Arcos De Furco
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Arcos De Furco

on

  • 1,844 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,844
Views on SlideShare
1,784
Embed Views
60

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

4 Embeds 60

http://museodonaurelio.wordpress.com 51
http://sueirinha.blogspot.com 5
http://www.slideshare.net 2
https://museodonaurelio.wordpress.com 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Arcos De Furco Arcos De Furco Presentation Transcript

    • ARCOS DE FURCO: A CASIÑA, CORNADO, DUCÍO Natalia García (3ºA) Natalia Soto (3ºA) Manuel Martínez (3ºB) Sandra Piñeiro (3ºB)
    • SAN BREIXO DE ARCOS DE FURCOS San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis. A parroquia situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis. Ten uns 700 habitantes en 11 entidades de poboación. Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso, ademais do enclave do Alvedro en Loureiro de Arriba (parroquia de Portela), preto do Piñeiro. Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, afluente do Umia, que nace nesta parroquia, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detras destes montes, esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla. Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa, que nos últimos anos se veu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto.
    • DUCÍO Na primeira fotografía vese a entrada a Ducío, a parada do autobús, as primeiras casas, un eucaliptal ó lonxe, un muro de pedra, a eira e dous hórreos. Na segunda fotografía vese un lavadoiro oculto polas vimbieiras, unha casa grande que antigamente era dun cura dunha familia rica do lugar, e agora é dun médico que a restaurou, un hórreo, a carballeira, o resto de casas da aldea e fincas. Na fotografía da abaixo vemos as casas que están fóra do núcleo da aldea, pero que forman parte dela tamén. Na época medieval chamábase Doçiu. O lugar de Ducío ten forma de ele. A estrada que atravesa o lugar de Ducío leva a Ferreiros e A Estrada. As casas do lugar son antigas, é decir, a maioría están feitas de pedra.
    • MÁMOAS E CASTROS Arcos estivo habitado en tempos prerromanos. Mostra disto son os castros de Arcos (Castro da Aurela ou Ourela), e Castro Loureiro. Detrás do Castro da Aurela esténdese o coñecido Campo das Tombas, ampla zona poboada por mámoas, que datan de arredor de 3000 a.c., das que polo de agora non se desenterrou ningunha. Hai contabilizadas 4 mámoas no Campo das Tombas e outras 4 de pequeño tamaño no Chan do Castro de Arcos. O castro da Aurela presenta unha croa practicamente circular. Propiedade da comunidade de montes de Arcos, está localizado nun monte do lugar de Arcos de Arriba nunha altitude de 502 metros. Presenta un estado de conservación bo, debido á súa inaccesibilidade e elevada altitude, que imposibilitou a súa explotación agrícola e forestal. Na actualidade a acción da Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis, impediu a repoboación forestal neste castro que permanece totalmente libre de vexetación. En canto ó folclore, un dito popular na zona di así: ”Dende o castro de Arcos ó de Loureiro, hai un muíño roendo ouriño”. Os veciños de Arcos aínda lembran cando subían ó castro para ver os fogos do Apóstolo.
    • A IGREXA DE SAN BREIXO Adicada a San Breixo, un santo mártir portugués que morreu co pescozo atravesado por un coitelo, a igrexa de Arcos de Furcos, foi trasladada pedra a pedra, de Arcos de Arriba do lugar da Manguela, no que houbo un antigo mosteiro fundado polo bispo Sisenando no seculo IX. Esta igrexa é de orixe románica. Ten un corredor central e dous laterais, que forman unha cruz latina. Súbese polo interior ó campanario, ten unha sancristía que sobresae no lado dereito, e que ten na súa parede un homenaxe a un canónigo, ten tres confesionarios. Na fachada, á dereita, ten esculpido os nomes dos mortos do bando franquista da Guerra Civil, e unha cruz branca das misións. A seu redor aínda quedan algunhas tumbas. Tamén vemos a entrada ao cemiterio subterráneo que é moi antigo e hai xente que vén velo, as claraboias de cristais que hai no chan deixan pasar a claridade e ten un muro de pedra con dez columnas. O máis valioso desta igrexa son o cruceiro e o baldaquino que se atopan no valado exterior, ambos goticos, e tamén os cemiterios subterraneos dos que só hai dous en Galicia.
    • O BALDAQUINO No muro do adro parroquial está o baldaquino de época gótica, con tres lumieiras. Represéntanse tres escenas bíblicas: a Natividade, a Adoración dos Reis Magos e o Desencravo de Xesucristo. Existiu unha cuarta lumieira, hoxe desaparecida, na que se representaba -segundo parece-, a Anunciación. Un altar de pedra, cos símbolos dos mártires do cristianismo (neste caso facendo alusión a San Breixo), unha pía bautismal e unha sepultura con caracteres góticos completan o fermoso conxunto.
    • OS CEMITERIOS SUBTERRÁNEOS Estas son fotos da entrada e do interior dun dos cemiterios subterráneos de Arcos. Os máis grandes son de varias familias, e pódense visitar calquera dia, pero hainos dunha soa familia e estes estan cerrados case todo o ano, só se abren o Día dos Defuntos. Estan moi ben conservados, sen humidades, grazas aos ultimos arranxos que financiou a Deputacion de Pontevedra.
    • O CRUCEIRO O cruceiro que se atopa no cemiterio desta parroquia, estaba no adro pero no ano 1936 rompeu e anos máis tarde trasladouse ó cemiterio vello. É o máis antigo do concello datando a súa existencia do século XVII, aínda que se cree que é do século XVI. Na cruz represéntase a Piedade, co Cristo morto no colo da Virxe, e de fronte a Crucifixión. Ten todo o fuste decorado con figuriñas e motivos relixiosos relacionados coa paixón e a morte de Cristo. Debaixo ten un altar de pedra.
    • A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA A parroquia de Arcos de Furcos era nos sec XIX e XX a que máis curas daba á diocese de Santiago. Un deses curas era o de San Andres de Vea (A Estrada) ó que os veciños botaron da parroquia polas ideas políticas. Este voltou enton a Arcos traendo con el a capela do San Ramón que mandara facer en Vea, pedra a pedra, en carros de bois, e mandouna reconstruir na Anllada nun terreo propiedade dos fregueses. Reconstruiuse tamén o cruceiro que ten ó seu carón que xa foi derrubado dúas veces por estar á beira da estrada e foi retirado uns metros para atrás. Nel podemos ver unha dorosa co seu corazón atravesado e no fuste unha figura á que lle falta a cabeza por mor do derrube. O último fin de semana de agosto celébrase aquí a festa en honor do santo.
    • A CAPELA DE SAN RAMÓN DA ANLLADA: interior Este é o interior da capela, coas imaxes de San Ramón e a Virxe de Lourdes. A capela está moi ben coidada , xa que de Arcos sairon tantos curas, algún deles, coma o cura dos Milagres de Amil ,nado no Caeiro, pagou o ultimo arranxo. poñendo todo o chan de pedra. Hai unha señora encargada de cortar o céspede do adro, e tamén de limpala por dentro.
    • O PETO DA VIRXE DE MONTSERRAT A virxe pirenaica da Nosa Señora de Montserrat, a cariñosamente coñecida como La Moreneta, na parroquia de Arcos de Furcos tivo moito fervor popular. O peto está situado na aldea da Casiña, onde aínda hoxe os veciños depositan patacas e froitos da terra como ofrenda e rogativa, co obxecto de obter unha boa colleita para o seguinte ano. A virxe representase sentada e co neno no colo, nunha rexión montañosa (simbolizado a cordilleira de Montserrat, en Cataluña) e con dúas figuras humanas ó seu pé que representan a peregrinos que van cara o santuario. Foi restaurada xunto co lavadoiro e a fonte hai uns anos. Na propia igrexa da parroquia tamén aparece a súa talla, curiosamente cun branco facial que non lle é característicao (xa que toda as Monserrat son negras).
    • O MUÍÑO DO ALARGO (Manuel) Na Casiña hai 6 muíños: o muíño da Esquiza, o muíño de Porto, o muíño do Foriño, o muíño da Devesa, o muíño da Ponte e o muíño do Alargo. Antes moíase en todos os muíños, pero hoxe só se fai no da Esquiza e no da Devesa, que restauraron este verán. O muiño do Alargo, é “un muiño moi antigo na familia, porque foi construído polo avo da miña avoa, é este foise herdando ata que chegou a ser propiedade de miña avoa, e máis dun curmán”, di Manuel.. Deste muiño foi de onde saiu a primeira electricidade para a aldea. Na Casiña non houbo electricidade ata 1870. Pola noite botábanlle a auga para que movese un rodicio moi grande, que cunha polea facía xirar unha dinamo, é pola mañá cerrábaselle a auga. Tamén contan que era un dos mellores porque era moi raro que encallase (apear), é dicir que a auga cubrise o rodicio é non o deixara xirar. Este é tamén é o meu recuncho preferido, porque é onde nos xuntamos todos os amigos, aínda que agora esta en ruínas.
    • O MUÍÑO DA DEVESA Este muiño recibe este nome porque no lugar que está chámase a Braña da Devesa. Este muíño é moi antigo, e nel teñen parte moitos veciños, tantos coma 17 parceiros, que teñen dereito a moer nel unhas determinadas horas. Estas horas están escritas nun papel que garda o último en usalo. Foi varias veces modificado, porque non moía ben a causa de que tiña o cubo aberto, é dicir que a auga só facia a forza da presión que levaba, pero máis tarde púxoselle un tubo, para que ademais da forza da auga, tamén fixese forza o peso que esta exercía. Nesta última reparación tamén se pensou en poñerlle unha caixa de bolas para que andase máis rápido, pero quíxose consevar como foi sempre, só cambiándolle o teito porque estaba a piques de caer.
    • O MUÍÑO DA ESQUIZA Está situado entre Ducío e A Casiña e pertence a ambas aldeas desde fai máis de cen anos. Non todas as casas das dúas aldeas teñen dereito a el. Antigamente cada casa tiña certos días da semana de moenda. Unhas doce horas cada casa, unhas vinte casas. Hoxe en día hai pouca xente que vai a moer e non se utiliza o mesmo sistema de antes. A xente pide a chave a persoa encargada de tela e se non hai ninguén moendo pódese utilizar. Na fotografía vense dous muíños, pero só funciona un. A auga descende polo muíño con pouca presión e dentro hai unha cadea cun pao que se levanta para que a auga vaia a dar ó rodicio. O millo bótase nun cubo que baixa por unha rampla que chega ó ollo do muíño, que o pasa a dúas capas de pedra, onde o tritura e sae a fariña. Depositase nun caixón de madeira que ten ó redor. A fariña sácase cunha pa. Antigamente limpábase cunha xesta e agora várrese cunha vasoira pequeniña.
    • O HÓRREO Este hórreo fíxose no ano 1926. Servía para gardar o millo, para os animais, para que non se mollara. A xente ía ao hórreo a coller as espigas para os coellos, cabalos, ovellas, etc. No inverno, como tiñan frío, ían polas espigas e debuxábanas ao quentiño, na casa. Este hórreo foi restaurado hai uns 10 anos, polo que semella moi novo. Hoxe é máis que nada un elemento decorativo da casa. Do hórreo de abaixo e mellor non dicir nada, é un claro exemplo de feísmo, do que nunca se debe facer.
    • O POMBAL DE SOTO Este pombal está en Arcos de Arriba e é privado. Chámase o pombal de Soto. Ten forma de hexágono e está feita de pedras sen cementar. O tellado está feito con tellas do país e ten unha porta pequena de madeira. As pombas entraban por unha fiestra que agora está pechada. Por dentro teñen un sitio para baixar e meterse nuns machinais. Debe ter máis de douscentos machinais. Abaixo ten un círculo onde lle botaban o millo as pombas. Debe de ter máis de cen anos. Actualmente está pechado. Como se pode ver ó seu redor hai moita maleza.
    • A ESCOLA UNITARIA Estas son os dous edificos da escola unitaria de Arcos. Só se usa un coma escola. Está bastante descoidada, con moita maleza, e tras delas incluso hai dúas granxas, unha delas abandonada (foto de baixo), o que non axuda a crear un entorno axeitado para unha escola. Aínda así, algúns sábados pola mañá imos uns cantos rapaces e rapazas de Arcos a xogar ao fútbol e outras cousas. Na que non usan os rapaces danse clases de inglés, manualidades, etc. para os veciños.
    • A FONTE DE DUCÍO Nesta fotografía vemos unha fonte onde beben as poucas vacas que quedan na aldea, e tamén a xente que pasa polo lugar para coller auga visto que é moi sá. Está no medio da aldea. Ten detrás un muro de pedra. Bota auga todo o ano, tendo o manacial nunhas fincas a un quilómetro da fonte, nun lugar chamado Aveán. Antigamente estaba situada no muro da miña eira e foi trasladada fai cincuenta anos. A placa colocada despois do traslado ten escrito: “Diputación y ayuntamiento, cooperación”. Como pode verse non está moi ben coidada e hai xente que a quere restaurar coa axuda da xente da aldea e pedindo unha subvención.
    • A FONTE DA CASIÑA Na aldea da Casiña non había auga. Grazas os veciños de toda conseguírona e trouxérona do monte, da Pedragueira en Ferreiros. A auga veu para a Casiña no ano 1965-1966. O lavadoiro ´fíxose no ano 1967- 1968. Ó lavadoiro ían os veciños e a xente doutras aldeas a lavar a roupa (antes non había lavadoras). Hoxe xa ningúen vai lavar a roupa e a fonte é máis decorativa que outra cousa. O lavadoiro restaurárono hai uns catro ou cinco anos.
    • A PEDREGUEIRA A Pedregueira é unha fonte que nos dá auga potable para toda a aldea da Casiña. Está situada un preto do Piñeiro, Cando foi descuberta, haberá uns 45 anos, foi traída con tubaxes a todas as casas da aldea. As persoas da aldea foron quen, mediante o seu esforzo, fixeron unha gabia e conduciron os tubos ata uns depósitos. A auga que sobra sae para o lavadoiro, por iso non sempre está botando. Este feito non ten o aprezo que merece, porque en moitos lugares teñen que mercar auga, é nos témola gratis.
    • A FONTE DA VARXE Esta fonte está situada nun lugar chamada a varxina, por iso lle foi posto ese nome. Ainda que pouco se sabe dela, porque non se sabe onde nace, sábese que é potable, por un estudo que fixeron. Non é unha fonte como as que se ven por aí, senón algo natural que sae por unha cova pequena, e baixa por un lugar feito na pedra debido a erosión que esa auga exerceu sobre ela. Esta situada nun lugar dificil de encontrar pa quen nunca foi alí porque hai moitos camiños e engánante un pouco.
    • CERCADOS E CULTIVOS Este cercado de leira é privado, está separando as eiras de dúas casas. Está feito de pedras grises, chamadas de Moraña, que están enterradas e teñen un metro de altura e trinta de ancho sen cemento de unión. Fixérono hai sesenta anos. Aínda que non se vexa cada eira ten un hórreo. Antigamente debaixo dun deles había un niño de avellas. Na fotografía de abaixo vese unha das poucas fincas que ten millo na aldea, que é propiedade dunha das catro persoas que teñen vacas, porque o resto da xente nova traballa no comercio e na industria. Vese o millo esfollado aínda que no medio estaba sen coller porque estaba verde.
    • UNHA CARBALLEIRA CENTENARIA Esta carballeira centenaria é privada. Antigamente estaba moi coidada porque a xente levaba as vacas a pacer e podaban os carballos para que tivesen máis vigor, pero agora está abandonada. Nesta carballeira hai unha fonte que foi renovada este ano e antigamente era un lavadoiro. A pedra que ten abaixo era antigamente unha pía que estaba posta noutro sitio, onde bebían as vacas. Está situada no medio do lugar e esta é a parte de abaixo da carballeira. Ó lado hai a eira dunha casa.
    • O RÍO GALLO O río Gallo é un afluente do río Umia. O río Gallo nace en Ferreiros no “Muiño do Rato”. Ferreiros e unha aldea de Arcos de Furcos. O río Gallo pasa por Ferreiros, Ducio, A Casiña, Anllada (o candán), Cuntis, Meira e vai desembocar no Umia un pouco máis arriba da Ponte Taboada (Cuntis). O río ten unha lonxitude aproximada e 15 quilómetros..
    • AS TABERNAS Estas son as duas tabernas de Arcos de Furcos. A primeira está no campo da festa, ó lado da igrexa. As festas patronais de Arcos son do 1 ó 4 de outubro. A segunda esta no lugar da Casiña, pegada á estrada. No campo que se observa na foto de arriba é onde se fan as festas patronais, aínda que agora hai debate, porque non é un bo terreo e uns prefírenas facer aí, onde se fixeron toda a vida, outros que se fagan na horta do cura e a minoría que desapareza a festa. Nos tempos das nosas avoa, a xente subía aos balcóns que hai na taberna e miraban a festa. Hai uns anos eran tamén comercios, hoxe en día é un sitio público de encontro das persoas maiores, mozos e nenos. Aquí é onde nos encontramos despois da misa e quedamos para baixar a Cuntis polas tardes. Polas tardes soamente hai xente maior para xogando as cartas.
    • CASAS DE TURISMO RURAL Estas son as duas casas rurais que temos en Arcos. A da primeira foto é a casa rural “Minguiños da Ponte” e está en Arcos de Arriba. A segunda esta na Casiña, a propietaria e Puri Togariños, unha coñecida pintora. Case sempre se aluga a casa enteira, e nas paredes, asi coma nos cabeceiros das camas colgan pinturas da dona. Esta casa chámase a ‘Villa do Campo’. Esta é a casa máis grande da aldea, Está situada nun lugar chamado “O Rego do Campo”, xunto ao lavadoiro. Ali residia un home chamado José, que era canteiro, dedicábase a facer fornos artesanais para facer o pan, capas para os muiños, é moitas cousas máis.
    • O CARPINTEIRO Este home é o único carpinteiro da aldea que traballa como se facía antigamente. Aprendeu o oficio do seu pai. Vive no Caeiro e chámase José Luís Touriño Ferro. Nesta fotografía está medindo as portas dun armario que lle pediron facer, vai ser un armario branco. Algúns dos seus instrumentos que me mostrou máis antigos son o cepillo, que serve para alisar a madeira, o gramil, que serve para trazar liñas paralelas pola beira dunha peza en escuadra, o cepillo de desbaste, o cepillo curvo e a garlopa, que serve para igualar e pulir a superficie de madeira. Na Casiña hai outra carpintería, pero que traballa de maneira industrial.
    • A CARPINTERÍA INDUSTRIAL Está carpinteria xa existía no ano 1960. Naqueles tempos utilizaban as trenchas, a serra de madeira, o serrón... porque non había maquinas como as que hai hoxe en día. Despois esta carpintería cerrouse porque o dono se xubilou. Cando casou a filla do dono, o xenro volveuna abrir. Isto ocorreu arredor do ano 1993. O xenro foi modernizando a caprpintería, que pasou de ser un talle a unha fábrica con máquinas e mesmo comprou unha finca para facer oficinas e almacéns.
    • CASAS (Natalia García) Esta é unhas das moitas casas que non me gustan poque, a verdade é que hai moito onde escoller. Casas co ladrillo á vista ou coma esta sen restaurar, hai moitas. Elixín esta por estar abandonada sendo de ricos, e estando nun lugar no que todo o arredor está moi coidado. Así, aínda se fai máis fea . E nin mais nin menos ca casa do cura (casa reitoral), ten un grande terreo arredor, antes cheo de froiteiras e agora, ó igual ca casa, está abandonado.
    • CASAS (Natalia García) O que máis me gusta da miña casa son as vistas. Por debaixo dela pasa o río , as mañás pódense ver garzas e aguias cazando, e dende o balcón vexo os montes do Xesteiras e da Ermida. Era unha casa antiga. Chamabanlle a Casa da Señorita, porque era dunha solteira que viñera de Cuba chea de cartos, pero a soidade levouna á bebida e cando morreu, meu avó comprou a casa . Ten un pequeño xardin e unha finca cerrada con moitas froiteiras.
    • CASAS (Sandra) Esta casa non está mal pero non me gusta porque está soa, illada das outras casas da Casiña. En cambio, as outras casas gústanme porque están moi xuntiñas e cando saes da casa podes falar con alguén. Debe ter uns 100 anos, de pedra. Dentro da casa vai moito frío.
    • CASAS (Sandra) Esta é casa que máis me gusta. Din que vai que ser para Turismo Rural, pero non o sei seguro. A casa estba en ruínas, co tellado caéndose e hai uns dous anos mercárona un profesor que deu clases no Colexio, Mario Iglesias, e a súa muller, e restaurárona. Hoxe é a casa que máis destaca na Casiña. Ademais da casa, tamén me gusta moito o patio co pozo, as árbores e o céspede.
    • CASAS (Manuel) Esta é a casa que máis me gusta pola restauración que fixeron os donos. Antes era unha casa que estaba en moi mal estado, e con moito traballo foi restaurada, para o meu gusto é a casa máis bonita da aldea da Casiña. Os motivos do por que me gusta son: O seu emprazamento, a orde en que foron situadas cada unha das partes como o xardín, o antigo garaxe, a caseta de madeira; o tipo de tellado; o cerrado do arredor. Creo que debería de haber máis restauración de casas e non degradar a paisaxe construíndo máis casas, ademáis do que se aforraría en tirar a casa vella e volver a empezar de novo para facer outra.
    • CASAS (Manuel) A casa de Doña Sofía, foi a primeira escola que houbo na aldea, onde recibiu clases meu bisavó. Polo que contan era unha profesora moi dura, que a mínima poñíate de xeonllos encima dunhas areas cos brazos estendidos, e rezando. Aínda que profesores duros hainos en todos os centros. Esta señora era dunha familia moi rica, e a filla casou cun indio, e Doña Sofía foi vivir para Madrid, por iso esta casa está en ruinas. Esas riquezas non eran riquezas de cartos, porque meu avó contoume que antes as riquezas mirábanse polos horreos, cantos máis claros tivese o horreo máis rica era a familia.
    • O MEU RECUNCHO (Natalia García) Este é o meu recuncho. Está fóra da casa, antigamente era unha palleira, agora arranxada. Cando chove estase moi ben, e cando fai sol tamén, porque está ben illada. Na imaxe só se observa unha tele, pero tamén teño o futbulín, unha cama, un escritorio para estudar, un espello para bailar e outras cousas coma un pequeño ximnasio para facer deporte e de paso adelgazar. Ademais pinteino eu a miña maneira e gústanme as cores e a decoración, que tamén e miña.