Your SlideShare is downloading. ×
Eva Gesto.key
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Eva Gesto.key

873
views

Published on

Published in: Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
873
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. HISTORIAS DE VIDA Eva Gesto Dono 4ºA
  • 2.  Recollín información de tres fontes distintas para saber o máis posible desa época e así poder ampliar información. Posto que algunhas cousas son comúns as tres, eu intentei destacar as cousas que me pareceron máis importantes: Argentina 80 anos Naceu en Piñeiros e veu vivir a Castrolandín cando casou. Ela non emigrou pero o seus irmáns si. Pura 85 anos Naceu en Troáns e veu vivir a Meira, Cuntis. Os irmáns homes emigraron. Carmiña 76 anos Naceu en Portela (Barro) e veu vivir a Cuntis. Non tivo irmáns que emigrasen.
  • 3. A ESCOLA • Antigamente moitos rapaces, e rapazas, non podían ir a escola porque tiñan que traballar. • Só había un libro con todas as materias: entre elas Educación Patriótica. Os libros estaban en castelán. • A relixión era importante en moitos ámbitos da vida. Íase moito máis a misa e ó catecismo (a ‘doutrina’ como se chamaba antes) e no colexio rezaban. • Na escola podíase comezar aos 6 ou 7 anos, aproximadamente, e saíase aos 14 anos para comezar a traballar e moi poucos, os que podían, seguían estudan do e m ar chab an para Pontevedra ou Santiago.
  • 4.  Tíñaselle moito medo ós profesores porque pegaban ca vara cando alguén se portaba mal ou non sabía a lección. A mesa do profesor estaba un chanzo máis arriba ca dos alumnos, é dicir, nunha tarima.  Ata a reforma da escola os rapaces e as rapazas estaban separados en centros diferentes.  Os rapaces pequenos comezaban co silabario (onde se aprendía a ler) e despois co manuscrito (onde se aprendía a escribir)  Levaban un estoxo onde gardaban a pluma, o xiz…  As contas escribíanse nun pequeno encerado. E os ditados escribíanse cunha pluma nun papel.  Ir a escola, era a ocasión para falar cos compañeiros e descansar do traballo. A ESCOLA
  • 5. • Os días de festa, ó rematar a misa, ían o que lle chamaban ‘o baile’, alí bailaban e era todo unha festa. Xuntábanse todos para ir ás festas das aldeas, e para volver. Era a ocasión para falar cos amigos e ligar un pouco. • Cando se ía a romaría tíñase que ir andando, e ó chegar oíase misa. Despois comían todos xuntos na carballeira. • Algúns dos xogos cos que se divertían eran: bolas, pita cega, saltar á corda, a mariola (o cadro), como non se tiñan columpios facíanse “randieiras” (que consiste en atar os dous extremos dunha corda a unha pola), o aro, o trompo, ás escondidas… • Íase as feiras a pé, por exemplo ás da Estrada ou Moraña. • Pola noite mozos e mozas xuntábanse ó lado da lareira, falaban e contaban contos . O LECER
  • 6.  D a q u e l a h a b í a m o i t a tuberculose da que se podía morrer, xa que a medicina non era tan avanzada coma agora.  T a m é n h a b í a m o i t a bronquite, da que podías estar ata tres meses na cama.  O tifo era unha tamén unha enfermidade daquela época AS ENFERMIDADES
  • 7.  A familia estaba máis unida antes que agora.  Tíñanse máis fillos, unha familia podía chegar a ter 9 fillos. O raro, era quedar só con 1 ou 2 fillos. O matrimonio duraba toda a vida e non había separacións, coma agora.  Tíñaselle máis respecto ós pais, e os fillos traballaban e colaboraban nas tarefas da casa. A FAMILIA
  • 8.  Naquela época case non se compraba nada, facíase todo na casa, por exemplo, o pan. Para iso, íase a moer ó muíño, ás veces as 12 da noite.  Os xerseis facíanse de la, para facer o fío fiábase a la da ovella, despois dun longo proceso.  Lavábase a roupa no río, anque en inverno ían ao lavadoiro de Cuntis que ten augas quentes que lavan moi ben a roupa.  Tamén se poñía a roupa a clareo (que consiste en estendela nun campo ó sol) para sacarlle todas as manchas que tivera.  Toda a aldea xuntábase e colaboraba: para a matanza, a recollida do centeo, a malla, para recoller a herba seca , a vendima, a rozar o toxo para botarllo ás vacas, para sementar o millo, o centeo e o trigo… O TRABALLO
  • 9.  A xente dedicábase fundamentalmente a agricultura e a gandaría.  Ós rapacese rapazas ían cas vacas ao prado, e moitos perdían de ir a escola.  Comezábase cedo a traballar para axudarlle ós pais e despois da escola seguían traballando.  Había que ir buscar auga (nun balde de madeira) para todo, xa que non había auga corrente. Tamén había que ir a buscala para bañarse (en inverno a auga quentábase na lareira).  Os fillos, sobre todo as mulleres, tiñan que coidar dos irmáns máis pequenos.  Non había vacacións, traballábase moito máis tempo.  Había moita xente na emigración. E nalgúns casos a xente que emigraba morría ala e non se sabía nada dela. O TRABALLO
  • 10. • Os afiadores e paragüeiros que andaban polas aldeas, agora xa case se esqueceron. • Os médicos eran poucos e os que había desprazábanse a cabalo ás casas dos enfermos. • O zoqueiro facía os zocos que hoxe xa non se usan. • O cañeiro facía a caña (augadente) para toda a aldea. • As costureiras, como a miña avoa, ían de casa en casa cosendo. • Polas aldeas viñan tamén as peixeiras a vender os seu produto. • O cesteiro, como meu avó, facía cestos que ían vender despois á feira. • Os canteiros eran moitos e bos en Cuntis. OS TRABALLOS DE ANTES
  • 11. • Durante a Guerra Civil contan que levaban ós homes de esquerdas ó monte, a Estacas, e matábanos. Ás mulleres deses homes cortábanlle o pelo e humillábanas. Tamén recordan que ían recrutando á forza homes polas casas para ir á guerra. • Os que vivían na aldea sempre tiñan algo que comer porque cultivaban cousas, ó contrario dos da cidade. Houbo uns que para mercar íase cunha cartilla de racionamento. Só che daban 1 cuarterón de aceite (1/4 l ) e ½ libra de azúcre (1/4 kg). Tiñanse que arranxar con iso unha tempada, pois non lle daban máis. As mulleres que daban a luz dábanlle un molete de pan cada 2 días. • Había estraperlo (contrabando) porque a xente non tiña para comer. Os que tiñan cartos e podían mercar outras cousas, aproveitábanse do contrabando. • Na Sección Feminina ensinábaselle ás mulleres a facer as cousas da casa: coser, bordar, cousas que consideraban de mulleres. Tamén lle aprendían o baile tradicional galego. A POLÍTICA
  • 12. • Falábase moito máis cos veciños. • Á mañá almorzábase leite cando había e senón comíanse papas de millo e para cear unha cunca de caldo con pan de millo. • Non había cartos para mercar moita roupa e o Día da Patroa era cando se estreaba o vestido, se podían. • Tíñase máis respecto a todas as persoas, non como agora. Como por exemplo os mestres, o cura e a garda civil. • O regalo máis grande que podías ter eran uns zocos novos ou unha boneca, non todas as familias se podían permitir iso. • Non había luz eléctrica por iso tiñan que acender os candís de noite. • Os camiños eran de terra e pedras. A VIDA E A ALDEA
  • 13. • As casas eran de pedra e tiñan o chan de madeira. • Na planta baixa da vivenda estaban as corte e no primeiro andar estaban a cociña, e dúas habitacións grandes que, segundo a familia, dividíanse con biombos para separar as camas unhas das outras. Os colchóns das camas eran de follato (follas do millo) e despois pasaron a ser de la. Na cociña había unha lacena e un alzadeiro (un armario onde poñían os pratos), e a artesa (para amasar o pan), as olas de barro (onde gardaban os chourizos e alimentos). Existían utensilios de cociña que agora non se utilizan como por exemplo o pote, que agora se utiliza de adorno. • Non había cuarto baño polo que só tiñan un retrete que baixaba directamente á corte, lavábanse nunha almofía (que estaba no dormitorio) e de vez en cando lavábanse nunha bañeira grande. A CASA

×