Cardecide E Laxos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Cardecide E Laxos

on

  • 1,203 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,203
Views on SlideShare
1,054
Embed Views
149

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

4 Embeds 149

http://www.edu.xunta.es 71
http://museodonaurelio.wordpress.com 54
http://centros.edu.xunta.es 23
https://www.google.es 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Cardecide E Laxos Presentation Transcript

  • 1. CARDECIDE E LAXOS Damián Maneiro (3ºB) Melisa Martínez (3ºB)
  • 2. Laxos e Cardecide Laxos (arriba) e Cardecide (abaixo) son dúas aldeas da parroquia de Santa María de Cuntis. Entre unha e outra non hai nin un quilómetro e ademais agora xa se construíron casas novas nas veigas que as separaban. O monumento ao Sagrado Corazón de Asorey une as dúas poboacións. Son dúas aldeas pequenas, con menos de 100 habitantes cadansúa e hai moitas casas novas, xa que están a 2 e 3 quilómetros de Cuntis. Cardecide está na estrada de Xinzo, case pegada a Cuntis (sepáraa o río Patelas), mentres Laxos está na ladeira do monte de Sebil, algo máis alta. Aínda que teñen moitas leiras a maioría da poboación xa non vive da agricultura. Din que o nome de Laxos vén de laxe, pedra. Laxos ten unhas boas vistas, pódese ver o monte Xesteiras,todo Cuntis e as súas parroquias, o castro de Castrolandín… En Laxos hai restos dun castro e entre Laxos e Cardecide consérvase un petroglifo.
  • 3. Petroglifos do Outeiro de Cartas, Cardecide Os petroglifos do Outeiro de Cartas están moi desgastados, aínda que se apreza claramente um labirinto en espiral. Os outros gravados (cazoletas e círculos) case non se ven. As rochas onde se atopan están rodeadas cunha cinta (aínda que está tirada) e hai un panel explicativo. O caseto de ladrillo non queda nada ben no outeiro.
  • 4. O castro de Laxos O Castro de Laxos foi descuberto fai unha cantos anos de maneira casual. Nas prospeccións arqueolóxicas realizadas, encontráronse varias casas circulares e estruturas que demostran a súa ocupación. Agora o castro xa non se pode ver, xa que esta todo cheo de toxos e está no medio do monte. Esta ‘cova’ e as pedras antigamente pertencían ó castro.
  • 5. Muíño do Portosalto Este muíño atópase a carón do río Patelas. Lévase a auga cara el desde unha canle de pedra. É o muíño que usan aínda os veciños de Cardecide. Só hai unha chave e cando se perde hai que cambiar a pechadura. Foi restaurado por dentro e tívose que cambiar a pedra e o mecanismo que a movia porque xa que ia vello e estaba moi desgastado. Ten un tellado a dúas augas de tella e está feito de pedra. É moi bonito por fora pero no interior ainda e máis fermoso.
  • 6. Os hórreos Este é o hórreo que hai diante da miña casa en Cardecide, á beira da estrada. É de pedra, con paredes de madeira e con tellado a dúas augas de tella. Hai tres claros para gardar o millo. O espazo do medio esta a caer porque pertence a un veciño que quere levar o horreo para a súa casa e darnos a nós outro. Nos non lle deixamos levar o hórreo e non quere amañar ese espazo. A parte da esquerda e a da dereita pertence a miña familia. Está situado en fronte dunha finca de millo. Neste hórreo gardamos o millo de dúas fincas e gárdase ata levalo ao muiño a facer fariña. Antes de cada colleita sacamos todo o millo do outro ano para gardar alí o desa colleita. Ese horreo leva ali moitisimo tempo, pero agora xa esta nun estado moi precario e prácticamente esta caendo.
  • 7. Os hórreos Estes hórreos atópanse nunha pequena praza de Cardecide. Son hórreos restaurados, o de abaixo con pouca fortuna, que xa non conservan a madeira. Como case todos os hórreos teñen un cruz nun dos lados do tellado e no outro un adorno de pedra. Os hórreos son moi bonitos e está ben que se conserven estas construcións tan antigas, aínda que se deben restaurar con gusto.
  • 8. Os hórreos Este hórreo é dunha casa de Laxos. Como vedes e un hórreo moi bonito e está moi ben coidado. Foi restaurado hai pouco e tamén o pintaron. E un horreo de pedra, cunha cruz e outro adorno máis no tellado. Está pintado de color granate. Antigamente os horreos utilizábanos para gardar produtos do campo pero agora algunha xente non os utiliza para iso, senón só de decoración. Antes os horreos dician moito de unha casa xa que se eran grandes e bonitos eran dunha casa rica e se eran dunha casa máis ou menos pobre pois eran pequenos e moi sinxelos, e algunhas casas nin sequera tiñan hórreos.
  • 9. As fontes A primeira é a fonte de Cardecide, feita hai moitos anos. Aquí ía lavar miña bisavoa a roupa, e ten catro lavadoiros. Non hai outra fonte en Cardecide, esta é a única que hai pero é moi bonita. Está rodeada dunha veiga que antes estaba cuberta de silvas, pero xa foi limpada porque dicían que habia serpes, As fontes de Laxos son as dúas da dereita. A fonte da Picaya fíxose no ano 1956 e a fonte do Rejo foi feita no ano 1961. As dúas fontes teñen lavadoiro e pía, pero a da Picaya ten unha pia mais fonda e mais pequena e ten dous lavadoiros pequenos e a do Rejo ten unha pia grande e menos fonda e ten só un lavadoiro grande. Din que a auga do Rejo sabe mellor que a da Picaya, tamén din que a do Rejo non fai mal, pero que a da Picaya fai mal na garganta. Antigamente lavaban a roupa no lavadoiro e tamén as collían para beber, xa que as familias que non tiñan pozos tiñan que ir ás fontes. Segundo a miña opinión están algo abandonadas, sucias, deberíase mirar máis por elas, porque son cousas importantes do noso patrimonio cultural.
  • 10. A mina de Laxos Esta mina é propiedade privada dunha casa de Laxos. É unha mina de auga, feita en pedra. Construíuse no ano 1879 e daquela todo se facía a man, non había maquinaria como agora. É un espazo ben fermoso, todo de pedra, con dous lavadoiros e unha pía, unha escaleira de pedra… Ten dúas entradas e está chea de carriza.
  • 11. A ponte Esta é unha ponte que se atopa no medio das veigas cerca de Cardecide. Non sei se pertence a Cardecide ou a Cuntis, pero como era algo do meu entorno decidín poñelo. É unha ponte vella que atravesa o río Patelas por un camiño de terra no que non colle un coche, só colle unha moto, un carro estreito ou unha persoa andando. Este é un dos lugares aos que vou para estar só, xa que non hai nin ruídos de coches, nin de xente, estas ti só coa natureza e non hai ninguen para molestarte. É unha pena, pero o río está cheo de suciedade e de porqueria que bota a xente, quizais por iso non hai moitos peixes.
  • 12. O monumento Este é o monumento que se atopa a uns douscentos metros de Cardecide e uns cincocentos de Laxos, no parque de Maráns. Foi esculpido en granito por Francisco Asorey. Debaixo da figura do Sagrado Corazón, con duás escaleiras a cada lado, hai unha pequena capela onde se celebran algunhas misas nas tardes de verán. No interior do monumento non hai moito espazo, non collen nin cinco persoas. Non hai asentos, polo que hai que permanecer de pé cando se esta a escoitar a misa. O monumento e un lugar moi fermoso. A xente, como di o cura, vai a profanar este lugar, facendo cousas que o cura non aproba que se fagan, como ir a facer o botellón e máis cousas... Dende o monumento pódese ver todo Cuntis.
  • 13. O monumento: Parque Maráns Estas son as escaleiras de pedra que suben ata o monumento, teñen uns cen banzos. A estas escaleiras iamos meu tio máis eu a xogar facendo a aposta de quen subía antes todas as escaleiras. O que perdia tiña que lavar o coche del. As escaleiras van a dar a ponte que hai onde o cuartel da Guardia Civil. A catrocentos metros do centro urbano de Cuntis. Hai outros camiños para chegar ao monumento, rodeando o outeiro, máis longos pero con menos pendente. Árbores caducifolias e perennes, autóctonas ou foráneas, fan deste miradoiro un lugar moi bonito. No Monumento tamén se se realizan xogos e a ‘festa dos vellos’.
  • 14. A carballeira de Laxos Chámanlle así porque antigamente había moitos carballos. Agora só queda un porqueos outros fóronse talando. Cando os cortaron houbo moita polémica, din que o fixeron porque apodrecían e eran unha ameaza para as casas e os vecinos. Na Carballeira hai dous bancos, ali reúnense algúns vellos para falar e, as veces, algúns rapaces pequenos. Na Carballeira tamén se facía antes a sardiñada do San Xoán, pero agora xa non de fai. Antes alí había un parque onde ian a xogar os poucos rapaces que hai na aldea, pero tamén o quitaron porque os aparellos estaban en mal estado. .
  • 15. O monte Gran parte dos monte destas aldeas é comunal, aínda quehai toxeiras privadas. As arbores mais abundantes son os eucaliptos, os piñeiros e algúns caraballos. Para organizar e levar a cabo todo o referido ó monte temos unha Comunidade de Montes compartida por Laxos e Cardecide. Cando hai moitos eucaliptos vendémolos e os cartos que nos dan empregámolos para facer cousas necesarias para a aldea, e tamén para limpar o monte para previr os incendios. Ó monte vai a xente a coller leña e antigamente ian a coller toxo para os cortellos das vacas, pero agora xa non, porque xa non hai vacas. Antes no monte de había coellos, perdices, etc. Agora xa non hai moita cousa porque os pobres non teñen que comer.
  • 16. O cruceiro de Laxos Este cruceiro hai pouco tempo que o temos, foi comprado polos veciños cos cartos do monte. É un cruceiro de pedra moi bonito, a pena é que no sitio onde foi colocado non loce nada, porque está arrimado a un miro de pedra e se non te fixas nin te decatas de que alí hai un cruceiro. Debeu ser colocado noutro sitio, por exemplo facendo unha rotonda ou algo asi. O cruceiro posue dous santiños moi bonitos e algunhas veces a xente vai ó cruceiro e levarlle unhas poucas flores nunha maceta, e tamén algunha xente que pasa pola aldea tráelle un ramo de flores.
  • 17. As casas (Damián) Esta casa de Cardecide foi restaurada fai uns tres ou catro anos, pero segundo o meu punto de vista, non quedou moi ben. Ten un tellado a dúas augas de tella, e ta fachada feita de pedra. As portas e as ventas son de cor verde, as persianas das ventás súbense dándolle a un botón. Na parte de adiante ten un pequeño patio cunha columna no medio, esa columna paréceme que sobra. Na fotografía non se apreza moi ben pero hai un valado de pedra cunha cancela no medio. A cancela do medio conservouse da casa antiga que foi restaurada. Esa cancela queda mal neste tipo de casa, xa que a casa é prácticamente nova. A casa está no medio da aldea, pegada a outra dúas casas. Esta casa de está a beira da estrada. Ten un patio moi amplo cun garaxe á dereita da entrada, unha cancela na entrada bastante grande. Ten dous andares, ao segundo andar pódese acceder dende fóra ou por dentro. A casa é de pedra na primeira planta, pero a segunda semella um engadido com placas de pizarra. Ten dúas terrazas cunhas varandas de cor branca. O patio conta cunha fonte na parte dereita e ten un solo de baldosa, e xusto ao lado da fonte hai un pequeno xardín.
  • 18. As casas (Melissa) A casa de arriba chama a atención polo fermosa que é, e polo sitio onde está. Chámase a casa do Piñeiro porque nun lado ten un piñeiral de que lle dá un toque moi bonito.Ademais tamén ten todo moi ben coidado, posúe unha enorme extensión de terreo, ten todo o xardín con céspede, árbores, plantas, un cruceiro, un hórreo, apeiros de labranza de adrono coma un arado, unha grade, etc. A casa é de pedra, ten moitas fiestras, algunhas moi grandes, polo que no interior hai moita luz .Realmente é unha casa moi fermosa tanto o deseño da casa, como o do xardín. A casa de abaixo chama a atención polo traballo da pedra. Está chea de adornos feitos no granito polos canteiros que había en Laxos.
  • 19. As veigas Nas veigas de Cardecide, Laxos e Cuntis forman unha ampla extensión de terreo onde se cultivan patacas e millo fundamentalmente. Tamén hai moito prados (algúns veciños teñen ovellas) e algunhas parras para facer viño para a casa. Hai u pequeno problema nestas veigas, e é que están cerca do monte e algunhas veces o xabarín como o millo e o que atope pólo camiño. A estrada xeral comunícase coas veigas a través dunhas pistas de terra por onde poden pasar cos tractores e tamén cos coches. Hai algunhas fincas nas que houbo problemas cos marcos porque non están sinalizados e os donos algunhas colleron mais térreo do que lle correspondía.
  • 20. O millo Este home está esfollando no millo xa que en novembro ou así e cando fai este traballo, pero claro, iso tamén depende de cando se bote o millo. O millo serve para darlle de comer os animais como as galiñas. O millo gárdase nos hórreos. Antes a xente botaba moita máis cantidade de millo da que se bota agora, xa que ou ben teñen poucos animais, e non necesitan moito, ou algunha xente non ten sequera animais. O millo se está nun sitio seco non se seca. A planta do millo sábese que está seca cando é de cor marrón, xa que se está verde a planta é de cor verde.
  • 21. A estrada en Cardecide Esto e a estrada entre Cuntis e Xinzo que divide en dous a aldea de Cardecide. A estrada é moi perigosa porque cerca do horreo hai unha curva sen visibilidade. Nesa curva xa ten habido accidentes pero ninguén se preocupa… ata que suceda algo grave, como o atropelo dunha persoa. Na casa do fondo da segunda imaxe viven meus avós. A casa está nun sitio perigoso porque ten unha curva de dereitas xusto diante e se algún coche vai a moita velocidade e se sae da curva, vai directo contra a casa e fai unha desfeita. Xa non é a primeira vez que un coche volca nesa curva e queda ali unha semana tirado ata que un guindastre o vai buscar. Esa curva non é moi perigosa, pero e que hai algunha xente que pasa por alí coma un avión, sen impotarlle as consecuencias.
  • 22. Elías, o canteiro Este home chamábase Elias, naceu no ano 1920 a morreu no ano 2008. Este home era un canteiro que vivía en Laxos. Elías foi un dos canteiros que construíu o Monumento no ano 1945 e tamén construíu algunhas casas de pedra aquí en Laxos. Estivo ata os 39 anos en Laxos, marchou para a Coruña e alí casou. Estivo ata os 58 anos en A Coruña e regresou outra vez a Laxos coa súa muller. Elías morreu por un paro cardíaco, xa que dende os 59 anos os levaba sufrindo. Elías en Laxos tiña un fillo, que é veciño noso, e el mais a sua muller viñeron a vivir con el.
  • 23. O meu recuncho (Melissa) Este e o meu recuncho preferido xa que é un un pequeno espazo que hai preto da miña casa. Cando era mais cativa ía xogar alí xa que e un sitio elevado con moitas pedras onde se pode escalar. Gústame ir para alí xa que ademais de que me trae grandes recordos de cando ía xogar alí eu soa, ou acompañada dos meus amigos, tamén hai unhas grandes vistas e pódense ver moita cousas como por exemplo todo Cuntis, o monte de Xesteiras… Cando fai bo tempo vou para alí e miro a paisaxe, levo un libro e leo, e tamén escoito música. Este cachiño sempre será o meu recuncho preferido porque alí síntome realmente ben, respiro aire puro e estou en contacto coa natureza.