Your SlideShare is downloading. ×
Novas de eu marzo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Novas de eu marzo

54

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
54
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Número 2- Marzo 2013
  • 2. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 2 EDITORIAL empresas, abusos patronais, recortes de dereitos. E O mes de marzo ten dúas datas sinaladas e importantes Navantia segue sen carga de traballo e sen dique. Jose para a xente da esquerda: o día 8 de marzo é o Día Manuel Rey Varela bota as culpas na Sepi e na dirección de internacional da muller ( e non a festa da muller, como a Navantia. Tómannos por parvos. Pensa que a sociedade cualifica o Partido popular na súa declaración institucional), non sabe que o can é o mesmo con distinto colar? A política e o día 10 de marzo é o día da clase obreira galega. do PP co naval, entre tanta labia e rimbombancia, podería resumirse nunha soa palabra: MENTIRAS, e son mentiras que condenan á fame e á miseria. No momento actual estas dúas datas non poden ter máis carácter reivindicativo ante o que está acontecer na nosa comarca. EU Ferrol participará activamente nas mobilizacións sociais organizadas para esas datas, nun momento crucial para dar á volta á partida, que sexa o pobo o que máis ordene e A lacra da violencia machista non cesa, a política de demostrar que outra política é posible, outra política do recortes abrangue tamén a protección das mulleres pobo para o pobo, máis políticas sociais e menos conceptos maltratadas, as políticas de igualdade e formación non son macroeconómicos e tesoirazos á cidadanía para pagar consideradas prioritarias para o partido gobernante, e a unha débeda ilexítima. besta controladora do déficit engule toda política social. Pero non só estamos a falar de termos económicos, senón tamén de pura ideoloxía. Así quedou patente no último pleno do Concello de Ferrol, onde unha moción participada por EU en nome da Marcha Mundial das Mulleres retratou o verdadeiro espírito do Partido Popular. Cada vez que un acto de violencia machista acababa coa vida dunha muller na nosa comarca a Marcha Mundial debuxaba unha silueta na Praza do Concello. Un acto reivindicativo e de memoria necesaria, unha lasca doente no corazón do pobo. Agora o Partido Popular quere poñer freo ás reivindicacións, toda protesta está baixo sospeita de subversión, incluída a máis sensible á violencia e a discriminación. Alegan que se incumpre unha ordenanza municipal. E nos alegamos que a insensibilidade ante a dor non é un dereito a exercer polos poderes públicos. O 8 de marzo debe servir para lembrarlle ao PP que a igualdade é unha aspiración que non se pode acoutar polo estrito cumprimento da normativa municipal, e se aínda así, queren roubarnos o dereito a memoria, SUSO BASTERRECHEA vense abocados a cambiar a normativa municipal. Coordinador Local de Esquerda Unida Por outra banda, o día 10 de marzo é o día da clase obreira galega. A clase obreira que está a ser enganada, vilipendiada e expulsada das marxes aceptables de dignidade polo Partido Popular. O desemprego crece na comarca, todos os días a crónica laboral tráenos peches de empresas, EREs, despedimentos, deslocalización de
  • 3. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 3 SEDE ABERTA! VISÍTANOS! RECORDA!! TES A SEDE DE parapétanse detrás da Dirección de ESQUERDA UNIDA ABERTA Esquerda Unida co Naval. Navantia e da Sepi como se non fosen OS MÉRCORES DE 18:00 A Porque somos obreiros. todos un. 20:00 HORAS Porque non toleramos o RÚA DO SOL 124, desprezo cara a nosa ENTRECHÁN ESQUERDA comarca Seguiremos na loita na rúa e nas NAVANTIA : #13F #24F O 13 de marzo centenares de institucións ata que cesen as traballadores desprazámonos a mentiras, se desvele a verdadeira Compostela, e ante un Parlamento do folla de ruta do goberno para pobo, blindado ata a esaxeración Navantia, e mude a política das CONTRA FERROL- YOLANDA DÍAZ polas forzas antidesturbios, mentiras en traballo efectivo para amosamos a carraxe que sacude a conseguir barcos nas gradas de As mentiras do PP sobre o dique clase obreira galega. Ferrolterra. flotante e a súa actitude antidemocrática ao pechar o Parlamento Galego ás traballadoras e traballadores do estaleiro público Unha delegación de militantes de EU Esiximos emprego! evidencian a axenda negra do PP: paro Ferrolterra, cos concelleiros de Ferrol e fame para as demandas de traballo; Javier Galán e Suso Basterrechea, así paus e cerrazón para as protestas como a deputada Yolanda Díaz e o Esiximos carga de traballo! cidadás. deputado Xabier Ron, fixemos valer O PP acaba de retratarse diante da tamén a nosa voz perante o órgano cidadanía ferrolá ao dicir ao final dun soberano da cidadanía de Galicia, un burato negro de dous anos que non órgano tomado polo Partido Popular Esiximos dique flotante! haberá dique. No entanto, Ferrol como o Consello de Administración perdeu uns 4.000 postos de traballo entre directos e indirectos. Dixeron dunha multinacional sen escrúpulos, que habería dique se gobernaban en de onde nace a política de recortes no Madrid e que a Xunta axudaría: ao final canto dunha política que atenda as NAVANTIA nen un euro vén dos orzamentos da necesidades básicas sociais. Xunta nen dos do Estado. Un escándalo de mentiras para gañar eleccións e acto seguido incumprir o O descoñecemento do Señor Feijoo programa. Unha sorte de colle os da nosa comarca raia o insulto e o votos e corre, mentindo e desprezo. Foi invitado a visitar as criminalizando á cidadanía que gradas baleiras, a coñecer a reclama. E o Parlamento Galego como repercusión no comercio e na vida sede do autogoberno do pobo galego socioeconómica da cidade a perda é o espazo que ten que acoller esas protestas, aínda que lles incomode. É masiva de postos de traballo nas o noso deber. empresas auxiliares. Non vai vir e
  • 4. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 4 A situación repetiuse o día 24 de febreiro, cando 30.000 persoas puxéronse en pé de guerra contra o desleixo do PP cos ferroláns e ferrolás. Agora fan un lavado de cara con cinco millóns para un dique que custa 30 veces máis. Seguen enrocados na estratexia electoralista. Non son quen de abrir os ollos e darse conta de que non se está a falar de votos, se está a falar de miseria, da supervivencia da comarca.Suso Basterrechea – Pura vidaUnha manifestación a ritmo de pancarta dá para moitopensar, a do naval, ademais, foi moi numerosa, lenta elonga. Todo é vida, pura vida, coas súas propias lóxicasnon sempre claras pero imparables. A práctica políticaen calquera das súas formas irrompeu con forza nasnosas existencias e fíxoo ademais dunha forma moiemocional. Como non teño unha gran tradiciónséntome cómodo cando a partida xógase a flor de pel.A paixón ten unha regra fundamental, hai quealimentala, unha vez morta non se pode revivir.Din, e seguramente teñan razón, que non se podemanter eternamente, pero todos sabemos que esesson os momentos que marcan o noso camiño de formadefinitiva. Unha esquerda mestiza, dicía Yolanda Díazo outro día, froito do desexo de atoparse e confluír.Unha esquerda que sexa esquerda, que prolongue oromance cunha cidadanía desencantada que non éestúpida, simplemente ten memoria.
  • 5. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Número 2- Marzo 2013 verán diminuida a calidade do servizo, ao desaparecer na A LAMINACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DE comarca un equipo completo formado por un médico, un FERROL, PREOCUPACIÓN MENOR PARA O fisioterapeuta, catro asistentes sociais e un auxiliar ALCALDE DA NOSA CIDADE. administrativo. EN RISCO A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL PEDIÁTRICA, OS DEPENDENTES E DISCAPACITADOS E O PROBLEMA DA DROGODEPENDENCIA, MENTRES Logo desta xuntanza mantivemos no barrio de Canido, OS GASTOS FASTUOSOS EN INVERSIÓNS xunto coa deputada parlamentar de AGE, Yolanda Díaz, FARÓNICAS VALEIRAN AS ARCAS MUNICIPAIS. unha xuntanza cos traballadores e traballadoras de Aspanaeps, unha entidade de longo arraigamento na EU ESIXE UN CAMBIO DE POLÍTICA ECONÓMICA NO nosa cidade, dende o ano 1980 é a única entidade con CONCELLO, QUE ATENDA MÁIS ÁS NECESIDADES convenio capaz de prestar atención aos problemas de PRIMARIAS DA CIDADANÍA E NON SE CENTRE EN saúde mental infantís, de xeito que, se se ve na obriga a MAQUILLAXES SEN MÁIS OBXECTIVO QUE O RÉDITO un peche pola asfixia económica á que a someten as ELECTORALISTA. administracións, a Xunta veríase compelida á creación dun servizo desta natureza por lei. O Consello Local de EU e os concelleiros Javier Galán e Suso Basterrechea, mantivemos sendas xuntanzas con dous colectivos que prestan servizos esenciais á nosa SERVIZOS comunidade, o equipo de valoración da dependencia e os Esta entidade, SOCIOSANITARIOS que fai unha membros de Aspanaeps. labor de sostén para as familias, ven sufrindo recortes do 10% ano tras ano das subvencións da Xunta, e o goberno municipal asestoulle neste ano un recorte de máis do Na primeira delas, no cuarto andar do edificio da Xunta de 70% da partida que viña destinando a Aspanaeps, o que Galicia, onde está o equipo de va observamos como o a abocou a un ERE de redución horaria e a anulación de alcalde de Ferrol non fixo aceno algún e mantense varios programas, como a formación de menores nos impertérrito ante o proxecto da Xunta de Galicia de riscos da drogodependencia, problema que, xunto co eliminar e trasladar á Coruña este Servizo, que da abandono ao que someten a Asfedro, parece importar ben cobertura, a xaneiro de 2012, a 240.856 habitantes, pouco ao Partido Popular. chegando a lugares como Mañón ou Vilasantar, e aumentando a lista de desempregados da comarca en oito persoas máis. Non pode xustificarse a desaparición deste EU Ferrol esixe unha rectificación e revisión completa da servizo en incumprimento de obxectivos ou falta de política socio-sanitaria que está a levar a cabo na nosa demanda, toda vez que estamos a falar de colectivos cidade José Manuel Rey Varela, que se resume en nula desfavorecidos, necesitados de especial atención, que
  • 6. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 6 actuación na defensa dos servizos públicos de Ferrol, 3. Que o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, pasividade e conivencia coa política de demolición do abra os ollos ás prioridades reais da cidadanía, público e privatizacións masivas do goberno da Xunta de máis alá de contratacións de obras mesiánicas, a Galicia, en consonancia coa política neoliberal que ven situación económica vai, irremediablemente, practicando o Estado, máis preocupado de termos macro aumentar o número de usuarios de Aspanaeps, de control do déficit que nos factores humanos da Asfedro e requirir dos servizos de valoración da sociedade. dependencia e persoas con discapacidade, como así o demostran as estatísticas que interrelacionan o desemprego, os desafiuzamentos consecuencia Dende o Consello local de EU consideramos prioritario: de aquel, e a falta de liquidez económica con problemas mentais, de drogodependencia e desestruturacións familiares xunto con casos de 1. Que se destinen partidas orzamentarias desatención social. suficientes para o mantemento sos postos de traballo de servizos públicos, nos que non pode primar o control do gasto senón a atención ás persoas con especial necesidade e deben ser dotados abondo para unha calidade asistencial rigorosa. 2. Que o asociacionismo socio-sanitario sexa integrado no Servizo Público de Saúde, de xeito que se garantan a continuidade das prestacións, independentemente das flutuacións e recesións sistémicas ás que necesariamente vese abocado o sistema capitalista.
  • 7. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 7 manifesto no pleno do seis de abril de 2011: van para dous anos sen comisión especial mixta, e son decenas as O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIOU Á familias que dende entón sufriron un desafiuzamento, CONVOCATORIA DO 16 DE FEBREIRO CONTRA A ante a pasividade do goberno municipal do Partido ACTUAL LEXISLACIÓN HIPOTECARIA E POR UNHA Popular, experto en vacuos brindis ao sol, en fastuosos VIVENDA DIGNA. titulares de prensa e en simular caras compunxidas ante o drama social en plenos televisados, pero que é incapaz de adoptar ningunha medida efectiva e real para paliar ese desastre social, medidas que tan só dependen da vontade política do alcalde de Ferrol. EU fixo un chamamento á participación da manifestación do sábado 16 de febreiro, convocada pola rede de apoio mutuo de Ferrolterra e coordinada con outras manifestacións a nivel estatal, para que, dunha vez por todas, a caste política bipartidista tome conciencia do Extracto do Pleno do 6 de abril de 2011 drama social dos desafiuzamentos, e cambie unha lexislación inxusta e obsoleta, onde as entidades financeiras, sostidas con fortes inxeccións de diñeiro público achegado por todos os cidadáns, teñen unha SEÑOR REY VARELAVamos a ... aprobar en protección especial fronte aos cidadáns indefensos ante as nuestrotérmino municipal una comisión especial situacións abusivas dos cretos hipotecarios e as mixta y a mi lo que me gustará comprobar dentro de circunstancias sobrevidas do mercado laboral, auspiciadas seis meses son los resultados de esa comisión especial polas mesmas entidades financeiras, principais artífices da mixta. Porque, claro, nos estamos lamentando aquí crise sistémica que está a vivir o capitalismo máis en muchas ocasiones de que no somos capaces de descarnado. cumpliracuerdos plenarios que vienen de mociones y, bueno, pues, claro, generar la expectativa a muchos ciudadanos que no pueden pagar su hipoteca de queSTOP DESAFIUZAMENTOS el Ayuntamiento de Ferrol lo va a hacer creando esta comisión, me parece, bueno, pues que posiblemente seaexagerado. Nosotros, ya digo, lo que vamos a hacer con esta moción que se va a votar por puntos es abstenernos los tres primeros puntos y votar A nivel local, o alcalde de Ferrol, máis preocupado pola súa favorablemente al cuarto, que es dar traslado al carreira política que pola cidadanía de Ferrol, é incapaz de Consejo de Ministros, como no puede ser de cumprir a súa propia vontade formal, como puxo de
  • 8. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 8 otramanera. parque de vivendas sociais que o Concello está obrigado a xestionar. A desesperación das familias que levan tempo SRA. DÍAZ PÉREZ:...é bastante frivolidade decir que optando a un piso en Recimil vai en aumento, máis aínda non se pode facer nada no Concello de Ferrol e que se cando o obscurantismo que rodea todo o proceso non xeneran unhas expectativas lle volvo a decir que estou permite sequera saber en que momento do proceso se segura que a concelleira de Benestar está atendendo atopan e cal é a posibilidade real de chegar a dispoñer de a estas familias e persoas que están vivindo situacións algo tan básico e necesario. Igualmente insiste en dramáticas. Polo tanto, será responsabilidade dos 25 demandar a creación dunha bolsa de vivendas baleiras na concelleiros e concelleiras atender unha cuestión que nosa cidade (máis tendo en conta a realidade é vital. A nós nos alegra que vote a favor desta demográfica) para familias sen recursos cun aluguer social comisión pero frivolidade ningunha. que en ningún caso supere o 30% dos ingresos das citadas unidades familiares. MÁIS INFORMACIÓN O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o No pleno do 28 de febreiro EU goberno municipal non pode desligarse dunha presentou unha moción requirindo : problemática que afecta de forma tan dura a unha boa A entrega inmediata a persoas necesitadas das vivendas baleiras cantidade dos nosos veciños. O Concello e a de Recimil. administración local , pola súa proximidade cos afectados, A posta en marcha da Comisión especial mixta aprobada xa no ten a obriga de implicarse na solución dos numerosos pleno para a atención aos desafiuzamentos. casos de desafiuzamentos que actualmente existen en A creación dunha oficina de Ferrol así como nos que ,por desgraza, previsiblemente atención aos desafiuzados, de poidan ir aparecendo derivados da dramática situación primeira necesidade dado o desemprego crecente que impide laboral xerada na nosa comarca. as persoas facer fronte ao pago das hipotecas abusivas. Esquerda Unida considera que o Concello ten a No devandito pleno interveu unha capacidade para actuar de xeito eficaz, ademais e por voceira de Stop Desafiuzamentos, esixindo un cambio de política no acordo da corporación, poderían habilitarse unha serie sentido da Plataforma de Afectados pola Hipoteca: dación en instrumentos, como a comisión especial mixta que, pago, aluguer social, moratoria, e demais puntos reivindicativos simplemente, para a súa posta en marcha necesita unha caeron en oídos xordos no alcalde vontade política que así o decida. de Ferrol e demais concelleiros do Partido Popular. O grupo municipal de Esquerda Unida considera que non existe ningunha xustificación para non empezar a utilizar o
  • 9. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 9 O sábado 16 de febreiro, sucedéronse manifestacións en todo o país contra o drama social dos desafiuzamentos. En Ferrol percorreu o centro da cidade, rematando na Praza do Concello cunha asemblea aberta. VISITA A NOSA PÁXINA WEB E AFÍLIATE! www.euferrol.org Dende EU Ferrol sumámonos as reivindicacións da Plataforma Stop desafiuzamentos e a Rede de apoio mutuo de Ferrolterra: Dación en pago, aluguer social, coto aos abusos bancarios e abolición da lexislación inxusta e decimonónica de hipotecas. En EU estamos, sempre estivemos, na rúa cos movementos sociais e na defensa da xustiza social. En Ferrol hai moito camiño por facer, o encomiable traballo da Comisión por unha vivenda digna vese desbordada ante o crecemento progresivo de situacións dramáticas de persoas expulsadas da súa vivenda, despoxados dun dereito esencial e inherente á democracia que os poderes públicos deberían garantir, en lugar de disfrazar con medidas insuficientes que seguen a protexer ás entidades financeiras que sustentan con condonacións e prácticas escuras ao bipartidismo escravo da Troika. Súmate á militancia, participa nas mobilizacións, colabora coa Rede de apoio mutuo e acude a ela se necesitas axuda. Si se pode.
  • 10. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 10 8 de marzo Sen igualdade non hai democracia Con motivo do 8 de Marzo, Día Intenacional das Mulleres, o Area da muller de Esquerda Unida en Ferrolterra quere manifestar o noso apoio os actos organizados polo movemento feminista na nosa comarca asi como no resto do país. Convocamos a cidadanía a participar de: • O acto que vai celebrar a Marcha Mundial das Mulleres no Cantón as 20:00hrs baixo o lema Á DEBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON CON A BANCA! (www.feminsimo.info) • E convocar a toda a cidadanía a que participe da Manifestación do Movemento Feminista na Galiza que vai ter lugar en Compostela o Sabado 9 de Marzo con saida as 12:00 hrs desde a Estación de tren, que baixo o lema MULLERES GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS , percorrera as rúas de Santiago de Compostela , para visibilizar a marea violeta que simboliza a igualdade entre homes e mulleres, e a loita polos dereitos das mulleres e nenas.
  • 11. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 11 MANIFESTO Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas. As mulleres fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non existe. Democracia significa que homes e mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres, nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é consustancial coa democracia. Democracia significa que mulleres e homes compartimos sen trabas nin vetos todo o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que ambos deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as responsabilidades sexan compartidas. Democracia significa pleno emprego, de calidade, ben retribuído, sen discriminacións de ningún tipo. Por iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e que prexudican gravemente ás mulleres. Democracia significa que cada persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón que poidamos ser autónomas e libres para dispor da nosa existencia. Por iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira restritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das mulleres. Democracia significa que as diferenzas, diversidades e opcións non marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta, nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin explotadas en ningunha das súas formas. Democracia significa que o respecto e a liberdade son valores irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica, a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que conforman o concepto de igualdade de xénero. Democracia significa que o Estado atende a través dos servizos públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados. Democracia significa erradicar das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se basee a política. Os nosos dereitos non se recortan!
  • 12. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 12
  • 13. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 13 ANTE O ACOSO DA ULTRADEREITA AO COMPAÑEIRO FERNANDO MIRAMONTES: COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL E DO CONSELLO LOCAL DE ESQUERDAUNIDA. Recentemente veciños de Canido viñan observando algúns sucesos no barrio de Canido relacionados con actividades de grupos de extrema dereita e neofalanxistas e que se ían intensificando según avanzaba o ano e chegaba o cabodano do 23F. Estaban casi todos os feitos centrados nun intento de acoso contra a persoa de Fernando Miramontes. Tamén , recentemente, medios de prensa de Ferrol fixéronse eco destas accións e relatáronos. Diante da confirmación por parte do noso compañeiro Fernando Miramontes dos feitos relacionados o grupo municipal de Esquerda Unida así como o Consello Local da organización queren facer público mediante comunicado formal: 1. A condena dos feitos dos que foi vítima o noso compañeiro Fernando Miramontes. 2. A nosa solidariedade con Fernando e a súa familia, militantes de Esquerda Unida e do Partido Comunista dende hai décadas e sobranceiros na loita antifascista e polas liberdades. 3. Neste sentido , o da loita antifascista, queremos facer un chamamento a todas as forzas democráticas para promover unha fronte común que reforce o cordón sanitario necesario perante a violencia fascista e as súas campañas de intimidación sexan estas locais ou nacionais. A estratexia da extrema dereita europea ( española,grega ou francesa) combina accións de gran repercusión nacional con actos simbólicos no local . Cómpre non perder o norte diante dos enemigos da democracia e as liberdades; os de onte e os de hoxe ,que son os mesmos. O Consello Local de Esquerda Unida e o seu grupo municipal queren manifestar, por último, que continúan e continuarán sen pausa o seu traballo tratando de organizar aos/as traballadores/as na loita política sobre a base das firmes conviccións que nos caracterizan como organización. Nisto, como en tantas cousas, é Fernando unha referencia e guía. Tamén na dignidade como persona e na súa valía como militante.Sentímonos e sentirémonos sempre orgullosos de telo como compañeiro.
  • 14. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 14 REGANOSA tratar de maneira unificada as distintas moitos menos, darse por pechado. problemáticas que afectan á ría ,e entre Esquerda Unida valora moi COMUNICADO DO elas e de maneira sobresaínte por ser a positivamente esta actitude de interese CONSELLO COMARCAL DE petición que puxo en marcha o e respecto polo moito que teñen que FERROLTERRA. mecanismo que deu lugar á inclusión da dicir os afectados e entidades O CONSELLO COMARCAL DE FERROLTERRA VALORA MOI ría de Ferrol no programa, a localización solicitantes e como organización POSITIVAMENTE A VISITA DA da planta de gas de Reganosa no interior peticionaria colaborará coa delegación DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO da Ría e os problemas de todo tipo que no traballo que a partir de agora se EUROPEO ÁS INSTALACIÓNS DE ten como consecuencia directa da súa comezará para rematar en maio coas REGANOSA NA RÍA DE FERROL. intalación. oportunas conclusións e informe definitivo. In situ, ao pe de Reganosa, a delegación IN SITU, TAL E COMO SE PEDÍA, OS MEMBROS DA DELEGACIÓN recibiu as explicación oportunas: o Saudar, por último, a boa acollida da RECIBIRON AS EXPLICACIÓNS POR carácter ilegal da planta, o comisión á petición das confrarías de PARTE DOS PORTAVOCES DA PARTE PETICIONARIA. incumprimento da directiva europea Ferrol e Barallobre de aproveitar a visita sobre avaliación de impacto ambiental, a para iniciar os contactos pertinentes que falta de seguridade para a poboación de faciliten o traballo e estudo da nova PREVIAMENTE Á VISITA E PARA FACILITAR O TRABALLO RELATIVO Ferrolterra e a non implantación dun petición referida á situación xeral de AO ESTUDO DA NOVA PETICIÓN EN plan de emerxencia co conseguinte risco contaminación da ría. Neste sentido a TRÁMITE MANTIVERON UN CONTACTO INFORMAL COAS pola navegación dos gaseiros, a visita a Reganosa tamén puido ser CONFRARÍAS QUE ESQUERDA destrución do ecosistema da ría coa aproveitada pola delegación para UNIDA VALORA ,TAMÉN, MOI POSITIVAMENTE. utilización fraudulenta de auga captada comprobar o grao de desleixo, en cantidades diarias de centos de miles recoñecido polas autoridades presentes de toneladas, o recheo ilegal etc. nas audiencias, que a nosa ría ten en Abraiados polo espectáculo que canto a depuración e verquidos. Tal e como Esquerda Unida manifestou contemplaban e que nunca se a semana pasada por boca da súa Non temos por menos que felicitarnos, imaxinaron, algún membro da coordinadora nacional e parlamentaria por último, do traballo do noso delegación preguntou ás autoridades da Yolanda Díaz hoxe produciuse a visita da europarlamentario Willi Meyer, sin a súa Xunta , presentes na visita, canta xente delegación do Parlamento europeo á constancia e esforzo a visita non sería estaba no cárcere. A pregunta como tal Reganosa e ás súas instalacións na ría de posible, e felicitar ao Comité Cidadán de era sincera, non irónica... Ferrol. A petición motivo da visita e Emerxencia da Ría de Ferrol: gaña quen solicitada no seu día por varias Posteriormente o presidente da resiste. entidades, entre elas a nosa delegación manifestou na reunión coa organización, posibilitou traer á ría de delegación do Comité e das confrarías Ferrol á delegación do Parlamento e que o affaire Reganosa non podía, nin Ferrolterra, 13 de febreiro de 2013
  • 15. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 15 O GRUPO MUNICIPAL E O CONSELLO LOCAL DE EU e que é o único que está a achegar fondos para sustentalo, DEMANDAN DE REY VARELA UNHA SOLUCIÓN fondos que están a ser utilizados para obras de dubidosa DEFINITIVA PARA FIMO, MÁIS ALÁ DE SEGUIR legalidade e non para aboar as retribucións gañadas polos CONSENTINDO PRÁCTICAS IRREGULARES E traballadores e traballadoras, quen observan atónitos MENOSPREZAR AOS TRABALLADORES E como os poucos fondos malgástanse mentres as súas TRABALLADORAS DO CONSORCIO. familias vense abocadas a un futuro incerto. O mércores seis de febreiro os concelleiros de EU, Javier Esiximos, de xeito inmediato, ao alcalde de Ferrol: Galán e Suso Basterrechea, así como a comisión de emprego do Consello Local de Esquerda Unida 1.- Que comine a Cámara de Comercio a abandonar o mantiveron unha xuntanza de traballo co cadro de Consorcio, por manifesta incompetencia e prácticas persoal de FIMO. irregulares. Que amose as últimas contratacións de obras e eventos, a súa xustificación e o seu cumprimento. A exposición dos feitos dos traballadores e traballadoras amosan prácticas caciquís da Cámara de Comercio, 2.- Que procure unha solución áxil a ilegalidade de desleixo de funcións do partido gobernante e un total traballar gratis, propio de réximes totalitarios. Que se abandono do persoal traballador, que leva cinco meses aboen os salarios atrasados ao cadro de persoal e se dean sen percibir un salario, en condicións precarias e sen garantías de cobro. garantía algunha de cobro ao longo deste ano, en 3.- Que se de pulo ao Consello de Administración de Fimo, palabras da propia presidenta do Consorcio, Ana Prego. na procura dun Consello real no que os partidos da oposición non sexan meros figurantes e observadores de decisións arbitrarias e ruinosas. Que se aclare se Fimo vai Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello, que ser reconvertido en Fundación e en que prazo ou se, como fixeron investimentos millonarios en Fimo, están a todo apunta, xa se desbota esa opción cara a unha futura consentir que a Cámara de comercio, con premeditación e privatización aleivosía, provoque o afundimento do recinto feiral, con anulación de eventos ou, o que é máis grave, concesión de eventos ruinosos por cantidades inasumibles e sen marxe de beneficio a persoas que están ou estiveron directamente relacionadas co Consorcio. Segundo palabras dos propios traballadores todo responde a unha folla de ruta prefixada, deseñada polo antigo presidente, Xoan Gato, e a que Ana Prego quere dar continuidade: externalizar servizos a empresas amigas e despido dos traballadores. Aos catro despedimentos do ano pasado, súmase cinco meses sen cobrar do cadro de persoal que queda, que está a ver como se esborralla o Consorcio, para deleite da Cámara e inacción do Concello, titular do 46% do capital
  • 16. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 16 mandatarios públicos farán de drogas de ningún tipo. Nada hai intermediarios das entidades baixo control. Todo ven de fóra. E privadas para facer os informes fóra é fóra. Non vale de nada que o sociais pertinentes para a señor alcalde sexa presidente dunha adxudicación desas vivendas. Para federación de alcaldes nin que un tirar unha conclusión da noticia non dos nosos concelleiros presida a precisei de ir á páxina interior á que deputación coruñesa –institucións nos remite. Dez, doce liñas, para que que, é máis sabido e probado, só máis, deitan tódalas luces sobre esta serven para o clientelismo– para que inmensa mentira na que se instalou o a nosa comarca poida ter un mínimo Partido Popular e da que non sabe de crenza nun futuro real, certo. como saír. Se a min, un supoñer, a Despois de tanto engano –malia que entidade bancaria que for, por non gañasen elección tras elección– quen pagar o que estaba acordado, me pode crer que é política social ofertar embarga unha vivenda, será por e o que previamente che substraeron. XOSÉ MARÍA DOBARRO para algo. Era un trato, todo o ¡E todo avalado polo noso goberno E VEÑA LEÑA leonino que se quixer, mais un trato. municipal! ¡Que nos quiere mucho a En caso de conflito, de que parte se todos! Ou iso di. Entendo que vai poñer a lei é máis que obvio. Nin pretenderán que o resto da o subnormal máis profundo pode corporación municipal respalde esa Aínda que xa lera unha circular, crer que o artigo constitucional que tan “social” proposta de roubar, comunicado, proposta ou similar recolle que todos somos iguais roubar e roubar baixo a venda de sobre o tema, un nadiña lle faltou perante a lei. Como isto non é certo. ofertar, ofertar, ofertar. Deixémonos para caer do asento, co risco de Como tamén non é verdade que sexa de ofertas e reclamemos que nos poder romper a crisma, cando, de lesa xustiza desposuír alguén dean –só un chisquiño, por favor– do mentres almorzaba, lin na cabeceira dunha “propiedade”, pola que foi tantísimo que lles levamos dando. E do noso xornal do venres, hai dous pagando, nomeadamente intereses que deixen de nos dar leña. ¡Que días, o titular “Ferrol destinará pisos –que esa é outra–, á que pretendía doe! ¡E tanto! embargados de doce bancos para acceder. Douche e ti xa pagarás. O alquileres sociales”. ¿E que verá persoal, mesmo coa maior mala fe sendo isto?, é o primeiro que, unha do mundo, entra ó trapo. Mais o vez reposto do impacto, che ven á trapo non o manexa o touro. E, cabeza, mentres as galletas, evidentemente, vante tourear. molladas no café, loitan por penetrar Agora vai resultar que alguén a quen no seu destino natural a través dun lle quitaron a vivenda por impago, tracto un tanto obturado pola que vive, ou malvive, onde nin se espontánea resposta dun cerebro sabe, por mor dunhas fadas agredido. Reposto do susto –un madriñas vai ter unha marabillosa auténtico susto, dos que meten, ou morada –inclusive a que lle furtaron– deberían meter medo– sigo lendo, a un prezo tan económico como o en caracteres menores da propia que non podía pagar pola hipoteca e portada, que “El Concello de Ferrol que o privou da súa “vivenda”. Máis se adherirá a un convenio que afecta despropósito que isto non o vin na a pisos embargados por doce miña xa longa vida. ¿Como un entidades bancarias para destinarlos concello –independentemente da a alquileres sociales”, ós que poderán súa desfeita económica–, cos cartos acceder, “cágate lorito”, as persoas de todos, se pode prestar a con menos recursos ou en risco de resolverlle as malas xestións a desafiuzamento. O summum de entidades privadas? Non queda tódolos despropósitos é asumir, outra que alucinar por colores e sen segundo a información, que os nosos
  • 17. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 17 RÉXIME CORRUPTO SEDE ABERTA! YOLANDA DÍAZ VISÍTANOS! Diario de Ferrol RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA O paro e a corrupción poden resumir a situación á que nos avoca a fin deste réxime político. A degradación das condicións laboráis e dos servizos públicos é a outra cara da privatización e das relacións corruptas que se tecenao redor desa alquimia negra que reduce dereitos a negocios, co tránsito da política á empresa dos privatizadores. As mentiras de Rajoy e as evasivas de Feijóo en materia de corrupción expresan o carácter estrutural dese fenómeno; negan e negan a pesares da manchea de casos de corrupción que se están a suceder en Galicia e no conxunto do Estado. A corrupción étamén mentir en política, incumprir o prometido no programa. So outramaneira de facer política, coa maior participación do pobo, a democracia participativa e outra política social e económica pode liberarnos da podredume moral da corrupción e da tortura neoliberal para a que resulta funcional. Esa alternativa requireconxugarunidade e pluralidadeaoservizodun programa de transformación social.
  • 18. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 18 socialismo, a revolución a FACERNOS VISIBLES esperanza. ANDRÉ ABELEDO Si hai unha bandeira que OBREIRO ROXO representa os intereses fundamentais do pobo esa e a bandeira vermella do comunismo e a revolución proletaria. E a bandeira que une os proletarios e oprimidos, en vez de dividilos. E a bandeira que representa a misión histórica da clase proletaria de liberarse a si mesma e a toda a humanidade. Unha bandeira que nos pide que nos ergamos e vexamos mais ala dos intereses persoais ou nacionais e nos Orgullosos de ser de esquerdas, imaxinemos un novo mundo. republicanos e socialistas! A fouce e o martelo e un símbolo Estamos orgullosos dos nosos que representa a unión dos símbolos e o seu significado, non traballadores/as. Está composto escondemos que queremos por un martelo sobre unha fouce. república e socialismo! Estas ferramentas son un símbolo A bandeira republicana simboliza do proletariado industrial e do para nos o fin dos privilexios, a campesiñado, o feito de que estean valente loita contra o fascismo a unha sobre a outra simboliza a durante a guerra civil e durante a unidade entre todos/as os ditadura, o inmenso respecto os traballadores/as. que loitaron pola liberdade e tiveron a mais heroica derrota que EU FERROL, ORGULLOSOS a historia nunca viu, simboliza a DE SER O REFERENTE DA esperanza dun futuro mellor ESQUERDA! republicano e socialista. A estrela vermella de cinco puntas e un dos símbolos do socialismo e MATERIAL Á VENDA NA NOSA SEDE, BANDEIRAS, o comunismo. CAMISETAS, PINS, LIBROS. Representa a vez os cinco dedos da man do proletario e os cinco ÚNTE E MILITA! continentes, e o símbolo do PARTICIPA NUN PROXECTO DO POBO PARA O internacionalismo proletario: POBO! "Proletarios de todos os países, unídevos!". Tamén representa os FÓRMATE NA ESQUERDA! cinco grupos sociais que posibilitaron o transito o socialismo: os obreiros/as, os www.euferrol.org campesiños/as, a xuventude, os intelectuais e os militares. A estrela vermella simboliza o
  • 19. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 19 Jorge Suárez AURELIA REY, SÍMBOLO TRIUNFAL DO ACTIVISMO SOCIAL Estes días nos medios de incluso do presidente do Goberno propietarios dunha avaricia comunicación, que trascenden autonómico, o Sr. Feijoo, quen descarnada, que queren botar á rúa incluso o nivel galego, o nome de garantiu unha vivenda social digna unha anciá por pagar un aluguer de Aurelia Rey ocupa titulares de para Aurelia. renda baixa, sen máis consideracións prensa, abre telexornais e boletíns que as puramente económicas, e informativos horarios na radio. fronte a un sistema xurídico Ningún medio, público ou privado, Certo é que cadaquén ten os seus totalmente inxusto, que non se ante a feble imaxe da desamparada propios intereses partidistas, pero é cambia por falta de vontade política, anciá, atrévese a poñer en dúbida a ese o cerne da cuestión? E, por outra a rúa tomou a palabra e a rúa indignidade que supón deixar na rúa banda, os intereses políticos venceu. a unha muller que con algo menos de baseados nun estado social no que catrocentos euros mensuais ten que prime a dignidade dos máis afrontar un aluguer de máis de cento desfavorecidos, non son intereses Cantas Aurelias son expulsadas das vinte euros. O sistema non o pode políticos totalmente lexítimos? súas casas cada día? Cantos casos permitir, dan igual as leis inhumanas Nunha sociedade da información pasan desapercibidos? Din os datos e favorecedoras das entidades politizada e polarizada, as que son centenares ao ano en toda financeiras ou dos que detentan o acusacións crúzanse, todos inxurian Galicia. Verdadeiros dramas capital, as sentenzas inxustas que e todos se sinten inxuriados. Pero a humanos dos que nada sabemos, desprezan o factor humano, o poder realidade dos feitos, dende o meu símbolo dun auténtico fracaso social, irremediable da cousa xulgada. punto de vista, é que a acción cidadá que nunca pode ser cualificado como conseguiu poñer o foco mediático fracaso persoal, e oxalá o concreto sobre a situación persoal de Aurelia pase a xeral, o foco se espalle e a luz Así, ademais das plataformas, dos e, por extensión, centrouse a abranga toda a comunidade. partidos políticos e dos cidadáns de a atención novamente sobre o abuso pé que non permanecen indiferentes lexislativo que permite situacións ao drama dos desafiuzamentos, o como a que vimos en todos os O esforzo mobilizador das asunto foi motivo de preocupación informativos. Fronte a uns plataformas, partidos, ou quen quera
  • 20. NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 20 que fose que estivo na Rúa Padre escopetas dos soldados portugueses satisfacción da victoria, a saída digna Feijoo serviu, os gritos da xente, os servindo de floreiros na revolución para Aurelia Rey, a sensación concelleiros arrastrados polas forzas dos cravos. gratificante de que a loita serve e de seguridade, un vello coa enerxía que hai que continuar nela, fan dun rapaz tirando de megáfono, elevar tanto os ánimos que aquelas todo iso serviu para procurar unha Os activistas arríscanse a levar algún voces non son máis que queixumes solución a Aurelia. A sociedade golpe froito do exceso policial, no arremuiñados aos meus pés, como cívica venceu o establishment do entonte, un bombeiro está follas levadas polo vento de outono. cumprimento estrito da lei, sen máis xogándose o seu futuro, o posto de connotacións que dala por válida por traballo, o pan de cada día, pero a emanar do Congreso, a lei por ser lei, conciencia prima sobre o futuro, a sen atender a realidade social, o caso conciencia social impídelle actuar e concreto, o respecto do ser humano iso é verdaderamente loable. Unha ao propio ser humano. desas raras ocasións nas que un se sinte orgulloso de pertencer a un gremio no que prima o Nesta vaga de solidariedade destaco individualismo e non hai sentimento un xesto por enriba de todos. A grupal. A unión e cohesión social negativa dun funcionario público a queda demostrado que nos fan cumprir o mandado da autoridade, o vencer, que o sistema non pode incumprimento do deber xustificado gañar sempre e que, como cantaron na dignidade, na solidariedade, na no parlamento portugués, “o povo é xustiza social. A foto dun bombeiro quem mais ordena” de uniforme, que acaba de rexeitar a orde de abrir unha porta pola forza para desafiuzar a unha señora de Sempre quedarán os escépticos, oitenta e cinco anos, erguendo unha contrarios a calquera tipo de pancarta de stop-desafiuzamentos é actuación discordante, que ven outro símbolo: un símbolo de politización perversa en todos os valentía. Un xesto tan lexítimo como actos reivinidicativos, que acusarán o do rapaz que se enfrontou aos de populismo barato e ignorancia da tanques na Praza de Tiannamen, lei as plataformas, de que non é ese como Gandhi exercendo a o camiño, que o camiño é outro, que resistencia non violenta, ou como as para iso están as urnas, etc. Pero a

×