A Arte Da Grecia Clásica - Presentation Transcript
A ARTE DA GRECIA CLÁSICA
Fases da arte grega clásica:
Xeométrica (XII-IX a.C.)
Arcaica (VIII-VI)
Clásica (V-IV)
Helenística (III-II a.C.)
1. Fase xeométrica (XII-IX a.C.)
a) Coincide coa Grecia dos Séculos Escuros
b) Decoración xeométrica e pequenas figuras esquemáti-cas de animais:
2. Fase arcaica (VII-VI)
Coincide coa Grecia Arcaica, a época das co-lonizacións.
A pintura e a escultura cén-transe na figu-ra humana, re-presentada de maneira realis-ta.
A forma huma-na ten rasgos pouco defini-dos nun princi-pio.
Á dereita Muller fiando nun al-tar (ca. 505) e Aquiles e Aiax xogando ás da-mas (ca. 550)
Tr
d) En especial na escultura, trátase de figuras ríxidas, presentadas de fronte. Estas figuras apenas conseguen despegar as mans do corpo e adiantar os pés para camiñar. As esculturas teñen unha función relixiosa, como se pode ver en Cleobis e Bitón (ca. 650) ou na Koré do peplo (ca. 530)
e ) Co tempo, as formas vanse facendo máis definidas e comezan a apreciarse os músculos en detalle. As figuras gañan vida e avanzan decididas. Así se ve no Kourós Anavyssos (ca. 525)
f) A arquitectura ten tamén moito que ver coa relixión. Os edificios máis coidados son os templos. Na dereita podes ver o templo de Hera en Paestum (ca. 550). Na esquerda a súa planta.
3. Fase clásica (V-IV)
Coincide coa Grecia Clásica e co periodo de hexemonía de Atenas.
En pintura e escultura avánzase polo camiño do realismo.
Trabállase sempre a imaxe humana, mais agora case sem-pre son homes xo-ves os retratados.
Á dereita, Ban-quete (ca. 480)
Homes xoves, cuxo modelo está nos atletas das Olimpiadas. Os corpos móvense con total liberdade, ou reposan apoiando o peso do corpo. Á esquerda o Discóbolo (lanzador de disco) de Mirón (ca. 470) e á dereita o Apoxiomenos de Lisipo (ca. 330)
d) Búscase o ideal de beleza masculina, o Canon , como no Doríforo , obra de Policleto cara
e) En arquitectura, sistematízanse as Ordes Arquitectónicas: dórica (abaixo), xónica e corintia (arriba).
f) A obra culminante da arquitectura do momento é a Acrópole de Atenas. Nesta parte da cidade constrúense os templos máis coidados de toda Grecia, adicados a Atenea. .
O Partenon. Construído entre o 449 e o 433, os seus arquitectos foron Ictinos e Calícatres, co apoio de Pericles.
8 fotos do Partenón
Video da Acrópole
Na Acrópole destacan outros edificios, como o Erecteion, o templo adicado a Erecteo, o antepasado de todos os atenienses na mitoloxía.
A finais da fase clásica, afóndase no realismo. A arte interésase por escenas da vida cotiá, mesmo cando representa personaxes mitolóxicos. Así se pode ver neste Hermes con Baco neno , que Praxíteles esculpíu a finais do IV. As figuras son máis brandas
4. Helenismo
a) Coincide co Helenismo, o período da historia grega en que Alexandre Magno constrúe un enorme imperio que vai desde Grecia e Exipto até o río Indo.
No camiño do naturalismo, a escultura volve a interesarse polas mulleres ( Afrodita de Milo (finais do II) e aparecen os nenos ( Neno da espiña, ca. 200) ou mesmo por seres de sexo ambiguo (Hermafrodita durmido , ca 175) .
As figuras están sempre en tensión, axitadas: Laoconte e os seus fillos (ca. 150) e detalle da Xigantomaquia (ca. 175).
En arquitectura xa non temos edificios de tamaño razoábel, senón inmensas moles como o Faro de Alexandría (ca. 270), Altar de Zeus ( ca. 175)
No ano 142 a.C. os romanos ocupan Grecia, porén os romanos rematarán por inspirarse na arte grega, como se pode ver neste retrato do emperador Augusto de principios da nosa Era.
1 comments
Comments 1 - 1 of 1 previous next Post a comment