferro e, máis tarde, unha neveira. Hoxe está chea de mobles e con vitrocerámica. Antes na aldeas había moita xente. Os veciños xuntábanse o domingo para ir á misa. As rúas eran de terra e as casas pequena e acolledoras, só os ricos tiñan casas grandes.
• A VIDA Xulia quedou sen nai aos 54 anos e sen pai aos 56 anos. Foi moi duro. Antes non había moitos médicos e a maioría da xente morría de enfermidades que se descoñecían. Cando unha persoa enfermaba o médico viña cando podía porque tiña que atender a moitas persoas. A relixión era moi importante e todas eran moi relixiosas: “Non como agora, que non hai máis que ateos”.
• POLITICA A Asunción non lle gustaba Franco: “a min non me gustaba que Franco gobernara. A vida era moi dura, había toque de queda, ninguén podía estar nas rúas despois das nove na noite”. Para Xulia os tempos de Franco eran moi estritos: “Non podías facer nada malo, senón os gardas pegábanche ou levábante presa. Só con velos xa tiñamos medo”. Sen embargo di que “Franco fixo cousas boas e malas, pero se Franco vivira non había o que hai agora”.