Conflito Palestina

1,106
-1

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,106
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
41
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Conflito Palestina

  1. 1. O CONFLITO DE PALESTINA S. XIX-XX
  2. 2. OS XUDEUS EN PALESTINA A rexión de Palestina foi habitada desde moi antigo por diversos pobos: xudeus, filisteos, fenicios... O territorio foi dominado polos israelís (s. X-IX a. C., reis David e Salomón), polos persas (s. VI-IV a. C.) e polos gregos (s. IV-II a. C., Alexandre Magno), entre outros. No século I a. C. o Imperio Romano ocupou o territorio, e no ano No ano 70 d. C. a represión das tropas romanas contra os xudeus rebeldes, expulsou de Xudea (Palestina) a case totalidade dos xudeus que alí vivían ( diáspora ). Non regresaron nos 17 séculos seguintes da Historia, mentres os habitantes da zona viviron baixo distintos réximes islámicos desde o s. VII, aínda que sempre houbo unha presencia xudía na rexión.
  3. 3. O SIONISMO E A DECLARACIÓN BALFOUR O censo da poboación xudía en Palestina, a finais do s. XIX era de 25.000 persoas. A finais do século XIX xurdiu a idea do regreso a ‘Terra prometida’ por Yahvé (Deus), a Sión. Foi formulada por Theodor Herzl, como reacción aos ataques racistas sufridos polos xudeus en distintos países europeos (antisemitismo). Os xudeus europeos comezaron a instalarse masivamente en Palestina. No ano 1916, durante a I Guerra Mundial, o Reino Unido, aprobou a Declaración Balfour , na que se comprometía a apoiar a creación dun ‘fogar xudeu’ en Palestina (tamén lle prometeu o mesmo aos palestinos), ocupada polo Imperio Otomano. En 1917 os británicos ocuparon a rexión e estableceron un mandato (unha colonia) na rexión. A Declaración Balfour vai dar cobertura legal á aspiración de crear un Estado xudeu. Nese anos a poboación xudía chegou ás 160.000 persoas.
  4. 4. O MANDATO BRITÁNICO EN PALESTINA Na etapa de entre guerras aumentou a emigración xudía cara a ‘terra prometida’, sobre todo despois do triunfo dos nazis en Alemaña en 1933. Os conflitos coa maioría árabe foron en aumento. A minoría xudía era máis rica. A guerrilla creada polos sionistas cometeu atentados tanto contra o exército británico ocupante, como contra a poboación civil palestina, que reaccionou formando grupos armados. Muro das Lamentacións (1940)
  5. 5. O HOLOCAUSTO E O TERRORISMO SIONISTA O xenocidio cometido polos nazis cos xudeus durante a II Guerra Mundial foi decisivo para a creación do Estado de Israel. A conmoción ante os fornos crematorios provocou unha corrente de simpatía, entre a opinión pública occidental, cara as aspiracións sionistas, que esixiron a creación inmediata dun Estado. Os superviventes dos campos nazis esperaban a oportunidade de trasladarse a Palestina. As accións terroristas dos grupos sionistas contra os británicos e os enfrontamentos violentos cos palestinos foron en aumento despois da guerra. Moitos dos dirixentes terroristas foron despois líderes políticos do novo Estado de Israel. Xudeus en Auschwitz Atentado do grupo xudeu Irgun contra o hotel King David, onde tiña a súa sede o Goberno británico, no que morreron 91 persoas
  6. 6. A CREACIÓN DO ESTADO DE ISRAEL En decembro de 1947, unha resolución da ONU avalou a creación de dous Estados: un xudeu e outro palestino, na zona, sen ter en conta a opinión da poboación árabe. A cidade sagrada de Xerusalén quedou baixo mandato das Nacións Unidas. Nese momento a poboación estaba integrada por 1.100.000 árabes musulmáns, 615.000 xudeus e 145.000 árabes cristiáns. Á poboación xudía, un 30%, adxudicouselle o 55% do territorio. Israel aceptou, pero os palestinos e os países árabes rexeitaron esa resolución. En 1948 creouse o Estado de Israel, sen fixar as súas fronteiras, xa que segundo dicía o primeiro xefe de Goberno, Ben Gurion, tería as fronteiras que fose capaz de conservar ou de conquistar.
  7. 7. A PRIMEIRA GUERRA ÁRABE-ISRAELÍ (1948-49) A anunciada guerra estalou nada máis proclamarse a creación do Estado de Israel. Durou 15 meses, e rematou coa vitoria do ben preparado e armado (polas potencias occidentais) exército israelí sobre os exércitos de Exipto, Siria, Xordania e Líbano. Israel ampliou o seu territorio nuns 6.000 km cadrados. Transxordania quedou baixo o control de Xordania e Gaza (217 km cadrados) baixo a administración de Exipto. Máis de medio millón de refuxiados palestinos foron expulsados dos seus fogares. Refuxiados palestinos
  8. 8. A TRAXEDIA PALESTINA Os refuxiados palestinos perderon o seu fogar, o seu traballo, as súas aldeas e lugares de referencia e víronse obrigados a sobrevivir en terras estrañas. Os que quedaron na súa terra víronse sometidos a outros países árabes ou, aínda peor, a ser considerados persoas de segunda, sen dereitos, en Israel. A súa vida empeorou moito, amoreados en Gaza (de 60.000 habitantes en 1947 pasou a 350.000 en 1956) ou vivindo en campos de refuxiados nunhas condicións penosas. Todo un pobo se converteu en refuxiado, aumentando coas guerras posteriores. Actualmente son uns dous e medio de persoas. Os países árabes onde se refuxiaron tampouco os integraron e utilizáronos antes, e agora, politicamente, no seu propio beneficio.
  9. 9. A CRISE DE SUEZ (1956) A nacionalización do Canal de Suez por parte do presidente exipcio Nasser provocou unha guerra na que Israel (interesada en debilitar a Exipto e probar o seu novo armamento) se aliou con Francia e Gran Bretaña (que vían perigar os seus intereses económicos na compañía que xestionaba o Canal). Israel ocupou a península do Sinaí, pero a intervención das potencias que dominaban o mundo, EE UU e a URSS, obrigou aos contendentes a volver a situación inicial.
  10. 10. A CREACIÓN DA OLP (1964) A resistencia palestina organizouse en distintos grupos, moitos deles partidarios de métodos violentos, que pretendían a fundación dun Estado palestino e, nas primeiras décadas, a eliminación de Israel. En 1957, Yasser Arafat, fundou en Kuwait o movemento Al Fatah, núcleo da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), fundada en 1964 por varias organizacións baixo o liderado de Arafat. Levou a cabo atentados e converteuse no voceiro da causa palestina.
  11. 11. A GUERRA DOS SEIS DÍAS (1967) O aumento das tensións entre Israel e Exipto e Siria, rematou co ataque lóstrego da aviación israelí que destruíu en terra o 85% da aviación inimiga. Israel conquistou a Franxa de Gaza e península do Sinaí a Exipto, os Altos do Golán (moi importantes polos mananciais onde nace o río Xordán) a Siria e Cisxordania e Xerusalén Leste a Xordania. Multiplicou por catro o seu territorio. O Consello de Seguridade da ONU aprobou unha resolución instando a Israel a devolver os territorios ocupados, o que aínda non o fixo hoxe.
  12. 12. O TERRORISMO PALESTINO Como resposta aos resultados da Guerra dos Seis Días e o apoio das grandes potencias occidentais a Israel, a OLP e outros grupos palestinos levaron adiante unha campaña de accións terroristas. En setembro de 1970 palestinos instalados en Xordania secuestraron seis avións. As tropas xordanas, temorosas das consecuencias, atacaron os campamentos dos refuxiados palestinos, provocando máis de 3.500 mortos ( setembro negro ). Un ano despois xorde o grupo terrorista palestino, Setembro Negro, matando ao primeiro ministro xordano. En setembro de 1972, durante os Xogos Olímpicos de Múnic un comando dese grupo secuestrou e asasinou a 11 atletas de Israel. Un comando xudeu tardou dez anos en vingarse, asasinando aos membros do comando.
  13. 13. A GUERRA DO YOM KIPPUR (1973) Durante a festa xudía do ‘gran perdón’, o Yom Kippur (do 24 de setembro ao 12 de outubro), Exipto e Siria lanzaron un ataque sobre o Sinaí e os Altos do Golán. O contraataque israelí fixo fracasar a ofensiva. Os países árabes, como resposta á alianza dos países occidentais con Israel, aumentaron o prezo do petróleo, causando unha crise económica mundial.
  14. 14. A RUPTURA DA UNIDADE ÁRABE A MASACRE DE SABRA E CHATILA (1982) A sucesión de derrotas dos países árabes fíxoos desistir do enfrontamento militar. Exipto recoñeceu ao Estado de Israel e en 1979 recuperou o Sinaí (acordos de Camp David). Xordania tamén recoñeceu ao Estado hebreo. As accións violentas continuaron, pero directamente só entre israelís e palestinos. . En 1982 o exército israelí invadiu o Líbano, apoiando as milicias cristiáns na guerra civil contra os musulmáns. Ocupou o sur do Líbano e foi responsable da matanza de centenares de refuxiados palestinos indefensos nos campos de Sabra e Chatila, preto de Beirut.
  15. 15. A PRIMEIRA INTIFADA E OS ACORDOS DE OSLO Na segunda metade dos oitenta a OLP abandonou o terrorismo e apoiou a rebelión popular dos mozos dos territorios ocupados, a intifada , contra as tropas israelís. Foi unha loita de pedras contra tanques sen posibilidade de éxito real, pero tivo gran repercusión internacional e dalgunha maneira impulsou a Conferencia de Paz de Madrid (1991) e os Acordos de Oslo (1993), polos cales Israel accedía a devolver os territorios ocupados á recentemente creada Autoridade Palestina , controlada pola OLP. Pero os acordos non se remataron de cumprir por parte de Israel, sobre todo despois do asasinato, a mans dun xudeu contrario, do impulsor dos mesmos, o primeiro ministro Isaac Rabin. Ademais xurdíu un terrorismo islámico extremo, que mesmo empregou suicidas (Hamas, Yihad Islámica, etc.), servindo de escusa para que Israel nunca lle cedera a soberanía real de Gaza e Cisxordania á Autoridade Palestina. Outro punto de conflito son os asentamentos de colonos xudeus nesas mesmas rexións, incumprindo as resolucións internacionais.
  16. 16. A SEGUNDA INTIFADA A segunda intifada estalou no 2000, cando accedeu ao poder en Israel o xeneral Sharon, responsable das matanzas de Sabra e Chatila, que rachou as negociacións coa Autoridade Palestina, e permitiu novos asentamento xudeus en Cisxordania. A violencia aumentou de forma considerable, chegando as tropas israelís a atacar a residencia do presidente da Autoridade Palestina, Arafat, confinándoo na cidade de Ramala, onde morreu no 2004. Secuencia do asasinato do neno palestino de once años Muhammad al-Durra por soldados israelís o 30 de septembro do 2000 nas aforas de Gaza. Seu pai, aínda que recibiu doce balazos, logrou salvar a vida
  17. 17. O MURO DA VERGONZA No ano 2003 iniciouse a construción dun muro en Cisxordania co pretexto de protexer á poboación xudía dos ataques dos terroristas. O muro, declarado ilegal polos organismos internacionais, non segue as fronteiras recoñecidas, senón que se introduce nos territorios ocupados, partindo pola metade aldeas e cidades e limitando o acceso a súas terras, á auga ou a seus traballos a milleiros de palestinos.
  18. 19. A DIVISIÓN DOS PALESTINOS: HAMÁS A Autoridade Nacional Palestina é tamén responsable da actual situación da poboación, xa que o seu goberno se caracterizou pola ineficacia e a corrupción xeneralizada. Nos últimos anos perdeu o monopolio da representación da causa palestina. En 1987 naceu o movemento islámico Hamás (Movemento de Resistencia Islámico) oposto aos acordos de Oslo e que ten como obxectivo a destrución de Israel a través da loita armada. No ano 2006 Hamás gañou as eleccións palestinas en Gaza pero non chegou a un acordo con Al Fatah para formar un goberno único para Gaza e Cisxordania. Os dous grupos se enfrontaron a tiros, nunha especie de guerra civil, e hoxe hai dous gobernos palestinos cercados por Israel: Hamás controla Gaza e Al Fatah o que lle deixa Israel de Cisxordania.
  19. 20. A VIOLENCIA QUE NON CESA Os bombardeos recentes contra a poboación de Gaza, que Israel atribúe á defensa contra os ataques con foguetes da milicia de Hamas, non son máis que outro episodio da violencia permanente, sendo as principais vítimas da mesma os civís palestinos. Os ataques do exército israelí non deixaron nunca de matar a milleiros de persoas e de destruír vivendas e propiedades palestinas. Os bloqueos, o muro e os controis (checkpoints) do exército condenan aos palestinos a vivir nunha gran de campo de concentración, carecendo dos dereitos humanos máis básicos. Millón e medio de persoas están atrapadas en Gaza, condenados ao amoreamento e a pobreza extrema, e agora, sometidos ao terror da ofensiva israelí. Os enfrontamentos internos e a falta de apoio exterior non deixan moito lugar para a esperanza nos palestinos.
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×